Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Sesión de orientación 1º bacharelato 2014

1,849 views

Published on

Sesión de información académica para Bacharelato 2014

Published in: Education
  • Login to see the comments

  • Be the first to like this

Sesión de orientación 1º bacharelato 2014

  1. 1. CHARLA ORIENTACIÓN 1º BACHARELATO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES Terra de Soneira Abril 2014 Mónica Diz Besada
  2. 2. QUE ESTUDAR DESPOIS DO BACHARELATO 1º ESTUDOS UNIVERSITARIOS. 2º FORMACIÓN PROFESIONAL. 3º ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL.
  3. 3. Sistema Universitario de Galicia 3 universidades 7 campus Ferrol Coruña LugoSantiago Pontevedra Ourense Vigo
  4. 4. Créditos ECTS • European Credit Transfer and Acumulation System (Sistema Europeo de Transferencia e Acumulación de Créditos). • Unidade de medida do haber académico, baseada na carga de traballo que o estudante debe realizar para superar as materias establecidas no plan de estudos. • Integra tanto as ensinanzas teóricas como prácticas, así como as horas de estudo e traballo persoal: clases, titorías, prácticas, visitas externas, traballo individual e en grupo, preparación de exames, o exame, … . • Son comparables entre os distintos países, polo que o ECTS facilita a mobilidade. 1 ECTS 1 CURSO ACADÉMICO 25 horas de traballo 60 ECTS
  5. 5. 1º ciclo • Título de Grao • 240 créditos ECTS • Traballo ou proxecto de grao • Formación de carácter xeral e de Capacitación para o exercicio profesional Ensinanzas de Posgrao 2º ciclo • Título de Máster • Entre 60-120 créditos ECTS • Traballo ou proxecto de máster. • Formación avanzada, Especialización académica ou profesional ou inicio en tarefas investigadoras 3º ciclo • Título de Doutor • Cursos, seminarios ou outras actividades dirixidas á formación investigadora + Tese de Doutoramento. • Formación avanzada en técnicas de investigación Ensinanzas de Grao Estrutura dos estudos superiores baseada no Espazo Europeo de Educación Superior (EEES)
  6. 6. RAMAS DE COÑECEMENTO 5 ramas de coñecemento Artes e Humanidades Ciencias Sociais e Xurídicas Enxeñaría e arquitectura Ciencias da Saúde Ciencias
  7. 7. ADSCRICIÓN ÁS RAMAS DE COÑECEMENTO Ciencias Sociais e xurídicas Artes e Humanidades Ciencias da Saúde Ciencias Enxeñaría e arquitectura A estas ramas de coñecemento están adscritas AS MATERIAS DE BACHARELATO OS GRAOS UNIVERSITARIOS OS CICLOS SUPERIORES DE FP
  8. 8. ACCESO Á UNIVERSIDADE PARA OS TITULADOS DE BACHARELATO:  Superar as PAU (a fase xeral), alomenos con un 4.  A nota de acceso será a nota media ponderada entre as PAU (40%) e a media de bacharelato (60%), acadando en total alomenos un 5. PARA OS TITULADOS EN FP SUPERIOR:  Teñen acceso directo.  Non se reserva un nº de prazas para estes titulados, senón que entran só coa nota media do expediente en igualdade cos titulados de bacharelato.  Só se terá en conta que o CS estea adscrito á rama de coñecemento da titulación en caso de EMPATE.
  9. 9. COMO MELLORAR A NOTA DE ADMISIÓN NA UNIVERSIDADE • Presentándome á fase específica e voluntaria. • Elixindo materias vinculadas á rama de coñecemento da titulación elixida, e dentro destas, as consideradas como prioritarias para esa titulación.
  10. 10. AS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (PAU) • Fase xeral (obrigatoria para os de bacharelato). De validez indefinida. • Fase específica (voluntaria). Permite mellorar a cualificación da fase xeral ou a nota media do CS. Ten unha validez de dous anos.
  11. 11. FASE XERAL • 5 exercicios con dúas opcións diferentes. • Tempo de exame: 1h. e ½ para cada exercicio. • Lingua utilizada: Pódense realizar en castelá ou galego, excepto os de LC, LG e Inglés. 1º Lingua Castelá e Literatura. 2º Lingua Galega e Literatura. 3º Historia de España ou Historia da Filosofía. 4º Lingua Estranxeira. 5º Materia de modalidade de 2º curso de Bacharelato.
  12. 12. NOTA DA FASE XERAL • Cada exame puntúase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais. • A nota desta fase será a Media Aritmética das cualificacións de todos os exercicios, de 0 a 10, con 3 cifras decimais, arrondando á milésima máis próxima. Exemplo: 7´30 + 4´20 + 5´90 + 6´10 + 7´80 = 31´30/5 = 6´260
  13. 13. SUPERACIÓN DA PROBA DE ACCESO • Cando se obteña unha nota igual ou maior a 5 puntos, depois de facer a media entre o bacharelato (60%) e a fase xeral (40%), expresada con dous decimais. • É necesario acadar alomenos un 4 na fase xeral. Exemplo: - Nota de Bacharelato: 7´80 - Nota da fase xeral: 7´200 - Nota de acceso: (0´60*7´80) + (0´40*7´200) = 7´560 • Non computa a materia de Relixión, na media de Bacharelato.
  14. 14. FASE ESPECÍFICA DAS PAU • Exame dun máximo de 4 materias de 2º curso de calquera modalidade de bacharelato, diferentes da escollida na fase xeral. • En cada exercicio preséntase dúas opcións diferentes, e poderán facerse en castelá ou galego. • As materias escollidas deben pertencer á rama de coñecemento da titulación elixida. • No caso de presentarse a máis de dúas materias e aprobar, só se terán en conta as dúas mellores notas, despois de aplicar os parámetros de ponderación. Ligazón: PARÁMETROS DE PONDERACIÓN
  15. 15. EXEMPLO: PSICOLOXÍA Rama de coñecemento: CIENCIAS DA SAÚDE Materias de bacharelato adscritas a C. Saúde: - Anatomía aplicada (materia vinculada = 0.1) - Bioloxía (materia preferente = 0.2) - Ciencias da terra e medioambientais (materia vinculada = 0.1) - Física (materia vinculada = 0.1) - Matemáticas II (materia preferente = 0.2) - Química (materia vinculada = 0.1)
  16. 16. COMO INTERPRETAR OS «CADROS DAS PONDERACIÓNS»
  17. 17. CUALIFICACIÓN DA FASE ESPECÍFICA • Cada unha das materias cualifícase de 0 a 10 con dúas cifras decimais. Hai que acadar alomenos un 5 para superar o exame. • A nota acadada multiplícase por 0’1 (se pertenece á rama de coñecemento) ou 0´2 (se ademais se considera materia prioritaria), e súmase á nota de acceso á universidade. • Exemplo: - Nota de Bacharelato: 7´80 - Nota da fase xeral: 7´200 - Nota de acceso: (0´60*7´80) + (0´40*7´200) = 7´560 - Nota da Materia 1 (prioritaria): 6´5 - Nota da Materia 2 (prioritaria): 6´5 - Puntos adicionais: (6´50*0´2) + (6´50*0´2) = 2´60 - Nota de admisión: 7´560 + 2´60 = 10´160
  18. 18. PODO TER DIFERENTES NOTAS DE ADMISIÓN? • Os que soliciten diferentes titulacións, ou a mesma titulación en diferentes universidades, poden ter diferentes notas de admisión, en función da ponderación (0´1 ou 0´2) das materias elixidas na fase específica, que lle conceda cada titulación de cada universidade. • Poñamos un exemplo dun estudante que ten as seguintes notas e que quere estudar Mediciña ou Nutrición:
  19. 19. Nota media de bacharelato: 9´00 Nota da fase xeral: 8´00 Nota de admisión antes de realizar a fase específica: (0´60*9´00) + (0´40*8´00) = 8´600 Fase específica: Materia 1: Química 8´50 Materia 2: Bioloxía 8´20 Na universidade onde quere estudar Mediciña tanto Química como Bioloxía considéranse materias prioritarias e, polo tanto, teñen multiplicador de 0´2. No caso deste estudante, a súa nota de admisión para Mediciña nesta Universidade sería: (0´60*9´00) + (0´40*8´00) + (0´2*8´50) + (0´2*8´20) = 11´940 Se ademais decide solicitar praza noutra titulación da mesma rama de coñecemento (Nutrición Humana e Dietética de Ciencias da Saúde), pero onde Química non se considera materia prioritaria, o multiplicador para esta materia será 0´1. Entón, a súa nota de admisión para Nutrición sería: (0´60*9´00) + (0´40*8´00) + (0´2*8´50) + (0´1*8´20) = 11´12
  20. 20. ADMISIÓN NAS TITULACIÓNS DE GRAO CON LÍMITE DE PRAZAS • Cando hai máis solicitudes que prazas, as universidades públicas empregan a nota de admisión para ordenar as solicitudes de maior nota ata a menor. • O último estudante que consigue entrar marca a «nota de corte», que sirve de referencia para o seguinte curso. Ligazón coas NOTAS DE CORTE. • No caso de empate, se procede de bacharelato, terá preferencia o estudante que na fase xeral fixera o exame dunha materia vinculada á rama de coñecemento da titulación á que se opta. • No caso dos titulados en FP, en caso de empate, terá preferencia o estudante cuxo título estea adscrito á rama de coñecemento na que se atope o grao que queira cursar. • Para ver os vínculos entre materias de bacharelato: ligazón VÍNCULACIÓN MATERIAS DE BACH. • Para ver vínculos entre os CS de FP coas ramas de coñecemento Universitarias: Ligazón ADSCRICIÓN DOS CICLOS SUPERIORES COAS RAMAS DE COÑECEMENTO.
  21. 21. COMO INTERPRETAR AS «NOTAS DE CORTE»
  22. 22. ADMISIÓN NAS TITULACIÓNS DE GRAO SEN LÍMITE DE PRAZAS • Para os que proceden de bacharelato tan só precisan superar a fase xeral das PAU, e acadar unha media ponderada entre Bach e PAU de alomenos un 5. • Os que proceden dun Ciclo de FP superior teñen acceso directo. • Para ver as titulacións con e sen límite: Ligazón TITULACIÓNS. Actualmente en Galicia todas as titulacións teñen límite de prazas.
  23. 23. A FORMACIÓN PROFESIONAL ESPECÍFICA
  24. 24. As ensinanzas de Formación Profesional teñen como finalidade proporcionar a competencia necesaria para: • O exercicio cualificado dunha profesión. • Comprender: A organización e as características do sector produtivo correspondiente. A súa lexislación laboral básica. Os dereitos e obrigas que dela se derivan. Os mecanismos polos que se accede a un emprego.
  25. 25. CARACTERÍSTICAS • Contidos organizados en MÓDULOS PROFESIONAIS cuxo número é variable. • Organízanse en FAMILIAS PROFESIONAIS: “Conxunto de ciclos formativos con características e contidos afíns a un sector productivo”. • Dentro de cada familia profesional ofértanse CICLOS DE GRAO MEDIO e CICLOS DE GRAO SUPERIOR.
  26. 26. OS MÓDULOS Formación e Orientación Laboral Empresa e Iniciativa emprendedora Proxecto (nos CS) Formación Profesional Específica Formación en Centros de Traballo (FCT)
  27. 27. O MÓDULO DE FCT  Consiste na realización de prácticas nunha empresa na fase final do ciclo.  Ten unha duración de 3 meses.  É preciso superar tódos os módulos para acceder ás practicas en empresa.  Non é remunerado.  Pódese convalidar se se acredita ter traballado alomenos un ano no sector correspondente.  Ofértanse bolsas de desprazamento.
  28. 28. AAVALIACIÓN  Pódese repetir a matrícula en cada módulo 2 veces como máximo.  Utilízase a nota numérica para todos os módulos excepto para o de FCT que se avalía con APTO ou NON APTO.  Avaliación continua con exames trimestrais e con posibilidade de recuperar os módulos pendentes nunha proba extraordinaria en xuño.  Os que teñan módulos pendentes non poderán ir á FCT polo que recibirán ensinanzas de recuperación durante o período ordinario que dura a FCT e posteriormente realizarán as prácticas.  ASISTENCIA OBRIGATORIA.
  29. 29. A NOVA FORMACIÓN PROFESIONAL Ampliación da duración de todos os ciclos a 2.000 horas Equiparación da titulación co resto dos países da comunidade europea Certificado de prevención de riscos laborais (nivel básico) e carné profesional Acceso a calquera estudo universitario desde calquera ciclo formativo de grao superior Validación dos estudos de FPGS por créditos universitarios (Sistema Europeo de transferencia de créditos)
  30. 30. NIVEIS DE CUALIFICACIÓN Niveis de Cualificación da Comunidade Económica Europea PCPI CM CS Nivel 1. Competencia en activida- des simples. Nivel 2. Capacidade de utilizar instrumentos e técnicas propias. Nivel 3. Competencias en activi- dades con dominio de técnicas. Nivel 4. Competencia nun con- xunto de actividades complexas. Nivel 5.Competencia nun amplo conxunto de actividades moi complexas con autonomía.
  31. 31. QUE SAÍDAS TEÑEN OS CICLOS DE GRAO SUPERIOR? • Traballo por conta allea: en calquera empresa que realice a actividade no sector productivo ó que pertence a súa familia profesional: Xefe de equipo: organizando, programando e supervisando a actividade productiva. Baixo a supervisión de Arquitectos, enxeñeiros, graduados universitarios. • Traballo por conta propia (autómo): xestor dunha pequena empresa ou taller.
  32. 32. Acceso a todos os estudos universitarios Non se reservan prazas en titulacións universitarias para os que accedan cun título de FP Superior. Non se precisan as PAU, só para mellorar nota. Accédese por nota media do ciclo. En caso de empate terán opción preferente os que cursasen un ciclo adscrito á rama de coñecemento na que se atope o grao que quere cursar: Ligazón ACCESO Á UNIVERSIDADE DENDE OS CICLOS. Nos graos pódese obter recoñecemento de créditos: Ligazón CONVALIDACIÓNS DÉ MÓDULOS POR CRÉDITOS UNIVERSITARIOS.
  33. 33. Formación Profesional - oferta formativa  24 familias profesionais.  143 ciclos formativos. ◦ 64 ciclos medios. ◦ 79 ciclos superiores.
  34. 34. CONSULTAR A OFERTA E O DESEÑO DOS CICLOS • Ligazón FOLLETOS INFORMATIVOS. • Ligazón OFERTA DE CICLOS FORMATIVOS. • Ligazón CO DESEÑO CURRICULAR DOS CICLOS.
  35. 35. ACCESO Á FORMACIÓN PROFESIONAL Grao medio Acceso directo: título de Graduado en Educ. Secundaria Obrigatoria ou equivalente Proba de acceso: ter 17 anos Probas libres para a obtención do título de Técnico Acreditación de competencias Grao superior Acceso directo: título de Bacharelato ou equivalente Probas libres para a obtención do título de Técnico Superior Acreditación de competencias Proba de acceso: ter 19 anos ou 18 anos co título de técnico dunha familia afín
  36. 36. DISTRIBUCIÓN DAS PRAZAS DISPOÑIBLES • 80% Acceso directo • 20% Acceso mediante proba (SON EXCLUÍNTES) • 10% discapacitados • 3% deportistas de alto nivel galegos • 3% deportistas de alto nivel nacionais
  37. 37. Probas de acceso. Grao superior Inscrición: Xaneiro Lugares: secretarias dos centros onde se impartan ciclos formativos Realización das probas: Abril Lingua galega Lingua castelá Parte común Parte específica Opción A: economía da empresa, lingua estran- xeira (inglés ou francés) e filosofía e cidadanía Matemáticas Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial e física Opción C: ciencias da terra e ambientais, química e bioloxía
  38. 38. Opcións por familias profesionais nas probas de acceso a CFGS OPCIÓN A:  Economía da empresa  Lingua estranxeira (inglés ou francés)  Filosofía e cidadanía • Administración e xestión. • Comercio e márketing. • Hostalaría e turismo. • Servizos socioculturais e á comunidade. • Imaxe e son (só o ciclo de Produción de audiovisuais e espectáculos).
  39. 39. OPCIÓN B  Debuxo Técnico  Tecnoloxía Industrial  Física Artes gráficas Edificación e obra civil Electricidade e electrónica Imaxe e son (agás o ciclo de Produción de audiovisuais, radio e espectáculos) Enerxía e auga Fabricación Mecánica Informática e comunicacións Instalación e mantenemento Madeira, moble e cortiza Marítimo-Pesqueira (agás o Ciclo de Produción acuícola) Transporte e mantemento de vehículos Téxtil, confección e pel (agás “Curtidos” e “Procesos de ennobrecemento téxtil”) Industrias extractivas Vidro e cerámica
  40. 40. OPCIÓN C  Ciencias Da Terra e do Medioambiente  Química  Bioloxía Agraria. Actividades físicas e deportivas. Imaxe persoal Industrias alimentarias Marítimo-pesqueira (só o ciclo de “Produción acuícola”) Química. Seguridade e medio ambiente. Téxtil, confección e pel (só os ciclos de “Curtidos” e “Procesos de ennobrecemento téxtil”) Sanidade Seguridade e Medioambente
  41. 41. PRIORIDADES NO ACCESO A CICLOS A TRAVÉS DO BACHARELATO 1º Cursar a modalidade de bacharelato que se determine para cada ciclo coas materias vinculadas a el. 2º Cursar a modalidade de bacharelato que se determine sen algunha das materias vinculadas ao ciclo. 3º Cursar algunha modalidade de bacharelato. Dentro de cada un dos colectivos a orde de prioridade virá determinada por: 1º Maior nota media do expediente académico. 2º Maior nota ou nota media nas materias vinculadas. Ligazón VINCULACIÓNS BACHARELATOS COS CICLOS DE GRAO SUPERIOR.
  42. 42. COMO INFORMARSE: www.edu.xunta.es/fp
  43. 43. AS ENSINANZAS DE RÉXIME ESPECIAL
  44. 44. Idiomas Ensinanzas artísticas Ensinanzas deportivas Artes plásticas e deseño Música e Danza Arte dramática – Nivel básico – Nivel intermedio – Nivel avanzado – Ciclos medios. – Ciclos superiores. – Estudos superiores de deseño. – Estudos superiores de conservación e restauración de bens culturais. – Grao elemental – Grao Profesional – Estudos superiores. – Estudos superiores. – Ciclos medios. – Ciclos superiores.
  45. 45. IDIOMAS  ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS: centros especializados no ensino das diferentes linguas estranxeiras e do estado.  TRES NIVEIS: - Nivel básico: 2 cursos coa finalidade de usar o idioma a nivel cotián. - Nivel Intermedio: 2 cursos coa finalidade de usar o idioma en situacións específicas. - Nivel Avanzado: 2 cursos coa finalidade de conseguir o dominio do idioma oral e escrito a nivel xeral e específico.  TITULACIÓN: Certificación oficial.  ASISTENCIA: diaria, alterna, intensiva  ACCESO: Dous primeiros cursos de ESO. Posibilidade de facer proba de nivel. Co título de bacharelato accédese directamente ao nivel intermedio da 1ª lingua estranxeira cursada.  MODALIDADES DE ENSINO:  Oficial presencial  Libre  A distancia: Programa THAT´S ENGLISH  ESCOLAS OFICIAIS DE IDIOMAS: Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Monforte, Ribadeo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vigo, Vilagarcía, Carballo, Cee.  IDIOMAS: Inglés, francés, alemán, italiano, galego, portugués, ruso, árabe, español, xaponés, chinés.
  46. 46. SAÍDAS LABORAIS DO ESTUDO DOS IDIOMAS • Puntua nas oposicións de primaria e secundaria. • Cada curso equivale a créditos de libre elección nas titulacións universitarias galegas. • O certificado de nivel avanzado xunto co título de Graduado Universitario permite opositar a profesor de ensino secundario ou Escolas Oficiais de Idiomas impartindo clase do idioma estudiado. • O certificado de nivel avanzado permite aos mestres impartir clase no 1º ciclo de ESO. • O certificado de nivel avanzado valida a materia no Grao de Maxisterio. • Certificados de recoñecido prestixio e que se teñen en conta en baremos para a concesión de bolsas, intecambios, determiñados empregos.
  47. 47. ESTUDOS DE MÚSICA E DANZA • GRAO ELEMENTAL: Dura 4 cursos (de 8 a 14 anos). • GRAO PROFESIONAL: Dura 6 cursos (accédese superando unha proba de aptitudes musicais ou de danza). Acádase un título que capacita para incorporarse a o mundo laboral de bandas de música, como bailarín ou en escolas de música ou danza. • GRAO SUPERIOR: Dura 4 cursos. Accédese mediante proba e título de bacharel. + grao medio. Acádase un Título equivalente a graduado universitario. CENTROS: Conservatorios (elementais, profesionais e superiores), en centros autorizados e escolas de música (públicas ou privadas).
  48. 48. ENSINANZAS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO  Ciclos de grao medio: Título de ESO + proba específica / proba de madurez.  Ciclos de grao superior: - Acceso directo: bacharelato de artes plásticas, deseño e imaxe. - Acceso con outro bacharelato: Superar unha proba específica: * Coñecementos histórico – artísticos (comentario de texto sobre unha obra de artes plásticas e responder a preguntas). * Realizar un debuxo ou bosquexo sobre un tema proposto. * Cos bosquexos e debuxos do anterior exercicio realizar un traballo relacionado co ciclo ó que se quere acceder. - Acceso sen título de bacharelato: proba de madurez (19 anos) + proba específica. Esta proba de madurez permite entrar en calquera CS e consta do exame das materias comúns do bacharelato + exame de Historia da Arte. - Datas: xeralmente en xuño.  Para acadar o título é preciso superar un proxecto final.  Teñen unha parte de formación práctica na empresa ao rematar os módulos no centro educativo.  Obtense o título de técnico superior que da acceso á universidade.
  49. 49. Escolas de artes e superiores de deseño Escolas de artes e superiores de deseño Mestre Mateo (Santiago) Pablo Picasso (A Coruña) Ramón Falcón (Lugo) Antonio Faílde (Ourense) Ciclos superiores das familias de artes plásticas e deseño. – Artes aplicadas da escultura – Fotografía artística – Xoiaría artística – Arquitectura efímera – Artes aplicadas da escultura – Fotografía artística – Ilustración – Gravado e técnicas de estampación – Fotografía artística – Cerámica artística – Fotografía artística – Ilustración
  50. 50. ESTUDOS SUPERIORES DE DESEÑO  Finalidade: innovación industrial.  Duración: 3 cursos + proxecto final de fin de carreira.  Acceso: 1. Directo: co título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño. 2. Co título de Bacharelato: Proba específica (sobre Hª da Arte, Deseño, Debuxo) 3. Sen tít. de Bach.: proba de madureza (19 anos) + proba específica. A proba de madureza versa sobre as materias comúns de bacharelato.  Datas: Xeralmente en xuño.  Especialidades: 1. Deseño Gráfico: Coruña, Lugo, Ourense. 2. Deseño de Productos: Santiago. 3. Deseño de Interiores: Coruña, Lugo, Ourense 4. Deseño de Moda: Santiago  Titulación: Título Superior de Deseño (na especialidade) equivalente a Graduado Universitario.
  51. 51. CONSERVACIÓN E RESTAURACIÓN DE BENS CULTURAIS • Grao universitario. Formación para a conservación do patrimonio artístico. • Acceso: - Directo: co título de técnico superior de Artes Plásticas e Deseño. - Mediante proba específica: co título de bacharelato. - Mediante proba de madureza (19 anos) + proba específica: sen título de bacharelato. • Especialidades: Arqueoloxía, pintura, escultura, documento gráfico, textiles, mobiliario. • Única escola en Galicia (Pontevedra) coas especialidades de Escultura, Pintura e Arqueoloxía. • PROBA ESPECÍFICA: en xuño, non é preciso selectividade. 1. Comentario de texto relacionado cos bens culturais. 2. Coñecementos de 2 materias a elixir entre: Hª de España, Hª da Arte, Bioloxía, FQ. 3. Aptitude plástica: debuxo (cun modelo), exercicio de cor, e un traballo práctico sobre aptitude plástica.
  52. 52. ARTE DRAMÁTICA • Ensinanzas de grao cunha duración de 4 anos. • Acceso: - Bacharelato + proba específica para cada especialidade. - De non ter o Bacharel: Ter 20 anos + proba de aptitudes + acreditar experiencia profesional mediante unha memoria que se deberá defender ante un tribunal. • Onde estudar: ESAD de Vigo • Especialidades:  Dirección de escena e dramaturxia  Escenografía  Interpretación A proba específica: 1º Análise dun texto teatral. 2º Varias probas prácticas diferentes en función da especialidade.
  53. 53. ENSINANZAS TÉCNICO - DEPORTIVAS FINALIDADE: formación de adestradores, monitores e técnicos deportivos nunha modalidade ou especialidade deportiva. - Grao medio: Título de Técnico Deportivo nunha especialidade deportiva. Organízase en dous niveis 1º nivel: Máximo 1100 horas. Iniciación técnica e táctica para programar, adestrar nunha fase inicial ou acompañar aos xogadores ás competicións, participar na organización de competicións e actividades e colaborar como auxiliar dun adestrador de nivel superior. 2º nivel: Máximo 1100 horas. Perfeccionamento técnico e táctico para programar, dirixir adestramentos, dirixir a deportistas e equipos, participar no desenvolvemento de competicións e colaborar como auxiliar dun Tecnico Superior. - Grao Superior: Título de Técnico Superior nunha especialidade deportiva. Duración de máximo 1100 horas. Capacita para dirixir e coordinar a técnicos deportivos, planificar e dirixir o adestramento dos deportistas e equipos de alta competición, xestionar escolas deportivas. Este título da acceso a estudos universitarios.
  54. 54. ENSINANZAS TÉCNICO - DEPORTIVAS • TÍTULOS: - Fútbol (Culleredo, Pontevedra, Monforte de Lemos) - Fútbol sala (Ourense) - Deportes de inverno: esquí alpino, esquí de fondo e Snowboard. - Deportes de montaña e escalada. - Atletismo (Lugo) - Balonmán (Pontevedra) - Baloncesto (Vilagarcía) • REQUISITOS DE ACCESO: - Grao Medio: tít. ESO + proba específica. Sen titulación: 17 anos + proba específica + proba de madureza. - Grao Superior: tít. bacharelato + tít. técnico medio. Sen titulación: 19 anos + proba madureza en xuño. • POSTOS DE TRABALLO: adestramento a equipos, deportistas, dirixir actividades no campo da saúde e do turismo deportivo.
  55. 55. CENTRO SUPERIOR DE HOSTELERÍA DE GALICIA • Titulación propia da USC. • CENTRO PRIVADO: os precios varían entre 7300 e 10900 Euros (según se sexa interno ou externo). • ACCESO: BACHARELATO + PAU / Ciclo Superior. • PROBA DE ACCESO PROPIA: exame de inglés, test de aptitudes, proba de cálculo matemático, entrevista persoal. • TITULACIÓNS: CERTIFICADO DE ELABORACIÓN E XESTIÓN DE COCIÑA: xefe de cociña de hotel, restaurante, restaurador independente. DIPLOMA SUPERIOR EN XESTIÓN HOSTALEIRA: dirección de hoteis e cadenas hostaleiras.
  56. 56. 2º BACHARELATO CIENCIAS E TECNOLOXÍA HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS ARTES Artes Plásticas e Deseño Artes Escénicas, Música e Danza MATERIAS COMÚNS Historia de España Lingua Castelá e Literatura II Lingua galega e Literatura II Lingua Estranxeira Historia da Filosofía Relixión ou Atención Educativa PROPIAS DE MODALIDADE Bioloxía Ciencias da Terra Debuxo Técnico II Electrotecnia Física Matemáticas II Química Tec. Industrial II Economía da Empresa Xeografía Grego II Latín II Matemáticas Aplicadas ás CC. Sociais II Literatura Universal Historia da Arte Historia da Arte Téc.Expresión Gráfico – Plástica Deseño Debuxo Artístico II Debuxo Técnico II Artes Escénicas Historia da Música e da Danza Literatura Universal Análise Musical II OPTATIVAS Ética e Filosofía do Dereito Métodos Estatísticos e Numéricos Xeografía e Historia de Galicia Filosofía da Ciencia e Tecnoloxía Segunda Lingua Estranxeira Literatura Galega do Século XX e da Actualidade
  57. 57. ITINERARIOS 2ºBACHARELATO NO IES TERRA DE SONEIRA
  58. 58. SE DESEXAS MÁIS INFORMACIÓN http://monicadizorienta.blogspot.com
  59. 59. FIN Grazas pola atención prestada

×