SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
Guia PAU 2012-2013
Mónica Diz Besada (Orientadora)




                  AS PROBAS DE ACCESO Á
                   UNIVERSIDADE (P.A.U.)
                                         UN BREVE REPASO

        A proba de acceso á universidade divídese en dúas fases: unha chamada fase xeral, e outra
denominada fase específica, con exames vinculados á titulación que queiras estudar. Esta última fase
é voluntaria, pero se a fas axúdache a subir a túa nota de acceso á universidade ata 4 puntos
(poderías sacar un 14). Se non a fas, a túa nota de acceso calcúlase sumando o 60% da túa nota de
bacharelato, e un 40% da túa nota da fase xeral. Neste último caso, a nota máxima que podes sacar
é un 10. Máis adiante explicarémosche cómo decidir se presentarte á fase específica ou non.

                                  EN QUE CONSISTE A FASE XERAL?

        Na fase xeral examínaste das materias comúns de 2º de bacharelato. Consta dos seguintes
exercicios:
        • Primeiro exercicio: Lingua Castelá e Literatura. Consiste en facer un comentario por
            escrito, dun texto non especializado e de carácter informativo e divulgativo, relacionado
            cos contidos desta materia. O exercicio presentará dúas opcións diferentes entre as que
            deberás elixir unha.
        • Segundo exercicio: Lingua Galega e Literatura. Igual que no primeiro exercicio pero
            relacionado cos contidos desta materia. Tamén terás dúas opcións das que deberás elixir
            unha. Pódese solicitar a exención deste exercicio no impreso de matrícula da proba de
            acceso, se se estivo exento da materia nalgún dos cursos de bacharelato ou se non se
            realizou algún dos cursos en Galicia.
        • Terceiro exercicio: Examinaraste sobre unha das seguintes materias comúns de 2º de
            bacharelato: Historia da Filosofía ou Historia de España. Consistirá na resposta por
            escrito a unha serie de cuestións da materia. Cando realices a inscrición na proba de
            acceso, terás que indicar a materia común da que te examinarás para este exercicio que
            presentará dúas opcións diferentes entre as que deberás elixir unha.
        • Cuarto exercicio: Lingua estranxeira. Para este exercicio podes elixir entre alemán,
            francés, inglés, italiano e portugués. Ao igual que no exercicio anterior, na solicitude de
            inscrición debes indicar de qué lingua estranxeira queres examinarte. Non é necesario
            que a cursaras en bacharelato. Este exercicio valora a comprensión lectora e a expresión
            escrita e non se poderá empregar o diccionario nin ningún outro material didáctico.
        • Quinto exercicio: Materia de modalidade de 2º de bacharelato. É dicir, dunha das
            materias especializadas asociadas a unha das tres modalidades que se cursan en
            Bacharelato: Artes, Ciencias e Tecnoloxía, ou Humanidades e Ciencias Sociais. Na
            solicitude de inscrición na proba de acceso, deberás indicar de qué materia de
            modalidade de 2º de bacharelato queres presentarte. O exercicio tamén presentará dúas
            opcións diferentes entre as que deberás elixir unha, e consistirá na resposta por escrito a
            unha serie de cuestións sobre a materia.

         -   Cada un destes exercicios terá unha duración máxima dunha hora e media. Haberá un
             intervalo mínimo de 45 minutos entre o final dun exercicio e o comenzo do seguinte.
         -   Para cada exercicio pódese utilizar calquera das linguas oficiais da Comunidade
             Autónoma, excepto para Lingua Castelá, Lingua Galega e Lingua estranxeira, que deberá
             realizarse nos seus respectivos idiomas.
         -   Cada un dos exames desta fase xeral puntúase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras
             decimais

                             COMO SE CALCULA A NOTA DE SELECTIVIDADE?

       A nota calcúlase tendo só en conta as notas da fase xeral. A fase específica, como leerás
máis adiante, é só para subir a túa nota de admisión.



                                                                                                     1
Guia PAU 2012-2013
Mónica Diz Besada (Orientadora)


       A nota desta fase será a media aritmética das cualificacións de todos os exercicios,
expresada en forma numérica de 0 a 10, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis
próxima e en caso de equidistancia á superior.

         Poñamos un exemplo:

         -   Primeiro exercicio: 7´30
         -   Segundo exercicio: 4´20
         -   Terceiro exercicio: 5´90
         -   Cuarto exercicio: 6´10
         -   Quinto exercicio: 7´80

         Nota desta fase xeral: 7´30 + 4´20 + 5´90 + 6´10 + 7´80 = 31´30/5 = 6´260

                    QUÉ NOTA NECESITO PARA SUPERAR A PROBA DE ACCESO Á
                                       UNIVERSIDADE

       Considérase superada cando se obteña unha nota igual ou maior a 5 puntos na media
ponderada entre a cualificación obtida na fase xeral da Selectividade (que conta un 40%) e a nota de
Bacharelato (que conta un 60%), e que se expresará con dous decimais, sempre que se acadara un
mínimo de 4 puntos na cualificación da fase xeral.

        Se acadas un 4 na fase xeral necesitarás alomenos un 5´67 en Bacharelato para superar a
PAU. O cálculo é así: (5´67 * 0´60)+ (4* 0´40) = 5. Se acadas menos dun 5´67 en Bacharelato,
necesitarás acadar máis dun 4 en Selectividade para que a media ponderada sexa alomenos o 5
necesario para aprobar.

      Para o cálculo da nota media de bacharelato, para efectos de acceso á universidade, non se
computará a cualificación da materia de relixión.

                                  EN QUE CONSISTE A FASE ESPECÍFICA?

       Mentres a fase xeral é obrigatoria, a fase específica é completamente optativa e permíteche
sumar ata 4 puntos a túa nota de admisión.

         A que materias debería presentarme na fase específica?

        Se necesitas facela para subir nota, débeste examinar das materias da modalidade de 2º de
bacharelato que se corresponden coa rama de coñecemento da titulación que che interesa.
        As materias que elixes para examinarte na fase específica deben ser distintas á materia de
modalidade que elixes para examinarte no quinto exercicio da fase xeral. Pero non é necesario que
estudaras esa modalidade de bacharelato á que pertencen as materias das que te examines. Por
exemplo, imaxina que estudache o bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais, pero queres
estudar Medicina. Pois neste caso, na fase específica debes examinarte de materias vinculadas á
rama de coñecemento de Ciencias da Saúde. Obviamente, será máis fácil se estudaches a
modalidade de bacharelato relacionada, pero nada che impide optar á titulacións “fóra” da túa
modalidade. Actualmente xa non existe o concepto de “vías preferentes” que daban prioridade a
estudiantes de determinadas modalidades de bacharelato según a titulación que quixeran estudiar.

       A cantas materias me podo presentar na fase específica?
       Ti decides de cantas te examinas. En Galicia pódeste presentar ata 4 materias. O normal é
presentarse como mínimo a dúas ou a tres, e excepcionalmente a 4 exames. Se decides examinarte
de máis de 2 materias, só se terán en conta as dúas mellores notas.

         En que consisten os exercicios da parte específica?
         Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións relacionadas coa materia. A
duración de cada exercicio será de unha hora e media. Terás dúas opcións das que terás que elixir
unha e poderás contestar en Lingua Castelá ou Lingua Galega. Na solicitude de matrícula deberás
indicar as materias de modalidade das que te examinarás.




                                                                                                  2
Guia PAU 2012-2013
Mónica Diz Besada (Orientadora)


            CÓMO SE CALCULAN OS PUNTOS QUE OBTEÑO PRESENTÁNDOME Á FASE
                                    ESPECÍFICA?

         As cualificacións dos exames desta fase irán de 0 a 10 e para que conten é necesario acadar
un 5. A notas que acadas en cada materia desta fase multiplícanse por 0´2 se a universidade
designou a materia como prioritaria para a titulación á que queres acceder ou 0´1 se non, pero
pertence á rama de coñecemento da titulación.
         Estes resultados logo súmanse e engádense á túa nota de acceso que é a media ponderada
entre a túa nota de bacharelato e a túa nota da fase xeral.
         No mellor caso, se te examinas de dúas materias cualificadas como prioritarias para a
titulación que queres estudiar, e acadas un 10 en ambas, sumarás 4 puntos adicionais directamente á
túa nota de admisión. Calcúlase así: (10*0´2) + (10*0´2) = 4

         Poñamos outro exemplo:
         - Nota de Bacharelato: 7´80
         - Nota da fase xeral: 7´200
         - Nota de acceso: (0´60*7´80) + (0´40*7´200) = 7´560

         Fase específica:
         - Materia 1 (clasificada como prioritaria): 9´20
         - Materia 2 (clasificada como non prioritaria): 8´40
         - Puntos adicionais: (9´20*0´2) * (8´4*0´1) = 2´68
         - Nota de admisión: 7´560 + 2´68 = 10´240

                              DEBERÍAME PRESENTAR Á FASE ESPECÍFICA?

        A nosa recomendación é moi sinxela. Se a titulación que queres estudar non ten límite de
prazas na universidade onde queres estudar, non che fai falta que fagas a fase específica. Só
necesitas aprobar a fase xeral para entrar nesa titulación, pois na Selectividade apróbase
unicamente tendo en conta a túa nota na fase xeral. A fase especifica non afecta a se aprobas ou
non, só sirve para subir nota.

        En cambio, se onde queres estudar hai prazas limitadas para a titulación que máis che
interesa, deberías sen dúbida facer a fase específica, incluso se tes moi boas notas. Por qué?
Supoñamos que tes un 9 en Bacharelato. Sacas tamén un 9 na fase xeral e a titulación que queres
estudiar tivo o ano pasado unha nota de corte de 7. Entrar parece sinxelo, non? Pois se non fas a
fase específica, non. Ten en conta que é probable que a maioría da xente que quere estudiar o
mesmo ca ti vai facer a fase específica. Imaxina a alguén que ten un 6´50 en bacharelato, saca un 6
´500 na fase xeral, e logo fai a fase específica e saca 6´50 e 6´50 en dúas materias prioritarias. Pois a
súa nota de acceso sería 9´100. Entraría antes ca ti, co seu 6´50 e tí co teu 9´00 en Bacharelato. O
cálculo é así:
        - Nota de Bacharelato: 6´50
        - Nota da fase xeral: 6´500
        - Nota de acceso: (0´60*6´50) + (0´40*6´500) = 6´500

         Fase específica:
         - Materia 1 (clasificada como prioritaria): 6´50
         - Materia 2 (clasificada como prioritaria): 6´50
         - Puntos adicionais: (6´50*0´2) + (6´50*0´2) = 2´60
         - Nota de admisión: 6´500 + 2´60 = 9´100

        Conclusión: Se a titulación que che interesa ten as prazas limitadas, deberías facer a fase
específica. Do contrario, por moi boas notas que teñas, arríscaste a quedarte fóra.

            CÓMO SEI A QUÉ ASIGNATURAS PRESENTARME PARA SUBIR MÁIS NOTA?

       Como cada universidade poderá sinalar as asignaturas concretas que considera prioritarias
para determinado título, se xa sabes qué titulación queres estudiar e en qué universidade, o mellor é
que consultes directamente na universidade que che interesa. As universidades están publicando




                                                                                                       3
Guia PAU 2012-2013
Mónica Diz Besada (Orientadora)


estes datos, que denominan táboas de ponderación na súa web e que en moitos casos son comúns
para tódalas universidades dunha mesma comunidade (como é o caso de Galicia).
        É moi importante decidir ben qué asignaturas escolles para examinarte nesta fase pois cada
un dos exames voluntarios suporá sumar como mínimo medio punto a túa nota de admisión, e ata
dous puntos se a universidade sinalou esa asignatura como unha das prioritarias.

                                  COMO SE CALCULA A NOTA DE ADMISIÓN?

       Se te presentas só á fase xeral a fórmula é a seguinte:
Nota de admisión: 0´6*NMB (nota media de bacharelato) + 0´4*CFG (Cualificación da fase xeral)

       Se ademais te presentas á fase específica para subir puntos, a fórmula é a seguinte:
Nota de admisión: 0´6*NMB (nota media de bacharelato) + 0´4*CFG (Cualificación da fase xeral) +
a*M1 + b*M2
       Sendo a e b os parámetros de ponderación (0´1 e 0´2) das materias da fase específica, e M1
e M2 as dúas materias superadas da fase específica con mellor cualificación unha vez aplicados os
parámetros de ponderación.

                          POR QUE É TAN IMPORTANTE A NOTA DE ADMISIÓN?

        Cando unha carreira ten límite de prazas, é dicir, ten menos prazas dispoñibles que número
de estudantes queren estudiar esa carreira en dita universidade, o único criterio que as universidades
públicas teñen para conceder ou denegar unha praza é a nota de admisión dos estudiantes.

         O proceso é o seguinte: todas as solicitudes que a universidade recibe de estudiantes que
queren estudiar unha determinada carreira as ordena de máis a menos nota e vai dando as prazas a
aqueles estudantes que teñen mellor nota de admisión. O último estudante que consigue entrar
nunha determinada carreira e universidade é o que marca a nota de corte para ese ano, e sirve de
estimación para o ano seguinte. Por iso, as notas de corte cambian dun ano a outro, xa que depende
do número de prazas que se oferten na carreira e do número e da nota media dos alumnos que
soliciten entrar nesa carreira. Será sempre unha nota diferente para cada ano e para unha mesma
carreira. Son só unha orientación para o ano seguinte, porque podemos ver cal foi o alumno que
entrou coa peor nota.

                       ENTÓN, PODEREI TER DIFERENES NOTAS DE ADMISIÓN?

       Sí. Un estudante terá diferentes notas de admisión en función das universidades e titulacións
nas que solicite admisión.

       Poñamos un exemplo dun estudante que ten as seguintes notas e que quere estudar
Medicina:
       - Nota media de bacharelato: 9´00
       - Nota da fase xeral: 8´00

         Nota de admisión antes de realizar a fase específica: (0´60*9´00) + (0´40*8´00) = 8´600

         Fase específica:
         - Materia 1: Química 8´50
         - Materia 2: Bioloxía 8´20

       Na universidade onde quere estudar Medicina dixéronlle que tanto Química como Bioloxía se
consideran materias prioritarias e, polo tanto, teñen multiplicador de 0´2.

       No caso deste estudiante, a súa nota de admisión para Medicina nesta Universidade sería: (0
´60*9´00) + (0´40*8´00) + (0´2*8´50) + (0´2*8´20) = 11´940

         Se ademais decide solicitar praza noutra titulación da mesma rama de coñecemento
(Ciencias da Saúde), pero onde nin Química nin Bioloxía se consideran asignaturas prioritarias, o
multiplicador para estas materias serían 0´1. Entón, a súa nota de admisión sería: (0´60*9´00) + (0
´40*8´00) + (0´1*8´50) + (0´1*8´20) = 10´270



                                                                                                    4
Guia PAU 2012-2013
Mónica Diz Besada (Orientadora)


        Polo tanto, os estudantes que soliciten praza en diferentes estudos e universidades, terán
diferentes notas de admisión que se calcularán en función da ponderación (0´1 ou 0´2) das materias
ás que se presentou na fase específica e que pode variar dependendo da titulación e da universidade.

             PODERIA ENTRAR NUNHA CARREIRA COMO MEDICIÑA AINDA QUE O MOI
                            BACHARELATO SEXA O DE ARTES?

        En principio sí. Cando un estudante quere acceder a unha carreira onde hai máis demanda
que oferta, a admisión faise por orde estricto da nota de admisión. Só en caso de empate entre dous
ou máis estudantes coa mesma nota de admisión (os casos son mínimos pois se consideran dous
decimais) terán preferencia os que se examinaran na fase xeral dunha materia de modalidade
vinculada á rama de coñecemento á que pertence o estudio solicitado.

        Quizás penses entón que a modalidade de bacharelato que se estuda non ten tanta
importancia pois un estudiante de Artes pode solicitar praza para estudar unha carreira de outra
rama, como por exemplo en Medicina. Efectivamente é posible, pero non hai que esquecer que as
carreiras máis demandadas teñen asignaturas vinculadas que permiten aos estudantes interesados
neses estudos subir nota. E se para Medicina as asignaturas de Bioloxía e Química, entre outras,
permiten sumar puntos na nota de acceso á universidade, loxicamente un estudante que se preparou
no Bacharelato afín terá menos dificultades para subir nota, así que seguirá sendo importante.

        Por outra banda, hai que pensar que o Bacharelato debe darche unha base para levar a
carreira con éxito. Se por exemplo un estudiante que cursa o Bacharelato de Artes decide solicitar
praza nunha enxeñaría que non ten límite de prazas, é 100% seguro que entrará na carreira. Pero o
máis probable é que a abandone, pois é moi difícil seguir o ritmo das clases sen ter unha base.

           SE SUPERO A PROBA, PODO VOLVER A PRESENTARME PARA SUBIR NOTA?

        Si. Haberá dúas convocatorias anuais: ordinaria (xuño) e extraordinaria (setembro). Poderás
presentarte en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación da fase xeral ou de calquera das
materias da fase específica. Considerarase sempre a cualificación superior entre as obtidas. A
superación da fase xeral da proba terá validez indefinida pero a cualificación das materias da fase
específica terá validez nos dous cursos seguintes á súa superación.

          Debes ter en conta que en setembro podes repetir as fase que queiras para subir nota, pero
aínda que acades mellor nota non terás prioridade para entrar nese ano sobre os de xuño pois estes
xa foron admitidos e matriculados. Se queres ter prioridade deberás esperar ao ano seguinte para
solicitar praza no período ordinario, que é en xuño.

                SE CANDO ME DEAN AS NOTAS NON ESTOU DACORDO, CÓMO PODO
                                       RECLAMAR?

         Terás dúas vías para reclamar:
         Reclamación ante a comisión organizadora:
         O exame non volve a corrixirse. Os exercicios sobre os que se presenta a solicitude de
reclamación serán revisados por un profesor diferente co obxecto de verificar que todas as preguntas
están puntuadas, que todas as cuestións foron avaliadas cunha correcta aplicación dos criterios
xerais de avaliación e específicos de corrección e que as notas están ben sumadas. A cualificación
definitiva da materia será a que resulte desta revisión, sempre que sexa superior á outorgada despois
da primeira corrección, agás nos casos de erros de suma, en que a cualificación será a que resulte
correcta. Esta vía exclúe a posibilidade de solicitar despois a segunda corrección.

         Solicitar segunda corrección:
         O estudiante solicitará unha segunda corrección dos exercicios nos que considere incorrecta
a aplicación dos criterios xerais de avaliación e específicos de corrección. O exame será corrixido por
un profesor especialista diferente ao que fixo a primeira corrección. Coas dúas cualificacións faise a
media aritmética e o resultado será a nota final. Ésta pode ser igual, superior ou inferior á primeira
cualificación. Se entre a corrección inicial e a segunda corrección houbese unha diferencia de 2 ou
máis puntos, farase unha terceira corrección. A cualificación final será a media aritmética das tres
cualificacións. Se o alumno non está conforme co resultado da segunda corrección, ou coa terceira se



                                                                                                     5
Guia PAU 2012-2013
Mónica Diz Besada (Orientadora)


a houbera, pode presentar unha reclamación ante a Comisión Organizadora. A cualificación definitiva
da materia será a que resulte desta revisión, sempre que sexa superior á outorgada despois da
segunda corrección.

        O prazo para solicitar calquera dos dous procedementos será de tres días hábiles dende a
data de publicación das notas. A solicitude preséntase nos LERDs cun impreso específico.

         Ademais o estudante ten dereito, previa solicitude, a ver o exame corrixido unha vez
finalizado na súa totalidade o proceso de corrección e reclamación, no prazo de 10 días, na data e
lugar que se lle indique.

                                            QUE É MELLOR?

       Solicitar segunda corrección ou reclamación?. A resposta non está nada clara. Pero ten en
conta que trala segunda corrección aínda podes solicitar unha reclamación, mentres que se realizas a
reclamación como primeira opción logo non terás posibilidade de solicitar novas correccións.

                                            MÁIS DÚBIDAS...

         •   Se suspendo os exames da fase específica, baixaranme a nota? Non. Os exames da
             fase específica só poden subir nota. Para que o resultado destes exames che permita
             subir a nota debes ter unha nota mínima de 5.
         •   Debo presentarme á fase específica se quero estudar nunha universidade privada?
             A fase específica é de carácter voluntario, pero como cada universidade privada pode
             establecer criterios propios de acceso, debes consultado nas universidades que che
             interesan.
         •   Que asignaturas elixo para cada fase, no caso de querer entrar nunha carreira con
             límite de prazas? Se contas con aprobar a fase xeral convén deixar para a fase
             específica as asignaturas onde cres que tes mellores posibilidades de sacar nota. É
             cuestión de matemáticas. Na fase específica ten moito máis valor a túa puntuación pois
             se é unha asignatura prioritaria multiplícase por 0´2, mentres que na fase xeral dilúese o
             valor que obteñas nesa materia, porque primeiro entra a formar parte dunha media con
             todas as asignaturas da fase xeral e co resultado obtido faise unha media ponderada coa
             túa nota de bacharelato. Tamén convén escoller sempre asignaturas prioritarias para a
             fase específica. Un 5 nunha materia prioritaria (5´00*0´2=1) é igual que un 10 nunha non
             prioritaria (10´00*0´1=1).
         •   Quero estudar noutra comunidade: Se queres asegurar a mellor nota posible deberás
             ter en conta as súas propias táboas de ponderación das materias prioritarias para a fase
             específica, que non teñen porque coincidir coa ponderación establecida na nosa
             comunidade. Ten en conta ademais que para estudar en universidades públicas de
             comunidades diferentes debes realizar unha preinscripción por cada comunidade
             autónoma que estás considerando. Esta preinscripción é compatible coa que fagas en
             Galicia.




                                                                                                     6
Guia PAU 2012-2013
Mónica Diz Besada (Orientadora)




            OS ESTUDOS UNIVERSITARIOS
       Xa debes saber que os títulos universitarios divídense en títulos de:
       1º) GRAO: Obtense o título de graduado.
       2º) POSGRAO:
               - MASTER: trala superación dun grao obtense unha formación especializada e máis
   avanzada. Obtense o título de master.
               - DOUTORAMENTO: trala superación dun grao e un master , obtense unha
   formación avanzada en técnicas de investigación. Obtense o título de doutor.

         Todos estes títulos están organizados en 5 ramas de coñecemento, que coinciden, máis ou
   menos, coas modalidades de bacharelato. E a cada rama de coñecemento pertencen os
   diferentes títulos de grao que se ofertan nas diferentes universidades de toda España.

         1. Ciencias Sociais e xurídicas.
         2. Artes e humanidades.
         3. Ciencias da saúde.
         4. Ciencias.
         5. Enxeñaría e arquitectura.

        Na explicación das PAU dicíase que para que a fase específica sume nota á fase xeral, as
   materias deben estar adscritas á rama de coñecemento do título ao que solicitas acceso. Polo
   tanto debes saber que materias de bacharelato están vinculadas a cada rama de coñecemento e
   tamén como se vinculan os títulos universitarios ás distintas ramas.

         A continuación presentámosche o vínculo entre as materias de modalidade de bacharelato
   e as diferentes ramas de coñecemento das ensinanzas universitarias, así como os diferentes
   títulos de grao que se ofertan en cada rama (é só unha recompilación representativa de toda
   España que debes revisar na web da universidade á que queres acceder). En canto á adscrición
   de graos ás ramas de coñecemento debes fixarte en que moitos deles están adscritos a varias
   ramas, e incluso dependendo da universidade, un mesmo título pode estar adscrito a unha rama
   ou a outra.

    VINCULACIÓN DAS MATERIAS DE MODALIDADE DE BACHARELATO E AS RAMAS DE
                  COÑECEMENTO DAS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS
1. CIENCIAS SOCIAIS
E XURÍDICAS         Análise Musical II
                    Anatomía aplicada
                    Artes escénicas
                    Bioloxía
                    Ciencias da terra e medioamb.
                    Cultura audiovisual
                    Debuxo artístico II
                    Debuxo Técnico II
                    Deseño
                    Economía
                    Economía da Empresa
                    Física
                    Xeografía
                    Grego II
                    Hª da Música e da Danza
                    Hª da Arte
                    Hª do mundo contemporáneo
                    Latín II
                    Linguaxe e Práctica Musical
                    Literatura Universal
                    Matemáticas II
                    Matemáticas aplicadas ás CCSS
                    Química
                    Técnicas de Exp. gráf.-plástica
                    Volume
2. ENXEÑERÍA E      Bioloxía
ARQUITECTURA        CC. da Terra e medioambientais
                    Debuxo Técnico II
                    Deseño



                                                                                                   7
Guia PAU 2012-2013
Mónica Diz Besada (Orientadora)


                             Economía
                             Economía da Empresa
                             Electrotecnia
                             Física
                             Matemáticas II
                             Química
                             Tecnoloxía industrial II
3. ARTES E                   Análise musical II
HUMANIDADES                  Anatomía aplicada
                             Artes escénicas
                             Cultura audiovisual
                             Debuxo artístico II
                             Debuxo Técnico II
                             Deseño
                             Economía
                             Economía da empresa
                             Xeografía
                             Grego II
                             Hª da música e da danza
                             Hª da arte
                             Hª do mundo contemporáneo
                             Latín II
                             Linguaxe práctica musical
                             Literatura universal
                             Matemáticas aplicadas ás CCSS
                             Técnicas de exp. Gráf.-plástica
                             Volume
4. CIENCIAS                  Bioloxía
                             CC. da terra e medioambientais
                             Electrotecnia
                             Física
                             Matemáticas II
                             Química
                             Tecnoloxía industrial
5. CIENCIAS DA               Anatomía aplicada
SAÚDE                        Bioloxía
                             CC. da terra e medioambientais
                             Física
                             Matemáticas II
                             Química




                                                               8
Guia PAU 2012-2013
Mónica Diz Besada (Orientadora)




           PROCESO DE ADMISIÓN ÁS
          ENSINANZAS UNIVERSITARIAS
          OFICIAIS DE GRAO DO SISTEMA
           UNIVERSITARIO DE GALICIA
    1. O proceso de acceso constará de dúas convocatorias de preinscripción: Ordinara (xuño) e
       extraordinaria (setembro). As datas para a entrega de solicitudes de acceso serán as
       mesmas para todo o sistema universitario de Galicia e faranse públicas na web da CIUG.

    2. Tódolos trámites administrativos do proceso de acceso, o alumnado deberá facelos no LERD
       (lugar de entrega e recollida de documentación), que están repartidos polos diversos campus
       de Galicia. Deberá elixir o LERD do campus escollido en primeiro lugar na solicitude de
       preinscripción. Tamén poderá facerse a preinscripción a través dos procedementos
       telemáticos que se establezan.

    3. O alumnado deberá cubrir un único impreso de solicitude, onde poderá indicar ata cinco
       titulacións universitarias diferentes, cun máximo de dez peticións no caso de que a ensinanza
       se imparta en máis dun centro de Galicia.

    4. Resérvanse prazas para determinados colectivos: os que acceden por proba para maiores de
       25 anos, os maiores de 40 anos que acrediten experiencia laboral, para os que superen a
       proba de acceso para maiores de 45 anos, para os que teñan recoñecido un grao de
       discapacidade igual ou superior ao 33%, para deportistas de alto nivel, e para os que teñan
       unha titulación universitaria.

    5. A orde de adxudicación das prazas é a seguinte:
       1º Primeiro adxudícanse as prazas a quen cumpra os requisitos en xuño deste curso ou        en
       xuño ou setembro de anos anteriores.
       2º En segundo lugar, adxudicaranse prazas aos estudiantes que cumpran os requisitos         de
       acceso en setembro.
       En todo caso, deberase ter en conta que o alumnado que presente a preinscripción            na
       convocatoria de setembro, terá prioridade en só en setembro, ainda que cumprira             os
       requisitos en xuño deste ano ou en anos anteriores.

    6. En cada colectivo do apartado anterior adxudicaranse as prazas por maior nota de admisión.

    7. Nos casos de empate na nota de admisión, terán preferencia:
          - Os estudiantes (de bacharelato) que na fase xeral da PAU elixisen unha materia de
              modalidade vinculada á rama de coñecemento do ensino a que se solicita acceder.
          - Os estudiantes de FP cuxo título esté adscrito ás ramas de coñecemento do ensino a
              que se solicita acceder.

    8. A CIUG asignará as prazas en cada titulación en cada un dos prazos que se establezan.
       Normalmente hai varias adxudicacións. Saen 5 listados de admitidos ao longo do mes de
       xullo e 3 en setembro (para os que fixeron a preinscripción en setembro). Despois de cada
       listado soe haber dous días para realizar a matrícula. Se o alumno foi admitido na titulación
       de maior preferencia, deberá facer a matrícula, pois do contrario perderá tódolos seus
       dereitos. De ser admitido nunha de menor preferencia pode matricularse ou esperar a ver se
       é admitido nunha titulación de maior preferencia ata que se anuncie o peche da matrícula
       nesa titulación. Poderá consultar os listados de espera en Internet e valorar a súa posición na
       lista de espera.

    9. O alumnado poderá presentar reclamación á súa asignación de prazas no LERD onde
       presentou a súa solicitude de acceso.


                                                                                                    9
Guia PAU 2012-2013
Mónica Diz Besada (Orientadora)




                         MÁIS INFORMACIÓN NAS
                           SEGUINTES WEBS:

                                    ESTUDOS UNIVERSITARIOS:
www.ciug.cesga.es
Páxina oficial de Información sobre o acceso á universidade e PAU en Galicia : notas de corte,
prazos, listados, calendarios e horarios das PAU, enlace coas universidades de toda España,
matrícula na universidade, … .
www.usc.es
Páxina oficial da Universidade de Santiago de Compostela
www.uvigo.es
Páxina oficial da Universidade de Vigo
www.udc.es
Páxina oficial da Universidade de Coruña
www.uned.es
Universidade a distancia
www.guiauniversidades.uji.es/base/
Buscador de graos en toda España
www.educación.es
Becas do Ministerio de Educación

                            ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL
www.edu.xunta.es/fp
Páxina oficial de Formación Profesional en Galicia: Información da oferta, descrición dos ciclos,
probas de acceso, … .




                                                                                                    10

More Related Content

What's hot

Charla orientación 1º bacharelato 2013
Charla orientación 1º bacharelato 2013Charla orientación 1º bacharelato 2013
Charla orientación 1º bacharelato 2013Mónica Diz Besada
 
Selectividade 2010
Selectividade 2010Selectividade 2010
Selectividade 2010grupolara
 
Guia orient prof_4eso_20_21
Guia orient prof_4eso_20_21Guia orient prof_4eso_20_21
Guia orient prof_4eso_20_21modguez
 
Orient 1º bach 2015
Orient 1º bach 2015Orient 1º bach 2015
Orient 1º bach 2015Loudes Otero
 
Orientación 1º bacharelato 2015
Orientación 1º bacharelato 2015Orientación 1º bacharelato 2015
Orientación 1º bacharelato 2015Loudes Otero
 
Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016
Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016
Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016Mónica Diz Besada
 
Sesión orientación 2º bacharelato 2015
Sesión orientación 2º bacharelato 2015Sesión orientación 2º bacharelato 2015
Sesión orientación 2º bacharelato 2015Mónica Diz Besada
 
Programa Erasmus+
Programa Erasmus+Programa Erasmus+
Programa Erasmus+dveiga
 
Accesoaestudiosdegrado 090303133520-phpapp01
Accesoaestudiosdegrado 090303133520-phpapp01Accesoaestudiosdegrado 090303133520-phpapp01
Accesoaestudiosdegrado 090303133520-phpapp01laraveiga
 
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016Silvina Paricio Tato
 
Orientación 1º bach
Orientación 1º bachOrientación 1º bach
Orientación 1º bachLoudes Otero
 
Selectividade
SelectividadeSelectividade
Selectividadeisagarcri
 

What's hot (16)

Charla orientación 1º bacharelato 2013
Charla orientación 1º bacharelato 2013Charla orientación 1º bacharelato 2013
Charla orientación 1º bacharelato 2013
 
Selectividade 2010
Selectividade 2010Selectividade 2010
Selectividade 2010
 
Charlapaisnovidadesesolomce
CharlapaisnovidadesesolomceCharlapaisnovidadesesolomce
Charlapaisnovidadesesolomce
 
Guia orient prof_4eso_20_21
Guia orient prof_4eso_20_21Guia orient prof_4eso_20_21
Guia orient prof_4eso_20_21
 
Probas de grao
Probas de graoProbas de grao
Probas de grao
 
Orient 1º bach 2015
Orient 1º bach 2015Orient 1º bach 2015
Orient 1º bach 2015
 
PAU 2013
PAU 2013PAU 2013
PAU 2013
 
Orientación 1º bacharelato 2015
Orientación 1º bacharelato 2015Orientación 1º bacharelato 2015
Orientación 1º bacharelato 2015
 
Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016
Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016
Sesión orientación sobre acceso á universidade 2016
 
Sesión orientación 2º bacharelato 2015
Sesión orientación 2º bacharelato 2015Sesión orientación 2º bacharelato 2015
Sesión orientación 2º bacharelato 2015
 
Presentación 4ºESO
Presentación 4ºESOPresentación 4ºESO
Presentación 4ºESO
 
Programa Erasmus+
Programa Erasmus+Programa Erasmus+
Programa Erasmus+
 
Accesoaestudiosdegrado 090303133520-phpapp01
Accesoaestudiosdegrado 090303133520-phpapp01Accesoaestudiosdegrado 090303133520-phpapp01
Accesoaestudiosdegrado 090303133520-phpapp01
 
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016
Youblisher.com 1403603-caderno de-informaci_n_acad_mica_4_eso_2016
 
Orientación 1º bach
Orientación 1º bachOrientación 1º bach
Orientación 1º bach
 
Selectividade
SelectividadeSelectividade
Selectividade
 

Similar to As probas de acceso á universidade blog

Orient 1º bach 2014
Orient 1º bach 2014Orient 1º bach 2014
Orient 1º bach 2014Loudes Otero
 
Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016
Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016
Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016Mónica Diz Besada
 
Sesión de orientación 1º bacharelato 2014
Sesión de orientación 1º bacharelato 2014Sesión de orientación 1º bacharelato 2014
Sesión de orientación 1º bacharelato 2014Mónica Diz Besada
 
Cuaderno de información académica para 4º ESO
Cuaderno de información académica para 4º ESOCuaderno de información académica para 4º ESO
Cuaderno de información académica para 4º ESOMónica Diz Besada
 
Guia da ABAU e acceso á universidade 2019
Guia da ABAU e acceso á universidade 2019Guia da ABAU e acceso á universidade 2019
Guia da ABAU e acceso á universidade 2019Mónica Diz Besada
 
Presentación1.selectividade
Presentación1.selectividadePresentación1.selectividade
Presentación1.selectividadelaraveiga
 
Probas Acceso Universidade dende a FP
Probas Acceso Universidade dende a FPProbas Acceso Universidade dende a FP
Probas Acceso Universidade dende a FPLuis Prado
 
Cuaderno de información académica para 3º ESO
Cuaderno de información académica para 3º ESOCuaderno de información académica para 3º ESO
Cuaderno de información académica para 3º ESOMónica Diz Besada
 
ORIENTACIÓN 2º BACHARELATO
ORIENTACIÓN 2º BACHARELATOORIENTACIÓN 2º BACHARELATO
ORIENTACIÓN 2º BACHARELATOpedrofloriani
 
Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010fgsanz
 
Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010fgsanz
 
Os programas de cualificación profesional inical
Os programas de cualificación profesional inicalOs programas de cualificación profesional inical
Os programas de cualificación profesional inicalSilvina Paricio Tato
 
OPCIONES AL FINALIZAR 1º PCPI
OPCIONES AL FINALIZAR 1º PCPIOPCIONES AL FINALIZAR 1º PCPI
OPCIONES AL FINALIZAR 1º PCPIorimugardos
 

Similar to As probas de acceso á universidade blog (20)

Bachibac 2015
Bachibac 2015Bachibac 2015
Bachibac 2015
 
Elixir bac
Elixir bacElixir bac
Elixir bac
 
Orient 1º bach 2014
Orient 1º bach 2014Orient 1º bach 2014
Orient 1º bach 2014
 
Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016
Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016
Presentación da sesión de orientación 1º bacharelato 2016
 
Sesión de orientación 1º bacharelato 2014
Sesión de orientación 1º bacharelato 2014Sesión de orientación 1º bacharelato 2014
Sesión de orientación 1º bacharelato 2014
 
Cuaderno de información académica para 4º ESO
Cuaderno de información académica para 4º ESOCuaderno de información académica para 4º ESO
Cuaderno de información académica para 4º ESO
 
Presentación ABAU 2022.pdf
Presentación ABAU 2022.pdfPresentación ABAU 2022.pdf
Presentación ABAU 2022.pdf
 
Presentación ABAU 2023.pdf
Presentación ABAU 2023.pdfPresentación ABAU 2023.pdf
Presentación ABAU 2023.pdf
 
Guia da ABAU e acceso á universidade 2019
Guia da ABAU e acceso á universidade 2019Guia da ABAU e acceso á universidade 2019
Guia da ABAU e acceso á universidade 2019
 
Presentación1.selectividade
Presentación1.selectividadePresentación1.selectividade
Presentación1.selectividade
 
Probas Acceso Universidade dende a FP
Probas Acceso Universidade dende a FPProbas Acceso Universidade dende a FP
Probas Acceso Universidade dende a FP
 
Cuaderno de información académica para 3º ESO
Cuaderno de información académica para 3º ESOCuaderno de información académica para 3º ESO
Cuaderno de información académica para 3º ESO
 
4º ESO curso 14-15
4º ESO curso 14-154º ESO curso 14-15
4º ESO curso 14-15
 
ORIENTACIÓN 2º BACHARELATO
ORIENTACIÓN 2º BACHARELATOORIENTACIÓN 2º BACHARELATO
ORIENTACIÓN 2º BACHARELATO
 
Aba unueva
Aba unuevaAba unueva
Aba unueva
 
Selectividade 2010
Selectividade 2010Selectividade 2010
Selectividade 2010
 
Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010
 
Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010Presentación selectividade 2010
Presentación selectividade 2010
 
Os programas de cualificación profesional inical
Os programas de cualificación profesional inicalOs programas de cualificación profesional inical
Os programas de cualificación profesional inical
 
OPCIONES AL FINALIZAR 1º PCPI
OPCIONES AL FINALIZAR 1º PCPIOPCIONES AL FINALIZAR 1º PCPI
OPCIONES AL FINALIZAR 1º PCPI
 

More from Mónica Diz Besada

Sesión ORIENTACIÓN 3º ESO 2022.pdf
Sesión ORIENTACIÓN 3º ESO 2022.pdfSesión ORIENTACIÓN 3º ESO 2022.pdf
Sesión ORIENTACIÓN 3º ESO 2022.pdfMónica Diz Besada
 
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdf
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdfCaderno 3º ESO xuño 2022.pdf
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdfMónica Diz Besada
 
SESIÓN ORIENTACIÓN 2º DE ESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN  2º DE ESO 2022.pdfSESIÓN ORIENTACIÓN  2º DE ESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN 2º DE ESO 2022.pdfMónica Diz Besada
 
SESIÓN ORIENTACIÓN 1ºESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN  1ºESO 2022.pdfSESIÓN ORIENTACIÓN  1ºESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN 1ºESO 2022.pdfMónica Diz Besada
 
Resumo calendario ABAU 2022.pdf
Resumo calendario ABAU 2022.pdfResumo calendario ABAU 2022.pdf
Resumo calendario ABAU 2022.pdfMónica Diz Besada
 
Presentación admisión universidad.pdf
Presentación admisión universidad.pdfPresentación admisión universidad.pdf
Presentación admisión universidad.pdfMónica Diz Besada
 
Presentación 1º Bach 2022.pdf
Presentación 1º Bach 2022.pdfPresentación 1º Bach 2022.pdf
Presentación 1º Bach 2022.pdfMónica Diz Besada
 
Preinscripción e matrícula FP.pdf
Preinscripción e matrícula FP.pdfPreinscripción e matrícula FP.pdf
Preinscripción e matrícula FP.pdfMónica Diz Besada
 

More from Mónica Diz Besada (20)

abau_ 2023_horario_ext.pdf
abau_ 2023_horario_ext.pdfabau_ 2023_horario_ext.pdf
abau_ 2023_horario_ext.pdf
 
Oferta CB 2023.pdf
Oferta CB 2023.pdfOferta CB 2023.pdf
Oferta CB 2023.pdf
 
Presentación Grados 2023.pdf
Presentación Grados  2023.pdfPresentación Grados  2023.pdf
Presentación Grados 2023.pdf
 
O Bacharelato 2022.pdf
O Bacharelato 2022.pdfO Bacharelato 2022.pdf
O Bacharelato 2022.pdf
 
Sesión ORIENTACIÓN 3º ESO 2022.pdf
Sesión ORIENTACIÓN 3º ESO 2022.pdfSesión ORIENTACIÓN 3º ESO 2022.pdf
Sesión ORIENTACIÓN 3º ESO 2022.pdf
 
Titulaciones SUG 2022-2023
Titulaciones SUG 2022-2023Titulaciones SUG 2022-2023
Titulaciones SUG 2022-2023
 
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdf
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdfCaderno 3º ESO xuño 2022.pdf
Caderno 3º ESO xuño 2022.pdf
 
Caderno 2º ESO maio 2022.pdf
Caderno 2º ESO maio 2022.pdfCaderno 2º ESO maio 2022.pdf
Caderno 2º ESO maio 2022.pdf
 
Caderno 1º ESO maio 2022.pdf
Caderno 1º ESO maio 2022.pdfCaderno 1º ESO maio 2022.pdf
Caderno 1º ESO maio 2022.pdf
 
SESIÓN ORIENTACIÓN 2º DE ESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN  2º DE ESO 2022.pdfSESIÓN ORIENTACIÓN  2º DE ESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN 2º DE ESO 2022.pdf
 
SESIÓN ORIENTACIÓN 1ºESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN  1ºESO 2022.pdfSESIÓN ORIENTACIÓN  1ºESO 2022.pdf
SESIÓN ORIENTACIÓN 1ºESO 2022.pdf
 
Resumo calendario ABAU 2022.pdf
Resumo calendario ABAU 2022.pdfResumo calendario ABAU 2022.pdf
Resumo calendario ABAU 2022.pdf
 
Presentación admisión universidad.pdf
Presentación admisión universidad.pdfPresentación admisión universidad.pdf
Presentación admisión universidad.pdf
 
Presentación Grados 2022.pdf
Presentación Grados  2022.pdfPresentación Grados  2022.pdf
Presentación Grados 2022.pdf
 
Presentación FP 2022.pdf
Presentación FP 2022.pdfPresentación FP 2022.pdf
Presentación FP 2022.pdf
 
Presentación 1º Bach 2022.pdf
Presentación 1º Bach 2022.pdfPresentación 1º Bach 2022.pdf
Presentación 1º Bach 2022.pdf
 
Preinscripción e matrícula FP.pdf
Preinscripción e matrícula FP.pdfPreinscripción e matrícula FP.pdf
Preinscripción e matrícula FP.pdf
 
Presentación ERE 2022.pdf
Presentación ERE 2022.pdfPresentación ERE 2022.pdf
Presentación ERE 2022.pdf
 
Alumnado NEAE y NEE
Alumnado NEAE y NEEAlumnado NEAE y NEE
Alumnado NEAE y NEE
 
Xornada portas abertas_2021
Xornada portas abertas_2021Xornada portas abertas_2021
Xornada portas abertas_2021
 

As probas de acceso á universidade blog

  • 1. Guia PAU 2012-2013 Mónica Diz Besada (Orientadora) AS PROBAS DE ACCESO Á UNIVERSIDADE (P.A.U.) UN BREVE REPASO A proba de acceso á universidade divídese en dúas fases: unha chamada fase xeral, e outra denominada fase específica, con exames vinculados á titulación que queiras estudar. Esta última fase é voluntaria, pero se a fas axúdache a subir a túa nota de acceso á universidade ata 4 puntos (poderías sacar un 14). Se non a fas, a túa nota de acceso calcúlase sumando o 60% da túa nota de bacharelato, e un 40% da túa nota da fase xeral. Neste último caso, a nota máxima que podes sacar é un 10. Máis adiante explicarémosche cómo decidir se presentarte á fase específica ou non. EN QUE CONSISTE A FASE XERAL? Na fase xeral examínaste das materias comúns de 2º de bacharelato. Consta dos seguintes exercicios: • Primeiro exercicio: Lingua Castelá e Literatura. Consiste en facer un comentario por escrito, dun texto non especializado e de carácter informativo e divulgativo, relacionado cos contidos desta materia. O exercicio presentará dúas opcións diferentes entre as que deberás elixir unha. • Segundo exercicio: Lingua Galega e Literatura. Igual que no primeiro exercicio pero relacionado cos contidos desta materia. Tamén terás dúas opcións das que deberás elixir unha. Pódese solicitar a exención deste exercicio no impreso de matrícula da proba de acceso, se se estivo exento da materia nalgún dos cursos de bacharelato ou se non se realizou algún dos cursos en Galicia. • Terceiro exercicio: Examinaraste sobre unha das seguintes materias comúns de 2º de bacharelato: Historia da Filosofía ou Historia de España. Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións da materia. Cando realices a inscrición na proba de acceso, terás que indicar a materia común da que te examinarás para este exercicio que presentará dúas opcións diferentes entre as que deberás elixir unha. • Cuarto exercicio: Lingua estranxeira. Para este exercicio podes elixir entre alemán, francés, inglés, italiano e portugués. Ao igual que no exercicio anterior, na solicitude de inscrición debes indicar de qué lingua estranxeira queres examinarte. Non é necesario que a cursaras en bacharelato. Este exercicio valora a comprensión lectora e a expresión escrita e non se poderá empregar o diccionario nin ningún outro material didáctico. • Quinto exercicio: Materia de modalidade de 2º de bacharelato. É dicir, dunha das materias especializadas asociadas a unha das tres modalidades que se cursan en Bacharelato: Artes, Ciencias e Tecnoloxía, ou Humanidades e Ciencias Sociais. Na solicitude de inscrición na proba de acceso, deberás indicar de qué materia de modalidade de 2º de bacharelato queres presentarte. O exercicio tamén presentará dúas opcións diferentes entre as que deberás elixir unha, e consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións sobre a materia. - Cada un destes exercicios terá unha duración máxima dunha hora e media. Haberá un intervalo mínimo de 45 minutos entre o final dun exercicio e o comenzo do seguinte. - Para cada exercicio pódese utilizar calquera das linguas oficiais da Comunidade Autónoma, excepto para Lingua Castelá, Lingua Galega e Lingua estranxeira, que deberá realizarse nos seus respectivos idiomas. - Cada un dos exames desta fase xeral puntúase de 0 a 10 puntos, con dúas cifras decimais COMO SE CALCULA A NOTA DE SELECTIVIDADE? A nota calcúlase tendo só en conta as notas da fase xeral. A fase específica, como leerás máis adiante, é só para subir a túa nota de admisión. 1
  • 2. Guia PAU 2012-2013 Mónica Diz Besada (Orientadora) A nota desta fase será a media aritmética das cualificacións de todos os exercicios, expresada en forma numérica de 0 a 10, con tres cifras decimais, arredondada á milésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior. Poñamos un exemplo: - Primeiro exercicio: 7´30 - Segundo exercicio: 4´20 - Terceiro exercicio: 5´90 - Cuarto exercicio: 6´10 - Quinto exercicio: 7´80 Nota desta fase xeral: 7´30 + 4´20 + 5´90 + 6´10 + 7´80 = 31´30/5 = 6´260 QUÉ NOTA NECESITO PARA SUPERAR A PROBA DE ACCESO Á UNIVERSIDADE Considérase superada cando se obteña unha nota igual ou maior a 5 puntos na media ponderada entre a cualificación obtida na fase xeral da Selectividade (que conta un 40%) e a nota de Bacharelato (que conta un 60%), e que se expresará con dous decimais, sempre que se acadara un mínimo de 4 puntos na cualificación da fase xeral. Se acadas un 4 na fase xeral necesitarás alomenos un 5´67 en Bacharelato para superar a PAU. O cálculo é así: (5´67 * 0´60)+ (4* 0´40) = 5. Se acadas menos dun 5´67 en Bacharelato, necesitarás acadar máis dun 4 en Selectividade para que a media ponderada sexa alomenos o 5 necesario para aprobar. Para o cálculo da nota media de bacharelato, para efectos de acceso á universidade, non se computará a cualificación da materia de relixión. EN QUE CONSISTE A FASE ESPECÍFICA? Mentres a fase xeral é obrigatoria, a fase específica é completamente optativa e permíteche sumar ata 4 puntos a túa nota de admisión. A que materias debería presentarme na fase específica? Se necesitas facela para subir nota, débeste examinar das materias da modalidade de 2º de bacharelato que se corresponden coa rama de coñecemento da titulación que che interesa. As materias que elixes para examinarte na fase específica deben ser distintas á materia de modalidade que elixes para examinarte no quinto exercicio da fase xeral. Pero non é necesario que estudaras esa modalidade de bacharelato á que pertencen as materias das que te examines. Por exemplo, imaxina que estudache o bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais, pero queres estudar Medicina. Pois neste caso, na fase específica debes examinarte de materias vinculadas á rama de coñecemento de Ciencias da Saúde. Obviamente, será máis fácil se estudaches a modalidade de bacharelato relacionada, pero nada che impide optar á titulacións “fóra” da túa modalidade. Actualmente xa non existe o concepto de “vías preferentes” que daban prioridade a estudiantes de determinadas modalidades de bacharelato según a titulación que quixeran estudiar. A cantas materias me podo presentar na fase específica? Ti decides de cantas te examinas. En Galicia pódeste presentar ata 4 materias. O normal é presentarse como mínimo a dúas ou a tres, e excepcionalmente a 4 exames. Se decides examinarte de máis de 2 materias, só se terán en conta as dúas mellores notas. En que consisten os exercicios da parte específica? Consistirá na resposta por escrito a unha serie de cuestións relacionadas coa materia. A duración de cada exercicio será de unha hora e media. Terás dúas opcións das que terás que elixir unha e poderás contestar en Lingua Castelá ou Lingua Galega. Na solicitude de matrícula deberás indicar as materias de modalidade das que te examinarás. 2
  • 3. Guia PAU 2012-2013 Mónica Diz Besada (Orientadora) CÓMO SE CALCULAN OS PUNTOS QUE OBTEÑO PRESENTÁNDOME Á FASE ESPECÍFICA? As cualificacións dos exames desta fase irán de 0 a 10 e para que conten é necesario acadar un 5. A notas que acadas en cada materia desta fase multiplícanse por 0´2 se a universidade designou a materia como prioritaria para a titulación á que queres acceder ou 0´1 se non, pero pertence á rama de coñecemento da titulación. Estes resultados logo súmanse e engádense á túa nota de acceso que é a media ponderada entre a túa nota de bacharelato e a túa nota da fase xeral. No mellor caso, se te examinas de dúas materias cualificadas como prioritarias para a titulación que queres estudiar, e acadas un 10 en ambas, sumarás 4 puntos adicionais directamente á túa nota de admisión. Calcúlase así: (10*0´2) + (10*0´2) = 4 Poñamos outro exemplo: - Nota de Bacharelato: 7´80 - Nota da fase xeral: 7´200 - Nota de acceso: (0´60*7´80) + (0´40*7´200) = 7´560 Fase específica: - Materia 1 (clasificada como prioritaria): 9´20 - Materia 2 (clasificada como non prioritaria): 8´40 - Puntos adicionais: (9´20*0´2) * (8´4*0´1) = 2´68 - Nota de admisión: 7´560 + 2´68 = 10´240 DEBERÍAME PRESENTAR Á FASE ESPECÍFICA? A nosa recomendación é moi sinxela. Se a titulación que queres estudar non ten límite de prazas na universidade onde queres estudar, non che fai falta que fagas a fase específica. Só necesitas aprobar a fase xeral para entrar nesa titulación, pois na Selectividade apróbase unicamente tendo en conta a túa nota na fase xeral. A fase especifica non afecta a se aprobas ou non, só sirve para subir nota. En cambio, se onde queres estudar hai prazas limitadas para a titulación que máis che interesa, deberías sen dúbida facer a fase específica, incluso se tes moi boas notas. Por qué? Supoñamos que tes un 9 en Bacharelato. Sacas tamén un 9 na fase xeral e a titulación que queres estudiar tivo o ano pasado unha nota de corte de 7. Entrar parece sinxelo, non? Pois se non fas a fase específica, non. Ten en conta que é probable que a maioría da xente que quere estudiar o mesmo ca ti vai facer a fase específica. Imaxina a alguén que ten un 6´50 en bacharelato, saca un 6 ´500 na fase xeral, e logo fai a fase específica e saca 6´50 e 6´50 en dúas materias prioritarias. Pois a súa nota de acceso sería 9´100. Entraría antes ca ti, co seu 6´50 e tí co teu 9´00 en Bacharelato. O cálculo é así: - Nota de Bacharelato: 6´50 - Nota da fase xeral: 6´500 - Nota de acceso: (0´60*6´50) + (0´40*6´500) = 6´500 Fase específica: - Materia 1 (clasificada como prioritaria): 6´50 - Materia 2 (clasificada como prioritaria): 6´50 - Puntos adicionais: (6´50*0´2) + (6´50*0´2) = 2´60 - Nota de admisión: 6´500 + 2´60 = 9´100 Conclusión: Se a titulación que che interesa ten as prazas limitadas, deberías facer a fase específica. Do contrario, por moi boas notas que teñas, arríscaste a quedarte fóra. CÓMO SEI A QUÉ ASIGNATURAS PRESENTARME PARA SUBIR MÁIS NOTA? Como cada universidade poderá sinalar as asignaturas concretas que considera prioritarias para determinado título, se xa sabes qué titulación queres estudiar e en qué universidade, o mellor é que consultes directamente na universidade que che interesa. As universidades están publicando 3
  • 4. Guia PAU 2012-2013 Mónica Diz Besada (Orientadora) estes datos, que denominan táboas de ponderación na súa web e que en moitos casos son comúns para tódalas universidades dunha mesma comunidade (como é o caso de Galicia). É moi importante decidir ben qué asignaturas escolles para examinarte nesta fase pois cada un dos exames voluntarios suporá sumar como mínimo medio punto a túa nota de admisión, e ata dous puntos se a universidade sinalou esa asignatura como unha das prioritarias. COMO SE CALCULA A NOTA DE ADMISIÓN? Se te presentas só á fase xeral a fórmula é a seguinte: Nota de admisión: 0´6*NMB (nota media de bacharelato) + 0´4*CFG (Cualificación da fase xeral) Se ademais te presentas á fase específica para subir puntos, a fórmula é a seguinte: Nota de admisión: 0´6*NMB (nota media de bacharelato) + 0´4*CFG (Cualificación da fase xeral) + a*M1 + b*M2 Sendo a e b os parámetros de ponderación (0´1 e 0´2) das materias da fase específica, e M1 e M2 as dúas materias superadas da fase específica con mellor cualificación unha vez aplicados os parámetros de ponderación. POR QUE É TAN IMPORTANTE A NOTA DE ADMISIÓN? Cando unha carreira ten límite de prazas, é dicir, ten menos prazas dispoñibles que número de estudantes queren estudiar esa carreira en dita universidade, o único criterio que as universidades públicas teñen para conceder ou denegar unha praza é a nota de admisión dos estudiantes. O proceso é o seguinte: todas as solicitudes que a universidade recibe de estudiantes que queren estudiar unha determinada carreira as ordena de máis a menos nota e vai dando as prazas a aqueles estudantes que teñen mellor nota de admisión. O último estudante que consigue entrar nunha determinada carreira e universidade é o que marca a nota de corte para ese ano, e sirve de estimación para o ano seguinte. Por iso, as notas de corte cambian dun ano a outro, xa que depende do número de prazas que se oferten na carreira e do número e da nota media dos alumnos que soliciten entrar nesa carreira. Será sempre unha nota diferente para cada ano e para unha mesma carreira. Son só unha orientación para o ano seguinte, porque podemos ver cal foi o alumno que entrou coa peor nota. ENTÓN, PODEREI TER DIFERENES NOTAS DE ADMISIÓN? Sí. Un estudante terá diferentes notas de admisión en función das universidades e titulacións nas que solicite admisión. Poñamos un exemplo dun estudante que ten as seguintes notas e que quere estudar Medicina: - Nota media de bacharelato: 9´00 - Nota da fase xeral: 8´00 Nota de admisión antes de realizar a fase específica: (0´60*9´00) + (0´40*8´00) = 8´600 Fase específica: - Materia 1: Química 8´50 - Materia 2: Bioloxía 8´20 Na universidade onde quere estudar Medicina dixéronlle que tanto Química como Bioloxía se consideran materias prioritarias e, polo tanto, teñen multiplicador de 0´2. No caso deste estudiante, a súa nota de admisión para Medicina nesta Universidade sería: (0 ´60*9´00) + (0´40*8´00) + (0´2*8´50) + (0´2*8´20) = 11´940 Se ademais decide solicitar praza noutra titulación da mesma rama de coñecemento (Ciencias da Saúde), pero onde nin Química nin Bioloxía se consideran asignaturas prioritarias, o multiplicador para estas materias serían 0´1. Entón, a súa nota de admisión sería: (0´60*9´00) + (0 ´40*8´00) + (0´1*8´50) + (0´1*8´20) = 10´270 4
  • 5. Guia PAU 2012-2013 Mónica Diz Besada (Orientadora) Polo tanto, os estudantes que soliciten praza en diferentes estudos e universidades, terán diferentes notas de admisión que se calcularán en función da ponderación (0´1 ou 0´2) das materias ás que se presentou na fase específica e que pode variar dependendo da titulación e da universidade. PODERIA ENTRAR NUNHA CARREIRA COMO MEDICIÑA AINDA QUE O MOI BACHARELATO SEXA O DE ARTES? En principio sí. Cando un estudante quere acceder a unha carreira onde hai máis demanda que oferta, a admisión faise por orde estricto da nota de admisión. Só en caso de empate entre dous ou máis estudantes coa mesma nota de admisión (os casos son mínimos pois se consideran dous decimais) terán preferencia os que se examinaran na fase xeral dunha materia de modalidade vinculada á rama de coñecemento á que pertence o estudio solicitado. Quizás penses entón que a modalidade de bacharelato que se estuda non ten tanta importancia pois un estudiante de Artes pode solicitar praza para estudar unha carreira de outra rama, como por exemplo en Medicina. Efectivamente é posible, pero non hai que esquecer que as carreiras máis demandadas teñen asignaturas vinculadas que permiten aos estudantes interesados neses estudos subir nota. E se para Medicina as asignaturas de Bioloxía e Química, entre outras, permiten sumar puntos na nota de acceso á universidade, loxicamente un estudante que se preparou no Bacharelato afín terá menos dificultades para subir nota, así que seguirá sendo importante. Por outra banda, hai que pensar que o Bacharelato debe darche unha base para levar a carreira con éxito. Se por exemplo un estudiante que cursa o Bacharelato de Artes decide solicitar praza nunha enxeñaría que non ten límite de prazas, é 100% seguro que entrará na carreira. Pero o máis probable é que a abandone, pois é moi difícil seguir o ritmo das clases sen ter unha base. SE SUPERO A PROBA, PODO VOLVER A PRESENTARME PARA SUBIR NOTA? Si. Haberá dúas convocatorias anuais: ordinaria (xuño) e extraordinaria (setembro). Poderás presentarte en sucesivas convocatorias para mellorar a cualificación da fase xeral ou de calquera das materias da fase específica. Considerarase sempre a cualificación superior entre as obtidas. A superación da fase xeral da proba terá validez indefinida pero a cualificación das materias da fase específica terá validez nos dous cursos seguintes á súa superación. Debes ter en conta que en setembro podes repetir as fase que queiras para subir nota, pero aínda que acades mellor nota non terás prioridade para entrar nese ano sobre os de xuño pois estes xa foron admitidos e matriculados. Se queres ter prioridade deberás esperar ao ano seguinte para solicitar praza no período ordinario, que é en xuño. SE CANDO ME DEAN AS NOTAS NON ESTOU DACORDO, CÓMO PODO RECLAMAR? Terás dúas vías para reclamar: Reclamación ante a comisión organizadora: O exame non volve a corrixirse. Os exercicios sobre os que se presenta a solicitude de reclamación serán revisados por un profesor diferente co obxecto de verificar que todas as preguntas están puntuadas, que todas as cuestións foron avaliadas cunha correcta aplicación dos criterios xerais de avaliación e específicos de corrección e que as notas están ben sumadas. A cualificación definitiva da materia será a que resulte desta revisión, sempre que sexa superior á outorgada despois da primeira corrección, agás nos casos de erros de suma, en que a cualificación será a que resulte correcta. Esta vía exclúe a posibilidade de solicitar despois a segunda corrección. Solicitar segunda corrección: O estudiante solicitará unha segunda corrección dos exercicios nos que considere incorrecta a aplicación dos criterios xerais de avaliación e específicos de corrección. O exame será corrixido por un profesor especialista diferente ao que fixo a primeira corrección. Coas dúas cualificacións faise a media aritmética e o resultado será a nota final. Ésta pode ser igual, superior ou inferior á primeira cualificación. Se entre a corrección inicial e a segunda corrección houbese unha diferencia de 2 ou máis puntos, farase unha terceira corrección. A cualificación final será a media aritmética das tres cualificacións. Se o alumno non está conforme co resultado da segunda corrección, ou coa terceira se 5
  • 6. Guia PAU 2012-2013 Mónica Diz Besada (Orientadora) a houbera, pode presentar unha reclamación ante a Comisión Organizadora. A cualificación definitiva da materia será a que resulte desta revisión, sempre que sexa superior á outorgada despois da segunda corrección. O prazo para solicitar calquera dos dous procedementos será de tres días hábiles dende a data de publicación das notas. A solicitude preséntase nos LERDs cun impreso específico. Ademais o estudante ten dereito, previa solicitude, a ver o exame corrixido unha vez finalizado na súa totalidade o proceso de corrección e reclamación, no prazo de 10 días, na data e lugar que se lle indique. QUE É MELLOR? Solicitar segunda corrección ou reclamación?. A resposta non está nada clara. Pero ten en conta que trala segunda corrección aínda podes solicitar unha reclamación, mentres que se realizas a reclamación como primeira opción logo non terás posibilidade de solicitar novas correccións. MÁIS DÚBIDAS... • Se suspendo os exames da fase específica, baixaranme a nota? Non. Os exames da fase específica só poden subir nota. Para que o resultado destes exames che permita subir a nota debes ter unha nota mínima de 5. • Debo presentarme á fase específica se quero estudar nunha universidade privada? A fase específica é de carácter voluntario, pero como cada universidade privada pode establecer criterios propios de acceso, debes consultado nas universidades que che interesan. • Que asignaturas elixo para cada fase, no caso de querer entrar nunha carreira con límite de prazas? Se contas con aprobar a fase xeral convén deixar para a fase específica as asignaturas onde cres que tes mellores posibilidades de sacar nota. É cuestión de matemáticas. Na fase específica ten moito máis valor a túa puntuación pois se é unha asignatura prioritaria multiplícase por 0´2, mentres que na fase xeral dilúese o valor que obteñas nesa materia, porque primeiro entra a formar parte dunha media con todas as asignaturas da fase xeral e co resultado obtido faise unha media ponderada coa túa nota de bacharelato. Tamén convén escoller sempre asignaturas prioritarias para a fase específica. Un 5 nunha materia prioritaria (5´00*0´2=1) é igual que un 10 nunha non prioritaria (10´00*0´1=1). • Quero estudar noutra comunidade: Se queres asegurar a mellor nota posible deberás ter en conta as súas propias táboas de ponderación das materias prioritarias para a fase específica, que non teñen porque coincidir coa ponderación establecida na nosa comunidade. Ten en conta ademais que para estudar en universidades públicas de comunidades diferentes debes realizar unha preinscripción por cada comunidade autónoma que estás considerando. Esta preinscripción é compatible coa que fagas en Galicia. 6
  • 7. Guia PAU 2012-2013 Mónica Diz Besada (Orientadora) OS ESTUDOS UNIVERSITARIOS Xa debes saber que os títulos universitarios divídense en títulos de: 1º) GRAO: Obtense o título de graduado. 2º) POSGRAO: - MASTER: trala superación dun grao obtense unha formación especializada e máis avanzada. Obtense o título de master. - DOUTORAMENTO: trala superación dun grao e un master , obtense unha formación avanzada en técnicas de investigación. Obtense o título de doutor. Todos estes títulos están organizados en 5 ramas de coñecemento, que coinciden, máis ou menos, coas modalidades de bacharelato. E a cada rama de coñecemento pertencen os diferentes títulos de grao que se ofertan nas diferentes universidades de toda España. 1. Ciencias Sociais e xurídicas. 2. Artes e humanidades. 3. Ciencias da saúde. 4. Ciencias. 5. Enxeñaría e arquitectura. Na explicación das PAU dicíase que para que a fase específica sume nota á fase xeral, as materias deben estar adscritas á rama de coñecemento do título ao que solicitas acceso. Polo tanto debes saber que materias de bacharelato están vinculadas a cada rama de coñecemento e tamén como se vinculan os títulos universitarios ás distintas ramas. A continuación presentámosche o vínculo entre as materias de modalidade de bacharelato e as diferentes ramas de coñecemento das ensinanzas universitarias, así como os diferentes títulos de grao que se ofertan en cada rama (é só unha recompilación representativa de toda España que debes revisar na web da universidade á que queres acceder). En canto á adscrición de graos ás ramas de coñecemento debes fixarte en que moitos deles están adscritos a varias ramas, e incluso dependendo da universidade, un mesmo título pode estar adscrito a unha rama ou a outra. VINCULACIÓN DAS MATERIAS DE MODALIDADE DE BACHARELATO E AS RAMAS DE COÑECEMENTO DAS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS 1. CIENCIAS SOCIAIS E XURÍDICAS Análise Musical II Anatomía aplicada Artes escénicas Bioloxía Ciencias da terra e medioamb. Cultura audiovisual Debuxo artístico II Debuxo Técnico II Deseño Economía Economía da Empresa Física Xeografía Grego II Hª da Música e da Danza Hª da Arte Hª do mundo contemporáneo Latín II Linguaxe e Práctica Musical Literatura Universal Matemáticas II Matemáticas aplicadas ás CCSS Química Técnicas de Exp. gráf.-plástica Volume 2. ENXEÑERÍA E Bioloxía ARQUITECTURA CC. da Terra e medioambientais Debuxo Técnico II Deseño 7
  • 8. Guia PAU 2012-2013 Mónica Diz Besada (Orientadora) Economía Economía da Empresa Electrotecnia Física Matemáticas II Química Tecnoloxía industrial II 3. ARTES E Análise musical II HUMANIDADES Anatomía aplicada Artes escénicas Cultura audiovisual Debuxo artístico II Debuxo Técnico II Deseño Economía Economía da empresa Xeografía Grego II Hª da música e da danza Hª da arte Hª do mundo contemporáneo Latín II Linguaxe práctica musical Literatura universal Matemáticas aplicadas ás CCSS Técnicas de exp. Gráf.-plástica Volume 4. CIENCIAS Bioloxía CC. da terra e medioambientais Electrotecnia Física Matemáticas II Química Tecnoloxía industrial 5. CIENCIAS DA Anatomía aplicada SAÚDE Bioloxía CC. da terra e medioambientais Física Matemáticas II Química 8
  • 9. Guia PAU 2012-2013 Mónica Diz Besada (Orientadora) PROCESO DE ADMISIÓN ÁS ENSINANZAS UNIVERSITARIAS OFICIAIS DE GRAO DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA 1. O proceso de acceso constará de dúas convocatorias de preinscripción: Ordinara (xuño) e extraordinaria (setembro). As datas para a entrega de solicitudes de acceso serán as mesmas para todo o sistema universitario de Galicia e faranse públicas na web da CIUG. 2. Tódolos trámites administrativos do proceso de acceso, o alumnado deberá facelos no LERD (lugar de entrega e recollida de documentación), que están repartidos polos diversos campus de Galicia. Deberá elixir o LERD do campus escollido en primeiro lugar na solicitude de preinscripción. Tamén poderá facerse a preinscripción a través dos procedementos telemáticos que se establezan. 3. O alumnado deberá cubrir un único impreso de solicitude, onde poderá indicar ata cinco titulacións universitarias diferentes, cun máximo de dez peticións no caso de que a ensinanza se imparta en máis dun centro de Galicia. 4. Resérvanse prazas para determinados colectivos: os que acceden por proba para maiores de 25 anos, os maiores de 40 anos que acrediten experiencia laboral, para os que superen a proba de acceso para maiores de 45 anos, para os que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, para deportistas de alto nivel, e para os que teñan unha titulación universitaria. 5. A orde de adxudicación das prazas é a seguinte: 1º Primeiro adxudícanse as prazas a quen cumpra os requisitos en xuño deste curso ou en xuño ou setembro de anos anteriores. 2º En segundo lugar, adxudicaranse prazas aos estudiantes que cumpran os requisitos de acceso en setembro. En todo caso, deberase ter en conta que o alumnado que presente a preinscripción na convocatoria de setembro, terá prioridade en só en setembro, ainda que cumprira os requisitos en xuño deste ano ou en anos anteriores. 6. En cada colectivo do apartado anterior adxudicaranse as prazas por maior nota de admisión. 7. Nos casos de empate na nota de admisión, terán preferencia: - Os estudiantes (de bacharelato) que na fase xeral da PAU elixisen unha materia de modalidade vinculada á rama de coñecemento do ensino a que se solicita acceder. - Os estudiantes de FP cuxo título esté adscrito ás ramas de coñecemento do ensino a que se solicita acceder. 8. A CIUG asignará as prazas en cada titulación en cada un dos prazos que se establezan. Normalmente hai varias adxudicacións. Saen 5 listados de admitidos ao longo do mes de xullo e 3 en setembro (para os que fixeron a preinscripción en setembro). Despois de cada listado soe haber dous días para realizar a matrícula. Se o alumno foi admitido na titulación de maior preferencia, deberá facer a matrícula, pois do contrario perderá tódolos seus dereitos. De ser admitido nunha de menor preferencia pode matricularse ou esperar a ver se é admitido nunha titulación de maior preferencia ata que se anuncie o peche da matrícula nesa titulación. Poderá consultar os listados de espera en Internet e valorar a súa posición na lista de espera. 9. O alumnado poderá presentar reclamación á súa asignación de prazas no LERD onde presentou a súa solicitude de acceso. 9
  • 10. Guia PAU 2012-2013 Mónica Diz Besada (Orientadora) MÁIS INFORMACIÓN NAS SEGUINTES WEBS: ESTUDOS UNIVERSITARIOS: www.ciug.cesga.es Páxina oficial de Información sobre o acceso á universidade e PAU en Galicia : notas de corte, prazos, listados, calendarios e horarios das PAU, enlace coas universidades de toda España, matrícula na universidade, … . www.usc.es Páxina oficial da Universidade de Santiago de Compostela www.uvigo.es Páxina oficial da Universidade de Vigo www.udc.es Páxina oficial da Universidade de Coruña www.uned.es Universidade a distancia www.guiauniversidades.uji.es/base/ Buscador de graos en toda España www.educación.es Becas do Ministerio de Educación ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL www.edu.xunta.es/fp Páxina oficial de Formación Profesional en Galicia: Información da oferta, descrición dos ciclos, probas de acceso, … . 10