SlideShare a Scribd company logo
1 of 5
Download to read offline
Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional
e Innovación Educativa

Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior


1.    Preguntas frecuentes

1.1   Inscrición para as probas de acceso
      A quen van dirixidas as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior?

      Están dirixidas ás persoas que non posúan os requisitos de acceso a ciclos formativos. Es-
      tes requisitos son:
       Título de bacharel establecido na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación
        xeral do sistema educativo.
       Segundo curso de calquera modalidade de bacharelato experimental regulado pola Orde
        ministerial do 21 de outubro de 1986 (BOE do 6 de novembro).
       Curso de orientación universitaria (COU) ou preuniversitario (PREU).
       Título de técnico especialista, de técnico superior ou equivalente para efectos académi-
        cos.
       Titulación universitaria ou equivalente para efectos académicos.
       Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
       Proba de acceso á ciclos formativos.

      Quen se pode presentar ás probas de acceso a ciclos formativos de grao superior?

      Quen non cumpra os requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de
      grao superior e se atope nalgunha das seguintes situacións:
       Ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.
       Cumprir ou ter cumpridos dezaoito anos no ano natural de celebración da proba, e dis-
        por dun título de técnico, no momento de inscrición á proba, que pertenza a algunha
        familia profesional incluída na opción á que opta, consonte a táboa do anexo III da re-
        solución (DOG do 15 de xaneiro de 2010).

      Onde se pode presentar a solicitude de inscrición para as probas de acceso?

      Nas secretarías dos institutos de educación secundaria (IES) e nos centros integrados de
      formación profesional (CIFP) onde se impartan ciclos formativos de formación profesio-
      nal (agás o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, de Ferrol).




                                        Páxina 1 de 5
Pódense presentar á proba as persoas que teñan cumpridos 18 anos, ou os cum-
      pran no ano natural de celebración da proba, e estean a cursar un ciclo formativo
      de grao medio?

      Non. Soamente se poderán presentar se, no momento da inscrición para a proba, remata-
      ron o ciclo de grao medio que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción á
      que opta.

      As persoas que teñan superada unha proba de acceso á universidade para maio-
      res de 25 anos teñen que inscribirse para a proba de acceso?

      Non. Estas persoas poderán participar no proceso de admisión a ciclos formativos presen-
      tando directamente o certificado acreditativo na secretaría do centro correspondente, nos
      prazos establecidos para a admisión. Para os efectos de baremación, nestes casos a cualifi-
      cación será de 5,00.

      Cal e o prazo para presentar a solicitude das probas de acceso a ciclos de grao
      superior?

      O prazo de presentación será entre os días 18 e 29 de xaneiro de 2010, ambos os dous in-
      cluídos.


1.2   Estrutura da proba
      Cal é a estrutura da proba?

      A proba consta de dúas partes: unha común e outra específica.
       A parte común organízase en tres probas: lingua galega, lingua castelá e matemáticas.
       A parte específica organízase en tres opcións (A, B e C) segundo a familia profesional
        do ciclo formativo que se pretenda estudar. Véxase o anexo III da resolución de probas
        de acceso (DOG do 15 de xaneiro de 2010):
        – Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía e
           cidadanía.
        – Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
        – Opción C: ciencias da terra e ambientais, química, e bioloxía.
        O alumnado elixirá unha única opción (A, B ou C) e, dentro da opción elixida, escollerá
        dúas materias.


1.3   Cualificacións da proba
      Como se calcula a nota da proba de acceso?

      A cualificación de cada parte da proba (a común e a específica) será numérica, entre cero e
      dez puntos.
      A nota final da proba calcularase sempre que se obteña polo menos unha puntuación de
      catro puntos en cada unha das partes, e será a media aritmética destas, expresada con dous
      decimais. Será positiva a cualificación de cinco puntos ou superior. En caso contrario, a
      nota final cualificarase como “non apto” ou “non apta”.

                                        Páxina 2 de 5
Non é necesario ter unha nota mínima nas materias de cada parte (común e específica) pa-
      ra poder facer a media entre elas.

      No caso de dispor de exención dunha das partes da proba, como se calcula a nota
      da proba de acceso?

      Para os efectos de cálculo da nota final da proba de acceso non se terán en conta as partes
      da proba das que a persoa participante fose declarada exenta. Así mesmo, no caso de exen-
      ción de todas as partes da proba, a cualificación final expresarase como “exento” ou
      “exenta”. Para os efectos de admisión en ciclos formativos, a exención total da proba equi-
      valerá a unha cualificación de cinco puntos.


1.4   Celebración da proba
      En que data se celebrará a proba?

      O día 27 de marzo de 2010.

      En que horario se desenvolverá a proba?

       Presentación: ás 9:00 horas.
       Parte común da proba: das 10:00 ás 13:30 horas (matemáticas, lingua galega, e lingua
        castelá).
       Parte específica da proba: das 16:00 ás 18:30 horas (materias específicas da opción vin-
        culada ao ciclo formativo).

      Onde se celebrará a proba?

      O día 3 de marzo farase público o lugar ou os lugares onde se vaian realizar as probas. Es-
      ta listaxe publicarase nos centros de inscrición e no seguinte enderezo web:
      http://www.edu.xunta.es/fp.

      Que documentación cómpre levar o día da celebración da proba?

      O documento oficial de identidade (DNI) e copia da folla da solicitude de inscrición.

      Que materiais se poderán empregar na realización das probas?

       Bolígrafos de tinta negra ou azul.
       Calculadora non programable.
       Para a proba de debuxo técnico, materiais básicos de debuxo: lapis, compás, regra, es-
        cuadra e cartabón.

      Advertencias para o alumnado

       Non se poderá acceder ao recinto con teléfonos móbiles nin ningún outro dispositivo
        electrónico, agás as calculadoras permitidas para a realización das probas.
       O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas.
        Non seguilas será causa de exclusión.

                                        Páxina 3 de 5
1.5   Exencións
      Que exencións se poden solicitar?

      Para ver todas as exencións que se poden solicitar, consúltese a seguinte ligazón:
      http://www.edu.xunta.es/fp/files/probas10/Nota_informativa_probas_2010.pdf

      Que documento cómpre presentar xunto coa solicitude de inscrición, para que se
      lle conserve a parte exenta na convocatoria do 2009?

      O certificado da proba de acceso de 2009 onde figure a parte da proba como exenta.

      Pode solicitar a exención condicional da parte específica o alumnado que estea en
      condicións de posuír, na convocatoria de xuño de 2010, un título de técnico que
      pertenza a algunha das familias profesionais incluídas na opción pola que se pre-
      senta?

      Si. A solicitude de exención condicional farase xunto coa solicitude de inscrición para as
      probas, segundo o modelo do anexo V da Resolución do 11 de xaneiro de 2010. O certifi-
      cado de superación da proba emitirase o 23 de xullo, sempre que se teña aprobada a parte
      común da proba e se superara o ciclo medio correspondente.
      A superación do ciclo de grao medio xustificarase mediante a certificación de pagamento
      dos dereitos de expedición do título de técnico, que se presentará no centro de inscrición
      entre os días 12 e 16 de xullo, ambos os dous incluídos, e irá dirixida á presidencia do tri-
      bunal único. As certificacións de superación da proba estarán dispoñibles a partir do día
      23 de xullo.
      En todo caso, poderán presentarse á parte específica da proba o día 27 de marzo.

      Logo de solicitada a exención dalgunha das partes, poderase presentar ao exame
      desa parte?

      Se a exención está concedida, non.

      Que documentación cómpre presentar no caso de traballadores que soliciten a
      exención da parte específica por ter como mínimo un ano de experiencia laboral en
      xornada completa en campos profesionais que se correspondan cos estudos que
      se pretenda cursar?

       No caso de traballadores por conta allea:
        – Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou da mutualidade laboral
          que corresponda.
        – Certificación da empresa ou das empresas onde se adquirira a experiencia laboral,
          segundo o modelo do anexo VI da orde publicada no DOG de 16 de xaneiro de
          2008. Non confundir co certificado de empresa emitido polas oficinas de emprego
          (TC2).
       No caso de traballadores por conta propia:
        – Certificación do período de cotización no réxime especial de traballadores autóno-
          mos.
        – Certificación da inscrición no censo de obrigados tributarios.


                                         Páxina 4 de 5
– Memoria descritiva das actividades desenvolvidas durante o exercicio profesional,
           segundo o modelo do anexo VI da orde publicada no DOG de 16 de xaneiro de
           2008.

      Quen ten que cubrir a certificación das empresas (anexo VI da orde publicada no
      DOG de 16 de xaneiro de 2008)?

      As empresas onde se adquirira a experiencia laboral, e deberá estar asinada por unha per-
      soa responsable da empresa.

      Que ten que figurar na certificación das empresas?

      Teñen que constar especificamente as actividades laborais desenvolvidas pola persoa inte-
      resada relacionadas co campo profesional que corresponda cos estudos que pretenda cur-
      sar, así como o número de días e horas dedicadas a elas. Por cada actividade laboral debe-
      rá figurar o seguinte:
       Máquinas, equipamentos e ferramentas que se empregaran, e grao de destreza no seu
        manexo.
       Materiais utilizados para o traballo.
       Información manexada (planos, esquemas, información telemática, instrucións diarias,
        etc.).
       Resultados da actividade desenvolvida.


1.6   Conservación das partes aprobadas
      Durante canto tempo se conservan as partes aprobadas da proba?

      Durante dous anos consecutivos.

      Que documento cómpre presentar xunto coa solicitude de inscrición, para que se
      lle conserve a parte aprobada na convocatoria do 2009?

      O certificado da proba de acceso de 2009, onde figure a parte da proba aprobada.

      En que centros se poden solicitar os certificados das probas de acceso a ciclos
      formativos de grao superior do ano 2009?

      No enderezo que se indica deseguido pódense atopar os centros emisores de certificados
      das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, cos seus centros adscritos de
      inscrición:
      http://www.edu.xunta.es/fp/probasCS.htm




                                        Páxina 5 de 5

More Related Content

What's hot (6)

OPCIONES AL FINALIZAR 1º PCPI
OPCIONES AL FINALIZAR 1º PCPIOPCIONES AL FINALIZAR 1º PCPI
OPCIONES AL FINALIZAR 1º PCPI
 
Folleto fp dual_v3_verde6_v1
Folleto fp dual_v3_verde6_v1Folleto fp dual_v3_verde6_v1
Folleto fp dual_v3_verde6_v1
 
Acceso e admisión en Formación Profesional Básica
Acceso e admisión en Formación Profesional BásicaAcceso e admisión en Formación Profesional Básica
Acceso e admisión en Formación Profesional Básica
 
PAU 2013
PAU 2013PAU 2013
PAU 2013
 
Os programas de cualificación profesional inicial
Os programas de cualificación profesional inicialOs programas de cualificación profesional inicial
Os programas de cualificación profesional inicial
 
Tabla de pcois final
Tabla de pcois finalTabla de pcois final
Tabla de pcois final
 

Similar to Preguntas frecuentes sobre a proba de acceso a ciclos superiores

Charla orientación 2º bacharelato
Charla orientación 2º bacharelatoCharla orientación 2º bacharelato
Charla orientación 2º bacharelato
Mónica Diz Besada
 
Acceso a ciclos formativos de grao medio
Acceso a ciclos formativos de grao medioAcceso a ciclos formativos de grao medio
Acceso a ciclos formativos de grao medio
estefaniastray
 
A formación profesional 2011
A formación profesional 2011A formación profesional 2011
A formación profesional 2011
laraveiga
 
Tabla de pcois final
Tabla de pcois finalTabla de pcois final
Tabla de pcois final
angel1110
 

Similar to Preguntas frecuentes sobre a proba de acceso a ciclos superiores (20)

Opcións pcpi
Opcións pcpiOpcións pcpi
Opcións pcpi
 
Sesión orientación fp para bacharelato 2016
Sesión orientación fp para bacharelato 2016Sesión orientación fp para bacharelato 2016
Sesión orientación fp para bacharelato 2016
 
Preinscripción e matrícula FP.pdf
Preinscripción e matrícula FP.pdfPreinscripción e matrícula FP.pdf
Preinscripción e matrícula FP.pdf
 
Presentación ABAU 2017
Presentación ABAU 2017Presentación ABAU 2017
Presentación ABAU 2017
 
Cuestionario
CuestionarioCuestionario
Cuestionario
 
Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)
Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)
Cuestionario de la Orden AFD (grupo 2)
 
Charla orientación 2º bacharelato
Charla orientación 2º bacharelatoCharla orientación 2º bacharelato
Charla orientación 2º bacharelato
 
Acceso a ciclos formativos 2017
Acceso a ciclos formativos 2017Acceso a ciclos formativos 2017
Acceso a ciclos formativos 2017
 
Fp.2014.porremprego
Fp.2014.porrempregoFp.2014.porremprego
Fp.2014.porremprego
 
Acceso a ciclos formativos de grao medio
Acceso a ciclos formativos de grao medioAcceso a ciclos formativos de grao medio
Acceso a ciclos formativos de grao medio
 
Vias para cualificacion_-_jesus_bujan
Vias para cualificacion_-_jesus_bujanVias para cualificacion_-_jesus_bujan
Vias para cualificacion_-_jesus_bujan
 
Certificados de profesionalidade
Certificados de profesionalidadeCertificados de profesionalidade
Certificados de profesionalidade
 
Pcpi
PcpiPcpi
Pcpi
 
Pcpi
PcpiPcpi
Pcpi
 
Pcpi
PcpiPcpi
Pcpi
 
A formación profesional 2011
A formación profesional 2011A formación profesional 2011
A formación profesional 2011
 
Pcppi
PcppiPcppi
Pcppi
 
Tabla de pcois final
Tabla de pcois finalTabla de pcois final
Tabla de pcois final
 
Acreditacion competencias 2016
Acreditacion competencias 2016Acreditacion competencias 2016
Acreditacion competencias 2016
 
Guia da ABAU e acceso á universidade 2019
Guia da ABAU e acceso á universidade 2019Guia da ABAU e acceso á universidade 2019
Guia da ABAU e acceso á universidade 2019
 

More from laraveiga

Manual para a busca de emprego ferrol 2012-13_revisado
Manual para a busca de emprego ferrol 2012-13_revisadoManual para a busca de emprego ferrol 2012-13_revisado
Manual para a busca de emprego ferrol 2012-13_revisado
laraveiga
 
Folleto xornadas 2012
Folleto xornadas 2012Folleto xornadas 2012
Folleto xornadas 2012
laraveiga
 
Cartel fp empresas galego
Cartel fp empresas galegoCartel fp empresas galego
Cartel fp empresas galego
laraveiga
 
Acceso á universidade desde a formación profesional de
Acceso á universidade desde a formación profesional deAcceso á universidade desde a formación profesional de
Acceso á universidade desde a formación profesional de
laraveiga
 
Titulacions exeñaría e arquitectura
Titulacions exeñaría e arquitecturaTitulacions exeñaría e arquitectura
Titulacions exeñaría e arquitectura
laraveiga
 
Rama de coñecementoartes e humanidades
Rama de coñecementoartes e humanidadesRama de coñecementoartes e humanidades
Rama de coñecementoartes e humanidades
laraveiga
 
Rama de coñecemento ciencias sociais
Rama de coñecemento ciencias sociaisRama de coñecemento ciencias sociais
Rama de coñecemento ciencias sociais
laraveiga
 
Presentación1.selectividade
Presentación1.selectividadePresentación1.selectividade
Presentación1.selectividade
laraveiga
 
Presentación1.selectividade
Presentación1.selectividadePresentación1.selectividade
Presentación1.selectividade
laraveiga
 
R elación de ciclos en ferrolterra
R elación de ciclos en ferrolterraR elación de ciclos en ferrolterra
R elación de ciclos en ferrolterra
laraveiga
 
R elación de ciclos en ferrolterra
R elación de ciclos en ferrolterraR elación de ciclos en ferrolterra
R elación de ciclos en ferrolterra
laraveiga
 
A nova formación profesional
A nova formación profesionalA nova formación profesional
A nova formación profesional
laraveiga
 
A formación profesional 2010
A formación profesional 2010A formación profesional 2010
A formación profesional 2010
laraveiga
 
Calendario das probas de acceso 2010
Calendario das probas de acceso 2010Calendario das probas de acceso 2010
Calendario das probas de acceso 2010
laraveiga
 

More from laraveiga (14)

Manual para a busca de emprego ferrol 2012-13_revisado
Manual para a busca de emprego ferrol 2012-13_revisadoManual para a busca de emprego ferrol 2012-13_revisado
Manual para a busca de emprego ferrol 2012-13_revisado
 
Folleto xornadas 2012
Folleto xornadas 2012Folleto xornadas 2012
Folleto xornadas 2012
 
Cartel fp empresas galego
Cartel fp empresas galegoCartel fp empresas galego
Cartel fp empresas galego
 
Acceso á universidade desde a formación profesional de
Acceso á universidade desde a formación profesional deAcceso á universidade desde a formación profesional de
Acceso á universidade desde a formación profesional de
 
Titulacions exeñaría e arquitectura
Titulacions exeñaría e arquitecturaTitulacions exeñaría e arquitectura
Titulacions exeñaría e arquitectura
 
Rama de coñecementoartes e humanidades
Rama de coñecementoartes e humanidadesRama de coñecementoartes e humanidades
Rama de coñecementoartes e humanidades
 
Rama de coñecemento ciencias sociais
Rama de coñecemento ciencias sociaisRama de coñecemento ciencias sociais
Rama de coñecemento ciencias sociais
 
Presentación1.selectividade
Presentación1.selectividadePresentación1.selectividade
Presentación1.selectividade
 
Presentación1.selectividade
Presentación1.selectividadePresentación1.selectividade
Presentación1.selectividade
 
R elación de ciclos en ferrolterra
R elación de ciclos en ferrolterraR elación de ciclos en ferrolterra
R elación de ciclos en ferrolterra
 
R elación de ciclos en ferrolterra
R elación de ciclos en ferrolterraR elación de ciclos en ferrolterra
R elación de ciclos en ferrolterra
 
A nova formación profesional
A nova formación profesionalA nova formación profesional
A nova formación profesional
 
A formación profesional 2010
A formación profesional 2010A formación profesional 2010
A formación profesional 2010
 
Calendario das probas de acceso 2010
Calendario das probas de acceso 2010Calendario das probas de acceso 2010
Calendario das probas de acceso 2010
 

Preguntas frecuentes sobre a proba de acceso a ciclos superiores

  • 1. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior 1. Preguntas frecuentes 1.1 Inscrición para as probas de acceso A quen van dirixidas as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior? Están dirixidas ás persoas que non posúan os requisitos de acceso a ciclos formativos. Es- tes requisitos son:  Título de bacharel establecido na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.  Segundo curso de calquera modalidade de bacharelato experimental regulado pola Orde ministerial do 21 de outubro de 1986 (BOE do 6 de novembro).  Curso de orientación universitaria (COU) ou preuniversitario (PREU).  Título de técnico especialista, de técnico superior ou equivalente para efectos académi- cos.  Titulación universitaria ou equivalente para efectos académicos.  Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.  Proba de acceso á ciclos formativos. Quen se pode presentar ás probas de acceso a ciclos formativos de grao superior? Quen non cumpra os requisitos académicos esixidos para acceder a ciclos formativos de grao superior e se atope nalgunha das seguintes situacións:  Ter cumpridos dezanove anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.  Cumprir ou ter cumpridos dezaoito anos no ano natural de celebración da proba, e dis- por dun título de técnico, no momento de inscrición á proba, que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción á que opta, consonte a táboa do anexo III da re- solución (DOG do 15 de xaneiro de 2010). Onde se pode presentar a solicitude de inscrición para as probas de acceso? Nas secretarías dos institutos de educación secundaria (IES) e nos centros integrados de formación profesional (CIFP) onde se impartan ciclos formativos de formación profesio- nal (agás o CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro, de Ferrol). Páxina 1 de 5
  • 2. Pódense presentar á proba as persoas que teñan cumpridos 18 anos, ou os cum- pran no ano natural de celebración da proba, e estean a cursar un ciclo formativo de grao medio? Non. Soamente se poderán presentar se, no momento da inscrición para a proba, remata- ron o ciclo de grao medio que pertenza a algunha familia profesional incluída na opción á que opta. As persoas que teñan superada unha proba de acceso á universidade para maio- res de 25 anos teñen que inscribirse para a proba de acceso? Non. Estas persoas poderán participar no proceso de admisión a ciclos formativos presen- tando directamente o certificado acreditativo na secretaría do centro correspondente, nos prazos establecidos para a admisión. Para os efectos de baremación, nestes casos a cualifi- cación será de 5,00. Cal e o prazo para presentar a solicitude das probas de acceso a ciclos de grao superior? O prazo de presentación será entre os días 18 e 29 de xaneiro de 2010, ambos os dous in- cluídos. 1.2 Estrutura da proba Cal é a estrutura da proba? A proba consta de dúas partes: unha común e outra específica.  A parte común organízase en tres probas: lingua galega, lingua castelá e matemáticas.  A parte específica organízase en tres opcións (A, B e C) segundo a familia profesional do ciclo formativo que se pretenda estudar. Véxase o anexo III da resolución de probas de acceso (DOG do 15 de xaneiro de 2010): – Opción A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía e cidadanía. – Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física. – Opción C: ciencias da terra e ambientais, química, e bioloxía. O alumnado elixirá unha única opción (A, B ou C) e, dentro da opción elixida, escollerá dúas materias. 1.3 Cualificacións da proba Como se calcula a nota da proba de acceso? A cualificación de cada parte da proba (a común e a específica) será numérica, entre cero e dez puntos. A nota final da proba calcularase sempre que se obteña polo menos unha puntuación de catro puntos en cada unha das partes, e será a media aritmética destas, expresada con dous decimais. Será positiva a cualificación de cinco puntos ou superior. En caso contrario, a nota final cualificarase como “non apto” ou “non apta”. Páxina 2 de 5
  • 3. Non é necesario ter unha nota mínima nas materias de cada parte (común e específica) pa- ra poder facer a media entre elas. No caso de dispor de exención dunha das partes da proba, como se calcula a nota da proba de acceso? Para os efectos de cálculo da nota final da proba de acceso non se terán en conta as partes da proba das que a persoa participante fose declarada exenta. Así mesmo, no caso de exen- ción de todas as partes da proba, a cualificación final expresarase como “exento” ou “exenta”. Para os efectos de admisión en ciclos formativos, a exención total da proba equi- valerá a unha cualificación de cinco puntos. 1.4 Celebración da proba En que data se celebrará a proba? O día 27 de marzo de 2010. En que horario se desenvolverá a proba?  Presentación: ás 9:00 horas.  Parte común da proba: das 10:00 ás 13:30 horas (matemáticas, lingua galega, e lingua castelá).  Parte específica da proba: das 16:00 ás 18:30 horas (materias específicas da opción vin- culada ao ciclo formativo). Onde se celebrará a proba? O día 3 de marzo farase público o lugar ou os lugares onde se vaian realizar as probas. Es- ta listaxe publicarase nos centros de inscrición e no seguinte enderezo web: http://www.edu.xunta.es/fp. Que documentación cómpre levar o día da celebración da proba? O documento oficial de identidade (DNI) e copia da folla da solicitude de inscrición. Que materiais se poderán empregar na realización das probas?  Bolígrafos de tinta negra ou azul.  Calculadora non programable.  Para a proba de debuxo técnico, materiais básicos de debuxo: lapis, compás, regra, es- cuadra e cartabón. Advertencias para o alumnado  Non se poderá acceder ao recinto con teléfonos móbiles nin ningún outro dispositivo electrónico, agás as calculadoras permitidas para a realización das probas.  O tribunal dará as instrucións pertinentes para o correcto desenvolvemento das probas. Non seguilas será causa de exclusión. Páxina 3 de 5
  • 4. 1.5 Exencións Que exencións se poden solicitar? Para ver todas as exencións que se poden solicitar, consúltese a seguinte ligazón: http://www.edu.xunta.es/fp/files/probas10/Nota_informativa_probas_2010.pdf Que documento cómpre presentar xunto coa solicitude de inscrición, para que se lle conserve a parte exenta na convocatoria do 2009? O certificado da proba de acceso de 2009 onde figure a parte da proba como exenta. Pode solicitar a exención condicional da parte específica o alumnado que estea en condicións de posuír, na convocatoria de xuño de 2010, un título de técnico que pertenza a algunha das familias profesionais incluídas na opción pola que se pre- senta? Si. A solicitude de exención condicional farase xunto coa solicitude de inscrición para as probas, segundo o modelo do anexo V da Resolución do 11 de xaneiro de 2010. O certifi- cado de superación da proba emitirase o 23 de xullo, sempre que se teña aprobada a parte común da proba e se superara o ciclo medio correspondente. A superación do ciclo de grao medio xustificarase mediante a certificación de pagamento dos dereitos de expedición do título de técnico, que se presentará no centro de inscrición entre os días 12 e 16 de xullo, ambos os dous incluídos, e irá dirixida á presidencia do tri- bunal único. As certificacións de superación da proba estarán dispoñibles a partir do día 23 de xullo. En todo caso, poderán presentarse á parte específica da proba o día 27 de marzo. Logo de solicitada a exención dalgunha das partes, poderase presentar ao exame desa parte? Se a exención está concedida, non. Que documentación cómpre presentar no caso de traballadores que soliciten a exención da parte específica por ter como mínimo un ano de experiencia laboral en xornada completa en campos profesionais que se correspondan cos estudos que se pretenda cursar?  No caso de traballadores por conta allea: – Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou da mutualidade laboral que corresponda. – Certificación da empresa ou das empresas onde se adquirira a experiencia laboral, segundo o modelo do anexo VI da orde publicada no DOG de 16 de xaneiro de 2008. Non confundir co certificado de empresa emitido polas oficinas de emprego (TC2).  No caso de traballadores por conta propia: – Certificación do período de cotización no réxime especial de traballadores autóno- mos. – Certificación da inscrición no censo de obrigados tributarios. Páxina 4 de 5
  • 5. – Memoria descritiva das actividades desenvolvidas durante o exercicio profesional, segundo o modelo do anexo VI da orde publicada no DOG de 16 de xaneiro de 2008. Quen ten que cubrir a certificación das empresas (anexo VI da orde publicada no DOG de 16 de xaneiro de 2008)? As empresas onde se adquirira a experiencia laboral, e deberá estar asinada por unha per- soa responsable da empresa. Que ten que figurar na certificación das empresas? Teñen que constar especificamente as actividades laborais desenvolvidas pola persoa inte- resada relacionadas co campo profesional que corresponda cos estudos que pretenda cur- sar, así como o número de días e horas dedicadas a elas. Por cada actividade laboral debe- rá figurar o seguinte:  Máquinas, equipamentos e ferramentas que se empregaran, e grao de destreza no seu manexo.  Materiais utilizados para o traballo.  Información manexada (planos, esquemas, información telemática, instrucións diarias, etc.).  Resultados da actividade desenvolvida. 1.6 Conservación das partes aprobadas Durante canto tempo se conservan as partes aprobadas da proba? Durante dous anos consecutivos. Que documento cómpre presentar xunto coa solicitude de inscrición, para que se lle conserve a parte aprobada na convocatoria do 2009? O certificado da proba de acceso de 2009, onde figure a parte da proba aprobada. En que centros se poden solicitar os certificados das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior do ano 2009? No enderezo que se indica deseguido pódense atopar os centros emisores de certificados das probas de acceso a ciclos formativos de grao superior, cos seus centros adscritos de inscrición: http://www.edu.xunta.es/fp/probasCS.htm Páxina 5 de 5