Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

DÍA DA MULLER- 2015

397 views

Published on

Galegas destacadas. Día da muller

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

DÍA DA MULLER- 2015

  1. 1. Filmografía no cine: La isla mínima (2014) Rafael (2008) Bellas durmientes (2001) A nena (1997) Filmografía na televisión: El Príncipe (2015) El tiempo entre costuras (2013) El secreto de Puente Viejo (2013) Padre Casares (2012) en Televisión de Galicia Matalobos (2009-2010) en Televisión de Galicia O Nordés (2009) en Televisión de Galicia MIR (2007) Debutou no cine con 16 anos, en 1997, na película Nena do director galego Xavier Bermúdez. Traballou nas series da TVG Matalobos e Padre Casares. Tamén participou a nivel nacional nas series “El tiempo entre costuras” e “El secreto de Puente Viejo” de A3 e “El príncipe” de Tele5. A súa participación na película “La isla mínima” levouna a acadar o Premio Goya á Mellor Actriz Revelación.
  2. 2. Nacida en Viveiro (Lugo) en 1902, é unha pintora surrealista. Estuda na Academia de Belas Artes de Madrid, lugar onde entabla amizade con persoeiros destacados como Salvador Dalí, Lorca, Buñuel, Rafael Alberti,… Obtivo unha beca de ampliación de estudos, que lle permitiu ir a París, onde coñece a Picasso e Joan Miró. Ademais de pintar cadros, ilustrou moitos libros e revistas. Un dos seus cadros, Espantapájaros, é considerada unha das grandes obras surrealistas. Posteriormente trasládase a Bos Aires e Chile, onde coincide con Pablo Neruda. Recibe a Medalla de Ouro de Belas Artes e a Medalla de Ouro da Xunta de Galicia. Expón no Centro Galego de Arte Contemporánea. Morre no 1995.
  3. 3. Naceu en Ferrol no 1952. É licenciada en Filoloxía pola Universidade de Santiago. Traballou en publicidade, foi presentadora, actriz de dobraxe,… Comezou no teatro en varias compañías, entre elas o Centro Dramático Galego. Saltou á fama nunha serie da TVG (Pratos Combinados). Tamén traballou noutras series de TVG como Libro de familia, O Nordés... Participou en varias películas: El bosque animado. Hotel Tívoli (polo que obtivo o premio Mestre Mateo). Los caprichos de Goya. El orfanato. Engurras. Mar adentro, pola que obtivo un Premio Goya á Mellor Interpretación de Reparto. Esta película levou o Oscar á Mellor película estranxeira.
  4. 4. Ten numerosos premios e galardóns, entre os que destacamos: *Premio Nacional das músicas actuais. *Medalla Castelao. *Premio Goya á mellor canción orixinal pola canción “Tu bosque animado”. *Medalla das Artes e as Letras de Francia. Nacida en Boimorto (A Coruña) no 1958. Estudou piano, solfexo e ballet. É unha cantante de pop-rock. Aínda que a maioría da súa obra é en castelán, ten cancións en galego (Negra Sombra, con Carlos Núñez) e en francés. Vendeu máis de 5 millóns de copias dos seus discos. Participou en bandas sonoras de varias películas: O bosque animado, “Tacones lejanos”, “Solo mía”. Publicou numerosos discos, sendo os máis coñecidos A contraluz, Como la flor prometida e Un mar de confianza. Cantante de fama internacional, sendo un ídolo en Francia.
  5. 5. Obtivo moitos premios en Galicia, a nivel nacional e internacional, entre eles: *Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (O misterio dos fillos de Lúa). *Premio Merlín de Literatura Infantil (Dúas bágoas por Máquina). *Finalista para o premio Hache 2010. Desde o 2013 é membro da Real Academia Galega. Naceu en Xeve (Pontevedra). Dende os dezanove anos, exerceu a profesión de mestra de primaria e tamén de secundaria. Autora de múltiples obras de literatura infantil e xuvenil, de gastronomía, pequenos contos,… entre as que destacamos: *Dúas bágoas por Máquina *Chamizo *¡Asústate Merche!, *Ás de mosca para Anxo *O libro da Empanada (gastronómico)
  6. 6. Nace en A Coruña. Estuda no Colexio francés de Madrid. Foi unha muller anticipada ao seu tempo que tiña a capacidade de non pasar inadvertida. Escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, viaxeira e sobre todo feminista. Aos quince publica o primeiro dos seus numerosísimos contos (máis de cincocentos). É directora da Revista de Galicia. Escribiu 18 novelas, entre as que destacan La tribuna, Los pazos de Ulloa. Tamén escribiu varias obras teatrais. En recoñecemento dos seus méritos artísticos, o rei Alfonso XIII concedeulle o título nobiliario de condesa de Pardo Bazán. Ela, xunto con Concepción Arenal, está considerada como unha das precursores do movemento feminista en España. Morreu en Madrid no ano 1921.
  7. 7. Naceu en Santiago no 1837. Trasládase a Madrid, onde casa con Manuel Murguía. Rosalía de Castro escribiu tanto en prosa coma en verso, empregando o galego e o castelán. A súa obra estivo profundamente marcada polas circunstancias que rodearon a súa vida: a súa orixe, os problemas económicos, a perda dos seus fillos e a súa fráxil saúde. Está considerada como a figura máis importante do Rexurdimento galego. En 1863 foi publicado en Vigo o seu primeiro grande libro, Cantares gallegos, que constitúe o primeiro libro escrito en galego nunha época na que a lingua galega estaba extinta coma lingua escrita. En 1880 a escritora publicou unha escolma de poemas á que chamaría Follas Novas. En castelán publicaría La flor, A mi madre e En las orillas del Sar e a novela El caballero de las botas azules. Morre no 1885. Os seus restos repousan no Panteón de Galegos Ilustres (Santiago).
  8. 8. Naceu en Ribadeo (Lugo) no ano 1922. É unha poeta galega. Realizou estudos musicais, de maxisterio e de filoloxía románica. Traballou en Vigo como profesora nun instituto de secundaria. Foi codirectora da revista Nordés. Membro da Real Academia Galega desde o ano 1996. A autora achega unha poesía sensual e profunda, tratando temas coma o amor, a patria, a liberdade e mesmo a morte. Foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Desde o seu primeiro poemario, O paxaro na boca, publicou multitude de obras. Salientar: -Concerto de outono. -Vida secreta de Rosalía. -As vodas palatinas. -Deter o día cunha flor. Acadou diversos recoñecementos. Entre eles: -Premio Celanova Casa dos Poetas. -Premio da Crítica de poesía galega. -Premio Cultura das Letras Galegas. -Premio Laxeiro.
  9. 9. Naceu en 1880 en A Coruña, foi pedagoga, tradutora, lingüista e profesora galega. Foi constante na dedicación á educación e instrución, á renovación educativa, á defensa dos dereitos das mulleres, á xustiza, liberdade, ao progreso,… Introduciu en Galicia os principios educativos de María Montessori. Cursou a carreira de Maxisterio na Escola Normal de A Coruña. Puxo en marcha numerosas iniciativas de carácter pedagóxico. Alcanzou enorme prestixio polos seus métodos renovadores. Foi unha firme defensora dos dereitos das mulleres e traballou pola súa emancipación social, cultural e profesional. Foi destituída dos seus cargos e obrigada a xubilarse cando contaba con 60 anos, por razóns políticas. Morreu no ano 1970.
  10. 10. Naceu en Ferrol no ano 1820. Foi licenciada en Dereito, xornalista, poeta e autora dramática. Foi a primeira muller en asistir á universidade. É bastante probable que asistise disfrazada de home ás aulas da carreira de Dereito, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España. Con ela naceu o feminismo en España. Desde moi nova rebelouse contra a marxinación da muller, reivindicando a igualdade en todos os ámbitos. Dedicouse a axudar a mulleres presas e á literatura, escribindo multitude de obras, tanto en castelán como en francés. Das súas obras sobre a condición feminina sobresalen La mujer de su casa e La mujer del porvenir. Manual del visitador del preso. Ensayo sobre derechos de gentes. El visitador del preso. La beneficencia, la filantropía y la caridad. Morre en vigo en 1893.
  11. 11. Naceu nunha parroquia de Ferrol, no ano 1916. Dedicou a súa vida á oceanografía. Cursou os seus estudos universitarios en Santiago e Madrid. Tras rematar, investigou no Instituto Español de Oceanografía (Vigo). Continuou a súa labor investigadora en Estados Unidos. Foi a primeira muller en actuar como científica nun barco de investigación británico. Durante as súas investigación descubriu un total de 22 novas especies animais mariñas. Foi profesora universitaria en México e EEUU. Desde a súa xubilación estudou a historia da primeira expedición científica ao Atlántico e Pacífico, a finais do século XVIII. Publicou varios libros científicos. Na súa honra, dúas especies mariñas (unha delas unha medusa) levan o seu apelido en latín: alvarinoae. Recibiu a Medalla de Prata de Galicia. No ano 2012, a un buque botado en Vigo, do Instituto Español Oceanográfico, foille posto o seu nome. Morreu en California (EEUU) en 2005.
  12. 12. Nada no concello de Oleiros (A Coruña) no ano 1927, foi unha matemática investigadora. Desenvolveu a súa labor en Estados Unidos e Canadá. De nova cultivou moitas afeccións, entre as que estaban o deporte e a música. A pesares de que a familia quería que estudase enxeñería, para continuar co negocio familiar (unha fundición en A Coruña), licenciouse en Matemáticas en Madrid. Concedéronlle unha beca para ampliar estudos en EEUU, onde se doutorou. Volveu a España e traballou tres anos como investigadora no Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Despois foi traballar a Canada e, finalmente, como profesora nunha universidade de EEUU. Regresou a Coruña para coidar da súa nai. No ano 2007, a Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia creou o Premio María Wonenburguer, para as mulleres que destacaran nos eidos da ciencia e tecnoloxía. Foi investida Doutora Honoris Causa pola Universidade de A Coruña. Morreu en A Coruña en 2014.
  13. 13. Esta deportista, nacida en Cangas do Morrazo (Pontevedra) no ano 1982 é a mellor piragüista española da historia, con presenza en tres citas olímpicas consecutivas. Gañou numerosas medallas tanto a nivel nacional como internacional. Participou en K-1, K2 e K4 nas distancias de 200 e 500 metros. Campioa Mundial en 2 ocasións (ademais de 7 pratas e 4 bronces) Campioa Europea en 7 ocasións (ademais de 2 pratas e 3 bronces) Actualmente acaba de retomar o adestramento, tras ser nai. Aspira a poder competir nas Olimpíadas de Río de Xaneiro no 2016.
  14. 14. Naceu en Ribeira en 1995. É unha atleta galega, plusmarquista nacional na categoría xuvenil na modalidade de triplo salto. Foi elixida mellor atleta española xuvenil do ano 2011, 2012 e 2013. Neste último ano tamén recibiu o premio Princesa de Asturias. En 2014, aínda en idade júnior, proclamouse campioa absoluta de España de triplo salto. Na temporada 2013 pasou a entrenar no Centro de Alto Rendemento de Madrid. Na actualidade milita no clube de atletismo do F.C. Barcelona. Competiu na primeira Copa de Galicia batendo o seu propio rexistro galego absoluto de triplo salto en pista cuberta, saltando ata os 13,20 m, (20 cm máis do saltado un ano antes por ela mesma). Esta marca significou ademais un novo rexistro en categoría júnior en España. O seu ouro no triplo salto no Campionato do Mundo Júnior do verán de 2012, con 14,17 m de lonxitude, en Barcelona, dispararon todas as expectativas para a súa carreira deportiva nesta modalidade. Gañou distintas competicións en España nas modalidades de triplo salto, salto de lonxitude e velocidade (60 m lisos). Na actualidade estuda INEF.
  15. 15. Nada o 9 de abril de 1987 en Santiago de Compostela. É unha gran futbolista galega. Xoga no posto de dianteira. Na Liga Española milita desde 2008 no RCD Español de Barcelona, co que acadou dous campionatos de Copa en 2009 e 2010, e do que foi máxima goleadora. En 2010 disputou a liga de verán nos Estados Unidos. Tamén xogou nas ligas rusa, sueca e alemá. Compartiu vestiario coas mellores xogadoras do mundo neste deporte. Quedou campioa de Europa de fútbol feminino coa selección española no ano 2004. Quedou oitava no FIFA Balón de Ouro do ano 2014.
  16. 16. Nace no concello de Ribeira no ano 1996. É unha nadadora galega. Con doce anos comeza a bater marcas galegas dalgunhas especialidades e atesoura máis de 40 récords galegos en distintas idades (12, 13, 14 e 15 anos), tanto en piscina curta como en piscina longa, e en estilo libre, braza e estilos. En 2008, e con só doce anos, consegue o subcampionato absoluto de Galicia en 200 m braza. En 2010 debuta internacionalmente na Copa Comen de Sicilia. Participou en 2011 nos campionatos de Europa de natación júnior, que se disputaron en Belgrado, onde obtivo dúas medallas de ouro, nos 1500 m libres e nos 400 m estilos. A súa actuación permítelle participar no mundial júnior de Lima (Ecuador), onde remata quinta nos 1500. Nos Europeos júnior de 2012 obtivo o ouro en 800 m libres, a prata nos 400 m estilos e o bronce en 1500 m libres e no relevo 4x200. Estuda no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, en Pontevedra.
  17. 17. Josefa Parada, de 25 anos, Cipriana Oujo, de 16 e María Fernández, de 14, que nunha pequerrecha dorna, expoñéndose a unha morte segura, desafiaron o temporal, andando e desandando tres veces preto de dúas millas para salvaren do afogamento a moitos náufragos do “Santa Isabel”. O Santa Isabel, un vapor-correo cargado de emigrantes que partira do porto da Coruña con destino a Cádiz, afundira na madrugada do 2 de xaneiro dese mesmo ano nas inmediacións de Sálvora. Josefa, Cipriana e María, saíron en auxilio de pasaxeiros e tripulantes en canto sentiron o son da buguina pedindo axuda. Estas valentes mulleres do mar fixeron un total de catro viaxes entre a illa e o Santa Isabel. Na última delas remolcaron un dos botes salvavidas do barco ateigado de asustados viaxeiros. Sen máis recursos ca unha pequena embarcación e a forza dos seus brazos, as «heroínas de Sálvora» lograron salvar a vida de medio cento de persoas das 266 que ían a bordo. O resto faleceron no accidente. Estas bravas mulleres recibiron unha pensión de por vida e a Cruz de Terceira Clase con Distintivo Negro e Branco, do Consello de Estado. Desde aquela o Concello de Ribeira ostenta o título de «Moi nobre, moi leal e moi humanitaria cidade».
  18. 18. É moi coñecida debido á súa defensa da Coruña do ataque dunha gran flota inglesa dirixida por Francis Drake no ano 1589, en resposta á Grande Armada que o ano anterior tentara a invasión de Inglaterra. Os invasores superaban en número ás defensas da cidade. Segundo a cónica da época a actuación desta heroína fixo retroceder unha compañía inimiga, que recuou ao ver que o seu abandeirado fora morto tras pasar as murallas. Faleceu en Cambre en 1643 e, aínda que no testamento solicitaba ser enterrada no convento de San Domingo da Coruña, non se conserva ningún documento que o acredite nin se puido identificar a súa tumba. Naceu arredor do ano 1560 no seo dunha familia modesta. No ano 1581 co carniceiro Xoán de Rois que morreu no ano 1585, ao que lle seguirían outras tres vodas máis. Unha vida de vicisitudes xurídicas entre as que figuran numerosos preitos. Conmemórase a súa memoria coa praza do concello na Coruña e unha chama sempre acesa.
  19. 19. É unha figura mítica de Galicia e unha figura lendaria de bandoleira galega dende finais do século XIX, que, segundo a lenda, acadou gran fama asaltando camiños e roubando a caciques e cregos. Os contos que falan a existencia dunha bandida, que dirixiría a súa propia gavela de ladróns. Son moitos e están espallados por toda Galicia. Todos eles fan referencia ao século XIX. Era unha bandoleira xenerosa, xa que axudaba aos pobres. Condenada nun xuízo amañado, por un asasinato que non cometera, ingresa no cárcere. Logra fuxir e comeza a súa loita por conseguir vinganza. Ademais dos contos, existe unha referencia escrita que parece probar a existencia real de e é unha mención que a escritora e penalista Concepción Arenal fai dela logo dunha visita ao cárcere de A Coruña. O primeiro disco do grupo Heredeiros da Cruz, leva por título A cuadrilla de Pepa a Loba.
  20. 20. Naceu en Vigo no 1945. Ten sido unha pioneira na loita integral contra o narcotráfico, denunciando aos grandes traficantes e organizando plans integrais de rehabilitación e reinserción. Fundou a Federación Provincial e a Federación Galega de Axuda ó Drogodependente. Comeza esta loita tras ter dous fillos con problemas de drogas. Presidenta da Asociación Érguete de axuda ao toxicómano. O labor de Carme Avendaño mereceu numerosos premios de recoñecemento de diversas entidades, entre os que están: -Premio Xustiza e Sociedade. -Premio La Voz de Galicia á solidariedade. -Cruz de Prata da Orde Civil da Solidariedade Social, que lle foi entregado pola actual Raíña Sofía. Desde 1999, ten o cargo de presidenta da Fundación Érguete, dedicada á inserción sociolaboral das persoas con dificultades de integración, en especial, dos toxicómanos. Baseada na súa historia persoal, rodaron a película Heroína.
  21. 21. A xente, para falar de cousas antigas, di que foi nos tempos dela. Esta muller vivía no ano 1386 no que sería o actual concello da Pobra do Brollón (Lugo). Foi unha fidalga galega que liderou unha revolta contra o bispo en Lugo, que obrigaba aos lucenses a pagar elevados impostos, a finais do século XIV. Este foi un século difícil e duro para o campesiñado galego. Xunto con outras moitas mulleres e familias enfrontáronse ao recadador do señor feudal. Un episodio máis das numerosas loitas que as mulleres levaron a cabo no mundo feudal na defensa do pan, da alimentación dos seus e da paz.

×