1. NON CHAS QUERO
Non chas quero,
non chas quero
Castañas do teu magosto,
Non chas quero, non chas quero
Que me cheiran ao chamosco
Que me cheira nao chamosco.
Ailalelo, ailalalo.
Alá vén o gaiteiro
por detrás do pinar,
alá vén o gaiteiro
ai! Deixalo pasar, (3 veces)
alá vén o gaiteiro
por detrás do pinar.
Vente vindo, vente vindo
que eu tamén me vou andando,
fixen a cama na folla,
o vento vaima levando
o vento vaima levando
ailalelo, ailalalo
Alá vén o gaiteiro …
Indo polo souto abaixo,
Escorrín nun ouriciño,
Ai que tres castañas levo!
do souto do meu veciño...
do souto do meu veciño
Ailalelo ailalalo
Alá ven o gaiteiro…
A castaña no ourizo
quixo rir e rebentou,
caeu do castaño abaixo
mira que chasco levou
mira que chasco levou
Ailalelo ailalalo
Alá ven o gaiteiro…
Ábreme a porta Marica,
que che quero dar castañas.
- Eu a porta non cha abro,
que ben sei das túas mañas
que ben sei das túas mañas
Ailalelo ailalalo.
Alá vén o gaiteiro …