1. As palabras compostas son aquelas que están formadas pola unión de dúas ou
máis palabras simples: vacaloura vaca + loura
O plural das palabras compostas faise na segunda palabra simple que forma a
unión. As palabras compostas seguen as regras de acentuación.
escornabois, bulebule, limpaparabrisas , pinchacarneiro, viravolta, pasamontañas
Moitas compostas forman o primeiro elemento con para, garda, quita, pasa, salva.
Chamamos Xeración Nós a un grupo de intelectuais que en 1920 decidiron
fundar a revista Nós. Este grupo de intelectuais defendían a idea de Galicia como
pobo diferenciado con lingua e cultura de seu.
A revista Nós, que se publicaba cada mes, serviu para reuperar a identidade
propia por medio da reconstrución da historia e da lingua.
Os autores desta época foron responsables do Seminario de Estudos Galegos, do
Partido Galeguista e de publicacións de carácter nacionalista.
Desta época destacan figuras como López Cuevillas, Otero Pedrayo, Vicente
Risco...Castelao é a figura máis importante polo seu pensamento político e tamén
polo artístico.
Os determinantes demostrativos indican proximidade ou afastamento respecto
da persoa que fala: preto – distancia media - lonxe
Os determinantes posesivos indican posesión ou pertenza dun obxecto atribuída a
un ou a varias persoas.
Escribimos con b: -palabras que comezan por biblio- bio- bu- e prefixos bi-, bis-
-verbos rematados en –bir, -buir
-formas verbais rematadas en –aba. –abas, -abamos, -abades, -aban.
-nos verbos beber, caber,deber,haber,lamber,saber e sorber.
-cando á b lle segue unha consoante (br, bl, bs…) menos acivro, ávrego
Escribimos con v: -palabras rematadas en –ívoro e ívora (menos víbora)
-todas as formas dos verbos estar, ir, ter, servir, ver, vir, vivir (menos terminacións
–aba, -abas,… do pasado)
-verbos rematados en –servar e –versar.
-adxectivos rematados en -avo, -ava, -ave, -evo, -eva, -ivo, -iva (menos árabe)