UNIDADE 15 O NATURALISMO DO S.XIX. IMPRESIONISMO E POST-IMPRESIONISMO Borja Campos Seijo I.E.S García Barbón
1. REALISMO: COURBET

Realismo pode definirse como un compromiso co mundo real, recuperando a función cívica da art...

Gustave Courbet  (1819/1877) personifica o aspecto + provocador e polémico do Realismo. De pensamento socialista, ...

2.  O PAI DO IMPRESIONISMO : MANET

Edouard Manet (1832-1883) = un pouco + vello que os impresionistas, mantivo unh...

3. O IMPRESIONISMO

Na década dos sesenta un grupo de xoves pintores (Claude Monte, Auguste Renoir, Camille Pissarr...

Linguaxe impresionista    tenta reproducir a impresión óptica simple e pura da realidade, tal e como a percibe o ...

Principais mestres do impresionismo:

   Claude Monet  (1840/1926): o + puro e xenuino impresion...

   Auguste Renoir  (1841/1919): achegado a impresionismo pola estreita relación con Monet, mantivo sempre prefere...

PINTORAS IMPRESIONISTAS

Berthe Morisot

Mary Cassat

Eva Gonzales Mary Bracquemond

79.  IMPRESIÓN: AMENCER CLAUDE MONET

Pintura impresionista francesa.

Óleo sobre lenzo.
</ul...

O nome de  impresionismo  procede deste cadro, froito duns rápidos apuntamentos tomados por Monet desde a xanela d...

O que está a pescudar é a sensación visual, eliminando da pintura todo o que sabemos do obxecto pero que non corre...

Desaliñada, como apuntamento, pero de intensa inspiración poética, nesta tea Monet desbota aspectos académicos (pe...
80.  A CATEDRAL DE ROUEN CLAUDE MONET

Pintura impresionista francesa.

Serie de óleos sobre lenzo...

A inclinación de Monet por explorar as distintas impresións percibidas nun mesmo motivo, baixo a luz a diferentes ...

Durante o inverno de 1892/93 aluga unha habitación con vistas á fachada occidental da catedral gótica de Rouen   ...

Desenvolvendo impresionismo ata as súas últimas consecuencias, Monet evaece as formas sólidas biaxo a vibración lu...
81.  NU Ó SOL AUGUSTE RENOIR

Pintura impresionista francesa.

Óleo sobre lenzo.

<li...

Si Monet representa o culto á luz, Renoir significa o hedonismo (alegría de vivir)    cores vivas e luminosas, en...

Coa sensualidade que difen toda a obra de Renoir, a luz incide sobre este espléndido nu ao aire libre mergullado b...

Integra á muller na paisaxe dando ás dúas un tratamento pictórico semellante, se ben non coa mesma intensidade: no...
4. A ESCULTURA NO IMPRESIONISMO: RODIN

Auguste Rodin (1840-1917) = + grande escultor do século XIX, por vontade e ...

82.  O PENSADOR AUGUSTE RODIN

Escultura impresionista francesa.

Bronce.

Museo ...

En 1880 Rodin recibe o encargo do gob para realizar unha gran porta para o proxectado Museo das Artes Decorativas ...

Proxectada en principio coma imaxe de Dante, de poderosas extremidades (infuencia de M.Anxo     acción en repouso...

Anatomía forte e poderosa    intensidade que deixa inconclusos detalles da musculatura e o pelo, e o corpo surcad...
5. O POST-IMPRESIONISMO

Co impresionismo estoupa na arte unha crise que se viña xestando 1 século antes. Que funci...

Todos eles constataron no impresionismo a importancia dda luz, pero coidando que non abondaba con quedarse na sens...

Principais printores post-impresionistas:

1.  Vincent Van Gogh  (1853/1890): 1 dos artistas + co...

Tralo incidente con Gauguin (está apunto de matalo, mutilándose unha orella), ingresa voluntariamente nun manicomi...
83.  A HABITACIÓN DE ARLÉS VINCENT VAN GOGH

Pintura postimpresionista.

Óleo sobre lenzo.

En Arlés (Provenza) acada Van Gogh a súa madurez artística. Aluga a  casa amarela , onde se acha a  Habitación de ...

As cores actúan por si solas, estas cores rechamantes sen cor local, expresan o seu estado de ánimo. Á vez a armon...

2. Paul Gauguin ( 1848/1903): 1 dos artistas malditos do S.XIX, definido pola súa rebelión    aos 35 anos abandon...

En Bretaña, país rústico desenvolve Gauguin un simbolismo primitivista e transgresor ( Cristo Amarelo e Visión des...
84.  VISIÓN DESPOIS DO SERMÓN PAUL GAUGUIN

Pintura postimpresionista.

Óleo sobre lenzo. 1888. </...

Gauguin coidaba degradada esta civilización    existencia incompleta    abandona familia e traballo para ir a vi...

- O influxo da fotografía apréciase nas figuras cortadas polo marco, e da estampa xaponesa toma o insólito tratame...

Paul Cezánne (1839/1906) = punto crítico que rompe co pasado (representación lieral da natureza)    formulación m...

Cezánne racha tamén coa perspectiva tardicional ( centrífuga e prancha a ventá renacentista)    desaparece a prof...

85.  XOGADORES DE CARTAS PAUL CEZÁNNE

Pintura postimpresionista.

Óleo sobre lenzo.

<ul...

Afastado en Aix-en-Provence, Cezánne traballa pacientemente por devolver ao cadro a solidez que el percibe no mund...

Herdanza impresionista: protagonismo da cor para construir as masas: envolve os obxectos con planos de matices e u...
Upcoming SlideShare
Loading in …5

Unidade 15 Impresionismo

1,671 views

Published on

Galego

0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
• Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
1,671
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
16
Actions
Shares
0
Downloads
80
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Unidade 15 Impresionismo

1. 1. UNIDADE 15 O NATURALISMO DO S.XIX. IMPRESIONISMO E POST-IMPRESIONISMO Borja Campos Seijo I.E.S García Barbón
2. 2. 1. REALISMO: COURBET

Realismo pode definirse como un compromiso co mundo real, recuperando a función cívica da arte coma testemuña da realidade cotiá, comprometida en observar a sociedade tal como é, sen deformación, nen idealismo.

A linguaxe realista racha cos convencionalismos de xénero e dignifica asuntos que ata entón non mereceron a atención da gran pintura  imaxes directas e sinxelas, fieis ao motivo presentado. Pero (e esa é a clave do papel do realismo na formación da arte moderna) cando o tema deixa de ser o importante do cadro, os aspectos formais e pictóricos comezan a ser decisivos  o realismo contribúe a poñer en 1º plano a dimensión estética a pintura, estimulando así a crecente autonomía da arte.

3. 3.

Gustave Courbet (1819/1877) personifica o aspecto + provocador e polémico do Realismo. De pensamento socialista, radical e provocador contra os convencionalismos, desafía os prexuízos en público deixando en evidencia o o academicismo e o romanticismo, desmitificando o tema na pintura.

4. 5. 2. O PAI DO IMPRESIONISMO : MANET

Edouard Manet (1832-1883) = un pouco + vello que os impresionistas, mantivo unha relación ambigua co grupo  admirado coma pai do movemento, aínda que el nunca se sentiu incluido.

De espírito independente, a súa obra reflexiona sobre os grandes mestres do pasado (actualiza cadros clásicos en versión moderna) e abre as portas á pintura moderna (escándalos coma o Xantar campestre ou Olimpia)  marxinación no Salón e rexeitamento polo público, convencional de máis.

A súa revolución non reside no tema senón na técnica  grandes manchas de cor e volumes aplanados   efectos de claroscuro e modelado, dando os primeiros pasos para superar o ilusionismo e volver o cadro o que é, unha superficie plana de manchas de cor.

5. 7. 3. O IMPRESIONISMO

Na década dos sesenta un grupo de xoves pintores (Claude Monte, Auguste Renoir, Camille Pissarro, Berthe Morisot…) comparten en París as mesmas arelas de renovación da pintura contra os ríxidos límites académicos. Admiran a Manet, de quen aprenden tanto a liberdade artística como certa audacia na combinación da cor. Partindo do Realismo practican a pintura ao aire libre  observan directamente a natureza e aclaran a súa paleta con tons vivos e inmediatos  captar os efectos instantáneos e cambiantes da luz sobre os obxectos.

Cansos de seren rexeitados sistemáticamente polo Salón  organización de exposición particular para acceder ao público sen a sanción académica  Exposición dos intransixentes (1874)  Impresionismo = nome tomado e obra de Monet, en principio con matiz peiorativo, pero aceptada polos pintores coma desafío  denominación de todo o movemento.

6. 8.

Linguaxe impresionista  tenta reproducir a impresión óptica simple e pura da realidade, tal e como a percibe o ollo. Ao aire libre (pintan por primeira vez ao natural) pretenden captar a vibración fugaz e instantánea da luz natural sobre as formas da paisaxe.

Descartan o debuxo (a liña non existe na natureza) e o claroscuro (o negro tampoco existe, senón sombras coloreadas)  aplican unha técnica rápida de cores vivas en toques fragmentados e pinceladas soltas (comas) de gran atractivo estético.

Pero non foron nin moito menos un movemento uniforme: non sempre estiveron dacordo nos métodos (ex: Edgard Degas non compartiu o principio impresionista de pintura ao aire libre). Nunca definiron un estilo común, nin publicaron un programa  traxectorias artísticas diverxentes dende os oitenta acadando o éxito individualmente.

7. 9.

Principais mestres do impresionismo:

 Claude Monet (1840/1926): o + puro e xenuino impresionista, leva esta linguaxe ata as súas derradeiras consecuencias. Adicado ao paisaxe, pescuda os efectos de luz cambiantes e efímeros na natureza, na auga e na atmósfera bretemosa ( Impresión: amencer ). A intención por explorar o mesmo motivo a diferentes horas do día e distintos estados atmosféricos  series: Catedral e Rouen , Almiares…; e remata nos Nenúfares onde, apurando o impresionismo ata o final fica ás portas da abstracción.

8. 11.

 Auguste Renoir (1841/1919): achegado a impresionismo pola estreita relación con Monet, mantivo sempre preferencia pola forma plástica (que non esvaece de todo) e a figura humana, evolucionando na década dos oitenta a un estilo + clásico que recuperaba o vigor do debuxo. Hedonista, Renoir pinta por puro pracer e crea un mundo festivo e agradable, repleto e beleza, poesía, vitalidade e optimismo  enorme riqueza cromática da súa paleta e fusión sensuala figura humana na paisaxe.

9. 13. PINTORAS IMPRESIONISTAS

Berthe Morisot

10. 14.

Mary Cassat

11. 15.

Eva Gonzales Mary Bracquemond

12. 16. 79. IMPRESIÓN: AMENCER CLAUDE MONET

Pintura impresionista francesa.

Óleo sobre lenzo.

París. 1872.

Xénero: mariña.

Motivo: vista do porto e Le Havre.

13. 17.

O nome de impresionismo procede deste cadro, froito duns rápidos apuntamentos tomados por Monet desde a xanela dunha habitación no porto de Le Havre na primaveira de 1872. Dous anos despois, para a 1ª exposición do grupo no estudio do fotográfo Nadar, a obra titulouse Impresión. Amencer  un xornalista nun artigo satírico inspirouse neste cadro a chanza para alcumar impresionistas, denominación despectiva que o grupo adoptou coma un desafío consagrando o nome que entraría na Historia da Arte.

Obra inicial do impresionismo, Monet sumerxe os detalles do tema baixo a sensación coloreada, ata o punto de facelo case desaparecer esvaecido entre a brétema.

14. 18.

O que está a pescudar é a sensación visual, eliminando da pintura todo o que sabemos do obxecto pero que non corresponde co que perciben os nosos ollos. Qué ve realmente a vista antes de que a sensación pura chegue ao cerebro e alí se “contamine” con outras procedentes dos demais sentidos e coa experiencia que nos perimte recoñecer as formas? A resposta do impresionismo coida que o único compoñente plenamente óptico na representación pictórica = luz/color, mentres volume, contorno, profundidade son percepcións dos outros sentidos, nas que a vista desempeña un papel subsidiario.

A superficie da auga en mov  reflexos de luz fugaces, vibracións coloreadas que se independizan dos obxectos. O obxecto e o seu reflexo na auga adquiren para o ollo impresionista a mesma entidade visual.

15. 19.

Desaliñada, como apuntamento, pero de intensa inspiración poética, nesta tea Monet desbota aspectos académicos (perspectiva e coidado compositivo)  técnica rápida de toque áxiles  as formas ceden paso a unha impresión pura e intuitiva, onde os reflexos son trazos nerviosos que respondan ao movemento fluído das augas e crean unha delicada e poética sinfonía de azuis e rosas entre veladuras sutís.

16. 20. 80. A CATEDRAL DE ROUEN CLAUDE MONET

Pintura impresionista francesa.

Serie de óleos sobre lenzo.

Museo d´Orsay. París, 1892/94.

Xénero: paisaxe.

Motivo: vista da fachada da catedral de Rouen en distintos momentos.

17. 21.

A inclinación de Monet por explorar as distintas impresións percibidas nun mesmo motivo, baixo a luz a diferentes horas do día e distintos estados atmosféricios desemboca nas series  Estación de San Lázaro. A partir de 1890 emprende de xeito sistemático esas variación sobre o mesmo tema que remata nos Nenúfares da súa época final.

Os efectos lumínicos que lle interesan son tan breves que non ten tempo de conseguilos ao natural e plasmalos na tea  solución nas series = nº indeterminado de lenzos que describen o mesmo motivo a diferentes horas do día, pasando dun a outro consonte muda a luz solar  captar a instantaneidade pura, a impresión exacta.

18. 22.

Durante o inverno de 1892/93 aluga unha habitación con vistas á fachada occidental da catedral gótica de Rouen  cincuentena de óleos retocados no seu estudio. Trátase non só da serie + espectacular polo xeito en que desmaterializa coa luz a superficie pétrea dun edificio sólido, seón que é tamén a serie + sistemática de todas: 18 dos cadros ilustran a mesma vista entre o amencer e o solpor, con catro momentos identificados polo tons gris, branco, amarelo e azul.

Arquitectura  pel que vibra e responde a cada mínimo cambio lumínico (luz = verdadeiro protagonista do cadro), que o pintor gradúa con extremada delicadeza mediante a cantidade de materia pictórica e a frecuencia da pincelada  técnica propia para rexistrar a duración da impresión e reter a súa fugacidade.

19. 23.

Desenvolvendo impresionismo ata as súas últimas consecuencias, Monet evaece as formas sólidas biaxo a vibración lumínica, de xeito que obras finais achéganse á abstracción.

A súa visión, que pretendía ser obxectiva e natural  imaxe poética e visionaria de cores fluídas que trascende a natureza

20. 24. 81. NU Ó SOL AUGUSTE RENOIR

Pintura impresionista francesa.

Óleo sobre lenzo.

Museo d´Orsay. París. 1876.

Segunda exposición impresionista.

Xénero: nu

Motivo: Figura feminina ao aire libre

21. 25.

Si Monet representa o culto á luz, Renoir significa o hedonismo (alegría de vivir)  cores vivas e luminosas, en temas amables e alegres, sensuais = invitación ao optimismo e á vitalidade.

Contrariamente a Monet, Renoir introduce á figura humana e sinte unha particular debilidade polo un. Durante a década dos 70 en que Renoir e Monet crean xuntos o impresionismo, o seu interese céntrase no comportamento da figura humana baixo á luz natural, tema no que o un lle ofrecía un amplo campo de experimentación.

Este torso corresponde a eses anos de investigación, e foi presentado na 2ª exposición impresionista (1876) recibindo unha feroz descalificación por un crítico da arte, non sendo capaz de comprender polo seu gusto académico a proposta impresionista do autor.

22. 26.

Coa sensualidade que difen toda a obra de Renoir, a luz incide sobre este espléndido nu ao aire libre mergullado baixo un filtro de reflexos brillantes, que, ao tempo que aboceta detalles, fai vibrar sensualmente s superficie da pel. A paixón de Renoir pola fig humana evita que a esvaeza de todo (como adoitaba Monet), e mantén a rotunda plenitude deste corpo que emerxe dun fondo indefinido e colorista. Para acadar tal efecto non recurre a recursos académicos coma un debuxo nítido, senón que lle abonda coa pincelada rica en materia cromática.

Desbotando o negro para as sombras  matices de luz por medio dunha gama variadísima de diversidade tonal entre valores encarnados para as zonas iluminadas e azulados para a penumbra = combinación novidosa que ollo convencional do crítico non era quen de decodificar.

23. 27.

Integra á muller na paisaxe dando ás dúas un tratamento pictórico semellante, se ben non coa mesma intensidade: no torso da fig, as pinceladas son + apertadas e mesturan o pigmento pictórico, mentres que ao seu redor constrúe o fondo con toques soltos e fluídos que xustapoñen unha sinfonía cálida dominada por amarelo  beleza fundida na natureza.

24. 28. 4. A ESCULTURA NO IMPRESIONISMO: RODIN

Auguste Rodin (1840-1917) = + grande escultor do século XIX, por vontade e capacidade creadora.

Aínda que o Impresionismo sexa un mov pictórico, na escultura de Rodin evidéncianse ptos de contacto coa pintura impresionista: acabado rugoso e bosquexado de boa parte da obra de Rodin  luz extraia vibracións e contrastes moi próximos á captación do instante, propio do Impresionismo.

Rodin (gran admirador de M. Anxo)  traballou todo tipo de materiales, técnicas e formatos cunha inclinación por temas apaixonados e dramáticos  Burgueses de Calais, Balzac, A Catedral…

Ao igual que o seu admirado M. Anxo, a principal obra de Rodin quedou inconclusa = Portas do Inferno (1880-1917) (inspiración Divina Comedia de Dante)  extraendo delas algunhas das pezas + famosas ( O Pensador , ou O Bico …)

25. 30. 82. O PENSADOR AUGUSTE RODIN

Escultura impresionista francesa.

Bronce.

Museo Rodin. París. 1880/1900.

Peza da Porta do Inferno, para o museo de artes decorativas.

Motivo: imaxe de Dante.

26. 31.

En 1880 Rodin recibe o encargo do gob para realizar unha gran porta para o proxectado Museo das Artes Decorativas de París. Inspirada na Divina Comedia de Dante , titulouna a Porta do Inferno (homenaxe ás Portas do Paraíso de Ghiberti en Florencia). A desmesura do proxecto, que imaxinou de 30 metros de altura, desbordou ao propio Rodin. Nunca a chegaría a rematar, pero dos bocetos  morea de obras que se converteron co tempo en composicións independentes.

Xunto con O Bico , a + sobranceira é esta figura de O Pensador, prevista para o limiar da monumental porta desde o que contemplaría con desesperación o panorama que se extendía aos seus pés.

27. 32.

Proxectada en principio coma imaxe de Dante, de poderosas extremidades (infuencia de M.Anxo  acción en repouso) . Posible Adán ou Prometeo, criaturas ambas primixenias referidas ás orixes da humanidade, deixou Rodin a súa identidade indeterminada, de xeito que, pola postura de reflexiva introspección  nome popular de Pensador.

Achamos no Pensador a mesma contraposición entre materia áspera, sen desbastar onde senta o coloso e a pel pulida onde esvara a iluminación entre reflexos e sombras. Contraste co que Rodin expresa o xeito en que a materia bruta da natureza adquire forma na man do escultor.

28. 33.

Anatomía forte e poderosa  intensidade que deixa inconclusos detalles da musculatura e o pelo, e o corpo surcado de relevos e trazos rústicos e elementais, propios da brutalidade primitiva que a figura representa. Emana dela unha enerxía que vemos tanto na expresión concentrada como na composición en liñas angulares e ríxidas  pechando a fig no seu propio espazo, alleo a nós.

29. 34. 5. O POST-IMPRESIONISMO

Co impresionismo estoupa na arte unha crise que se viña xestando 1 século antes. Que función lle corresponde a pintura?  resposta (E. Manet) = converter o cadro nunha superficie plana e coloreada  pintura pura  inicio de pintura contemporánea.

Cando o éxito disolve o grupo en 1885  novas propostas:

 Puntillismo ou neoimpresionismo (Seurat, Signac…): revisión científica do impresionismo  división sistemática (case matemática) da percepción visual en innumerables puntos de cor pura.

 Postimpresionismo: ben diferente, termo impreciso acuñado en 1910 para designar a actividade de artistas distintos e coetáneos, que iniciados no impresionismo, evolucionaron hacia alternativas propias (Van Gogh, Gauguin, Cezanne, Toulouse-Latrec).

30. 35.

Todos eles constataron no impresionismo a importancia dda luz, pero coidando que non abondaba con quedarse na sensación visual, optando por indagar trala apariencia das cousas e rescatar as formas da luz  cor = instrumento básico de construción formal do cadro ou de expresión íntima do artista.

Desde un punto de partida común, cada un deles apunta hacia as futuras vangardas (ismos)  Cezanne (  cubismo), Gauguin (  fauvismo), Van Gogh (  expresionismo).

31. 36.

Principais printores post-impresionistas:

1. Vincent Van Gogh (1853/1890): 1 dos artistas + coñecidos polo gran público, pero dos menos comprendidos. A súa personalidade (esquizofrenia…) relegan a 2º plano o + importante, a súa contribución á arte. Pioneiro do expresionismo  cunha tremenda forza e enerxía  distorsión de pincelada e cor para expresar o seu estado de ánimo. Evolución:

a) Obra inicial: vocación artística tardía (25 anos cando comeza a pintar), en Holanda  temas sociais realistas con cores sombrías ( Comedores de patacas ).

b) Etapa parisiense: marcha a París en 1886  coñece e deslúmbrase co impresionismo (cor)  reacciona aclarando tonalidade e pincelada solta e fragmentada (comas)  concentra forza expresiva en cor e trazo.

c) Etapa de plenitude: en 1888 marcha a Arlés (sur de Francia), e convive con Gauguin  deslumbrado por luz mediterránea  dominio de cálidos amarelos nas súas teas. Substitúe a técnica impresionista de toques breves por amplas superficies con cores vivas e planas, rescatando a consistencia das formas.

32. 37.

Tralo incidente con Gauguin (está apunto de matalo, mutilándose unha orella), ingresa voluntariamente nun manicomio. A súa visión póboase de remolinos convulsos e atormentados en curvas axitadas que crepitan coma lapas a un ritmo frénetico, eco da súa afectividade enferma. Un día de xullo de 1890 saiu a pintar un campo de trigo, abafado pola soidade pégase un tiro. Tiña 37 anos e nunca vendera ningún cadro.

33. 38. 83. A HABITACIÓN DE ARLÉS VINCENT VAN GOGH

Pintura postimpresionista.

Óleo sobre lenzo.

1888, orixinal de outubro. Versións posteriores.

Motivo: habitación do artista en Arlés.

34. 39.

En Arlés (Provenza) acada Van Gogh a súa madurez artística. Aluga a casa amarela , onde se acha a Habitación de Arlés  aquí substitúe a pincelada fragmentada, propia dos impresionistas pola súa propia de superficies amplas saturadas de cores acendidas e planas, alleas á cor local, que non lle chegaba para se expresar  forza ( A cor é para o cadro, como o entusiamo para a miña vida ).

Vincent somete a natureza a unha simplificación intencionada. Reduce os recursos plásticos a 2: formas sumarias con contornos netos e superficies de cor saturadas, onde son visibles os surcos de espátula cargados de materia.

35. 40.

As cores actúan por si solas, estas cores rechamantes sen cor local, expresan o seu estado de ánimo. Á vez a armonía de cálidos nos obxectos próximos e fríos en paredes e fondo dilatan o espazo, enfocado desde un ángulo heterodoxo, que abre o 1º plano coma un gran angular, tomado da estampa xaponesa (ao igual que contornos marcados dos obxectos).

Hai neste interior, nos obxectos sinxelos, nas cores encendidas e a distorsión ondulante do espazo  estraña sensación de ausencia e soidade, calma acolledora pero baleira, onde o acougo parece fugaz.

A estridencia cromática e a percepción subxectiva deste cadro contén a tensión agochada que estalará no incidente con Gauguin e na pincelada convulsa da súa últimas obras.

36. 41.

2. Paul Gauguin ( 1848/1903): 1 dos artistas malditos do S.XIX, definido pola súa rebelión  aos 35 anos abandona familia, emprego e fortuna para vagabundear por Francia e Pacífico na procura dun arte e un mundo auténticos que non existen.

Asimila o impresionismo e chega a expoñer con eles, pero decide seguir o seu propio camiño  rexeitamento da civilización degradada  decide converterse nun salvaxe, nun primitivo = volver ás orixes non contaminadas polo moderno e inicia un recorrido compulsivo que lle leva en poucos anos por Bretaña, Martinica, Arlés e Tahití, crendo en cada sitio atopar o seu paraíso, pero sen acougar en ningún.

A súa`principal novidade artística = radicalismo co que racha coa representación literal da realidade, ceibando á pintura da subsimisión ao mundo exterior  xenio creador e imaxinación do artista = criterio único de valor artísitico

37. 42.

En Bretaña, país rústico desenvolve Gauguin un simbolismo primitivista e transgresor ( Cristo Amarelo e Visión despois do sermón )  converte a pintura nunha visión imaxinaria e libre, mediante enfoques insólitos tomados da estampa xaponesa e o uso arbitrario das cores simbólicas, planas, sen modelado, limitadas por liñas simples.

Gauguin non só racha os convencionalismos senón que se remonta a un mundo primitivo, que coida puro e auténtico  fuxida a Tahití, onde retrata aos eus habitantes en cadros exóticos.

38. 43. 84. VISIÓN DESPOIS DO SERMÓN PAUL GAUGUIN

Pintura postimpresionista.

Óleo sobre lenzo. 1888.

Doado pola artista a unha igrexa local, rexeitada polo párroco.

Iconografía: tralo sermón, as mulleres teñen unha visión da loita de Xacobe co anxo.

39. 44.

Gauguin coidaba degradada esta civilización  existencia incompleta  abandona familia e traballo para ir a vivir cos labregos a Pont-Aven (Bretaña). A relixión formaba parte da vida cotiá destas xentes, e na Visión despois do sermón pintou aquela fe sinxela, firme e supersticiosa do mundo rural.

A paisaxe e a loita só existen na imaxinación dos parroquianos por mor do sermón  contraste entre as fig reais e a loita detrás nunha paisaxe irreal e desproporcionada.

A pintura non serve para imitar a natureza nin para reproducir o mecanismo de percepción como facían os impresionistas, senón para proxectar a imaxinación  uso arbitrario e simbólico da cor (prado vermello), amplas superficies planas, contornos simples inspirados en vidreiras góticas, supresión do modelado en fig simplificadas de intenso perfil que trazan arabescos sensuais.

40. 45.

- O influxo da fotografía apréciase nas figuras cortadas polo marco, e da estampa xaponesa toma o insólito tratamento espacial, ese abrupto 1º plano que inclúe ao espectador entre as cofias das mulleres, suprimindo todos os planos intermedios ata a escena do fondo. Mesmos as cofias son arabescos dun marcado sentido ornamental.

- Exemplo da madurez de linguaxe de Gauguin: a simplificación sintética das formas, a preferencia da idea sobre a realidade natural, da imaxinación sobre a imitación, triunfo do primitivismo e liberdade artística.

41. 46.

Paul Cezánne (1839/1906) = punto crítico que rompe co pasado (representación lieral da natureza)  formulación moderna da pintura coma realidade paralela, inspirada na natureza, pero construida con recursos pictóricos diferentes aos naturais.

- Tras inicios impresionistas, retírase a Aix-en-Provence par emprender unha paciente investigación. Discrepa da sensación óptica do impresionismo  adica esforzo a recuperar volume e densidade dos obxectos  buscando a esencia racional das cousas que hai tras as apariencias causais.

- Somete aos xéneros tradicionais (bodegóns, paisaxes, retratos…) a un proceso de depuración para reducir o motivo a súa esencia  simplifica as figuras en obxectos xeométricos elementais coma cilindros, conos ou esferas.

- Reacciona contra os excesos do impresionismo rescatando a plenitude da forma  prescinde do claroscuro  gradación tonal = mancha de cores acumuladas en pinceladas oblicuas envolvendo os obxectos con amplos planos superpostos  volume e solidez ás formas.

42. 47.

Cezánne racha tamén coa perspectiva tardicional ( centrífuga e prancha a ventá renacentista)  desaparece a profundidade ilusionista  lenzo = superficie bidimensional  todos os planos ao mesmo nivel sen diferenciar figuras ao fondo.

A súa investigación, ignorada ata a súa morte  culmina en 2 series: as Bañistas e a Montaña de Saint-Victorie, que o levan por camiños ben opostos a Monet, ata o mesmo lugar, a un paso da abstracción.

43. 49. 85. XOGADORES DE CARTAS PAUL CEZÁNNE

Pintura postimpresionista.

Óleo sobre lenzo.

Museo d´Orsay. París. 1890/1892.

Serie de cinco lenzos.

Motivo: 2 homes xogando ás cartas.

44. 50.

Afastado en Aix-en-Provence, Cezánne traballa pacientemente por devolver ao cadro a solidez que el percibe no mundo real: non se trata de regresar á antiga imitación da natureza, senón de crear unha realidade paralela que se inspira e replica á natureza cos recursos propios da arte  nova linguaxe figurativa que, tralo impresionismo, pretende recuperar non a apariencia senóna esencia última que hai neles  forma xeométrica de cilindro, cono…, formas que non só están nas cousas, senón tamén no xeito co que as percibimos e pensamos .

Se a pintura non ha de imitar á natureza  lenzo deixa de simular a profundidade ilusionista  superficie bidimensional plana. Pero sobre ela as formas poden adquirir o mesmo volume e consistencia que os obxectos reais.

45. 51.

Herdanza impresionista: protagonismo da cor para construir as masas: envolve os obxectos con planos de matices e un cromatismo tan denso e variado  sensación de volume e solidez monumentais.

Máis co tema, o que lle interesa aquí a Cezánne é experimentar a súa linguaxe coa fig humana  2 campesiños que botan unha partida coma un ritual solemne, concentrado un en escoller o xogo mentres o outro agarda  espera distraída da esquerda esprésase con cilindros, liñas ríxidas e tons escuros que suxiren acougo, enfronte, cores + claras en trazos flexíbles e ondulados delatan tensión atenta.

Ambas figuras = masas de cor compactas que reaccionan á luz, non esvecendo senon solidificando, incrustadas no fondo do cadro, xa que Cezánne non diferencia as figuras dos fondos.

Figuras construidas mediante planos xustapostos a base de manchea de pinceladas de variedade infinita. En lugar de cor única con tons claros e escuros  morea de cores (verdes, vermellos, violetas, amarelos, azuis,…), superpostas en toques oblicuos.