UNIDADE 16 AS VANGARDAS DO SÉCULO XX Borja Campos Seijo I.E.S García-Barbón (Verín)
1. FAUVISMO .

Fauvismo = 1º ismo, vangarda do século. Máis que un grupo coherente, coincidencia fugaz en torno a H...

Lonxe de complicadas ideas, as cores fauves = estoupidos de vitalidade, aplicadas ás veces directamente desde o tu...
86. GRAN INTERIOR VERMELLO HENRI MATISSE

Pintura fauvista.

Óleo sobre lenzo.

M...

-  Matisse personifica o fauvismo coa súa ousadía rachadora, e o desborda cunha creatividade incesante que evoluci...

Ésta é unha das derradeiras obras de Matisse = resumo da súa arte: visión moi libre dun recanto da súa casa, distr...
2. EXPRESIONISMO

O Expresionismo alemán, nas 2 primeiras décadas do S.XX, adapta achados doutras vangardas para in...

   O Xinete azul  ( Der Blau Reiter ): impulsado polo ruso Wassili Kandinsky, parte dos supostos de anovación, pe...
87.  O BERRO EDUARD MUNCH

Pintura expresionista (aínda que sexa un precedente).

Óleo e temple so...

Artista independente de difícil clasificación e considerado precedente fundamental do expresionismo, o artista nor...

A violencia das cores acentúase coa intensidade dunha pincelada despregada en remuíños vertixinosos; a composición...

O que pinta aquí Munch é a relación do home coa natureza e que aparece aquí en termos novos: non coma contemplació...
3. ABSTRACCIÓN

Abstracción = forma de arte non figurativa, que deixa de representar a realidade material. Iníciase...

Durante a 2ª década do S.XX, a abstracción desprégase en varios mov paralelos, relacionados, pero independentes:  ...

88.  O ARCO NEGRO WASSILY KANDINSKY

Pintura abstracta.

Óleo sobre lenzo.

Muse...

No clima de desacougo prebélico en Europa, o grupo vangardista do Xinete Azul crea un expresionismo lírico e espir...

Desde 1910 experimenta con manchas cromáticas irregulares que armonizan con liñas erráticas dun xeito estraño. Os ...

Kandinsky vía nas cores unha intensa forza expresiva e tamén un perfil psicolóxico: o vermello inquedo, impulsivo ...
89.  TÁBOA Nº 1 PIET MONDRIAN

Pintura abstracta.

Óleo sobre lenzo.

Museo Thyss...

Inspirador e principal teórico do Neoplasticismo, vangarda surxida en Holanda en 1917, Mondrian establece os princ...

Un cadro neoplasticismo non di nada, non describe, só mostra a súa propia natureza fría, matemática, ordenada, all...
4. CUBISMO

As transformacións fauvistas e expresionistas socavan pero non destrúen a idea imperante na pintura des...

Inicio nas Demoiselles d´Avgyo (influxo Cezanne) do xove Pablo Picasso, onde obsérvase unha inspiración na arte pr...

Cubismo sintético (1911/1914): recompón os obxectos con trazos esenciais e planos simples e depurados e cores vari...

5. PICASSO

Pablo Ruíz Picasso (1881/1973) non foi só o + importante pintor cubista, senón o creador + notable de t...

Partindo da simplificación e xeometrización do periodo rosa, deslumbrado por Cézanne e con aportacións da arte pri...

Durante os anos 30 cultiva as chamadas metamorfoses, de colorido austero e formas espectrais e ameazantes, entre s...

90. OS SALTIMBANCOS PABLO PICASSO

Etapa rosa.

Óleo sobre lenzo.

1905.
</u...

O mundo dos arlequíns, acróbatas, pallasos e saltimbancos    fascinación sobre a bohemia parisina, de quen seica ...

Nos primeiros cadros rosas aínda continua plasmando aos seres estilizados propios da época azul. Aquí, en troques ...

A imaxe narrativa deixa paso a unha pintura centrada na esencia das formas: o illamento ensimismado e inexpresivo ...
91. AS SEÑORITAS DE AVIÑÓN PABLO PICASSO

Pintura cubista.

Óleo sobre lenzo.

19...

Fascinado con Cézanne, a escultura ibérica e as mácaras africanas, os tanteos de Picasso na procura dunha ruptura ...

Sen + referencia narrativa, Picasso principia a elaboración dun sist figurativo distinto, conceptual, onde os obxe...

O cadro conserva tamén o rastro do seu proceso de creación    figuras centrais inspiradas na arte ibérica, result...
92. A RAPAZA DA MANDOLINA PABLO PICASSO

Pintura cubista. Cubismo analítico.

Óleo sobre lenzo. </...

Entre 1909 e 1911 desenvolven Braque e Picasso o cubismo analítico = exploración sistemática da nova linguaxe tras...

Muller con mandolina sitúase no remate do cubismo analítico e anuncia a depuración da fase sintética posterior. Me...
93. OS TRES MÚSICOS PABLO PICASSO

Pintura cubista sintética-cristalina.

Óleo sobre lenzo.

Rematada a IGM, o anarquismo bohemio de Picasso semella ceder ante unha onda neoconservadora que se propaga entre ...

Tres personaxes da  comedia da arte =  fig maxestuosas, hiératicas e monumentais, fican frontalmente, tras unha me...

O espazo presenta unha organización peculiar: sitúa as fig bidimensionais, sen volume, dentro da profundidade trid...
94. O GUERNICA PABLO PICASSO

Pintura cubista.

Temple sobre lenzo.

Museo Raiña ...

Tras tolerar o rearme alemán e a invasión italiana de Etiopía, as democracias occ. asistían en 1937 á guerra civil...

Non hai cor no Guernica, só negro, branco e gris. E non é por darlle un ton escuro ou tráxico. Todo está claro na ...

Pero está orde clásica estoupa nunha descomposición cubista. En las Señoritas de Aviñón un cadro por primeira vez ...
95. AS MENINAS PABLO PICASSO

Pintura postcubista.

Óleo sobre lenzo.

1957. </li...

A teima do Picasso serodio por reinterpretar cadros dos grandes mestres da historia da pintura non indica esgotame...

Durante a segunda metade de 1957 encerrado no seu estudo de Cannes pinta 58 lenzos de distinto tamaño que 11 anos ...

A principios de setembro, tras 17 variacións, Picasso precisa refrescar a súa mirada    Pombas na xanela = ducia ...
6.  DADÁ E SURREALISMO

Iª Guerra Mundial conmociona á vangarda e fai urxente para os artistas acabar coa cultura q...

O surrealismo, que herda parte da filosofía de Dadá, nace no ambiente literario (André Bretón) e exténdese a outra...

b)  Pintura onírica:  plasma unha fantasía imposible e insólita  cunha técnica minuciosa e visualmente real    Ma...

96. A FONTE MARCEL DUCHAMP

Obxecto antiartístico dadá.

Ready- made, urinario de porcelana.

Un grupo de artistas refuxiados en Zurich durante a guerra, en 1916 inventaron a palabra Dadá (elixida ao chou) = ...

Pero o desafío fracasa porque termina asimilado polo sistema (os neodadaistas chegan a admiralos por belos!!!). </...
97. AGOIRO DA GUERRA CIVIL SALVADOR DALÍ

Pintura surrealista.

Óleo sobre lenzo.

<l...

A depurada técnica de Dalí naufraga cando falla a orixinalidade do cadro. E esa creatividade estaba a piques de se...

No Agoiro brando/duro típica de Dalí adopta a forma dun corpo descomunal e escangallado, cos membros de brandura o...
Upcoming SlideShare
Loading in …5

Unidade 16 Vangardas

2,538 views

Published on

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
• Be the first to comment

• Be the first to like this

No Downloads
Views
Total views
2,538
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
216
Actions
Shares
0
Downloads
93
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Unidade 16 Vangardas

1. 1. UNIDADE 16 AS VANGARDAS DO SÉCULO XX Borja Campos Seijo I.E.S García-Barbón (Verín)
2. 2. 1. FAUVISMO .

Fauvismo = 1º ismo, vangarda do século. Máis que un grupo coherente, coincidencia fugaz en torno a Henri Matisse de varios pintores (André Derain, Vlaminck)  movemento breve pero intenso: en 1903 elaboran nova linguaxe que presentan no Salón de Outono de 1905  alculmados por un crítico fauves (feras) debido ao uso extravagante da cor  a partir de 1907 emprender traxectorias personais e novos ismos toman o relevo.

Abraiados polo cromatismo decorativo de Gauguin e pola intensidade de Van Gogh, os fauves converten o cadro nunha sinfonía de cores violentas e arbitarias (faces verdes, árbores vermellas,…) e plasman a natureza libremente, de xeito intuitivo e vital  visión subxectiva que lle resta importancia á imitación literal do motivo ( eu non creo unha muller, pinto un cadro, afirma Matisse).

3. 3.

Lonxe de complicadas ideas, as cores fauves = estoupidos de vitalidade, aplicadas ás veces directamente desde o tubo á tea sen mesturar. Preocupados por salvar a forma, en perigo entre tanta estridencia cromática  liña con trazo groso e sinuoso  debuxo simple e rápido. Influencia pintura primitiva  simplicidade e tratamento do cadro coma superficie bidimensional.

Personalidade dominante entre o fauvismo, Henri Matisse (1869/1954) = un dos grandes artistas do S.XX por calidade e creatividade que non cesa de evolucionar  concibe o cadro coma entidade independiente da realidade que se inspira nunha combinación cromática libre  mundo sensual e vitalista ( Gran interior vermello, A Danza, Alegría de vivir,… )

4. 4. 86. GRAN INTERIOR VERMELLO HENRI MATISSE

Pintura fauvista.

Óleo sobre lenzo.

Museo de arte contemporánea (Centro Pompidou). París. 1948.

Xénero: natureza morta.

Motivo: interior con cadro dentro dun cadro.

5. 5.

- Matisse personifica o fauvismo coa súa ousadía rachadora, e o desborda cunha creatividade incesante que evolucionou seguindo uns principios básicos:

a) Considerar o cadro unha entidade autónoma, independente do mundo que percibimos polos ollos.

b) Combinación libre das cores en harmonías insólitas

c) Valorar as resonancias emotivas da cor  crear un universo acolledor para a vista.

- Daquela, o cadro non imita a realidade  elabora a obra segundo a lóxica propia da cor e as evocacións poéticas  obxectivo = crear unha arte pura e serena.

6. 6.

Ésta é unha das derradeiras obras de Matisse = resumo da súa arte: visión moi libre dun recanto da súa casa, distribúe sobre un fondo vermello (que unifica e harmoniza a composición), obxectos que sempre estimou: flores, mesas, cadros… Esparexe a atención en 4 áreas, respectivamente ocupadas pola mesa e o velador abaixo e unha pintura e un augaforte ( Cadro dentro do cadro) . Pero non separa a parede do chan, nin suxire verticalidade, e tampouco presenta os obxectos reais con maior realismo cos pintados nos cadros: a pintura = xanela a outro mundo, diferente e paralelo, pero non menos real.

Un eixo vertical ordea a composición, dinamizada con toques de cor: azuis, amarelos de plantas e flores, ou o cadro, exaltan e contrapuntean a luz vermella dominante. A liña simplificada engade un ritmo de arabesco decorativo típica do senso lúdico, sinxelo e espontáneo de Matisse.

7. 7. 2. EXPRESIONISMO

O Expresionismo alemán, nas 2 primeiras décadas do S.XX, adapta achados doutras vangardas para ingdagar na degradación da cultura e home burgués moderno. Entre os seus precedentes destacan as imaxes alucinadas do noruego Eduard Munch (1863/1944) poboadas de seres angustiados polo medo á soidade, ou escenas de intenso sarcasmo do belga Ensor.

A principios do S.XX, expresionismo  2 movementos:

 A Ponte ( Die Brucke ): arredor de Ernst Kirchner  pintura radicalmente anticonvencional, de cores violentas, pincelada empastada e agresiva e formas angulosas e monumentais (escultura africana), onde un mundo primitivo, de instintos libres, se ofrece coma alternativa crítica da sociedade burguesa establecida.

8. 9.

 O Xinete azul ( Der Blau Reiter ): impulsado polo ruso Wassili Kandinsky, parte dos supostos de anovación, pero con un sentido lírico e espiritual (case místico)  pintura serena e reflexiva, con cores suaves e liñas curvas.

9. 10. 87. O BERRO EDUARD MUNCH

Pintura expresionista (aínda que sexa un precedente).

Óleo e temple sobre cartón.

1893.

Varias réplicas e litografías do propio autor.

- Motivo: alucinación.

10. 11.

Artista independente de difícil clasificación e considerado precedente fundamental do expresionismo, o artista noruego E. Munch emprega a distorsión da fig e a violencia cromática coma eficaces recursos expresivos  universo poboado por seres oprimidos por angustia, medo, morte e soidade.

O Berro = obra onde o estilo de Munch cadra mellor co contido que trata. A pintura, reproducida en multitude de gravados de enorme éxito, presenta unha fig cadavérica, que se leva as mans aos ouvidos, tapándolos ante un berro insoportable, que case podemos oír. Pero este berro non está só na figura, remexe tamén nas formas: o xesto amplifícase no movemento das liñas paralelas que axitan e multiplican o grito nun turbulento ritmo ondulante  ceo e terra = caixa de resonancia.

11. 12.

A violencia das cores acentúase coa intensidade dunha pincelada despregada en remuíños vertixinosos; a composición descentrada e diagonal distorsiona o espazo baixo un ritmo fluído e inestable.

O propio Munch narra a orixe deste cadro nunha alucinación que sufriu cando paseaba con dous amigos  detalles: varanda que distancia os personaxes suliñando a soidade, a paisaxe de pesadelo dun fiordo, mancha negra da cidade inerme, o ceo… Pero a imaxe non representa un acontecemento empírico, senón o berro da natureza, a intensidade da súa violencia. Pode contemplarse coma unha visión ou coma un soño (un pesadelo). Non é o berro de ninguén, de ningún individuo, é algo + profundo que o atravesa todo e que nos sacude tamén a nós.

12. 13.

O que pinta aquí Munch é a relación do home coa natureza e que aparece aquí en termos novos: non coma contemplación gozosa e satisfactoria do aire libre, senón coma relación violenta e exasperada que saca á luz o + profundo do ser humano, o noso medo terrorífico e absurdo, abismal. A anguria ante o que non podemos coñecer nin dominar, ante o que perdemos a seguridade e nos sentimos inermes e indefensos. O Berro, contén moito + que a anécdota, é unha reflexión artística sobre a nosa condición humana, o auténtico eu que fica oculto entro de nós, o que coñecemos mediante a lucidez e revelación dos nosos propios medos.

13. 14. 3. ABSTRACCIÓN

Abstracción = forma de arte non figurativa, que deixa de representar a realidade material. Iníciase coa redución progresiva do obxecto e remata desentendéndose de él e ignorándoo.

Na abstracción moderna a obra adquire unha dimensión propia, independente de toda a realidade, e tal autonomía debe ser o único criterio para xulgala.

A abstracción moderna nace en 1910 coa 1ª acuarela abstracta de Kandinsky e o seu tratado Do Espiritual na arte  abstracción cromática, chea de colorido e de movemento espontáneo, que logo, na Bauhaus, muda en rigor racionalista  abstracción xeométrica (liñas e puntos de forma, tamaño e cor varios)  teorizado en Punto e liña sobre o plano.

14. 16.

Durante a 2ª década do S.XX, a abstracción desprégase en varios mov paralelos, relacionados, pero independentes:

a) en Alemaña, Kandinsky e Paul Klee  pintura abstracta expresionista.

b) en Francia, Robert Delaunay conduce o cubismo pola vía da abstracción  orfismo.

c) en Rusia, a abstracción  suprematismo (Kasimir Malevich).

d) en Holanda  Neoplasticismo ( De Stijl = o estilo ), de Piet Mondrian  somete a imaxe a unha profunda simplificación en formas xeométricas regulares e cores primarias, teorizado nun discurso místico que identifica liñas e planos con vitalidade e morte.

15. 19. 88. O ARCO NEGRO WASSILY KANDINSKY

Pintura abstracta.

Óleo sobre lenzo.

Museo arte contemporáneo. París. 1912.

Manchas cromáticas con liña negra en arco.

16. 20.

No clima de desacougo prebélico en Europa, o grupo vangardista do Xinete Azul crea un expresionismo lírico e espiritual onde nace a pintura abstracta. Wassily Kandinsky é a súa fig + emblemática e teórico do movemento.

Nacido en Rusia e establecido en Alemaña, universitario de formación intelectual + sólida, Kandinsky teoriza a arte abstracta nun pensamento coherente  racionalización da súa práctica en Do Espiritual da Arte = texto onde relaciona a ccor coa música, coidando ambas coma expresión de emocións espirituais, describindo nese libro a natureza da pintura abstracta mediante a metáfora musical.

17. 21.

Desde 1910 experimenta con manchas cromáticas irregulares que armonizan con liñas erráticas dun xeito estraño. Os títulos lembran partituras musicais e sitúan as artes no mesmo plano cas auditivas, compartindo idéntica esencia espiritual. Así crea unha linguaxe puramente abstracta que prescinde de toda referencia á natureza, onde prima a subxectividade expresionista: a tea = escenario de confrontación entre liñas e manchas de cor, lonxe de calquera intención decorativa.

O cadro é unha composición de 3 núcleos cromáticos contrapostos. A masa vermella da esquerda sube á vez que vai espesando; na dereita fica a silueta azul surcada de liñas negras e manchas, arriba a vermella violácea. O arco negro do título enlaza en ángulo as 3 formas coma unha erupción de enerxía que suxire a dramática loita entre as masas encarnadas e a azul.

18. 22.

Kandinsky vía nas cores unha intensa forza expresiva e tamén un perfil psicolóxico: o vermello inquedo, impulsivo e vital, o amarelo irreflexivo, o azul calmo e espiritual  as cores actuan no cadro no lugar de fig e obxectos, e xunto as liñas e formas libres constitúen un idioma dramático, difuso e intuitivo, que transcribe no lenzo a disputa entre materia e espíritu.

19. 23. 89. TÁBOA Nº 1 PIET MONDRIAN

Pintura abstracta.

Óleo sobre lenzo.

Museo Thyssen. Madrid. 1931.

Planos rectangulares de cor e liñas ortogonais.

20. 24.

Inspirador e principal teórico do Neoplasticismo, vangarda surxida en Holanda en 1917, Mondrian establece os principios programáticos de De Stijl nos seus manifestos: a procura dunha nova linguaxe universal aplicable a todas as artes que fomentara unha harmonía espiritual entre todos os homes, e unha purificación formal medainte a abstracción xeométrica, racional e ordenada, que fuxe do dramático, subxectivo e figurativo.

Tales ideas responden a unha utopía = rexenerar a sociedade coa nova arte  acadar un mundo perfecto . Para logralo De Stijl  radical depuración da linguaxe plástica e reduce o vocabulario ao mínimo absoluto: suprime toda fig, e descarta tamén liña curva e diagonal  só liñas verticais rectas e horizontais que , en ángulo recto, suxiren equilibrio. Elimina tamén a pincelada  planos uniformes de cores primarias (azul, amarelo e vermello) e dúas non cores (branco e negro), excluindo todas as demais.

21. 25.

Un cadro neoplasticismo non di nada, non describe, só mostra a súa propia natureza fría, matemática, ordenada, allea ao tráxico e individual  modelo de linguaxe pura de validez universal.

A obra de Mondrian evoluciona nun proceso de simplificación nos anos 30  depuración extrema de Táboa Nº 1, da que sorprende a redución radical de medios pictóricos: liñas negras en ángulo recto encadran superficies brancas, vermella e azul. A recta domina a composición. A cor é pura, plana, sen rastro de pincelada. Suprime toda referencia á natureza: sombras, perspectiva, volume  superficie lisa de liñas e cores.

Con todo, un ritmo compositivo asimétrico dinamiza a imaxe, polo contraste entre as non cores branca e negra da parte superior e as cores vermella e azul da inferior, cortadas por liña horizontal negra.

Non pescudemos significados ocultos, non existen. O cadro non di nada. Mondrian non aspira a representar, senón a manisfetar a súa realidade de liñas e cores. Mentres Kandinsky pretendía suscitar a emoción lírica e pura, Mondrian ten por finalidade unha realidade concisa e núa.

22. 26. 4. CUBISMO

As transformacións fauvistas e expresionistas socavan pero non destrúen a idea imperante na pintura desde o Renacemento: representar obxectos vistos desde un punto de vista determinado, recoñecibles a pesar da arbitariedade da cor ou a distorsión das formas. O cubismo atacou esa concepción de xeito sitemático e radical  mov artístico + rev da arte occidental.

O cubismo constrúe un sist figurativo revolucionario = visión múltiple e simultánea de planos fragmentados xustapostos que recompoñen a imaxe completa da esencia dos obxectos  espacio e volume fabrícanse cunha malla de formas irregualres ( vidros escachados)  fondo e figuras, cubistizados, pertencen a mesma materia continua nunha superficie plana.

23. 27.

Inicio nas Demoiselles d´Avgyo (influxo Cezanne) do xove Pablo Picasso, onde obsérvase unha inspiración na arte primitiva, tanto ibérica e africana na cristalización das formas. Cadro  gran impacto na vanguardia parisina  Picasso e Georges Braque explora nova linguaxe con cadros de intensa xeometrización, que dan nome ao cubismo (1909/14).

2 etapas no cubismo:

a) Cubismo analítico (1909/11)  gama cromática reducida e apagada, descomposición das figuras nunha mesta rede de planos e arestas que integran todos os puntos de vista posibles nunha apariencia enrevesada (cousas como están construidas na súa esencia.

24. 28.

Cubismo sintético (1911/1914): recompón os obxectos con trazos esenciais e planos simples e depurados e cores varias. Nesta fase inventan Picasso e Braque o collage = técnica que introduce sobre a tea materiais insólitos: recortes de xornais, cartóns, madeira, reixiñas  construción textural do lenzo.

Outros artistas adoptan a nova linguaxe: Juan Gris e Fernand Leger, que explora formas cilíndricas (tubismo) e fascinación polas máquinas.

25. 30. 5. PICASSO

Pablo Ruíz Picasso (1881/1973) non foi só o + importante pintor cubista, senón o creador + notable de toda arte contemporánea. A súa pintura non perdeu contacto comprometido cos acontecementos da época, mantivo unha indomable libertade creativa e sempre orixinal  anovacións, retrocesos e duplicidade de estilos simultáneos.

Fillo dun profesor de debuxo, nace en Málaga, e pasa algúns anos na Coruña antes de chegar a Barcelona, onde esperta á arte nun ambiente de bohemia modernista. A principios de século marcha a París: son anos difíciles pola dificultade de sobrevivir  época azul (1901/04): mundo de desesperanza (mendigos, seres marxinais…) de imaxes cromáticas e simples e figuras estilizadas e abatidas.

Síguelle a época rosa (1904/1908): tristeza + lírica e serena de formas gráciles e claras con fig alegres (arlequíns e saltimbancos…).

26. 32.

Partindo da simplificación e xeometrización do periodo rosa, deslumbrado por Cézanne e con aportacións da arte primitiva  invención do Cubismo ( Señoritas de Aviñón), explora as súas novidades nas paisaxes da Horta do Ebro e desenvolveo con Braque nun percorrido desde a descomposición en planos monócromos no cubismo analítico ata a reconstrucción da esencia do obxecto no sintético.

Trala Iª Guerra Mundial, o anarquismo bohemio de Picasso cede paso a unha onde neoconservadora ( aburguesamento? )  regreso ao orde = volta á pintura neoclásica, académica, que simultanéa coa súa duplicidade típica con obras radicalmente anovadoras, como os Tres Músicos .

27. 34.

Durante os anos 30 cultiva as chamadas metamorfoses, de colorido austero e formas espectrais e ameazantes, entre surrealismo e expresionismo, plasman tanto problemas privados como a atmósfera enrarecida da Europa de entreguerras. O estoupido da Guerra Civil española  culmen do seu compromiso  Guernica = cadro histórico + importante da arte contemporánea.

Na súa prolongada ancianidade mantivo unha intensa actividade artística, ensaiando novas técnicas, reinterpretando aos grandes pintores do pasado ( Meninas de Velázquez ), ou amosando a súa paixón e inagotable vitalidade en cadros recorrente sobre Pintor e a súa modelo.

28. 36. 90. OS SALTIMBANCOS PABLO PICASSO

Etapa rosa.

Óleo sobre lenzo.

1905.

Motivo: personaxes de circo.

29. 37.

O mundo dos arlequíns, acróbatas, pallasos e saltimbancos  fascinación sobre a bohemia parisina, de quen seica idealizaron as condicións de vida e traballo, obviando a parte penosa daquela existencia. Picasso debeu ver no circo unha metáfora do universo da arte: alí podían contemplarse os sentimentos e paixóns humanas, que sen embargo non eran “verdadeiras” senón ficción. Doutra banda os actores, errantes e desarraigados, vivían ao marxe dos valores burgueses e encarnaban o ideal da liberdade bohemia. Non estraña que naquela etapa volvera sobre eles unha e outra vez e que os pintar en todas as variantes posibles.

Este lenzo é o + grande que ten pintado ata entón, e Picasso semella estar interesado en algo + que no tema. Como adoita en todos os traballos desta fase dominan os tons cálidos (rosas), pero o tamaño da tea, e os numerosos bocetos previos amosan o empeño de rachar coas súas anteriores fórmulas e adentrarse por novos camiños.

30. 38.

Nos primeiros cadros rosas aínda continua plasmando aos seres estilizados propios da época azul. Aquí, en troques disto, esfórzase aquí para que as fig, repoludas e monumentais, fiquen inexpresivas, sen asomo de sentimento  deixa aparcada intensidade emotiva  representación serena e acougada que lle permita centrar a acción en problemas de natureza plástica e formal.

Os saltimbancos distribúense en tres planos de composición diagonal, en medio dunha paisaxe núa baixo a luz irreal dun ceo azul. Cada persoinaxe mira a un lugar diferente e ningún se parece dirixir ao espectador. Non hai pinceladas longas senón capas de cores case planas e contornos abertos e imprecisos.

31. 39.

A imaxe narrativa deixa paso a unha pintura centrada na esencia das formas: o illamento ensimismado e inexpresivo das fig e a suspensión da acción son síntomas de que a carga emotiva está a ser sustituida pola frialdade formal de Cézanne. Picasso loita claramente por superar as adherencias emocionais da época azul e comeza a entender a pintura como un saunto intelectual. Novas inquedanzas están a conquistar o seu espírito, preparando un dos saltos artísticos + transcendentes da historia da pintura: o cubismo.

32. 40. 91. AS SEÑORITAS DE AVIÑÓN PABLO PICASSO

Pintura cubista.

Óleo sobre lenzo.

1907.

Cadro non exhibido en público ata 1916.

Motivo: cinco nus femininos e un bodegón.

33. 41.

Fascinado con Cézanne, a escultura ibérica e as mácaras africanas, os tanteos de Picasso na procura dunha ruptura radical rachan de súpeto nas Señoritas de Aviñón, de 1907, cun concepto tan revolucionario de pintura que el mesmo necesitara tempo para explorar as posibilidades que abría e extraer as súas consecuencias.

Os primeiros pasos amosan unha curiosa escena de prostíbulo, con 2 rudos mariñeiros rodeados de meulleres núas, pero na versión final fican, sen clientes masculinos, 5 prostitutas. As 2 centrais fitan en posturas insinuantes para o espectador. Pola esquerda a muller de perfil semella entrar e levantar a cortiña co brazo alzado, como está a facer enfronte a fig dereita superior  a quinta muller sentada de costas volve violentamente a súa face. Tratase daquela dun tableu vivant de bordel = súpeto desvelamento de algo apetitoso, tamén suxerido pola mesa con foitas en 1º plano.

34. 42.

Sen + referencia narrativa, Picasso principia a elaboración dun sist figurativo distinto, conceptual, onde os obxectos van a ser percibidos pola mente dun xeito + completo ca apariencia óptica: a perspectiva estática desde un único pto de vista, vixente catro séculos na pintura, da paso a unha visión simultánea de moitos puntos de vista sucesivos e complementarios.

Aquí crea tal efecto co desenvolvemento, tanto dos corpos, mostrando o que sabemos que hai e non o que non vemos desde un só ángulo, como tamén do espazo circundante. A maraña de arestas angulosas  conxunto = malla de triángulos irregulares ou campo de vidros escachados. Distribúe as tonalidades arbitrariamente, xa que nin son planas, nin modelan anatómicamente ás fig. O espazo parece solidificado  os corpos pertencen á mesma clase de materia, que se estende continua por toda a tea.

35. 43.

O cadro conserva tamén o rastro do seu proceso de creación  figuras centrais inspiradas na arte ibérica, resultan + clásicas, en tanto as laterais están inspiradas na escultura africana (máscaras). Aparece un artifico típico en Picasso = ollos vistos de fronte e nariz de perfil.

Aínda que o cadro non foi exposto ata 1916, a vangarda parisina acudiu ao estudio de Picasso para comentalo. Todos quedaban abraiados pola novidade. O salto era demasiado grande e farían falla anos para dixerilo.

36. 44. 92. A RAPAZA DA MANDOLINA PABLO PICASSO

Pintura cubista. Cubismo analítico.

Óleo sobre lenzo.

1910.

Motivo: fig feminina con mandolina.

37. 45.

Entre 1909 e 1911 desenvolven Braque e Picasso o cubismo analítico = exploración sistemática da nova linguaxe tras as Señoritas de Aviñón  definición do novo sist figurativo, teimando nos mesmos temas e prescindindo de cromatismo.

Cubismo analítico parece mirar a realidade a través de 1 prisma de cristal que cisca as formas en múltiples anacos esnaquizados. Dada que a descomposición xeométrica da realidade na que estaban comprometidos desaconsellaba calquera distracción con problemas de cor  optan por gama apagada de ocres e grises verdosos.

As fig semellan hieráticas e ríxidas, + coma estatuas que coma persoas. Pero o + importante = relación entre planos tonais que fragmentan o cadro e as marañas de arestas crebadas que ciscan por completo as fig: os obxectos e o fondo invádense mutuamente nos seus límites con cuñas angulosas. Profundidade ilusoria desaparece  baixorrelevo no que a fig semella estar incrustada no único plano existente.

38. 46.

Muller con mandolina sitúase no remate do cubismo analítico e anuncia a depuración da fase sintética posterior. Mentres certas partes (ombreiros, peito, cóbados) aínda manteñen unha complicada elaboración, outras resólvense en amplos planos horizontais, como a cabeza = bloque compacto dun so ollo que se prolonga cun plano rectangular adosado para plasmar a visión frontal e de perfil de forma simultánea. Idéntica simplificación advertimos no barzo dereito e nas mans, do memo xeito que traduce con ec de medios os movementos da rapaza sobre o instrumento.

39. 47. 93. OS TRES MÚSICOS PABLO PICASSO

Pintura cubista sintética-cristalina.

Óleo sobre lenzo.

1921.

2 versións diferentes.

Motivo: 3 personaxes da comedia da arte: polichinela, arlequín e frade.

40. 48.

Rematada a IGM, o anarquismo bohemio de Picasso semella ceder ante unha onda neoconservadora que se propaga entre a vangarda artística e literaria ( volta ao orde)  regreso a un arte prevangardista + tradicional, de gran perfección académica. Moitos coidaron que Picasso renegaba da experiencia cubista, e viron nel un representante inesperado da volta ao orde.

Pero o pintor malagueño, sempre desconcertante, simultaneo nunha duplicidade de estilos, cadros de factura tradicional, con outros radicalmente anovadores  2 versións de gran tamaño dos Tres Músicos no verán de 1921 = cumio do cubismo sintético que condensa todos os achados da fase experimental do cubismo.

41. 49.

Tres personaxes da comedia da arte = fig maxestuosas, hiératicas e monumentais, fican frontalmente, tras unha mesa (baixo a cal hai un can fantasmagórico na de New York) tocando instrumentos.

Do cubismo sintético proceden a técnica vigorosa e un dominio total da linguaxe capaz de darlle vida a fig reducidas á súa esencia, simplificadas pero captadas con forza e intensidade. Esquematismo xeométrico  formas planas e amplas, sinxelas e rotundas que se articulan con rigor e claridade  composición nítida, doada e lexible para calquera.

Riqueza cromática variada, de intensas cores primarias. As brillantes tonalidades dos traxes acentúan o carácter misterioso, case espectral, dos personaxes sobre un fondo marrón.

42. 50.

O espazo presenta unha organización peculiar: sitúa as fig bidimensionais, sen volume, dentro da profundidade tridimensional xun escenario teatral, sumariamente apuntado mediante o pavimento, paredes e teito.

Das 2 versións, a de N. York, + depurada, concisa e equilibrada, adopta un aire enrarecido e solemne en contraste da de Filadelfia, + informal e alegre, desenfadada e rica en efectos decorativos e ambiente humorístico.

43. 51. 94. O GUERNICA PABLO PICASSO

Pintura cubista.

Temple sobre lenzo.

Museo Raiña Sofía, Madrid.

1937.

Encargo do gob republicano para o pavillón español da Exposición Internacional de París.

Xénero histórico.

44. 52.

Tras tolerar o rearme alemán e a invasión italiana de Etiopía, as democracias occ. asistían en 1937 á guerra civil española paralizadas polo medo ao fascismo e á rev obreira. Nese momento abriuse en París unha Exposición Internacional, que a II República española aproveitou para invocar a solidariedade e advertir que a Guerra Civil española era só o limiar dunha futura confrontación mundial.

Para o pavillón español, as autoridades republicanas encargaron un mural a Picasso = artista comprometido coa causa republicana. Aínda sen decidir o tema, prodúcese en abril o bombardeo sobre Guernica para aterrorizar á pob civil  tema elixido por Picasso  en poucas semanas nace un cadro histórico = 1ª intervención da cultura na loita política. Picasso responde á destrución cunha obra mestra en defensa da democracia.

Picasso no quere fuxir, con detalles dramáticos ou alegóricos, senón encarar ó mundo co significado do acontecemento. Non abonda indignación ou piedade, compre un compromiso ético e reaccionar: non sentir senón actuar. O cadro remexe a conciencia, non polo contido, senón pola súa presentación formal .

45. 53.

Non hai cor no Guernica, só negro, branco e gris. E non é por darlle un ton escuro ou tráxico. Todo está claro na obra  liñas precisas marcan planos destinados a encher de cor. Pero a cor non está, foise . Tampouco para suliñar os volumes, o volume foise tamén. Volume e cor son 2 cualidades coas que percibimos a natureza: non hai natureza sen vida. Pero aquí si que hai morte. Se a arte = civilización, vida e natureza; iso é o que a barbarie fascista está a suprimir do mundo. Asasinar Guernica = matar a civilización  morte = fascismo. O artista non asiste o feito, é parte do feito, non compadece ás víctimas é unha delas.

Morre aquí tamén a civilización clásica. Morte de cor e volume  permanece o esqueleto do clásico  ingredentes clásicos:

a) simetría no eixo medio da parede branca, dos piares verticais do touro á esquerda coa fig de brazos alzados da dereita.

b) perspectiva: personaxes caídos abaixo ou no biselado da ventá.

c) gradación : de valores en branco, negro e gris.

d) ritmo: ascendente desde o motivo nobre que empuña a espada rota ao rincho magoante o cabalo ferido de morte.

46. 54.

Pero está orde clásica estoupa nunha descomposición cubista. En las Señoritas de Aviñón un cadro por primeira vez non representaba o espazo no que ocorría algo, era ese espazo. Se alí, Picasso desintegrou a linguaxe tradicional, en Guenica desintegra a linguaxe cubista inventada para describir analíticamente a verdade. De análise racional do mundo = contrución, o Guernica  fragemntación violenta do cubismo = destrución, do mesmo xeito que os medios de destrucción usados en Guernica eran tamén tecnolóxicos e racionais.

47. 55. 95. AS MENINAS PABLO PICASSO

Pintura postcubista.

Óleo sobre lenzo.

1957.

Serie de 58 cadros.

Motivo: variacións sobre as as Meninas de Velázquez.

48. 56.

A teima do Picasso serodio por reinterpretar cadros dos grandes mestres da historia da pintura non indica esgotamento creativo, como se ten dito tantas veces, senón o contrario: este iconoclasta, que na súa mocidade comezara a demolición da pintura tradicional, rematara agora a súa labor con algunhas das obras + sobranceiras do pasado. Confecciona daquela distintas series, compostas por unha morea de variacións libres dun cadro que, conservando referencias do orixinal (case que irrecoñecible), xogan a reiventar as estructuras e composición das masas, espazo e cores traducidos á linguaxe moderna .

49. 57.

Durante a segunda metade de 1957 encerrado no seu estudo de Cannes pinta 58 lenzos de distinto tamaño que 11 anos despois doaría ao Museo de Barcelona.

No 1º deles, o + grande e monocromático, salienta a Velázquez e empequeñece ás demáis  verdadeiro protagonismo é do pintor (Velázquez/Picasso), que reordena todo coa súa mirada que crea e destrúe a realidade co seu pincel, que da vida e forma ao espazo habitado pola pintura.

Tras esta 1ª peza de obertura, a presencia do pintor case desaparece no resto da serie e Picasso entra de cheo a reinterpretar fragmentos e personaxes do orixinal. Cada detalle das Meninas vai ser sometido á exhaustiva descomposición/recomposición do cubismo, amosando a variedade case infinita de posibilidades da nova linguaxe.

50. 59.

A principios de setembro, tras 17 variacións, Picasso precisa refrescar a súa mirada  Pombas na xanela = ducia de vistas deventá do seu estudio con pombas e niños, cheas de cor e luminosidade  tras o paréntese cambio na serie: onde ata entón dominaban cores grisáceas agora estoupan cores vivas e vibrantes (recordo de Matisse) que desminten a creenza da acromía de Picasso.

51. 60. 6. DADÁ E SURREALISMO

Iª Guerra Mundial conmociona á vangarda e fai urxente para os artistas acabar coa cultura que xustificaba tanta deshumanización, desfeita e inxustiza. Dadá nace en 1916 en Zurich (Suiza) como unha protesta nihilista que adoptou un ton provocador coa sociedade burguesa benpensante, que se espalla con forza por Europa e América.

O seu nihilismo é un ataque demoledor dos convencionalismos culturais e artísticos e unha subversión do concepto mesmo de arte.

Marcel Duchamp, fig + destacada do dadaísmo, inventa os ready-made (xa fabricados) = obxectos vulgares sacados de contexto e propostos coma arte  ridiculización da aureola, a veneración da arte con ironía e truculencia.

Mov durou pouco, naufragou coa volta á orde dos anos 20, pero contribuiu a modificar relación pasiva creador/espectador  activa ( a arte a facemos todos) .

52. 61.

O surrealismo, que herda parte da filosofía de Dadá, nace no ambiente literario (André Bretón) e exténdese a outras manifestacións creativas como a pintura (Dalí, Miró), cine (Buñuel)…

Parte dunha visión relativista da natureza, loita contra o imperio da lóxica e propón a indagación no subconsciente, ceibando os nosos impulsos internos.

Pintura surrealista  2 manifestacións:

a) Automatismo: proxecta o subconsciente nun imaxinario abstracto habitado por formas extrañas, alleas á realidade externa, coma Miró  poesía visual habitada por formas resultado da transfiguración da realidade en formas mínimas e persoais, cheas de vitalidade e fantasía.

53. 63.

b) Pintura onírica: plasma unha fantasía imposible e insólita cunha técnica minuciosa e visualmente real  Magritte ou Dalí.

Salvador Dalí (1904/1988): pintor pertencente á xeración do 27, cultiva amizade durante os seus estudos con Lorca e Buñuel. Iníciase na arte cunha pintura simbolista de técnica depurada. Por influencias de Buñuel incorpórase ao surrealismo  invento método paranoico-crítico  realidade inverosímil de excelente debuxo e minucioso acabado, onde agroman todas as obsesións e paranoias do personaxe Dalí.

A súa valiosa contribución ao movemento surrealista non impediu a expulsión do grupo por mor das súas extravagancias.

Trala II GM, regresado a España, a súa fama internacional e o seu personaxe  pintura con fins comerciais. O mito devora así ao artista. Desigual e contradictorio oscila entre a xenialidade e un academicismo baleiro.

54. 65. 96. A FONTE MARCEL DUCHAMP

Obxecto antiartístico dadá.

Ready- made, urinario de porcelana.

1917.

Orixinal desaparecido, 2 réplicas.

Motivo: urinario vertical invertido e asinado.

55. 66.

Un grupo de artistas refuxiados en Zurich durante a guerra, en 1916 inventaron a palabra Dadá (elixida ao chou) = actitude de negación dos valores establecidos, de nihilismo proviocador que atacaba frontalmente o concepto de arte.

Xa anteriormente, desde 1913, Duchamp inventa o absurdo dos ready-made (xa fabricados) = obxectos vulgares comúns, sacados fóra de contexto e proposto polo artista, cun mínimo retoque, coma obra de arte. Unha roda de bicicleta ensamblada boca arriba sobre un taburete foi o 1º.

A aureola da obra de arte era a falacia que Duchamp pretendía rebater con ironía provocadora. Os obxectos dos seus ready-made carecían de historia particular, non eran belos senón insignificantes e desapercibidos. O presentalos coma obxectos artísticos Duchamp usa a súa insignificancia para deixar en evidencia a sacralización da arte na sociedade que venera obras sen entendelas, só pola a súa elevada cotización mercantil.

56. 67.

Pero o desafío fracasa porque termina asimilado polo sistema (os neodadaistas chegan a admiralos por belos!!!).

En 1917, Duchamp contribue a formar en New York a Sociedade de Artistas Independentes, que permitía expoñer o que quixera a calquera que abonara os dereitos de admisión. Se ben a exposición foi un éxito, Duchamp acabou renunciando ao seu cargo pola negativa do comité a expoñer a Fonte, unha obra remitida por un tal Mutt dende Filadelfia. Era un urinario masculino apoiado sobre un pedestal horizontal pola parte destinada a enganchar na parede.

O verdadeiro responsable do ready-made era o propio Duchamp, que puxo así en evidencia aos seus colegas organizadores da exposición. A fonte foi exhibida por Duchamp no seu estudio e exposicións antolóxicas no remate da súa vida, pendurada do teito e tamén apoiada nun pedestal.

57. 68. 97. AGOIRO DA GUERRA CIVIL SALVADOR DALÍ

Pintura surrealista.

Óleo sobre lenzo.

1936.

Título orixinario: construción branda con fabas hervidas.

Motivo: fomas surrealistas nunha paisaxe.

58. 69.

A depurada técnica de Dalí naufraga cando falla a orixinalidade do cadro. E esa creatividade estaba a piques de se baleirar cando a mediados dos 30, trala ruptura cos surrealistas, orienta a súa pintura nunha dirección cada vez + comercial = brillante pero superficial. A figuración convincente, apoiada na corrección do debuxo e na claridade do modelado, atráncase nun academicismo convencional cando carece dunha idea sólida. A perfección do acabado impacta a simple vista, pero decepciona cando rascamos o seu significado. Así sucede con Agoiro da guerra civil, non hai idea senón morbo, porque Dalí tiña moito que dicir sobre o asunto.

A súa actitude na Guerra Civil = polémica. Case que todos os artistas surrealistas optaron decididamente pola República e os artistas españois de vangarda + importantes fixeron outro tanto (Picasso, Miró). Dalí non toma partido, inhíbese da contenda. Non se decatou da trascendencia histórica, da importancia do que estaba en xogo. Dalí sentiuse morbosamente fascinado pola barbarie colectiva, por aquela crueldade pocas veces acadada.

59. 70.

No Agoiro brando/duro típica de Dalí adopta a forma dun corpo descomunal e escangallado, cos membros de brandura orgánica e de durez osificada, escindido en 2 partes fraticidas que loitan por ser esganar con fiereza, mentres abaixo, en 1º plano, a presenza inquedante das fabes e da carne/alimento aluden á morte coma destino inevitable.

Non prescinde Dalí dos tópicos da súa iconografía, como o moble con caixóns entreabertos (= sgredos do subconsciente), os motivos sexuais, a paisaxe mineralizada e o enorme ceo, entre amarelo e azul cobalto, que co esforzo da hipertrofiada fig  dimensión case cósmica.

Pero nada hai no cadro que se interese polo sentido histórico da guerra, ningunha alusión a ideoloxías e valores dos contendentes. A imaxe fica no espectáculo morboso de quen se devora e se aniquila a si mesmo, nega toda diferencia moral entre as partes. Iguala a víctima e verdugo.