1. Lingua galega e literatura 25 maio- 5 xuño Terceiro trimestre
Fai os exercicios 8, 10 e 12 da páxina 206 do libro de texto.
Elabora unha entrevista cun mínimo de dez preguntas. Debes escoller a alguén a que
entrevistar, xustificar a elección e pensar que é o que queres saber (datos, opinións,
experiencias etc.)
Podes aproveitar e entrevistar a alguén da túa familia!
Unha vez feito o borrador coas preguntas e as respostas, pásaa a limpo nun documento
Word/Libreoffice. Na introdución da entrevista debes xustificar a quen escolliches e por
que.
Eduardo Pondal
Revisa a teoría sobre un dos autores máis importantes do Rexurdimento (páxinas 257 e
258). Ademais, podes ver o Draw my life sobre o autor: https://www.youtube.com/watch?
v=K4R31rzVVsc
Despois, le atentamente o poema Os pinos (p.259) e responde ás cuestións 1, 2, 3 e 4.
Podes buscar algún vídeo do himno galego e incluílo no teu traballo!
VERBOS