SlideShare a Scribd company logo
1 of 36
O centeo
CENTEO
(Secale cereale)
centeno
rye
seigle
centeio
O centeo é unha
planta herbácea
gramínea que pode
acadar 1,60 m de
altura.
Ten unha fácil
nascencia e resiste os
climas fríos mellor que
os outros cereais.
RAÍZ
Fasciculada.
Ten un sistema
radicular moi
desenvolvido.
TALO (CANA)
Oco, dividido por
tabiques transversais.
FOLLAS
Alternas, envainadoras e
cos nervos paralelos. De 20
a 30 cm de lonxitude.
FLORES
Agrupadas en espigas
terminais protexidas por
brácteas (glumas e
glumelas).
Florece de maio a xuño.
espiga e grans de centeo
FROITOS (GRANS)
De tipo cariópside, cunha
única semente soldada ao
froito.
O centeo é un cereal que se cultiva desde finais do
paleolítico.
Os indicios máis antigos son de Abu Hureyra, ao norte
de Siria, no val do Éufrates.
O centeo está moi ben adaptado aos solos ácidos e de pouca
fertilidade e ao clima rigoroso do interior de Galiza. Noutros tempos
foi o cereal máis cultivado (o pan) e a base fundamental da
alimentación en moitas zonas rurais, en especial da montaña.
Hoxe en día este cultivo está practicamente abandonado. Cultívase
sobre todo nas montañas de Lugo e Ourense, a maior parte para
forraxe.
campo de centeo na Mezquita
searas de centeo nos Ancares, hai 30 anos
Seméntase no outono (grandal) e recóllese de xuño a
agosto. Tamén se pode sementar na primavera (serodio)
se o mal tempo non o permite no outono.
CULTIVO
A sementeira
Tradicionalmente cultivábase de
varias maneiras:
-Anovando o monte facendo rozas,
estivadas ou cavadas.
As "searas" ou "senras" de centro
cultivadas polo sistema de rozas
aproveitaban un ano a fertilidade natural
do monte e cun lixeiro estercado
podíanse sementar outro ano máis, Logo
deixábanse outra vez a monte.
-En barbeito cultivando a terra un
ano si e outro non.
-En rotación con outros cultivos,
alternándoo xeralmente con patacas.
Cando a planta acada unha certa
altura pódese aproveitar como
forraxe dándolle un corte ou
pacéndoo co gando, A este alimento
para o gando chámaselle "ferraña",
Na primavera volve agromar e
déixase ata a sega.
ARADOS: Empréganse para labrar a terra arrastrados por máquinas
ou animais.
Cambela: é un arado tradicional galego moi
primitivo. Está feito aproveitado a camba
natural dunha árbore á que se lle engadía unha
rella de ferro. Usábase nas montañas do
Cebreiro, Ancares e O Courel
.
Arado romano: é o arado tradicional máis
común. Usouse desde a prehistoria ata a
actualidade. Está construído en madeira agás
a rella ou ferro que cobre o dente.
Museo da Fonsagrada
A seitura
Ten lugar cando o froito está maduro desde finais de xuño ata agosto,
segundo as zonas.
Faise utilizando fouciños, gadañas ou máquinas segadoras.
Tradicionalmente a seitura facíase á man, cortando e xuntando as plantas en
gavelas que se ataban en feixes ou mollos. Os mollos poñíanse de pé
apoiados uns nos outros formando medeiros para que secasen, logo
fórmábanse as medas, onde se amoreaban os mollos colocándoos en víos
horizontais e cos grans cara adentro.
Actualmente só se fai a seitura á man en parcelas pequenas. Nas grandes
utilízanse máquinas.
seitura de centeo nos Ancares, hai 30 anos
GADAÑA
Formada por unha lámina
de ferro triangular e
curvada, afiada pola parte
cóncava, é un mango
perpendicular para
manexala. Úsase para
segar herba e cereais.
FOUCE, FOUCIÑO ou
FOUCIÑA
Formado por unha folla de ferro en
forma de media lúa, afiada pola
parte cóncava, cun mango para
suxeitala. Úsase para cortar herba,
cereais...
A malla
É o labor que se realiza para separar o grao da palla. Pódese realizar de varias
formas:
-Golpeando directamente as espigas dos mollos contra un obxecto (pedra,
táboa...).
-Lavadoiro: golpéanse as espigas cun pau sobre unha pedra ou unha táboa
inclinada. Deste xeito só se mallan cantidades pequenas.
-Con mallo: labor que se facía colectivamente na eira propia ou nunha eira
común por turnos. Faise con tempo soleado para que o centeo estea ben
seco e quente e salte ben o gran.
Os malladores postos en dúas ringleiras, unha fronte da outra, van mallando
alternativamente, cando os dunha ringleira baten co mallo, os da outra téñeno
levantado. Comezan mallando de vagar (desbicar ou decruar) e logo baten
más forte facendo resoar o golpe (bourear). Vanse desprazando por todas as
fileiras de mollos ata que rematan.
Rematada a malla vanse collendo os feixes de palla, sacúdense e átanse con
vincallos, facendo colmeiros que se levan para o palleiro. Logo várrese
superficialmente para eliminar os coaños (pallas miúdas, espigas...) e xúntase
o grao coa axuda de rodos.
Malla mecánica
Faise con máquinas malladoras que separan a palla do gran. É un
traballo que se pode facer na mesma leira onde están as medas ou na
eira da casa. Tamén é costume xuntarse os veciños para axudar.
As malladoras adoitan ser dun particular que as aluga a cada casa
cobrando segundo o tempo de traballo.
MALLO
Formado por dous paus,
un longo (mangueira) e
outro máis curto (pírtigo
ou malladoiro)
articulados entre sí por
medio dunhas pezas de
coiro, corno ou ferro.
Úsase para mallar ou
debullar os cereais.
GALLAS, GALLETAS,
FORCADAS,
FORQUILLAS.
Instrumentos de formas
diversas con varios dentes
longos e finos dispostos,
unhas veces alineados, e
outras en planos diferentes.
Úsanse para cargar e remexer
herba, palla...
forquilla galla galleta
PA DE AVENTAR
Formadas por unha peza
de madeira rectangular
cun mango. Úsábanse
para aventar os cereais.
PANDEIRO,
PENEIRA, CRIBO
Recipientes cilíndricos
formados por un marco
de madeira e un fondo de
coiro ou rede metálica.
Úsanse para aventar os
cereais.
O centeo podíase gardar como estaba
ou limpar de palla (quitándolle as
abixardas). Para iso érguese ou
avéntase nun sitio no que haxa vento
para que se separen os anacos de
palla, as arganas e o po do gran.
Facíase cun pandeiro ou un cribo
deixándoo caír desde o alto para que
o vento leve as abixardas.
Máis recentemente este labor
realizábase cunhas máquinas
aventadoras.
Logo xuntábase o gran, recollíase,
medíase cun ferrado e gardábase en
sacos, nunha tulla ou nunha hucha.
As tullas son recipientes de
madeira nos que tradicionalmente
se almacenaba o gran.
Tulla feita cun toro oco
de castiñeiro.
(Museo Liste, Oseira)
USOS DO CENTEO
A fariña úsase para facer pan, soa ou mesturada con fariña
de trigo ou de millo (mistura ou mistilla).
A fariña de centeo é máis escura que a de trigo e contén
menos glute, o que fai o pan máis escuro e máis compacto.
O pan de centeo consérvase moi ben.
O centeo forma parte de numerosos alimentos a base
de cereais: pastas, galletas, copos...
En Rusia o centeo utilízase para elaborar unha cervexa.
É un dos cereais que se empregan na elaboración do
whisky.
O gran e a palla úsanse para alimentación do gando.
Coa palla longa e flexible (colmo) fanse cubertas para
alboios e pallozas, sombreiros, cestos, cordas...
O CORNELLO DO CENTEO,
caruncho, cornizo, dentón, grao
de corvo, dente de can
(Claviceps purpurea) é un fungo
ascomicete que ataca o centeo
instalándose no ovario da flor.
Contén varias substancias
tóxicas e foi moi utilizado en
medicina popular.
MUÍÑOS
Son distintos tipos de
aparellos que se
empregan para moer o
gran e facer fariña.
Coñécense desde
tempos moi antigos.
Funcionan con enerxía
muscular, hidráulica,
eólica, das mareas,
eléctrica...
Muíño hidráulico
Muíño de vento
Muíño eléctrico
ELABORACIÓN DO PAN
INGREDIENTES:
fariña, auga, sal, lévedo.
PROCESO:
•Amasado
•División e pesado
•Repouso ou fermentación
•Formado
•Cocción
REFRÁNS
-O que sementa sen semente sega sen fouciña.
-Por San Xoan bótalle a fouciña ao pan, e en Santa Mariña da meda fai fariña.
-En abril espigas mil, en maio todo espigado.
-Polo San Simón tapa o portelo da sazón (gran sementado do seu tempo), o da resteva non.
-Polo San Clemente bota a túa semente.
-No agosto a fariña e no setembro a fouciña.
-Por Santa Mariña deixa o sacho e colle a fouciña.
-A auga por San Xoán tolle o viño e non da pan.
-Polo San Xoán seca a raíz do pan.
TRADICIÓN ORAL
Festa da malla en Allariz
Existen moitos costumes e tradicións relacionados
coa malla nos diferentes puntos de Galiza.
Actualmente xa non se fai, pero nalgúns lugares
celébranse festas etnográficas que reproducen a
tradición (AlIariz, Xunqueirade Ambía, Vilalba,
Noceda do Caurel...)
MONTAXE: Adela Leiro
TEXTOS: Adela Leiro, Manuel Núñez
FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet
DEBUXOS: Mon Daporta
Decembro 2014

More Related Content

Similar to O centeo

Manuel María, etnografía
Manuel María, etnografíaManuel María, etnografía
Manuel María, etnografíaMonContos
 
A agricultura no dicionario de Xoán Manuel Pintos
A  agricultura no dicionario de Xoán Manuel PintosA  agricultura no dicionario de Xoán Manuel Pintos
A agricultura no dicionario de Xoán Manuel Pintosenri10
 
Os cereais: o pan (primaria) Adela Leiro
Os cereais:  o pan  (primaria) Adela LeiroOs cereais:  o pan  (primaria) Adela Leiro
Os cereais: o pan (primaria) Adela Leiromarichoni
 
Os cereais-o pan (primaria)
Os cereais-o pan (primaria)Os cereais-o pan (primaria)
Os cereais-o pan (primaria)monadela
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viñomonadela
 
Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)
Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)
Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)monadela
 
Os cereais-o pan
Os cereais-o panOs cereais-o pan
Os cereais-o panmonadela
 
Cóntame das árbores ,dime da madeira.
Cóntame das árbores ,dime da madeira.Cóntame das árbores ,dime da madeira.
Cóntame das árbores ,dime da madeira.mttq
 
A vide-o viño (primaria)
A vide-o viño (primaria)A vide-o viño (primaria)
A vide-o viño (primaria)monadela
 
Bosque3
Bosque3Bosque3
Bosque3Fiz
 
A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)MonContos
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)MonContos
 
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)candeadosalnes
 

Similar to O centeo (20)

Manuel María, etnografía
Manuel María, etnografíaManuel María, etnografía
Manuel María, etnografía
 
A agricultura no dicionario de Xoán Manuel Pintos
A  agricultura no dicionario de Xoán Manuel PintosA  agricultura no dicionario de Xoán Manuel Pintos
A agricultura no dicionario de Xoán Manuel Pintos
 
Os cereais: o pan (primaria) Adela Leiro
Os cereais:  o pan  (primaria) Adela LeiroOs cereais:  o pan  (primaria) Adela Leiro
Os cereais: o pan (primaria) Adela Leiro
 
Os cereais-o pan (primaria)
Os cereais-o pan (primaria)Os cereais-o pan (primaria)
Os cereais-o pan (primaria)
 
O reno
O renoO reno
O reno
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viño
 
Centeo
CenteoCenteo
Centeo
 
O liño
O liñoO liño
O liño
 
Muiñeiros
Muiñeiros Muiñeiros
Muiñeiros
 
Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)
Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)
Rebolo, cerquiño (Quercus pyrenaica)
 
Os cereais-o pan
Os cereais-o panOs cereais-o pan
Os cereais-o pan
 
Cóntame das árbores ,dime da madeira.
Cóntame das árbores ,dime da madeira.Cóntame das árbores ,dime da madeira.
Cóntame das árbores ,dime da madeira.
 
A vide-o viño (primaria)
A vide-o viño (primaria)A vide-o viño (primaria)
A vide-o viño (primaria)
 
Galiña
GaliñaGaliña
Galiña
 
Bosque3
Bosque3Bosque3
Bosque3
 
Eucalipto
EucaliptoEucalipto
Eucalipto
 
Vaca
VacaVaca
Vaca
 
A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)A hortiña (a rata Luisa)
A hortiña (a rata Luisa)
 
Anátidas (1)
Anátidas (1)Anátidas (1)
Anátidas (1)
 
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
O medio mariño os moluscos (Candea 1994)
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

O centeo

  • 3. O centeo é unha planta herbácea gramínea que pode acadar 1,60 m de altura. Ten unha fácil nascencia e resiste os climas fríos mellor que os outros cereais.
  • 5. TALO (CANA) Oco, dividido por tabiques transversais.
  • 6. FOLLAS Alternas, envainadoras e cos nervos paralelos. De 20 a 30 cm de lonxitude.
  • 7. FLORES Agrupadas en espigas terminais protexidas por brácteas (glumas e glumelas). Florece de maio a xuño.
  • 8. espiga e grans de centeo FROITOS (GRANS) De tipo cariópside, cunha única semente soldada ao froito.
  • 9. O centeo é un cereal que se cultiva desde finais do paleolítico. Os indicios máis antigos son de Abu Hureyra, ao norte de Siria, no val do Éufrates.
  • 10. O centeo está moi ben adaptado aos solos ácidos e de pouca fertilidade e ao clima rigoroso do interior de Galiza. Noutros tempos foi o cereal máis cultivado (o pan) e a base fundamental da alimentación en moitas zonas rurais, en especial da montaña. Hoxe en día este cultivo está practicamente abandonado. Cultívase sobre todo nas montañas de Lugo e Ourense, a maior parte para forraxe. campo de centeo na Mezquita
  • 11. searas de centeo nos Ancares, hai 30 anos
  • 12. Seméntase no outono (grandal) e recóllese de xuño a agosto. Tamén se pode sementar na primavera (serodio) se o mal tempo non o permite no outono. CULTIVO
  • 13. A sementeira Tradicionalmente cultivábase de varias maneiras: -Anovando o monte facendo rozas, estivadas ou cavadas. As "searas" ou "senras" de centro cultivadas polo sistema de rozas aproveitaban un ano a fertilidade natural do monte e cun lixeiro estercado podíanse sementar outro ano máis, Logo deixábanse outra vez a monte. -En barbeito cultivando a terra un ano si e outro non. -En rotación con outros cultivos, alternándoo xeralmente con patacas. Cando a planta acada unha certa altura pódese aproveitar como forraxe dándolle un corte ou pacéndoo co gando, A este alimento para o gando chámaselle "ferraña", Na primavera volve agromar e déixase ata a sega.
  • 14. ARADOS: Empréganse para labrar a terra arrastrados por máquinas ou animais. Cambela: é un arado tradicional galego moi primitivo. Está feito aproveitado a camba natural dunha árbore á que se lle engadía unha rella de ferro. Usábase nas montañas do Cebreiro, Ancares e O Courel . Arado romano: é o arado tradicional máis común. Usouse desde a prehistoria ata a actualidade. Está construído en madeira agás a rella ou ferro que cobre o dente. Museo da Fonsagrada
  • 15. A seitura Ten lugar cando o froito está maduro desde finais de xuño ata agosto, segundo as zonas. Faise utilizando fouciños, gadañas ou máquinas segadoras. Tradicionalmente a seitura facíase á man, cortando e xuntando as plantas en gavelas que se ataban en feixes ou mollos. Os mollos poñíanse de pé apoiados uns nos outros formando medeiros para que secasen, logo fórmábanse as medas, onde se amoreaban os mollos colocándoos en víos horizontais e cos grans cara adentro. Actualmente só se fai a seitura á man en parcelas pequenas. Nas grandes utilízanse máquinas.
  • 16. seitura de centeo nos Ancares, hai 30 anos
  • 17. GADAÑA Formada por unha lámina de ferro triangular e curvada, afiada pola parte cóncava, é un mango perpendicular para manexala. Úsase para segar herba e cereais. FOUCE, FOUCIÑO ou FOUCIÑA Formado por unha folla de ferro en forma de media lúa, afiada pola parte cóncava, cun mango para suxeitala. Úsase para cortar herba, cereais...
  • 18. A malla É o labor que se realiza para separar o grao da palla. Pódese realizar de varias formas: -Golpeando directamente as espigas dos mollos contra un obxecto (pedra, táboa...). -Lavadoiro: golpéanse as espigas cun pau sobre unha pedra ou unha táboa inclinada. Deste xeito só se mallan cantidades pequenas. -Con mallo: labor que se facía colectivamente na eira propia ou nunha eira común por turnos. Faise con tempo soleado para que o centeo estea ben seco e quente e salte ben o gran.
  • 19. Os malladores postos en dúas ringleiras, unha fronte da outra, van mallando alternativamente, cando os dunha ringleira baten co mallo, os da outra téñeno levantado. Comezan mallando de vagar (desbicar ou decruar) e logo baten más forte facendo resoar o golpe (bourear). Vanse desprazando por todas as fileiras de mollos ata que rematan.
  • 20. Rematada a malla vanse collendo os feixes de palla, sacúdense e átanse con vincallos, facendo colmeiros que se levan para o palleiro. Logo várrese superficialmente para eliminar os coaños (pallas miúdas, espigas...) e xúntase o grao coa axuda de rodos.
  • 21. Malla mecánica Faise con máquinas malladoras que separan a palla do gran. É un traballo que se pode facer na mesma leira onde están as medas ou na eira da casa. Tamén é costume xuntarse os veciños para axudar. As malladoras adoitan ser dun particular que as aluga a cada casa cobrando segundo o tempo de traballo.
  • 22. MALLO Formado por dous paus, un longo (mangueira) e outro máis curto (pírtigo ou malladoiro) articulados entre sí por medio dunhas pezas de coiro, corno ou ferro. Úsase para mallar ou debullar os cereais.
  • 23. GALLAS, GALLETAS, FORCADAS, FORQUILLAS. Instrumentos de formas diversas con varios dentes longos e finos dispostos, unhas veces alineados, e outras en planos diferentes. Úsanse para cargar e remexer herba, palla... forquilla galla galleta PA DE AVENTAR Formadas por unha peza de madeira rectangular cun mango. Úsábanse para aventar os cereais. PANDEIRO, PENEIRA, CRIBO Recipientes cilíndricos formados por un marco de madeira e un fondo de coiro ou rede metálica. Úsanse para aventar os cereais.
  • 24. O centeo podíase gardar como estaba ou limpar de palla (quitándolle as abixardas). Para iso érguese ou avéntase nun sitio no que haxa vento para que se separen os anacos de palla, as arganas e o po do gran. Facíase cun pandeiro ou un cribo deixándoo caír desde o alto para que o vento leve as abixardas. Máis recentemente este labor realizábase cunhas máquinas aventadoras. Logo xuntábase o gran, recollíase, medíase cun ferrado e gardábase en sacos, nunha tulla ou nunha hucha. As tullas son recipientes de madeira nos que tradicionalmente se almacenaba o gran. Tulla feita cun toro oco de castiñeiro. (Museo Liste, Oseira)
  • 25. USOS DO CENTEO A fariña úsase para facer pan, soa ou mesturada con fariña de trigo ou de millo (mistura ou mistilla). A fariña de centeo é máis escura que a de trigo e contén menos glute, o que fai o pan máis escuro e máis compacto. O pan de centeo consérvase moi ben.
  • 26. O centeo forma parte de numerosos alimentos a base de cereais: pastas, galletas, copos... En Rusia o centeo utilízase para elaborar unha cervexa. É un dos cereais que se empregan na elaboración do whisky.
  • 27. O gran e a palla úsanse para alimentación do gando. Coa palla longa e flexible (colmo) fanse cubertas para alboios e pallozas, sombreiros, cestos, cordas...
  • 28. O CORNELLO DO CENTEO, caruncho, cornizo, dentón, grao de corvo, dente de can (Claviceps purpurea) é un fungo ascomicete que ataca o centeo instalándose no ovario da flor. Contén varias substancias tóxicas e foi moi utilizado en medicina popular.
  • 29. MUÍÑOS Son distintos tipos de aparellos que se empregan para moer o gran e facer fariña. Coñécense desde tempos moi antigos. Funcionan con enerxía muscular, hidráulica, eólica, das mareas, eléctrica...
  • 32. ELABORACIÓN DO PAN INGREDIENTES: fariña, auga, sal, lévedo. PROCESO: •Amasado •División e pesado •Repouso ou fermentación •Formado •Cocción
  • 33.
  • 34. REFRÁNS -O que sementa sen semente sega sen fouciña. -Por San Xoan bótalle a fouciña ao pan, e en Santa Mariña da meda fai fariña. -En abril espigas mil, en maio todo espigado. -Polo San Simón tapa o portelo da sazón (gran sementado do seu tempo), o da resteva non. -Polo San Clemente bota a túa semente. -No agosto a fariña e no setembro a fouciña. -Por Santa Mariña deixa o sacho e colle a fouciña. -A auga por San Xoán tolle o viño e non da pan. -Polo San Xoán seca a raíz do pan. TRADICIÓN ORAL
  • 35. Festa da malla en Allariz Existen moitos costumes e tradicións relacionados coa malla nos diferentes puntos de Galiza. Actualmente xa non se fai, pero nalgúns lugares celébranse festas etnográficas que reproducen a tradición (AlIariz, Xunqueirade Ambía, Vilalba, Noceda do Caurel...)
  • 36. MONTAXE: Adela Leiro TEXTOS: Adela Leiro, Manuel Núñez FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet DEBUXOS: Mon Daporta Decembro 2014