SlideShare a Scribd company logo
1 of 5
Download to read offline
O TRABALLO DO LIÑO
                                             Sementado e recollida da planta

                                             O tempo axeitado para sementar o liño é nos meses de Xaneiro ou Febreiro. Antes de bota-la

                                             semente cómpre labrar e gradar a terra, quitándolle a impurezas que poida ter. Nalgúns sitios,

                                             coma na parroquia de Carracedo, primeiro sachaban a terra ben, despois botaban a liñaza e

                                             dábanlle co angazo, pero como se botaban en carreiros, un mes máis tarde había que arrancar as

                                             herbas; en cambio noutros sitios, coma na parroquia de San Clemente, non era preciso quitar a

                                             mata, pois sementaban a boleo (esparexendo as sementes pola terra).

          Arrancado e Ripado
                                                                                                 Arrancado
Dalí a uns meses, a finais de maio arrancábase coa raíz coas dúas mans, para

non romper a planta, e poñíase en feixes atados con vimbios para levalo para a

casa e ripalo, é dicir, quitarlle a semente, cun instrumento chamado ripo ou

ripadora: facíase pasar a planta por entre os dentes do ripo, colocándose unha

persoa dun lado e outra do outro. A semente que se lle quitaba botábase a

secar ó sol uns dias para que a bagaña abrise, e o de dentro, a liñaza,
                                                                                                 Ripado
gardábase para o ano seguinte, como semente, ou tamén como medicina ou

fariña.

Para que o liño abrandase había que somerxelo nove días nun pozo coa auga

estancada; se o cañote daba ben a pel sacábanse os feixe para lavalos e máis

tarde estendelos nun campo onde lles dese o sol permanentemente ata que

secasen e troncasen ben.
Mazado

Cando viñan os meses do verán sacábanse os mollos do alboio, onde

se metían os que estaban secos, e botábanse nun campo ben soleado

unhas horas, ata que estivesen ben quentes (pois este traballo non

se pode facer se non hai sol porque o liño non esfía ben):

transcorrido este tempo recóllese e ponse enriba dunha pedra na

eira (mazadoiro) para mazalo cunha maza de pau. Seguidamente o

liño mazado fregase na pedra, coma unha peza de roupa, para que lle   Maza de pau
vaian saíndo os tascos.




         Espadelado

 Co espadelalo queremos conseguir que lle desaparezan

 totalmente os tascos. Para iso valémonos do espadeleiro,

 ó que pisamos evitando que se mova, e da espadela, coa

 que golpeamos o liño. Ó rematar, o material queda moi

 fino, sen casca; e para que non se enlee enrolase en

 estrigas.
                                                                       Espadeleiro
Rastreleiros



       Restrelado

As estrigas almacenadas precisan ser restreladas; cóllese o

restrelo, pónselle unha pedra enriba para que non se mova e

pásanse as febras por entre os seus dentes, agarrando un feixiño

coas dúas mans. Ó facer isto sacamos dúas febras, unha boa, o

liño, e outra mala, a estopa, que queda entre os dentes do rastrelo.
Fiado

Despois do ”rastrelado” comezan a facerse os fíos. Coa estopa, facían fíos

grosos cos que elaboraban as coñecidas “sabas de estopa”, que rascaban

moito cando un se metía na cama.

Os fíos de menor grosor (cerro) enroscábanse na ”roca” e logo no ”fuso” (de

diferentes tamaños). Cando o fuso está chego de fío, xa temos a

“mazaroca”.


                                                                                                              Rocas e Fusos




                                                                      Fiado e Debanado

                                                               Das mazarocas o fío pasa ó “sarillo”, poñéndose catro nobelos de fuso e

                                                               movéndose ata facer unha “maraña” de fío. As unidades anteriores han de ser

                                                               debanadas para que sexa máis fácil levalas. Ese traballo faise coa debandoira.

                  Debandoira
Clareo

O “clareo” consiste en ferver as marañas, tanto de

estopa como de liño, con auga, borralla (moi

peneiradiña) e xabrón, nunha pota para que

branqueen. Cando a cor castaña do liño se volve

branca recóllense as marañas e pásanse por auga

nun lavadoiro, ó tempo que se petan ben e se

fregan. Para que sequen, ó que o liño está limpo,

esténdese ó longo dun pau ó sol.




                                                     Os Teares
      Tecido

O derradeiro proceso pola que pasaba a febra

na casa do que a cultiva, era o de poñela outra

vez na debandoira, pero non coa intención de

enrolar, senón coa de desenrolar as marañas

para facer nobelos que son os que se lle levan á

tecedeira, que os vai transformar en tea,

facendo camisas, sabas, manteis e outras

moitas pezas de roupa

More Related Content

Featured

How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
ThinkNow
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Kurio // The Social Media Age(ncy)
 

Featured (20)

2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot2024 State of Marketing Report – by Hubspot
2024 State of Marketing Report – by Hubspot
 
Everything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPTEverything You Need To Know About ChatGPT
Everything You Need To Know About ChatGPT
 
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage EngineeringsProduct Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
Product Design Trends in 2024 | Teenage Engineerings
 
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental HealthHow Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
How Race, Age and Gender Shape Attitudes Towards Mental Health
 
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdfAI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
AI Trends in Creative Operations 2024 by Artwork Flow.pdf
 
Skeleton Culture Code
Skeleton Culture CodeSkeleton Culture Code
Skeleton Culture Code
 
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
PEPSICO Presentation to CAGNY Conference Feb 2024
 
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
Content Methodology: A Best Practices Report (Webinar)
 
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
How to Prepare For a Successful Job Search for 2024
 
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie InsightsSocial Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
Social Media Marketing Trends 2024 // The Global Indie Insights
 
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
Trends In Paid Search: Navigating The Digital Landscape In 2024
 
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
5 Public speaking tips from TED - Visualized summary
 
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
ChatGPT and the Future of Work - Clark Boyd
 
Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next Getting into the tech field. what next
Getting into the tech field. what next
 
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search IntentGoogle's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
Google's Just Not That Into You: Understanding Core Updates & Search Intent
 
How to have difficult conversations
How to have difficult conversations How to have difficult conversations
How to have difficult conversations
 
Introduction to Data Science
Introduction to Data ScienceIntroduction to Data Science
Introduction to Data Science
 
Time Management & Productivity - Best Practices
Time Management & Productivity -  Best PracticesTime Management & Productivity -  Best Practices
Time Management & Productivity - Best Practices
 
The six step guide to practical project management
The six step guide to practical project managementThe six step guide to practical project management
The six step guide to practical project management
 
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
Beginners Guide to TikTok for Search - Rachel Pearson - We are Tilt __ Bright...
 

O liño

  • 1. O TRABALLO DO LIÑO Sementado e recollida da planta O tempo axeitado para sementar o liño é nos meses de Xaneiro ou Febreiro. Antes de bota-la semente cómpre labrar e gradar a terra, quitándolle a impurezas que poida ter. Nalgúns sitios, coma na parroquia de Carracedo, primeiro sachaban a terra ben, despois botaban a liñaza e dábanlle co angazo, pero como se botaban en carreiros, un mes máis tarde había que arrancar as herbas; en cambio noutros sitios, coma na parroquia de San Clemente, non era preciso quitar a mata, pois sementaban a boleo (esparexendo as sementes pola terra). Arrancado e Ripado Arrancado Dalí a uns meses, a finais de maio arrancábase coa raíz coas dúas mans, para non romper a planta, e poñíase en feixes atados con vimbios para levalo para a casa e ripalo, é dicir, quitarlle a semente, cun instrumento chamado ripo ou ripadora: facíase pasar a planta por entre os dentes do ripo, colocándose unha persoa dun lado e outra do outro. A semente que se lle quitaba botábase a secar ó sol uns dias para que a bagaña abrise, e o de dentro, a liñaza, Ripado gardábase para o ano seguinte, como semente, ou tamén como medicina ou fariña. Para que o liño abrandase había que somerxelo nove días nun pozo coa auga estancada; se o cañote daba ben a pel sacábanse os feixe para lavalos e máis tarde estendelos nun campo onde lles dese o sol permanentemente ata que secasen e troncasen ben.
  • 2. Mazado Cando viñan os meses do verán sacábanse os mollos do alboio, onde se metían os que estaban secos, e botábanse nun campo ben soleado unhas horas, ata que estivesen ben quentes (pois este traballo non se pode facer se non hai sol porque o liño non esfía ben): transcorrido este tempo recóllese e ponse enriba dunha pedra na eira (mazadoiro) para mazalo cunha maza de pau. Seguidamente o liño mazado fregase na pedra, coma unha peza de roupa, para que lle Maza de pau vaian saíndo os tascos. Espadelado Co espadelalo queremos conseguir que lle desaparezan totalmente os tascos. Para iso valémonos do espadeleiro, ó que pisamos evitando que se mova, e da espadela, coa que golpeamos o liño. Ó rematar, o material queda moi fino, sen casca; e para que non se enlee enrolase en estrigas. Espadeleiro
  • 3. Rastreleiros Restrelado As estrigas almacenadas precisan ser restreladas; cóllese o restrelo, pónselle unha pedra enriba para que non se mova e pásanse as febras por entre os seus dentes, agarrando un feixiño coas dúas mans. Ó facer isto sacamos dúas febras, unha boa, o liño, e outra mala, a estopa, que queda entre os dentes do rastrelo.
  • 4. Fiado Despois do ”rastrelado” comezan a facerse os fíos. Coa estopa, facían fíos grosos cos que elaboraban as coñecidas “sabas de estopa”, que rascaban moito cando un se metía na cama. Os fíos de menor grosor (cerro) enroscábanse na ”roca” e logo no ”fuso” (de diferentes tamaños). Cando o fuso está chego de fío, xa temos a “mazaroca”. Rocas e Fusos Fiado e Debanado Das mazarocas o fío pasa ó “sarillo”, poñéndose catro nobelos de fuso e movéndose ata facer unha “maraña” de fío. As unidades anteriores han de ser debanadas para que sexa máis fácil levalas. Ese traballo faise coa debandoira. Debandoira
  • 5. Clareo O “clareo” consiste en ferver as marañas, tanto de estopa como de liño, con auga, borralla (moi peneiradiña) e xabrón, nunha pota para que branqueen. Cando a cor castaña do liño se volve branca recóllense as marañas e pásanse por auga nun lavadoiro, ó tempo que se petan ben e se fregan. Para que sequen, ó que o liño está limpo, esténdese ó longo dun pau ó sol. Os Teares Tecido O derradeiro proceso pola que pasaba a febra na casa do que a cultiva, era o de poñela outra vez na debandoira, pero non coa intención de enrolar, senón coa de desenrolar as marañas para facer nobelos que son os que se lle levan á tecedeira, que os vai transformar en tea, facendo camisas, sabas, manteis e outras moitas pezas de roupa