SlideShare a Scribd company logo
1 of 23
8 de marzo
Participa no concurso organizado polo
EDLG e a
biblioteca Nautilus do IES Monelos
Cubre a papeleta identificando o nome
das seguintes mulleres galegas...
Mulleres das mundo da cultura, ciencia, educación…
Haberá premios!!!
Máis información na biblioteca!!
e na páxina web do centro!!
1
1
Educación
•Naceu na Coruña en 1880 e con 16 anos xa era
mestra. O seu primeiro destino foi a escola infantil
de nenas da Garda.
•Introduciu por primeira vez en Galicia métodos
renovadores que aínda hoxe se consideran
avanzados, como o traballo por proxectos ou a
pedagoxía de María Montessori.
•Promoveu o fomento da lectura, introduciu a
música e a ximnasia rítmica no estudo, puxo en
marcha comedores escolares e colonias, defendeu
a presenza da lingua galega na escola e o
coñecemento da nosa literatura.
•Foi unha firme defensora da educación en
igualdade e da plena capacidade das mulleres para
gozar de todos os dereitos sen distincións.
•O prestixio que acadou polo seu traballo foi tal,
que na segunda visita a Galicia, o poeta Federico
García Lorca quixo coñecela.
• En 1933 conseguiu por méritos propios o cargo
de inspectora educativa en contra de gran parte
dos seus colegas.
•Ao remate da guerra, foi destituída de todos os
cargos debido ás súas ideas republicanas e
obrigada a xubilarse.
•Dende entón refuxiouse na lectura e na tradución
de obras literarias francesas.
•Serantes (Ferrol) 1916-La Jolla (San
Diego-EEUU) 2005.
•Foi zoóloga, oceánografa que liderou
o comezo a investigación
oceanográfica global.
•Destacou por describir 22 novas
especies de zooplancto mariño, o seu
coñecemento dos quetognatos e por
crear novos indicadores das
condicións mariñas.
•Comezou a súa carreira de
investigación no Instituto Español de
Oceanografía en Madrid e Vigo.
•A súa seguinte estadía foi no
Laboratorio Mariño de Plymouth.
•Alí convértese na primeira muller que
participou como científica nunha
expedición oceanográfica mundial.
•Dende 1956 ata o remate da súa
carreira continuou a súa invetigación
nos EEUU no Instituto Oceanográfico
Scripps e no centro de investigación
de pesca da NOAA.
•Foi a figura que escolleu a Real
Academia Galega de Ciencias para
conmemorar o día da Ciencia en
Galicia no ano 2015.
2
Bioloxía
•Oleiros (1927)-A Coruña (2014).
•Matemática.
•Investigadora nos EEUU e Canadá.
•O seu pai tiña unha importante
empresa de fundición na nosa
cidade que tiña o seu apelido.
•Estudiou bacharelato no Eusebio
da Guarda e os universitarios en
Santiago e Madrid.
•Durante a época franquista, dada
as dificultades que tiña unha muller
en investigar e ser docente dentro
das universidades españolas, tivo
que emigrar aos EEUU.
•A investigación centrouse na teoría
dos grupos e na álxebra de Lie
entre outros aspectos do campo
matemático.
•Foi profesora na Universidade de
Buffalo e Indiana onde permaneceu
ata 1983.
•Ese ano retornou á Coruña
colaborando con diversas
institucións como por exemplo
AGAPEMA.
3
Matemáticas
•Naceu en Viveiro en 1877, mais a súa vida
vai transcorrer en Ribadeo, onde seu pai era
mestre de escola.
•No ano 1895 é a primeira galega que cursa
bacharelato. Con este título na man, en 1896
decide matricularse na Universidade de
Santiago nun momento en que non había
ningunha outra moza entre o alumnado.
• Ata o ano 1910 a lei española non permite
que as mulleres accedan ó ensino superior,
polo que tivo que solicitar un permiso ao
Ministerio de Instrución Pública para poder
iniciar a carreira de Farmacia.
•Nas clases padeceu discriminacións, como
a obriga de sentar separada dos seus
compañeiros.
• Malia as dificultades, en 1901 remata os
estudos de Farmacia e pasa a ser a primeira
muller que obtén unha licenciatura en
Galicia.
• En Ribadeo rexenta unha farmacia;
chamada La Moderna.
4
Farmacia
•Naceu en Viveiro en 1902 e morreu en Madrid en
1995.
•Foi unha das principais artistas da Xeración do
27 e unha importantísima creadora que se
relacionou con grandes do seu tempo.
•Trasladouse a Madrid e comezou a estudar na
Real Academia de Bellas Artes de San Fernando,
onde iniciou unha grande amizade con Salvador
Dalí, pero acabará abandonando a academia pola
rixidez do seu sistema.
•.Ortega y Gasset cedeu as instalacións da súa
Revista de Occidente para a primeira exposición
da artista en Madrid.
• Formou parte do grupo das “Sinsombrero”,
mozas artistas e intelectuais que escandalizaron
á conservadora sociedade por atreverse a saír á
rúa sen esa prenda.
• Cultivou un surrealismo especial. Pasou por
dúas etapas: unha colorista e outra sombría.
•Exiliouse e volveu 25 anos despois.
5
Arte
•Naceu en Ourense 1914 e morreu en 2009.
•.Astrónoma, matemática, profesora e investigadora.
•Estudante destacada, aos 16 anos comezou a
cursar Químicas na Facultade de Ciencias da
Universidade de Santiago de Compostela.
Licenciouse en 1935 e conseguiu o Título de Mestra
Nacional.
•Exerceu como profesora axudante de Física e
Matemáticas na Facultade de Ciencias da USC.
Estudou Farmacia e realizou cursos de Ciencias
Exactas.
•A Guerra Civil provocou que fose inhabilitada para
exercer cargos directivos e a docencia, debido á súa
ideoloxía política. Despois da guerra puido exercer
de novo como profesora e licenciouse en Farmacia.
• Colaborou con Ramón María Aller en estudos de
astronomía durante máis de 20 anos. Foi a primeira
muller do Estado español en defender unha tese de
astronomía.
6
Astronomía
•Naceu na Cañiza en 1911 e morreu en
Barcelona e 2008.
•Sentiu dende moi nena a vocación pola
arquitectura, quizais pola influencia do seu avó
materno.
•O seu pai non estaba convencido de que
fixese esta carreira pois non era propia dunha
muller. As súas avoas apoiárona e acadou o
seu soño de ir á universidade.
•Cursou Ciencias Químicas e Debuxo para
poder acceder aos estudos de arquitectura.
•En 1930 instalouse en Madrid e en dous
cursos pasou os exames das materias de
debuxo que necesitaba para matricularse en
Arquitectura.
•A Guerra Civil interrompeu a súa traxectoria
académica.
•En 1939 puido reanudar os seus estudos e
licenciouse en 1940.
•Está entre as tres primeiras mulleres
españolas que chegaron a arquitectas.
7
Arquitectura
8
Literatura
• Nada na Coruña en 1851.
• Foi escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista,
crítica literaria, narradora.
• Influída polo naturalismo, movemento literario que
introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en
forma de novelas, contos, artigos e folletos.
• O seu estilo literario é enérxico e nel afondou en
problemas e situacións difíciles.
• Entre as súas novelas destacan La Tribuna, Los
Pazos de Ulloa, La madre naturaleza, La piedra
angular.
• Non se lle permitiu ser membro da Real Academia
Española da lingua polo seu xénero.
• Foi profesora de literatura na Universidade Central de
Madrid.
• A súa residencia na Coruña é a sede da Real
Academia Galega. O Pazo de Meirás tamén pertenceu
a súa familia.
• Neste ano 2021 cúmprese o centenario da súa morte.
9
Empresa
•A Coruña (1944-2013).
•Empresaria.
•Tivo que deixar a escola ós 11 anos para
traballar nunha empresa téxtil La Maja de
costureira onde coñeceu a Amancio Ortega co
que casaría.
•Fundaron GOA. Esta empresa coruñesa foi
medrando ata converterse en Zara e finalmente
Inditex.
•En 1986 comezou os estudos de Maxisterio
onde se licenciou.
•Comezou unha carreira de investimentos en
diversos sectores económicos: construción,
biotecnoloxía (Pharma Mar do grupo Zeltia),
audiovisiual (Continental producciones...).
•Ademais foi creadora da Fundación Paideia,
unha ONG que traballa pola incorporación das
persoas discapacitadas no mercado laboral.
10
Arte dramática
• Nada en 1922 na Coruña.
• Filla dun importante político coruñés durante a II República.
• Durante a Guerra Civil ten que exiliarse, xunto coa súa familia, a Francia.
• Estudou no Conservatorio de Arte Dramático de París e no ano 1942
ingresou no Théatre des Matarins, no que fixo o seu debut coa obra
irlandesa: "Deirdre des Douleurs".
• Uns anos despois traballou na Comédie Française, onde intepretou os
papeis de lady Macbeth e Fedra.
• Traballou no Théatre National Populaire, e debutou no cine en 1944, coa
película "Les enfant du Paradis" de Marcel Carné.
• Foi considerada unha das grandes actrices do teatro e do cinema francés
especialmente durante as décadas de 1940 e 1950.
• Tivo unha profunda relación co pensador e intelectual francés Albert
Camus.
• Participou en xiras por todo o mundo, aparecendo en grandes clásicos do
teatro francés. En 1957 realizou unha xira co TNP por Suramérica, durante
a que foi homenaxeada polos exiliados galegos (Eduardo Blanco Amor,
Rafael Dieste, Luis Seoane, Laxeiro...) e se produciu o reencontro coa súa
lingua.
• En 1958 interpretou as obras Le Cid, de Corneille, Marie Tudor, de Víctor
Hugo e Le Triomphe de l'Amour (The Triumph of Love), de Marivaux en
Broadway.
• Á morte do ditador Francisco Franco en 1976, regresa a España para
interpretar El adefesio, de Rafael Alberti. Publicou o seu libro de memorias
Résidente privilegiée en 1980.
• A asociación de actores e actrices de Galicia convoca un premio que leva
o seu nome dende 1997 no noso país.
11
Educación
•Naceu en Redondela en 1890 e faleceu en Pontevedra en 1956.
•Foi mestra e pedagoga.
•Foi unha das primeiras mulleres en recibir o título de estudos
superiores de maxisterio en Madrid (1910-1913), onde recibiu a
influencia da Institución Libre de Enseñanza fudamentalmente de
Luis Zulueta.
•Foi nomeada profesora da Escola Normal de Pontevedra.
•Durante a II República dirixiu a Escola de Maxisterio desta
provincia e iniciou a reforma educativa presidindo o Consello
Provincial de Primeiro Ensino.
•No tempo que ocupou este cargo leváronse a cabo diversas
campañas para o fomento da asistencia dos nenos e nenas á
escola, impulsouse a creación de centros escolares, ampliouse a
educación de adultos, colaborouse coas xuntas municipais na
utilización dos campos agrícolas experimentais e dos talleres
artesanais e industriais, e fomentouse o estudo e investigación das
características xeográficas e culturais de Galicia.
•Colaborou tamén activamente co Seminario de Estudos Galegos
e noutras iniciativas como a Escola Rural Galega.
•En 1933 asinou o manifesto dos intelectuais galegos a prol do
Estatuto Autonomía.
•Durante a Guerra Civil e o franquismo vai ser represaliada e
suspendida de todos os seus cargos.
•Permanecerá como profesora de maxisterio en Ourense ata 1951
para recuperar a súa praza en Pontevedra a partir deste ano ata o
seu falecemento.
12
Dereito
•Ferrol (1820)-Vigo (1893).
•Diplomada en dereito, xornalista, feminista e poeta.
•É considerada unha das pensadoras máis lúcidas e
prestixiosas do século XIX dentro e fóra de España.
•Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade
española.
•Asiste á Universidade "travestida" de home, ás aulas
da carreira de Dereito Penal e Xurídico, xa que nese
momento non se permitía legalmente o acceso das
mulleres aos estudos superiores en España. Cortou o
cabelo, vestiu levita, capa e sombreiro de copa.
Cando se descubriu a súa identidade, interveu o
reitor. Tras un exame satisfactorio foi autorizada a
asistir ás clases, cousa que fará dende 1842 a 1845.
•Foi nomeada "visitadora de prisións de mulleres" en
1864 onde impulsou reformas do sistema
penitenciario orientadas cara a rehabilitación e non o
castigo das penadas.
•De pensamento liberal e krausista entablou amizade
coa tamén liberal coruñesa Juana de Vega.
•Con esta figura naceu o feminismo en España, pois
dende nova loitou por romper os cánones
establecidos para a muller, rebelándose contra a
tradicional marxinación do sexo feminino, e
reivindicando a igualdade en todas as esferas sociais.
13
Xornalismo
• A Coruña (1861)- Poznan (Polonia) (1958)
• Destacamos o seu labor como xornalista (destacando como corresponsal de
guerra) pero tamén foi actriz de teatro, poeta, tradutora e novelista.
• Durante a súa mocidade adicouse á interpretación, chegando a formar parte do
Teatro Español e do Teatro da Zarzuela como actriz profesional. Nestes anos
frecuentou os círculos literarios de Madrid, onde se iniciou na poesía. Logo do
seu casamento co diplomático e intelectual polaco Wincenty Lutoslawski viviu
em Moscova, Londres e Polonia, ademais das tempadas que pasaba en Madrid
ou na súa casa de Mera (Oleiros).
• Foi nomeada candidata ao Premio Nobel de Literatura en 1926.
• Porén, foi máis coñecida polas súas crónicas e escritos xornalísticos.
• Foi a primeira española correspondente permanente dun diario no estranxeiro e
a segunda española correspondente de guerra. Viviu de primeira man as dúas
guerras mundiais e a caída do tzarismo.
• Entre 1885 e 1938 realizou máis de trinta viaxes por Europa. Traballou como
correspondente do diario ABC e os seus escritos apareceron en publicacións
como El Ideal Gallego, Revista Gallega, Galicia Moderna, El Eco de Galicia e
Ilustración Gallega.
• Destacan nesta faceta xornalística a súa entrevista a Lev Trotski e a crónica da
morte de Rasputín.
• Foi membro correspondente dende os inicios da Real Academia Galega e en
1952 foi nomeada membro de honra dela.
• Os esforzos na recuperación desta figura nas últimas décadas non están
exentos de polémica, debido ás conviccións conservadoras da personalidade.
14
Literatura e música
•A Coruña (1957-2004).
•Escritora, filóloga e violinista.
•Exerceu como profesora de lingua e
literatura galegas no ensino medio.
•Titulada superior en violín, formou parte da
Orquestra de Santiago de Compostela
(dende 1985) e, máis tarde, da Xove
Orquestra de Galicia, así como de diversos
grupos de cámara galegos.
• Escribiu poesía publicadas en poemarios
como Música reservada (1991), Rota ao
interior do ollo (1995), Modulación de Orfeu
(2002), En concreto (2004); novela como As
chaves do tempo (2001), ensaio como O
don Hamlet de Cunqueiro unha ecuación
teatral (1992) e teatro como As certezas de
Ofelia (1999) e Os doces anos da guerra
(2001) entre outras.
15
Medicina
•Baltar (1898)-Vigo (1987).
•Primeira galega titulada en medicina na Universidade de Santiago de
Compostela en 1925.
•En 1930 doutorase en Madrid co a tese La colesterinemia en la sangre en
relación con la anestesia quirúrgica.
•Foi especialista en xinecoloxía.
•En 1928 trasladouse a Vigo onde puxo en marcha un consultorio de
medicina xeral e xinecoloxía onde exerceu a súa profesión ata a súa
xubilación.
•Membro da Alianza Francesa de Vigo.
•Foi unha das fundadoras da Academica Médico-Quirúrgica (1930) de Vigo,
institución onde chegou ser vicepresidenta.
•Muller de inquietudes culturais, vinculada a Galicia, tivo relación con varios
recoñecidos intelectuais e galeguistas como Valentín Paz-Andrade, Álvaro
das Casas ou Ramón Fernández Mato.
•Aceptou encabezar en xuño de 1931 un chamamento de apoio aos
candidatos galeguistas da provincia de Pontevedra e outro en xuño de 1936
en prol do SI no Plebiscito do Estatuto Galego, ambos os dous documentos
estaban asinados só por mulleres.
•En febreiro de 1937 foi detida e pasou catro días no cuartel da garda civil
acusada de pertencer ao Partido Galeguista e de ter trato con xente de
esquerdas. Os bos informes sobre o seu comportamento e un "donativo"
conseguiron que saíse en liberdade.
•Os anos seguintes foron de gran dureza: acusada de "roja", moitas persoas
deixaron de ir á súa consulta.
•Na década de 1940 conseguiu un posto na Seguridade Social e xubilouse na
década de 1960.
16
Enfermería
Monumento no
Polígono de
Zalaeta (A Coruña)
onde se localizaba o
antigo hospital da
Caridade
•Nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de
1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual
México) descoñecendo a data da súa morte.
•Foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade
da Coruña.
•Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina
de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da
Casa de Expósitos da Coruña, que foron dende A
Coruña a México (1803-1806) e dos 26 que foron
dende Acapulco a Filipinas (1809) durante os 10 anos
que durou a expedición para levar a vacina da varíola
aos territorios españois de ultramar.
•É considerada a primeira enfermeira da historia en
misión internacional.
•A escritora María Solar ten publicado en galego unha
novela en galego sobre esta figura e a expedición de
Balmis.
•Neste ano da pandemia covid-19 en Madrid
inaugurouse un polémico hospital que leva o nome
desta figura.
17
Tradución
•A Coruña (1916)-Monçâo (1998).
•Xornalista, tradutora e escritora.
•Destacou dende nova polos seus dotes musicais e
intelectuais. Estudou Comercio na Coruña.
•Na Segunda República traballou no concello da Coruña e
foi secretaria de Casares Quiroga.
•Co triunfo da Fronte Popular marchou a Madrid a traballar
para os Servizos Secretos do Ministerio da Gobernación
que dirixía Casares Quiroga.
•Durante a Guerra Civil trasladouse a Valencia e ao remate
desta exiliouse cara Buenos Aires.
•Viviu na Arxentina ata 1955, onde publicou artigos e
ensaios sobre o teatro e sobre Galicia e fixo traducións ao
castelán. Tamén estreou as comedias.
•Posteriormente trasladouse a traballar a Nova York como
tradutora da ONU. Despois marchou a París, onde traballou
como tradutora do Correo da UNESCO. En 1961 foi
directora do equipo de tradución da OIT en Xenebra e
tamén foi tradutora no Comité de Desarme, na
Organización de Enerxía Atómica e durante a conferencia
sobre seguridade europea.
18
Literatura e tradución
•Nada en Sarria (1962) e finada en Vigo no 2003.
•Foi unha poeta, tradutora en varias linguas,
editora, e profesora de lingua e literatura galega,
ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida
polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a
diario.
•Como tradutora traballou con textos de, entre
outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco,
Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao
Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias,
James Joyce, Cervantes, James Fenimore
Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram
Stoker, Angel Carter, Charles Baudelaire e Jeans
Rhys.
•A súa Poesía reunida publicouse en 2018.
• En 2019 a plataforma de crítica literaria A Sega
dedicoulle o Día das Galegas nas Letras.
•Tras ser proposta en varias ocasións anteriores,
en 2020 a Real Academia Galega anunciou que
será a autora homenaxeada nas Letras Galegas
de 2021.

More Related Content

What's hot

Lite1_09
Lite1_09Lite1_09
Lite1_09
xenevra
 
A lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xxA lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xx
Marlou
 
Valentín Paz Andrade
Valentín Paz AndradeValentín Paz Andrade
Valentín Paz Andrade
Loli Cid Cid
 
A lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XXA lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XX
Luciano Fernández
 
Tema 10 historia
Tema 10 historiaTema 10 historia
Tema 10 historia
Raqueldiz
 
EvolucióN Do Galeguismo Amalia
EvolucióN Do Galeguismo AmaliaEvolucióN Do Galeguismo Amalia
EvolucióN Do Galeguismo Amalia
Amalia1111
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
Marlou
 
España e Galiza.
España e Galiza.España e Galiza.
España e Galiza.
franbragado
 

What's hot (20)

Lite1_09
Lite1_09Lite1_09
Lite1_09
 
Lite1 09
Lite1 09Lite1 09
Lite1 09
 
Lingua Galega Posguerra
Lingua Galega PosguerraLingua Galega Posguerra
Lingua Galega Posguerra
 
A lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xxA lingua no 1º terzo do s.xx
A lingua no 1º terzo do s.xx
 
primeiro terzo século XX
primeiro terzo século XXprimeiro terzo século XX
primeiro terzo século XX
 
Valentín Paz Andrade
Valentín Paz AndradeValentín Paz Andrade
Valentín Paz Andrade
 
No exilio
No exilioNo exilio
No exilio
 
O exilio
O exilio O exilio
O exilio
 
A lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XXA lingua galega nos comezos do s. XX
A lingua galega nos comezos do s. XX
 
Tema 10 historia
Tema 10 historiaTema 10 historia
Tema 10 historia
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 
O galego no primeiro terzo do século xx
O galego no primeiro terzo do século xxO galego no primeiro terzo do século xx
O galego no primeiro terzo do século xx
 
EvolucióN Do Galeguismo Amalia
EvolucióN Do Galeguismo AmaliaEvolucióN Do Galeguismo Amalia
EvolucióN Do Galeguismo Amalia
 
Tema 4 ciencias sociais
Tema 4 ciencias sociaisTema 4 ciencias sociais
Tema 4 ciencias sociais
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
 
España e Galiza.
España e Galiza.España e Galiza.
España e Galiza.
 
Liña tempo mulleres
Liña tempo mulleresLiña tempo mulleres
Liña tempo mulleres
 
1968-2018 50 anos do Día da Patria
1968-2018 50 anos do Día da Patria1968-2018 50 anos do Día da Patria
1968-2018 50 anos do Día da Patria
 
A xeración nós
A xeración nósA xeración nós
A xeración nós
 
Galicia tras a Guerra Civil
Galicia tras a Guerra CivilGalicia tras a Guerra Civil
Galicia tras a Guerra Civil
 

Similar to Concurso 8 de marzo. mulleres galegas 2021

Galegas Ilustres
Galegas  IlustresGalegas  Ilustres
Galegas Ilustres
Fiz
 
Galegas Ilustres
Galegas  IlustresGalegas  Ilustres
Galegas Ilustres
Fiz
 
RAMÓN OTERO PEDRAYO
RAMÓN OTERO PEDRAYORAMÓN OTERO PEDRAYO
RAMÓN OTERO PEDRAYO
LOKIFUMI46
 
Mulleres do mundo
Mulleres do mundoMulleres do mundo
Mulleres do mundo
pritrazo
 
Roteiro 2015
Roteiro 2015Roteiro 2015
Roteiro 2015
Xenza
 

Similar to Concurso 8 de marzo. mulleres galegas 2021 (20)

Galegas
GalegasGalegas
Galegas
 
Galegas Ilustres
Galegas  IlustresGalegas  Ilustres
Galegas Ilustres
 
Filgueira Valverde
Filgueira ValverdeFilgueira Valverde
Filgueira Valverde
 
DÍA DA MULLER- 2015
DÍA DA MULLER-  2015DÍA DA MULLER-  2015
DÍA DA MULLER- 2015
 
Galegas Ilustres
Galegas  IlustresGalegas  Ilustres
Galegas Ilustres
 
Antón Fraguas
Antón FraguasAntón Fraguas
Antón Fraguas
 
Valentín Paz Andrade
Valentín Paz AndradeValentín Paz Andrade
Valentín Paz Andrade
 
MARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENOMARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENO
 
MARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENOMARIA VICTORIA MORENO
MARIA VICTORIA MORENO
 
Salvador de madariaga
Salvador de madariagaSalvador de madariaga
Salvador de madariaga
 
Maruja Mallo
Maruja Mallo Maruja Mallo
Maruja Mallo
 
RAMÓN OTERO PEDRAYO
RAMÓN OTERO PEDRAYORAMÓN OTERO PEDRAYO
RAMÓN OTERO PEDRAYO
 
Mulleres do mundo
Mulleres do mundoMulleres do mundo
Mulleres do mundo
 
María Barbeito e Ernestina Otero
María Barbeito e Ernestina OteroMaría Barbeito e Ernestina Otero
María Barbeito e Ernestina Otero
 
Mulleres do mundo
Mulleres do mundoMulleres do mundo
Mulleres do mundo
 
Roteiro 2015
Roteiro 2015Roteiro 2015
Roteiro 2015
 
Lorenzo Varela
Lorenzo VarelaLorenzo Varela
Lorenzo Varela
 
Mulleres galegas
Mulleres galegasMulleres galegas
Mulleres galegas
 
Ramón otero pedrayo
Ramón otero pedrayoRamón otero pedrayo
Ramón otero pedrayo
 
DíA Das Letras Galegas
DíA Das Letras GalegasDíA Das Letras Galegas
DíA Das Letras Galegas
 

More from Agrela Elvixeo

O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 
60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx60 ANOS DE GRIAL.pptx
60 ANOS DE GRIAL.pptx
 

Recently uploaded

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (11)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 

Concurso 8 de marzo. mulleres galegas 2021

  • 2. Participa no concurso organizado polo EDLG e a biblioteca Nautilus do IES Monelos
  • 3. Cubre a papeleta identificando o nome das seguintes mulleres galegas...
  • 4. Mulleres das mundo da cultura, ciencia, educación…
  • 5. Haberá premios!!! Máis información na biblioteca!! e na páxina web do centro!!
  • 6. 1 1 Educación •Naceu na Coruña en 1880 e con 16 anos xa era mestra. O seu primeiro destino foi a escola infantil de nenas da Garda. •Introduciu por primeira vez en Galicia métodos renovadores que aínda hoxe se consideran avanzados, como o traballo por proxectos ou a pedagoxía de María Montessori. •Promoveu o fomento da lectura, introduciu a música e a ximnasia rítmica no estudo, puxo en marcha comedores escolares e colonias, defendeu a presenza da lingua galega na escola e o coñecemento da nosa literatura. •Foi unha firme defensora da educación en igualdade e da plena capacidade das mulleres para gozar de todos os dereitos sen distincións. •O prestixio que acadou polo seu traballo foi tal, que na segunda visita a Galicia, o poeta Federico García Lorca quixo coñecela. • En 1933 conseguiu por méritos propios o cargo de inspectora educativa en contra de gran parte dos seus colegas. •Ao remate da guerra, foi destituída de todos os cargos debido ás súas ideas republicanas e obrigada a xubilarse. •Dende entón refuxiouse na lectura e na tradución de obras literarias francesas.
  • 7. •Serantes (Ferrol) 1916-La Jolla (San Diego-EEUU) 2005. •Foi zoóloga, oceánografa que liderou o comezo a investigación oceanográfica global. •Destacou por describir 22 novas especies de zooplancto mariño, o seu coñecemento dos quetognatos e por crear novos indicadores das condicións mariñas. •Comezou a súa carreira de investigación no Instituto Español de Oceanografía en Madrid e Vigo. •A súa seguinte estadía foi no Laboratorio Mariño de Plymouth. •Alí convértese na primeira muller que participou como científica nunha expedición oceanográfica mundial. •Dende 1956 ata o remate da súa carreira continuou a súa invetigación nos EEUU no Instituto Oceanográfico Scripps e no centro de investigación de pesca da NOAA. •Foi a figura que escolleu a Real Academia Galega de Ciencias para conmemorar o día da Ciencia en Galicia no ano 2015. 2 Bioloxía
  • 8. •Oleiros (1927)-A Coruña (2014). •Matemática. •Investigadora nos EEUU e Canadá. •O seu pai tiña unha importante empresa de fundición na nosa cidade que tiña o seu apelido. •Estudiou bacharelato no Eusebio da Guarda e os universitarios en Santiago e Madrid. •Durante a época franquista, dada as dificultades que tiña unha muller en investigar e ser docente dentro das universidades españolas, tivo que emigrar aos EEUU. •A investigación centrouse na teoría dos grupos e na álxebra de Lie entre outros aspectos do campo matemático. •Foi profesora na Universidade de Buffalo e Indiana onde permaneceu ata 1983. •Ese ano retornou á Coruña colaborando con diversas institucións como por exemplo AGAPEMA. 3 Matemáticas
  • 9. •Naceu en Viveiro en 1877, mais a súa vida vai transcorrer en Ribadeo, onde seu pai era mestre de escola. •No ano 1895 é a primeira galega que cursa bacharelato. Con este título na man, en 1896 decide matricularse na Universidade de Santiago nun momento en que non había ningunha outra moza entre o alumnado. • Ata o ano 1910 a lei española non permite que as mulleres accedan ó ensino superior, polo que tivo que solicitar un permiso ao Ministerio de Instrución Pública para poder iniciar a carreira de Farmacia. •Nas clases padeceu discriminacións, como a obriga de sentar separada dos seus compañeiros. • Malia as dificultades, en 1901 remata os estudos de Farmacia e pasa a ser a primeira muller que obtén unha licenciatura en Galicia. • En Ribadeo rexenta unha farmacia; chamada La Moderna. 4 Farmacia
  • 10. •Naceu en Viveiro en 1902 e morreu en Madrid en 1995. •Foi unha das principais artistas da Xeración do 27 e unha importantísima creadora que se relacionou con grandes do seu tempo. •Trasladouse a Madrid e comezou a estudar na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, onde iniciou unha grande amizade con Salvador Dalí, pero acabará abandonando a academia pola rixidez do seu sistema. •.Ortega y Gasset cedeu as instalacións da súa Revista de Occidente para a primeira exposición da artista en Madrid. • Formou parte do grupo das “Sinsombrero”, mozas artistas e intelectuais que escandalizaron á conservadora sociedade por atreverse a saír á rúa sen esa prenda. • Cultivou un surrealismo especial. Pasou por dúas etapas: unha colorista e outra sombría. •Exiliouse e volveu 25 anos despois. 5 Arte
  • 11. •Naceu en Ourense 1914 e morreu en 2009. •.Astrónoma, matemática, profesora e investigadora. •Estudante destacada, aos 16 anos comezou a cursar Químicas na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela. Licenciouse en 1935 e conseguiu o Título de Mestra Nacional. •Exerceu como profesora axudante de Física e Matemáticas na Facultade de Ciencias da USC. Estudou Farmacia e realizou cursos de Ciencias Exactas. •A Guerra Civil provocou que fose inhabilitada para exercer cargos directivos e a docencia, debido á súa ideoloxía política. Despois da guerra puido exercer de novo como profesora e licenciouse en Farmacia. • Colaborou con Ramón María Aller en estudos de astronomía durante máis de 20 anos. Foi a primeira muller do Estado español en defender unha tese de astronomía. 6 Astronomía
  • 12. •Naceu na Cañiza en 1911 e morreu en Barcelona e 2008. •Sentiu dende moi nena a vocación pola arquitectura, quizais pola influencia do seu avó materno. •O seu pai non estaba convencido de que fixese esta carreira pois non era propia dunha muller. As súas avoas apoiárona e acadou o seu soño de ir á universidade. •Cursou Ciencias Químicas e Debuxo para poder acceder aos estudos de arquitectura. •En 1930 instalouse en Madrid e en dous cursos pasou os exames das materias de debuxo que necesitaba para matricularse en Arquitectura. •A Guerra Civil interrompeu a súa traxectoria académica. •En 1939 puido reanudar os seus estudos e licenciouse en 1940. •Está entre as tres primeiras mulleres españolas que chegaron a arquitectas. 7 Arquitectura
  • 13. 8 Literatura • Nada na Coruña en 1851. • Foi escritora en lingua castelá, intelectual, xornalista, crítica literaria, narradora. • Influída polo naturalismo, movemento literario que introduciría en España, escribiu máis de 500 obras en forma de novelas, contos, artigos e folletos. • O seu estilo literario é enérxico e nel afondou en problemas e situacións difíciles. • Entre as súas novelas destacan La Tribuna, Los Pazos de Ulloa, La madre naturaleza, La piedra angular. • Non se lle permitiu ser membro da Real Academia Española da lingua polo seu xénero. • Foi profesora de literatura na Universidade Central de Madrid. • A súa residencia na Coruña é a sede da Real Academia Galega. O Pazo de Meirás tamén pertenceu a súa familia. • Neste ano 2021 cúmprese o centenario da súa morte.
  • 14. 9 Empresa •A Coruña (1944-2013). •Empresaria. •Tivo que deixar a escola ós 11 anos para traballar nunha empresa téxtil La Maja de costureira onde coñeceu a Amancio Ortega co que casaría. •Fundaron GOA. Esta empresa coruñesa foi medrando ata converterse en Zara e finalmente Inditex. •En 1986 comezou os estudos de Maxisterio onde se licenciou. •Comezou unha carreira de investimentos en diversos sectores económicos: construción, biotecnoloxía (Pharma Mar do grupo Zeltia), audiovisiual (Continental producciones...). •Ademais foi creadora da Fundación Paideia, unha ONG que traballa pola incorporación das persoas discapacitadas no mercado laboral.
  • 15. 10 Arte dramática • Nada en 1922 na Coruña. • Filla dun importante político coruñés durante a II República. • Durante a Guerra Civil ten que exiliarse, xunto coa súa familia, a Francia. • Estudou no Conservatorio de Arte Dramático de París e no ano 1942 ingresou no Théatre des Matarins, no que fixo o seu debut coa obra irlandesa: "Deirdre des Douleurs". • Uns anos despois traballou na Comédie Française, onde intepretou os papeis de lady Macbeth e Fedra. • Traballou no Théatre National Populaire, e debutou no cine en 1944, coa película "Les enfant du Paradis" de Marcel Carné. • Foi considerada unha das grandes actrices do teatro e do cinema francés especialmente durante as décadas de 1940 e 1950. • Tivo unha profunda relación co pensador e intelectual francés Albert Camus. • Participou en xiras por todo o mundo, aparecendo en grandes clásicos do teatro francés. En 1957 realizou unha xira co TNP por Suramérica, durante a que foi homenaxeada polos exiliados galegos (Eduardo Blanco Amor, Rafael Dieste, Luis Seoane, Laxeiro...) e se produciu o reencontro coa súa lingua. • En 1958 interpretou as obras Le Cid, de Corneille, Marie Tudor, de Víctor Hugo e Le Triomphe de l'Amour (The Triumph of Love), de Marivaux en Broadway. • Á morte do ditador Francisco Franco en 1976, regresa a España para interpretar El adefesio, de Rafael Alberti. Publicou o seu libro de memorias Résidente privilegiée en 1980. • A asociación de actores e actrices de Galicia convoca un premio que leva o seu nome dende 1997 no noso país.
  • 16. 11 Educación •Naceu en Redondela en 1890 e faleceu en Pontevedra en 1956. •Foi mestra e pedagoga. •Foi unha das primeiras mulleres en recibir o título de estudos superiores de maxisterio en Madrid (1910-1913), onde recibiu a influencia da Institución Libre de Enseñanza fudamentalmente de Luis Zulueta. •Foi nomeada profesora da Escola Normal de Pontevedra. •Durante a II República dirixiu a Escola de Maxisterio desta provincia e iniciou a reforma educativa presidindo o Consello Provincial de Primeiro Ensino. •No tempo que ocupou este cargo leváronse a cabo diversas campañas para o fomento da asistencia dos nenos e nenas á escola, impulsouse a creación de centros escolares, ampliouse a educación de adultos, colaborouse coas xuntas municipais na utilización dos campos agrícolas experimentais e dos talleres artesanais e industriais, e fomentouse o estudo e investigación das características xeográficas e culturais de Galicia. •Colaborou tamén activamente co Seminario de Estudos Galegos e noutras iniciativas como a Escola Rural Galega. •En 1933 asinou o manifesto dos intelectuais galegos a prol do Estatuto Autonomía. •Durante a Guerra Civil e o franquismo vai ser represaliada e suspendida de todos os seus cargos. •Permanecerá como profesora de maxisterio en Ourense ata 1951 para recuperar a súa praza en Pontevedra a partir deste ano ata o seu falecemento.
  • 17. 12 Dereito •Ferrol (1820)-Vigo (1893). •Diplomada en dereito, xornalista, feminista e poeta. •É considerada unha das pensadoras máis lúcidas e prestixiosas do século XIX dentro e fóra de España. •Foi a primeira muller en asistir a unha Universidade española. •Asiste á Universidade "travestida" de home, ás aulas da carreira de Dereito Penal e Xurídico, xa que nese momento non se permitía legalmente o acceso das mulleres aos estudos superiores en España. Cortou o cabelo, vestiu levita, capa e sombreiro de copa. Cando se descubriu a súa identidade, interveu o reitor. Tras un exame satisfactorio foi autorizada a asistir ás clases, cousa que fará dende 1842 a 1845. •Foi nomeada "visitadora de prisións de mulleres" en 1864 onde impulsou reformas do sistema penitenciario orientadas cara a rehabilitación e non o castigo das penadas. •De pensamento liberal e krausista entablou amizade coa tamén liberal coruñesa Juana de Vega. •Con esta figura naceu o feminismo en España, pois dende nova loitou por romper os cánones establecidos para a muller, rebelándose contra a tradicional marxinación do sexo feminino, e reivindicando a igualdade en todas as esferas sociais.
  • 18. 13 Xornalismo • A Coruña (1861)- Poznan (Polonia) (1958) • Destacamos o seu labor como xornalista (destacando como corresponsal de guerra) pero tamén foi actriz de teatro, poeta, tradutora e novelista. • Durante a súa mocidade adicouse á interpretación, chegando a formar parte do Teatro Español e do Teatro da Zarzuela como actriz profesional. Nestes anos frecuentou os círculos literarios de Madrid, onde se iniciou na poesía. Logo do seu casamento co diplomático e intelectual polaco Wincenty Lutoslawski viviu em Moscova, Londres e Polonia, ademais das tempadas que pasaba en Madrid ou na súa casa de Mera (Oleiros). • Foi nomeada candidata ao Premio Nobel de Literatura en 1926. • Porén, foi máis coñecida polas súas crónicas e escritos xornalísticos. • Foi a primeira española correspondente permanente dun diario no estranxeiro e a segunda española correspondente de guerra. Viviu de primeira man as dúas guerras mundiais e a caída do tzarismo. • Entre 1885 e 1938 realizou máis de trinta viaxes por Europa. Traballou como correspondente do diario ABC e os seus escritos apareceron en publicacións como El Ideal Gallego, Revista Gallega, Galicia Moderna, El Eco de Galicia e Ilustración Gallega. • Destacan nesta faceta xornalística a súa entrevista a Lev Trotski e a crónica da morte de Rasputín. • Foi membro correspondente dende os inicios da Real Academia Galega e en 1952 foi nomeada membro de honra dela. • Os esforzos na recuperación desta figura nas últimas décadas non están exentos de polémica, debido ás conviccións conservadoras da personalidade.
  • 19. 14 Literatura e música •A Coruña (1957-2004). •Escritora, filóloga e violinista. •Exerceu como profesora de lingua e literatura galegas no ensino medio. •Titulada superior en violín, formou parte da Orquestra de Santiago de Compostela (dende 1985) e, máis tarde, da Xove Orquestra de Galicia, así como de diversos grupos de cámara galegos. • Escribiu poesía publicadas en poemarios como Música reservada (1991), Rota ao interior do ollo (1995), Modulación de Orfeu (2002), En concreto (2004); novela como As chaves do tempo (2001), ensaio como O don Hamlet de Cunqueiro unha ecuación teatral (1992) e teatro como As certezas de Ofelia (1999) e Os doces anos da guerra (2001) entre outras.
  • 20. 15 Medicina •Baltar (1898)-Vigo (1987). •Primeira galega titulada en medicina na Universidade de Santiago de Compostela en 1925. •En 1930 doutorase en Madrid co a tese La colesterinemia en la sangre en relación con la anestesia quirúrgica. •Foi especialista en xinecoloxía. •En 1928 trasladouse a Vigo onde puxo en marcha un consultorio de medicina xeral e xinecoloxía onde exerceu a súa profesión ata a súa xubilación. •Membro da Alianza Francesa de Vigo. •Foi unha das fundadoras da Academica Médico-Quirúrgica (1930) de Vigo, institución onde chegou ser vicepresidenta. •Muller de inquietudes culturais, vinculada a Galicia, tivo relación con varios recoñecidos intelectuais e galeguistas como Valentín Paz-Andrade, Álvaro das Casas ou Ramón Fernández Mato. •Aceptou encabezar en xuño de 1931 un chamamento de apoio aos candidatos galeguistas da provincia de Pontevedra e outro en xuño de 1936 en prol do SI no Plebiscito do Estatuto Galego, ambos os dous documentos estaban asinados só por mulleres. •En febreiro de 1937 foi detida e pasou catro días no cuartel da garda civil acusada de pertencer ao Partido Galeguista e de ter trato con xente de esquerdas. Os bos informes sobre o seu comportamento e un "donativo" conseguiron que saíse en liberdade. •Os anos seguintes foron de gran dureza: acusada de "roja", moitas persoas deixaron de ir á súa consulta. •Na década de 1940 conseguiu un posto na Seguridade Social e xubilouse na década de 1960.
  • 21. 16 Enfermería Monumento no Polígono de Zalaeta (A Coruña) onde se localizaba o antigo hospital da Caridade •Nada na Agrela (Parada, Ordes) o 26 de febreiro de 1773 e finada no Vicerreinado de Nova España (actual México) descoñecendo a data da súa morte. •Foi unha enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. •Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña, que foron dende A Coruña a México (1803-1806) e dos 26 que foron dende Acapulco a Filipinas (1809) durante os 10 anos que durou a expedición para levar a vacina da varíola aos territorios españois de ultramar. •É considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional. •A escritora María Solar ten publicado en galego unha novela en galego sobre esta figura e a expedición de Balmis. •Neste ano da pandemia covid-19 en Madrid inaugurouse un polémico hospital que leva o nome desta figura.
  • 22. 17 Tradución •A Coruña (1916)-Monçâo (1998). •Xornalista, tradutora e escritora. •Destacou dende nova polos seus dotes musicais e intelectuais. Estudou Comercio na Coruña. •Na Segunda República traballou no concello da Coruña e foi secretaria de Casares Quiroga. •Co triunfo da Fronte Popular marchou a Madrid a traballar para os Servizos Secretos do Ministerio da Gobernación que dirixía Casares Quiroga. •Durante a Guerra Civil trasladouse a Valencia e ao remate desta exiliouse cara Buenos Aires. •Viviu na Arxentina ata 1955, onde publicou artigos e ensaios sobre o teatro e sobre Galicia e fixo traducións ao castelán. Tamén estreou as comedias. •Posteriormente trasladouse a traballar a Nova York como tradutora da ONU. Despois marchou a París, onde traballou como tradutora do Correo da UNESCO. En 1961 foi directora do equipo de tradución da OIT en Xenebra e tamén foi tradutora no Comité de Desarme, na Organización de Enerxía Atómica e durante a conferencia sobre seguridade europea.
  • 23. 18 Literatura e tradución •Nada en Sarria (1962) e finada en Vigo no 2003. •Foi unha poeta, tradutora en varias linguas, editora, e profesora de lingua e literatura galega, ligada a Edicións Xerais de Galicia, coñecida polas súas obras Tigres coma cabalos e Darío a diario. •Como tradutora traballou con textos de, entre outros, Carlos Oroza, Camilo Castelo Branco, Gianni Rodari, Jorge Amado, Wenceslao Fernández Flórez, Roald Dahl, Juan Farias, James Joyce, Cervantes, James Fenimore Cooper, Vicenç Beltran, Jan Terlouw, Bram Stoker, Angel Carter, Charles Baudelaire e Jeans Rhys. •A súa Poesía reunida publicouse en 2018. • En 2019 a plataforma de crítica literaria A Sega dedicoulle o Día das Galegas nas Letras. •Tras ser proposta en varias ocasións anteriores, en 2020 a Real Academia Galega anunciou que será a autora homenaxeada nas Letras Galegas de 2021.