Successfully reported this slideshow.
Your SlideShare is downloading. ×

Mulleres na ciencia e na educación

Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Ad
Loading in …3
×

Check these out next

1 of 26 Ad

More Related Content

Slideshows for you (20)

Similar to Mulleres na ciencia e na educación (20)

Advertisement

More from Agrela Elvixeo (20)

Recently uploaded (20)

Advertisement

Mulleres na ciencia e na educación

  1. 1. 8 de marzo
  2. 2. Participa no concurso organizado pola biblioteca Nautilus do IES Monelos
  3. 3. Cubre a papeleta identificando o nome das seguintes mulleres...
  4. 4. Mulleres das mundo da cultura, ciencia, educación…
  5. 5. Haberá premios!!! Máis información na biblioteca!! e na páxina web do centro!!
  6. 6. •1909-2012. •Italiana. Médica neuróloga. •De orixe xudía, tivo que deixar o laboratorio no que traballaba, por mandato de Benito Mussolini xa que se prohibía aos xudeus acceder a unha carreira académica e profesional. •Durante a 2ª Guerra Mundial montou na súa habitación un pequeno laboratorio e seguiu investigando. •En EEUU traballou no laboratorio da Universidade de Washington, en San Luís. •Alí permaneceu trinta anos e descubriu, xunto con Stanley Cohen, que as células só comezan a reproducirse cando reciben a orde de facelo. Esta orde é transmitida por unhas substancias chamadas factores de crecemento. •Por este traballo foille concedido o premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1986. •Foi unha muller comprometida con todos os que estaban nunha situación de inferioridade. •Autora de moitos libros de ciencia e autobiográficos onde destaca: Las pioneras: las mujeres que cambiaron la sociedade y la ciencia desde la antigüedad hasta nuestros días. •Morreu con 103 anos. 1 Medicina
  7. 7. 1 2 Educación •Naceu na Coruña en 1880 e con 16 anos xa era mestra. O seu primeiro destino foi a escola infantil de nenas da Garda. •Introduciu por primeira vez en Galicia métodos renovadores que aínda hoxe se consideran avanzados, como o traballo por proxectos ou a pedagoxía de María Montessori. •Promoveu o fomento da lectura, introduciu a música e a ximnasia rítmica no estudo, puxo en marcha comedores escolares e colonias, defendeu a presenza da lingua galega na escola e o coñecemento da nosa literatura. •Foi unha firme defensora da educación en igualdade e da plena capacidade das mulleres para gozar de todos os dereitos sen distincións. •O prestixio que acadou polo seu traballo foi tal, que na segunda visita a Galicia, o poeta Federico García Lorca quixo conocela. • En 1933 conseguiu por méritos propios o cargo de inspectora educativa en contra de gran parte dos seus colegas. •Ao remate da guerra, foi destituida de todos os cargos debido ás súas ideas republicanas e obrigada a xubilarse. •Dende entón refuxiouse na lectura e na tradución de obras lliterarias francesas.
  8. 8. •Viviu entre 1906-1972. •De orixe alemá. •Estudiou física na universidade de Gotinga onde tivo como profesores a futuros premios Nobel, entre eles Max Born, James Franck e Adolf O. Reinhold Windaus. •Especializouse en física nuclear. •Ante o auxe do nazismo en Alemaña mudouse aos EEUU onde seguiu traballando como investigadora. •Non logrou un traballo estable e remunerado ata os 53 anos. Todos anos anteriores estivo traballando como “voluntaria”. •Non por iso deixou de investigar física teórica. •No Laboratorio Nacional de Argonne, en 1946, empezou a traballar na División de Física Teórica e foi neste tempo cando desenvolveu o cálculo matemático que demostraba o modelo nuclear de capas polo que lle concederon o premio Nobel de física en 1963. •Ata a data só dúas mulleres gañaron o Premio Nobel de física. 3 Física
  9. 9. •Serantes (Ferrol) 1916-La Jolla (San Diego-EEUU) 2005. •Foi zoóloga, oceánografa que liderou o comezo a investigación oceanográfica global. •Destacou por describir 22 novas especies de zooplancto mariño, o seu coñecemento dos quetognatos e por crear novos indicadores das condicións mariñas. •Comezou a súa carreira de investigación no Instituto Español de Oceanografía en Madrid e Vigo. •A súa seguinte estadía foi no Laboratorio Mariño de Plymouth. •Alí convértese na primeira muller que participou como científica nunha expedición oceanográfica mundial. •Dende 1956 ata o remate da súa carreira continuou a súa invetigación nos EEUU no Instituto Oceanográfico Scripps e no centro de investigación de pesca da NOAA. •Foi a figura que escolleu a Real Academia Galega de Ciencias para conmemorar o día da Ciencia en Galicia no ano 2015. 4 Bioloxía
  10. 10. •Oleiros (1927)-A Coruña (2014). •Matemática. •Investigadora nos EEUU e Canadá. •O seu pai tiña unha importante empresa de fundición na nosa cidade que tiña o seu apelido. •Estudiou bacharelato no Eusebio da Guarda e os universitarios en Santiago e Madrid. •Durante a época franquista, dada as dificultades que tiña unha muller en investigar e ser docente dentro das universidades españolas, tivo que emigrar aos EEUU. •A investigación centrouse na teoría dos grupos e na álxebra de Lie entre outros aspectos do campo matemático. •Foi profesora na Universidade de Buffalo e Indiana onde permaneceu ata 1983. •Ese ano retornou á Coruña colaborando con diversas institucións como por exemplo AGAPEMA. 5 Matemáticas
  11. 11. Retrato da personaxe no cadro Escola de Atenas de Rafael •Viviu entre o 370-415. •Foi matemática, astrónoma e filósofa. •Foi filla e alumna de Teón gran matemático do Museo de Alexandría onde estaba a famosa biblioteca. •Primeira muller matemática que se ten coñecemento razonablemente seguro e detallado. •Traballou en xeometría, álxebra e astronomía. •Mellorou o deseño dos primitivos astrolabios, hidrómetros e hidroscopios. •Muller independente e agnóstica foi asasinada dentro da inestibilidade política e relixiosa do seu tempo. •Na película Ágora, de Alexandre Amenábar móstrase parte da súa vida. •En outubro de 2013 atopouse un cometa que colisionou coa terra hai 28 millóns de anos no deserto do Sahara e leva o nome da muller que buscamos. 6 Matemáticas
  12. 12. •Naceu en Viveiro en 1877, mais a súa vida vai transcorrer en Ribadeo, onde seu pai era mestre de escola. •No ano 1895 é a primeira galega que cursa bacharelato. Con este título na man, en 1896 decide matricularse na Universidade de Santiago nun momento en que non había ningunha outra moza entre o alumnado. • Ata o ano 1910 a lei española non permite que as mulleres accedan ó ensino superior, polo que tivo que solicitar un permiso ao Ministerio de Instrución Pública para poder iniciar a carreira de Farmacia. •Nas clases padeceu discriminacións, como a obriga de sentar separada dos seus compañeiros. • Malia as dificultades, en 1901 remata os estudos de Farmacia e pasa a ser a primeira muller que obtén unha licenciatura en Galicia. • En Ribadeo rexenta unha farmacia; chamada La Moderna. 7 Farmacia
  13. 13. •Naceu en Viveiro en 1902 e Morreu en Madrid en 1995. •Foi unha das principais artistas da Xeración do 27 e unha importantísima creadora que se relacionou con grandes do seu tempo. •Trasladouse a Madrid e comezou a estudar na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, onde iniciou unha grande amizade con Salvador Dalí, pero acabará abandonando a academia pola rixidez do seu sistema •. •Ortega cedeu as instalacións da súa Revista de Occidente para a primeira exposición da artista en Madrid.i • Formou parte do grupo das “Sinsombrero”, mozas artistas e intelectuais que escandalizaron á conservadora sociedade por atreverse a saír á rúa sen esa prenda. • Cultivou un surrealismo especial. Pasou por dúas etapas: unha colorista e outra sombría. •Exiliouse e volveu 25 anos despois. 8 Arte
  14. 14. •Naceu en Ourense 1914 e morreu en 2009. •.Astrónoma, matemática, profesora e investigadora. •Estudante destacada, aos 16 anos comezou a cursar Químicas na Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela. Licenciouse en 1935 e conseguiu o Título de Mestra Nacional. •Exerceu como profesora axudante de Física e Matemáticas na Facultade de Ciencias da USC. Estudou Farmacia e realizou cursos de Ciencias Exactas. •A Guerra Civil provocou que fose inhabilitada para exercer cargos directivos e a docencia, debido á súa ideoloxía política. Despois da guerra puido exercer de novo como profesora e licenciouse en Farmacia. I • Colaborou con Ramón María Aller en estudos de astronomía durante máis de 20 anos. Foi a primeira muller do Estado español en defender unha tese de astronomía. 9 Astronomía
  15. 15. Retrato da personaxe no cadro Escola de Atenas de Rafael •Naceu en Villamanín, León en 1895 e morreu en Ferrol en 1975. Dende sempre tivo vocación pedagóxica e innovadora no eido do maxisterio.Quería facer máis fácil o estudo aos seus alumnos. . •Inventou o primeiro prototipo de libro dixital que era un procedemento mecánico, eléctrico e a presión de aire para lectura de libros. Consistía nun libro composto por cintas de texto e ilustracións que ían pasando con carretes, baixo unha lámina transparente con cristal de aumento e luz para ler na escuridade. •Foi nomeada en 1934 xerente da Escola Nacional de Nenas do Hospicio de Ferrol, que se encargaba de integrar socialmente aos nenos orfos para exercer oficios útiles na cidade •Daba clase fóra do seu horario de traballo aos seus conveciños analfabetos •En 1947 recibiu a Cruz de Alfonso X O Sabio polo seu labor pedagóxico. 5 10 Educación-Libro electrónico
  16. 16. •Naceu na Cañiza en 1911 e morreu en Barcelona e 2008. •Sentiu dende moi nena a vocación pola arquitectura, quizais pola infjluencia do seu avó materno. •O seu pai non estaba convencido de que fixese esta carreira pois non era propia dunha muller. As súas avoas apoiárona e acadou o seu soño de ir á universidade. •Cursou Ciencias Químicas e Debuxo para poder acceder aos estudos de arquitectura. •En 1930 instalouse en Madrid e en dous cursos pasou os exames das materias de debuxo que necesitaba para matricularse en Arquitectura. •A Guerra Civil interrompeu a súa traxectoria académica. •En 1939 puido reanudar os seus estudos e licenciouse en 1940. •Está entre as tres primeiras mulleres españolas que chegaron a arquitectas. 11 Arquitectura
  17. 17. • Naceu en Londres en 1815 e morreu en 1852. •Foi unha matemática e escritora británica, célebre polo seu traballo sobre a calculadora de uso xeral de Charles Babbage: a máquina analítica. •Entre as súas notas sobre a máquina, atópase o que se recoñece hoxe como o primeiro algoritmo destinado a ser procesado por unha máquina, polo que é considerada como a primeira programadora de ordenadores. •Preveu a capacidade dos ordenadores para ir máis alá dos cálculos de números. •A súa posición social permitiulle coñecer a científicos importantes. •A súa nai foi matemática e activista política e social. O seu pai foi poeta e morreu na Guerra de Independencia de Grecia.Matemáticas 12
  18. 18. •Naceu o 26 de novembro de 1832 e morreu o 21 de febreiro de 1919. •Foi feminista, abolicionista, prisioneira de guerra e cirurxiá americana. •Ata hoxe, é única muller á que se lle concede a medalla de honra. •Antes da Guerra Civil Americana licenciouse en medicina e abriu unha consulta médica. Como a consulta non funcionou, presentouse voluntaria no exército da Unión na Guerra de Secesión, servindo como cirurxiá. •Foi feita prisioneira polas forzas confederadas e detida como espía. Foi liberada nun intercambio de presos. •Escribiu e deu conferencias en apoio do Sufraxio feminino. 13 Medicina
  19. 19. •Naceu o 30 de agosto de 1935. •Bióloga mariña,e exploradora estadounidense. •É a autora de numerosos documentais para National Geographic dende 1998. •Foi a primeira científica xefe da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica e foi nomeada pola revista Time como Heroe do planeta en 1998. • Estudou a situación dos océanos e colaborou no estudo dos danos causados por vertidos de petróleo durante a Primeira Guerra do Golfo. • Avanzou en temas de enxeñería mariña. •Investigou os arrecifes de coral e a saúde dos océanos. 14 Bioloxía
  20. 20. •Naceu o 7 de xullo de 1861 e morreu o 4 de maio de 1912. •Naceu en Cavendish pero, ao morrer a súa nai, o pai volveu casar e trasladáronse a Westford. •Completou en dous anos un curso de catro. Graduouse como primeira da clase. Despois viuse obrigada a traballar para gañarse a vida como mestra de escola e bibliotecaria. •Aforrou diñeiro para poder adicarse á investigación e ingresar na Universidade .Doutorouse en Filadelfia onde se atopaban dous dos grandes biólogos da época. •Trasladouse a Europa e entrou nun laboratorio que investigaba o papel dos cromosomas na herdanza. •Descubriu que a diferenza de sexo está determinada por dúas clases de espermatozoides: os que posúen o cromosoma X e os que posúen o cromosoma Y. O primeiro produce a femia e o segundo, o macho. 15 Bioloxía
  21. 21. •Naceu o 12 de xuño de 1922 e morreu o 29 de xuño de 2013. •Graduose en Física en 1945 cunha tese de Astrofísica. •Sendo moza foi campiona de salto de altura e lonxitude. •Foi profesora titular de astronomía na Universidade de Triestre ata que se xubilou. •Foi a primeira muller italiana en dirixir o Observatorio Astronómico de Triestre, dende 1964 ata 1987. Con ela acadou recoñecemento internacional. •Membro de importantes sociedades de Física e Astronomía. Traballou para moitos observatorios estadounidenses, europeos e estatais como membro do grupo de traballo da Axencia Espacial Europea e da NASA. •Recibiu o Premio Internacional Cortina Ulisse polas súas investigacións. 16 Física-Astronomía
  22. 22. •Naceu o 17 de agosto de 1936. •Foi directora da División de Enxeñería de Software do Laboratorio de Instrumentación do MIT. •Co seu equipo desenvolveu o software de navegación para o Programa Especial Apolo. •Fundou en 1986 Hamilton Technologies e a compañía se desenvolveu ao redor da linguaxe universal de sistemas. •Acuñou o término “enxeñería de software” para diferenciar o traballo de hardware doutras enxeñerías. •A súa idea non tivo ao principio boa acollida pero logo acadou o mesmo respecto que outras disciplinas. •En 2016 recibiu a Medalla Presidencial da Liberdade entregada por Barack Obama, polo seu traballo na NASA durante as misións Apolo.. 17 Informática
  23. 23. •Naceu o 17 de outubro de 1956. •Dende pequena tivo moi claro que quería ser científica e moi pronto interesouse polo espazo. •Estudou na Universidade de Stanford e graduouse en Enxeñería Química. •Doutorouse en Medicina pola Universidade de Cornell . •Dende 1983 ata 1985 uniuse ó Corpo de Paz como médica castrense en África Occidental. •En 1987 foi a primeira muller afroamericana en ser admitida no programa de formación de astronautas da NASA e en 1992 a primeira afroamericana en viaxar ó espazo. Alí realizou experimentos sobre a ausencia de gravidade. A expedición completou 44 experimentos. •Despois de servir á NASA desenvolveu un sistema de satélites para mellorar o coidado médico dos países en desenvolvemento. 18 Astronauta
  24. 24. •Astrónoma que traballou en proxectos relacionados coa busca de vida extraterrestre. •Dende nena tivo moi claro que quería ser enxeñeira. •Licenciouse en Enxeñería Física en 1965. A súa tese doutoral en Astronomía baseouse no estudo de obxectos subestelares. •Foi científica do proxecto para a Observación de microondas de alta resolución da NASA, en 1992 e 1993, e posteriormente directora do Proxecto Phoenix, que permaneceu activo entre 1995 e 2014 e nese tempo escrutou preto de oitocentos sistemas estelares semellantes ao sistema solar. •Publicou moitos documentos técnicos e conferencias na busca de intelixencia extraterrestre e na necesidade dunha educación científica axeitada. 19 Astronomía
  25. 25. •Naceu o 3 de abril de 1934 en Londres, nunha familia de clase media. . •Viviu a súa infancia e xuventude no sur de Inglaterra, rodeada de animais e soñando con escribir sobre os animais de África. •Aos 23 anos viaxou a Kenia, onde traballou co famoso antropólogo Louis Leakey. • Este enviouna a Gombe, Tanzania, coa misión de investigar por primeira vez aos chimpancés salvaxes da zona. • Na Universidade de Cambridge obtivo o doutourado en etoloxía. •Permitiuselle estudar un doutorado sen contar cunha licenciatura previa. •A súa tese levaba por título: Comportamento do chimpancé en liberdade. O seu proxecto de investigación aínda segue tras 58 anos. 20 Bioloxía
  26. 26. •É considerada a nai da programación informática e creou a linguaxe COBOL, a primeira linguaxe complexa de ordenador. •Obtivo o doutorado en matemáticas en Yale en 1934 e foi militar da Armada estadounidense. Acadou o grao de contraalmirante. •Na Segunda Guerra Mundial abandonou o seu traballo de profesora e ingresou na mariña. •A Armada enviouna á Universidade de Harvard onde traballou como programadora do primeiro ordenador de gran capacidade, o Mark. •Despois da guerra realizou o primeiro compilador para procesamento de datos. • Abriu camiño para facer máis fácil a codificación. 21 Matemáticas-Informática

×