Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Amante tocada pola antropofaxia

5,583 views

Published on

Poemario gañador no XXII Certame Rosalía de Castro, 2008- Cornellá (Barcelona)

Published in: Art & Photos
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Amante tocada pola antropofaxia

  1. 1. Amante tocada pola antropofaxia
  2. 2. ÍNDICEAsubío para dentro.........................................................................4A lascivia........................................................................................5Tesme horizontal............................................................................6Quérote íntimo................................................................................7Coido que son unha lesma.............................................................8A miña boca....................................................................................9É unha tenra sensación.................................................................10Son unha gata en celo...................................................................11As túas mans gabean....................................................................12Existe unha ecuación de posibilidades .........................................13Tes a capacidade de imbuírme................................................. ...14
  3. 3. Asubío para dentro e marco unha tesenos pregues dun abdomeHai informes deliberadosque atravesan as canlesdos embigos que se bican sen présaAsubío para dentro e acadoa linguaxe íntegra que nos representa 4
  4. 4. A lascivia corre unha maratóne fertilízame nas horas en queacolle este meu territorio posúemexemo como unha cadela quentee asumo a certeza deste amor por secuencias 5
  5. 5. Tesme horizontal, espida, espasmódicaMollada entre as sabastesme en contacto co teu sexo en posición de amarA túa lingua succióname enteira lingua retráctilSinto que as cóxegas acurtan as distanciasEstoupa de pracer o clítoris téñote en min mergullado Non hai palabras 6
  6. 6. Quérote íntimo acomodado na lentura do meu pube 7
  7. 7. Coido que son unha lesmaimprégname no teu cuspeLámbeme coma unha puchae átame a carón do teu monte que teño fame 8
  8. 8. A miña boca afaise á humidadeda achegada lingua e compartimos fluídoscoma peixes vermellos, ledosno interior do noso acuarioAs noites afanse aos meus dedosEles teñen o privilexio de acadar un si bemolna superficie quente do teu peito 9
  9. 9. É unha tenra sensaciónpousar os meus labios nos teusenchouparme no interiorquedar pendurada da túa boca amorese é un doce xogo de equilibrios ao que estou afeitaseino, dende que fiquei sen bragas diante túae aterrei convulsa no teu ventredende aquela, seinoestou convencida da analoxíaque teño coas limachas 10
  10. 10. Son unha gata en celo, posúoteIranse perpetuando, con vehemenciaas miñas pegadas na túa pelArrólome, miañando involucradanunha melodía que precede á cópulaComo preámbulo bailo sen saia e agardoa mutua penetración ao lírico universo dos abrazosSon comedora de carneamante tocada pola antropofaxia aproxímateque morro por meterche o dente 11
  11. 11. As túas mans gabean pola miña nudeze eu atopo un milleiro de razóns para estar aquíRompo as unllasna obsesiva tarefa de descubrirte a rabuñadurasOcúpome de ti, ben o sabesTeño a psicopatía do tactoDéitate ao meu carón e fagámolo amorDebúxame as liñas, o poemaque atravesa a corrente do meu sangueporque o meu pube é a base cóncavacon acceso directo aos teus abrazos Entra en min, mainamentecomo a choiva miúda de antonte 12
  12. 12. Existe unha ecuación de posibilidades no teu pube estou seguraaproxímome de poutelase déitome enriba de ti quente fervemossinto que podo atrapartemergullarme na cafeína do teu sexo na gabetaonde afondan os instintos animais que nos arrodeanSon as 10 e un cuartoe os resultados abránguense maxicamentecoma paporroibos que te sobrevoan... 13
  13. 13. Tes a capacidade de imbuírmeSemello un apéndiceapegado ao teu corpoQuero permanecer así...polo tanto, permito que me devoresdéixome, non poño obxección engúlemepecha a fiestra para que non poida saír de tie tríscame os dentes nos beizosque son o teu molete de pantrigo 14
  14. 14. Este poemario acadou o primeiro premio de poesía no XXII Certame de Poesía “Rosalía de Castro” 2008 Cornellá ( Barcelona)

×