SlideShare a Scribd company logo
1 of 6
«O lánguido ocaso dunha dalia » poemario de Cruz Martínez (1º premio no II Certame de Poesía 
en lingua Galega Manuel María, 24 de maio de 2014. Convocado pola Casa de Galicia en Guipúscoa. 
O lánguido ocaso dunha dalia 
Cruz Martínez
«O lánguido ocaso dunha dalia » poemario de Cruz Martínez (1º premio no II Certame de Poesía 
en lingua Galega Manuel María, 24 de maio de 2014. Convocado pola Casa de Galicia en Guipúscoa. 
De novo esperto co mesmo diálogo 
co melodrama que tanto me aterra 
Sinto os fríos beixos na miña fronte 
e experimento 
o lánguido ocaso dunha dalia 
*** 
A disfasia acomódase na miña gorxa 
feble 
e inconscientemente 
trazo as primeiras liñas do mapa 
que me representa 
Teño danada a xeografía 
Implícitas secuelas, tatúanseme na pel 
coa persistencia dunha praga invasora 
2
«O lánguido ocaso dunha dalia » poemario de Cruz Martínez (1º premio no II Certame de Poesía 
en lingua Galega Manuel María, 24 de maio de 2014. Convocado pola Casa de Galicia en Guipúscoa. 
que chegou no convoi das 19:30 
e teima con quedarse 
*** 
Ao meu carón 
escoito a máis alta elite da palabra [que crea cátedra] 
e eu, no [interface] 
observo a húmida corola do estraloque 
Fico impávida coma unha estatua 
na aneboada tarde de choiva 
baixo o meu paraugas riscado en gris 
*** 
Os meus pés mollados sotérranse na lagumeira 
que me nace coma unha raíz 
Embaixo, ben pouca cousa hai 
Uns cantos soños 
subsisten envolvidos en formol 
3
«O lánguido ocaso dunha dalia » poemario de Cruz Martínez (1º premio no II Certame de Poesía 
en lingua Galega Manuel María, 24 de maio de 2014. Convocado pola Casa de Galicia en Guipúscoa. 
Exiliados poemas de rinchos anguriados 
morden con carraxe o xeado pecho 
que os encerra 
Xa hai tempo que non abro a boca para cantar 
agora, só choro cara dentro 
*** 
Hoxe todas as tempestades 
semellan estricar parágrafos inintelixíbeis 
enriba das ruínas que se manteñen en pé 
coa desgana dun que está morto 
*** 
Ás veces, tamén é verdade 
que me perdo entre as memorias 
Adoito mirar cara o bosque 
e transfórmome nunha amoria 
con sinais de peteiradas nas coxas 
4
«O lánguido ocaso dunha dalia » poemario de Cruz Martínez (1º premio no II Certame de Poesía 
en lingua Galega Manuel María, 24 de maio de 2014. Convocado pola Casa de Galicia en Guipúscoa. 
Cerro os ollos e ouzo, coma nun soño 
o son dun peto entre os carballos 
*** 
Unha tarde, na que o sol decidiu non aparecer 
Un cadelo melancólico 
non para de ouvear no cuarto andar 
Por mais que tapo os ouvidos coas mans 
as tempas estoupan, roulan polo chan 
derrubadas partículas das feridas, de meu 
*** 
A luz sorprendeume acendendo soa 
coido que 
un postergate vive na miña cociña 
Configúrase aos poucos 
e eu, acólloo 
métoo nun bote de cristal e pídolle cousas 
5
«O lánguido ocaso dunha dalia » poemario de Cruz Martínez (1º premio no II Certame de Poesía 
en lingua Galega Manuel María, 24 de maio de 2014. Convocado pola Casa de Galicia en Guipúscoa. 
coma se fose o xenio da lámpada 
Fóra, segue chovendo 
rabuñan as notas dun réquiem 
nos vidros da xanela 
e os ollos decaen, afogados no vaso de auga 
agrelando metrallas 
no ebrio amencer dunha carauta 
6

More Related Content

What's hot

What's hot (9)

Díaz Castro
Díaz CastroDíaz Castro
Díaz Castro
 
Paz-Andrade fala da súa obra
Paz-Andrade fala da súa obraPaz-Andrade fala da súa obra
Paz-Andrade fala da súa obra
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castro
 
Diaz Castro
Diaz CastroDiaz Castro
Diaz Castro
 
"A Estadea"
"A Estadea""A Estadea"
"A Estadea"
 
Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
 
Maquiavelo-t1
Maquiavelo-t1Maquiavelo-t1
Maquiavelo-t1
 
Unha noite na eira do trigo
Unha noite na eira do trigoUnha noite na eira do trigo
Unha noite na eira do trigo
 
Recitado carmela loureiro gris
Recitado carmela loureiro   grisRecitado carmela loureiro   gris
Recitado carmela loureiro gris
 

More from Cruz Martinez

A coleccionista de cicatrices
A coleccionista de cicatricesA coleccionista de cicatrices
A coleccionista de cicatricesCruz Martinez
 
Aínda son unha amante inconsútil
Aínda son unha amante inconsútilAínda son unha amante inconsútil
Aínda son unha amante inconsútilCruz Martinez
 
Atraidos por un choque de feromonas
Atraidos por un choque de feromonasAtraidos por un choque de feromonas
Atraidos por un choque de feromonasCruz Martinez
 
Se cadra, son pequena de máis
Se cadra, son pequena de máisSe cadra, son pequena de máis
Se cadra, son pequena de máisCruz Martinez
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Cruz Martinez
 
Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante
Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante
Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante Cruz Martinez
 
Às vezes temo a metamorfose
Às vezes temo a metamorfose  Às vezes temo a metamorfose
Às vezes temo a metamorfose Cruz Martinez
 
Amante tocada pola antropofaxia
Amante tocada pola antropofaxiaAmante tocada pola antropofaxia
Amante tocada pola antropofaxiaCruz Martinez
 

More from Cruz Martinez (9)

A trabe de ouro 99
A trabe de ouro 99A trabe de ouro 99
A trabe de ouro 99
 
A coleccionista de cicatrices
A coleccionista de cicatricesA coleccionista de cicatrices
A coleccionista de cicatrices
 
Aínda son unha amante inconsútil
Aínda son unha amante inconsútilAínda son unha amante inconsútil
Aínda son unha amante inconsútil
 
Atraidos por un choque de feromonas
Atraidos por un choque de feromonasAtraidos por un choque de feromonas
Atraidos por un choque de feromonas
 
Se cadra, son pequena de máis
Se cadra, son pequena de máisSe cadra, son pequena de máis
Se cadra, son pequena de máis
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira
 
Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante
Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante
Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante
 
Às vezes temo a metamorfose
Às vezes temo a metamorfose  Às vezes temo a metamorfose
Às vezes temo a metamorfose
 
Amante tocada pola antropofaxia
Amante tocada pola antropofaxiaAmante tocada pola antropofaxia
Amante tocada pola antropofaxia
 

O lánguido ocaso dunha dalia

  • 1. «O lánguido ocaso dunha dalia » poemario de Cruz Martínez (1º premio no II Certame de Poesía en lingua Galega Manuel María, 24 de maio de 2014. Convocado pola Casa de Galicia en Guipúscoa. O lánguido ocaso dunha dalia Cruz Martínez
  • 2. «O lánguido ocaso dunha dalia » poemario de Cruz Martínez (1º premio no II Certame de Poesía en lingua Galega Manuel María, 24 de maio de 2014. Convocado pola Casa de Galicia en Guipúscoa. De novo esperto co mesmo diálogo co melodrama que tanto me aterra Sinto os fríos beixos na miña fronte e experimento o lánguido ocaso dunha dalia *** A disfasia acomódase na miña gorxa feble e inconscientemente trazo as primeiras liñas do mapa que me representa Teño danada a xeografía Implícitas secuelas, tatúanseme na pel coa persistencia dunha praga invasora 2
  • 3. «O lánguido ocaso dunha dalia » poemario de Cruz Martínez (1º premio no II Certame de Poesía en lingua Galega Manuel María, 24 de maio de 2014. Convocado pola Casa de Galicia en Guipúscoa. que chegou no convoi das 19:30 e teima con quedarse *** Ao meu carón escoito a máis alta elite da palabra [que crea cátedra] e eu, no [interface] observo a húmida corola do estraloque Fico impávida coma unha estatua na aneboada tarde de choiva baixo o meu paraugas riscado en gris *** Os meus pés mollados sotérranse na lagumeira que me nace coma unha raíz Embaixo, ben pouca cousa hai Uns cantos soños subsisten envolvidos en formol 3
  • 4. «O lánguido ocaso dunha dalia » poemario de Cruz Martínez (1º premio no II Certame de Poesía en lingua Galega Manuel María, 24 de maio de 2014. Convocado pola Casa de Galicia en Guipúscoa. Exiliados poemas de rinchos anguriados morden con carraxe o xeado pecho que os encerra Xa hai tempo que non abro a boca para cantar agora, só choro cara dentro *** Hoxe todas as tempestades semellan estricar parágrafos inintelixíbeis enriba das ruínas que se manteñen en pé coa desgana dun que está morto *** Ás veces, tamén é verdade que me perdo entre as memorias Adoito mirar cara o bosque e transfórmome nunha amoria con sinais de peteiradas nas coxas 4
  • 5. «O lánguido ocaso dunha dalia » poemario de Cruz Martínez (1º premio no II Certame de Poesía en lingua Galega Manuel María, 24 de maio de 2014. Convocado pola Casa de Galicia en Guipúscoa. Cerro os ollos e ouzo, coma nun soño o son dun peto entre os carballos *** Unha tarde, na que o sol decidiu non aparecer Un cadelo melancólico non para de ouvear no cuarto andar Por mais que tapo os ouvidos coas mans as tempas estoupan, roulan polo chan derrubadas partículas das feridas, de meu *** A luz sorprendeume acendendo soa coido que un postergate vive na miña cociña Configúrase aos poucos e eu, acólloo métoo nun bote de cristal e pídolle cousas 5
  • 6. «O lánguido ocaso dunha dalia » poemario de Cruz Martínez (1º premio no II Certame de Poesía en lingua Galega Manuel María, 24 de maio de 2014. Convocado pola Casa de Galicia en Guipúscoa. coma se fose o xenio da lámpada Fóra, segue chovendo rabuñan as notas dun réquiem nos vidros da xanela e os ollos decaen, afogados no vaso de auga agrelando metrallas no ebrio amencer dunha carauta 6