SlideShare a Scribd company logo
1 of 20
Download to read offline
1
O TESOURO DE BARBAVERMELLA
De Francisco Javier Bernad Morales
Tradución ao galego de Xoán C. Riobó
Primeiro acto
A escena representa a cuberta dun veleiro. No chan, caldeiros, e rolos de corda. Unha
mesa ou outro soporte elevado á esquerda fará as veces de cofa para o vixía. Na parte
dereita, a roda dun temón. Todo terá aspecto cotroso e desordenado, incluídos a roupa
e o pelo dos piratas.
Ao abrirse o pano verase no centro, sentados no chan, a Astolfo e Tolomeo, e nos seus
postos a Casimiro, o vixía e a Pepe, o temoeiro. O resto dos piratas no número que
conveña, xunto a Morgan o contramestre, en pé.
CORO DE PIRATAS: (Cantan coa música de “Ni me lavo, ni me peino”)
Nin me lavo nin me peiteo
nin me poño a gravata
ata que atope un tesouro
agochado nunha lata.
Pobriños os pais,
canto chorarán
ao ver que os seus fillos
a bañarse van.
Meu barco xa non é meu barco,
meu barco é unha bañeira,
onde imos os piratas
a lavarnos as orellas.
Pobriños os pais,
canto chorarán
ao ver que os seus fillos
a bañarse van.
MORGAN: (Berrando con acenos de milhomes) Cen mil cetáceos celludos! Basta de
cancións! Todos ao traballo! (Todos fan que traballan ata que se vai Morgan.)
2
TOLOMEO: Astolfo, ti que navegaches tanto por todos os mares cóntame algunha
historia. Desexo tanto chegar a ser un pirata coma ti...
ASTOLFO: (Misterioso) Escóitame, Tolomeo, a vida do pirata non é fácil. Eu podo
falarche de cousas tan terribles que farían tremer aos homes máis valentes.
TOLOMEO: Por favor, fala.
O vixía boquexa ruidosamente. O temoeiro comeza a recitar a pleno pulmón a canción
do pirata.
PEPE: Con dez canóns por banda...
ASTOLFO: (Ao vixía e ao temoeiro) Eh! Vós! Deixade de facer ruído, así non hai
maneira de entenderse. (A Tolomeo) Xa calaron. Ti crerás que as baleas, capaces de
lapar un barco enteiro, ou que os polbos xigantes que o atrapan cos seus raxos e os
funden nas profundidades son os monstros máis perigosos do océano.
TOLOMEO: (Asustado) Sen dúbida. Só pensar neles tremo.
ASTOLFO: Pois equivócaste, hai un ser moito máis terrible.
O vixía dórmese e de cando en vez deixa escapar un ruidoso ronquido.
TOLOMEO: Cal?
ASTOLFO: O peixe voador.
TOLOMEO: O peixe voador?
ASTOLFO: Si. Cas súas grandes ás, as bandadas de peixes voadores elévanse sobre os
navíos nas noites máis escuras e logo descenden sobre a cuberta, onde devoran a toda a
tripulación antes de volver ao mar.
O vixía ronca. Entra o Contramestre Morgan pola dereita.
MORGAN: Cen mil cetáceos celludos!
O vixía esperta sobresaltado e intenta disimular.
CASIMIRO: Auga á vista!
3
Morgan avanza cara o centro, preto de Tolomeo e Astolfo. Chúchase o dedo e logo
levántao.
MORGAN: Roulou o vento! Vós, panda de lacazáns, arriade as velas!
ASTOLFO: Pero, señor contramestre, se están arriadas.
MORGAN: Entón izádeas! E ti, temoeiro, vira trescentos sesenta graos a babor! Cen
mil cetáceos celludos! Non tolero que se discutan as miñas ordes!
Tolomeo e Astolfo finxen tirar con forza dos cabos para izar as velas. O temoeiro fai
xirar a roda. Morgan sae pola esquerda dando grandes alancadas.
ASTOLFO: Uf, foise! Senta e descansa.
Séntanse Astolfo e Tolomeo.
PEPE: Con dez canóns por banda
Vento en popa a toda vela...
ASTOLFO: (Ao temoeiro) Pepe, queres calar dunha vez?
CASIMIRO: Así non hai quen durma!
TOLOMEO: Sigue coas túas historias.
ASTOLFO: Ben. Direiche que nada no mar, nin sequera o peixe voador, pode
compararse cos monstros que poboan o país dos garamantes.
O vixía volve quedar durmido.
TOLOMEO: Estiveches alí?
ASTOLFO: Hai anos. Alí habita a anfisbena, a serpe que en lugar de cola ten cabeza.
TOLOMEO: Oh!
ASTOLFO: Tamén o basilisco e o catoblepas que matan coa mirada. A cabeza do
catoblepas é tan pesada que o animal non pode levantala do chan.
TOLOMEO: Víchelos!
ASTOLFO: Estás tolo? Ninguén que os vira viviu para contalo.
4
Óese un gran ruído como un choque. Astolfo, Tolomeo, o vixía e o temoneiro caen ao
chan. Levántanse abaneando. Entra o contramestre pola esquerda.
MORGAN: Cen mil cetáceos celludos! Que foi iso?
CASIMIRO: (Que volveu a empoleirarse á cofa) Abordamos unha barca, señor
contramestre.
MORGAN: Casimiro, es un asno! Se che paga para que vixíes!
CASIMIRO: É que vixiaba por babor e a barca estaba a proa.
Pola esquerda entran Rosalinda, Rosafresca e Lindaflor. Van elegantemente vestidas,
levan bolso e non parece que acaben de saír da auga. Astolfo sobresáltase ao velas e de
aquí en adiante mirará ao chan como se quixera impedir que lle viran a cara.
ROSALINDA: Onde vos regalaron o carné? Vaia xeito de navegar!
CASIMIRO: Mulleres tiñan que ser!
LINDAFLOR: (Ás compañeiras) Sacúdolle?
ROSAFRESCA: Lindaflor, mira que es bruta. Espera un pouco.
ROSALINDA: Fundistes a miña nave. Non importa! Supoño que teredes camarotes
con baño. Preciso tres.
Mentres falan, o vixía non para de boquexar. Nótase que vai durmir de novo.
MORGAN: Cen mil cetáceos celludos! Recollemos a tres tolas. Astolfo, Tolomeo,
buscade ao capitán! (Saen Astolfo e Tolomeo pola dereita) E vós, agora veredes!
Caestes nas mans do capitán Barbavermella!
ROSALINDA: Barbavermella dicides? Xusto o que estaba buscando.
PEPE: Con dez canóns por banda
vento en popa a toda vela
non corta o mar senón voa...
MORGAN: Cala, Pepe! (Ás mulleres) Non lle fagades caso. É poeta.
PEPE: Rirvos de min, pero esta canción algún día farame famoso.
LINDAFLOR: Iredes a Operación Triunfo? Que ilusión! Asinarédesme un autógrafo?
PEPE: Son un xenio incomprendido.
5
Entra Barbavermella pola dereita. Como era de esperar non ten barba. O vixía xa está
totalmente durmido.
BARBAVERMELLA: Que ocorre aquí?
ROSALINDA: Vós sodes Barbavermella?
BARBAVERMELLA: Si.
ROSAFRESCA: Seguro?
BARBAVERMELLA: Por quen me tomades? Non vou saber quen son?
LINDAFLOR: É que non o parecedes.
BARBAVERMELLA: Afeiteime esta mañá.
ROSALINDA: Iso explícao todo. Así que vós sodes o máis feroz pirata?
BARBAVERMELLA: Si.
ROSALINDA: O máis cruel e sanguinolento?
BARBAVERMELLA: (Sorrí con timidez) Si. Pero non sigades que me poño colorado.
MORGAN: (Alterándose en progresión durante o diálogo anterior) Capitán, tíroas xa
pola borda?
BARBAVERMELLA: Espera, non teñas tanta presa.
MORGAN: É que nos segue un tabeirón famento e dáme moita pena.
BARBAVERMELLA: Sempre tan sentimental... (Ás mulleres) Pobriño, ten un corazón
de ouro e quere tanto aos animais...
ROSALINDA: Barbavermella, hei proporvos un negocio. Ordenar aos vosos homes
que se afasten.
BARBAVERMELLA: O vixía e o temoneiro deben permanecer nos seus postos.
ROSALINDA: Para o que fan, podían marchar.
BARBAVERMELLA: (Comprensivo) Pois tamén é verdade. Marchade todos!
Saen os piratas pola esquerda.
ROSALINDA: Ben. Xa podemos falar.
BARBAVERMELLA: Esperade. Hai algo que non me parece ben. Se marchan os
meus homes, que fagan o mesmo as mulleres.
ROSALINDA: De acordo. Rosafresca, Lindaflor, retirarvos. Hei falar a soas co
capitán.
ROSAFRESCA: Ímonos, mais tende coidado.
6
LINDAFLOR: Se precisades de nós, asubiade forte.
Rosafresca e Lindaflor saen pola dereita.
BARBAVERMELLA: E que me queredes contar?
ROSALINDA: Propóñovos que me axudedes a atopar un tesouro.
BARBAVERMELLA: Non me fagades rir. Os tesouros non existen.
ROSALINDA: Este si. Teño o mapa.
BARBAVERMELLA: Un mapa? Podo velo?
ROSALINDA: Nin de lonxe. Debedes confiar na miña palabra. Cando o atopemos
faremos dúas partes: unha para vós e os vosos homes e a outra para min e as miñas
compañeiras.
BARBAVERMELLA: (Pensativo) Vale, podemos buscar o tesouro. Ao fin e ao cabo,
con probar nada se perde.
ROSALINDA: Ademais axudaranos a miña agulla de marear.
BARBAVERMELLA: (Alarmado desenvaina a espada) Iso si que non! Non tolerarei
mareos no meu barco!
ROSALINDA: Non sexades parvo. Dixen agulla de marear, compás.
BARBAVERMELLA: E iso que é?
Rosalinda saca un compás do bolso e amósallo.
ROSALINDA: Mirade. Esta agulla sinala sempre cara o norte.
Barbavermella agarra o compás e dálle varias voltas.
BARBAVERMELLA: Non lle falta enxeño ao chisme, pero non vexo que sirva para
nada.
ROSALINDA: Non é posible que sexades tan estúpido.
BARBAVERMELLA: (Pensativo) É que veredes, eu non quero ir ao norte... Ah! Xa
entendo... O voso tesouro está no norte. Crédevos moi lista, mais aínda non naceu quen
poida enganar a Barbavermella.
ROSALINDA: Isto cóntollo ás miñas amigas e non o cren.
7
BARBAVERMELLA: Non teredes unha que sinale cara Cuba? Gustaríame visitar ao
meu primo. Traballa nun hotel de Varadero.
Cae o pano.
Segundo acto
Cuberta do buque. Agora todo ten un aspecto máis ordenado. O temoeiro e o vixía -este
durmido e o primeiro facendo acenos coas mans como se recitara en voz baixa- nos
seus postos. Astolfo e Tolomeo de xeonllos con cepillos e un gran barril no que se le
“cera” escrito con letras grandes.
TOLOMEO: Non volverei facer caso dos anuncios: Faite pirata –dicían-, coñecerás
mundo, vivirás aventuras, farás amigos, aprenderás un oficio... Se chego saber que tería
que encerar cubertas...
Entra o contramestre. Esvara na cera e cae aparatosamente. Co ruído esperta o vixía e
finxe mirar ao lonxe facendo viseira coa man.
MORGAN: Cen mil cetáceos celludos! Que é isto!
ASTOLFO: Mirade onde pisades. Teremos que encerar de novo.
TOLOMEO: Todo o día traballando para isto.
MORGAN: (Levantándose) Volvéstesvos tolos? Isto é un barco pirata, non un salón de
baile!
ASTOLFO: Son ordes do capitán.
MORGAN: Cen mil cetáceos celludos! Seguro que foi idea das mulleres! Xa non o
podo aguantar.
Intenta saír a grandes alancadas, pero esvara e cae cara ao fondo do escenario.
Levántase e sae.
CASIMIRO: Que enerxía! O noso contramestre chegará moi lonxe.
PEPE: Si. Un palmo máis e chega á auga.
O vixía volve durmir e o temoeiro reinicia os seus espaventos.
8
ASTOLFO: Ten razón o contramestre. Nada bo pode vir de levar ás mulleres a bordo.
TOLOMEO: Ti cres?
ASTOLFO: Estou seguro. Fíate da miña experiencia.
TOLOMEO: (Con admiración) Non só sabes de monstros, tamén entendes de
mulleres. Es un sabio! Canto aprendo ao teu lado!
ASTOLFO: (Misterioso) Se xuras que non llo contarás a ninguén, confiareiche un
segredo.
TOLOMEO: Calarei coma un ollomol.
TOLOMEO: Gústame máis o linguado.
TOLOMEO: Como prefiras. Máis calado ca un linguado.
PEPE: (Abstraído fala só) Nada, non hai maneira. Non atopo ningunha palabra que
rime con botín.
TOLOMEO: Casimiro durmido e Pepe non se decata. Podes falar tranquilo.
ASTOLFO: (Antes de falar mira con receo a todas partes) Hai anos, cando era mozo
namoreime.
TOLOMEO: si?
ASTOLFO: Si. Era a moza máis fermosa que te podes imaxinar. Esvelta e lixeira coma
unha gaivota, tenra coma unha robaliza...
O vixía esperta e disimuladamente intenta escoitar. O temoeiro tamén comeza a poñer
atención á conversa sen que se decaten.
TOLOMEO: E que ocorreu?
ASTOLFO: Ao principio todo foi ben. Ela tamén me amaba, así que casamos.
TOLOMEO: Casaches?
ASTOLFO: Acábocho de dicir.
TOLOMEO: É certo. Por favor, continúa.
ASTOLFO: Pero un día... Aínda tremo ao recordalo. Pasaran dous meses de voda e
como sempre despois do traballo, regresaba contento a casa para estar con ela, pero ao
chegar, que dirías que atopei?
TOLOMEO: Non o podo imaxinar.
9
O vixía e o temoeiro que intentan visiblemente non perder palabra da conversa sorrín
maliciosamente.
ASTOLFO: Alí estaba ela. Tan preciosa, tan doce, tan agarimosa... e ao seu lado...
TOLOMEO: Que?
ASTOLFO: Unha bañeira.
TOLOMEO: Unha bañeira?
O vixía e o temoeiro decepcionados perden interese e volven ao seu.
ASTOLFO: Como o oes. Mercara unha bañeira.
TOLOMEO: Oh!
ASTOLFO: Iso non é o peor. Enchéraa de auga.
TOLOMEO: Para que?
ASTOLFO: Quería que me bañara.
TOLOMEO: E que fixeches?
ASTOLFO: Que ía facer? Era un mozo e estaba namorado, así que me bañei.
TOLOMEO: E despois?
ASTOLFO: Desde aquela, a miña vida foi un inferno. Non pasara un mes e outra vez
mandoume bañar.
TOLOMEO: Canto sufriches!
ASTOLFO: Cando me mandou dar un terceiro baño fuxín de casa. E xurei non
acercarme de novo a unha muller. Por iso me fixen pirata.
TOLOMEO: Cala! Alguén se acerca.
Entran pola dereita Rosalinda, Rosafresca, Lindaflor e o capitán. Astolfo trata de que
as mulleres non lle vexan o rostro.
ROSALINDA: (Examina o chan con atención) Isto hai que enceralo mellor.
ASTOLFO: (Sen mirar e deformando a voz) É culpa do contramestre que o tripou todo.
TOLOMEO: É certo.
BARBAVERMELLA: Non importa. Xa oístes. A traballar!
10
Astolfo e Tolomeo finxen encerar o chan. Rosafresca acércaselles e Astolfo baixa cada
vez máis a ollada. Rosafresca dá lentamente unha volta ao redor del, mentres Astolfo
xira para darlle continuamente as costas.
ROSALINDA: Que ocorre, Rosafresca?
ROSAFRESCA: Este mariñeiro recórdame a alguén.
BARBAVERMELLA: Quen? Astolfo?
ROSAFRESCA: Astolfo dicides? Debinme confundir con outro, cun tal Mariano.
Ao oír este nome, Astolfo levántase. Evita mirar a Rosafresca.
ASTOLFO: (Deformando a voz) Perdoádeme, teño que ir ao servizo.
Marcha precipitadamente pola esquerda.
TOLOMEO: Eu tamén.
BARBAVERMELLA: Ti tamén, Tolomeo?
Sae Tolomeo pola esquerda.
ROSAFRESCA: Si, debinme confundir. A voz non é a mesma, pero o cheiro... (Queda
pensativa e sae lentamente pola esquerda.)
PEPE: Non me acaba de saír. Botín, botín...
LINDAFLOR: Que vos ocorre?
PEPE: Nada. Estou compoñendo outra canción, pero non atopo nada que rime con
botín.
LINDAFLOR: Bergantín? Confín?
PEPE: Esas non valen. Xa as usei noutra ocasión. Se non cambio, os críticos dirán que
non teño vocabulario.
LINDAFLOR: Festín?
PEPE: (Entusiasmado) Magnífico! Xa o teño! Moitas grazas!
ROSALINDA: Pois se xa a tes recítaa.
BARBAVERMELLA: Si, si! Recítaa.
11
O vixía espertou co ruído. Mira a todas partes.
CASIMIRO: Auga! Auga!
PEPE: Escoitade. (Ao recitar fala moi alto e fai amplos xestos)
Hurra, cosacos do deserto! Hurra!
Europa bríndavos espléndido botín:
Sanguentas charcas as súas campías sexan,
Das grallas os seus exércitos festín.
BARBAVERMELLA: Que sentimento!
ROSALINDA: Que lirismo!
LINDAFLOR: Chegoume ao corazón.
PEPE: (Aparte) Nada como unha poesía para abrandar a unha muller. (A Lindaflor) Se
me acompañades amosareivos as miñas outras obras.
LINDAFLOR: Que pirata máis xentil!
Pepe e Lindaflor vanse pola dereita.
BARBAVERMELLA: Falta moito para chegar á vosa illa?
ROSALINDA: Non. Temos que estar xa moi preto.
BARBAVERMELLA: Casimiro! Ves algo?
CASIMIRO: Si.
BARBAVERMELLA: Que ves?
CASIMIRO: Unha cousiña.
ROSALINDA: (Impaciente) Deixade xa de facer o parvo! Que cousiña ves?
CASIMIRO: Auga, auga, moita auga.
ROSALINDA: Mirarei eu.
Saca un anteollo do bolso. Barbavermella mira estrañado.
BARBAVERMELLA: Que é iso?
ROSALINDA: Un anteollo. Serve para ver o que está lonxe.
BARBAVERMELLA: E como funciona?
ROSALINDA: Vedes este extremo tan estreito? Aplícase o ollo a el e mírase. Vese
mellor pechando un ollo.
12
BARBAVERMELLA: Non remato de entendelo. Que ollo se pecha, o do anteollo ou o
outro?
ROSALINDA: O outro. O do anteollo úsase para mirar.
BARBAVERMELLA: Que barbaridade! Como adiantan as ciencias!
Rosalinda mira polo anteollo.
ROSALINDA: Alí está! Vexo a illa quince graos a estribor.
BARBAVERMELLA: Pepe, xa oíches! Quince graos a estribor! (Decátase de que non
hai ninguén ao temón) Pepe! Pepe! Onde te metiches?
Cae o pano.
Terceiro acto
Cuberta do barco. Morgan e os piratas, excepto Pepe con pancartas nas que se le:
“Máis sucidade e menos limpeza”. “Desorde e sucidade fan a felicidade”. “A auga
para os peixes, o xabón para o patrón”. Están agrupados á esquerda.
CORO DE PIRATAS: Máis sucidade, menos limpeza! (Repíteno cinco ou seis veces)
MORGAN: Escoitade, compañeiros! Esta situación é intolerable. Non traballaremos
mentres Barbavermella non acepte as nosas condicións. Cen mil cetáceos celludos!
CORO DE PIRATAS: (Cinco ou seis veces) Desorde e sucidade fan a felicidade.
Entran pola dereita Rosalinda, Rosafresca e Barbavermella.
BARBAVERMELLA: Que escándalo é este?
MORGAN: Estamos en folga.
BARBAVERMELLA: Panda de inútiles! Se non volvedes ao traballo farei que vos
guinden pola borda.
CORO DE PIRATAS: (Cinco ou seis veces) A auga para os peixes, o xabón para o
patrón.
Rosafresca acercouse ao grupo de mariñeiros e observa con atención a Astolfo que
entretido coa protesta non o nota.
13
ROSALINDA: (Aparte a Barbavermella) Non sexades bruto. Non vedes que eles son
máis? Debemos negociar.
BARBAVERMELLA: Negociar?
ROSALINDA: Si. Deixádeme a min.
Rosalinda adiántase ata o centro.
ROSALINDA: Falemos. Que desexades?
MORGAN: Cen mil cetáceos celludos! Todos a unha, compañeiros!
CORO DE PIRATAS: (Cantan)
Nin me lavo nin me peiteo
nin me poño a gravata
ata que atope un tesouro
agochado nunha lata.
Pobriños os pais,
canto chorarán
ao ver que os seus fillos
a bañarse van.
Meu barco xa non é meu barco,
meu barco é unha bañeira,
onde imos os piratas
a lavarnos as orellas.
Pobriños os pais,
canto chorarán
ao ver que os seus fillos
a bañarse van.
ROSALINDA: Compréndovos e estou da vosa parte. (Barbavermella fai esforzos por
conterse) A vida do mariñeiro é moi dura.
TODOS: Si, moi dura.
ROSALINDA: Todo o día traballando. Arriar os foques, rubir á gabia, tensar os
obenques, asegurar os estais, navegar en bolina... E o bauprés...? Que me dicides do
bauprés?
TODOS: O bauprés! Se falaramos do bauprés...
14
ROSALINDA: E todo iso, para que? Para vestir farrapos cotrosos e fedorentos, durmir
entre ratas, alimentarse de galletas e biscoitos medio podres, beber auga...
TODOS: Auga! Que noxo!
ROSALINDA: Por iso, de agora en adiante xa non seredes mariñeiros.
TODOS: Non?
Barbavermella a punto de sufrir un síncope.
ROSALINDA: Non! Desde hoxe seredes técnicos auxiliares de navegación.
TODOS: Hurra! Bravo! Viva Rosalinda! Viva Barbavermella!
Barbavermella recupera a tranquilidade.
MORGAN: (Moi digno) Un momento, e que hai do meu?
ROSALINDA: Non me esquezo de vós. Noméovos vicecapitán adxunto, con dereito a
levar unha pluma no chapeu.
MORGAN: Pode ser de avestruz?
ROSALINDA: De avestruz, de galiña ou de gaivota. Elixide vós. E agora que xa
solucionamos o problema, voltade ao traballo.
BARBAVERMELLA: O contramestre con pluma... quen ía imaxinalo? En fin,
desembarcaremos nesa illa. Sospeito que teremos unha sorpresa. Por certo, alguén viu a
Pepe?
Todos se miran con cara de non saber nada.
ROSALINDA: Tampouco aparece Lindaflor. Pero non importa, cando regresemos da
illa, buscarémolos.
ROSAFRESCA: Eu quedarei para coidar do barco, pero debería acompañarme algún
mariñe..., quero dicir, algún técnico auxiliar de navegación.
BARBAVERMELLA: De acordo! Tolomeo, queda ti aquí.
ROSAFRESCA: Preferiría a Astolfo. É máis guapo.
BARBAVERMELLA: Vale, pois que quede Astolfo! (Aparte) Hai gustos para todo.
15
Astolfo intenta escapar, pero Rosafresca suxéitao polo brazo. Todos os demais saen
pola esquerda.
ROSAFRESCA: Así que Astolfo...
ASTOLFO: Pero, cariño, non me gardarás rancor...
ROSAFRESCA: Mira, Mariano, que o que me fixeches é moi gordo.
ASTOLFO: Non o tomes así. Pensaba volver... Pero xa sabes..., un líase cos amigos e
non se dá conta de como pasa o tempo.
ROSAFRESCA: Si. Tres anos.
ASTOLFO: Uf! Tanto? Non, se entendo que esteas un pouco molesta, pero tanto
resentimento ...
ROSAFRESCA: Mariano! Non me tentes, que me tés farta.
ASTOLFO: Cariño, se sabes que só te quero a ti. Non pasaba un día sen pensar en
escribirche, pero como non sei.
ROSAFRESCA: Escribir ou pensar?
ASTOLFO: Non te pases. O resentimento non é bo para a saúde.
ROSAFRESCA: Ben. Cóntame que fixeches en todo este tempo.
ASTOLFO: Nada. Navegar de aquí para alá.
ROSAFRESCA: Polo menos descubrirías algo.
ASTOLFO: Si. Agora pódoche contar que o mundo non ten borde.
ROSAFRESCA: Que?
ASTOLFO: Iso, que non ten borde. Ti segues navegando, navegando e ao final chegas
ao mesmo sitio.
ROSAFRESCA: Pois non será a casa.
ASTOLFO: Ves? O resentimento. Sempre pensando no mesmo. Estás obsesionada.
ROSAFRESCA: (Farta) Mira! Báñate e logo falamos.
ASTOLFO: Como? Bañarme? (Intenta recuar, pero Rosafresca agárrao do brazo)
ROSAFRESCA: Xa me oíches. Ao baño!
Rosafresca lévase a Astolfo pola dereita. Pola esquerda entran Lindaflor e Pepe.
LINDAFLOR: Que poesías máis fermosas!
PEPE: Agora que che atopei escribireinas mellores. Serás a miña musa.
LINDAFLOR: (Tenra) Pepe.
16
PEPE: Lindaflor.
LINDAFLOR: Amarasme sempre?
PEPE: Pois claro. E ti a min?
LINDAFLOR: Claro.
PEPE: Seremos tan felices...
LINDAFLOR: (Soñadora) Si. (Volvendo á realidade) Pero, Pepe, tés que deixar esta
vida de pirata.
PEPE: Como ti digas. Viviremos das miñas poesías.
LINDAFLOR: (Mosqueada) Pepe, que falo en serio.
PEPE: Pois claro, corazón.
LINDAFLOR: A poesía está moi ben para pasar un rato, pero para gañar a vida tés que
facer algo útil.
PEPE: Non é útil a poesía?
LINDAFLOR: O listo que es para algunhas cousas e o parvo que es para outras.
Rosalinda tróuxonos a esta illa para atopar un tesouro. Pensei que coa nosa parte
podiamos poñer un restaurante.
PEPE: (Perplexo) Un restaurante?
LINDAFLOR: Si cariño. Ti redactarás a carta. Co ben que escribes resultarache moi
sinxelo. Xa podo imaxinalo: A angula de Cogolludo confeitada rechea de trufa ao aroma
do azar sobre leito de acelga caramelizada.
PEPE: Pero, iso cómese?
LINDAFLOR: Que saberás ti de cociña? Ti a escribir a carta e a atender aos clientes.
Da cociña e das contas encárgome eu.
PEPE: Pero cariño, no barco teño liberdade.
LINDAFLOR: Liberdade para que?
PEPE: É o meu barco o meu tesouro,
é o meu deus a liberdade,
a miña lei a forza e o vento,
a miña única patria, a mar.
LINDAFLOR: Bah! Tés a cabeza chea de paxaros. Aquí do que se trata é de montar un
negocio.
PEPE: Non, se visto así...
17
Pola esquerda entran Rosalinda, Barbavermella, Morgan e o resto dos piratas.
Arrastran unha gran caixa de aspecto metálico.
ROSALINDA: (A Barbavermella) Ben, xa podedes ordenar aos vosos homes que se
bañen e se poñan a gravata.
BARBAVERMELLA: (Sorprendido) Como?
ROSALINDA: O que dicían: Nin me lavo nin me peiteo... Pois xa atopamos o tesouro
na lata.
BARBAVERMELLA: É certo.
MORGAN: Se tomaramos en serio todo que se di... Cen mil cetáceos celludos!
ROSALINDA: Basta de cháchara! Que se bañen mentres vós e eu repartimos o
tesouro.
BARBAVERMELLA: Xa oístes. Señor vicecapitán adxunto, señores técnicos
auxiliares de navegación, báñense e póñanse a gravata.
Saen Morgan e os mariñeiros pola dereita. Quedan, ademais de Barbavermella e
Rosalinda, Pepe e Lindaflor.
BARBAVERMELLA: Que pasa Pepe? Por que non te bañas como os demais?
PEPE: Capitán, é que veredes... Penso deixar a piratería e establecerme en terra con
Lindaflor.
BARBAVERMELLA: Sempre pensei que a vida de pirata non era para ti. Es un
soñador, sempre coas túas poesías, sempre dando a lata cos versos... cando se viu que
un pirata perda o tempo escribindo? Mellor! Se xa non es pirata non che corresponde
parte do tesouro, así que tocaremos a máis.
PEPE: Un momento que aínda son pirata! Xa me darei de baixa outro día, que unha
cousa é ser poeta e outra moi distinta, ser parvo. Ou é que vós pensades que os poetas
non comemos ou que, cal aladas bolboretas libamos o néctar das flores? Non señor.
Dádeme un bo bisté e comporei unha oda; por un solombo, un soneto; por un bico... que
daría por un bico?...
BARBAVERMELLA: Non entendo. Non pretenderá que o bique? Ata aí poderíamos
chegar!
18
PEPE: Perdoádeme, lieime, o do bico vaino escribir Bécquer. Volvamos ao que estaba
dicindo: Para atraer as musas nada mellor que unha mesa ben provista, con marisco e
carne asada, entremeses e pescada, bos viños e sobremesa coa súa torta de fresa.
LINDAFLOR: Ai, que ben fala! Ademais, xa case non di parvadas.
BARBAVERMELLA: Ben, pois se aínda es pirata, a bañarse!
LINDAFLOR: (A Pepe) A verdade é que te está facendo falla un bo baño.
PEPE: O que mandes corazón.
Saen Pepe e Lindaflor pola dereita. Polo mesmo lugar entran Astolfo e Rosafresca
forcexando.
ROSAFRESCA: Dixen que te bañes!
ASTOLFO: Capitán! Axuda! Esta tola quere facerme bañar.
BARBAVERMELLA: Xa está ben! Ao baño cos demais! Ah, pero antes trae unha
mesa e dúas cadeiras.
Saen Astolfo e Rosafresca pola dereita. Seguidamente volven a entrar cunha mesa e
dúas cadeiras. Colocan a mesa no centro da escena cunha cadeira a cada lado. Logo
volven saír polo mesmo lado.
ROSALINDA: (Senta nunha cadeira) Ben, Barbavermella, acercade o cofre e
sentádevos. Imos Repartir o tesouro.
BARBAVERMELLA: Comecemos.
Rosalinda colle unha moeda do cofre e dálla a Barbavermella. De seguido colle unha
para ela.
ROSALINDA: Unha moeda para vós e outra para min. (Entrega outra moeda ao
pirata) Xa tendes dúas, así que collo dúas para min. (Quédase dúas moedas e logo dá
unha a Barbavermella) Como xa tendes tres, collerei tres para min.
Barbavermella comeza a estrañarse.
BARBAVERMELLA: Sospeito que me estades facendo trampa.
19
ROSALINDA: (Indignada) Como vos atrevedes? Acaso sabedes ler?
BARBAVERMELLA: Non, por certo, xamais se probará que na miña familia un home
perda o tempo nesas cousas.
ROSALINDA: Tampouco sabedes dividir?
BARBAVERMELLA: E iso que é?
ROSALINDA: É repartir segundo principios matemáticos.
BARBAVERMELLA: Que cousas!
ROSALINDA: E sen saber dividir, atrevédevos a dicir que eu reparto mal?
BARBAVERMELLA: Perdoádeme (Aparte) Se tivese feito caso a miña nai cando me
mandaba á escola...
ROSALINDA: O que deberiades facer é agradecerme que eu non repartira de maneira
xeométrica
BARBAVERMELLA: Como é iso?
ROSALINDA: Moi sinxelo. Cóllense as moedas e fanse dous montóns: nun as
redondas para min; no outro as cadradas para vós.
BARBAVERMELLA: Que sabedoría! Se eu estudara...
En silencio continúa o reparto, mentres a luz diminúe lentamente para indicar o
crepúsculo. Despois volve aumentar. Namentres saíron os piratas elegantemente
vestidos, todos con gravata. O contramestre leva ademais un chapeu cunha gran pluma.
CORO DE PIRATAS: (Cantan)
Xa me lavo, e me peiteo,
xa me poño a gravata,
porque atopei un tesouro
escondido nunha lata.
Que alegres as nais,
que alegres están,
ao ver que os seus fillos
a bañarse van.
Meu barco non é meu barco,
Meu barco é unha bañeira,
onde imos os piratas
a lavarnos as orellas.
20
Que alegres as nais,
Que alegres están,
Ao ver que os seus fillos
A bañarse van.
Cae definitivamente o pano.

More Related Content

What's hot

O mar desde esa banda. De Carlos Penela
O mar desde esa banda. De Carlos PenelaO mar desde esa banda. De Carlos Penela
O mar desde esa banda. De Carlos PenelaGZ-Israel
 
Vv. Aa. Proxecto Identidade (2008)
Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)
Vv. Aa. Proxecto Identidade (2008)Santi P
 
Prácticas de morfosintaxe para preparar as probas finais
Prácticas de morfosintaxe para preparar as  probas finaisPrácticas de morfosintaxe para preparar as  probas finais
Prácticas de morfosintaxe para preparar as probas finaisvicloba
 
Cando pecha a noite e queda a cidade escura e silandeira sen que o andar de x...
Cando pecha a noite e queda a cidade escura e silandeira sen que o andar de x...Cando pecha a noite e queda a cidade escura e silandeira sen que o andar de x...
Cando pecha a noite e queda a cidade escura e silandeira sen que o andar de x...María Sánchez
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxEncarna
 

What's hot (9)

O mar desde esa banda. De Carlos Penela
O mar desde esa banda. De Carlos PenelaO mar desde esa banda. De Carlos Penela
O mar desde esa banda. De Carlos Penela
 
Alcumes da nosa zona
Alcumes da nosa zonaAlcumes da nosa zona
Alcumes da nosa zona
 
Alcumes da nosa zona
Alcumes da nosa zonaAlcumes da nosa zona
Alcumes da nosa zona
 
Vv. Aa. Proxecto Identidade (2008)
Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)Vv. Aa.   Proxecto Identidade (2008)
Vv. Aa. Proxecto Identidade (2008)
 
Cousas
CousasCousas
Cousas
 
Prácticas de morfosintaxe para preparar as probas finais
Prácticas de morfosintaxe para preparar as  probas finaisPrácticas de morfosintaxe para preparar as  probas finais
Prácticas de morfosintaxe para preparar as probas finais
 
Prelectores
PrelectoresPrelectores
Prelectores
 
Cando pecha a noite e queda a cidade escura e silandeira sen que o andar de x...
Cando pecha a noite e queda a cidade escura e silandeira sen que o andar de x...Cando pecha a noite e queda a cidade escura e silandeira sen que o andar de x...
Cando pecha a noite e queda a cidade escura e silandeira sen que o andar de x...
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 Sfx
 

Viewers also liked (20)

Día da muller traballadora
Día da muller traballadoraDía da muller traballadora
Día da muller traballadora
 
El gusto
El gustoEl gusto
El gusto
 
O sol
O solO sol
O sol
 
O sistema solar
O sistema solarO sistema solar
O sistema solar
 
Descubrimiento de américa
Descubrimiento de américaDescubrimiento de américa
Descubrimiento de américa
 
A lenda do apóstolo santiago
A lenda do apóstolo santiagoA lenda do apóstolo santiago
A lenda do apóstolo santiago
 
Case Study: Eskom
Case Study: EskomCase Study: Eskom
Case Study: Eskom
 
Volume Talk
Volume TalkVolume Talk
Volume Talk
 
We are Birmgham Talk given by R.J. Ellory
We are Birmgham Talk given by R.J. ElloryWe are Birmgham Talk given by R.J. Ellory
We are Birmgham Talk given by R.J. Ellory
 
Kuldvillak, pikendusjuhe
Kuldvillak, pikendusjuheKuldvillak, pikendusjuhe
Kuldvillak, pikendusjuhe
 
Experimento
ExperimentoExperimento
Experimento
 
Display typeface talk given by Garry
Display typeface talk given by GarryDisplay typeface talk given by Garry
Display typeface talk given by Garry
 
Informasiya nədir
Informasiya  nədirInformasiya  nədir
Informasiya nədir
 
As formas de relevo
As formas de relevoAs formas de relevo
As formas de relevo
 
O corpo humano ii
O corpo humano iiO corpo humano ii
O corpo humano ii
 
Using nonviolent communication in English Language Classes
Using nonviolent communication in English Language ClassesUsing nonviolent communication in English Language Classes
Using nonviolent communication in English Language Classes
 
La voz de la parroquia diciembre
La voz de la parroquia diciembreLa voz de la parroquia diciembre
La voz de la parroquia diciembre
 
La voz de la parroquia marzo 2016
La voz de la parroquia marzo 2016La voz de la parroquia marzo 2016
La voz de la parroquia marzo 2016
 
Encuentro catequistas
Encuentro catequistasEncuentro catequistas
Encuentro catequistas
 
Infancia misionera 2016
Infancia misionera 2016Infancia misionera 2016
Infancia misionera 2016
 

Similar to O tesouro de barba vermella

Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31Bibliotecadicoruna
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Angeles Saco López
 
A MEIGA SUBMARINA
A MEIGA SUBMARINAA MEIGA SUBMARINA
A MEIGA SUBMARINAapazceip
 
Storyboard texto final
Storyboard texto finalStoryboard texto final
Storyboard texto finalluciamp
 
XVI certame de poesía e imaxe - poemas
XVI certame de poesía e imaxe -  poemasXVI certame de poesía e imaxe -  poemas
XVI certame de poesía e imaxe - poemascenlf
 
Recomendacionsverán13
Recomendacionsverán13Recomendacionsverán13
Recomendacionsverán13ana alvarez
 
Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017bibliobrozos
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyarPlastilina3
 
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º CicloA Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclobiblioperillo
 
Poesia e imaxe2017
Poesia e imaxe2017Poesia e imaxe2017
Poesia e imaxe2017Ana
 
Fotopoemario
FotopoemarioFotopoemario
Fotopoemariocalcetin5
 

Similar to O tesouro de barba vermella (20)

Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
Revista Infantil e Xuvenil ABRACADABRA n. 31
 
Ler e xogar sen parar
Ler e xogar sen pararLer e xogar sen parar
Ler e xogar sen parar
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
 
A MEIGA SUBMARINA
A MEIGA SUBMARINAA MEIGA SUBMARINA
A MEIGA SUBMARINA
 
Storyboard texto final
Storyboard texto finalStoryboard texto final
Storyboard texto final
 
Tríptico.ons
Tríptico.onsTríptico.ons
Tríptico.ons
 
XVI certame de poesía e imaxe - poemas
XVI certame de poesía e imaxe -  poemasXVI certame de poesía e imaxe -  poemas
XVI certame de poesía e imaxe - poemas
 
O papagaio 8 maio 2020
O papagaio 8   maio 2020O papagaio 8   maio 2020
O papagaio 8 maio 2020
 
O papagaio 8 maio 2020
O papagaio 8   maio 2020O papagaio 8   maio 2020
O papagaio 8 maio 2020
 
O papagaio 8 maio 2020
O papagaio 8   maio 2020O papagaio 8   maio 2020
O papagaio 8 maio 2020
 
O papagaio 8 maio 2020
O papagaio 8   maio 2020O papagaio 8   maio 2020
O papagaio 8 maio 2020
 
Recomendacionsverán13
Recomendacionsverán13Recomendacionsverán13
Recomendacionsverán13
 
Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyar
 
Novoneyra3
Novoneyra3Novoneyra3
Novoneyra3
 
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º CicloA Biodiversidade  Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
A Biodiversidade Propostas De Lectura Para Infantil E 1º Ciclo
 
Poesia e imaxe2017
Poesia e imaxe2017Poesia e imaxe2017
Poesia e imaxe2017
 
Fotopoemario
FotopoemarioFotopoemario
Fotopoemario
 
Libro o peón dende cando
Libro o peón dende candoLibro o peón dende cando
Libro o peón dende cando
 
COUSAS
COUSASCOUSAS
COUSAS
 

More from Celso Francisco Gómez Caamaño (20)

Protocolo covid 19 astorga
Protocolo covid 19 astorgaProtocolo covid 19 astorga
Protocolo covid 19 astorga
 
Domingo de ramos en casa
Domingo de ramos en casaDomingo de ramos en casa
Domingo de ramos en casa
 
O peixe de ouro
O peixe de ouroO peixe de ouro
O peixe de ouro
 
T 5
T 5T 5
T 5
 
Clock
ClockClock
Clock
 
New tiger3 u5_extension_1
New tiger3 u5_extension_1New tiger3 u5_extension_1
New tiger3 u5_extension_1
 
New tiger3 u5_basicswritingpractice
New tiger3 u5_basicswritingpracticeNew tiger3 u5_basicswritingpractice
New tiger3 u5_basicswritingpractice
 
Tema7 200324175454
Tema7 200324175454Tema7 200324175454
Tema7 200324175454
 
Tema 7
Tema 7Tema 7
Tema 7
 
B17e2e 4f49889036fe46ce949586d9eb8bd827
B17e2e 4f49889036fe46ce949586d9eb8bd827B17e2e 4f49889036fe46ce949586d9eb8bd827
B17e2e 4f49889036fe46ce949586d9eb8bd827
 
O morcego
O morcegoO morcego
O morcego
 
O morcego
O morcegoO morcego
O morcego
 
Información Parroquial
Información ParroquialInformación Parroquial
Información Parroquial
 
Diciembre
DiciembreDiciembre
Diciembre
 
Hoja parroquial mayo 2019
Hoja parroquial mayo 2019Hoja parroquial mayo 2019
Hoja parroquial mayo 2019
 
Viacrucis
ViacrucisViacrucis
Viacrucis
 
Copia
CopiaCopia
Copia
 
Hoja parroquial marzo 2019
Hoja parroquial marzo 2019Hoja parroquial marzo 2019
Hoja parroquial marzo 2019
 
Pastoral enfermo
Pastoral enfermoPastoral enfermo
Pastoral enfermo
 
Hoja parroquial febrero2019
Hoja parroquial febrero2019Hoja parroquial febrero2019
Hoja parroquial febrero2019
 

O tesouro de barba vermella

  • 1. 1 O TESOURO DE BARBAVERMELLA De Francisco Javier Bernad Morales Tradución ao galego de Xoán C. Riobó Primeiro acto A escena representa a cuberta dun veleiro. No chan, caldeiros, e rolos de corda. Unha mesa ou outro soporte elevado á esquerda fará as veces de cofa para o vixía. Na parte dereita, a roda dun temón. Todo terá aspecto cotroso e desordenado, incluídos a roupa e o pelo dos piratas. Ao abrirse o pano verase no centro, sentados no chan, a Astolfo e Tolomeo, e nos seus postos a Casimiro, o vixía e a Pepe, o temoeiro. O resto dos piratas no número que conveña, xunto a Morgan o contramestre, en pé. CORO DE PIRATAS: (Cantan coa música de “Ni me lavo, ni me peino”) Nin me lavo nin me peiteo nin me poño a gravata ata que atope un tesouro agochado nunha lata. Pobriños os pais, canto chorarán ao ver que os seus fillos a bañarse van. Meu barco xa non é meu barco, meu barco é unha bañeira, onde imos os piratas a lavarnos as orellas. Pobriños os pais, canto chorarán ao ver que os seus fillos a bañarse van. MORGAN: (Berrando con acenos de milhomes) Cen mil cetáceos celludos! Basta de cancións! Todos ao traballo! (Todos fan que traballan ata que se vai Morgan.)
  • 2. 2 TOLOMEO: Astolfo, ti que navegaches tanto por todos os mares cóntame algunha historia. Desexo tanto chegar a ser un pirata coma ti... ASTOLFO: (Misterioso) Escóitame, Tolomeo, a vida do pirata non é fácil. Eu podo falarche de cousas tan terribles que farían tremer aos homes máis valentes. TOLOMEO: Por favor, fala. O vixía boquexa ruidosamente. O temoeiro comeza a recitar a pleno pulmón a canción do pirata. PEPE: Con dez canóns por banda... ASTOLFO: (Ao vixía e ao temoeiro) Eh! Vós! Deixade de facer ruído, así non hai maneira de entenderse. (A Tolomeo) Xa calaron. Ti crerás que as baleas, capaces de lapar un barco enteiro, ou que os polbos xigantes que o atrapan cos seus raxos e os funden nas profundidades son os monstros máis perigosos do océano. TOLOMEO: (Asustado) Sen dúbida. Só pensar neles tremo. ASTOLFO: Pois equivócaste, hai un ser moito máis terrible. O vixía dórmese e de cando en vez deixa escapar un ruidoso ronquido. TOLOMEO: Cal? ASTOLFO: O peixe voador. TOLOMEO: O peixe voador? ASTOLFO: Si. Cas súas grandes ás, as bandadas de peixes voadores elévanse sobre os navíos nas noites máis escuras e logo descenden sobre a cuberta, onde devoran a toda a tripulación antes de volver ao mar. O vixía ronca. Entra o Contramestre Morgan pola dereita. MORGAN: Cen mil cetáceos celludos! O vixía esperta sobresaltado e intenta disimular. CASIMIRO: Auga á vista!
  • 3. 3 Morgan avanza cara o centro, preto de Tolomeo e Astolfo. Chúchase o dedo e logo levántao. MORGAN: Roulou o vento! Vós, panda de lacazáns, arriade as velas! ASTOLFO: Pero, señor contramestre, se están arriadas. MORGAN: Entón izádeas! E ti, temoeiro, vira trescentos sesenta graos a babor! Cen mil cetáceos celludos! Non tolero que se discutan as miñas ordes! Tolomeo e Astolfo finxen tirar con forza dos cabos para izar as velas. O temoeiro fai xirar a roda. Morgan sae pola esquerda dando grandes alancadas. ASTOLFO: Uf, foise! Senta e descansa. Séntanse Astolfo e Tolomeo. PEPE: Con dez canóns por banda Vento en popa a toda vela... ASTOLFO: (Ao temoeiro) Pepe, queres calar dunha vez? CASIMIRO: Así non hai quen durma! TOLOMEO: Sigue coas túas historias. ASTOLFO: Ben. Direiche que nada no mar, nin sequera o peixe voador, pode compararse cos monstros que poboan o país dos garamantes. O vixía volve quedar durmido. TOLOMEO: Estiveches alí? ASTOLFO: Hai anos. Alí habita a anfisbena, a serpe que en lugar de cola ten cabeza. TOLOMEO: Oh! ASTOLFO: Tamén o basilisco e o catoblepas que matan coa mirada. A cabeza do catoblepas é tan pesada que o animal non pode levantala do chan. TOLOMEO: Víchelos! ASTOLFO: Estás tolo? Ninguén que os vira viviu para contalo.
  • 4. 4 Óese un gran ruído como un choque. Astolfo, Tolomeo, o vixía e o temoneiro caen ao chan. Levántanse abaneando. Entra o contramestre pola esquerda. MORGAN: Cen mil cetáceos celludos! Que foi iso? CASIMIRO: (Que volveu a empoleirarse á cofa) Abordamos unha barca, señor contramestre. MORGAN: Casimiro, es un asno! Se che paga para que vixíes! CASIMIRO: É que vixiaba por babor e a barca estaba a proa. Pola esquerda entran Rosalinda, Rosafresca e Lindaflor. Van elegantemente vestidas, levan bolso e non parece que acaben de saír da auga. Astolfo sobresáltase ao velas e de aquí en adiante mirará ao chan como se quixera impedir que lle viran a cara. ROSALINDA: Onde vos regalaron o carné? Vaia xeito de navegar! CASIMIRO: Mulleres tiñan que ser! LINDAFLOR: (Ás compañeiras) Sacúdolle? ROSAFRESCA: Lindaflor, mira que es bruta. Espera un pouco. ROSALINDA: Fundistes a miña nave. Non importa! Supoño que teredes camarotes con baño. Preciso tres. Mentres falan, o vixía non para de boquexar. Nótase que vai durmir de novo. MORGAN: Cen mil cetáceos celludos! Recollemos a tres tolas. Astolfo, Tolomeo, buscade ao capitán! (Saen Astolfo e Tolomeo pola dereita) E vós, agora veredes! Caestes nas mans do capitán Barbavermella! ROSALINDA: Barbavermella dicides? Xusto o que estaba buscando. PEPE: Con dez canóns por banda vento en popa a toda vela non corta o mar senón voa... MORGAN: Cala, Pepe! (Ás mulleres) Non lle fagades caso. É poeta. PEPE: Rirvos de min, pero esta canción algún día farame famoso. LINDAFLOR: Iredes a Operación Triunfo? Que ilusión! Asinarédesme un autógrafo? PEPE: Son un xenio incomprendido.
  • 5. 5 Entra Barbavermella pola dereita. Como era de esperar non ten barba. O vixía xa está totalmente durmido. BARBAVERMELLA: Que ocorre aquí? ROSALINDA: Vós sodes Barbavermella? BARBAVERMELLA: Si. ROSAFRESCA: Seguro? BARBAVERMELLA: Por quen me tomades? Non vou saber quen son? LINDAFLOR: É que non o parecedes. BARBAVERMELLA: Afeiteime esta mañá. ROSALINDA: Iso explícao todo. Así que vós sodes o máis feroz pirata? BARBAVERMELLA: Si. ROSALINDA: O máis cruel e sanguinolento? BARBAVERMELLA: (Sorrí con timidez) Si. Pero non sigades que me poño colorado. MORGAN: (Alterándose en progresión durante o diálogo anterior) Capitán, tíroas xa pola borda? BARBAVERMELLA: Espera, non teñas tanta presa. MORGAN: É que nos segue un tabeirón famento e dáme moita pena. BARBAVERMELLA: Sempre tan sentimental... (Ás mulleres) Pobriño, ten un corazón de ouro e quere tanto aos animais... ROSALINDA: Barbavermella, hei proporvos un negocio. Ordenar aos vosos homes que se afasten. BARBAVERMELLA: O vixía e o temoneiro deben permanecer nos seus postos. ROSALINDA: Para o que fan, podían marchar. BARBAVERMELLA: (Comprensivo) Pois tamén é verdade. Marchade todos! Saen os piratas pola esquerda. ROSALINDA: Ben. Xa podemos falar. BARBAVERMELLA: Esperade. Hai algo que non me parece ben. Se marchan os meus homes, que fagan o mesmo as mulleres. ROSALINDA: De acordo. Rosafresca, Lindaflor, retirarvos. Hei falar a soas co capitán. ROSAFRESCA: Ímonos, mais tende coidado.
  • 6. 6 LINDAFLOR: Se precisades de nós, asubiade forte. Rosafresca e Lindaflor saen pola dereita. BARBAVERMELLA: E que me queredes contar? ROSALINDA: Propóñovos que me axudedes a atopar un tesouro. BARBAVERMELLA: Non me fagades rir. Os tesouros non existen. ROSALINDA: Este si. Teño o mapa. BARBAVERMELLA: Un mapa? Podo velo? ROSALINDA: Nin de lonxe. Debedes confiar na miña palabra. Cando o atopemos faremos dúas partes: unha para vós e os vosos homes e a outra para min e as miñas compañeiras. BARBAVERMELLA: (Pensativo) Vale, podemos buscar o tesouro. Ao fin e ao cabo, con probar nada se perde. ROSALINDA: Ademais axudaranos a miña agulla de marear. BARBAVERMELLA: (Alarmado desenvaina a espada) Iso si que non! Non tolerarei mareos no meu barco! ROSALINDA: Non sexades parvo. Dixen agulla de marear, compás. BARBAVERMELLA: E iso que é? Rosalinda saca un compás do bolso e amósallo. ROSALINDA: Mirade. Esta agulla sinala sempre cara o norte. Barbavermella agarra o compás e dálle varias voltas. BARBAVERMELLA: Non lle falta enxeño ao chisme, pero non vexo que sirva para nada. ROSALINDA: Non é posible que sexades tan estúpido. BARBAVERMELLA: (Pensativo) É que veredes, eu non quero ir ao norte... Ah! Xa entendo... O voso tesouro está no norte. Crédevos moi lista, mais aínda non naceu quen poida enganar a Barbavermella. ROSALINDA: Isto cóntollo ás miñas amigas e non o cren.
  • 7. 7 BARBAVERMELLA: Non teredes unha que sinale cara Cuba? Gustaríame visitar ao meu primo. Traballa nun hotel de Varadero. Cae o pano. Segundo acto Cuberta do buque. Agora todo ten un aspecto máis ordenado. O temoeiro e o vixía -este durmido e o primeiro facendo acenos coas mans como se recitara en voz baixa- nos seus postos. Astolfo e Tolomeo de xeonllos con cepillos e un gran barril no que se le “cera” escrito con letras grandes. TOLOMEO: Non volverei facer caso dos anuncios: Faite pirata –dicían-, coñecerás mundo, vivirás aventuras, farás amigos, aprenderás un oficio... Se chego saber que tería que encerar cubertas... Entra o contramestre. Esvara na cera e cae aparatosamente. Co ruído esperta o vixía e finxe mirar ao lonxe facendo viseira coa man. MORGAN: Cen mil cetáceos celludos! Que é isto! ASTOLFO: Mirade onde pisades. Teremos que encerar de novo. TOLOMEO: Todo o día traballando para isto. MORGAN: (Levantándose) Volvéstesvos tolos? Isto é un barco pirata, non un salón de baile! ASTOLFO: Son ordes do capitán. MORGAN: Cen mil cetáceos celludos! Seguro que foi idea das mulleres! Xa non o podo aguantar. Intenta saír a grandes alancadas, pero esvara e cae cara ao fondo do escenario. Levántase e sae. CASIMIRO: Que enerxía! O noso contramestre chegará moi lonxe. PEPE: Si. Un palmo máis e chega á auga. O vixía volve durmir e o temoeiro reinicia os seus espaventos.
  • 8. 8 ASTOLFO: Ten razón o contramestre. Nada bo pode vir de levar ás mulleres a bordo. TOLOMEO: Ti cres? ASTOLFO: Estou seguro. Fíate da miña experiencia. TOLOMEO: (Con admiración) Non só sabes de monstros, tamén entendes de mulleres. Es un sabio! Canto aprendo ao teu lado! ASTOLFO: (Misterioso) Se xuras que non llo contarás a ninguén, confiareiche un segredo. TOLOMEO: Calarei coma un ollomol. TOLOMEO: Gústame máis o linguado. TOLOMEO: Como prefiras. Máis calado ca un linguado. PEPE: (Abstraído fala só) Nada, non hai maneira. Non atopo ningunha palabra que rime con botín. TOLOMEO: Casimiro durmido e Pepe non se decata. Podes falar tranquilo. ASTOLFO: (Antes de falar mira con receo a todas partes) Hai anos, cando era mozo namoreime. TOLOMEO: si? ASTOLFO: Si. Era a moza máis fermosa que te podes imaxinar. Esvelta e lixeira coma unha gaivota, tenra coma unha robaliza... O vixía esperta e disimuladamente intenta escoitar. O temoeiro tamén comeza a poñer atención á conversa sen que se decaten. TOLOMEO: E que ocorreu? ASTOLFO: Ao principio todo foi ben. Ela tamén me amaba, así que casamos. TOLOMEO: Casaches? ASTOLFO: Acábocho de dicir. TOLOMEO: É certo. Por favor, continúa. ASTOLFO: Pero un día... Aínda tremo ao recordalo. Pasaran dous meses de voda e como sempre despois do traballo, regresaba contento a casa para estar con ela, pero ao chegar, que dirías que atopei? TOLOMEO: Non o podo imaxinar.
  • 9. 9 O vixía e o temoeiro que intentan visiblemente non perder palabra da conversa sorrín maliciosamente. ASTOLFO: Alí estaba ela. Tan preciosa, tan doce, tan agarimosa... e ao seu lado... TOLOMEO: Que? ASTOLFO: Unha bañeira. TOLOMEO: Unha bañeira? O vixía e o temoeiro decepcionados perden interese e volven ao seu. ASTOLFO: Como o oes. Mercara unha bañeira. TOLOMEO: Oh! ASTOLFO: Iso non é o peor. Enchéraa de auga. TOLOMEO: Para que? ASTOLFO: Quería que me bañara. TOLOMEO: E que fixeches? ASTOLFO: Que ía facer? Era un mozo e estaba namorado, así que me bañei. TOLOMEO: E despois? ASTOLFO: Desde aquela, a miña vida foi un inferno. Non pasara un mes e outra vez mandoume bañar. TOLOMEO: Canto sufriches! ASTOLFO: Cando me mandou dar un terceiro baño fuxín de casa. E xurei non acercarme de novo a unha muller. Por iso me fixen pirata. TOLOMEO: Cala! Alguén se acerca. Entran pola dereita Rosalinda, Rosafresca, Lindaflor e o capitán. Astolfo trata de que as mulleres non lle vexan o rostro. ROSALINDA: (Examina o chan con atención) Isto hai que enceralo mellor. ASTOLFO: (Sen mirar e deformando a voz) É culpa do contramestre que o tripou todo. TOLOMEO: É certo. BARBAVERMELLA: Non importa. Xa oístes. A traballar!
  • 10. 10 Astolfo e Tolomeo finxen encerar o chan. Rosafresca acércaselles e Astolfo baixa cada vez máis a ollada. Rosafresca dá lentamente unha volta ao redor del, mentres Astolfo xira para darlle continuamente as costas. ROSALINDA: Que ocorre, Rosafresca? ROSAFRESCA: Este mariñeiro recórdame a alguén. BARBAVERMELLA: Quen? Astolfo? ROSAFRESCA: Astolfo dicides? Debinme confundir con outro, cun tal Mariano. Ao oír este nome, Astolfo levántase. Evita mirar a Rosafresca. ASTOLFO: (Deformando a voz) Perdoádeme, teño que ir ao servizo. Marcha precipitadamente pola esquerda. TOLOMEO: Eu tamén. BARBAVERMELLA: Ti tamén, Tolomeo? Sae Tolomeo pola esquerda. ROSAFRESCA: Si, debinme confundir. A voz non é a mesma, pero o cheiro... (Queda pensativa e sae lentamente pola esquerda.) PEPE: Non me acaba de saír. Botín, botín... LINDAFLOR: Que vos ocorre? PEPE: Nada. Estou compoñendo outra canción, pero non atopo nada que rime con botín. LINDAFLOR: Bergantín? Confín? PEPE: Esas non valen. Xa as usei noutra ocasión. Se non cambio, os críticos dirán que non teño vocabulario. LINDAFLOR: Festín? PEPE: (Entusiasmado) Magnífico! Xa o teño! Moitas grazas! ROSALINDA: Pois se xa a tes recítaa. BARBAVERMELLA: Si, si! Recítaa.
  • 11. 11 O vixía espertou co ruído. Mira a todas partes. CASIMIRO: Auga! Auga! PEPE: Escoitade. (Ao recitar fala moi alto e fai amplos xestos) Hurra, cosacos do deserto! Hurra! Europa bríndavos espléndido botín: Sanguentas charcas as súas campías sexan, Das grallas os seus exércitos festín. BARBAVERMELLA: Que sentimento! ROSALINDA: Que lirismo! LINDAFLOR: Chegoume ao corazón. PEPE: (Aparte) Nada como unha poesía para abrandar a unha muller. (A Lindaflor) Se me acompañades amosareivos as miñas outras obras. LINDAFLOR: Que pirata máis xentil! Pepe e Lindaflor vanse pola dereita. BARBAVERMELLA: Falta moito para chegar á vosa illa? ROSALINDA: Non. Temos que estar xa moi preto. BARBAVERMELLA: Casimiro! Ves algo? CASIMIRO: Si. BARBAVERMELLA: Que ves? CASIMIRO: Unha cousiña. ROSALINDA: (Impaciente) Deixade xa de facer o parvo! Que cousiña ves? CASIMIRO: Auga, auga, moita auga. ROSALINDA: Mirarei eu. Saca un anteollo do bolso. Barbavermella mira estrañado. BARBAVERMELLA: Que é iso? ROSALINDA: Un anteollo. Serve para ver o que está lonxe. BARBAVERMELLA: E como funciona? ROSALINDA: Vedes este extremo tan estreito? Aplícase o ollo a el e mírase. Vese mellor pechando un ollo.
  • 12. 12 BARBAVERMELLA: Non remato de entendelo. Que ollo se pecha, o do anteollo ou o outro? ROSALINDA: O outro. O do anteollo úsase para mirar. BARBAVERMELLA: Que barbaridade! Como adiantan as ciencias! Rosalinda mira polo anteollo. ROSALINDA: Alí está! Vexo a illa quince graos a estribor. BARBAVERMELLA: Pepe, xa oíches! Quince graos a estribor! (Decátase de que non hai ninguén ao temón) Pepe! Pepe! Onde te metiches? Cae o pano. Terceiro acto Cuberta do barco. Morgan e os piratas, excepto Pepe con pancartas nas que se le: “Máis sucidade e menos limpeza”. “Desorde e sucidade fan a felicidade”. “A auga para os peixes, o xabón para o patrón”. Están agrupados á esquerda. CORO DE PIRATAS: Máis sucidade, menos limpeza! (Repíteno cinco ou seis veces) MORGAN: Escoitade, compañeiros! Esta situación é intolerable. Non traballaremos mentres Barbavermella non acepte as nosas condicións. Cen mil cetáceos celludos! CORO DE PIRATAS: (Cinco ou seis veces) Desorde e sucidade fan a felicidade. Entran pola dereita Rosalinda, Rosafresca e Barbavermella. BARBAVERMELLA: Que escándalo é este? MORGAN: Estamos en folga. BARBAVERMELLA: Panda de inútiles! Se non volvedes ao traballo farei que vos guinden pola borda. CORO DE PIRATAS: (Cinco ou seis veces) A auga para os peixes, o xabón para o patrón. Rosafresca acercouse ao grupo de mariñeiros e observa con atención a Astolfo que entretido coa protesta non o nota.
  • 13. 13 ROSALINDA: (Aparte a Barbavermella) Non sexades bruto. Non vedes que eles son máis? Debemos negociar. BARBAVERMELLA: Negociar? ROSALINDA: Si. Deixádeme a min. Rosalinda adiántase ata o centro. ROSALINDA: Falemos. Que desexades? MORGAN: Cen mil cetáceos celludos! Todos a unha, compañeiros! CORO DE PIRATAS: (Cantan) Nin me lavo nin me peiteo nin me poño a gravata ata que atope un tesouro agochado nunha lata. Pobriños os pais, canto chorarán ao ver que os seus fillos a bañarse van. Meu barco xa non é meu barco, meu barco é unha bañeira, onde imos os piratas a lavarnos as orellas. Pobriños os pais, canto chorarán ao ver que os seus fillos a bañarse van. ROSALINDA: Compréndovos e estou da vosa parte. (Barbavermella fai esforzos por conterse) A vida do mariñeiro é moi dura. TODOS: Si, moi dura. ROSALINDA: Todo o día traballando. Arriar os foques, rubir á gabia, tensar os obenques, asegurar os estais, navegar en bolina... E o bauprés...? Que me dicides do bauprés? TODOS: O bauprés! Se falaramos do bauprés...
  • 14. 14 ROSALINDA: E todo iso, para que? Para vestir farrapos cotrosos e fedorentos, durmir entre ratas, alimentarse de galletas e biscoitos medio podres, beber auga... TODOS: Auga! Que noxo! ROSALINDA: Por iso, de agora en adiante xa non seredes mariñeiros. TODOS: Non? Barbavermella a punto de sufrir un síncope. ROSALINDA: Non! Desde hoxe seredes técnicos auxiliares de navegación. TODOS: Hurra! Bravo! Viva Rosalinda! Viva Barbavermella! Barbavermella recupera a tranquilidade. MORGAN: (Moi digno) Un momento, e que hai do meu? ROSALINDA: Non me esquezo de vós. Noméovos vicecapitán adxunto, con dereito a levar unha pluma no chapeu. MORGAN: Pode ser de avestruz? ROSALINDA: De avestruz, de galiña ou de gaivota. Elixide vós. E agora que xa solucionamos o problema, voltade ao traballo. BARBAVERMELLA: O contramestre con pluma... quen ía imaxinalo? En fin, desembarcaremos nesa illa. Sospeito que teremos unha sorpresa. Por certo, alguén viu a Pepe? Todos se miran con cara de non saber nada. ROSALINDA: Tampouco aparece Lindaflor. Pero non importa, cando regresemos da illa, buscarémolos. ROSAFRESCA: Eu quedarei para coidar do barco, pero debería acompañarme algún mariñe..., quero dicir, algún técnico auxiliar de navegación. BARBAVERMELLA: De acordo! Tolomeo, queda ti aquí. ROSAFRESCA: Preferiría a Astolfo. É máis guapo. BARBAVERMELLA: Vale, pois que quede Astolfo! (Aparte) Hai gustos para todo.
  • 15. 15 Astolfo intenta escapar, pero Rosafresca suxéitao polo brazo. Todos os demais saen pola esquerda. ROSAFRESCA: Así que Astolfo... ASTOLFO: Pero, cariño, non me gardarás rancor... ROSAFRESCA: Mira, Mariano, que o que me fixeches é moi gordo. ASTOLFO: Non o tomes así. Pensaba volver... Pero xa sabes..., un líase cos amigos e non se dá conta de como pasa o tempo. ROSAFRESCA: Si. Tres anos. ASTOLFO: Uf! Tanto? Non, se entendo que esteas un pouco molesta, pero tanto resentimento ... ROSAFRESCA: Mariano! Non me tentes, que me tés farta. ASTOLFO: Cariño, se sabes que só te quero a ti. Non pasaba un día sen pensar en escribirche, pero como non sei. ROSAFRESCA: Escribir ou pensar? ASTOLFO: Non te pases. O resentimento non é bo para a saúde. ROSAFRESCA: Ben. Cóntame que fixeches en todo este tempo. ASTOLFO: Nada. Navegar de aquí para alá. ROSAFRESCA: Polo menos descubrirías algo. ASTOLFO: Si. Agora pódoche contar que o mundo non ten borde. ROSAFRESCA: Que? ASTOLFO: Iso, que non ten borde. Ti segues navegando, navegando e ao final chegas ao mesmo sitio. ROSAFRESCA: Pois non será a casa. ASTOLFO: Ves? O resentimento. Sempre pensando no mesmo. Estás obsesionada. ROSAFRESCA: (Farta) Mira! Báñate e logo falamos. ASTOLFO: Como? Bañarme? (Intenta recuar, pero Rosafresca agárrao do brazo) ROSAFRESCA: Xa me oíches. Ao baño! Rosafresca lévase a Astolfo pola dereita. Pola esquerda entran Lindaflor e Pepe. LINDAFLOR: Que poesías máis fermosas! PEPE: Agora que che atopei escribireinas mellores. Serás a miña musa. LINDAFLOR: (Tenra) Pepe.
  • 16. 16 PEPE: Lindaflor. LINDAFLOR: Amarasme sempre? PEPE: Pois claro. E ti a min? LINDAFLOR: Claro. PEPE: Seremos tan felices... LINDAFLOR: (Soñadora) Si. (Volvendo á realidade) Pero, Pepe, tés que deixar esta vida de pirata. PEPE: Como ti digas. Viviremos das miñas poesías. LINDAFLOR: (Mosqueada) Pepe, que falo en serio. PEPE: Pois claro, corazón. LINDAFLOR: A poesía está moi ben para pasar un rato, pero para gañar a vida tés que facer algo útil. PEPE: Non é útil a poesía? LINDAFLOR: O listo que es para algunhas cousas e o parvo que es para outras. Rosalinda tróuxonos a esta illa para atopar un tesouro. Pensei que coa nosa parte podiamos poñer un restaurante. PEPE: (Perplexo) Un restaurante? LINDAFLOR: Si cariño. Ti redactarás a carta. Co ben que escribes resultarache moi sinxelo. Xa podo imaxinalo: A angula de Cogolludo confeitada rechea de trufa ao aroma do azar sobre leito de acelga caramelizada. PEPE: Pero, iso cómese? LINDAFLOR: Que saberás ti de cociña? Ti a escribir a carta e a atender aos clientes. Da cociña e das contas encárgome eu. PEPE: Pero cariño, no barco teño liberdade. LINDAFLOR: Liberdade para que? PEPE: É o meu barco o meu tesouro, é o meu deus a liberdade, a miña lei a forza e o vento, a miña única patria, a mar. LINDAFLOR: Bah! Tés a cabeza chea de paxaros. Aquí do que se trata é de montar un negocio. PEPE: Non, se visto así...
  • 17. 17 Pola esquerda entran Rosalinda, Barbavermella, Morgan e o resto dos piratas. Arrastran unha gran caixa de aspecto metálico. ROSALINDA: (A Barbavermella) Ben, xa podedes ordenar aos vosos homes que se bañen e se poñan a gravata. BARBAVERMELLA: (Sorprendido) Como? ROSALINDA: O que dicían: Nin me lavo nin me peiteo... Pois xa atopamos o tesouro na lata. BARBAVERMELLA: É certo. MORGAN: Se tomaramos en serio todo que se di... Cen mil cetáceos celludos! ROSALINDA: Basta de cháchara! Que se bañen mentres vós e eu repartimos o tesouro. BARBAVERMELLA: Xa oístes. Señor vicecapitán adxunto, señores técnicos auxiliares de navegación, báñense e póñanse a gravata. Saen Morgan e os mariñeiros pola dereita. Quedan, ademais de Barbavermella e Rosalinda, Pepe e Lindaflor. BARBAVERMELLA: Que pasa Pepe? Por que non te bañas como os demais? PEPE: Capitán, é que veredes... Penso deixar a piratería e establecerme en terra con Lindaflor. BARBAVERMELLA: Sempre pensei que a vida de pirata non era para ti. Es un soñador, sempre coas túas poesías, sempre dando a lata cos versos... cando se viu que un pirata perda o tempo escribindo? Mellor! Se xa non es pirata non che corresponde parte do tesouro, así que tocaremos a máis. PEPE: Un momento que aínda son pirata! Xa me darei de baixa outro día, que unha cousa é ser poeta e outra moi distinta, ser parvo. Ou é que vós pensades que os poetas non comemos ou que, cal aladas bolboretas libamos o néctar das flores? Non señor. Dádeme un bo bisté e comporei unha oda; por un solombo, un soneto; por un bico... que daría por un bico?... BARBAVERMELLA: Non entendo. Non pretenderá que o bique? Ata aí poderíamos chegar!
  • 18. 18 PEPE: Perdoádeme, lieime, o do bico vaino escribir Bécquer. Volvamos ao que estaba dicindo: Para atraer as musas nada mellor que unha mesa ben provista, con marisco e carne asada, entremeses e pescada, bos viños e sobremesa coa súa torta de fresa. LINDAFLOR: Ai, que ben fala! Ademais, xa case non di parvadas. BARBAVERMELLA: Ben, pois se aínda es pirata, a bañarse! LINDAFLOR: (A Pepe) A verdade é que te está facendo falla un bo baño. PEPE: O que mandes corazón. Saen Pepe e Lindaflor pola dereita. Polo mesmo lugar entran Astolfo e Rosafresca forcexando. ROSAFRESCA: Dixen que te bañes! ASTOLFO: Capitán! Axuda! Esta tola quere facerme bañar. BARBAVERMELLA: Xa está ben! Ao baño cos demais! Ah, pero antes trae unha mesa e dúas cadeiras. Saen Astolfo e Rosafresca pola dereita. Seguidamente volven a entrar cunha mesa e dúas cadeiras. Colocan a mesa no centro da escena cunha cadeira a cada lado. Logo volven saír polo mesmo lado. ROSALINDA: (Senta nunha cadeira) Ben, Barbavermella, acercade o cofre e sentádevos. Imos Repartir o tesouro. BARBAVERMELLA: Comecemos. Rosalinda colle unha moeda do cofre e dálla a Barbavermella. De seguido colle unha para ela. ROSALINDA: Unha moeda para vós e outra para min. (Entrega outra moeda ao pirata) Xa tendes dúas, así que collo dúas para min. (Quédase dúas moedas e logo dá unha a Barbavermella) Como xa tendes tres, collerei tres para min. Barbavermella comeza a estrañarse. BARBAVERMELLA: Sospeito que me estades facendo trampa.
  • 19. 19 ROSALINDA: (Indignada) Como vos atrevedes? Acaso sabedes ler? BARBAVERMELLA: Non, por certo, xamais se probará que na miña familia un home perda o tempo nesas cousas. ROSALINDA: Tampouco sabedes dividir? BARBAVERMELLA: E iso que é? ROSALINDA: É repartir segundo principios matemáticos. BARBAVERMELLA: Que cousas! ROSALINDA: E sen saber dividir, atrevédevos a dicir que eu reparto mal? BARBAVERMELLA: Perdoádeme (Aparte) Se tivese feito caso a miña nai cando me mandaba á escola... ROSALINDA: O que deberiades facer é agradecerme que eu non repartira de maneira xeométrica BARBAVERMELLA: Como é iso? ROSALINDA: Moi sinxelo. Cóllense as moedas e fanse dous montóns: nun as redondas para min; no outro as cadradas para vós. BARBAVERMELLA: Que sabedoría! Se eu estudara... En silencio continúa o reparto, mentres a luz diminúe lentamente para indicar o crepúsculo. Despois volve aumentar. Namentres saíron os piratas elegantemente vestidos, todos con gravata. O contramestre leva ademais un chapeu cunha gran pluma. CORO DE PIRATAS: (Cantan) Xa me lavo, e me peiteo, xa me poño a gravata, porque atopei un tesouro escondido nunha lata. Que alegres as nais, que alegres están, ao ver que os seus fillos a bañarse van. Meu barco non é meu barco, Meu barco é unha bañeira, onde imos os piratas a lavarnos as orellas.
  • 20. 20 Que alegres as nais, Que alegres están, Ao ver que os seus fillos A bañarse van. Cae definitivamente o pano.