SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante



                 Cruz Martínez
ÍNDICE



No lado esquerdo da xanela.................................................4


Pendúrase nos extremos.......................................................5


En concreto sabía dela.........................................................6
I


No lado esquerdo da xanela pousa unha bolboreta
                                 tricolor
                               verde, amarela, vermella
Alugada neste espazo, no que habita
Ten penduradas pingas de resío nas paredes
obxectos que recordan a herba mollada
trevos de catro follas, amuletos de boa sorte
e unha figura que se proxecta no centro do cuarto en
                 decúbito supino mirando o ceo
pousos de café certifican a fiabilidade das visións
catro bágoas enxoitas descansan na páxina
                                         daquel libro
que antonte ficou abandonado a carón da televisión
Un corazón con marcapasos atravesa carreiros
                                       estreitos
                              Sabe que está de prestado
Nese tempo soa un sineiro e o reloxo de peto marca
                             as 12 e un cuarto
Deixa de contar as horas e sente na caluga os ollos
dos xurelos que agardan a hora de xantar
                      enriba da mesa da cociña
De vagar senta nunha cadeira e conversa
sen présa, e debuxa a silueta do vento
                    cun dedo no mantel




                                4
II

Pendúrase nos extremos
Sabe que non hai tempo, mais
                  xorde temerario
Busca o equilibrio dos arácnidos
na ingrávida superficie de alienados
                              autómatas
Eses que formulan realidades ao pé
                        dun tallo retorto
e cando lle penetra o solpor na face
                          distraída
gabéanlle polos ombreiros
as teorías obsesas dos vagalumes
malia todo, o son dun clavicordio
prolixo, lesiona a extrema levidade das
                               caracochas




                      5
III

En concreto sabía dela
As palabras fixeran unha descrición
                             Polo miúdo
Seica existiu, mais
Foi un concepto arredor dunha noria
O cuspe pegou ideas no baleiro
A man, con claros síntomas de
                       inseguridade
traza bosquexos inexactos dunha perna
que pretende tirar para diante




                  6
Este traballo conseguiu o 2º premio de poesía no


I CERTAME LITERARIO TERRAS DE CHAMOSO

Xaneiro 2008   (O Corgo, Lugo)

More Related Content

Viewers also liked

Social Media for Schools
Social Media for Schools Social Media for Schools
Social Media for Schools Squareberry
 
رضا شهاب المكّي الشروق
رضا شهاب المكّي    الشروقرضا شهاب المكّي    الشروق
رضا شهاب المكّي الشروقSonia Charbti
 
قوى تونس الحرّة بيان رقم 5
قوى تونس الحرّة بيان رقم 5قوى تونس الحرّة بيان رقم 5
قوى تونس الحرّة بيان رقم 5Sonia Charbti
 
رضا شهاب المكّي الشروق
رضا شهاب المكّي    الشروقرضا شهاب المكّي    الشروق
رضا شهاب المكّي الشروقSonia Charbti
 
مشـروع إعلان مبادئ للدستور قوى تونس الحرّة
مشـروع إعلان مبادئ للدستور   قوى تونس الحرّةمشـروع إعلان مبادئ للدستور   قوى تونس الحرّة
مشـروع إعلان مبادئ للدستور قوى تونس الحرّةSonia Charbti
 
الأرضية السياسية لقوى تونس الحرّة
الأرضية السياسية لقوى تونس الحرّةالأرضية السياسية لقوى تونس الحرّة
الأرضية السياسية لقوى تونس الحرّةSonia Charbti
 
من هي قوى تونس الحرّة
من هي قوى تونس الحرّةمن هي قوى تونس الحرّة
من هي قوى تونس الحرّةSonia Charbti
 
Amante tocada pola antropofaxia
Amante tocada pola antropofaxiaAmante tocada pola antropofaxia
Amante tocada pola antropofaxiaCruz Martinez
 
MBS CMO Presentation
MBS CMO PresentationMBS CMO Presentation
MBS CMO Presentationnashy2k
 
Toyota-Tesla merger presentation
Toyota-Tesla merger presentationToyota-Tesla merger presentation
Toyota-Tesla merger presentationnashy2k
 

Viewers also liked (11)

Social Media for Schools
Social Media for Schools Social Media for Schools
Social Media for Schools
 
رضا شهاب المكّي الشروق
رضا شهاب المكّي    الشروقرضا شهاب المكّي    الشروق
رضا شهاب المكّي الشروق
 
قوى تونس الحرّة بيان رقم 5
قوى تونس الحرّة بيان رقم 5قوى تونس الحرّة بيان رقم 5
قوى تونس الحرّة بيان رقم 5
 
رضا شهاب المكّي الشروق
رضا شهاب المكّي    الشروقرضا شهاب المكّي    الشروق
رضا شهاب المكّي الشروق
 
مشـروع إعلان مبادئ للدستور قوى تونس الحرّة
مشـروع إعلان مبادئ للدستور   قوى تونس الحرّةمشـروع إعلان مبادئ للدستور   قوى تونس الحرّة
مشـروع إعلان مبادئ للدستور قوى تونس الحرّة
 
CFO Whitepaper
CFO WhitepaperCFO Whitepaper
CFO Whitepaper
 
الأرضية السياسية لقوى تونس الحرّة
الأرضية السياسية لقوى تونس الحرّةالأرضية السياسية لقوى تونس الحرّة
الأرضية السياسية لقوى تونس الحرّة
 
من هي قوى تونس الحرّة
من هي قوى تونس الحرّةمن هي قوى تونس الحرّة
من هي قوى تونس الحرّة
 
Amante tocada pola antropofaxia
Amante tocada pola antropofaxiaAmante tocada pola antropofaxia
Amante tocada pola antropofaxia
 
MBS CMO Presentation
MBS CMO PresentationMBS CMO Presentation
MBS CMO Presentation
 
Toyota-Tesla merger presentation
Toyota-Tesla merger presentationToyota-Tesla merger presentation
Toyota-Tesla merger presentation
 

More from Cruz Martinez

Contemplo o proceso inevitábel da despedida
Contemplo o proceso inevitábel da despedida Contemplo o proceso inevitábel da despedida
Contemplo o proceso inevitábel da despedida Cruz Martinez
 
O lánguido ocaso dunha dalia
O lánguido ocaso dunha dalia  O lánguido ocaso dunha dalia
O lánguido ocaso dunha dalia Cruz Martinez
 
A coleccionista de cicatrices
A coleccionista de cicatricesA coleccionista de cicatrices
A coleccionista de cicatricesCruz Martinez
 
Atraidos por un choque de feromonas
Atraidos por un choque de feromonasAtraidos por un choque de feromonas
Atraidos por un choque de feromonasCruz Martinez
 
Se cadra, son pequena de máis
Se cadra, son pequena de máisSe cadra, son pequena de máis
Se cadra, son pequena de máisCruz Martinez
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Cruz Martinez
 
Às vezes temo a metamorfose
Às vezes temo a metamorfose  Às vezes temo a metamorfose
Às vezes temo a metamorfose Cruz Martinez
 

More from Cruz Martinez (8)

A trabe de ouro 99
A trabe de ouro 99A trabe de ouro 99
A trabe de ouro 99
 
Contemplo o proceso inevitábel da despedida
Contemplo o proceso inevitábel da despedida Contemplo o proceso inevitábel da despedida
Contemplo o proceso inevitábel da despedida
 
O lánguido ocaso dunha dalia
O lánguido ocaso dunha dalia  O lánguido ocaso dunha dalia
O lánguido ocaso dunha dalia
 
A coleccionista de cicatrices
A coleccionista de cicatricesA coleccionista de cicatrices
A coleccionista de cicatrices
 
Atraidos por un choque de feromonas
Atraidos por un choque de feromonasAtraidos por un choque de feromonas
Atraidos por un choque de feromonas
 
Se cadra, son pequena de máis
Se cadra, son pequena de máisSe cadra, son pequena de máis
Se cadra, son pequena de máis
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira
 
Às vezes temo a metamorfose
Às vezes temo a metamorfose  Às vezes temo a metamorfose
Às vezes temo a metamorfose
 

Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante

  • 1. Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante Cruz Martínez
  • 2.
  • 3. ÍNDICE No lado esquerdo da xanela.................................................4 Pendúrase nos extremos.......................................................5 En concreto sabía dela.........................................................6
  • 4. I No lado esquerdo da xanela pousa unha bolboreta tricolor verde, amarela, vermella Alugada neste espazo, no que habita Ten penduradas pingas de resío nas paredes obxectos que recordan a herba mollada trevos de catro follas, amuletos de boa sorte e unha figura que se proxecta no centro do cuarto en decúbito supino mirando o ceo pousos de café certifican a fiabilidade das visións catro bágoas enxoitas descansan na páxina daquel libro que antonte ficou abandonado a carón da televisión Un corazón con marcapasos atravesa carreiros estreitos Sabe que está de prestado Nese tempo soa un sineiro e o reloxo de peto marca as 12 e un cuarto Deixa de contar as horas e sente na caluga os ollos dos xurelos que agardan a hora de xantar enriba da mesa da cociña De vagar senta nunha cadeira e conversa sen présa, e debuxa a silueta do vento cun dedo no mantel 4
  • 5. II Pendúrase nos extremos Sabe que non hai tempo, mais xorde temerario Busca o equilibrio dos arácnidos na ingrávida superficie de alienados autómatas Eses que formulan realidades ao pé dun tallo retorto e cando lle penetra o solpor na face distraída gabéanlle polos ombreiros as teorías obsesas dos vagalumes malia todo, o son dun clavicordio prolixo, lesiona a extrema levidade das caracochas 5
  • 6. III En concreto sabía dela As palabras fixeran unha descrición Polo miúdo Seica existiu, mais Foi un concepto arredor dunha noria O cuspe pegou ideas no baleiro A man, con claros síntomas de inseguridade traza bosquexos inexactos dunha perna que pretende tirar para diante 6
  • 7. Este traballo conseguiu o 2º premio de poesía no I CERTAME LITERARIO TERRAS DE CHAMOSO Xaneiro 2008 (O Corgo, Lugo)