SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
Literatura Galega
  do Século XX e da Actualidade

Xosé Vázquez Pintor


           Entrevista
    IES Manuel García Barros
           A Estrada


                                   Texto: © Cc-by-sa-3.0
                           Fotos: © Todos os dereitos reservados
Xosé Vázquez Pintor
1.       Como lembra Vostede aqueles seus primeiros anos naqueles anos corenta e cincuenta con aquela sociedade antinatural?
         Marcaron aquelas experiencias o seu futuro pensamento, a súa profesión ou o percorrido existencial?
En ecos solidarios da memoria. Eramos nenos e nenas cos ollos abertos cara ás descubertas do noso imaxinario, que era ricaz (as vacas
que non tiñamos eran os carolos do millo; os coches que pasaban de día en tarde ao noso carón, eran as latas baleiras das sardiñas; os
cabalos e as égoas eran os barrotes dos casqueiros, que apañabamos nos aserradoiros, coa licencia dos seus donos ). Así era o mundo
máis de noso. Os pais viñan de apandar unha guerra inxusta. Perderan familia, amigos, esperanzas. Ollámolos tristes sen sabermos
aínda polo que. Eran as carencias de corpo e alma. Esa cor grisalla do tempo que non crarea. E nós soñabamos luces, xogos, ledicias
sempre. E fomos adolescentes, xoves, adultos prematuros. Soubemos das luces para varrer as sombras. E fomos indo cara ao mundo do
difícil a contramarcha, aprendices resistentes, co cariño dos nosos pais e dos avós que nos contaban o pasado entre metáforas,
símbolos, debuxos de palabras que no meu caso foron incendiarias para o futuro. O nosos devanceiros eran narradores das esencias da
vida, virtuosos da conversa: a nosa lucería nas noites da lareira, que eu lembro na aldeíña de Quian coma un resolio de por vida. A
marca da aldea vai comigo na esperanza sucesiva dos días e das horas máis felices.
2.      Vostede estivo de contino nos alicerces de diferentes grupos teatrais. Aínda segue a nosa dramaturxia escasa de grupos teatrais?
        Como xulga a situación do teatro independente? e do teatro oficial? Que necesitarían ambos para se aproximar á súa
        normalización?
 O Teatro é unha das ferramentas que conlevamos nas idades das estirpes, coma unha herdanza
 benquerida. Quen non ten na familia un ou dez actores que nos interpretan os soños, que
 recrean persoas, circunstancias, tempos…? Son de seu, de noso, naceron así, listos,
 falangueiros, ocurrentes, sabidos coma filósofos do remo e do arado, da dorna e do tractor
 das arestoras. Reparade nesas persoas da nosa casa; algunha haberá que ten as dotes. Rompen
 de cando en vez o ritmo da tristura, dos aburrimentos, da renuncia…e botan lume de risa a
 gargalladas, xogan coas palabras, fan malabares coa voz e coa mímica do corpo en alma. Así
 somos os galegos e galegas: un pobo intérprete mancado polos séculos do silencio e das
 rotinas, coma unha doma que os devanceiros coidaron e souberon denunciar. O teatro de
 hoxendía ten esas carencias de non saber no íntimo desta marabilla da xenética. E aproveitar
 as esencias. E dar lustre ao mundo que nos couta e nos mal interpreta no diario. Na
 literatura, o Teatro Galego é un fillo pobre, un neto desherdado: ese alguén que pasa e que
 malvive; o grande ilusionado que vai só. E fixen canto puiden e souben por nos soerguer desta            Con David Otero na Solaina de Piloño
 perversión que tanto manca e tolle.
O Teatro somos Nós. Estamos no Entroido diferente e popular, en Festa e de convivios. Temos séculos de historia interpretativa.
Resucitamos territorios, aldeas e vilas que foran esencias, comedia, drama, diálogo, monólogo, máscaras, música, silencio, canto…
Reparade nos calendarios de cada ano. Poden ser centos. Noutros territorios máis ousados dirían que milenios. Orgullecer polo Teatro
Galego está nas autoestradas do progreso: é tempo e lume noso, aínda.
Xosé Vázquez Pintor

3.     Vostede tocou practicamente todo tipo de xéneros literarios. Séntese a gusto con todos ou hai algún deles polo que sinta
       predilección?

Por todos. A escrita é divertimento, terapia, aprendizaxes. Un xogo de palabras para recrearmos o noso mundo. “Botar fóra,
desabafar”, sermos felices, libertarios, sen couto. Por acaso a poesía sexa a miña mellor amiga. As voces críticas que dan fe literaria
dinme que a prosa poética vai sempre comigo. E eu son así feliz con este diagnóstico, moito.

4.      Vostede pode presumir de ter recibido varios premios ao seu labor literario. Que
        supoñen estes premios para un escritor coma Vostede? Deberíase incentivar aínda máis o
        nacemento de novos premios? Que supón para un escritor recibir o “E” de escritor? E
        que nos pode dicir da experiencia de poder residir dunha rúa co seu propio nome?

Supoñen unha ledicia interior, caladiña. Un colo e un berce para seguir soñando historias,
desafíos, terramar, universo…E aí, nese silencio interior, proseguimos moitos e moitas a nosa
andaina pola Literatura que nos conmove e que nos honra.


5.      Foi Vostede un dos creadores do xornal “A Nosa Terra” tristemente desaparecido hai
        pouco. Como xulga a continua desaparición de prensa escrita total ou parcialmente en
        galego? Vai supoñer este feito un forte atranco para a nosa normalización como pobo e
        para o noso idioma?                                                                                    Fonte: La Voz de Galicia


Pechar as bocas para o silencio é o pórtico da ruina. Eliminar a esperanza. Deixar de sermos para que os outros sexan. E os outros son o
autoodio, o noxo polo que nos corresponde dende que sabemos dar valor e orgullo aos nosos patrimonios singulares, que son moitos. A
Nosa Terra era a voz dos porteadores das palabras con ideas para a esperanza. Foino así dende os inicios. Ficou derrubada neste século
por mor da infinita miseria dos que non aman. E detrás dela veu a restra das desaparicións que eran innovadoras, frescas, críticas,
solidarias. Para min é un pesadelo que non me pode aínda. Estou afoute e aberto a colaborar en toda circunstancia de progreso e
apertura, con aquelas ousadías de sermos, de falarmos, de noticiarmos o presente e os futuros coa voz pública, fermosa, da nosa
lingua.
Xosé Vázquez Pintor
6.     Que pasa pola mente dun escritor cando ten que vir desde Cuba unha investigadora da súa obra para realizar unha tese doutoral
       e que no seu país ninguén se interesase? Será que aínda non somos quen de recoñecer o que temos de noso?

O traballo de Yanelis é das mellores sorpresas e ledicias que están na miña vida. A
mociña que veu de lonxe, polas avenidas do mar das palabras de noso, que son
atlánticas, océanos. Ela que non é das nosas estirpes da emigración a Cuba. Ela que
soubo e quere ser galega na fala, na escrita, na cátedra universitaria d´A Habana, nos
andares e dicires que lle chegaron e souberon a alimento, a patrimonio e riqueza
universal pola maxia das descubertas das palabras galegas, que son canto. E outras
tantas Elas / Eles que hai e haberá sempre namoradas / os deste encontro. Velaí
outra razón de nos enfrontar cos que nos odian, cos despreciativos, cos indiferentes,
cos que non queren ser nin saber ren dos patrimonios da memoria, do presente e dos
futuros.
O fermosísimo achádego universal dos portavoces correspondentes da nosa cultura,
usuarios sen couto da nosa lingua. Fronte as cidades e as vilas reaccionarias da
Gallaecia desta progresía dos desprezos, as Yanelis dos outros universos que nos
atenden e respectan de por vida e obra.
                                                                                                          Na Solaina de Piloño
 7.      Vostede puxo nas destras mans de don Paco Lareo unha cerdeira súa que secara e que tantas vivencias lle aportaba para que
         a inmortalizase. Será esta unha mostra de que soamente a inmortalidade debe permanecer na arte e non facermos como
         cando a arte pasa a mellor vida a través do esquecemento ou da man do home? Que pensa Vostede cando ver arder
         bibliotecas, como ocorreu en Irak ou como en poucas horas en Valencia se queiman tantas marabillas artísticas?
 A cerdeira de Quian era a miña cerdeira, eramos irmandiños nolos dous. As primeiras flores, os paxaros do sur que repartían comigo
 as cereixas da mañá cediña…Era grande e xenerosa. Foise indo paseniño. E quixen que Paco Lareo tivese con ela ese cariño que eu
 non sabería dar para a lembranza. Veu o artista de Piloño, trastorouna cando xa non tiña a vida, e levámola para A Solaina. Alí foi a
 vida outra e nova: a ben vestida en arte.
 Cando vou alá, sorrimos, dámonos os ollos, soñamos flores brancas, nolos dous e nolos tres. Unha marabilla de futuros. E neste
 contexto de respecto e de conservación progresista aparecen as novas que me referides: o lume feito arrasador polas vísceras máis
 brutas e corruptas do universo que nos é hostil. Os libros sempre serán as vítimas dos emperadores das miserias, ao xeito do lume
 ou aos xeitos máis ocultos das desaparicións progresivas. Dicir libros para eles é decir os medos máis feroces. Seguen os ataques,
 arestoras dun xeito máis “civilizado”: o silencio e as pantomimas da noite en días. Valencia ten o seu aquel identitario coas fallas:
 arte para a luz dos lumes; na brevidade do tempo en espectáculo de estralos, derrota ou caos; circunstancia feliz, coma se tamén en
 nós e en tantos outros mundos do planeta. Velaí o contraste que pode ser tamén a metáfora da vida.
Xosé Vázquez Pintor

8.     Vostede tivo que botar man dos seudónimos por simple supervivencia coma moitos autores e autoras ou ben por outras causas?

Os seudónimos useinos para as ocultacións cando eran os concursos literarios. Só en dúas
veces agochei tamén a miña identidade nos sobres que gardaban a plica. Eran os medos
por aquel malditismo de “os novísimos da poesía galega” (Ed. Akal, Madrid, 1973) que nos
arrasou a esperanza en moitos anos. Sobrevivir era unha imposición, cando non había
editoriais de vangarda e risco. Mais quero dicir que a miña sorte nos concursos de poesía,
teatro e narrativa foi abondosa. Nesa fortuna sobrevivo. E mando dende aquí un cariño
especial a Miguel Anxo Fernán Vello, director da “Editorial Espiral Maior” pola súa
xenerosidade e compromiso coa miña obra. E non esquenzo a “Edicións Celta”, “Edicións
do Cerne/Minor”, “Edicións Fervenza”, a “Sotelo Branco”, a “Everest”, “Laiovento” e a
“Xerais”, que foron fitos de honra no compromiso da miña andaina cos soños e as
palabras.
 9.      Os ensaios antropolóxicos figuran en letras maiúsculas na súa obra. Cre que esta é
         unha das partes máis esquecidas da nosa cultura especialmente para nós, os máis
                                                                                                         Na Solaina de Piloño.
         xoves, que estamos nunha fase bastante pronunciada de ruptura co noso pasado?

A triloxía “Os vellos oficios” foi unha proposta, fermosa e ousada a un tempo, que me fixera Victor Freixanes. Á volta do tempo
editounos Xerais. E estou moi feliz de non me ter derrubado en tanta espera pola edición dos tres volumes que considero de mínimos
para outras propostas que sen dúbida serán dos nosos escritores do futuro, se aínda hai lugar e tempo. “Velaí vos queda o orgullo,
que ben pode ser difícil”.

10.    Nestas entrevistas tamén figuran don Francisco Pillado e don Manuel Lourenzo, que foron uns dos principais revitalizadores da
       figura e da obra do noso veciño don Manuel Daniel Varela Buxán. Que papel cumpriu Vostede na revitalización deste insigne
       dramaturgo? Que influxo tivo en Vostede a persoa e a obra de Varela Buxán.

Manoel Daniel Varela Buxán, que vive en min dun xeito especial e cariñoso, foi a portavocía de Galiza (así era a súa pronuncia,
remarcando a fonética do z) na miña vida de adolescencia e xuventude. Medrei sendo seareiro das palabras de Quian, esa pronuncia,
que el tamén levaba cara ao Arnego, o río das troitas e pasatempo: cesto, cana, pucho e Brigo, o seu can que aínda teño na memoria.
Era conversador, era amigo, era solidario,era da miña familia de alma e soño. Quixo facer o limiar de “Gándaras”, o meu primeiro
libro.Un pai, in irmau, un mestre, un Amigo da Casa de Vila, que é a miña riqueza máis distinta. Foi honra participar nas súas
homenaxes, todas serán poucas. Era honrado e xeneroso. Castelao, Otero Pedrayo, Blanco Amor, Seoane, Laxeiro, Tacholas, Isaac Díaz
Pardo…centos. A Terramar de noso a prol da tanta vida.
A R IO
      IO N
  ES T
CU            Nota: non fiei nunca de
              moitas destas respostas
               automáticas Poden ser
             mentira, pedantería, etcs.
             Quero que me perdoedes
               esta teima, que vén de
             vello. Van aquelas nas que
              podo ser menos inxusto.
Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?
    Un feito histórico?

  A democracia; que          Visitar a Gallaecia, que vén de lonxe.
  segue estando en
       obras.                E descansar en Quian, co seu sorriso.
            nto                        Unh
         me                               a pel
                                               ícula
      onu bel?                                         de ci
  n m ientá        a                                    ne
U
    sal       m iñ                      Enca
        s da lle                      auten   ntou
                                                   me a
     ico ndo          No                    ticid
 s b ca            o“ .                 fresc ade e a
O ai          l ibr do”           MAM        ura d
   n       i o nca
         ue a U                           ASU
                                               NCIÓ
                                                   e         Un l
                                                                  ugar
      eg
    tr ón m q n/ha aut                               N.
                                                                       axeit
                                                                    lectu ado para
 en az               uen         or/-a                                   ra?       a
   c or                   se id
                                entif con                  A al
                    Elas             ique                      dea,
                         , Ele            ?                           en lu
                  ama           s. Qu                              día.      z de
                       nos             e
                              ile
                                ncio
                                     .
Un tipo
         de   música?                                 pía?
                        Unha ca                   uto
                                nción?    U nha      es, e
                                               felic
 A Músic                                    mos re.
                                         Ser emp
           a Clásic                                                  ad Out
feliz can           a. Bebín                 s                         em ro
           do tiña a          dela                                       ai en
alta cali            s obriga                                  Pi          s d tre
          dade par            s da                                co          a tem
                                                                               lit
    as interp      a acomp                                   da , o               er ent
                             añar                                                   at o
               retación                                        s b ca                 ur
   “Ancora              s de                                                             a?
             douro, m
                       imo e                                       e nv   n    ci
       pantomi                                                                      ño
                  ma”.                                     no?          id
                                                          a
                                                      /urb ?                 as
                                                 rural aña                      .
                                             ndo mont
                    eali zar?             Mu
                                               aia/
               por r                         Pr
       anc
           eio                                             ias:
     n            e os                                  anc io-
              rtas o                              ltern Med
   U
          ape
       As s para
                                              A sa
                                                     a do .
            o          rio.                   A  Terr gas
         bic solida                                 Can
       mu  ndo

More Related Content

What's hot

Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoAsnosasletras
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández pazAsnosasletras
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalíaxenevra
 
Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández Paz
Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández PazLaudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández Paz
Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández PazFrancisco Castro
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaAsnosasletras
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez CáccamoAsnosasletras
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegotudense
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizánAsnosasletras
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezAsnosasletras
 

What's hot (20)

Entrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do RoxoEntrevista a Clara do Roxo
Entrevista a Clara do Roxo
 
Cousas
CousasCousas
Cousas
 
Agustín fernández paz
Agustín fernández pazAgustín fernández paz
Agustín fernández paz
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Escolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de CastroEscolma Rosalía de Castro
Escolma Rosalía de Castro
 
Anxos Sumai
Anxos SumaiAnxos Sumai
Anxos Sumai
 
Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández Paz
Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández PazLaudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández Paz
Laudatio de Francisco Castro sobre a figura e a obra de Agustín Fernández Paz
 
Euloxio r. ruibal
Euloxio r. ruibalEuloxio r. ruibal
Euloxio r. ruibal
 
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"Guía de lectura "Os mellores da lingua"
Guía de lectura "Os mellores da lingua"
 
Arcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanovaArcadio lópez casanova
Arcadio lópez casanova
 
don Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamodon Alfonso Álvarez Cáccamo
don Alfonso Álvarez Cáccamo
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Luz pozo garza
Luz pozo garzaLuz pozo garza
Luz pozo garza
 
Euloxio r
Euloxio rEuloxio r
Euloxio r
 
Domingo villar
Domingo villarDomingo villar
Domingo villar
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galego
 
María xosé queizán
 María xosé queizán María xosé queizán
María xosé queizán
 
María Reimóndez
María ReimóndezMaría Reimóndez
María Reimóndez
 
Manuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo GonzálezManuel Lourenzo González
Manuel Lourenzo González
 
Xesus Constela
Xesus ConstelaXesus Constela
Xesus Constela
 

Similar to Vazquez pintor

Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012martafp
 
Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5cigformacion
 
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de CastroRosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castrotrafegandoronseis
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigocenlf
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimentoxenevra
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castroboello
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXenza
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaAsnosasletras
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Marlou
 

Similar to Vazquez pintor (20)

Boletín abril 2012
Boletín abril 2012Boletín abril 2012
Boletín abril 2012
 
Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5Escrita contemporanea5
Escrita contemporanea5
 
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de CastroRosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz   dr. hc u vigoDiscurso agustin fdez paz   dr. hc u vigo
Discurso agustin fdez paz dr. hc u vigo
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Xabier alcalá
Xabier alcaláXabier alcalá
Xabier alcalá
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castro
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Guía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArteGuía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArte
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
Unha escritora entre nós
Unha escritora entre nósUnha escritora entre nós
Unha escritora entre nós
 
Entrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta DacostaEntrevista a Marta Dacosta
Entrevista a Marta Dacosta
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 

More from Asnosasletras

More from Asnosasletras (20)

Entrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costasEntrevista ledicia costas
Entrevista ledicia costas
 
Entrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesiasEntrevista bieito iglesias
Entrevista bieito iglesias
 
Entrevista Antón Lopo
Entrevista Antón LopoEntrevista Antón Lopo
Entrevista Antón Lopo
 
Entrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudoEntrevista xosé monteagudo
Entrevista xosé monteagudo
 
Entrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxoEntrevista agrafoxo
Entrevista agrafoxo
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Xabier lópez
Xabier lópezXabier lópez
Xabier lópez
 
Orla 15/16
Orla 15/16Orla 15/16
Orla 15/16
 
Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16Colaxes e caligramas 15/16
Colaxes e caligramas 15/16
 
Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16Collages e caligramas 15/16
Collages e caligramas 15/16
 
Manolo portas
Manolo portasManolo portas
Manolo portas
 
Lopo
LopoLopo
Lopo
 
Jaureguizar
JaureguizarJaureguizar
Jaureguizar
 
María reimóndez
María reimóndezMaría reimóndez
María reimóndez
 
David otero
David oteroDavid otero
David otero
 
Entrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose MirandaEntrevista a Xose Miranda
Entrevista a Xose Miranda
 
Orla 2015
Orla 2015Orla 2015
Orla 2015
 
Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015Collages e caligramas curso 2014-1015
Collages e caligramas curso 2014-1015
 
Entrevista Marica Campo
Entrevista Marica CampoEntrevista Marica Campo
Entrevista Marica Campo
 
Entrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier QueipoEntrevista Xavier Queipo
Entrevista Xavier Queipo
 

Vazquez pintor

  • 1. Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Xosé Vázquez Pintor Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados
  • 2. Xosé Vázquez Pintor 1. Como lembra Vostede aqueles seus primeiros anos naqueles anos corenta e cincuenta con aquela sociedade antinatural? Marcaron aquelas experiencias o seu futuro pensamento, a súa profesión ou o percorrido existencial? En ecos solidarios da memoria. Eramos nenos e nenas cos ollos abertos cara ás descubertas do noso imaxinario, que era ricaz (as vacas que non tiñamos eran os carolos do millo; os coches que pasaban de día en tarde ao noso carón, eran as latas baleiras das sardiñas; os cabalos e as égoas eran os barrotes dos casqueiros, que apañabamos nos aserradoiros, coa licencia dos seus donos ). Así era o mundo máis de noso. Os pais viñan de apandar unha guerra inxusta. Perderan familia, amigos, esperanzas. Ollámolos tristes sen sabermos aínda polo que. Eran as carencias de corpo e alma. Esa cor grisalla do tempo que non crarea. E nós soñabamos luces, xogos, ledicias sempre. E fomos adolescentes, xoves, adultos prematuros. Soubemos das luces para varrer as sombras. E fomos indo cara ao mundo do difícil a contramarcha, aprendices resistentes, co cariño dos nosos pais e dos avós que nos contaban o pasado entre metáforas, símbolos, debuxos de palabras que no meu caso foron incendiarias para o futuro. O nosos devanceiros eran narradores das esencias da vida, virtuosos da conversa: a nosa lucería nas noites da lareira, que eu lembro na aldeíña de Quian coma un resolio de por vida. A marca da aldea vai comigo na esperanza sucesiva dos días e das horas máis felices. 2. Vostede estivo de contino nos alicerces de diferentes grupos teatrais. Aínda segue a nosa dramaturxia escasa de grupos teatrais? Como xulga a situación do teatro independente? e do teatro oficial? Que necesitarían ambos para se aproximar á súa normalización? O Teatro é unha das ferramentas que conlevamos nas idades das estirpes, coma unha herdanza benquerida. Quen non ten na familia un ou dez actores que nos interpretan os soños, que recrean persoas, circunstancias, tempos…? Son de seu, de noso, naceron así, listos, falangueiros, ocurrentes, sabidos coma filósofos do remo e do arado, da dorna e do tractor das arestoras. Reparade nesas persoas da nosa casa; algunha haberá que ten as dotes. Rompen de cando en vez o ritmo da tristura, dos aburrimentos, da renuncia…e botan lume de risa a gargalladas, xogan coas palabras, fan malabares coa voz e coa mímica do corpo en alma. Así somos os galegos e galegas: un pobo intérprete mancado polos séculos do silencio e das rotinas, coma unha doma que os devanceiros coidaron e souberon denunciar. O teatro de hoxendía ten esas carencias de non saber no íntimo desta marabilla da xenética. E aproveitar as esencias. E dar lustre ao mundo que nos couta e nos mal interpreta no diario. Na literatura, o Teatro Galego é un fillo pobre, un neto desherdado: ese alguén que pasa e que malvive; o grande ilusionado que vai só. E fixen canto puiden e souben por nos soerguer desta Con David Otero na Solaina de Piloño perversión que tanto manca e tolle. O Teatro somos Nós. Estamos no Entroido diferente e popular, en Festa e de convivios. Temos séculos de historia interpretativa. Resucitamos territorios, aldeas e vilas que foran esencias, comedia, drama, diálogo, monólogo, máscaras, música, silencio, canto… Reparade nos calendarios de cada ano. Poden ser centos. Noutros territorios máis ousados dirían que milenios. Orgullecer polo Teatro Galego está nas autoestradas do progreso: é tempo e lume noso, aínda.
  • 3. Xosé Vázquez Pintor 3. Vostede tocou practicamente todo tipo de xéneros literarios. Séntese a gusto con todos ou hai algún deles polo que sinta predilección? Por todos. A escrita é divertimento, terapia, aprendizaxes. Un xogo de palabras para recrearmos o noso mundo. “Botar fóra, desabafar”, sermos felices, libertarios, sen couto. Por acaso a poesía sexa a miña mellor amiga. As voces críticas que dan fe literaria dinme que a prosa poética vai sempre comigo. E eu son así feliz con este diagnóstico, moito. 4. Vostede pode presumir de ter recibido varios premios ao seu labor literario. Que supoñen estes premios para un escritor coma Vostede? Deberíase incentivar aínda máis o nacemento de novos premios? Que supón para un escritor recibir o “E” de escritor? E que nos pode dicir da experiencia de poder residir dunha rúa co seu propio nome? Supoñen unha ledicia interior, caladiña. Un colo e un berce para seguir soñando historias, desafíos, terramar, universo…E aí, nese silencio interior, proseguimos moitos e moitas a nosa andaina pola Literatura que nos conmove e que nos honra. 5. Foi Vostede un dos creadores do xornal “A Nosa Terra” tristemente desaparecido hai pouco. Como xulga a continua desaparición de prensa escrita total ou parcialmente en galego? Vai supoñer este feito un forte atranco para a nosa normalización como pobo e para o noso idioma? Fonte: La Voz de Galicia Pechar as bocas para o silencio é o pórtico da ruina. Eliminar a esperanza. Deixar de sermos para que os outros sexan. E os outros son o autoodio, o noxo polo que nos corresponde dende que sabemos dar valor e orgullo aos nosos patrimonios singulares, que son moitos. A Nosa Terra era a voz dos porteadores das palabras con ideas para a esperanza. Foino así dende os inicios. Ficou derrubada neste século por mor da infinita miseria dos que non aman. E detrás dela veu a restra das desaparicións que eran innovadoras, frescas, críticas, solidarias. Para min é un pesadelo que non me pode aínda. Estou afoute e aberto a colaborar en toda circunstancia de progreso e apertura, con aquelas ousadías de sermos, de falarmos, de noticiarmos o presente e os futuros coa voz pública, fermosa, da nosa lingua.
  • 4. Xosé Vázquez Pintor 6. Que pasa pola mente dun escritor cando ten que vir desde Cuba unha investigadora da súa obra para realizar unha tese doutoral e que no seu país ninguén se interesase? Será que aínda non somos quen de recoñecer o que temos de noso? O traballo de Yanelis é das mellores sorpresas e ledicias que están na miña vida. A mociña que veu de lonxe, polas avenidas do mar das palabras de noso, que son atlánticas, océanos. Ela que non é das nosas estirpes da emigración a Cuba. Ela que soubo e quere ser galega na fala, na escrita, na cátedra universitaria d´A Habana, nos andares e dicires que lle chegaron e souberon a alimento, a patrimonio e riqueza universal pola maxia das descubertas das palabras galegas, que son canto. E outras tantas Elas / Eles que hai e haberá sempre namoradas / os deste encontro. Velaí outra razón de nos enfrontar cos que nos odian, cos despreciativos, cos indiferentes, cos que non queren ser nin saber ren dos patrimonios da memoria, do presente e dos futuros. O fermosísimo achádego universal dos portavoces correspondentes da nosa cultura, usuarios sen couto da nosa lingua. Fronte as cidades e as vilas reaccionarias da Gallaecia desta progresía dos desprezos, as Yanelis dos outros universos que nos atenden e respectan de por vida e obra. Na Solaina de Piloño 7. Vostede puxo nas destras mans de don Paco Lareo unha cerdeira súa que secara e que tantas vivencias lle aportaba para que a inmortalizase. Será esta unha mostra de que soamente a inmortalidade debe permanecer na arte e non facermos como cando a arte pasa a mellor vida a través do esquecemento ou da man do home? Que pensa Vostede cando ver arder bibliotecas, como ocorreu en Irak ou como en poucas horas en Valencia se queiman tantas marabillas artísticas? A cerdeira de Quian era a miña cerdeira, eramos irmandiños nolos dous. As primeiras flores, os paxaros do sur que repartían comigo as cereixas da mañá cediña…Era grande e xenerosa. Foise indo paseniño. E quixen que Paco Lareo tivese con ela ese cariño que eu non sabería dar para a lembranza. Veu o artista de Piloño, trastorouna cando xa non tiña a vida, e levámola para A Solaina. Alí foi a vida outra e nova: a ben vestida en arte. Cando vou alá, sorrimos, dámonos os ollos, soñamos flores brancas, nolos dous e nolos tres. Unha marabilla de futuros. E neste contexto de respecto e de conservación progresista aparecen as novas que me referides: o lume feito arrasador polas vísceras máis brutas e corruptas do universo que nos é hostil. Os libros sempre serán as vítimas dos emperadores das miserias, ao xeito do lume ou aos xeitos máis ocultos das desaparicións progresivas. Dicir libros para eles é decir os medos máis feroces. Seguen os ataques, arestoras dun xeito máis “civilizado”: o silencio e as pantomimas da noite en días. Valencia ten o seu aquel identitario coas fallas: arte para a luz dos lumes; na brevidade do tempo en espectáculo de estralos, derrota ou caos; circunstancia feliz, coma se tamén en nós e en tantos outros mundos do planeta. Velaí o contraste que pode ser tamén a metáfora da vida.
  • 5. Xosé Vázquez Pintor 8. Vostede tivo que botar man dos seudónimos por simple supervivencia coma moitos autores e autoras ou ben por outras causas? Os seudónimos useinos para as ocultacións cando eran os concursos literarios. Só en dúas veces agochei tamén a miña identidade nos sobres que gardaban a plica. Eran os medos por aquel malditismo de “os novísimos da poesía galega” (Ed. Akal, Madrid, 1973) que nos arrasou a esperanza en moitos anos. Sobrevivir era unha imposición, cando non había editoriais de vangarda e risco. Mais quero dicir que a miña sorte nos concursos de poesía, teatro e narrativa foi abondosa. Nesa fortuna sobrevivo. E mando dende aquí un cariño especial a Miguel Anxo Fernán Vello, director da “Editorial Espiral Maior” pola súa xenerosidade e compromiso coa miña obra. E non esquenzo a “Edicións Celta”, “Edicións do Cerne/Minor”, “Edicións Fervenza”, a “Sotelo Branco”, a “Everest”, “Laiovento” e a “Xerais”, que foron fitos de honra no compromiso da miña andaina cos soños e as palabras. 9. Os ensaios antropolóxicos figuran en letras maiúsculas na súa obra. Cre que esta é unha das partes máis esquecidas da nosa cultura especialmente para nós, os máis Na Solaina de Piloño. xoves, que estamos nunha fase bastante pronunciada de ruptura co noso pasado? A triloxía “Os vellos oficios” foi unha proposta, fermosa e ousada a un tempo, que me fixera Victor Freixanes. Á volta do tempo editounos Xerais. E estou moi feliz de non me ter derrubado en tanta espera pola edición dos tres volumes que considero de mínimos para outras propostas que sen dúbida serán dos nosos escritores do futuro, se aínda hai lugar e tempo. “Velaí vos queda o orgullo, que ben pode ser difícil”. 10. Nestas entrevistas tamén figuran don Francisco Pillado e don Manuel Lourenzo, que foron uns dos principais revitalizadores da figura e da obra do noso veciño don Manuel Daniel Varela Buxán. Que papel cumpriu Vostede na revitalización deste insigne dramaturgo? Que influxo tivo en Vostede a persoa e a obra de Varela Buxán. Manoel Daniel Varela Buxán, que vive en min dun xeito especial e cariñoso, foi a portavocía de Galiza (así era a súa pronuncia, remarcando a fonética do z) na miña vida de adolescencia e xuventude. Medrei sendo seareiro das palabras de Quian, esa pronuncia, que el tamén levaba cara ao Arnego, o río das troitas e pasatempo: cesto, cana, pucho e Brigo, o seu can que aínda teño na memoria. Era conversador, era amigo, era solidario,era da miña familia de alma e soño. Quixo facer o limiar de “Gándaras”, o meu primeiro libro.Un pai, in irmau, un mestre, un Amigo da Casa de Vila, que é a miña riqueza máis distinta. Foi honra participar nas súas homenaxes, todas serán poucas. Era honrado e xeneroso. Castelao, Otero Pedrayo, Blanco Amor, Seoane, Laxeiro, Tacholas, Isaac Díaz Pardo…centos. A Terramar de noso a prol da tanta vida.
  • 6. A R IO IO N ES T CU Nota: non fiei nunca de moitas destas respostas automáticas Poden ser mentira, pedantería, etcs. Quero que me perdoedes esta teima, que vén de vello. Van aquelas nas que podo ser menos inxusto.
  • 7. Un lugar para visitar? e un lugar para descansar? Un feito histórico? A democracia; que Visitar a Gallaecia, que vén de lonxe. segue estando en obras. E descansar en Quian, co seu sorriso. nto Unh me a pel ícula onu bel? de ci n m ientá a ne U sal m iñ Enca s da lle auten ntou me a ico ndo No ticid s b ca o“ . fresc ade e a O ai l ibr do” MAM ura d n i o nca ue a U ASU NCIÓ e Un l ugar eg tr ón m q n/ha aut N. axeit lectu ado para en az uen or/-a ra? a c or se id entif con A al Elas ique dea, , Ele ? en lu ama s. Qu día. z de nos e ile ncio .
  • 8. Un tipo de música? pía? Unha ca uto nción? U nha es, e felic A Músic mos re. Ser emp a Clásic ad Out feliz can a. Bebín s em ro do tiña a dela ai en alta cali s obriga Pi s d tre dade par s da co a tem lit as interp a acomp da , o er ent añar at o retación s b ca ur “Ancora s de a? douro, m imo e e nv n ci pantomi ño ma”. no? id a /urb ? as rural aña . ndo mont eali zar? Mu aia/ por r Pr anc eio ias: n e os anc io- rtas o ltern Med U ape As s para A sa a do . o rio. A Terr gas bic solida Can mu ndo