SlideShare a Scribd company logo
1 of 21
Nos centros de ensino para persoas adultas somos conscientes de que amplos
sectores da sociedade teñen o dereito e a necesidade de incorporar á súa
bagaxe de competencias aquelas consideradas básicas para vivir e traballar
no século XXI. Por iso, queremos poñer a disposición do profesorado
ferramentas para complementar a súa tarefa profesional coas plataformas
virtuais de aprendizaxe. Este labor permitirá a transformación dos procesos
de aprendizaxe para ser moito máis abertos e flexibles, de modo que o
alumnado poida ter itinerarios individuais adaptados ás súas necesidades e
gozar da igualdade de oportunidades en calquera etapa da súa vida. Nese
sentido, as actividades multimedia son unha contribución de gran utilidade,
pois permiten unha aprendizaxe construtiva e significativa, respectan os
diferentes estilos de aprendizaxe, teñen unha maior flexibilidade, facilitan a
aprendizaxe autónoma e resultan máis motivadoras.
Os recursos elaborados deben ter en conta as seguintes cuestións
pedagóxicas:

a. Cantidade, calidade e pertinencia das actividades.
b. Claridade e resposta ao programa de obxectivos e contidos.
c. Adaptación ás necesidades e ao nivel de coñecemento do alumnado.
d.de orientacións para posibilitar a aprendizaxe autónoma.
e. Eficiencia (mellores resultados con menor inversión e esforzo).
f. Presenza de elementos motivadores.
g. Adecuación dos métodos didácticos ao medio.
h. Información sobre os erros cometidos.
Os textos

A meirande parte dos textos cos que traballa o alumnado nunha plataforma
virtual de aprendizaxe non presentan unha información secuencial e
eminentemente verbal. Monereo1 (2005) constata que a web está producindo
un sincretismo de medios sorprendente, no que o texto escrito é soamente unha
parte ás veces dominante e outras subordinada á significación máis xeral imposta
pola composición da páxina. De feito, o material multimedia caracterízase por
integrar dous ou máis medios, potenciar a interactividade, romper o método de
estudo secuencial e favorecer o establecemento de relacións con outros
materiais. A alfabetización electrónica implica, xa que logo, que o alumnado se
familiarice con diferentes sistemas semióticos (escritura, imaxe, audio, vídeo),
con diferentes tipos de texto e con distintas estratexias e habilidades cognitivas
(como buscar, seleccionar, enlazar e organizar información). Desde o punto de
vista do profesorado, temos á nosa disposición multitude de aplicacións na rede
que serven para facilitar as aprendizaxes mediante a creación de mensaxes
multimedia de carácter hipertextual.
Citaremos algunhas das máis coñecidas para que cada quen traballe aquelas que
lle resulten de maior interese na materia que imparte.
Wordle: Convirte calquera texto nunha nube de palabras.
                http://www.wordle.net/
Glogster: Permite a creación de murais dixitais que poden combinar texto, imaxe, ligazóns, audio e
vídeo. Ten finalidades educativas diversas: resumo de contidos, presentación atractiva dunha actividade,
dar difusión a un proxecto, ofrecer recursossobre un tema…
                                      http://www.glogster.com/
MindMeister: utilízase para crear esquemas e mapas conceptuais, de gran utilidade para
representacións visuais do coñecemento e das relacións que se establecen entre as distintas ideas.

                             http://www.mindmeister.com/#all
Slideshare: Para aloxar e compartir presentacións multimedia de ata 100 MB con diferentes formatos:
pdf, ppt, pps, pptx, ppsx, pot, potx (Powerpoint); odp (OpenOffice); key, zip (Apple Keynote), doc, docx,
rtf (MSOffice); odt, ods (OpenOffice); Apple iWork Pages... Tamén permite compartir vídeos.
                                   https://www.slideshare.net/login
Imaxes




Existen varios servizos que permiten a procura de imaxes con licenzas flexibles que facilitan a súa
reutilización con fins educativos.
Flickr é unha rede social onde publicar e compartir fotografías gratuitamente. O usuario pode escoller
sobre o modo de compartir as súas fotos: con copyright ou con licenzas abertas que permitan distintos
graos de uso. Para usar imaxes alleas, haberá que comprobar que teñen unha licenza que o permita.
                                       http://www.flickr.com/
INTEF conta cun banco de imaxes e sons para uso universal e gratuíto, sempre que se trate dun uso
educativo non comercial. O seu principal obxectivo é facilitar recursos audiovisuais que estimulen o
desenvolvemento de contidos educativos.
                        http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/
Morguefile é un repositorio de imaxes de gran calidade, que permite a súa utilización sen citar o autor,
sempre que a fotografía estea modificada e o usuario non se atribúa a obra orixinal.

                                     http://www.morguefile.com/
GIMP é un dos programas de software libre máis axeitado para optimizar as imaxes e despois insertalas
no documento multimedia. Na web, é aconsellable o uso de imaxes cunha resolución que non supere 72
ppp, para que os arquivos pesen o menos posible.
                                  http://www.gimp.org/
Actividades didácticas




Hai moitos programas que permiten crear actividades e cada un deles merecería un curso de formación
completo para familiarizarse co seu uso. Agora mencionaremos algúns dos máis interesantes
JClic: Programa gratuíto que permite crear de forma bastante simple unha ampla variedade de
actividades multimedia.
                           http://clic.xtec.cat/es/jclic/download.htm
Edilim: Programa en galego para deseñar actividades en forma de libro interactivo multimedia:
crebacabezas, sopas de letras, identificar imaxes ou sons, preguntas de opción múltiple, identificar
imaxes...
                                http://www.educalim.com/index.htm
Hotpotatoes: É outra aplicación moi usada para elaborar actividades para internet e da que podemos
atopar moitos exemplos na rede.
                                      http://hotpot.uvic.ca/
Ardora: permite a creación de actividades didácticas en liña con textos, imaxes, gráficos, vídeo e audio.

                                          http://webardora.net/
Mat didacti dixit
Mat didacti dixit

More Related Content

What's hot

Os blogues como ferramenta para o ensino aprendizaxe de GaLE
Os blogues como ferramenta para o ensino aprendizaxe de GaLEOs blogues como ferramenta para o ensino aprendizaxe de GaLE
Os blogues como ferramenta para o ensino aprendizaxe de GaLERomán Landín
 
A escola na rede
A escola na redeA escola na rede
A escola na redexoanca
 
Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)
Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)
Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)Román Landín
 
Introdución ao Mobile-Learning (Galego)
Introdución ao Mobile-Learning (Galego)Introdución ao Mobile-Learning (Galego)
Introdución ao Mobile-Learning (Galego)Juan Marcos Filgueira
 
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia LingüísticaPropostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia LingüísticaRomán Landín
 
3. blogs para_que_vos_quero._soporte_contidos
3. blogs para_que_vos_quero._soporte_contidos3. blogs para_que_vos_quero._soporte_contidos
3. blogs para_que_vos_quero._soporte_contidosOlga Veiga
 

What's hot (10)

Recursos Educativos
Recursos EducativosRecursos Educativos
Recursos Educativos
 
Recursos Educativos
Recursos EducativosRecursos Educativos
Recursos Educativos
 
Os blogues como ferramenta para o ensino aprendizaxe de GaLE
Os blogues como ferramenta para o ensino aprendizaxe de GaLEOs blogues como ferramenta para o ensino aprendizaxe de GaLE
Os blogues como ferramenta para o ensino aprendizaxe de GaLE
 
A escola na rede
A escola na redeA escola na rede
A escola na rede
 
Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)
Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)
Blogues Educativos: estado da cuestión (revisión)
 
Introdución ao Mobile-Learning (Galego)
Introdución ao Mobile-Learning (Galego)Introdución ao Mobile-Learning (Galego)
Introdución ao Mobile-Learning (Galego)
 
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia LingüísticaPropostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
 
3. blogs para_que_vos_quero._soporte_contidos
3. blogs para_que_vos_quero._soporte_contidos3. blogs para_que_vos_quero._soporte_contidos
3. blogs para_que_vos_quero._soporte_contidos
 
Curso REA na UVigo - sesión 1
Curso REA na UVigo - sesión 1Curso REA na UVigo - sesión 1
Curso REA na UVigo - sesión 1
 
Web 2.0
Web 2.0Web 2.0
Web 2.0
 

Similar to Mat didacti dixit

A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e LiteraturaA integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e LiteraturaRomán Landín
 
Competencia Dixital
Competencia DixitalCompetencia Dixital
Competencia Dixitaltonbeton
 
Competencia Dixital
Competencia DixitalCompetencia Dixital
Competencia Dixitaltonbeton
 
Edi Encerado Dixital interactivo
Edi Encerado Dixital interactivoEdi Encerado Dixital interactivo
Edi Encerado Dixital interactivonitabetanzos
 
mLearning: Construíndo o noso PLE (Galego)
mLearning: Construíndo o noso PLE (Galego)mLearning: Construíndo o noso PLE (Galego)
mLearning: Construíndo o noso PLE (Galego)Juan Marcos Filgueira
 
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíSticaPropostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíSticaRomán Landín
 
Directrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería EducaciónDirectrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería Educaciónorientacionjuanadevega
 
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaSeminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaEduardo Rodríguez Machado
 
mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego)
mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego)mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego)
mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego)Juan Marcos Filgueira
 
Achega das novas_aplicacions_dixitais_as linguas estranxeiras
Achega das novas_aplicacions_dixitais_as linguas estranxeirasAchega das novas_aplicacions_dixitais_as linguas estranxeiras
Achega das novas_aplicacions_dixitais_as linguas estranxeirasCudipeich Grijander
 
FERRAMENTAS 2.0
FERRAMENTAS 2.0FERRAMENTAS 2.0
FERRAMENTAS 2.0BiblioBece
 
Secuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na redeSecuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na redeLuciano Fernández
 

Similar to Mat didacti dixit (20)

A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e LiteraturaA integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
 
Competencia Dixital
Competencia DixitalCompetencia Dixital
Competencia Dixital
 
Competencia Dixital
Competencia DixitalCompetencia Dixital
Competencia Dixital
 
Edi Encerado Dixital interactivo
Edi Encerado Dixital interactivoEdi Encerado Dixital interactivo
Edi Encerado Dixital interactivo
 
Grupo De Traballo
Grupo De TraballoGrupo De Traballo
Grupo De Traballo
 
mLearning: Construíndo o noso PLE (Galego)
mLearning: Construíndo o noso PLE (Galego)mLearning: Construíndo o noso PLE (Galego)
mLearning: Construíndo o noso PLE (Galego)
 
Introdución a moodle
Introdución a moodleIntrodución a moodle
Introdución a moodle
 
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíSticaPropostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
 
Directrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería EducaciónDirectrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería Educación
 
As tic na aula
As tic na aulaAs tic na aula
As tic na aula
 
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A CoruñaSeminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
Seminario Permante - CPI Vicente Otero Valcarcel - Carral . A Coruña
 
Ficha 1
Ficha 1Ficha 1
Ficha 1
 
Plan tic 2010 2011
Plan tic 2010   2011Plan tic 2010   2011
Plan tic 2010 2011
 
mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego)
mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego)mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego)
mLearning: Ferramentas de avaliación e e-Portfolios (#PLE) (Galego)
 
e-Learning
e-Learninge-Learning
e-Learning
 
Achega das novas_aplicacions_dixitais_as linguas estranxeiras
Achega das novas_aplicacions_dixitais_as linguas estranxeirasAchega das novas_aplicacions_dixitais_as linguas estranxeiras
Achega das novas_aplicacions_dixitais_as linguas estranxeiras
 
FERRAMENTAS 2.0
FERRAMENTAS 2.0FERRAMENTAS 2.0
FERRAMENTAS 2.0
 
Presentacion xeral
Presentacion xeralPresentacion xeral
Presentacion xeral
 
Secuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na redeSecuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na rede
 
Memoria Pfac 2012
Memoria Pfac 2012Memoria Pfac 2012
Memoria Pfac 2012
 

More from xcarg

Mat didact dixit
Mat didact dixitMat didact dixit
Mat didact dixitxcarg
 
Les doigts plein_d-encre
Les doigts plein_d-encreLes doigts plein_d-encre
Les doigts plein_d-encrexcarg
 
A egipto
A egiptoA egipto
A egiptoxcarg
 
A egipto
A egiptoA egipto
A egiptoxcarg
 
Sorolla
SorollaSorolla
Sorollaxcarg
 
Biblioteca
BibliotecaBiblioteca
Bibliotecaxcarg
 
Librería
 Librería  Librería
Librería xcarg
 
Cantos
CantosCantos
Cantosxcarg
 
Monet
Monet  Monet
Monet xcarg
 

More from xcarg (9)

Mat didact dixit
Mat didact dixitMat didact dixit
Mat didact dixit
 
Les doigts plein_d-encre
Les doigts plein_d-encreLes doigts plein_d-encre
Les doigts plein_d-encre
 
A egipto
A egiptoA egipto
A egipto
 
A egipto
A egiptoA egipto
A egipto
 
Sorolla
SorollaSorolla
Sorolla
 
Biblioteca
BibliotecaBiblioteca
Biblioteca
 
Librería
 Librería  Librería
Librería
 
Cantos
CantosCantos
Cantos
 
Monet
Monet  Monet
Monet
 

Mat didacti dixit

  • 1.
  • 2. Nos centros de ensino para persoas adultas somos conscientes de que amplos sectores da sociedade teñen o dereito e a necesidade de incorporar á súa bagaxe de competencias aquelas consideradas básicas para vivir e traballar no século XXI. Por iso, queremos poñer a disposición do profesorado ferramentas para complementar a súa tarefa profesional coas plataformas virtuais de aprendizaxe. Este labor permitirá a transformación dos procesos de aprendizaxe para ser moito máis abertos e flexibles, de modo que o alumnado poida ter itinerarios individuais adaptados ás súas necesidades e gozar da igualdade de oportunidades en calquera etapa da súa vida. Nese sentido, as actividades multimedia son unha contribución de gran utilidade, pois permiten unha aprendizaxe construtiva e significativa, respectan os diferentes estilos de aprendizaxe, teñen unha maior flexibilidade, facilitan a aprendizaxe autónoma e resultan máis motivadoras.
  • 3. Os recursos elaborados deben ter en conta as seguintes cuestións pedagóxicas: a. Cantidade, calidade e pertinencia das actividades. b. Claridade e resposta ao programa de obxectivos e contidos. c. Adaptación ás necesidades e ao nivel de coñecemento do alumnado. d.de orientacións para posibilitar a aprendizaxe autónoma. e. Eficiencia (mellores resultados con menor inversión e esforzo). f. Presenza de elementos motivadores. g. Adecuación dos métodos didácticos ao medio. h. Información sobre os erros cometidos.
  • 4. Os textos A meirande parte dos textos cos que traballa o alumnado nunha plataforma virtual de aprendizaxe non presentan unha información secuencial e eminentemente verbal. Monereo1 (2005) constata que a web está producindo un sincretismo de medios sorprendente, no que o texto escrito é soamente unha parte ás veces dominante e outras subordinada á significación máis xeral imposta pola composición da páxina. De feito, o material multimedia caracterízase por integrar dous ou máis medios, potenciar a interactividade, romper o método de estudo secuencial e favorecer o establecemento de relacións con outros materiais. A alfabetización electrónica implica, xa que logo, que o alumnado se familiarice con diferentes sistemas semióticos (escritura, imaxe, audio, vídeo), con diferentes tipos de texto e con distintas estratexias e habilidades cognitivas (como buscar, seleccionar, enlazar e organizar información). Desde o punto de vista do profesorado, temos á nosa disposición multitude de aplicacións na rede que serven para facilitar as aprendizaxes mediante a creación de mensaxes multimedia de carácter hipertextual.
  • 5. Citaremos algunhas das máis coñecidas para que cada quen traballe aquelas que lle resulten de maior interese na materia que imparte.
  • 6. Wordle: Convirte calquera texto nunha nube de palabras. http://www.wordle.net/
  • 7. Glogster: Permite a creación de murais dixitais que poden combinar texto, imaxe, ligazóns, audio e vídeo. Ten finalidades educativas diversas: resumo de contidos, presentación atractiva dunha actividade, dar difusión a un proxecto, ofrecer recursossobre un tema… http://www.glogster.com/
  • 8. MindMeister: utilízase para crear esquemas e mapas conceptuais, de gran utilidade para representacións visuais do coñecemento e das relacións que se establecen entre as distintas ideas. http://www.mindmeister.com/#all
  • 9. Slideshare: Para aloxar e compartir presentacións multimedia de ata 100 MB con diferentes formatos: pdf, ppt, pps, pptx, ppsx, pot, potx (Powerpoint); odp (OpenOffice); key, zip (Apple Keynote), doc, docx, rtf (MSOffice); odt, ods (OpenOffice); Apple iWork Pages... Tamén permite compartir vídeos. https://www.slideshare.net/login
  • 10. Imaxes Existen varios servizos que permiten a procura de imaxes con licenzas flexibles que facilitan a súa reutilización con fins educativos.
  • 11. Flickr é unha rede social onde publicar e compartir fotografías gratuitamente. O usuario pode escoller sobre o modo de compartir as súas fotos: con copyright ou con licenzas abertas que permitan distintos graos de uso. Para usar imaxes alleas, haberá que comprobar que teñen unha licenza que o permita. http://www.flickr.com/
  • 12. INTEF conta cun banco de imaxes e sons para uso universal e gratuíto, sempre que se trate dun uso educativo non comercial. O seu principal obxectivo é facilitar recursos audiovisuais que estimulen o desenvolvemento de contidos educativos. http://recursostic.educacion.es/bancoimagenes/web/
  • 13. Morguefile é un repositorio de imaxes de gran calidade, que permite a súa utilización sen citar o autor, sempre que a fotografía estea modificada e o usuario non se atribúa a obra orixinal. http://www.morguefile.com/
  • 14. GIMP é un dos programas de software libre máis axeitado para optimizar as imaxes e despois insertalas no documento multimedia. Na web, é aconsellable o uso de imaxes cunha resolución que non supere 72 ppp, para que os arquivos pesen o menos posible. http://www.gimp.org/
  • 15. Actividades didácticas Hai moitos programas que permiten crear actividades e cada un deles merecería un curso de formación completo para familiarizarse co seu uso. Agora mencionaremos algúns dos máis interesantes
  • 16. JClic: Programa gratuíto que permite crear de forma bastante simple unha ampla variedade de actividades multimedia. http://clic.xtec.cat/es/jclic/download.htm
  • 17. Edilim: Programa en galego para deseñar actividades en forma de libro interactivo multimedia: crebacabezas, sopas de letras, identificar imaxes ou sons, preguntas de opción múltiple, identificar imaxes... http://www.educalim.com/index.htm
  • 18. Hotpotatoes: É outra aplicación moi usada para elaborar actividades para internet e da que podemos atopar moitos exemplos na rede. http://hotpot.uvic.ca/
  • 19. Ardora: permite a creación de actividades didácticas en liña con textos, imaxes, gráficos, vídeo e audio. http://webardora.net/