Your SlideShare is downloading. ×
A arquitectura románica en Europa
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×

Saving this for later?

Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime - even offline.

Text the download link to your phone

Standard text messaging rates apply

A arquitectura románica en Europa

1,017
views

Published on

Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina

Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez Molina

Published in: Education, Spiritual, Travel

0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total Views
1,017
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
1
Actions
Shares
0
Downloads
43
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. A ARQUITECTURA ROMÁNICA EUROPEA FRANCIA ALEMAÑA INGLATERRA ITALIA
  • 2. ARQUITECTURA CIVIL E MILITAR
    • Recinto fortificado de Ávila, s. XII. Cunha altura de 12 m, na muralla aparecen cada 20 m torres semicirculares que acompañan o camiño de ronda. Esta fortaleza presenta a catedral e as principais casas encostadas á muralla para garantir a defensa
  • 3. FRANCIA, O BERCE DO ROMÁNICO A rexión francesa de Borgoña é a máis xenerosa das igrexas románicas, grazas ao pulo de Cluny As igrexas son grandes e ben iluminadas, con muros ben articulados e ricamente decorados Nas rexións de Auvernia e o Languedoc séguense os modelos das igrexas de peregrinación Os monxes deste mosteiro promoveron peregrinacións e romarías: trazaron itinerarios, propagaron información e alentaron aos romeiros, para que, andando e cantando, sobre todo polos camiños que conducían a Santiago de Compostela, construíran na práctica a unidade de Europa. O Camiño foi o xérmolo dun grande intercambio de linguas, ideas e costumes, así como do nacemento dun longo itinerario de arte románica
  • 4. A ABADÍA DE CLUNY (S. XI-XII) Planta da abadía de Cluny III e sección transversal do coro (1080-1130). A planta do edificio inclúe cinco naves anchas , dobre transepto e un coro con xirola e cinco capelas radiais O conxunto está precedido por un nártex con tres naves e unha fachada porticada flanqueada por dúas torres Polas súas proporcións monumentais e a influencia da orde cluniacense, esta abadía xogou un papel moi destacado na historia da arquitectura románica
  • 5. A ABADÍA DE CLUNY (S. XI-XII) Destruída durante a Revolución Francesa de 1789, na actualidade só conservamos a chamada Torre do Reloxio (o brazo sur dun dos transeptos da igrexa abacial). Esta abadía foi, até a construción da Basílica de San Pedro en Roma, a igrexa máis grande da cristiandade
  • 6. O CAMIÑO DE SANTIAGO E A DIFUSIÓN DEL ROMÁNICO
  • 7. A ARQUITECTURA ROMÁNICA E O CAMIÑO DE SANTIAGO Nos s. XI e XII, as peregrinacións e as cruzadas deron paso a unha das épocas máis apaixonantes da civilización cristiá. As ordes monásticas, protexidas polos reis e a Igrexa, potenciaron as peregrinacións e encargáronse de construír ao longo dos itinerarios todo tipo de edificios de acollida para os peregrinos. Os destinos adoitaban ser: o Santo Sepulcro de Terra Santa, a tumba de San Pedro en Roma e a do apóstolo Santiago en Compostela O camiño de Santiago converteuse nunha grande empresa dos monxes de Cluny, que erixiron mosteiros, abadías, basílicas e colexiatas nun estilo románico pleno
  • 8. Considerada como o punto de partida das igrexas de peregrinación, viviu o seu apoxeo grazas ás reliquias de Santa Fe No exterior, a cabeceira revela a excelente articulación dos volumes a diferente altura: as capelas dan lugar á ábsida e a ábsida ao ciborio octogonal do cruceiro IGLEXA ABACIAL DE SANTA FE DE CONQUES
  • 9. O MODELO MÁIS ACABADO DE IGREXA DE PEREGRINACIÓN Basílica de Saint Sernin de Toulouse (1080-1120)
  • 10. ANÁLISE DUN TEMPLO ROMÁNICO: SAN SERNIN DE TOULOUSE MODELO DE IGREXA DE PEREGRINACIÓN O templo de San Saturnino de Toulouse, inspirado en San Martin de Tours, constitúe, tras a desaparición de Cluny, a máis grande edificación románica de Francia Construída en memoria de Saturnin, primeiro bispo de Toulouse e mártir , que viviu na primeira mitade do s. III Foi consagrada no ano 1096
  • 11.
    • IGREXA DE PEREGRINACIÓN:
    • A PLANTA
    • A igrexa de St. Sernin pertence aol estilo das grandes iglerexas de peregrinación , así chamadas porque estaban construídas ao longo dos camiños de peregrinación que conducían a Santiago de Compostela
    • A planta é moito máis complexa e integral cás edificificacións anteriores, presentado a forma de cruz latina , co centro de gravidade no extremo leste
    • Esta igrexa foi proxectada para acoller a grandes multitudes de laicos na súa longa nave e no transepto
  • 12.
    • CONCEPCIÓN E ARTICULACIÓN DO ESPAZO ARQUITECTÓNICO
    • A nave central está flanqueada por dúas naves laterais a cada lado (a igrexa ten un total de cinco naves ), e a interior destas úas continúa arredor dos brazos do cruceiro e a ábsida, formando un deambulatorio completo que parte das dúas torres da portada occidental
    • Articulado coas naves laterais e o transepto e enriquecido con capelas radiais que parecen irradiar da ábsida e proseguir ao longo da cara oriental do transepto
    • A ábsida, o deambulatorio e as capelas radiais forman unha unidade coñecida como Coro de peregrinación
  • 13.
    • OS SISTEMAS DE CUBERTA
    • A planta de St. Sernin permítenos ver que a nave central cóbrese con bóveda de canón, mentres que as naves laterais están cubertas, na súa totalidad, por bóvedas de aresta . Isto dálle a todo o proxecto un alto grao de regularidade
    • O MÓDULO ARQUITECTÓNICO
    • As naves laterais están formadas por tramos cadrados que serven de unidade básica, o módulo , de outras dimensións, de xeito que os tramos da nave central e do transepto equivalen a dúas destas unidades, e o cruceiro e as torres da fachada a catro delas
  • 14.
    • E
    Fachada oeste de St. Sernin . Podemos observar que a estrutura da fachada Correspóndese coas cinco naves que a conforman no seu interior Os grandes contrafortes non só reforzan o sistema de soportes interno, senón que tamén delimitan , no exterior, a forma en que se organizou o espazo interior do templo Podemos observar a estreitura dos vans e o dobre pórtico coroado por unha galería de arcos de medio punto e un xigantesco óculo ou rosetón Os muros elévanse sobre un aparello de ladrillos completado por pedras de cantaría que encontran as xanelas e conforman as cornixas e contrafortes . Todo o conxunto exterior transmite o aspecto de sólida e recia fortaleza característico do estilo románico A FACHADA OU PORTADA
  • 15. No exterior , esta rica articulación acrecéntase polos diferentes niveis dos tellados, onde destaca a nave e o transepto das naves interiores e exteriores, a ábsida, o deambulatorio e as capelas radiais, polas bandas que reforzan os muros entre as xanelas e portais, e pola gran torre do cruceiro (rematada en época gótica e máis alta que o proxecto primitivo) Mais as dúas torres da fachada ficaron sen rematar, e só son tocos
  • 16.
    • O máis salientable no exterior é o enorme ciborio que coroa o cruceiro do transepto
    • A torre-ciborio presenta varios andares apiramidados con amplas xanelas bíforas (vans xeminados)
  • 17.
    • Cabeceira de St. Sernin de Toulouse (1060-1150)
    • Ao deambulatorio do coro ábrense cinco capelas entre xanelas, culminadas por un óculo. Os muros elévanse sobre un aparello de ladrillos completados por pedra de cantaría que encadran as ventás e conforman as cornixas e os contrafortes
    • A ábsida da igrexa de St. Sernin ofrece o típico perfil da xirola ou deambulatorio coas súas capelas radiais. Os volumes cilíndricos, os arcos de medio punto que enmarcan os vans, as pequenas columnas encontadas, as cornixas que sobresaen e as distintas alturas, conforman un sistema de gran regularidade xeométrica
  • 18.
    • Detalle do tímpano : a ascensión de Cristo
    • Detalle dun capitel : a degolación dos inocentes
    • Detalle : entre un astrágalo espido e un ábaco decorado cunha cenefa de palmas, o capitel amosa unha campá decorada con dous chibos enfrontados rodeados por motivos vexetais Esta alusión ao reino de Satán invita o cristián a levar unha boa conduta, pois delas depende a súa salvación
  • 19.
    • Ao entrarmos na nave central ficamos impresionados pola altura das súas proporcións (21 m.) , o coidado arquitectónico das súas paredes e a iluminación , tenue e indirecta
    • . Volveuse á sintaxe da arquitectura romana antiga (bóvedas, arcos, columnas encostadas e pilastras, trabado todo nunha orde coherente e sólida)
  • 20.
    • O arquitecto, ao cubrir a nave cunha bóveda co fin de eliminar o perigo de incendio dos tellados de madeira, non perseguía só unha finalidad práctica ; senón tamén dotar á Casa de Deus dunha maior grandiosidade e maxestade . E como unha bóveda é máis difícil de soster cando máis alta se levanta, puxo en xogo todos os recursos dispoñibles para dar á nave a máxima altura que estimou posible
    • Porén, houbo de sacrificar as vidrieiras directas por razóns de seguridade; no seu lugar construiu tribunas enriba das naves laterais interiores, para contrarrestar a presión lateral da bóveda que se apoia sobre a nave principal, agardando que así se filtrase a suficiente luz para iluminar a nave principal
  • 21. Santa Fe de Conques (fins do s.XI- principios do XII) Situada nunha rexión de difícil acceso, a abadía viviu unha época de gran esplendor grazas ás reliquias de Santa Fe , roubadas polos monxes a unha abadía veciña sobre o ano 880. Durante a Idade Media estes actos non eran excepcionais, como amosa o caso de Xelmírez e as reliquias de San Frutuoso de Braga Este edificio constitúe unha mostra da denominada « arquitectura de peregrinación »
  • 22. SANTA FE DE CONQUES PLANTA
    • Fins s. XI e inicios s. XII
    • O edificio presenta unha nave central con bóveda de canón e naves laterais cubertas por bóvedas de aresta
    • O transepto divídese en tres naves e ábrese a unha cabeceira con deambulatorio e capelas radiais . Dúas absidiolas sitúanse gradualmente en ambos brazos do cruceiro
    • Este conxunto responde en todos os aspectos ás esixencias de circulación das igrexas de peregrinación
  • 23.
    • Cabeceira de Santa Fe de Conques (fins s. XI e principios s. XII)
    • Por riba das capelas e da xirola elévase a ábsida, decorada con altos contrafortes-columnas, unidos por arcos cegos situados por debaixo da cornixa
    • O ciborio octogonal do cruceiro, que dispón dunha pequena torre con escaleira, elévase por riba do conxunto da cabeceira
    • É unha disposición ben graduada dos volumes exteriores, como é característico das cabeceiras románicas
  • 24. A LUZ INUNDA O CRUCEIRO
    • Vista dende o cruceiro de Santa Fe de Conques
    • A cúpula sobre trompas do cruceiro, con oito nervos, é un engadido do s. XIV, ao igual co campanario
    • As albanegas están decoradas con figuras de anxos no lado do cro e coas cabezas dos santos Pedro e Paulo no lado da nave
    • Os brazos do transepto fican iluminados por dúas xanelas coroadas por un óculo
  • 25. ESPACIOSAS TRIBUNAS NA PARTE ALTA
    • Vista dende o oeste da nave lateral norte e o transepto de Santa Fe
    • O alzado presenta, sobre as grandes arcadas e as naves laterais, un nivel de tribunas que ilumina a nave principal de forma indirecta, grazas a uns amplos “ajimeces”. Accédese a elas por unha escaleira de caracol moi entreita e constitúen un dos trazos máis característicos das igrexas de peregrinación
  • 26. O TÍMPANO E A SÚA MENSAXE DIDÁCTICA
    • Tímpano da portada oeste de Santa Fe de Conques, construÍda entre 1120 e 1135
    • A partir do s. XII, a escultura invadiu todo o edificio e grandes representacións iconográficas pasaron a ocupar os tímpanos das portadas . En Conques, o Xuízo Final recibe o crente que se dispón a entrar na casa de Deus
  • 27. IGREXA DE PARAY LE MONIAL , BORGOÑA (s. XII) Paray-le-Monial pertencía a Cluny dende 999. A súa igrexa preséntase como unha copia reducida e modesta da súa casa nai Dada a súa curta comunidade renuncia ao dobre transepto, mais a cabeceira mantén un deambulatorio con tres capelas, tomando como modelo as chamadas igrexas de peregrinación Na ordenación do muro interior da nave central mantén o esquema: intercolumnio de arcos apuntados, falso triforio e orde de xanelas
  • 28. Catedral de San Pedro de Anguleme (influencia bizantina)
  • 29. Románico con influencia bizantina Igrexa de Saint Front (Perigeaux)
  • 30. STA. MARÍA MAGDALENA DE VEZELAY (s. XII) Vezelay (Borgoña) foi a prime ira vila de Francia onde se coñece o culto a María Magdalena. Mais parece que nos seus inicios o templo estaría dedicado á virxe María, por algunha razóns os monxes decidiron que esta abadía era o lugar de enterramento de María Magdalena, coñecéndose peregrinacións a este sepulcro dende polo menos 1030
  • 31. O ROMÁNICO EN ALEMAÑA
    • Alemaña é un dos berces da arquitectura románica . Así, naquela época, s. XI e XII, brillaba o Sacro Imperio Romano Xermánico, cuxos emperadores eran coroados polo Papa, erixíndose en defensores universais da Cristiandade
    • As grandes catedrais románicas alemanas eran denominadas Kaiserdome , o que indica a súa estreita relación co poder imperial. O trazo máis característico é a dobre cabeceira . Así, do mesmo xeito que a cabeceira (o extremo oriental ) representa habitualmente a zona sagrada e o poder divino , estas Kaiserdome tiñan un extremo occidental non menos rico arquitectonicamente para simbolizar o poder terreal do emperador . Adoitan ter neste lado oeste un segundo transepto , co seu ciborio e mesmo con torre s nos extremos e, en ocasións, tamén unha segunda ábsida
    Catedral de Maguncia Abadía de Santa María de Laach
  • 32. Catedral de Spira (1027-1061)
  • 33. Planta restituída da catedral de Spira (1060)
    • A catedral inclúe un corpo occidental formado por un pórtico na parte baixa e tribunas no nivel superior. A nave central, de 15 m. de anchura, consta de seis tramos que corresponden aos 12 tretios das naves laterais
    • O transepto, articulado en tres módulos cadrados, componse de dous brazos con capelas inseridas no groso muro e un ciborio octogonal sobre o cruceiro
    • A cabeceira, que se eleva sobre a cripta, ábrese a unha única ábside flanqueda por dúas torres de escaleira
  • 34.
    • Unha bóveda de aresta con arcos feixóns cobre a nave, un esquema en perfecta harmonía coa iluminación directa que transmiten as xanelas. Os arcos feixóns descansan en piares reforazdos de dous en dous por almofadóns e recias columnas encostadas. A alternancia dos soportes confire unha grande forza rítmica á disposición en tramos dobres da nave
    • Este dispositivo inspirou a maior parte das grandes igrexas renanas
    Interior da nave central da catedral de Spira (1060)
  • 35. CATEDRAL DE WORMS Sobre o ano 1171 comezou a construción da impoñente catedral da cidade renana de Worms A planta presenta tres naves e un amplo transepto, en cuxo centro se levanta unha grande cúpula Tras o transepto atopamos un coro cadrado que acaba nunha ábsida semicircular flanqueada por torres circulares
  • 36. A abadía beneditina de María Laach
    • Fundada en 1093
    • Coñecida pola perfección e equilibrio arquitectónico do seu corpo occidental
  • 37.
    • A composición da cabeceira ordénase arredor dun ciborio marcado por pequenas torrres octogonaiss . O conxunto conta con tres hemiciclos decorados con dúas filas de arcadas sostidas por pilastras no primeiro nivel e por medias columnas no segundo. As partes elevadas presentan unha galería de arcadas rematadas por un friso de marcos rectangulares , motivo que decora asimesmo os muros da torre e das pequenas torres. Esta composición inspírase na cabeceira de San Martiño o Grande
    Cabeceira occidental dos Santos Apóstolos (Colonia, c. 1200)
  • 38. INGLATERRA As igrexas convértense en monumentais basílicas, con amplos transeptos e presbiterios moi profundos, que destacan polas súas fermosas e altas torres Catedral de Ely
  • 39. Catedral de Ely (s. XII)
  • 40.
    • Planta de conxunto
    • ( consagrada en 1133 )
    • O edificio é unha variante de planta beneditina , cunha nave de oito tramos e dúas naves laterais, un transepto sobresaínte provisto dunha soa nave lateral no leste, e un coro profundo de catro tramos prolongado por tres ábsidas . A ábsida axial proxéctase ao exterior e as outras dúas atópanse inscritas no muro da cabeceira, na prolongación das naves laterais
    • Este edificio ilustra a nova tendencia que apareceu en Inglaterra caracterizada polo alongamento das igrexas e a ampliación dos transeptos
    A CATEDRAL DE DURHAM (S. XII)
  • 41. INGLATERRA Catedral de Durham
  • 42. ITALIA sinxeleza construtiva e cromatismo Unha Italia fragmentada politicamente e condicionada pola Antigüidade clásica, adoptará o Románico en cada rexión de forma diferente Catedral de Módena
  • 43.
    • Fachada
    • O corpo central da fachada está encadrado entre poderosos contrafortes . Sobre un pórtico, coroado por unha pequena logia, ábrese un enorme rosetón de fins do s. XII
    • Os muros están decorados coas arcadas dunha galería de vans tripartitos
    • O conxunto recorre a atrevidos contrastes de claroscuros. Este motivo ornamental arrodea tamén as tres ábsidas e confire ao conxunto unha grande elegancia
    Catedral de Módena
  • 44.
    • Cabeceira
    • (comezada c. 1099)
    • Os brazos do transepto érguense á mesma altura có coro, que conta con tres capelas semicirculares e graduadas e se sitúa sobre unha cripta, o que lle confire unha posición elevada. Sobre el elévanse dúas torres moi esveltas, cunha serie de arquerías na parte superior . Este motivo ornamental arrodea tamén as tres ábsidas e confire ao conxunto unha grande elegancia
    Catedral de Módena
  • 45.
    • Planta
    • O edificio consta de tres naves que conducen, sen transepto, a un coro moi profundo , alzado sobre unha cripta e provisto de tres ábsidas graduadas. A portada Real, no lado sur, e a célebre torre da Ghirlandina remóntanse a fins do s. XII. A cripta esténdese baixo as tres naves situadas ante a ábsida
    Catedral de Módena
  • 46.
    • Detalle da decoración exterior
    • Os muros da fachada e das naves laterais, así como a contorna das ábsidas da cabeceira, dispoñen dunha decoración de altas arcadas cegas divididas, a tres cuartas partes da altura, por unha fila de arcaturas que delimita o nivel inferior
    • A parte superior está dominada por unha elegante galería. Esta rica decoración mural repítese en todas as igrexas da rexión de Emilia
    Catedral de Módena
  • 47.
    • Interior
    • A alternancia de columnas e piares fasciculados , que sosteñen as bóvedas de crucería da nave central, harmonizan no interior, construído en ladrillo
    Catedral de Módena
  • 48. SAN AMBROSIO DE MILÁN Planta de San Ambrosio de Milán ( posterior a 1174) Un amplo adro porticado precede o edificio As tres naves divídense en tres tramos de planta cadrada —con bóvedas de crucería especialmente arqueadas— e dan a unha cabeceira con tres capelas graduadas No cruceiro álzase unha cúpula sobre trompas por riba dun ciborio con baldaquino
  • 49. CATEDRAL DE PARMA
  • 50.
    • Fachada occidental de San Zenón, Verona ( com. do s. XII)
    • Construída en pedra calcaria, está dividida por contrafortes en tres seccións. A única portada áchase rematada por un baldaquino sostido por columnas que xorden de leóns esculpidos
    • San Zenón, ao contrario que numerosas igrexas veronesas, desmárcase da influencia lombarda que exerceron as catedrais románicas de Emilia
    San Zenón, Verona
  • 51.
    • En Como, a igrexa de San Abundio presenta unha nave principal e catro laterais, cubertas por unha estrutura de madeira e prolongadas nun amplo coro
    • A influencia da primeira arte románica obsérvase nas pequenas pedras de cantaría, as arcadas exteriores e as dúas torres campanario de planta cadrada
    No norte de Italia desenvolveuse unha arquitectura sobria e aberta ás influencias do sur de Francia A arquitectura románica lombarda influirá noutras áreas europeas, como no Pirineo español
  • 52. Igrexa de San Miniato al Monte (Florencia)
  • 53.
    • Interior e planta de san Miniato al Monte , Florencia
    • (concluída cara a 1150)
    • O ritmo da nave central está determinado pola alternancia de columnas e piares con columnas encostadas, que sosteñen os arcos diafragma sobre os que repousa a estrutura de madeira
    • O coro fica elevado sobre un espazo cuberto por unha bóveda de aresta —que fai a función de cripta—; é moi profundo e remata nunha ábsida semicircular
  • 54. Conxunto monumental de Pisa: baptisterio, catedral e campanario
  • 55.
    • Catedral de Pisa, consagrada en 1118
    • A decoración dos muros distribúese en tres andares que corresponden aos tres niveis do edificio: as naves laterais, as tribunas e a nave central. Deste xeito, aparece un andar con arcaturas, unha fila de pilastras e logo un segundo rexistro de arcaturas
    • O edificio enriquécese con incrustacións polícromas. A fachada ten tres portas e, sobre un rexistro de arcadas, presenta catro galerías sostidas por finas columnas
    • Este conxunto fixo famoso o estilo pisano
  • 56. Fachada da catedral de Pisa
  • 57.
    • Campanile de Pisa, 1173
    • Consta de seis andares máis o campanario, que se engadiu a mediados do s. XIV. A contorna do campanile está arrodeada polas mesmas galerías con logias que decoran a fachada da catedral
  • 58.
    • Baptisterio de Pisa, 1152
    • O nivel baixo está decorado con grandes arcos cegos; o primeiro andar cunha galería de arcadas e o segundo, con xanelas bilobuladas
    • As agullas, pináculos e frontóns góticos decorados con estatuíñas de santos e profetas son engadidos do s. XIII