1. .- Busca na seguinte ligazón [BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA – POESÍA MEDIEVAL]
unha cantiga de amigo con leixaprén da nosa literatura trobadoresca e compáraa coa
seguinte composición :
AS VANGARDAS GALEGAS ACTIVIDADES
► Comenta os puntos que teñen en común, tanto desde o punto de vista formal, como
desde o punto de vista da temática
► Repara agora nas diferenzas
► Que aspectos da composición de Cunqueiro cres que se poden considerar vangardis-
tas? Con que movemento gardarían relación?
1
1
Tiña sono de cristais Tiña sombra de cristais
unha noiva que eu había,unha noiva que eu había,
ai, dolor! ai, dolor!
De cristais a cortaba De cristais a rachaba
o sono en que ela dormía a sombra en que ela morría
ai, dolor! ai, dolor!
(Álvaro Cunqueiro)
2. .- Localizar o poema no interior da obra [BIBLIOTECA VIRTUAL GALEGA – MÁIS ALÁ]
AS VANGARDAS GALEGAS ACTIVIDADES
► Descubre as imaxes de natureza mariña coas que se designan conceptos da terra
► Repara no contraste do pasado (mar) e o presente (terra, claramente marcado no verso 7)
2
2
► Compara o espírito pesimista da composición co que se manifesta no primeiro poema do libroprimeiro poema do libro
► A quen se dirixe a despedida anunciada no título (“Adeus”)? Explica a polivalencia da despedi-
da á luz da derradeira estrofa e do verso 8
► Intenta explicar todas as imaxes irracionais que encontres