SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
ENCONTRO SOLIDARIO


          Bos días amig@s do blog, hoxe querémosvos contar, ou facer un resumo do primeiro Encontro
Solidario.

          Ás 9.30 saímos do CPI Virxe da Cela, é dicir, o noso colexio , ao cabo dunha 1h e media máis ou
menos, chegamos ao noso destino , o Encontro Solidario. Cando chegamos había uns rapaces esperando
por nós para levarnos ata onde sería a reunión. Alí falaríase das actividades que faceríamos durante todo
o día, alí repartíronnos unha carpeta con uns papeis que utilizaríamos durante todo o día, un bolígrafo, e
unha tarxeta na que tiñamos que poñer o noso nome, e alí sinalabamos o obradoiro ao que máis tarde
iríamos.
          A primeira cousa que fixemos pola mañá despois da reunión foi uns xogos dirixidos por uns
monitores, como éramos moitos dividíronnos en grupos. A división a fixeron poñendo nomes de animais, e
despois os animais iguais tíñanse que xuntar. No meu grupo o primeiro xogo foi de presentación, cada
persoa do grupo tiña que dicir o seu nome e un xesto que o caracterizara, despois xogamos a un xogo no
que tres persoas tiñan que facer as tres partes da casa, un a parte esquerda outra a dereita, e despois o
inquilino, cando o monitor dicía parte dereita ese tiña que cambiarse para outra parte dereita, cando dicía
parte esquerda, a parte esquerda cambiábase, e cando dicía terremoto, todos tiñamos que cambiar de
sitio. Despois de estes xogos por grupos, fixemos uns todos xuntos, nos dividiron en dous grupos, e uns
eran os pares e outros os impares, cando dicían os pares, eles pillaban , e cando dicían os impares
pillaban eles. Despois fixemos un circulo moi grande, e cantamos cancións como a de Juan talamela
guajira juan talamera, e cada vez tíñaste que acercar mais o que levabas diante, despois tamén cantamos
outras cancións, sobre as 12 e media, cada persoa foi para o seu obradoiro, no que se falaría da igualdade
entre homes e mulleres. O meu obradoiro era o 1, nese obradoiro fixemos un cartel do que se esperaba
dunha Muller e dun Home, e do que nos parecía a nos que no estaba ben do trato das mulleres e do trato
dos homes. Despois as 2 e cuarto fomos comer, e cando acabamos de comer xuntámonos coa nosa
profesora para poñer no noso cartel o que desenvolveríamos durante todo o ano, ou o que tiñamos
previsto.
          Despois de acabar con iso, xuntámonos todos outra vez e cada colexio dixo o que tiña pensado
facer durante o ano, cando acabamos con iso, un mago fixo unha actuación, e despois de rematar o
mago, nos deron a merenda que comeriamos no bus de volta a casa.


                                                                                                     Desiré
Saída ao Monte do Gozo (Santiago)

      Foi a primeira excursión de Entreculturas deste curso.
Saímos do colexio ao redor das dez e chegamos a Santiago nunha
hora. Cando chegamos estaban esperándonos uns rapaces e
rapazas dun colexio de Santiago que eran os anfitrións e nos ían
axudar con calquera dúbida que tivéramos ao longo do día.
      Primeiro fomos ao salón de actos e alí dixéronnos todo o
que íamos facer ao longo do día. Despois fomos a unha explanada
e alí dividíronnos en grupos e fixemos algúns xogos para empezar
a coñecernos entre outros que fixemos despois. Logo fomos a uns
obradoiros sobre a igualdade de xénero. Entre as dúas e as tres
fomos comer.
      Despois cada colexio xuntouse co seu profesor. Nós
xuntámonos coa nosa profesora e entre todas decidimos todos os
proxectos que íamos facer neste curso e puxémolos nas nosas
axendas, tamén escribimos un compromiso relacionado coa
igualdade entre xéneros; e iso tamén o fixeron os outros colexios.
Logo fomos ao salón de actos outra vez e cada colexio mostrou a
súa axenda aos demais. Despois veu un mago facer unha
actuación que era o irmán do que viñera uns días antes ao noso
colexio; e por último marchamos para casa.
      Eu persoalmente paseino ben, coñecín xente nova e aprendín
moitas cousas… Aínda que ao principio sempre estás algo
avergoñada, logo te relacionas cos outros rapaces e rapazas…



                              Iria
Entreculturas Monte do Gozo

      Xa había tempo que compañeiros e compañeiras meus foran
aos encontros de ENTRECULTURAS, pero eu non me animara
ata este ano. Este ano foi en Santiago. Pasámolo moi ben,
coñecemos a moita xente da nosa idade. Neste encontro primeiro
xuntáronnos a todos os rapaces de tódolos colexios nun auditorio
ali, presentaron os distintos colexios, despois de isto fomos ata
unha praza enorme,ali fixemos uns xogos moi divertidos con
distintos rapaces dos outros colexios, así que rematamos os xogos
fomos a uns obradoiros. Ao que asistín eu trataba sobre os
estereotipos entre os homes e mulleres
      Logo fomos xantar, despois cada colexio xuntouse cos seus
profesores para crear a axenda solidaria de cada colexio. Logo
presentámolas diante dos outros colexios que asistiron. Para
rematar este bo día asistimos á actuación dun bo mago que no lo
fixo pasar moi ben e a guinda final deste día foi a volta para a
casa no autobús: pasámolo estupendamente, rimos e cantamos.
                                                          Tamara
Encontro ``Entreculturas´´

       Ese día foi moi divertido e fixemos moitas cousas. Pola mañá o
primeiro que se fixo foi presentar ós colexios, despois dividíronnos en
grupos e fixemos unha serie de xogos para relacionarnos cos demais e irnos
coñecendo e por último dividíronnos de novo en grupos distintos aos
anteriores e estes acudimos a uns talleres relacionados coa igualdade.
Despois comemos e máis tarde reunímonos os alumnos de cada colexio cos
nosos profesores para planificar e plasmar nun cartel as actividades que
tivésemos pensado facer no colexio, unha vez feitos estes carteis acudimos
ao auditorio para presentar estas axendas en público ao resto dos colexios.
Logo disto un mago amenizou o resto da tarde e isto resumido foi o que
fixemos no encontro de ``Entreculturas´´.
       Este ano había moita máis xente que nos outros encontros, na miña
opinión estiveron mellor os outros, o outro a o que fun, que non quero dicir
que este estivese mal pero eu pasarao mellor no outro, non sei fora todo
doutra maneira.
       O que máis me gustou deste día foron os xogos que fixemos para
coñecernos e relacionarnos cos demais, estiveron moi divertidos. E o que
menos, non sei...ao mellor o mago porque era o irmán do que veu a o
colexio e xa sabia os trucos; por dicir algo.
       En resumo foi un día que pasou moi rápido e que me serviu para
darme conta de moitas cousas (como por exemplo que hai xente da miña
idade ou maior que min que é moi egoísta e so pensa en si mesma, non
comparto esa maneira de ser pero respéctoa) e para seguir con máis ganas na
rede .


                                                        Vanessa

More Related Content

What's hot (16)

Revista web
Revista webRevista web
Revista web
 
revista cumes 2016
revista cumes 2016revista cumes 2016
revista cumes 2016
 
Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
REVISTA CUMES
REVISTA CUMESREVISTA CUMES
REVISTA CUMES
 
Anduriña 2017
Anduriña 2017Anduriña 2017
Anduriña 2017
 
Carta puca2
Carta puca2Carta puca2
Carta puca2
 
Festa de fin de curso
Festa de fin de cursoFesta de fin de curso
Festa de fin de curso
 
Carta puca febreiro
Carta puca febreiroCarta puca febreiro
Carta puca febreiro
 
Carta puca6
Carta puca6Carta puca6
Carta puca6
 
Revista completa
Revista completaRevista completa
Revista completa
 
11. a importancia da escrita
11.  a importancia da escrita11.  a importancia da escrita
11. a importancia da escrita
 
O TANGARAÑO
O TANGARAÑOO TANGARAÑO
O TANGARAÑO
 
Carta puca 1
Carta puca 1Carta puca 1
Carta puca 1
 
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
 
17. remate dunha etapa
17.  remate dunha etapa17.  remate dunha etapa
17. remate dunha etapa
 

Viewers also liked

5 - Grupo Agromen - Trabalho Maganes 25% - A4
5 - Grupo Agromen - Trabalho Maganes 25% - A45 - Grupo Agromen - Trabalho Maganes 25% - A4
5 - Grupo Agromen - Trabalho Maganes 25% - A4Juan Carlos Castaneda
 
Luz d led presentation
Luz d led presentationLuz d led presentation
Luz d led presentationluzdled
 
6 - Grupo Agromen - Trabalho Gotamix - A4
6 - Grupo Agromen - Trabalho Gotamix - A46 - Grupo Agromen - Trabalho Gotamix - A4
6 - Grupo Agromen - Trabalho Gotamix - A4Juan Carlos Castaneda
 
1 - 2016-03-23 - Agromen - Soja - Faz. Santa Fe - Talhao 31 e 32 - A4
1 - 2016-03-23 - Agromen - Soja - Faz. Santa Fe - Talhao 31 e 32 - A41 - 2016-03-23 - Agromen - Soja - Faz. Santa Fe - Talhao 31 e 32 - A4
1 - 2016-03-23 - Agromen - Soja - Faz. Santa Fe - Talhao 31 e 32 - A4Juan Carlos Castaneda
 
5 - Grupo Agromen - Trabalho Maganes 25% - A4
5 - Grupo Agromen - Trabalho Maganes 25% - A45 - Grupo Agromen - Trabalho Maganes 25% - A4
5 - Grupo Agromen - Trabalho Maganes 25% - A4Juan Carlos Castaneda
 
3 - 2016-03-23 - Agromen - Soja - Faz. Primavera - Talhao 14 e 15 - A4
3 - 2016-03-23 - Agromen - Soja - Faz. Primavera - Talhao 14 e 15 - A43 - 2016-03-23 - Agromen - Soja - Faz. Primavera - Talhao 14 e 15 - A4
3 - 2016-03-23 - Agromen - Soja - Faz. Primavera - Talhao 14 e 15 - A4Juan Carlos Castaneda
 

Viewers also liked (7)

5 - Grupo Agromen - Trabalho Maganes 25% - A4
5 - Grupo Agromen - Trabalho Maganes 25% - A45 - Grupo Agromen - Trabalho Maganes 25% - A4
5 - Grupo Agromen - Trabalho Maganes 25% - A4
 
Luz d led presentation
Luz d led presentationLuz d led presentation
Luz d led presentation
 
6 - Grupo Agromen - Trabalho Gotamix - A4
6 - Grupo Agromen - Trabalho Gotamix - A46 - Grupo Agromen - Trabalho Gotamix - A4
6 - Grupo Agromen - Trabalho Gotamix - A4
 
1 - 2016-03-23 - Agromen - Soja - Faz. Santa Fe - Talhao 31 e 32 - A4
1 - 2016-03-23 - Agromen - Soja - Faz. Santa Fe - Talhao 31 e 32 - A41 - 2016-03-23 - Agromen - Soja - Faz. Santa Fe - Talhao 31 e 32 - A4
1 - 2016-03-23 - Agromen - Soja - Faz. Santa Fe - Talhao 31 e 32 - A4
 
5 - Grupo Agromen - Trabalho Maganes 25% - A4
5 - Grupo Agromen - Trabalho Maganes 25% - A45 - Grupo Agromen - Trabalho Maganes 25% - A4
5 - Grupo Agromen - Trabalho Maganes 25% - A4
 
3 - 2016-03-23 - Agromen - Soja - Faz. Primavera - Talhao 14 e 15 - A4
3 - 2016-03-23 - Agromen - Soja - Faz. Primavera - Talhao 14 e 15 - A43 - 2016-03-23 - Agromen - Soja - Faz. Primavera - Talhao 14 e 15 - A4
3 - 2016-03-23 - Agromen - Soja - Faz. Primavera - Talhao 14 e 15 - A4
 
Glifosato yamada
Glifosato yamadaGlifosato yamada
Glifosato yamada
 

Similar to Editado crónicas entreculturas montedogozo

Nerea crónica v encontro global entreculturas
Nerea crónica v encontro global entreculturasNerea crónica v encontro global entreculturas
Nerea crónica v encontro global entreculturassatelite1
 
Crónica zanmitay
Crónica zanmitayCrónica zanmitay
Crónica zanmitaysatelite1
 
A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica
A nena e o grilo nun barquiño   unidade didactica A nena e o grilo nun barquiño   unidade didactica
A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica cenlf
 
Crónica andrea reces. 7 de novembro
Crónica  andrea reces. 7 de novembroCrónica  andrea reces. 7 de novembro
Crónica andrea reces. 7 de novembrosatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Retallos 2010
Retallos 2010Retallos 2010
Retallos 2010A Solaina
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023anxovila
 
Crónica xv encontro da rede solidaria andrea 1º
Crónica xv encontro da rede solidaria andrea 1ºCrónica xv encontro da rede solidaria andrea 1º
Crónica xv encontro da rede solidaria andrea 1ºsatelite1
 
Trabajo entrculturas andrea 1º
Trabajo entrculturas andrea 1ºTrabajo entrculturas andrea 1º
Trabajo entrculturas andrea 1ºsatelite1
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020anxovila
 
REVISTA ALBORADA 2021
REVISTA ALBORADA  2021REVISTA ALBORADA  2021
REVISTA ALBORADA 2021anxovila
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009A Solaina
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"albinonunez
 
REVISTA ALBORADA 2022
REVISTA ALBORADA 2022REVISTA ALBORADA 2022
REVISTA ALBORADA 2022anxovila
 

Similar to Editado crónicas entreculturas montedogozo (20)

Nerea crónica v encontro global entreculturas
Nerea crónica v encontro global entreculturasNerea crónica v encontro global entreculturas
Nerea crónica v encontro global entreculturas
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
Faladurías
FaladuríasFaladurías
Faladurías
 
Crónica zanmitay
Crónica zanmitayCrónica zanmitay
Crónica zanmitay
 
A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica
A nena e o grilo nun barquiño   unidade didactica A nena e o grilo nun barquiño   unidade didactica
A nena e o grilo nun barquiño unidade didactica
 
Crónica andrea reces. 7 de novembro
Crónica  andrea reces. 7 de novembroCrónica  andrea reces. 7 de novembro
Crónica andrea reces. 7 de novembro
 
Xornada RECES
Xornada RECESXornada RECES
Xornada RECES
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Retallos 2010
Retallos 2010Retallos 2010
Retallos 2010
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023
 
Crónica xv encontro da rede solidaria andrea 1º
Crónica xv encontro da rede solidaria andrea 1ºCrónica xv encontro da rede solidaria andrea 1º
Crónica xv encontro da rede solidaria andrea 1º
 
Trabajo entrculturas andrea 1º
Trabajo entrculturas andrea 1ºTrabajo entrculturas andrea 1º
Trabajo entrculturas andrea 1º
 
La voz de la barcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
 
REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020
 
REVISTA ALBORADA 2021
REVISTA ALBORADA  2021REVISTA ALBORADA  2021
REVISTA ALBORADA 2021
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
 
REVISTA ALBORADA 2022
REVISTA ALBORADA 2022REVISTA ALBORADA 2022
REVISTA ALBORADA 2022
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
Convocatoria concurso-letras-galegas-2021
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Editado crónicas entreculturas montedogozo

  • 1. ENCONTRO SOLIDARIO Bos días amig@s do blog, hoxe querémosvos contar, ou facer un resumo do primeiro Encontro Solidario. Ás 9.30 saímos do CPI Virxe da Cela, é dicir, o noso colexio , ao cabo dunha 1h e media máis ou menos, chegamos ao noso destino , o Encontro Solidario. Cando chegamos había uns rapaces esperando por nós para levarnos ata onde sería a reunión. Alí falaríase das actividades que faceríamos durante todo o día, alí repartíronnos unha carpeta con uns papeis que utilizaríamos durante todo o día, un bolígrafo, e unha tarxeta na que tiñamos que poñer o noso nome, e alí sinalabamos o obradoiro ao que máis tarde iríamos. A primeira cousa que fixemos pola mañá despois da reunión foi uns xogos dirixidos por uns monitores, como éramos moitos dividíronnos en grupos. A división a fixeron poñendo nomes de animais, e despois os animais iguais tíñanse que xuntar. No meu grupo o primeiro xogo foi de presentación, cada persoa do grupo tiña que dicir o seu nome e un xesto que o caracterizara, despois xogamos a un xogo no que tres persoas tiñan que facer as tres partes da casa, un a parte esquerda outra a dereita, e despois o inquilino, cando o monitor dicía parte dereita ese tiña que cambiarse para outra parte dereita, cando dicía parte esquerda, a parte esquerda cambiábase, e cando dicía terremoto, todos tiñamos que cambiar de sitio. Despois de estes xogos por grupos, fixemos uns todos xuntos, nos dividiron en dous grupos, e uns eran os pares e outros os impares, cando dicían os pares, eles pillaban , e cando dicían os impares pillaban eles. Despois fixemos un circulo moi grande, e cantamos cancións como a de Juan talamela guajira juan talamera, e cada vez tíñaste que acercar mais o que levabas diante, despois tamén cantamos outras cancións, sobre as 12 e media, cada persoa foi para o seu obradoiro, no que se falaría da igualdade entre homes e mulleres. O meu obradoiro era o 1, nese obradoiro fixemos un cartel do que se esperaba dunha Muller e dun Home, e do que nos parecía a nos que no estaba ben do trato das mulleres e do trato dos homes. Despois as 2 e cuarto fomos comer, e cando acabamos de comer xuntámonos coa nosa profesora para poñer no noso cartel o que desenvolveríamos durante todo o ano, ou o que tiñamos previsto. Despois de acabar con iso, xuntámonos todos outra vez e cada colexio dixo o que tiña pensado facer durante o ano, cando acabamos con iso, un mago fixo unha actuación, e despois de rematar o mago, nos deron a merenda que comeriamos no bus de volta a casa. Desiré
  • 2. Saída ao Monte do Gozo (Santiago) Foi a primeira excursión de Entreculturas deste curso. Saímos do colexio ao redor das dez e chegamos a Santiago nunha hora. Cando chegamos estaban esperándonos uns rapaces e rapazas dun colexio de Santiago que eran os anfitrións e nos ían axudar con calquera dúbida que tivéramos ao longo do día. Primeiro fomos ao salón de actos e alí dixéronnos todo o que íamos facer ao longo do día. Despois fomos a unha explanada e alí dividíronnos en grupos e fixemos algúns xogos para empezar a coñecernos entre outros que fixemos despois. Logo fomos a uns obradoiros sobre a igualdade de xénero. Entre as dúas e as tres fomos comer. Despois cada colexio xuntouse co seu profesor. Nós xuntámonos coa nosa profesora e entre todas decidimos todos os proxectos que íamos facer neste curso e puxémolos nas nosas axendas, tamén escribimos un compromiso relacionado coa igualdade entre xéneros; e iso tamén o fixeron os outros colexios. Logo fomos ao salón de actos outra vez e cada colexio mostrou a súa axenda aos demais. Despois veu un mago facer unha actuación que era o irmán do que viñera uns días antes ao noso colexio; e por último marchamos para casa. Eu persoalmente paseino ben, coñecín xente nova e aprendín moitas cousas… Aínda que ao principio sempre estás algo avergoñada, logo te relacionas cos outros rapaces e rapazas… Iria
  • 3. Entreculturas Monte do Gozo Xa había tempo que compañeiros e compañeiras meus foran aos encontros de ENTRECULTURAS, pero eu non me animara ata este ano. Este ano foi en Santiago. Pasámolo moi ben, coñecemos a moita xente da nosa idade. Neste encontro primeiro xuntáronnos a todos os rapaces de tódolos colexios nun auditorio ali, presentaron os distintos colexios, despois de isto fomos ata unha praza enorme,ali fixemos uns xogos moi divertidos con distintos rapaces dos outros colexios, así que rematamos os xogos fomos a uns obradoiros. Ao que asistín eu trataba sobre os estereotipos entre os homes e mulleres Logo fomos xantar, despois cada colexio xuntouse cos seus profesores para crear a axenda solidaria de cada colexio. Logo presentámolas diante dos outros colexios que asistiron. Para rematar este bo día asistimos á actuación dun bo mago que no lo fixo pasar moi ben e a guinda final deste día foi a volta para a casa no autobús: pasámolo estupendamente, rimos e cantamos. Tamara
  • 4. Encontro ``Entreculturas´´ Ese día foi moi divertido e fixemos moitas cousas. Pola mañá o primeiro que se fixo foi presentar ós colexios, despois dividíronnos en grupos e fixemos unha serie de xogos para relacionarnos cos demais e irnos coñecendo e por último dividíronnos de novo en grupos distintos aos anteriores e estes acudimos a uns talleres relacionados coa igualdade. Despois comemos e máis tarde reunímonos os alumnos de cada colexio cos nosos profesores para planificar e plasmar nun cartel as actividades que tivésemos pensado facer no colexio, unha vez feitos estes carteis acudimos ao auditorio para presentar estas axendas en público ao resto dos colexios. Logo disto un mago amenizou o resto da tarde e isto resumido foi o que fixemos no encontro de ``Entreculturas´´. Este ano había moita máis xente que nos outros encontros, na miña opinión estiveron mellor os outros, o outro a o que fun, que non quero dicir que este estivese mal pero eu pasarao mellor no outro, non sei fora todo doutra maneira. O que máis me gustou deste día foron os xogos que fixemos para coñecernos e relacionarnos cos demais, estiveron moi divertidos. E o que menos, non sei...ao mellor o mago porque era o irmán do que veu a o colexio e xa sabia os trucos; por dicir algo. En resumo foi un día que pasou moi rápido e que me serviu para darme conta de moitas cousas (como por exemplo que hai xente da miña idade ou maior que min que é moi egoísta e so pensa en si mesma, non comparto esa maneira de ser pero respéctoa) e para seguir con máis ganas na rede . Vanessa