SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
Rúa Pastoriza, 8
                             15781 Santiago de Compostela




CONVOCATORIA DE CONCURSO PARA A ELABORACIÓN
DUNHA EXPOSICIÓN SOBRE O AUTOR HOMENAXEADO O DÍA
DAS LETRAS GALEGAS 2012.


A Secretaría Xeral de Política Lingüística, por delegación do conselleiro de
Educación e Ordenación Universitaria do día 4 de novembro de 2011, en virtude
da disposición adicional da Orde do 22 de abril de 2010 de delegación de
competencias nos órganos superiores e periféricos da Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria (DOG núm. 78, do 27 de abril de 2010), con motivo do
Día das Letras Galegas, convoca un concurso, entre os centros de ensino non
universitario de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do
autor homenaxeado en 2012, Valentín Paz Andrade, e/ou sobre a situación
sociolingüística da etapa histórica na que este viviu.



Obxectivos:


1. Potenciar o estudo da obra e da época de Valentín Paz Andrade.
2. Propiciar a reflexión sociolingüística sobre esta etapa histórica.
3. Fomentar a valoración das contribucións individuais e colectivas na dignificación
e normalización da lingua galega.
4. Impulsar a realización de actividades que fomenten a colaboración
interdepartamental e que potencien a implicación activa do profesorado e do
alumnado.
5. Fomentar e difundir unha visión persoal por parte da comunidade educativa
sobre a figura deste autor.
6. Enriquecer a oferta de materiais existentes en lingua galega, e promover a súa
divulgación como referentes para outros centros.


Bases:


1. Poderán participar todos os centros de ensino non universitario de titularidade
da Consellería de Educación aos que se refire a base 2.ª desta convocatoria.


2. Establécense dúas categorías:
Rúa Pastoriza, 8
                              15781 Santiago de Compostela




a) Para os centros de educación infantil e primaria.
b) Para os centros de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación
profesional.
Os centros educativos nos que se imparta educación infantil, primaria e secundaria
poderán concursar nas dúas categorías.


3. Os traballos serán orixinais e inéditos.


4. O eixe temático da exposición será a obra e a época de Valentín Paz Andrade,
observada dende unha perspectiva pluridisciplinar e onde o percorrido biográfico
sexa só un pretexto para abordar unha realidade complexa e heteroxénea.


5. O traballo será interdepartamental e na súa elaboración deberán estar
implicados un mínimo de cinco seminarios. No caso dos centros de educación
primaria, terase en conta a participación dos equipos de distintos ciclos.


6. A exposición constará de:
- 10 carteis de 70 x 50 cm.
- Para cada cartel elaboraranse unha serie de actividades que guíen a súa
observación e fomenten o labor de investigación do alumnado. Xuntarase á
exposición en forma de guía ou cuestionario e a súa extensión non superará as 20
páxinas.


7. A técnica para utilizar é libre e os traballos poderanse presentar en cor.


8. Os grupos de traballo que elaboren as exposicións gañadoras recibirán
cadanseu premio en metálico por importe de 3.000 €.
Os premios poderán, se a calidade dos traballos presentados non fose a axeitada,
declararse desertos.


9. Os traballos entregaranse en formato dixital PDF e EPS, cunha resolución
mínima das imaxes de 300 píxeles/polgada, modo de cor cmyk, acompañado da
reprodución impresa dun dos carteis, no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, nos
das súas delegacións provinciais ou por calquera dos medios previstos no artigo
38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións
públicas e do procedemento administrativo común. Presentaranse baixo un
pseudónimo ou lema identificador. Ademais, acompañarase un sobre pechado no
Rúa Pastoriza, 8
                             15781 Santiago de Compostela




que figurará no exterior unicamente o pseudónimo ou lema da exposición e no seu
interior, os datos do centro e os do grupo de traballo.


10. O prazo de presentación remata o día 16 de xaneiro de 2012.


11. Para o ditame dos premios establecerase un xurado formado por:
- O titular da Subdirección Xeral de Política Lingüística.
- O titular da Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística.
- Un asesor ou asesora técnica encargado/a dos contidos educativos.
O xurado poderá contar cos informes dunha comisión técnica especializada para
colaborar na valoración daqueles proxectos que coide pertinentes.


12. O xurado terá en conta os seguintes criterios de valoración:
- Ampliación da perspectiva de coñecemento do autor homenaxeado.
- Inclusión de actividades dirixidas a distintos ámbitos de coñecemento, ademais
das correspondentes aos seminarios implicados.
- Nivel de implicación e incidencia na comunidade educativa.
- Carácter motivador e orixinalidade da proposta.
- Orde, claridade, coherencia e corrección gramatical na presentación.


13. Os orixinais non premiados serán devoltos, sempre que os/as autores/as así o
soliciten por escrito, no prazo máximo dun mes a partir da data en que se faga
pública a resolución do xurado. Os orixinais que non se retiren, destruiranse.


14. A mellor exposición de cada unha das categorías será imprimida e distribuída
en máis de 1.600 puntos de Galicia e do exterior, tales como centros de ensino,
centros de estudos galegos, centros da emigración, bibliotecas municipais e casas
da cultura, entre outros. Nela figurarán a imaxe gráfica da Xunta de Galicia e o
nome do centro gañador.


15. A Secretaría Xeral de Política Lingüística quedará eximida de calquera
responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación
vixente na que, en materia de propiedade intelectual, puidesen incorrer os/as
participantes.
Rúa Pastoriza, 8
                             15781 Santiago de Compostela




16. A Secretaría Xeral de Política Lingüística resérvase o dereito a organizar
exposicións e/ou a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou contido dos
traballos presentados por calquera medio que se considere oportuno, sen máis
limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo
que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual.


17. A Secretaría Xeral de Política Lingüística poderá desenvolver as accións que
considere oportunas encamiñadas á difusión dos traballos seleccionados das
categorías incluídas nesta convocatoria.


18. A participación no concurso implica a aceptación destas bases. A Secretaría
Xeral de Política Lingüística queda facultada para dirimir calquera controversia
derivada da interpretación das bases. O ditame do xurado será inapelable.


Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2011




Anxo M. Lorenzo Suárez
Secretario Xeral de Política Lingüística

More Related Content

Similar to Convocatoria concurso letras_galegas_2012

Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020satelite1
 
Guía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UEGuía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UECharo García
 
Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020satelite1
 
Bases%20video
Bases%20videoBases%20video
Bases%20videoMaria
 
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019satelite1
 
Cpi de panxon polizóns a bordo1
Cpi de panxon polizóns a bordo1Cpi de panxon polizóns a bordo1
Cpi de panxon polizóns a bordo1pastoraastray
 
Bases concurso presentelect_2011
Bases concurso presentelect_2011Bases concurso presentelect_2011
Bases concurso presentelect_2011satelite1
 
Bases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivoBases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivosatelite1
 
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfNormas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfcenlf
 
Iii certame de recolla de imaxes
Iii certame de recolla de imaxesIii certame de recolla de imaxes
Iii certame de recolla de imaxessatelite1
 
Senda dos-faros-convocatoria
Senda dos-faros-convocatoriaSenda dos-faros-convocatoria
Senda dos-faros-convocatoriasatelite1
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdfcenlf
 
Xviii certame trapero pardo[1]
Xviii certame trapero pardo[1]Xviii certame trapero pardo[1]
Xviii certame trapero pardo[1]191072xlgr
 
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoBalance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoEncarna Lago
 
Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19jubos
 
Convocatoriaouffescola
ConvocatoriaouffescolaConvocatoriaouffescola
Convocatoriaouffescolasatelite1
 
Bases ouff escola_18
Bases ouff escola_18Bases ouff escola_18
Bases ouff escola_18satelite1
 
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolO Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolCoordinadora Galega ENDL
 

Similar to Convocatoria concurso letras_galegas_2012 (20)

Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020
 
Basesconcursoppt 2010
Basesconcursoppt 2010Basesconcursoppt 2010
Basesconcursoppt 2010
 
Guía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UEGuía de prácticas y salidas laborales en la UE
Guía de prácticas y salidas laborales en la UE
 
Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020Ntc convocatoria-2019 2020
Ntc convocatoria-2019 2020
 
Bases%20video
Bases%20videoBases%20video
Bases%20video
 
Plan anual edlg _2018-2019
Plan anual edlg _2018-2019Plan anual edlg _2018-2019
Plan anual edlg _2018-2019
 
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
Nos tamen-creamos-convocatoria-ntc-2018 2019
 
Cpi de panxon polizóns a bordo1
Cpi de panxon polizóns a bordo1Cpi de panxon polizóns a bordo1
Cpi de panxon polizóns a bordo1
 
Bases concurso presentelect_2011
Bases concurso presentelect_2011Bases concurso presentelect_2011
Bases concurso presentelect_2011
 
Bases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivoBases premios-publicidade-definitivo
Bases premios-publicidade-definitivo
 
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdfNormas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
Normas XXIII Certame Poesía e Imaxe 2023.pdf
 
Iii certame de recolla de imaxes
Iii certame de recolla de imaxesIii certame de recolla de imaxes
Iii certame de recolla de imaxes
 
Senda dos-faros-convocatoria
Senda dos-faros-convocatoriaSenda dos-faros-convocatoria
Senda dos-faros-convocatoria
 
Bases xerais para todas as edicións.pdf
Bases xerais  para todas as edicións.pdfBases xerais  para todas as edicións.pdf
Bases xerais para todas as edicións.pdf
 
Xviii certame trapero pardo[1]
Xviii certame trapero pardo[1]Xviii certame trapero pardo[1]
Xviii certame trapero pardo[1]
 
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica LugoBalance novospúblicosxul2017  Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
Balance novospúblicosxul2017 Primer Semestre 2017 Rede Museistica Lugo
 
Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19Presentación.ies.web.2018 19
Presentación.ies.web.2018 19
 
Convocatoriaouffescola
ConvocatoriaouffescolaConvocatoriaouffescola
Convocatoriaouffescola
 
Bases ouff escola_18
Bases ouff escola_18Bases ouff escola_18
Bases ouff escola_18
 
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolO Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
 

More from satelite1

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019satelite1
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidosatelite1
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidariosatelite1
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionsatelite1
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2satelite1
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1satelite1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xasatelite1
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)satelite1
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.satelite1
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020satelite1
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgsatelite1
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020satelite1
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03satelite1
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferosatelite1
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docxsatelite1
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendassatelite1
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestalsatelite1
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021satelite1
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020satelite1
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao colesatelite1
 

More from satelite1 (20)

Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019Dossier escolar pacc 2019
Dossier escolar pacc 2019
 
Revista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimidoRevista ef novembro comprimido
Revista ef novembro comprimido
 
Monografico monfero solidario
Monografico monfero solidarioMonografico monfero solidario
Monografico monfero solidario
 
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacionCcg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
Ccg ac 2020_xxii-encontros_normalizacion
 
Proposta semana 2
Proposta semana 2Proposta semana 2
Proposta semana 2
 
Proposta semana 1
Proposta semana 1Proposta semana 1
Proposta semana 1
 
1 revista ef movete xa
1 revista ef  movete xa1 revista ef  movete xa
1 revista ef movete xa
 
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
O grelo como sinal de identidade la voz galicia 4 nov 20 (1)
 
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.Feira do grelo 2020 andrea rivera.
Feira do grelo 2020 andrea rivera.
 
Magosto 2020
Magosto 2020Magosto 2020
Magosto 2020
 
Bases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cgBases premio-galego-ep cg
Bases premio-galego-ep cg
 
Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020Invitacion cafe coruna 2020
Invitacion cafe coruna 2020
 
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03Xornadas becreativa 2020_borrador_03
Xornadas becreativa 2020_borrador_03
 
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monferoEntrevista sobre o cancioneiro de monfero
Entrevista sobre o cancioneiro de monfero
 
8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx8 marzo actividades.docx
8 marzo actividades.docx
 
8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas8 maio de ninas-a-leyendas
8 maio de ninas-a-leyendas
 
A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021Calendarioescolar20202021
Calendarioescolar20202021
 
Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020Asamblea cierre 2020
Asamblea cierre 2020
 
Marcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao coleMarcos areosa volta ao cole
Marcos areosa volta ao cole
 

Convocatoria concurso letras_galegas_2012

  • 1. Rúa Pastoriza, 8 15781 Santiago de Compostela CONVOCATORIA DE CONCURSO PARA A ELABORACIÓN DUNHA EXPOSICIÓN SOBRE O AUTOR HOMENAXEADO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2012. A Secretaría Xeral de Política Lingüística, por delegación do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria do día 4 de novembro de 2011, en virtude da disposición adicional da Orde do 22 de abril de 2010 de delegación de competencias nos órganos superiores e periféricos da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG núm. 78, do 27 de abril de 2010), con motivo do Día das Letras Galegas, convoca un concurso, entre os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2012, Valentín Paz Andrade, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica na que este viviu. Obxectivos: 1. Potenciar o estudo da obra e da época de Valentín Paz Andrade. 2. Propiciar a reflexión sociolingüística sobre esta etapa histórica. 3. Fomentar a valoración das contribucións individuais e colectivas na dignificación e normalización da lingua galega. 4. Impulsar a realización de actividades que fomenten a colaboración interdepartamental e que potencien a implicación activa do profesorado e do alumnado. 5. Fomentar e difundir unha visión persoal por parte da comunidade educativa sobre a figura deste autor. 6. Enriquecer a oferta de materiais existentes en lingua galega, e promover a súa divulgación como referentes para outros centros. Bases: 1. Poderán participar todos os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Educación aos que se refire a base 2.ª desta convocatoria. 2. Establécense dúas categorías:
  • 2. Rúa Pastoriza, 8 15781 Santiago de Compostela a) Para os centros de educación infantil e primaria. b) Para os centros de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional. Os centros educativos nos que se imparta educación infantil, primaria e secundaria poderán concursar nas dúas categorías. 3. Os traballos serán orixinais e inéditos. 4. O eixe temático da exposición será a obra e a época de Valentín Paz Andrade, observada dende unha perspectiva pluridisciplinar e onde o percorrido biográfico sexa só un pretexto para abordar unha realidade complexa e heteroxénea. 5. O traballo será interdepartamental e na súa elaboración deberán estar implicados un mínimo de cinco seminarios. No caso dos centros de educación primaria, terase en conta a participación dos equipos de distintos ciclos. 6. A exposición constará de: - 10 carteis de 70 x 50 cm. - Para cada cartel elaboraranse unha serie de actividades que guíen a súa observación e fomenten o labor de investigación do alumnado. Xuntarase á exposición en forma de guía ou cuestionario e a súa extensión non superará as 20 páxinas. 7. A técnica para utilizar é libre e os traballos poderanse presentar en cor. 8. Os grupos de traballo que elaboren as exposicións gañadoras recibirán cadanseu premio en metálico por importe de 3.000 €. Os premios poderán, se a calidade dos traballos presentados non fose a axeitada, declararse desertos. 9. Os traballos entregaranse en formato dixital PDF e EPS, cunha resolución mínima das imaxes de 300 píxeles/polgada, modo de cor cmyk, acompañado da reprodución impresa dun dos carteis, no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, nos das súas delegacións provinciais ou por calquera dos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Presentaranse baixo un pseudónimo ou lema identificador. Ademais, acompañarase un sobre pechado no
  • 3. Rúa Pastoriza, 8 15781 Santiago de Compostela que figurará no exterior unicamente o pseudónimo ou lema da exposición e no seu interior, os datos do centro e os do grupo de traballo. 10. O prazo de presentación remata o día 16 de xaneiro de 2012. 11. Para o ditame dos premios establecerase un xurado formado por: - O titular da Subdirección Xeral de Política Lingüística. - O titular da Subdirección Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística. - Un asesor ou asesora técnica encargado/a dos contidos educativos. O xurado poderá contar cos informes dunha comisión técnica especializada para colaborar na valoración daqueles proxectos que coide pertinentes. 12. O xurado terá en conta os seguintes criterios de valoración: - Ampliación da perspectiva de coñecemento do autor homenaxeado. - Inclusión de actividades dirixidas a distintos ámbitos de coñecemento, ademais das correspondentes aos seminarios implicados. - Nivel de implicación e incidencia na comunidade educativa. - Carácter motivador e orixinalidade da proposta. - Orde, claridade, coherencia e corrección gramatical na presentación. 13. Os orixinais non premiados serán devoltos, sempre que os/as autores/as así o soliciten por escrito, no prazo máximo dun mes a partir da data en que se faga pública a resolución do xurado. Os orixinais que non se retiren, destruiranse. 14. A mellor exposición de cada unha das categorías será imprimida e distribuída en máis de 1.600 puntos de Galicia e do exterior, tales como centros de ensino, centros de estudos galegos, centros da emigración, bibliotecas municipais e casas da cultura, entre outros. Nela figurarán a imaxe gráfica da Xunta de Galicia e o nome do centro gañador. 15. A Secretaría Xeral de Política Lingüística quedará eximida de calquera responsabilidade derivada do plaxio ou de calquera transgresión da lexislación vixente na que, en materia de propiedade intelectual, puidesen incorrer os/as participantes.
  • 4. Rúa Pastoriza, 8 15781 Santiago de Compostela 16. A Secretaría Xeral de Política Lingüística resérvase o dereito a organizar exposicións e/ou a exhibición, reprodución ou publicación da imaxe ou contido dos traballos presentados por calquera medio que se considere oportuno, sen máis limitacións que as derivadas do Real decreto lexislativo 1/1996, do 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual. 17. A Secretaría Xeral de Política Lingüística poderá desenvolver as accións que considere oportunas encamiñadas á difusión dos traballos seleccionados das categorías incluídas nesta convocatoria. 18. A participación no concurso implica a aceptación destas bases. A Secretaría Xeral de Política Lingüística queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da interpretación das bases. O ditame do xurado será inapelable. Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2011 Anxo M. Lorenzo Suárez Secretario Xeral de Política Lingüística