Your SlideShare is downloading. ×
Tema 2 A representación da terra. Os mapas
Upcoming SlideShare
Loading in...5
×

Thanks for flagging this SlideShare!

Oops! An error has occurred.

×
Saving this for later? Get the SlideShare app to save on your phone or tablet. Read anywhere, anytime – even offline.
Text the download link to your phone
Standard text messaging rates apply

Tema 2 A representación da terra. Os mapas

751
views

Published on

Published in: Education

0 Comments
0 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

No Downloads
Views
Total Views
751
On Slideshare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
9
Actions
Shares
0
Downloads
1
Comments
0
Likes
0
Embeds 0
No embeds

Report content
Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
No notes for slide

Transcript

  • 1. TEMA 2A REPRESENTACIÓN DA TERRA: OS MAPAS1º ESO
  • 2. INTRODUCIÓN● Un mapa é a representación de toda a Terra ou dunha parte dela. A cartografíaé a ciencia que se encarga de elaborar os mapas.● Antigamente, a confección dos mapas era lenta e difícil, xa que se debuxaban apartir de observacións sobre o terreo e mediante complicados cálculos matemáticos.● Na actualidade, os mapas realízanse a partir de fotografías aéreas e imaxesobtidas por satélites artificiais. Estas imaxes son transmitidas de xeitoinmediato e mesmo poden ser consultadas a través da Internet.● As novas tecnoloxías tamén teñen a súa aplicación no campo da cartografía, como,por exemplo, os Sistemas de Posicionamento Global (GPS).
  • 3. 1A LATITUDE E A LONXITUDE
  • 4. COORDENADAS XEOGRÁFICAS:PARALELOS E MERIDIANOS● Coa finalidade de calcular a distancia entre os distintos lugares da Terra, paradeterminar a localización dunha persoa, dunha cidade, a situación dunha montaña, etc.,creouse un sistema de localización exacto: as coordenadas xeográficas.● As coordenadas xeográficas son unhas liñas imaxinarias –os paralelos e mais osmeridianos– que aparecen nos globos terráqueos e nos mapas formando unhaespecie de malla ou de cuadrícula.● Os paralelos son liñas imaxinarias que rodean a Terra e que son paralelas aoEcuador.– O Ecuador é o paralelo 0° e o de maior circunferencia, porque rodea a Terra polasúa parte máis ancha, dividíndoa en dúas partes: o hemisferio Norte e ohemisferio Sur.– Outros paralelos importantes, menores que o Ecuador, son o Trópico de Cáncer eo Trópico de Capricornio, o Círculo Polar Ártico e o Círculo Polar Antártico.● Os meridianos son liñas imaxinarias trazadas de Norte a Sur, de polo a polo.– O meridiano de referencia é o meridiano 0°, ou de Greenwich, a partir do cal seordenan os restantes, cara ao Leste e cara ao Oeste.– Os meridianos, ademais de utilizárense para situar con precisión un lugar doplaneta, serven tamén para establecer as divisións dos fusos horarios e coñecerasí as distintas zonas horarias da Terra.
  • 5. PARALELOSMERIDIANOS
  • 6. LOCALIZACIÓN EXACTA DUN PUNTO DA TERRA● Para situar exactamente un punto da Terrahai que buscar o paralelo e mais omeridiano que pasan por ese punto, isto é,coñecer as súas coordenadas xeográficas:– A latitude é a distancia entre calquerapunto da superficie terrestre e oparalelo 0° ou Ecuador. Pode ser Norte(N) ou Sur (S). Así falamos, por exemplo,do paralelo 20° N para distinguilo doparalelo 20° S.– A lonxitude é a distancia entre calquerapunto da superficie terrestre e omeridiano 0° ou de Greenwich. Podeser Leste (E), ou Oeste (O). Así dicimosmeridiano 60° L para distinguilo domeridiano 60° O.
  • 7. APRENDE A BUSCAR A LOCALIZACIÓNEXACTA DE TERRITORIOS● O conxunto de paralelos e meridianos da Terra forma unha cuadrícula.Calquera país ou territorio pódese situar exactamente indicando os paralelos emeridianos que pasan polo devandito punto e que nos indican alatitude e mais a lonxitude:● Como se miden os paralelos:– Como a Terra é unha esfera e toda circunferencia ten 360°, a distancia entreo Ecuador e mais o polo é dun cuarto de círculo e, xa que logo, de 90°.– A cada grao de latitude correspóndelle un paralelo. Partindo do paralelo 0°,ou Ecuador, existirán 90 paralelos ao Norte e 90 paralelos ao Sur.● Como se miden os meridianos:– A cada grao de lonxitude correspóndelle un meridiano. Desde o meridiano0° ou de Greenwich existen 180 meridianos cara ao Leste e 180 meridianoscara ao Oeste, que suman en total os 360° da circunferencia.
  • 8. 2A REPRESENTACIÓN DA TERRA
  • 9. OS MAPAS E AS PROXECCIÓNS● A Terra ten a forma dunha esfera case perfecta. Polo tanto, o mellor xeito de representala émediante o globo terráqueo, que vén ser como unha maqueta do mundo.● Para estudar polo miúdo algunha parte da Terra deberiamos dispoñer dun globo tangrande que sería imposible construílo e manipulalo.● É por iso que os cartógrafos (persoas especializadas na realización de mapas) idearon unhaforma para poder reproducir a imaxe esférica do noso planeta sobre unha superficieplana: os mapas.● Os mapas son representacións planas de toda a superficie da Terra ou dunha parte dela.● Dado que proxectar de maneira exacta unha superficie esférica sobre unha superficieplana é imposible, ideáronse distintos tipos de proxeccións cartográficas que intentanresolver esta dificultade. As máis utilizadas son:● Proxección cilíndrica. Os mapas debúxanse proxectando os puntos da esfera sobre uncilindro.● Proxección cónica. Cada punto da esfera terrestre proxéctase sobre un cono imaxinario.● Proxección plana ou cenital. Os mapas son o resultado de proxectar os distintos puntos daesfera terrestre sobre un plano tanxente.
  • 10. PROXECCIÓNS
  • 11. A ESCALA DOS MAPAS● A escala indícanos cantas veces se reduciu unha zona xeográfica real para poder serrepresentada no mapa.● Nos mapas e mais nos planos a escala aparece escrita de forma numérica (unhafracción) e de forma gráfica (unha liña recta dividida en segmentos).● Na escala 1:1000000, o denominador da fracción indica a proporción que existe entre omapa e o territorio, isto é, un centímetro do mapa ha de equivaler na realidade a 1000000de centímetros (10 km).● En función da escala pódense distinguir:– Mapas a grande escala. Neles o número dodenominador é pequeno, abranguen menosterritorio pero teñen un detalle de informaciónmaior; por exemplo, unha localidade.– Mapas a pequena escala. Aquí o denominadorda escala é grande, abrangue un territorioextenso pero cun detalle de información menor;por exemplo, un continente.
  • 12. Fragmento dun mapa correspondente áCoruña a grande escala, 1:25000..Fragmento dun mapa damesma zona que o anterior,A Coruña, a escala máispequena, 1:500000
  • 13. 3OS MAPAS
  • 14. TIPOS DE MAPASMapas topográficos● Os mapas topográficos son mapas de tipo xeral que inclúen información tanto deaspectos físicos coma humanos.● Escalas máis comúns: entre 1:25000 e 1:100000.Mapas temáticos● Os mapas temáticos reflicten un aspecto ou feito concreto da realidade:– Climáticos. Recollen información de precipitacións, temperaturas, tipos declimas…– Recursos económicos. Reúnen información sobre agricultura, pesca, minaría,gandaría, industria, turismo, etc.– Poboación. Indican aspectos como a densidade de poboación, migracións,natalidade, mortalidade, núcleos urbanos, etc.– Políticos. Inclúen os límites políticos e administrativos de países, capitais edoutras poboacións.– Comunicacións. Amosan o trazado de estradas e ferrocarrís, así como alocalización de portos, aeroportos, etc.– Relevo. Están indicadas as cordilleiras e montañas coas súas altitudes, aschairas, as mesetas, os ríos, os accidentes costeiros, etc.
  • 15. Sección dun mapa topográfico de Navia de Suarna, a escala 1:25.000
  • 16. OS SIGNOS CONVENCIONAIS E A LECTURA DUN MAPA● Cada un dos elementos que aparecen nomapa represéntase mediante un símbolo ouunha cor. Aos símbolos denomínasellessignos convencionais. Reciben ese nomeporque se utilizan de xeito habitual entodos os mapas: cores, liñas, puntos,...● Na lenda aparecen os signosconvencionais xunto ao seu significado.● Ler un mapa é aprender a localizar e ainterpretar a información que estárepresentada. Pasos:– Ler e interpretar a escala cartográfica.– Observar e recoñecer os símbolos dalenda.– Confrontar a información consultandooutros mapas, fotografías, textos, etc.
  • 17. TRABALLAR CON MAPAS: A ESCALA
  • 18. ● A escala gráfica dos mapas permíteche coñecer a distancia real en liña recta entre douspuntos.● Para calcular a distancia real entre dous puntos, partindo da escala gráfica, debes realizar osseguintes pasos:● Busca no mapa os dous puntos entre os cales queres saber a distancia real que ossepara.– Mide cunha regra a lonxitude da escala gráfica, observa a lonxitude que representa eapunta eses datos.● Mide cunha regra a distancia en liña recta entre os dous puntos.● Busca no mapa as cidades de Santiago de Compostela e Lisboa e mide a distancia que assepara. Apunta este dato no teu caderno.● Para calcular a distancia real entre os dous puntos do mapa debes realizar unha regra de tres.●Observa como calculala.TRABALLAR CON MAPAS: A ESCALA
  • 19. TRABALLAR CON MAPAS: O MAPA TOPOGRÁFICOAs curvas de nivel son liñas de cor marrón que unen puntos situados ámesma altitude. A distancia entre as curvas de nivel indica como é o relevo.Sección do Mapa Topográfico da zona de Cervantes. Escala 1:25.000.