SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
Esta novela é unha recompilación de dez relatos narrativos breves onde se producen
unha serie de enganos ou erros que dan lugar a unha morte na maioría dos casos e
habitualmente ese é o tema principal. Todos teñen narrador en 3ª persoa omnisciente
menos “Tinta chinesa”, “Viva a Revolución” e “O home do saco”; narrador en 1ªpersoa.
• “Bull & Mignonne”: Conta a historia dun señor chamado Moreira que foi a Zúric
(Suíza), que fora facer unha reportaxe para a Televisión Galega. Logo de despachar o
traballo, decidiu marchar á cidade chamada Interlaken para gozar dun descanso, pero
tivo que cambiar de plans e mentres pensaba en onde ir, atopou un veneciano
chamado Emiliano Zingarelli que ía a Montreux e decidiu ir con el. No tren, ao seu
carón sentara unha moza moi guapa que, ademais, ollaba a Moreira dun xeito
suxerente. Emiliano íalle dicindo que debía “actuar” e que se non o facía el, faríao el
mesmo. Pasa que sentou un portugués xunto a moza e comezou a ligar. Pero en
canto puideron, comezaron a dicirlle ao portugués que estaba tola e que tiña que ter
coidado. Este, asustado, escapou. Emiliano, entón, marchou coa muller; aínda que
sería moito mellor para el que non o fixese...
Gonzalo Navaza (Lalín, 1957) é profesor
de Filoloxía Galega e Portuguesa na
Universidade de Vigo. Estreouse como
poeta con Fábrica Íntima (1991), Premio
da Crítica Española. En 1992 publicou A
torre da derrota (Xerais), un dos libros
máis singulares da nosa literatura,
escrito en versos palindrómicos. Co seu
terceiro libro de poemas, Libra (2000),
obtivo os premios Martín Códax e da
Crítica Española. Como prosista e
narrador, ademais de Erros e Tánatos
(1996), Premio Arcebispo San
Clemente, publicou o disparatado
dicionario de xogos lingüísticos titulado
Elucidario (Xerais 1999), así como os
relatos Santos e defuntos (Xerais 2001)
e De como meu irmán Lucas non se fixo
fotógrafo (2002).
• “Castelos na area”: Relata a historia dun rapaz chamado Manuel que está de
vacacións nun campamento fronte ao mar e que participou nun concurso de castelos
de area. O seu era claramente o mellor, pero cando dan os premios, non consegue
chegar nin ao décimo posto; sendo o resto de castelos unha trapallada. Cheo de
carraxe, colleu unha pistola da tenda de campaña do xefe para intentar vingarse
deste, xa que formaba parte do xurado. Cando o tiña a tiro, deuse de conta de que
non tiña munición e decidiu tirar a pistola a un pozo para escondela. Xusto nese
momento pasou por alí un membro do xurado e aproveitou para tiralo ao pozo. Entón,
puxéronse a buscalo por todas as partes, xa que era o gobernador. Acusaban o xefe,
pero á noite chaman a Manuel... Está ambientada en Galicia no 20 de xullo de 1969,
pois alúdese á aterraxe na Lúa.
• “O amigo Delmiro”: Conta a historia dun xubilado español en San salvador
(Brasil) chamado Antonio Castro que paseaba todas as mañás só, o que non
agradaba á súa familia. Un día estaba tomando unha cervexa cando se lle achegou un
home que se presentou como Delmiro, o amigo do seu fillo Waldo, e falando e falando
o home preguntoulle polo número de teléfono. Como Antonio non o sabía de memoria
e o home descoñecido dicía que a súa casa lle quedaba de camiño, decidiron ir
xuntos. Na casa a súa neta Rosiña desconfiaba de Delmiro e fíxeron chamar a Waldo
para comprobar que si era amigo, o que pasa é que un pequeno problema coa
comunicación telefónica e fai que a neta vaia buscar o revólver.
• “Tinta chinesa”: Está ambientada en Santiago no ano 1993 no que os mozos
aspirantes a escritores tiñan a encomenda de acompañar a escritores “de segunda
fila” durante a celebración do PEN Club Internacional en Santiago de Compostela.
Este relato narra a historia dun destes escritores mozos e, en concreto, a este tocoulle
o escritor galés Arthur M. Morgan. Describe como, despois de facer boas migas con el
e incluso emborracharse e accidentar o coche, pediulles a el e mais a Marcelo Cardala
que asasinasen o seu competidor porque era o seu adversario no concurso. O mozo
tomouno a broma e non fixo caso. Morgan tivo que regresar ao seu país e, logo duns
días, o seu competidor aparecera asasinado nun hotel. O mozo, de broma, mandou a
Morgan unha carta como se el fixese o “traballo”, e ao mandarlle Arthur 2500 libras
como pago, prodúcese unha equivocación...
• “Decoración e interiorismo”: Conta a historia dunha muller chamada Amalia
Ramallo que, logo dunha viaxe de traballo do seu marido Roberto, comeza a repensar
os seus nove anos de matrimonio. Ademais, no seu edificio un tal Paulino Servoi, moi
rico, comprara uns pisos e comezara a reformalos. Xorde o amor entre Amalia e o
Paulino, un amor platónico, pero resulta que o Servoi non é quen di ser...
• “O home do saco”: Relata a historia dun neno de seis anos que en xaneiro de
1964 viu o home do saco. El ía coa súa nai cara á casa pero este entretíñase cos
escaparates cheos de xoguetes e a súa nai, para que apurase, sinalou un home e
díxolle que era o home do saco. Este quedou atemorizado. Dous días despois de Reis
comezara a nevar e así entretívose esquecendo o incidente. Nunha destas veces que
ía coa zorra a esvarar pola neve estaba só sen os seus amigos e comezara a nevar
intensamente. Ademais, pareceulle ver a silueta do home do saco pola rúa. Meteuse
no almacén no que coñecía un dos mozos para poder quentarse. O mozo estaba no
bar de enfronte, así que el estaba só. Aínda por riba o home do saco entrou, pero el
tiña a man unha escopeta que tiñan contra os ladróns e...
• “A proba do alfinete”: Conta a historia dun home chamado Ernesto que sempre
quixo ser detective, pero, por culpa da súa nai, non puido; aínda así, facía as súas
propias investigacións. Un día chegaron ao seu edificio un par de panameños que el
tomou por sospeitosos. Comezou a espialos e incluso a rexistrar o seu correo,
recollendo cartas cifradas, cousa sospeitosa, ademais de que lle pareceu que un
paquete que recibiran era droga. Conseguiu descifrar as cartas, pero o que leu non o
agradou...
• “Balangadán”: Narra a historia dunha moza de 26 anos chamada Adela que
tiña unha amiga, Olga, que cría nos poderes sobrenaturais e ía a unha vidente,
Esmeralda. A Adela isto parecíalle unha tolería e deixaron de falarse durante bastante
tempo. Adela coñeceu a Roberto, un mozo guapo e listo e namorouse. O que pasa é
que tamén andaba con el unha moza de nome Belén Feixó. Entón Adela,
desesperada, acudiu á vidente. Esta ofreceulle un balangadán que lle concedería tres
desexos. Adela, primeiro, non o comprou porque era moi caro; pero acabouno facendo
porque morría de amores, e realizou os seus desexos, conseguindo o que quería... Ou
non?
• “Viva a Revolución”: Relata a historia de Valboa,un mozo que despois de
coñecer outro colega chamado Pedro Valeixes, alias Comanche, por primeira vez en
París, reencóntrase con el de novo en Santiago por pura casualidade e, sen querer,
descobre a súa actividade antifranquista. Entón únese ao seu grupo, o MAR, pero
para que non o tomen por traidor e non ser sospeitoso, debe tirar panfletos con
mensaxes antifranquistas na facultade. Non lle fai moita graza, pero accede. Aínda
que tomara moitas precaucións, a policía acábao arrestando, e el espera o peor dos
castigos...
• “Vinte pesos de prata”: Conta a historia de Laureano, dono dunha pousada que
realizou un gran negocio coas moedas de vinte pesos de prata, xa que un forasteiro
que aseguraba ter un equipo de fundición compráballe estas moedas a 30, 20 e 40
pesos, polo que o dono da pousada comezou a facer descontos nas comidas se os
clientes lles pagaban con esas moedas de prata. Converteuse nunha adicción incluso.
Un día chegou á pousada outro descoñecido que lle ofreceu ao dono as súas once mil
moedas O dono, cego polos cartos, estaba encantado, pero os dous descoñecidos
non son quen din ser...
Se comentamos e comparamos os relatos a nivel formal, constatamos o seguinte:
As situacións ocorren, a maior parte delas, non na época actual senón un pouco
antes, sobre nos anos 70 e case todos poderían producirse na realidade, menos
“Balangadán”. En todos se presenta diálogo, pero moi escaso, a gran parte do
relatado correspóndelle ao narrador, tanto en primeira como en terceira persoa.
Ademais, todos os relatos contan cun protagonista que pode ser tanto o inxenuo como
o que produce o engano.
As descrición de lugares son case inexistentes, céntranse sobre todo en presentar a
situación e as persoas e sitúanse no primeiro parágrafo de cada relato. A meirande
parte dos relatos teñen linealidade nos feitos, menos “Bull & Mignonne” e “O home do
saco” nos que hai flashbacks que fan saltos de máis de 30 anos e máis de 50 anos,
respectivamente.
Gustoume moito este libro, porque os relatos teñen un final en xeral inesperado e
sorprendente; por iso, se empezas a ler un destes contos non podes parar ata
rematalo. Ademais, ensina valores como a inxenuidade do noso día a día ou a nosa
confianza cega en alguén que case non coñecemos.
Miguel Ángel Boado Fernández 3º ESO B

More Related Content

What's hot (20)

Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
La crònica de bernat desclot
La crònica de bernat desclotLa crònica de bernat desclot
La crònica de bernat desclot
 
Prosa Medieval
Prosa MedievalProsa Medieval
Prosa Medieval
 
Ramon Llull 3r eso
Ramon Llull 3r esoRamon Llull 3r eso
Ramon Llull 3r eso
 
Comentario lingüístico (guía elaboración)
Comentario lingüístico (guía elaboración)Comentario lingüístico (guía elaboración)
Comentario lingüístico (guía elaboración)
 
El romancero viejo
El romancero viejoEl romancero viejo
El romancero viejo
 
LA LITERATURA DEL BARROCO 2022-2023.pptx
LA LITERATURA DEL BARROCO 2022-2023.pptxLA LITERATURA DEL BARROCO 2022-2023.pptx
LA LITERATURA DEL BARROCO 2022-2023.pptx
 
As linguas da península ibérica
As linguas da península ibéricaAs linguas da península ibérica
As linguas da península ibérica
 
Rosalia De Castro
Rosalia De CastroRosalia De Castro
Rosalia De Castro
 
pondal
pondalpondal
pondal
 
Prosa en la Edad Media. Esquemas de alumnos.
Prosa en la Edad Media. Esquemas de alumnos.Prosa en la Edad Media. Esquemas de alumnos.
Prosa en la Edad Media. Esquemas de alumnos.
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
La balanguera
La balanguera La balanguera
La balanguera
 
Lazarillo de Tormes
Lazarillo de TormesLazarillo de Tormes
Lazarillo de Tormes
 
07 presentació-ausiàs march, poema comentat i fragment de l'espill-21 a
07 presentació-ausiàs march, poema comentat i fragment de l'espill-21 a07 presentació-ausiàs march, poema comentat i fragment de l'espill-21 a
07 presentació-ausiàs march, poema comentat i fragment de l'espill-21 a
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillas
 
Lírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesaLírica medieval galego portuguesa
Lírica medieval galego portuguesa
 
El conde lucanor
El conde lucanorEl conde lucanor
El conde lucanor
 
La celestina
La celestinaLa celestina
La celestina
 
Poesia Trobadoresca Powerpoint Final
Poesia Trobadoresca Powerpoint FinalPoesia Trobadoresca Powerpoint Final
Poesia Trobadoresca Powerpoint Final
 

Similar to Erros e tanatos

Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaMeigamaior
 
Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blogangelciencia
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNangelciencia
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA
O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNAO ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA
O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNAclopezsu
 
El último trabajo del sr jorge y rodrigo
El último trabajo del sr jorge y rodrigoEl último trabajo del sr jorge y rodrigo
El último trabajo del sr jorge y rodrigoclopezsu
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectorasBiblioBece
 
Recension literaria morning star diego vilela 1bach a
Recension literaria morning star diego vilela 1bach aRecension literaria morning star diego vilela 1bach a
Recension literaria morning star diego vilela 1bach aRemoeaLinguaLinguaGa
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)Xenza
 
Recomendacións lectoras verán 2014
Recomendacións lectoras verán 2014 Recomendacións lectoras verán 2014
Recomendacións lectoras verán 2014 NEDIBIBLIOTECA
 
Traballo Da Narrativa
Traballo Da NarrativaTraballo Da Narrativa
Traballo Da Narrativasandryttas
 

Similar to Erros e tanatos (20)

Campana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 LecturaCampana De Nadal 2009 Lectura
Campana De Nadal 2009 Lectura
 
Madonna e outros contos de inverno
Madonna e outros contos de invernoMadonna e outros contos de inverno
Madonna e outros contos de inverno
 
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entregaGozando no Laxeiro. Segunda entrega
Gozando no Laxeiro. Segunda entrega
 
Cando petan.... samuel
Cando petan.... samuelCando petan.... samuel
Cando petan.... samuel
 
Lecturas verán blog
Lecturas verán blogLecturas verán blog
Lecturas verán blog
 
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁNLECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
LECTURAS EN GALEGO RECOMENDADAS PARA LER NO VERÁN
 
16 18
16 1816 18
16 18
 
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
Cidades na literatura
Cidades na literaturaCidades na literatura
Cidades na literatura
 
O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA
O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNAO ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA
O ÚLTIMO TRABALLO DO SEÑOR LUNA
 
El último trabajo del sr jorge y rodrigo
El último trabajo del sr jorge y rodrigoEl último trabajo del sr jorge y rodrigo
El último trabajo del sr jorge y rodrigo
 
Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...Cando pentan pola noite...
Cando pentan pola noite...
 
Recomendacións lectoras
Recomendacións lectorasRecomendacións lectoras
Recomendacións lectoras
 
Recension literaria morning star diego vilela 1bach a
Recension literaria morning star diego vilela 1bach aRecension literaria morning star diego vilela 1bach a
Recension literaria morning star diego vilela 1bach a
 
A Esmorga traballo.pdf
A Esmorga traballo.pdfA Esmorga traballo.pdf
A Esmorga traballo.pdf
 
Cousas
CousasCousas
Cousas
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 
Recomendacións lectoras verán 2014
Recomendacións lectoras verán 2014 Recomendacións lectoras verán 2014
Recomendacións lectoras verán 2014
 
Muller Na Lite2
Muller Na Lite2Muller Na Lite2
Muller Na Lite2
 
Traballo Da Narrativa
Traballo Da NarrativaTraballo Da Narrativa
Traballo Da Narrativa
 

More from normalizacioniesn1ordes (20)

Arnoia arnoia
Arnoia arnoiaArnoia arnoia
Arnoia arnoia
 
Lapis carpinteiro
Lapis carpinteiroLapis carpinteiro
Lapis carpinteiro
 
Que me queres
Que me queresQue me queres
Que me queres
 
Revista 2016 17
Revista 2016 17Revista 2016 17
Revista 2016 17
 
O corazon de xupiter
O corazon de xupiterO corazon de xupiter
O corazon de xupiter
 
Cinema galego
Cinema galegoCinema galego
Cinema galego
 
Portada revista 17
Portada revista 17Portada revista 17
Portada revista 17
 
Carta amor morriña
Carta amor morriñaCarta amor morriña
Carta amor morriña
 
Concurso video
Concurso videoConcurso video
Concurso video
 
Herba de namorar
Herba de namorarHerba de namorar
Herba de namorar
 
Vi premio poesía
Vi premio poesíaVi premio poesía
Vi premio poesía
 
Ao meu querido astronauta
Ao meu querido astronautaAo meu querido astronauta
Ao meu querido astronauta
 
Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17Gañadoras concurso amor 17
Gañadoras concurso amor 17
 
Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17Gañadores sobremesas 17
Gañadores sobremesas 17
 
Tristes armas
Tristes armasTristes armas
Tristes armas
 
Dragal
DragalDragal
Dragal
 
Estrela no vento
Estrela no ventoEstrela no vento
Estrela no vento
 
Sobremesas 17
Sobremesas 17Sobremesas 17
Sobremesas 17
 
Concurso amor 17
Concurso amor 17Concurso amor 17
Concurso amor 17
 
O segredo de marco polo
O segredo de marco poloO segredo de marco polo
O segredo de marco polo
 

Recently uploaded

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 

Recently uploaded (7)

Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 

Erros e tanatos

  • 1. Esta novela é unha recompilación de dez relatos narrativos breves onde se producen unha serie de enganos ou erros que dan lugar a unha morte na maioría dos casos e habitualmente ese é o tema principal. Todos teñen narrador en 3ª persoa omnisciente menos “Tinta chinesa”, “Viva a Revolución” e “O home do saco”; narrador en 1ªpersoa. • “Bull & Mignonne”: Conta a historia dun señor chamado Moreira que foi a Zúric (Suíza), que fora facer unha reportaxe para a Televisión Galega. Logo de despachar o traballo, decidiu marchar á cidade chamada Interlaken para gozar dun descanso, pero tivo que cambiar de plans e mentres pensaba en onde ir, atopou un veneciano chamado Emiliano Zingarelli que ía a Montreux e decidiu ir con el. No tren, ao seu carón sentara unha moza moi guapa que, ademais, ollaba a Moreira dun xeito suxerente. Emiliano íalle dicindo que debía “actuar” e que se non o facía el, faríao el mesmo. Pasa que sentou un portugués xunto a moza e comezou a ligar. Pero en canto puideron, comezaron a dicirlle ao portugués que estaba tola e que tiña que ter coidado. Este, asustado, escapou. Emiliano, entón, marchou coa muller; aínda que sería moito mellor para el que non o fixese... Gonzalo Navaza (Lalín, 1957) é profesor de Filoloxía Galega e Portuguesa na Universidade de Vigo. Estreouse como poeta con Fábrica Íntima (1991), Premio da Crítica Española. En 1992 publicou A torre da derrota (Xerais), un dos libros máis singulares da nosa literatura, escrito en versos palindrómicos. Co seu terceiro libro de poemas, Libra (2000), obtivo os premios Martín Códax e da Crítica Española. Como prosista e narrador, ademais de Erros e Tánatos (1996), Premio Arcebispo San Clemente, publicou o disparatado dicionario de xogos lingüísticos titulado Elucidario (Xerais 1999), así como os relatos Santos e defuntos (Xerais 2001) e De como meu irmán Lucas non se fixo fotógrafo (2002).
  • 2. • “Castelos na area”: Relata a historia dun rapaz chamado Manuel que está de vacacións nun campamento fronte ao mar e que participou nun concurso de castelos de area. O seu era claramente o mellor, pero cando dan os premios, non consegue chegar nin ao décimo posto; sendo o resto de castelos unha trapallada. Cheo de carraxe, colleu unha pistola da tenda de campaña do xefe para intentar vingarse deste, xa que formaba parte do xurado. Cando o tiña a tiro, deuse de conta de que non tiña munición e decidiu tirar a pistola a un pozo para escondela. Xusto nese momento pasou por alí un membro do xurado e aproveitou para tiralo ao pozo. Entón, puxéronse a buscalo por todas as partes, xa que era o gobernador. Acusaban o xefe, pero á noite chaman a Manuel... Está ambientada en Galicia no 20 de xullo de 1969, pois alúdese á aterraxe na Lúa. • “O amigo Delmiro”: Conta a historia dun xubilado español en San salvador (Brasil) chamado Antonio Castro que paseaba todas as mañás só, o que non agradaba á súa familia. Un día estaba tomando unha cervexa cando se lle achegou un home que se presentou como Delmiro, o amigo do seu fillo Waldo, e falando e falando o home preguntoulle polo número de teléfono. Como Antonio non o sabía de memoria e o home descoñecido dicía que a súa casa lle quedaba de camiño, decidiron ir xuntos. Na casa a súa neta Rosiña desconfiaba de Delmiro e fíxeron chamar a Waldo para comprobar que si era amigo, o que pasa é que un pequeno problema coa comunicación telefónica e fai que a neta vaia buscar o revólver. • “Tinta chinesa”: Está ambientada en Santiago no ano 1993 no que os mozos aspirantes a escritores tiñan a encomenda de acompañar a escritores “de segunda fila” durante a celebración do PEN Club Internacional en Santiago de Compostela. Este relato narra a historia dun destes escritores mozos e, en concreto, a este tocoulle o escritor galés Arthur M. Morgan. Describe como, despois de facer boas migas con el e incluso emborracharse e accidentar o coche, pediulles a el e mais a Marcelo Cardala que asasinasen o seu competidor porque era o seu adversario no concurso. O mozo tomouno a broma e non fixo caso. Morgan tivo que regresar ao seu país e, logo duns días, o seu competidor aparecera asasinado nun hotel. O mozo, de broma, mandou a Morgan unha carta como se el fixese o “traballo”, e ao mandarlle Arthur 2500 libras como pago, prodúcese unha equivocación... • “Decoración e interiorismo”: Conta a historia dunha muller chamada Amalia Ramallo que, logo dunha viaxe de traballo do seu marido Roberto, comeza a repensar os seus nove anos de matrimonio. Ademais, no seu edificio un tal Paulino Servoi, moi rico, comprara uns pisos e comezara a reformalos. Xorde o amor entre Amalia e o Paulino, un amor platónico, pero resulta que o Servoi non é quen di ser...
  • 3. • “O home do saco”: Relata a historia dun neno de seis anos que en xaneiro de 1964 viu o home do saco. El ía coa súa nai cara á casa pero este entretíñase cos escaparates cheos de xoguetes e a súa nai, para que apurase, sinalou un home e díxolle que era o home do saco. Este quedou atemorizado. Dous días despois de Reis comezara a nevar e así entretívose esquecendo o incidente. Nunha destas veces que ía coa zorra a esvarar pola neve estaba só sen os seus amigos e comezara a nevar intensamente. Ademais, pareceulle ver a silueta do home do saco pola rúa. Meteuse no almacén no que coñecía un dos mozos para poder quentarse. O mozo estaba no bar de enfronte, así que el estaba só. Aínda por riba o home do saco entrou, pero el tiña a man unha escopeta que tiñan contra os ladróns e... • “A proba do alfinete”: Conta a historia dun home chamado Ernesto que sempre quixo ser detective, pero, por culpa da súa nai, non puido; aínda así, facía as súas propias investigacións. Un día chegaron ao seu edificio un par de panameños que el tomou por sospeitosos. Comezou a espialos e incluso a rexistrar o seu correo, recollendo cartas cifradas, cousa sospeitosa, ademais de que lle pareceu que un paquete que recibiran era droga. Conseguiu descifrar as cartas, pero o que leu non o agradou... • “Balangadán”: Narra a historia dunha moza de 26 anos chamada Adela que tiña unha amiga, Olga, que cría nos poderes sobrenaturais e ía a unha vidente, Esmeralda. A Adela isto parecíalle unha tolería e deixaron de falarse durante bastante tempo. Adela coñeceu a Roberto, un mozo guapo e listo e namorouse. O que pasa é que tamén andaba con el unha moza de nome Belén Feixó. Entón Adela, desesperada, acudiu á vidente. Esta ofreceulle un balangadán que lle concedería tres desexos. Adela, primeiro, non o comprou porque era moi caro; pero acabouno facendo porque morría de amores, e realizou os seus desexos, conseguindo o que quería... Ou non? • “Viva a Revolución”: Relata a historia de Valboa,un mozo que despois de coñecer outro colega chamado Pedro Valeixes, alias Comanche, por primeira vez en París, reencóntrase con el de novo en Santiago por pura casualidade e, sen querer, descobre a súa actividade antifranquista. Entón únese ao seu grupo, o MAR, pero para que non o tomen por traidor e non ser sospeitoso, debe tirar panfletos con mensaxes antifranquistas na facultade. Non lle fai moita graza, pero accede. Aínda que tomara moitas precaucións, a policía acábao arrestando, e el espera o peor dos castigos... • “Vinte pesos de prata”: Conta a historia de Laureano, dono dunha pousada que realizou un gran negocio coas moedas de vinte pesos de prata, xa que un forasteiro que aseguraba ter un equipo de fundición compráballe estas moedas a 30, 20 e 40
  • 4. pesos, polo que o dono da pousada comezou a facer descontos nas comidas se os clientes lles pagaban con esas moedas de prata. Converteuse nunha adicción incluso. Un día chegou á pousada outro descoñecido que lle ofreceu ao dono as súas once mil moedas O dono, cego polos cartos, estaba encantado, pero os dous descoñecidos non son quen din ser... Se comentamos e comparamos os relatos a nivel formal, constatamos o seguinte: As situacións ocorren, a maior parte delas, non na época actual senón un pouco antes, sobre nos anos 70 e case todos poderían producirse na realidade, menos “Balangadán”. En todos se presenta diálogo, pero moi escaso, a gran parte do relatado correspóndelle ao narrador, tanto en primeira como en terceira persoa. Ademais, todos os relatos contan cun protagonista que pode ser tanto o inxenuo como o que produce o engano. As descrición de lugares son case inexistentes, céntranse sobre todo en presentar a situación e as persoas e sitúanse no primeiro parágrafo de cada relato. A meirande parte dos relatos teñen linealidade nos feitos, menos “Bull & Mignonne” e “O home do saco” nos que hai flashbacks que fan saltos de máis de 30 anos e máis de 50 anos, respectivamente. Gustoume moito este libro, porque os relatos teñen un final en xeral inesperado e sorprendente; por iso, se empezas a ler un destes contos non podes parar ata rematalo. Ademais, ensina valores como a inxenuidade do noso día a día ou a nosa confianza cega en alguén que case non coñecemos. Miguel Ángel Boado Fernández 3º ESO B