SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
Download to read offline
XINZO




        Tania Caeiro (3ºA)
A aldea de Xinzo




Isto é Xinzo dende o seu monte. Está situado uns quilómetros máis arriba de Cuntis, na estrada
que vai a Cequeril. Pertence á parroquia de Sta. María de Cuntis. E unh aldea pequena e moi, moi
silenciosa. A súa poboación está aenvelledica, hai unhas 50 persoas, das que35 son anciáns, 10
son adultos e tan só hai 5 rapaces. Cada vez hai máis casas deshabitadas. Os montes están moi
descoidados, xa que a xente tira o lixo e os cascallos no monte.
Castro Sebil
               O Castro Sebil ten 502 metros de
               altitude, din que pertence a Sebil, pero
               tamén está situado no monte de
               Xinzo. Agora chégase con moita
               facilidade xa que os veciños de Xinzo
               venderon a leña, como se pode ver na
               imaxe. Arriba de todo, as pedras son
               enormes, e dentro dunha delas sae
               unha pequena fonte aínda que a auga
               non               é            potable.
               Noutra pedra hai inscritos uns anos
               (1912-1956).
               Para chegar á cima hai que pasar por
               debaixo dunha pedra enorme. Unha
               lenda di que pasar por debaixo desa
               pedra trae moi boa sorte e que tantas
               veces como pases por debaixo dela,
               tantos            fillos          terás.
               Desde o cume hai unhas vistas
               espectaculares, ata se chegan a ver as
               Rías de Pontevedra e Arousa. Alí hai
               unha placa sinalando un ‘vértice
               geodésico’ a seu carón de forma
               cilíndrica.
Río Umia
           O rio Umia ao seu paso por
           Xinzo. Nesta imaxe non se ve moi
           ben pero é moito máis fermoso,
           aquí non ten moito fondo.
           Sempre hai moitos pescadores, e
           tamén persoas que veñen a
           bañarse polo verán. Eu non llo
           aconsellaria xa que hai moita
           serpes que, aínda que non son
           moi grandes, son realmente
           noxentas.
           Máis abaixo está a que lle
           chaman a Poza do Pego,
           chámanlle así porque ten moito
           fondo.     Tamén     din     que
           antigamente    cando     ninguén
           quería un animal atábanlle unha
           pedra grande ó pescozo e o
           tiraban a auga para que afogase.
           Polo verán o rio Umia non ten
           moito caudal, pero polo inverno
           chega ata unhas brañas que hai
           un pouco máis para arriba.
A fonte-piscina

                  Ésta é a única piscina que hai
                  en     Xinzo.   Está    un   pouco
                  deteriorada xa que como agora
                  non hai rapaces ninguén se
                  baña alí, e non a coidan. Nunca
                  está sucia porque a súa auga
                  sempre está correndo, por iso
                  está tan fría. Antigamente non
                  era unha piscina senón un pilón
                  para      beber        as    vacas.
                  Hai xente á que lle gusta beber
                  a auga tan fria e cóllea sempre
                  alí.
                  Non ten nin un metro de fondo.
                  Hai uns cantos anos os rapaces
                  andaban polo bordo a ver quen
                  caía antes.
As casas
           Esta é a miña casa, non é moi
           grande pero é moi acolledora. É
           a   máis   alta   de   Xinzo.   Foi
           contruída no 2002, ten moi boas
           vista e sobre todo encaixa moi
           ben no medio xa que non é moi
           grande nin moi pequena. Ten
           unha eira bastante ampla e un
           garaxe no que hai moitísima
           maquinaria do meu pai.



           A casa que        menos me gusta
           porque non encaixa co medio é
           esta.
           Non me gusta porque é moi
           grande, está a beira da estrada e
           porque non ten unhas vistas moi
           boas.
Os hórreos
        Este hórreo construíse no ano 1930.
        Antigamente nel gardábase o millo, o
        centeo, e as veces ata as pacas para
        darlle de comer as vacas. Os seus
        donos tivérono sempre ben coidadiño.
        Hai uns meses cambiaronlle a porta
        xa que estaba moi deteriorada.
        Non se ve moi ben pero arriba, a
        esquerda, ten unha cruz cun Cristo e
        na outra ten unha bola. Este hórreo
        ten dous claros de millo, unha medida
        que tiñan antigamente. As portas
        están sempre ubicadas cara o norte,
        porque se meten millo ábrenas para
        que cure, porque din que o aire do
        norte cura o millo.


        O hórreo de abaixo é moi antigo,
        contruiuse no ano 1915. Os seus
        donos non viven na casa e por iso
        está tan descoidado. Este xa non ten
        nin a madeira nin a porta.. Case non
        se ve porque as silvas e as hedras
        estano cubrindo.
Os invernadoiros




                   En Xinzo só hai dous
                   invernadoiros,   un   é
                   este que ten tomates,
                   leitugas, pementos e
                   sobre    todo    moita
                   remolacha.
                   A   remolacha    úsana
                   para comer e tamén
                   para darlle ós puchos
                   cando son pequenos.
A parada do bus e a vella escola


                      Aquí é onde os poucos rapaces que
                      hai en Xinzo esperámo o bus.
                      Cando o meu pai era pequeno este
                      caseto xa estaba alí, así que xa
                      debe ter uns 40 anos ou máis.
                      Ó ter tantos anos está un pouco
                      deteriorado, chove máis dentro del
                      que    fóra.  Tamén    hai outro
                      problema, que está a 200 metros de
                      por onde pasa o autobús, e as
                      veces cando chove temos que estar
                      alí e o bús case non nos ve.
                      Antes había escola en Xinzo pero
                      xa hai moito anos que non se usa, e
                      o edificio, por desgraza está
                      abandonado
Xinzo

More Related Content

Viewers also liked (20)

Mesego E Zoo
Mesego E ZooMesego E Zoo
Mesego E Zoo
 
Manuel correa
Manuel correaManuel correa
Manuel correa
 
Iª exposición fqf
Iª exposición fqfIª exposición fqf
Iª exposición fqf
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 
A CastañA
A CastañAA CastañA
A CastañA
 
Matanza
MatanzaMatanza
Matanza
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
O liño
O liñoO liño
O liño
 
Dinora Campos
Dinora CamposDinora Campos
Dinora Campos
 
Loureiro. Antonio CastroagudíN
Loureiro. Antonio CastroagudíNLoureiro. Antonio CastroagudíN
Loureiro. Antonio CastroagudíN
 
Exposición Museo (novembro)
Exposición Museo (novembro)Exposición Museo (novembro)
Exposición Museo (novembro)
 
Guimarei
GuimareiGuimarei
Guimarei
 
Cuntis, O Baño
Cuntis, O BañoCuntis, O Baño
Cuntis, O Baño
 
Arcos De Furco
Arcos De FurcoArcos De Furco
Arcos De Furco
 
Calvos
CalvosCalvos
Calvos
 
O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)O Casal (Estacas)
O Casal (Estacas)
 
Couselo
CouseloCouselo
Couselo
 
Marina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro FernándezMarina Ferreiro Fernández
Marina Ferreiro Fernández
 
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader SandeA Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
A Patela E O Pazo, por Sámer Abdulkader Sande
 
Eva Gesto.key
Eva Gesto.keyEva Gesto.key
Eva Gesto.key
 

More from Heladio Anxo Fernández (9)

A Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra MundialA Segunda Guerra Mundial
A Segunda Guerra Mundial
 
A grande guerra
A grande guerraA grande guerra
A grande guerra
 
Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_Prexuízos_contra_o_galego_
Prexuízos_contra_o_galego_
 
MediacióN Pasos
MediacióN PasosMediacióN Pasos
MediacióN Pasos
 
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 101ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
1ºTrimestre Actividades Biblioteca 09 10
 
II República (1931-1936)
II República (1931-1936)II República (1931-1936)
II República (1931-1936)
 
Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)Alexandría (un pouco de historia)
Alexandría (un pouco de historia)
 
As Nosas Avoas
As Nosas AvoasAs Nosas Avoas
As Nosas Avoas
 
Auga Para Vivir
Auga Para VivirAuga Para Vivir
Auga Para Vivir
 

Xinzo

  • 1. XINZO Tania Caeiro (3ºA)
  • 2. A aldea de Xinzo Isto é Xinzo dende o seu monte. Está situado uns quilómetros máis arriba de Cuntis, na estrada que vai a Cequeril. Pertence á parroquia de Sta. María de Cuntis. E unh aldea pequena e moi, moi silenciosa. A súa poboación está aenvelledica, hai unhas 50 persoas, das que35 son anciáns, 10 son adultos e tan só hai 5 rapaces. Cada vez hai máis casas deshabitadas. Os montes están moi descoidados, xa que a xente tira o lixo e os cascallos no monte.
  • 3. Castro Sebil O Castro Sebil ten 502 metros de altitude, din que pertence a Sebil, pero tamén está situado no monte de Xinzo. Agora chégase con moita facilidade xa que os veciños de Xinzo venderon a leña, como se pode ver na imaxe. Arriba de todo, as pedras son enormes, e dentro dunha delas sae unha pequena fonte aínda que a auga non é potable. Noutra pedra hai inscritos uns anos (1912-1956). Para chegar á cima hai que pasar por debaixo dunha pedra enorme. Unha lenda di que pasar por debaixo desa pedra trae moi boa sorte e que tantas veces como pases por debaixo dela, tantos fillos terás. Desde o cume hai unhas vistas espectaculares, ata se chegan a ver as Rías de Pontevedra e Arousa. Alí hai unha placa sinalando un ‘vértice geodésico’ a seu carón de forma cilíndrica.
  • 4. Río Umia O rio Umia ao seu paso por Xinzo. Nesta imaxe non se ve moi ben pero é moito máis fermoso, aquí non ten moito fondo. Sempre hai moitos pescadores, e tamén persoas que veñen a bañarse polo verán. Eu non llo aconsellaria xa que hai moita serpes que, aínda que non son moi grandes, son realmente noxentas. Máis abaixo está a que lle chaman a Poza do Pego, chámanlle así porque ten moito fondo. Tamén din que antigamente cando ninguén quería un animal atábanlle unha pedra grande ó pescozo e o tiraban a auga para que afogase. Polo verán o rio Umia non ten moito caudal, pero polo inverno chega ata unhas brañas que hai un pouco máis para arriba.
  • 5. A fonte-piscina Ésta é a única piscina que hai en Xinzo. Está un pouco deteriorada xa que como agora non hai rapaces ninguén se baña alí, e non a coidan. Nunca está sucia porque a súa auga sempre está correndo, por iso está tan fría. Antigamente non era unha piscina senón un pilón para beber as vacas. Hai xente á que lle gusta beber a auga tan fria e cóllea sempre alí. Non ten nin un metro de fondo. Hai uns cantos anos os rapaces andaban polo bordo a ver quen caía antes.
  • 6. As casas Esta é a miña casa, non é moi grande pero é moi acolledora. É a máis alta de Xinzo. Foi contruída no 2002, ten moi boas vista e sobre todo encaixa moi ben no medio xa que non é moi grande nin moi pequena. Ten unha eira bastante ampla e un garaxe no que hai moitísima maquinaria do meu pai. A casa que menos me gusta porque non encaixa co medio é esta. Non me gusta porque é moi grande, está a beira da estrada e porque non ten unhas vistas moi boas.
  • 7. Os hórreos Este hórreo construíse no ano 1930. Antigamente nel gardábase o millo, o centeo, e as veces ata as pacas para darlle de comer as vacas. Os seus donos tivérono sempre ben coidadiño. Hai uns meses cambiaronlle a porta xa que estaba moi deteriorada. Non se ve moi ben pero arriba, a esquerda, ten unha cruz cun Cristo e na outra ten unha bola. Este hórreo ten dous claros de millo, unha medida que tiñan antigamente. As portas están sempre ubicadas cara o norte, porque se meten millo ábrenas para que cure, porque din que o aire do norte cura o millo. O hórreo de abaixo é moi antigo, contruiuse no ano 1915. Os seus donos non viven na casa e por iso está tan descoidado. Este xa non ten nin a madeira nin a porta.. Case non se ve porque as silvas e as hedras estano cubrindo.
  • 8. Os invernadoiros En Xinzo só hai dous invernadoiros, un é este que ten tomates, leitugas, pementos e sobre todo moita remolacha. A remolacha úsana para comer e tamén para darlle ós puchos cando son pequenos.
  • 9. A parada do bus e a vella escola Aquí é onde os poucos rapaces que hai en Xinzo esperámo o bus. Cando o meu pai era pequeno este caseto xa estaba alí, así que xa debe ter uns 40 anos ou máis. Ó ter tantos anos está un pouco deteriorado, chove máis dentro del que fóra. Tamén hai outro problema, que está a 200 metros de por onde pasa o autobús, e as veces cando chove temos que estar alí e o bús case non nos ve. Antes había escola en Xinzo pero xa hai moito anos que non se usa, e o edificio, por desgraza está abandonado