SlideShare a Scribd company logo
1 of 5
Download to read offline
IX Foro Por un Mundo Rural Vivo
A fin de semana do 24 ao 26 de Outubro tivo lugar na fermosa vila de Mondoñedo
(rodeada dun entorno natural que lle fai competencia á beleza da propia vila), o IX Foro por un
Mundo Rural Vivo. Este Foro, que vén organizando cada ano a Plataforma Rural, estáse a
afianzar como un espazo de encontro a nivel do Estado español de todas aquelas persoas e
movementos sociais que traballan e impulsan, co seu xeito de vivir e organizarse, a creación
de Alianzas por un Medio Rural Vivo.
Dúas voluntarias de ESF participamos nas actividades do Foro, polo noso interese persoal
e/ou profesional, pero tivemos a oportunidade de coñecer experiencias de gran relevancia en
canto ao que significa poñer en práctica, na realidade galega e española, iniciativas que loitan
por unha verdadeira SOBERANÍA ALIMENTARIA. Descubrimos que outras ISFs andan tamén
inmersas nas actividades da Plataforma Rural, como son os compañeiros de Andalucía e de
Valencia; estes últimos traendo tamén as voces do Sur, do Movimiento Nacional Campesino
Indígena da Arxentina, co que teñen unha gran vinculación a través dos seus Programas de
Cooperación, e como colaboradores permanentes da máis que recomendable revista Soberanía
Alimentaria, Biodiversidad y Culturas, ao igual que a propia Plataforma Rural. La Vía
Campesina, o movemento que globaliza a loita labrega a nivel internacional, tamén estivo
presente neste Foro, pois a Plataforma Rural é sen dúbida artelladora do seu discurso. Así pois,
tras haber participado nun entorno de traballo que xiraba en torno a ese gran concepto da
Soberanía Alimentaria, co que diariamente comungamos no grupo de traballo de
Desenvolvemento Rural de ESF, crin necesario dar a coñecer as actividades desa fin de
semana a toda a Asociación e demais persoas que nos seguen.
A problemática particular á que se enfrontan as mulleres no momento de apostar pola
vida no rural foi un dos eixos arredor do cal xirou o debate nesta edición do Foro. Por iso o
venres tivemos a oportunidade de coñecer a experiencia de catro mulleres labregas que están
a aportar un “plus” de loita nas súas respectivas comunidades; todas elas coincidían en admitir
que lles falta tempo material para atender a súa vida persoal, familiar, labrega e, por riba de
todo iso, militante e activista campesiña, pero que aínda así, paga a pena, e por iso todas elas
son un valioso referente.
Raquel Ramírez, de Nalda (La Rioja), pertence a dúas organizacións sociais do seu
municipio: Panal, Asociación que naceu para combater as ameazas que as prospeccións de gas
na comarca supuñan para o Patrimonio Cultural e que, entre outros proxectos, está
recuperando os usos forestais do monte para emprego, goce e aprendizaxe da propia
veciñanza, como unha
maneira de reapropiarse do
patrimonio histórico-natural
que lles pertence, e El
Colletero, unha Asociación
para a recuperación de
espazos cultivables cos
principios da produción
ecolóxica e a economía
solidaria, en coordinación
con un club de consumo. El
Colletero pode gabarse de
crear emprego na comarca,
traballa en alianza coa
comunidade de regantes e
coas cooperativas da zona e,
polo lado do consumo, coa
Residencia de Anciáns e a
ANPA da Escola, coa que
tamén realizan actividades
de aprendizaxe.
Encóntrolle un especial significado histórico á experiencia de Ángeles Ramón, da comarca
zaragozana de Cinco Villas, pois ela criouse nun pobo de colonización e, tras ligarse tamén
desde os seus inicios ao primeiro sindicato campesiño independente de España, a UAGA,
protagonista das chamadas “guerra del pimiento” e “guerra del maíz” nos anos 70 (conflitos
causados en anos de elevadas colleitas, que os intermediarios aproveitaron para pagar aos
agricultores e ás agricultoras uns prezos moi por debaixo dos custes de produción,
desembocando en tractoradas masivas), hoxe continúa a ser unha agricultora que vive do seu
traballo, e tamén militante feminista e sindical, nunha comarca onde, defende, se está creando
unha gran diversidade de producións, incluíndo elaboracións artesanais, que permiten a
autosuficiencia. Ángeles fixo tamén fincapé na importancia do consumo responsable,
empregando un interesante termo: a Agricultura de Responsabilidade Compartida.
Josefa Martín, orixinaria de San Esteban de La Sierra (Salamanca), relatou as súas
vivencias como colaboradora activa da Asociación Salmantina de Agricultura de Montaña que,
entre outras iniciativas, xestiona un banco de hortas para poñer a disposición de novos/as
agricultores/as terras que cultivar, cedidas por propietarios/as que non poden traballalas, e
que recuperan a satisfacción de velas producir de novo. Unha solución ben positiva para o
problema de acceso á terra, que semella que é bastante común entre as persoas que desexan
iniciarse na actividade agraria.
Por último, coñecemos a experiencia de Henar Román, granxeira de Labrada (Abadín,
Lugo), que impulsou a creación dunha Cooperativa gandeira na súa parroquia, para buscar
solucións aos abusos aos que se vían sometidas por parte da industria leiteira. Hoxe, co triplo
de persoas socias que nos seus inicios, teñen tamén asociadas con explotacións de vacún de
carne, e venden directamente a consumidores/as. Ademais, coñecemos a historia do Monte
Veciñal en Man Común de Labrada, historia de esforzo, loitas e negociacións para tratar de
facer valer os dereitos das comuneiras e os comuneiros sobre a propiedade e a toma de
decisións nos usos deste monte emprazado na serra do Xistral. Henar relatounos ademais
simpáticas anécdotas sobre
un estudante (creo recordar
que alemán) que chegou a
Abadín coa intención de
investigar as explotacións
galegas de produción de
leite de vacún para a súa
tese, e que rematou
converténdose nun membro
máis da familia.
Xa na xornada do
sábado, gozamos cunha
sorprendente intervención
preparada polos mozos e
mozas que participaron na
organización do Foro, e que
vos recomendo ver neste
vídeo (1 hora de duración,
en clave de humor).
Da man de Inmaculada
Idáñez continuamos a afondar na problemática específica da muller labrega. Falounos da súa
situación en Andalucía, onde, non sen esforzo, está a lograrse a súa paulatina introdución en
espazos onde habitualmente non participaba, como as comunidades de regantes e, sobre todo,
no que se refire á titularidade das terras, que lles permite ser beneficiarias das axudas da PAC
ou cotizar para acceder a pensións contributivas, recoñecendo así xurídica e economicamente
o seu invisible papel no mundo agrario. Desde a Confederación de Mujeres Rurales (CERES), a
Organización que Inmaculada preside, estase a loitar por unha Lei de Titularidade compartida
nas explotacións agrarias que sexa realmente efectiva pois, a causa de -segundo sinalan- falta
de recursos humanos e económicos para a súa implementación a nivel autonómico, esta Lei é
considerada un fracaso do Ministerio xa que, tras dous anos en vigor, estímase que só 52
mulleres se rexistraron como co-titulares de explotacións agrarias.
Outra Lei desgraciadamente protagonista nos debates do Foro foi a “Ley de
Racionalización y Sostenibilidad de la Administración Local”, coñecida como “Lei Montoro”, que
baixo tal eufemístico nome agocha a disolución de todas aquelas entidades de ámbito inferior
ao municipal que, a 31 de decembro de 2014, non tivesen presentado as súas contas. En
Castela-León, Comunidade onde, de maneira similar aos Montes Veciñais en Man Común de
Galicia e o norte de Portugal, as Juntas Vecinales (existen un total de 1230 soamente na
provincia de León) constitúen tradicionalmente unha moi particular forma de tenencia e
xestión dos bens comúns no medio rural, están especialmente sensibilizados con este
problema. A Plataforma para la Defensa de las Juntas Vecinales de Omaña aglutina ás Xuntas
Veciñais desta comarca leonesa, que permanecen en loita por defender o seu estatus e facer
valer as súas capacidades, participativas e democráticas, para xestionar o patrimonio comunal.
Na tarde do sábado presentáronnos este vídeo documental que vos convido a visualizar e
difundir. A “Lei Montoro” recibiu ata o de agora 10 recursos de inconstitucionalidade no TC.
Na tarde do sábado
máis persoas compartiron
tamén a súa experiencia en
pobos que se poden
considerar integramente
ecolóxicos e onde se
persegue unha forma de
vida acorde ao concepto de
soberanía, no seu sentido
máis auténtico, na
alimentación, na educación
ou na xestión. Dora
Cabaleiro é integrante da
Cooperativa Ribeira do
Navia, na parroquia de Ernes
(Negueira de Muñiz, Lugo);
comercializan ou trocan os seus produtos en mercados de Galicia e o occidente asturiano.
Cristina Sancho é produtora de polo ecolóxico en Amayuelas de Abajo (Palencia), e relatou as
dificultades técnicas e administrativas que atoparon para sacar adiante un proxecto tan
innovador, que incluíse poder vender directamente ás consumidoras e aos consumidores, pero
lograron poñer en funcionamento o seu propio matadoiro avícola ecolóxico e dar así saída a
toda a produción desta comarca de Tierra de Campos, apropiándose do ciclo produtivo
completo. José Cófreces reside en Tronceda (Castro Caldelas, Ourense), un pobo abandonado
que hai uns 20 anos comezou pouco a pouco un proceso de repoboación, e hoxe está
integrado por persoas de nacionalidades diversas ás que lles move a experimentación:
bioconstrución, gando caprino, horticultura ecolóxica, apicultura ou diversas actividades
comunitarias, como xuntanzas, talleres de ioga, limpeza de camiños...
Contamos ademais coa presenza de Isabel Vilalba, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego
Galego, entidade co-organizadora do Foro, que presentou algúns datos da situación da
agrogandeiría en Galicia, onde algo máis do 4% da poboación activa pertence ao sector
agrario, con explotacións que ocupan en torno ao 30% da superficie total do territorio.
Lembrounos a eterna e infanda crise do sector leiteiro na nosa Comunidade, onde os gandeiros
e as gandeiras están a vender o litro de leite a un prezo medio de 0,32 € na actualidade (por
baixo do custo de produción), e con 130.000 explotacións pechadas desde os anos 90.
Así que benvidas sexan todas as iniciativas que supoñan crear vínculos de confianza e
empatía entre a produción e o consumo, a compra de produtos locais e de tempada e os
circuítos curtos de comercialización. Rendibilidade e emprego son posibles baixo este tipo de
modelos, como evidencian outros proxectos tamén mostrados no Foro: Extiercol, agricultura
ecolóxica en terreo público (Cuevas del Becerro, Málaga); os grupos de consumo lucenses As
Grelas e Bandullo Ecolóxico; o mercado semanal de Teo, activo espazo de encontro entre
productores/as e consumidores/as, ou a Cooperativa A Sazón, de froita e marmeladas
ecolóxicas.
No plano político, houbo tempo tamén para coñecer a historia das CUP: Josep Plasencia
falou do nacemento desta Organización a finais dos anos 70, como exemplo de novas prácticas
políticas nas que as metodoloxías son 100% participativas e democráticas. E Tom Kucharz, de
Ecologistas en Acción, ofreceu unhas pinceladas do que significaría a aprobación do Acordo
Transatlántico de Libre Comercio (TTIP) para os dereitos campesiños e a soberanía
alimentaria: fixo un chamamento para dar a máxima difusión a todo o que está ocorrendo
arredor destas negociacións.
A tarde do sábado
finalizou con unha serie de
reunións en mesas de
debate rotativas coa idea de
xerar propostas de acción en
4 áreas de traballo
transversais: mocidade,
xénero, bens comúns e
participación e democracia
directa. As principais
proposicións quedaron
plasmadas, xunto con unha
reflexión xeral, nun
documento de Conclusións
do IX Foro por un Mundo
Rural Vivo, difundido
semanas despois.
E, xa á noitiña, tivemos a fermosa oportunidade de coñecer de cerca a dous
representantes do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra (MST), paradigma da loita
campesiña a nivel mundial. Zé Roberto da Silva e Rosa Oliveira fixeron unha atractiva síntese
das políticas agrarias no
Brasil durante as últimas 3
décadas, aportando
interesantes datos. Como
que durante o goberno
neoliberal do Enrique
Cardoso, nos anos 90, o
86% do crédito agrícola foi
acaparado por empresas do
agronegocio nas que, sen
embargo, só estaba
empregada o 26% da man
de obra agraria do país. Ou
as investigacións que poden
permitir relacionar os casos
de cancro co consumo de
alimentos contaminados con
agrotóxicos. As mudanzas
estruturais que supuxo o
“goberno Lula” introduciron
por exemplo unha Lei que
estableceu a obriga de que o 30% do orzamento para abastecemento público de alimentos
(escolas, poboación acollida a Programas de axuda alimentar...) se destinase a compra na
agricultura familiar local. Sen embargo, a partir do 2008, segundo palabras do Zé, medrou
enormemente a velocidade de invasión e apropiación de recursos por parte do capital:
calcúlase que as multinacionais gastaron, na última formación de Goberno, 1 billón de € para
colocar aos seus deputados e senadores afíns no Parlamento, manobras que están permitidas
pola lexislación. Ao tempo, continúan resistindo no Brasil 4 millóns de camponeses sen terra. A
Rosa describiu as ocupacións de terras, que o MST adoita exercer como accións máis
representativas do seu Movemento de resistencia, como unha das experiencias máis
marabillosas que se poden ter na vida.
A xornada do sábado
rematou con queimada e
música de diversas culturas:
as pandeireteiras do grupo
Alesancia de Ribadeo, as
mulleres burelenses de orixe
caboverdiana Batuko
Tabanka (certamente
emocionante observalas
tocar e bailar enchoupadas
das súas raíces), a guitarra
do músico e compositor
valenciano Tomás de los
Santos, que cantou e nos
fixo cantar a todas, e tamén
o mesmo Zé Roberto do
MST, con quen gozamos, tamén a ritmo de guitarra, da música tradicional brasileira con letras
que reivindican a loita por unha reforma agraria que respecte os dereitos e a dignidade de
quen traballa.
E para poñer o punto e
aparte a unha fin de semana
ben completa, o domingo
pola mañá tivemos mercado
de produtos agrarios na
praza do Concello de
Mondoñedo, onde o
campesiñado participante no
Foro tivo a oportunidade de
vender as súas froitas,
hortalizas e diversos
elaborados nun ambiente
amable e festivo. Alí mesmo
se fixo un acto de rúa no
que se deu lectura ás
conclusións deste IX Foro e
se emprazou a todo o
mundo para a próxima cita:
a décima edición que terá
lugar en 2016 (as citas son
bianuais) na Venta de las
Contreras, en pleno parque natural de Las Hoces del Cabriel, comarca de La Manchuela
(Cuenca).

More Related Content

Similar to Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo

Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1arilogar
 
Moción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralMoción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralsatelite1
 
A granxa experimental de Monelos
A granxa experimental de MonelosA granxa experimental de Monelos
A granxa experimental de MonelosAgrela Elvixeo
 
A granxa experimental de Monelos
A granxa experimental de MonelosA granxa experimental de Monelos
A granxa experimental de MonelosAgrela Elvixeo
 
Odm 8 manuel y rocío
Odm 8 manuel y rocíoOdm 8 manuel y rocío
Odm 8 manuel y rocíomackerel10
 
Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da
Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da
Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da Bibliotecas Municipais de A Coruña
 
primeiro terzo século XX
primeiro terzo século XXprimeiro terzo século XX
primeiro terzo século XXxenevra
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfBNGdoPorrinho
 
Encontro rede entreculturas
Encontro rede entreculturasEncontro rede entreculturas
Encontro rede entreculturassatelite1
 
Irmandades 4º
Irmandades 4ºIrmandades 4º
Irmandades 4ºxenevra
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XXxenevra
 
Ciclo cine sobal
Ciclo cine sobalCiclo cine sobal
Ciclo cine sobalcrissesto
 
Presentación incidencia politica cpi virxe da cela
Presentación incidencia politica cpi virxe da celaPresentación incidencia politica cpi virxe da cela
Presentación incidencia politica cpi virxe da celasatelite1
 
IAF136 nº5dixital
IAF136 nº5dixitalIAF136 nº5dixital
IAF136 nº5dixitalIGADI
 

Similar to Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo (20)

Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y TicPropuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
Propuestas y Soluciones de Igualdad y Tic
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Milhulloa
MilhulloaMilhulloa
Milhulloa
 
Moción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do ruralMoción de apoio en defensa do rural
Moción de apoio en defensa do rural
 
A granxa experimental de Monelos
A granxa experimental de MonelosA granxa experimental de Monelos
A granxa experimental de Monelos
 
A granxa experimental de Monelos
A granxa experimental de MonelosA granxa experimental de Monelos
A granxa experimental de Monelos
 
Odm 8 manuel y rocío
Odm 8 manuel y rocíoOdm 8 manuel y rocío
Odm 8 manuel y rocío
 
Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da
Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da
Biblioteca Verde 2015: Programa cos Encontros Participativos da
 
primeiro terzo século XX
primeiro terzo século XXprimeiro terzo século XX
primeiro terzo século XX
 
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdfPrograma electoral BNG O Porriño 2023.pdf
Programa electoral BNG O Porriño 2023.pdf
 
As irmandades e cabanillas
As irmandades e cabanillasAs irmandades e cabanillas
As irmandades e cabanillas
 
Encontro rede entreculturas
Encontro rede entreculturasEncontro rede entreculturas
Encontro rede entreculturas
 
Irmandades 4º
Irmandades 4ºIrmandades 4º
Irmandades 4º
 
Inicios do século XX
Inicios do século XXInicios do século XX
Inicios do século XX
 
Mar Por Medio
Mar Por MedioMar Por Medio
Mar Por Medio
 
Ciclo cine sobal
Ciclo cine sobalCiclo cine sobal
Ciclo cine sobal
 
Concellos en rede por galiza
Concellos en rede por galizaConcellos en rede por galiza
Concellos en rede por galiza
 
Presentación incidencia politica cpi virxe da cela
Presentación incidencia politica cpi virxe da celaPresentación incidencia politica cpi virxe da cela
Presentación incidencia politica cpi virxe da cela
 
TEMA 5- HISTORIA
TEMA 5- HISTORIATEMA 5- HISTORIA
TEMA 5- HISTORIA
 
IAF136 nº5dixital
IAF136 nº5dixitalIAF136 nº5dixital
IAF136 nº5dixital
 

More from Enxeñería Sen Fronteiras Galicia

Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de HondurasInforme sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de HondurasEnxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalA tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalEnxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
 
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoComunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoEnxeñería Sen Fronteiras Galicia
 

More from Enxeñería Sen Fronteiras Galicia (20)

2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr2018 convocatoria pcr
2018 convocatoria pcr
 
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
Avaliación Programa de Coñecemento da Realidade ESF Galicia 2004-2016
 
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de HondurasInforme sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
Informe sobre análisis comparado de sistemas constructivos en el Sur de Honduras
 
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de HondurasInforme sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
Informe sobre viviendas tradicionales del sur de Honduras
 
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
Convocatoria Programa Coñecemento da Realidade 2017
 
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
Proposta proxecto fin de master enxeñería informática. Tetris de Dereitos Hum...
 
150409 sistematizacion pgirh
150409 sistematizacion  pgirh150409 sistematizacion  pgirh
150409 sistematizacion pgirh
 
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpDEstudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
Estudo profesorado universitario e coñecemento en EpD
 
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoA Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
A Psicoloxía como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
 
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización culturalA tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
A tecnoloxía na globalización do capital e na homoxeneización cultural
 
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
As Tecnoloxías da Información e a Comunicación como Tecnoloxías parao Desenvo...
 
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humanoComunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
Comunicación para o cambio social como tecnoloxía para o desenvolvemento humano
 
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica éticaBreve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
Breve informe encuesta uso del movil y electrónica ética
 
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
XI Foro por un mundo rural vivo, Mondoñedo 2014
 
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
Auga de todas, dereito non mercadoría 2015
 
Presentacion aprendizaje cooperativo
Presentacion aprendizaje cooperativoPresentacion aprendizaje cooperativo
Presentacion aprendizaje cooperativo
 
Informe final proyecto san jose de las conchas
Informe final proyecto san jose de las conchasInforme final proyecto san jose de las conchas
Informe final proyecto san jose de las conchas
 
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
"Software Libre e tpdh" Fran Tsao
 
Tecnoloxias apropiadas antón román
Tecnoloxias apropiadas antón románTecnoloxias apropiadas antón román
Tecnoloxias apropiadas antón román
 
Pantallas intercentros sob al 2013
Pantallas intercentros sob al 2013Pantallas intercentros sob al 2013
Pantallas intercentros sob al 2013
 

Crónica do IX Foro por un mundo rural vivo

  • 1. IX Foro Por un Mundo Rural Vivo A fin de semana do 24 ao 26 de Outubro tivo lugar na fermosa vila de Mondoñedo (rodeada dun entorno natural que lle fai competencia á beleza da propia vila), o IX Foro por un Mundo Rural Vivo. Este Foro, que vén organizando cada ano a Plataforma Rural, estáse a afianzar como un espazo de encontro a nivel do Estado español de todas aquelas persoas e movementos sociais que traballan e impulsan, co seu xeito de vivir e organizarse, a creación de Alianzas por un Medio Rural Vivo. Dúas voluntarias de ESF participamos nas actividades do Foro, polo noso interese persoal e/ou profesional, pero tivemos a oportunidade de coñecer experiencias de gran relevancia en canto ao que significa poñer en práctica, na realidade galega e española, iniciativas que loitan por unha verdadeira SOBERANÍA ALIMENTARIA. Descubrimos que outras ISFs andan tamén inmersas nas actividades da Plataforma Rural, como son os compañeiros de Andalucía e de Valencia; estes últimos traendo tamén as voces do Sur, do Movimiento Nacional Campesino Indígena da Arxentina, co que teñen unha gran vinculación a través dos seus Programas de Cooperación, e como colaboradores permanentes da máis que recomendable revista Soberanía Alimentaria, Biodiversidad y Culturas, ao igual que a propia Plataforma Rural. La Vía Campesina, o movemento que globaliza a loita labrega a nivel internacional, tamén estivo presente neste Foro, pois a Plataforma Rural é sen dúbida artelladora do seu discurso. Así pois, tras haber participado nun entorno de traballo que xiraba en torno a ese gran concepto da Soberanía Alimentaria, co que diariamente comungamos no grupo de traballo de Desenvolvemento Rural de ESF, crin necesario dar a coñecer as actividades desa fin de semana a toda a Asociación e demais persoas que nos seguen. A problemática particular á que se enfrontan as mulleres no momento de apostar pola vida no rural foi un dos eixos arredor do cal xirou o debate nesta edición do Foro. Por iso o venres tivemos a oportunidade de coñecer a experiencia de catro mulleres labregas que están a aportar un “plus” de loita nas súas respectivas comunidades; todas elas coincidían en admitir que lles falta tempo material para atender a súa vida persoal, familiar, labrega e, por riba de todo iso, militante e activista campesiña, pero que aínda así, paga a pena, e por iso todas elas son un valioso referente. Raquel Ramírez, de Nalda (La Rioja), pertence a dúas organizacións sociais do seu municipio: Panal, Asociación que naceu para combater as ameazas que as prospeccións de gas na comarca supuñan para o Patrimonio Cultural e que, entre outros proxectos, está recuperando os usos forestais do monte para emprego, goce e aprendizaxe da propia veciñanza, como unha maneira de reapropiarse do patrimonio histórico-natural que lles pertence, e El Colletero, unha Asociación para a recuperación de espazos cultivables cos principios da produción ecolóxica e a economía solidaria, en coordinación con un club de consumo. El Colletero pode gabarse de crear emprego na comarca, traballa en alianza coa comunidade de regantes e coas cooperativas da zona e, polo lado do consumo, coa Residencia de Anciáns e a ANPA da Escola, coa que tamén realizan actividades de aprendizaxe. Encóntrolle un especial significado histórico á experiencia de Ángeles Ramón, da comarca zaragozana de Cinco Villas, pois ela criouse nun pobo de colonización e, tras ligarse tamén desde os seus inicios ao primeiro sindicato campesiño independente de España, a UAGA, protagonista das chamadas “guerra del pimiento” e “guerra del maíz” nos anos 70 (conflitos
  • 2. causados en anos de elevadas colleitas, que os intermediarios aproveitaron para pagar aos agricultores e ás agricultoras uns prezos moi por debaixo dos custes de produción, desembocando en tractoradas masivas), hoxe continúa a ser unha agricultora que vive do seu traballo, e tamén militante feminista e sindical, nunha comarca onde, defende, se está creando unha gran diversidade de producións, incluíndo elaboracións artesanais, que permiten a autosuficiencia. Ángeles fixo tamén fincapé na importancia do consumo responsable, empregando un interesante termo: a Agricultura de Responsabilidade Compartida. Josefa Martín, orixinaria de San Esteban de La Sierra (Salamanca), relatou as súas vivencias como colaboradora activa da Asociación Salmantina de Agricultura de Montaña que, entre outras iniciativas, xestiona un banco de hortas para poñer a disposición de novos/as agricultores/as terras que cultivar, cedidas por propietarios/as que non poden traballalas, e que recuperan a satisfacción de velas producir de novo. Unha solución ben positiva para o problema de acceso á terra, que semella que é bastante común entre as persoas que desexan iniciarse na actividade agraria. Por último, coñecemos a experiencia de Henar Román, granxeira de Labrada (Abadín, Lugo), que impulsou a creación dunha Cooperativa gandeira na súa parroquia, para buscar solucións aos abusos aos que se vían sometidas por parte da industria leiteira. Hoxe, co triplo de persoas socias que nos seus inicios, teñen tamén asociadas con explotacións de vacún de carne, e venden directamente a consumidores/as. Ademais, coñecemos a historia do Monte Veciñal en Man Común de Labrada, historia de esforzo, loitas e negociacións para tratar de facer valer os dereitos das comuneiras e os comuneiros sobre a propiedade e a toma de decisións nos usos deste monte emprazado na serra do Xistral. Henar relatounos ademais simpáticas anécdotas sobre un estudante (creo recordar que alemán) que chegou a Abadín coa intención de investigar as explotacións galegas de produción de leite de vacún para a súa tese, e que rematou converténdose nun membro máis da familia. Xa na xornada do sábado, gozamos cunha sorprendente intervención preparada polos mozos e mozas que participaron na organización do Foro, e que vos recomendo ver neste vídeo (1 hora de duración, en clave de humor). Da man de Inmaculada Idáñez continuamos a afondar na problemática específica da muller labrega. Falounos da súa situación en Andalucía, onde, non sen esforzo, está a lograrse a súa paulatina introdución en espazos onde habitualmente non participaba, como as comunidades de regantes e, sobre todo, no que se refire á titularidade das terras, que lles permite ser beneficiarias das axudas da PAC ou cotizar para acceder a pensións contributivas, recoñecendo así xurídica e economicamente o seu invisible papel no mundo agrario. Desde a Confederación de Mujeres Rurales (CERES), a Organización que Inmaculada preside, estase a loitar por unha Lei de Titularidade compartida nas explotacións agrarias que sexa realmente efectiva pois, a causa de -segundo sinalan- falta de recursos humanos e económicos para a súa implementación a nivel autonómico, esta Lei é considerada un fracaso do Ministerio xa que, tras dous anos en vigor, estímase que só 52 mulleres se rexistraron como co-titulares de explotacións agrarias. Outra Lei desgraciadamente protagonista nos debates do Foro foi a “Ley de Racionalización y Sostenibilidad de la Administración Local”, coñecida como “Lei Montoro”, que baixo tal eufemístico nome agocha a disolución de todas aquelas entidades de ámbito inferior ao municipal que, a 31 de decembro de 2014, non tivesen presentado as súas contas. En
  • 3. Castela-León, Comunidade onde, de maneira similar aos Montes Veciñais en Man Común de Galicia e o norte de Portugal, as Juntas Vecinales (existen un total de 1230 soamente na provincia de León) constitúen tradicionalmente unha moi particular forma de tenencia e xestión dos bens comúns no medio rural, están especialmente sensibilizados con este problema. A Plataforma para la Defensa de las Juntas Vecinales de Omaña aglutina ás Xuntas Veciñais desta comarca leonesa, que permanecen en loita por defender o seu estatus e facer valer as súas capacidades, participativas e democráticas, para xestionar o patrimonio comunal. Na tarde do sábado presentáronnos este vídeo documental que vos convido a visualizar e difundir. A “Lei Montoro” recibiu ata o de agora 10 recursos de inconstitucionalidade no TC. Na tarde do sábado máis persoas compartiron tamén a súa experiencia en pobos que se poden considerar integramente ecolóxicos e onde se persegue unha forma de vida acorde ao concepto de soberanía, no seu sentido máis auténtico, na alimentación, na educación ou na xestión. Dora Cabaleiro é integrante da Cooperativa Ribeira do Navia, na parroquia de Ernes (Negueira de Muñiz, Lugo); comercializan ou trocan os seus produtos en mercados de Galicia e o occidente asturiano. Cristina Sancho é produtora de polo ecolóxico en Amayuelas de Abajo (Palencia), e relatou as dificultades técnicas e administrativas que atoparon para sacar adiante un proxecto tan innovador, que incluíse poder vender directamente ás consumidoras e aos consumidores, pero lograron poñer en funcionamento o seu propio matadoiro avícola ecolóxico e dar así saída a toda a produción desta comarca de Tierra de Campos, apropiándose do ciclo produtivo completo. José Cófreces reside en Tronceda (Castro Caldelas, Ourense), un pobo abandonado que hai uns 20 anos comezou pouco a pouco un proceso de repoboación, e hoxe está integrado por persoas de nacionalidades diversas ás que lles move a experimentación: bioconstrución, gando caprino, horticultura ecolóxica, apicultura ou diversas actividades comunitarias, como xuntanzas, talleres de ioga, limpeza de camiños... Contamos ademais coa presenza de Isabel Vilalba, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, entidade co-organizadora do Foro, que presentou algúns datos da situación da agrogandeiría en Galicia, onde algo máis do 4% da poboación activa pertence ao sector agrario, con explotacións que ocupan en torno ao 30% da superficie total do territorio. Lembrounos a eterna e infanda crise do sector leiteiro na nosa Comunidade, onde os gandeiros e as gandeiras están a vender o litro de leite a un prezo medio de 0,32 € na actualidade (por baixo do custo de produción), e con 130.000 explotacións pechadas desde os anos 90. Así que benvidas sexan todas as iniciativas que supoñan crear vínculos de confianza e empatía entre a produción e o consumo, a compra de produtos locais e de tempada e os circuítos curtos de comercialización. Rendibilidade e emprego son posibles baixo este tipo de modelos, como evidencian outros proxectos tamén mostrados no Foro: Extiercol, agricultura ecolóxica en terreo público (Cuevas del Becerro, Málaga); os grupos de consumo lucenses As Grelas e Bandullo Ecolóxico; o mercado semanal de Teo, activo espazo de encontro entre productores/as e consumidores/as, ou a Cooperativa A Sazón, de froita e marmeladas ecolóxicas. No plano político, houbo tempo tamén para coñecer a historia das CUP: Josep Plasencia falou do nacemento desta Organización a finais dos anos 70, como exemplo de novas prácticas políticas nas que as metodoloxías son 100% participativas e democráticas. E Tom Kucharz, de Ecologistas en Acción, ofreceu unhas pinceladas do que significaría a aprobación do Acordo Transatlántico de Libre Comercio (TTIP) para os dereitos campesiños e a soberanía alimentaria: fixo un chamamento para dar a máxima difusión a todo o que está ocorrendo arredor destas negociacións.
  • 4. A tarde do sábado finalizou con unha serie de reunións en mesas de debate rotativas coa idea de xerar propostas de acción en 4 áreas de traballo transversais: mocidade, xénero, bens comúns e participación e democracia directa. As principais proposicións quedaron plasmadas, xunto con unha reflexión xeral, nun documento de Conclusións do IX Foro por un Mundo Rural Vivo, difundido semanas despois. E, xa á noitiña, tivemos a fermosa oportunidade de coñecer de cerca a dous representantes do Movimento dos Trabalhadores Rurais Sem Terra (MST), paradigma da loita campesiña a nivel mundial. Zé Roberto da Silva e Rosa Oliveira fixeron unha atractiva síntese das políticas agrarias no Brasil durante as últimas 3 décadas, aportando interesantes datos. Como que durante o goberno neoliberal do Enrique Cardoso, nos anos 90, o 86% do crédito agrícola foi acaparado por empresas do agronegocio nas que, sen embargo, só estaba empregada o 26% da man de obra agraria do país. Ou as investigacións que poden permitir relacionar os casos de cancro co consumo de alimentos contaminados con agrotóxicos. As mudanzas estruturais que supuxo o “goberno Lula” introduciron por exemplo unha Lei que estableceu a obriga de que o 30% do orzamento para abastecemento público de alimentos (escolas, poboación acollida a Programas de axuda alimentar...) se destinase a compra na agricultura familiar local. Sen embargo, a partir do 2008, segundo palabras do Zé, medrou enormemente a velocidade de invasión e apropiación de recursos por parte do capital: calcúlase que as multinacionais gastaron, na última formación de Goberno, 1 billón de € para colocar aos seus deputados e senadores afíns no Parlamento, manobras que están permitidas pola lexislación. Ao tempo, continúan resistindo no Brasil 4 millóns de camponeses sen terra. A Rosa describiu as ocupacións de terras, que o MST adoita exercer como accións máis representativas do seu Movemento de resistencia, como unha das experiencias máis marabillosas que se poden ter na vida.
  • 5. A xornada do sábado rematou con queimada e música de diversas culturas: as pandeireteiras do grupo Alesancia de Ribadeo, as mulleres burelenses de orixe caboverdiana Batuko Tabanka (certamente emocionante observalas tocar e bailar enchoupadas das súas raíces), a guitarra do músico e compositor valenciano Tomás de los Santos, que cantou e nos fixo cantar a todas, e tamén o mesmo Zé Roberto do MST, con quen gozamos, tamén a ritmo de guitarra, da música tradicional brasileira con letras que reivindican a loita por unha reforma agraria que respecte os dereitos e a dignidade de quen traballa. E para poñer o punto e aparte a unha fin de semana ben completa, o domingo pola mañá tivemos mercado de produtos agrarios na praza do Concello de Mondoñedo, onde o campesiñado participante no Foro tivo a oportunidade de vender as súas froitas, hortalizas e diversos elaborados nun ambiente amable e festivo. Alí mesmo se fixo un acto de rúa no que se deu lectura ás conclusións deste IX Foro e se emprazou a todo o mundo para a próxima cita: a décima edición que terá lugar en 2016 (as citas son bianuais) na Venta de las Contreras, en pleno parque natural de Las Hoces del Cabriel, comarca de La Manchuela (Cuenca).