SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
Download to read offline
Ola familias, aquí vos deixamos unha serie de actividades tipo para realizar durante
estes días. Por suposto, son orientacións e podedes adaptalas ao voso tempo e
circunstancias, xa que do que se trata é de aprender xogando e de xogar aprendendo.
RUTINAS DIARIAS
- Dicir o día no que nos atopamos. HOXE É
(luns 16) DE (marzo) de (2020). Estamos en
(INVERNO) e vai (SOL). Se vos animades
podedes facer un mini calendario
- Facer un debuxo do tempo atmosférico. Podemos facer un cadro mensual
nun folio ou ir anotando os días. Así queda gardado o de todos os días e ven
o paso do tempo e os cambios atmoféricos.
- LER UN CONTO (media mañá, media tarde, á noite). Os maiores poden facer
un debuxo do mesmo e copiar ou escribir o título e gardalos para engadir
no LIBRO DOS CONTOS que estamos a facer no cole. Realizaremos
actividades de comprensión tipo: que pasou antes de ?, despois de?,... que
fagan un mini resumo do conto, podemos lelo de novo introducindo erros
para que se dean conta, inventarlle un novo final,...
- TAREFAS COTIÁS. Hixiene e vestido, aproveitaremos estes días para
traballar estes aspectos, é dicir procuraremos que os vaian facendo eles sos.
Ademais, danos pé a traballar outras actividades: secuencias (como nos
vestimos? Decimos a roupa por orde).
Axudar nas tarefas. A recoller a roupa (podemos contala,
facer clasificacións con ela,...) a poñer a mesa (cantos platos poñemos?,...)
- PSICOMOTRICIADE. Facer circuítos caseiros
Cancións motrices. Os Cantajuegos teñen moitas. Aquí
un enlace no que atoparedes algunhas delas
http://www.educacionfisicaenprimaria.es/canciones-
motrices.html
PARA TRABALLAR A ATENCIÓN E MEMORIA
- Repetir letras, números, palabras, frases,…
- Aprender cancións, rimas, trabalinguas,…
- Contos acumulativos tipo A MOSCA CHOSCA, A QUE SABE A LÚA, DONA
CARME,... (atoparédelos en youtube e tamén os colgaremos no blog)
- Xogos tipo vexo-vexo...
- Atopar un coche azul, letra E, praia,... nun xornal, revista,...
- Xogos acumulativos tipo: “de la Habana vino un barco cargado de... manzanas,
e logo dicimos: mazás e pantalóns, e logo: mazás, pantalóns e... e así
sucesivamente
ACTIVIDADES RELACIONADAS COA LECTOESCRITURA
- Xogar a dicir palabras que empecen por un fonema-son (letra) e/ou sílaba
determinado o descubrir se unha palabra o contén.
- Realizar xogos de deletrear palabras.
- Xogar a:
. “Vexo, vexo” (pódese xogar dicindo a primeira sílaba dunha palabra:”
Vexo unha cousa que empeza por `Ven…….’(ventá)”, etc.
. “Palabras encadeadas”: se un di unha palabra, por exemplo “moto” o
seguinte ten que dicir unha que empece por “to”, como “tomate”, o
outro outra por “te”, como “televisión”, e así sucesivamente.
- Buscar e rodear/ recortar as letras do noso nome xornais, revistas,... e logo
compoñer o nome propio ou dos familiares. Os de 5º e 6º adaptarán a
actividade con palabras máis significativas (días da semana, nome dos
compañeiros,...) e mesmo poden facer
palabras libremente e logo lelas (6º EI). Logo
podemos contarlles as letras e as sílabas (5º-
6º EI)
- Identificar letras e grafías
- Escribir letras e/sílabas nun folio, recortalas e logo empregalas para construír
palabras e mesmo frases
- Partir frases en palabras(6º EI)
- Partir palabras en sílabas, fonemas (6º EI)
- Actividades de conciencia fonolóxica
- Para 6º EI poden facerse dictados de
palabras ou frases e que logo fagan un
debuxo. Escribirlles frases ou palabras, que
as lean e que fagan debuxo.
- Construír, repasar,... abecedarios variados
Este último pode facerse co propio corpo
- Estimulalo para que nos conte situacións, invente historias o que describa
imaxes, utilizando cada vez máis palabras.
- Resolver ou finalizar frases incompletas.
- Xogar ás adiviñas, seleccionándoas segundo a idade do alumnado.
- Facer descricións de obxectos ou persoas e que o neno/a adiviñe de que ou de
quen se trata.
- Pensar un animal ou cousa, e que o outro faga preguntas, que só se responde si
ou non, e adiviñar o que é.
- Fai que busque fotos que lle gusten en revistas vellas. Pídelle que as recorte e
poña títulos a cada unha. Que escriba unha frase debaixo.
- Fai que recorte palabras de titulares de periódico ou anuncios publicitarios.
Que as pegue nunha folla e faga debuxos con relación a esas palabras.
- Recortar tiras cómicas do periódico e pedirlle que coloque as viñetas en orde
correcto.
ACTIVIDADES RELACIONADAS COA LÓXICA-MATEMÁTICA (COAS MATES)
- Realizar series- xogar cos nenos/as dicindo un número e el/ela o seguinte.
- Contar a partir dun número.
- Contar calquera tipo de cousas: cunchas, pedras,…
- Clasificar obxectos segundo unha determinada característica (4ºEI), dúas
características (5º EI) e varias (6ºEI). Cousiñas que teñamos pola casa podemos
clasificalas segundo a forma, a cor, o tamaño, o uso,..
- Facer conxuntos con cousas que teñamos (macarróns, pezas de
construccións,...) libremente e comparalos. Dando ordes tipo: fai dous
conxuntos de xeito que sexan iguais, que un teña moitos e outro poucos, que
un teña máis ca outro,...
- Buscar obxectos cunha determinada forma: “cousas que se parezan a un
círculo: roda, aro,…”
- Xogos de mesa: parchís, oca, baralla,...
- Quebracabezas.
- Actividades da serie numérica
-
ACTIVIDADES RELACIONADAS COA FOMOTRICIDADE FINA
- Facer garabatos libremente e outros que lle fagades vós
- Facer trazos, números, letras,... en fariña, pan raiado,...
- Esertables. Calquera cousa con burato serve: macarróns, bolas,...
- Prensa-prensil. Coller obxectos con diferentes tipo de pinzas e depositalos en
botes, platos,... (pinzas da roupa, do xeo, de depilación,...)
- Recortado e rasgado
- Xogar con plasti. Amasar arcilla, fariña, miga de pan,...
- Enroscar e desenroscar tapóns, botes, practicar subindo e baixando cremalleria
e abrochar-desabrochar botóns ou corchetes
EXPRESIÓN ARTÍSTICA
- Debuxar libremente.
- Debuxar copiando dun libro, foto,…
- Debuxar a partir de algo lido.
- Empregar diferentes técnicas e materiais
- Facer collages
- Puntillismo. Pinter con puntiños
- O que se vos ocorra
O que aquí propoñemos son actividades tipo e as fotos son modelos de actividades, non son
obrigatorias e non é obrigatorio realizalas tal cual o modelo. Cada ún que as adepate ás
posibilidades que te n (cousiñas que ten pola casa) e a cada peque.
Só pretendemos facer un pouquiño máis levadeiros estes días “tan, tan raros”. Non vos
preocupedes pola fichas, co que aquí propoñemos refórzase o aprendido e ademais é o xeito
do que mellor aprenden os peques.
Un saúdo e moito ánimo. Bea, Kika e Diana

More Related Content

Similar to RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADES (13)

Contos, xogos e intercultura
Contos, xogos e interculturaContos, xogos e intercultura
Contos, xogos e intercultura
 
Carmen cacho. curso tadega. cambados 2014
Carmen cacho. curso tadega. cambados 2014Carmen cacho. curso tadega. cambados 2014
Carmen cacho. curso tadega. cambados 2014
 
Ler e escribir na nosa escola
Ler e escribir na nosa escolaLer e escribir na nosa escola
Ler e escribir na nosa escola
 
Xogos e xoguetes
Xogos e xoguetesXogos e xoguetes
Xogos e xoguetes
 
K:\Pel\Projects Infantedu\Littlewhiterabbit
K:\Pel\Projects Infantedu\LittlewhiterabbitK:\Pel\Projects Infantedu\Littlewhiterabbit
K:\Pel\Projects Infantedu\Littlewhiterabbit
 
Emocionario (I) - Palabras Aladas
Emocionario (I) - Palabras AladasEmocionario (I) - Palabras Aladas
Emocionario (I) - Palabras Aladas
 
Littlewhiterabbit
LittlewhiterabbitLittlewhiterabbit
Littlewhiterabbit
 
Orientacións para os pais
Orientacións para os paisOrientacións para os pais
Orientacións para os pais
 
Reunión familias ceip vilaverde (2)
Reunión familias ceip vilaverde (2)Reunión familias ceip vilaverde (2)
Reunión familias ceip vilaverde (2)
 
Charla...lectura pais 1º ciclo 07 08
Charla...lectura pais 1º ciclo 07 08Charla...lectura pais 1º ciclo 07 08
Charla...lectura pais 1º ciclo 07 08
 
Estimular a lectura
Estimular a lecturaEstimular a lectura
Estimular a lectura
 
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
Ollos de aula. Nº 22 (xuño de 2015)
 
A lectura na educación infantil 2
A lectura na educación infantil 2A lectura na educación infantil 2
A lectura na educación infantil 2
 

More from Diana Sánchez

More from Diana Sánchez (15)

Retallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdfRetallos do Ponte, nº 5.pdf
Retallos do Ponte, nº 5.pdf
 
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdfPROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
PROXECTO LINGÜÍSTICO 22-26. CPI PONTE CARREIRA.pdf
 
BENVIDOS Á ESCOLA 22-23.pdf
BENVIDOS Á ESCOLA  22-23.pdfBENVIDOS Á ESCOLA  22-23.pdf
BENVIDOS Á ESCOLA 22-23.pdf
 
Benvidos á escola.
Benvidos á escola.Benvidos á escola.
Benvidos á escola.
 
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021
PROTOCOLO BIBLIOTECA ESCOLAR MILFOLLAS 2020-2021
 
A voz da escola. Curso 2011 2012
A voz da escola. Curso  2011 2012A voz da escola. Curso  2011 2012
A voz da escola. Curso 2011 2012
 
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
 
CATARINA, PEDRO E O OSO
CATARINA, PEDRO E O OSOCATARINA, PEDRO E O OSO
CATARINA, PEDRO E O OSO
 
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019SCAPE ROOM Letras Galegas 2019
SCAPE ROOM Letras Galegas 2019
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015
 
A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016A voz da escola. Curso 2015 2016
A voz da escola. Curso 2015 2016
 
A voz da escola. Curso 2016 2017
A voz da escola. Curso 2016 2017A voz da escola. Curso 2016 2017
A voz da escola. Curso 2016 2017
 
A voz da escola. Curso 2017 2018
A voz da escola. Curso 2017 2018A voz da escola. Curso 2017 2018
A voz da escola. Curso 2017 2018
 
Proxecto o nome. 4 anos
Proxecto o nome. 4 anosProxecto o nome. 4 anos
Proxecto o nome. 4 anos
 
POR QUE ME CHAMO ASÍ?
POR QUE ME CHAMO ASÍ?POR QUE ME CHAMO ASÍ?
POR QUE ME CHAMO ASÍ?
 

Recently uploaded

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (12)

IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 

RECOMENDACIÓNS ACTIVIDADES

  • 1. Ola familias, aquí vos deixamos unha serie de actividades tipo para realizar durante estes días. Por suposto, son orientacións e podedes adaptalas ao voso tempo e circunstancias, xa que do que se trata é de aprender xogando e de xogar aprendendo. RUTINAS DIARIAS - Dicir o día no que nos atopamos. HOXE É (luns 16) DE (marzo) de (2020). Estamos en (INVERNO) e vai (SOL). Se vos animades podedes facer un mini calendario - Facer un debuxo do tempo atmosférico. Podemos facer un cadro mensual nun folio ou ir anotando os días. Así queda gardado o de todos os días e ven o paso do tempo e os cambios atmoféricos. - LER UN CONTO (media mañá, media tarde, á noite). Os maiores poden facer un debuxo do mesmo e copiar ou escribir o título e gardalos para engadir no LIBRO DOS CONTOS que estamos a facer no cole. Realizaremos actividades de comprensión tipo: que pasou antes de ?, despois de?,... que fagan un mini resumo do conto, podemos lelo de novo introducindo erros para que se dean conta, inventarlle un novo final,... - TAREFAS COTIÁS. Hixiene e vestido, aproveitaremos estes días para traballar estes aspectos, é dicir procuraremos que os vaian facendo eles sos. Ademais, danos pé a traballar outras actividades: secuencias (como nos vestimos? Decimos a roupa por orde).
  • 2. Axudar nas tarefas. A recoller a roupa (podemos contala, facer clasificacións con ela,...) a poñer a mesa (cantos platos poñemos?,...) - PSICOMOTRICIADE. Facer circuítos caseiros Cancións motrices. Os Cantajuegos teñen moitas. Aquí un enlace no que atoparedes algunhas delas http://www.educacionfisicaenprimaria.es/canciones- motrices.html PARA TRABALLAR A ATENCIÓN E MEMORIA - Repetir letras, números, palabras, frases,… - Aprender cancións, rimas, trabalinguas,… - Contos acumulativos tipo A MOSCA CHOSCA, A QUE SABE A LÚA, DONA CARME,... (atoparédelos en youtube e tamén os colgaremos no blog) - Xogos tipo vexo-vexo... - Atopar un coche azul, letra E, praia,... nun xornal, revista,... - Xogos acumulativos tipo: “de la Habana vino un barco cargado de... manzanas, e logo dicimos: mazás e pantalóns, e logo: mazás, pantalóns e... e así sucesivamente
  • 3. ACTIVIDADES RELACIONADAS COA LECTOESCRITURA - Xogar a dicir palabras que empecen por un fonema-son (letra) e/ou sílaba determinado o descubrir se unha palabra o contén. - Realizar xogos de deletrear palabras. - Xogar a: . “Vexo, vexo” (pódese xogar dicindo a primeira sílaba dunha palabra:” Vexo unha cousa que empeza por `Ven…….’(ventá)”, etc. . “Palabras encadeadas”: se un di unha palabra, por exemplo “moto” o seguinte ten que dicir unha que empece por “to”, como “tomate”, o outro outra por “te”, como “televisión”, e así sucesivamente. - Buscar e rodear/ recortar as letras do noso nome xornais, revistas,... e logo compoñer o nome propio ou dos familiares. Os de 5º e 6º adaptarán a actividade con palabras máis significativas (días da semana, nome dos compañeiros,...) e mesmo poden facer palabras libremente e logo lelas (6º EI). Logo podemos contarlles as letras e as sílabas (5º- 6º EI) - Identificar letras e grafías - Escribir letras e/sílabas nun folio, recortalas e logo empregalas para construír palabras e mesmo frases - Partir frases en palabras(6º EI) - Partir palabras en sílabas, fonemas (6º EI) - Actividades de conciencia fonolóxica - Para 6º EI poden facerse dictados de palabras ou frases e que logo fagan un debuxo. Escribirlles frases ou palabras, que as lean e que fagan debuxo.
  • 4. - Construír, repasar,... abecedarios variados Este último pode facerse co propio corpo - Estimulalo para que nos conte situacións, invente historias o que describa imaxes, utilizando cada vez máis palabras. - Resolver ou finalizar frases incompletas. - Xogar ás adiviñas, seleccionándoas segundo a idade do alumnado. - Facer descricións de obxectos ou persoas e que o neno/a adiviñe de que ou de quen se trata. - Pensar un animal ou cousa, e que o outro faga preguntas, que só se responde si ou non, e adiviñar o que é. - Fai que busque fotos que lle gusten en revistas vellas. Pídelle que as recorte e poña títulos a cada unha. Que escriba unha frase debaixo. - Fai que recorte palabras de titulares de periódico ou anuncios publicitarios. Que as pegue nunha folla e faga debuxos con relación a esas palabras. - Recortar tiras cómicas do periódico e pedirlle que coloque as viñetas en orde correcto. ACTIVIDADES RELACIONADAS COA LÓXICA-MATEMÁTICA (COAS MATES) - Realizar series- xogar cos nenos/as dicindo un número e el/ela o seguinte. - Contar a partir dun número. - Contar calquera tipo de cousas: cunchas, pedras,… - Clasificar obxectos segundo unha determinada característica (4ºEI), dúas características (5º EI) e varias (6ºEI). Cousiñas que teñamos pola casa podemos clasificalas segundo a forma, a cor, o tamaño, o uso,.. - Facer conxuntos con cousas que teñamos (macarróns, pezas de construccións,...) libremente e comparalos. Dando ordes tipo: fai dous conxuntos de xeito que sexan iguais, que un teña moitos e outro poucos, que un teña máis ca outro,...
  • 5. - Buscar obxectos cunha determinada forma: “cousas que se parezan a un círculo: roda, aro,…” - Xogos de mesa: parchís, oca, baralla,... - Quebracabezas. - Actividades da serie numérica - ACTIVIDADES RELACIONADAS COA FOMOTRICIDADE FINA - Facer garabatos libremente e outros que lle fagades vós - Facer trazos, números, letras,... en fariña, pan raiado,...
  • 6. - Esertables. Calquera cousa con burato serve: macarróns, bolas,... - Prensa-prensil. Coller obxectos con diferentes tipo de pinzas e depositalos en botes, platos,... (pinzas da roupa, do xeo, de depilación,...) - Recortado e rasgado - Xogar con plasti. Amasar arcilla, fariña, miga de pan,... - Enroscar e desenroscar tapóns, botes, practicar subindo e baixando cremalleria e abrochar-desabrochar botóns ou corchetes
  • 7. EXPRESIÓN ARTÍSTICA - Debuxar libremente. - Debuxar copiando dun libro, foto,… - Debuxar a partir de algo lido. - Empregar diferentes técnicas e materiais - Facer collages - Puntillismo. Pinter con puntiños - O que se vos ocorra
  • 8. O que aquí propoñemos son actividades tipo e as fotos son modelos de actividades, non son obrigatorias e non é obrigatorio realizalas tal cual o modelo. Cada ún que as adepate ás posibilidades que te n (cousiñas que ten pola casa) e a cada peque. Só pretendemos facer un pouquiño máis levadeiros estes días “tan, tan raros”. Non vos preocupedes pola fichas, co que aquí propoñemos refórzase o aprendido e ademais é o xeito do que mellor aprenden os peques. Un saúdo e moito ánimo. Bea, Kika e Diana