4. ORIXE DO MULTILINGÜISMO
O multilingüismo ausenta a súa orixe na forma específica que cada
sociedade ten de relacionarse co medio natural que o rodea e que xera
unha cultura material adaptada a este.
5. ECOLOXÍA DAS LINGUAS
A ecoloxía lingüística fai referencia a unha nova aproximación teórica ó
estudo das linguas e dos discursos que as linguas vehiculan. Considérase
que a ecoloxía lingüistica debe investigar a lingua desde a perspectiva da
diversidade de linguas e da variación lingüística.
En sentido xeral, poderíase definir como "a ciencia das interaccións entre a
lingua e o mundo". A axenda dos lingüistas defensores desta nova corrente
teórica pon de relevo o carácter multifacético da lingua na vida dos homes,
abastecéndose tanto de temas xa tratados por distintas disciplinas
lingüísticas coma o bilingüismo e o multilingüismo, a interferencia e o
empréstito lingüístico, os cambios de códigos e de linguas, a
estandarización ou o mantemento das linguas como de preocupacións máis
recentes.
6. DARWINISMO LINGÜISTICO
Ideoloxía que postula que só deben sobrevivir as linguas máis poderosas.
Esta ideoloxía subliña o carácter intrumental das linguas como ferramenta
de comunicación. Considera que a súa importancia está en función da
cantidade de falantes e non valora a dimensión psicosocial das linguas
como elemento de identidade individual e colectiva.
7. LINGUA MAIORITARIA,
MINORITARIA E MINORIZADA
● LINGUA MAIORITARIA: Lingua internacional máis empregada. Na
actualidade é o inglés.
● LINGUA MINORITARIA: Lingua que conta cun reducido número de
falantes.
● LINGUA MINORIZADA: Lingua a que se lle negan as condicións para
poder desenvolverse con normalidade. Atópase nunha situación de
inferioridade ao ver restrinxidos os seus usos públicos e privados.
8. LINGUA OFICIAL, LINGUA
NACIONAL E LINGUA
INTERNACIONAL
● LINGUA OFICIAL: Indica o estatus de determinado idioma como
instrumento de relación entre o sabado e os seus cidadáns
● LINGUA NACIONAL: Lingua creada e usada por un pobo ao longo da súa
historia.
● LINGUA INTERNACIONAL: Lingua que é aprendida amplamente por
individuos que non a posúen como lingua nativa
-Linguas auxiliares internacionais, que poden ser:
Naturais: Nativas dunha comunidade.
Artificiais: Inventadas.
9. LINGUA FRANCA, PIDGIN E
LINGUAS CRIOULAS
● LINGUA FRANCA: É aquela que adoptan persoas dunha área xeográfica
que non teñen a mesma lingua inicial para comunicárense entre si.
● PIDGIN: Lingua xurdida da difusión de características das faladas por
individuos que manteñen contacto como consecuencia do comercio ou de
migracións.
● LINGUAS CRIOULAS: Son pidgins que se esten e pasan a ser lingua inicial
de novas xeracións.
10. DIVERSIDADE LINGÜISTICA DO
ESTADO ESPAÑOL
● Catalán: Idioma románico falado por uns 7.000.000 de persoas repartidas entre catro
comunidades do estado español: O Principat, as Illes Balears, a Comunidade Valenciana
e a franxa de Ponent aragonesa. Na actualidade é unha lingua minorizada con maior
prestixio de Europa.
● Euskera: Usada por máis de 8.000.000 de persoas, que se reparten en varios territorios:
O País Vasco e Nafarroa (Burgos). Na Comunidade Autónoma Vasca é lingua cooficial co
español e en Nafarroa só está presente como idioma cooficial nalgunhas zonas.
● Astur-leonés: Usado sobre todo n contextos orais e informais por unhas 350.000
persoas. A UNESCO cítao como lingua en claro perigo de desaparición.
● Aragonés: De orixe latina, fálano aproximadamente 17.000 persoas dos vales pirenaicos
do Alto Aragón, en contextos orais, familiares e informais
● Aranés: Variante do gascón, ten arredor de 6.000 falantes no Val de Arán, no Pirineo de
Lleida. Obxecto de especial protección por parte das autoridades da Generalitat catalá,
goza do estatus de lingua cooficial, xunto co catalán e o castelán.
● Galego: conta con 3.000.000 de falantes. Na actualidade é unha das linguas minorizadas
con mayor vitalidade, aínda que existe un forte problema de ruptura detransmisión
xeracional. En Zamora e na parte occidental do Bierzo hai unha presenza da lingua no
sistema educativo e un rcoñecemento da sua existencia. En Asturias a súa presena e
máis precaria. Existe tamén unha presenza do noso idoma no Val do Xálima, en Cáceres.
11. GALEGO
É unha lingua romance do subgrupo galaico-portugués falada principalmente
na rexión española de Galicia. Está emparentado co portugués, co que formou
unidade lingüística durante a Idade Media. Dende o reinado dos Reis Católicos
sufriu unha longa etapa de marxinación, chamada Séculos Escuros. Máis tarde
comezou a súa recuperación no século XIX da man do movemento denominado
Rexurdiento. Aínda que volve caer nunha regresión, esta vez franquista.
Despois desta regresión , a lingua galega chega ao último terzo de século XX
cunha acusada tendencia a perda de falantes nos ámbitos urbanos e na
poboación máis nova. Actualmente o galego está presente no ensino, nos
medios de comunicación públicos, na vida administrativa e política.