14. Ecolingüísmo
Expresións de identidade colectiva e individual
Fálannos da historia dunha comunidade, pois son unha creación colectiva
Contribúen ao saber e o coñecemento humano
Son un valioso obxecto de estudo (para saber da súa cración e da de outras)
17. Bilingüismo vs
diglosia
Concepto eminentemente
individual (utópico en realidade),
pois é complicado que unha
sociedade se presente
establemente.
Refírese a coexistencia de
dúas linguas nunha sociedade,
normalemente presenta unha
distribución xerárquica: unha lingua
hexemónica (dominante) para os
usos prestixiados e unha lingua
minorizada par usos informais e
menos prestixiados.
18. Conflito lingüístico
A tensión que se produce entre dúas ou máis linguas dentro dunha mesma
sociedade (e dos seus individuos). Son sempre relacións de desigualdade nas
que o falar unha determinada lingua ten un valor propio na posición social.
19. Linguas maioritarias
Para cuestión numéricas distinguimos entre falantes nativos e falantes
secundarios.
Enténdese por lingua maioritaria aquela máis falada nun determinado territorio
multilingüe. Esta é polo tanto unha definición cambiante e relativa, que non garda
relación directa co número de falantes O castelán é moi falada nos EUA
pero non é a lingua maioritaria. Non obstante, no estado español é lingua
maioritaria.
20. Linguas minoritaria
O 52% das linguas do mundo teñen menos de 10.00 falantes.
O concepto tamén aquí é relativo, o islandes conta con 200000 falantes e non é
unha lingua minoritaria, mentres que unha lingua coma o guaraní en Paraguai
pode considerarse lingua secundaria, a pesar de contar con millóns de falantes.
Concepto cuantitativo > non nos serve para falar doutros problemas
21. lingua minorizada
É aquela lingua que ocupa un lugar menos importante, é dicir, aquela que está
nunha situación de inferioridade dentro dunha comunidade con respecto a outra
lingua.
A vitalidade dunha lingua está afectada por varios factores como:
-A porcentaxe de falantes, o número destes e a transmisión interxeracional.
-O seu estatuto legal e xurídico
-O seu grao de implantación social en ámbitos prestixiados como medios de
comunicación ou redes sociais.
-Etcétera.
22. As linguas minorizadas poden ser de varios tipos, segundo sexa a súa
situación xurídico-legal:
1. Linguas pequenas que son oficiais pero teñen pouca vitalidade: gaélico.
2. Linguas que conviven nun estado con outra lingua como oficial. Xa teñan
estatus legal ou non: sardo vs. corso
3. Linguas de pobos que se estenden por varios estados: éuscaro, kurdo…
24. Lingua oficial, nacional, franca e internacional
Lingua oficial: fai referencia ao estatus legal dunha lingua e a súa relación co
estado.
Lingua nacional: é a que se define como autóctona ou propia. Non ten por que
conicidir coa oficial.
Lingua franca: é a que adoptan persoas dunha área xeográfica con distintos
idiomas para comunicarse entre si. O suahili é un bo exemplo.
Lingua internacional: é unha lingua que os individuos aprenden como segunda
lingua para comunicarse con outras etnias. Normalmente establécese por criterios
extralingüísticos relacionados co poder.
Pode ser unha lingua auxiliar natural ou artificial (o esperanto).
27. A realidade lingüística de Europa
En Europa hai unhas 140 linguas pero só hai cinco estados plurilingües (que
recoñezan a oficialidade de varias linguas con igual estatus): Suíza, Finlandia,
Irlanda, Luxemburgo e Bélxica. Polo tanto a maioría dos cidadáns eurpeos viven
en estados nos que hai varias linguas minorizadas.
O estado español ten uns 40 millóns de cidadáns. Cantos che parece que viven
nun territorio multilingüe?
29. A CARTA EUROPEA DAS LINGUAS MINORITARIAS OU REXIONAIS
En materia de linguas rexionais ou minoritarias, nos territorios nos que estas linguas son utilizadas e segundo a situación de
cada lingua, as partes fundamentan a súa política, a súa lexislación e a súa práctica nos obxectivos e principios seguintes:
a) o recoñecemento das linguas rexionais ou minoritarias en canto expresión da riqueza cultural;
b) o respecto da área xeográfica de cada lingua rexional ou minoritaria, procedendo de xeito que as
divisións administrativas existentes ou novas non constitúan un obstáculo á promoción desta lingua
rexional ou minoritaria;
c) a necesidade dunha acción decidida de promoción das linguas rexionais ou minoritarias co fin de
salvagardalas;
d) a facilitación e/ou fomento do uso oral e escrito das linguas rexionais ou minoritarias na vida pública e
na vida privada
(…)
30. Carta europea das linguas minoritarias o rexionais
https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/equipos-de-dinamizacion-da-lingua-
galega/publicacions/_/contido_1167/carta-europea-para-linguas-rexionais-
minoritarias-actividades-para-aula
https://www.eldiario.es/galicia/carta-europea-lenguas-incumplimientos-
galicia_1_5480455.html
32. O estado español
O estado español é plurilingüe desde a súa orixe mesma, aínda que esta rica
realicade só tivo recoñecemento a partir da Constitución de 1978:
Art. 3.1.- O castelán é a lingua española oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de
coñecela e o dereito de usala.
Art. 3.2.- As demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades
Autónomas de acordo cos seus Estatutos.
Art. 3.3.- A riqueza das distintas modalidades lingüísticas de Españaé un patrimonio cultural que
será obxecto de especial respectoe protección.
34. Castelán
É a lingua oficial do estado e conta con 450
millóns de falantes repartida por varios
continentes.
Pódese dicir que case a totalidade dos
cidadáns do estado coñecen esta lingua.
35. Catalán
Ten uns 12 millóns de falantes potenciais
repartidos en territorios do estado: Cataluña,
Valencia, Aragón, Baleares…
Tamén é unha lingua falada noutros tres estados
europeos: Francia, Andorra e Italia.
Os procesos de inmersión lingüística, entre
outras cousas, fixo que sexa unha das linguas
minorizadas máis puxantes de europa
É lingua oficial dun estado (Andorra) e ten
recoñecemento legal en case todo o seu
territorio, salvo Francia e Aragón.
36. Éuskaro ou euskera
Fálase dunha comunidade de 700.000 eukaldúns (falantes
de éuskaro) dentro do estado, aínda que hai outra
comunidade de 70.000 falantes no Iparralde frances.
É a única lingua da súa contorna que non descende do
latín.
Era unha lingua moi fragmentada pero que no século XX
aínda falaba a maioría da poboación, a partir de entón a
emigración e as políticas centralistas. Hoxe en día volve
estar en auxe, sobre todo entre a xente máis nova.
Só en Euskadi e parte de Nafarroa ten recoñecemento
oficial.
37. Astur-leonés
Ao ser unha lingua veciña do Castelán
rapidamente marxinalizada por esta. Mantén uns
500.000 falantes en Asturias (25%) en León,
Seabra, Algunhas zonas de Cantabria, Miranda do
Douro e parece ser que nalgunhas zonas de
Estremadura.
Carece de estatus legal no estado, aínda que a
iniciativa a favor da oficialidade conta con moito
apoio.
Pola contra si que é unha lingua recoñecida en
Portugal, en Miranda do douro.
38. O aragonés
É a lingua románica nos vales do Alto Pirineo
pero é unha lingua con serio perigo de
desparición segundo a UNESCO: só a falan
unhas 12000 persoas e coñécena outras 35000.
Aínda que foi unha lingua con certa extensión e
notoriedade (lingua notarial e xurídica) a súa
proximidade ao castelán fixo que entrase axiña en
declive.
O seu grao de protección é moi baixo, aínda que
ten presenza no ensino en determinados
concellos.
39. Aranés
Trátase dunha variante do Occitano (lingua en
franca recesión en Francia). Conta con 6000
falantes no Val de Arán, Pirineo aragonés.
No seu territorio goza do caracter de coofical,
xunto co catalán e o castelán e desde o 2010 no
Principat de Andorra.
Aínda que a súa porcentaxe de falantes é baixa, é
moito máis alta que a do occitano.
40. O galego e a lusofonía
Aínda que o galego é hoxe en día unha lingua
estudada en varias partes do mundo (hai lectores de
galego en universidades de todo o mundo), realmente o
que lle pode dar unha dimensión máis internacional á
nosa lingua é a lusofonía, o conxunto de países que
falan portugués e que abrangue unha comunidade de
250 millóns de persoas.
Politicamente levamos separados de Portugal por volta
de 800 anos, pero os lazos que nos unen con Portugal
e Brasil son aínda fortes: as relacións comerciais na
raia, a emigración a Lisboa e posteriormente a Brasil e,
na actualidade, a inmigración…
41. O galego e a lusofonía
As oportunidades que nos ofrece a lusofonía
hoxe en día son moitas e moi variadas:
● Achegas culturais
● Oportunidades laborais
● Posibilidade de importar e exportar
produtos culturais: series, películas,
libros…
● Todo tipo de contido dixital: vídeos,
presentacións, aplicacións, páxinas…