Prexuízo: O galego non o fala ninguén

868 views

Published on

Traballo sobre os prexuízos elaborado por Sarela Betanzos, 3ESO-D

Published in: Education
0 Comments
2 Likes
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
868
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
25
Actions
Shares
0
Downloads
2
Comments
0
Likes
2
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Prexuízo: O galego non o fala ninguén

  1. 1. PREXUÍZO:O GALEGO NON O FALA NINGUÉNSARELA BETANZOS (3D)
  2. 2. O GALEGO NON O FALA NINGUÉNEXPLICACIÓN: Este prexuízo consiste en que algunhas persoas cren, e fan crer aosdemais, que o galego o falan moi poucas persoas, dando a entender que éunha lingua minoritaria e moi pouco importante que está en vías de extinción.Esta forma de pensar é moi común entre as clases sociais altas quedesprezan o galego por consideralo de ignorantes e campesiños e que, concomentarios como “o galego non o fala ninguén”, pretenden ridiculizar eminorizar o galego e aos seus falantes. Pero este prexuízo tamén se dá entre os galegofalantes que,presionados pola opinión social, consideran a súa lingua vulgar e caseextinta. Por isto, en moitas ocasións, renuncian á súa lingua para utilizarunha lingua que consideran máis comercial e que será entendida por todos,o castelán.ARGUMENTOS EN CONTRA DO PREXUÍZO: Dentro de España existen diversas Universidades que impartencontidos en galego en Alacant, Barcelona, Bilbao, Estremadura, Granada,Madrid, Salamanca, Vitoria-Gasteiz. Ademais de ser usado en Galiza, o galego é falado e permítese a súaensinanza en El Bierzo (Provincia de León) e nunha pequena zona deZamora chamada Las Portillas ambas de Castela e León, según un acordoentre a Consellería de Educación da Xunta e a Consellería de Educación deCastela e León. Hai un total de 50 concellos que, total ou parcialmente, teñen o galegocomo lingua propia fóra de Galicia, deles 19 están en Asturias, 28 en Castelae León e 3 en Estremadura Existen 844 alumnos en nove municipiosbercianos que xa estudian a lingua galega como lingua optativa ao cargo de49 profesores. Unha enquisa lingüística realizada en 2003 en Cataluña polo seugoberno autónomo revelaba falantes de galego na comunidade autónoma, esituaba en 61.400 os habitantes cataláns que consideraban ao galego comoprimeira lingua, 21.000 os que a consideraban lingua propia e 11.300 os quea consideraban lingua habitual. Sete institutos imparten a materia de galegooptativa como segunda lingua moderna (datos do curso 2010-2011). En relación ao número de habitantes o galego ocupa o posto 160 nalista mundial, na cal se inclúen máis de 6.700 idiomas.
  3. 3.  Na actualidade, o galego é obxecto de estudo en máis de corentauniversidades de América, Asia, Europa e mesmo Oceanía.. A maior partedelas contan con lectores -licenciados en Filoloxía Galega-,.asentados endepartamentos coñecidos como Centro de Estudos Galegos, que impartenmaterias de lingua galega adaptadas ás necesidade do alumnado de cadauniversidade (gramática histórica, cursos de conversa, cursos de lingua ebcivilizació,etc.) Galego na ensinanza obrigatoria fóra de España: en Arxentina, noSantiago Apóstol, de Bos Aires; en Reino Unido, no colexio Vicente CañadaBlanch, de Londres; en Caracas, Venezuela, no colexio Castelao. E a pesares dos prexuízos, da deixadez e das actitudes negativascontra o galego unha enquisa realizada en 2008 revela que son máis osgalegos que falan sempre en galego, o 30%, frente aos que din falar só encastelán, o 20%, a mesma enquisa revela que o 26% da poboación galegafala máis galego ca castelán, frente ao 22% que din falar máis castelán cagalego.CONCLUSIÓN: A lingua galega é a lingua utilizada habitualmente por máis da metadedos haitantes de Galicia, e non só iso, ademais tamén é coñecida e falada anivel nacional ( en Asturias, Barcelona, Castela e León, Estremadura) e anivel internacional ( en Polonia, Alemaña, Arxentina, Brasil, Chile Croacia,Estados Unidos, Finlandia, Francia Hungría, Italia, Irlanda, Portugal, ReinoUnido e Rusia). Ademais de compartir raíces cun idioma que é falado por 170millóns de habitantes nos cinco continentes ocupando o posto 7 da lista delinguas máis faladas do mundo, o portugués. Polo tanto a frase “o galego nono fala ninguén” ten unha clara intención negativa e daniña contra o galego,ademais de ser totalmente falsa. Os galegos e as galegas e especialmenteos mozos e as mozas debemos defender a nosa lingua, utilizándoa eloitando por que non sexa derrubada por prexuízos que existen nasociedade.FONTES:http://www.lavozdegalicia.es/galicia/2010/04/16/0003_8421321.htmhttp://gl.wikipedia.org/wiki/Lingua_galegahttp://www.xunta.es/linguagalega/galego_no_mundoAUTORA: Sarela Betanzos Freire 3ºD nº1

×