1. MENTA
Na miña casa temos un tipo de planta medicinal: a menta.
A menta é unha planta herbácea (que ten natureza ou cualidades da
herba) de rizomas (talos horizontales) subterráneos entrelazados, dos que
nacen numerosos talos de 80 cm. de altura con follas lanceoladas, de
aspecto serrado e peludo e de cor verde.
Florece en verán e as súas follas son de cor violeta.
Os seus froitos son tetraquenios.
O seu olor é moi característico e penetrante e o seu aromático sabor
deixa unha sensación de frescor.
Unha vez plantada ela soa conservase e busca onde acomodarse.
Usos medicinais:
Mellora a dixestión e reduce diarreas.
A menta é tamén un excelente colagogo (dito dunha sustancia ou dun
medicamento que provoca a evacuación da bilis) e espasmolítico suave
(sustancia que relaxa a musculatura lisa e elimina os espasmos) adecuado na
inflamación da vesícula, nerviosismo, insomnio, cambras, vértixes, xaquecas
e mareos.
2. Ten un lixeiro poder antiséptico e bactericida, é util nas inflamacións
da larinxe, bronquite, en inflamacións contra o catarro e arrefriados.
Cultivo, floración e colleita:
Adaptase a todo tipo de chans, aínda que os prefire fértiles e ben
drenados. Soporta climas extremos e é resistente ás xeadas, aínda que a
mellor producción provén de climas mornos.
·As follas deben recollerse con tempo cálido e soleado: poñerse a secar
nunha corrente de aire (que pode ser artificial) a unha temperatura máxima
de 25ºC.
·A mellor tempada para cultivar a menta é en primavera-verán.
·Unha vez recollida a menta teremos que evitar que se humedeza co
orballo e as chuvias, por que se deteriora.
A ESTRUGA
Preto da miña casa hai unha planta medicinal que se chama: estruga.
A estruga é unha planta herbácea perenne de preto dun metro de
altura, encrespada de pelos tesos e recios tanto no talo coma nas follas que
son as responsables do forte proído que se produce ao rozar a pel cunha
desas plantas.
Ten o talo cadrado, recto e ahuecado e as súas follas son de figura
ovalada ou lanceolada, con grosos dentes.
As flores aparecen en pés machos ou femias e son verdosas, miúdas,
agrupándose en racimillos colgantes.
Froito seco.
Usos medicinais:
3. Antihemorráxica, tanto para hemorraxias internas como externas,
regras abundantes,…. Un bo remedio no campo ante unha ferida imprevista é
colocar un emplasto de follas de estruga que previamente machacásemos.
Tamén actúa no caso dunha hemorraxia nasal.
Anti-anémica: sobre todo nas carencias de vitaminas e de minerais.
Contén vitamina B5, B2, B1, C, E, e K; sales de ferro, silíceo, cloro, cobre,
cinc, manganeso e níquel.
É un bo remineralizante e reconstituínte. Utilízase nas diarreas que se
producen por inflamación da mucosa dos intestinos.
Diurética e depurativa: elimina cloruros e a urea e polo tanto resulta
eficaz en enfermidades como: cistite, uretrite, litise renal,protatitis, gota,
hipertensión, edemas, sobrepeso producido por problemas de retención de
líquidos, exceso de colesterol, reumatismo, diabete, etc.
Uso externo: en dermatite seborréica, caída do cabelo, etc.
Cultivo, floración e colleita:
Recóllese preferentemente nos meses de maio, xuño, xullo e agosto
aínda que non hai problema en recollela ao longo de todo o ano.
Polo seu poder urticante recollerase sempre con luvas e cortaranse só
os talos novos e sans.
Secarase á sombra e ben extendida.
As raíces recóllense en primavera (marzo) e en outono (novembro).
Florece do mes de xullo en diante.