1. PLANTAS CURATIVAS
As plantas curativas serven para moitas cousas. Como facer medicinas,
curar as feridas, tamén para facer cápsulas, comprimidos, elixir,
infusións, xarope, ungüento e tintura.
Eu na miña casa teño aloe vera, o aloe vera é unha planta orixinaria das
rexións secas do norte de África. Posúe un talo moi curto, aumenta de
tamaño en altura a medida que van colleitándose as súas follas, unha
raíz grosa, con nós e de gran lonxitude, adaptación da planta para unha
mellor busca da auga. A follas están dispostas en forma de roseta e son
alongadas e triangulares.
E serve para moitas cousas, o secreto do poder curativo está no
vigoroso efecto que producen os seus principais activos ao
interactuar. Non e doado encontrar na natureza unha planta que
reúna tantas propiedades beneficiosas para a saúde en xeneral e
para a pel en particular. Se lle atribúen, entre outras, a de inhibidora
da dor, rexeneradora, celular, emoliente, cicatrizante, coagulante,
hidratante, antialerxia, bactericida, antiviral, desinfectante,
antiinflamatoria, astrinxente e laxante.
O aloe vera aplicase especial mente para o coidado da pel, tanto
para a protección do sol, como cicatrización de pequenas feridas,
aliviando de picaduras e mordeduras de insectos, cortes, urticaria,
acne, reacciones alérxicas, ronchas, fístulas e eccemas, entre outras
afecciones.
Jessica Rodríguez Fermín 3º E