SlideShare a Scribd company logo
1 of 4
Download to read offline
Trece anos parecen moito se lle contas a alguén que estiveches na mesma escola, coa
mesma xente e nos mesmos lugares, e diranche que 13 anos son moitos, que debes estar
canso xa da mesma rutina e dos mesmos hábitos todos os días, que deberías ir a un novo
lugar e coñecer nova xente. É así, non o nego, está ben cambiar de aires, recorrer o
mundo, é lei de vida e todos temos que sufrilo, pero non é fácil.
Non é fácil deixar atrás todo o vivido; en infantil os contos que nos lían Estela e Carolina,
os xogos que nos preparaba Verónica con pedras e o mate que sabía tan mal, deixaron un
recordo inesquecible en nós, igual que o cagatió que nos ensinou a nai de Álex. Os magostos
no parque de Vilachá, as excursións a Marcelle, ao acuario, ao museo de Belas Artes, os
xogos da clase como as cocinitas, construcións, puzzles, bonecos e o oso Tedy. E os cumples,
menudos cumples! Aquelas tartas de Nocilla con gominolas tan ricas que nos preparaban as
profes e as merendas con galletas María. Todo isto será imborrable, ao igual que todos os
miles de recordos que non nomeamos, pero seguirán impresos na nosa memoria.
Ao chegar a primaria atopámonos con Susana, que a pesar das súas esixencias inculcounos
moitos coñecementos. Pero como todo ten a súa parte mala; os recreos castigados, as
contas interminables, os exames de xeografía de 0 ou 10... Os que máis a sufriron foron
Ángel, Iván, Carlos e Torrado; porque os moi trastes non paraban de facer todo o que non
deberían de facer. Catro anos deron para moito, tanto foi que ocupará por sempre un oco
nas nosas memorias.
Pasamos a 5º e coñecemos a Ana, coa que só estivemos un ano cheo de bos momentos e
aprendizaxes. No seguinte curso chegou de Lugo Yoli, a nosa querida profe Yoli, a que nos
ensinou un montón de novos coñecementos e a amar o cine.
No noso paso por primaria tampouco nos esqueceremos de Pilar, Carlos, Luís, Mercedes,
Begoña, Sara, Ricardo e moitos outros profes e substitutos.
Coa chegada á ESO todo cambiou, empezando polas escaleiras, xa que nos tocaría subir por
outras moi distintas que nos levarían a vivir novas experiencias.
Empezamos xa forte, coa entrada do señor Alfonso na nosa clase para facernos o que sería
o primeiro ¨odiotest¨ da nosa vida. Este mesmo, foi o que exerceu de cura para casarnos
cun dos nosos compañeiros e adoptar os verbos. A nosa vinganza foi terrible, pois o curso
de 3º baseouse en esconderlle o maletín en diferentes lugares que nunca logrou descubrir.
Despois chegou a clase de mate, na cal esgotamos a paciencia de Pedro en repetidas
ocasións. Xa no curso seguinte, desde Rábade para o mundo, a señorita Ángeles. Coa súa
inesgotable paciencia, ata que a porta quedou pechada en 4º.
Deseguido entrou Carmen Espiñeira, xa alertados nós polo inconfundible ruído dos seus
tacóns aproximándose. Nese verán mudou a dirección do centro, e así Miriam comezou a
darnos clase, nas que a aburrimos coas nosas barbaridades. Entre difíciles clases de sintaxe
e literatura sempre destacou o seu gusto por Jorge Manrique e as súas inquedanzas por
saber se a impresora posuía tinta. E por suposto, sempre recordaremos con moito cariño a
Nuria, a súa substituta.
Non esqueceremos as duras clases de EF de Pilar, continuadas polas de Teresa, que aínda
que semellaban ser máis sinxelas, non o eran.
Para aprender o idioma dos nosos veciños, empezou a reforzar as bases do edificio que
constitúe o francés, Tita; cos seus tacóns e a súa música relaxante nos momentos menos
indicados. Para rematar esta etapa co francés, chegou Sonia co seu extenso vocabulario e
as súas crepes e famosas cancións.
Para cambiar de idioma e achegarnos máis á cultura anglosaxoa, Carmen amenizaba as
nosas clases todas as semanas. E grazas a Soraya, afianzamos os nosos coñecementos para
o futuro.
Xa dende infantil xogaba connosco mentres nos ensinaba a cultura da India. Verónica
conseguía que tocar instrumentos fose unha maneira de desfrutar da música. Ademais
soubo como inculcarnos valores a través das miles de actividades realizadas. Logo da
chegada de Ulises, apareceu dende a Arxentina, Daniel, ao que lle tivemos que explicar que
os Maios son imprescindibles ano a ano.
Coa súa insaciable paciencia, os seus agobios, as súas sonoras chaves e os seus coloridos
calcetíns, Fandiño sabía como facer que nos interesase a Bioloxía. Os seus esquemas, os seus
reloxos e o seu laboratorio ben ordenado. Cousa que cambiou coa chegada de David e os
seus espléndidos debuxos. Tamén nos ensinou a crear ecosistemas da zona.
A creatividade dos vídeos de Yoli acompañaranos no noso futuro xunto co sabor dos
caramelos que nos daba.
Dende aqueles proxectos en 2º ata as instalacións eléctricas dun fogar. Coa súa simpatía e
os seus vaciles, Manuel deixa en nós unha marca moi importante, xa que antes de ser
profesor, é unha gran persoa.
Os proxectos de PI e as clases de titoría dos venres pola tarde foron o comezo dun camiño
cheo de cores, regras, láminas e miles de traballos, Marta soubo ser unha gran profesora
de Plástica.
Por último, pero non por iso menos importante, quédanos Teresa, a nosa profesora de
Xeografía e Historia, que non só exerceu diso; soubo coñecernos e saber guiarnos cando
máis o necesitabamos. Ensinounos máis que a ser alumnos, ensinounos a ser persoas, a
perseguir os nosos soños e a non renderse xamais.
Deixou en nós unha marca imborrable, e por iso, dámoslle as grazas a ela e a todos os
nomeados; xa que grazas a eles somos como somos, unha pequena gran familia. Estas
paredes foron testemuñas de todo o vivido e de todo o que nunca esqueceremos, xa que
entres elas soubemos formarnos e aprender moito máis que o que aparece nos libros.
Ímonos con miles de sorrisos e algunha que outra bágoa, pero recordaremos con moito
cariño esta gran etapa con todo o que nos levamos dela.
Non podemos marchar sen agradecerlles aos alumnos/as e profesores que traballaron para
organizar a nosa despedida.
Grazas a todos por todo.
Os alumnos/as de 4º ESO. 2016/2017

More Related Content

What's hot

10. cambio de etapa
10.  cambio de etapa10.  cambio de etapa
10. cambio de etapasatelite1
 
12. os nenos son os mellores mestres
12.  os nenos son os mellores mestres12.  os nenos son os mellores mestres
12. os nenos son os mellores mestressatelite1
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedessatelite1
 
4. comezo dunha longa etapa
4.  comezo dunha longa etapa4.  comezo dunha longa etapa
4. comezo dunha longa etapasatelite1
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezsatelite1
 
Comezar polo principio
Comezar polo principioComezar polo principio
Comezar polo principiosatelite1
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Manuel Busto
 
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguezsatelite1
 
2. a escola da galicia rural de 1950-60
2.  a escola da galicia rural de 1950-602.  a escola da galicia rural de 1950-60
2. a escola da galicia rural de 1950-60satelite1
 
Crónica do acto
Crónica do actoCrónica do acto
Crónica do actosatelite1
 
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anossatelite1
 
11. a importancia da escrita
11.  a importancia da escrita11.  a importancia da escrita
11. a importancia da escritasatelite1
 
5. tocoume terceiro de e.x.b.
5.  tocoume terceiro de e.x.b.5.  tocoume terceiro de e.x.b.
5. tocoume terceiro de e.x.b.satelite1
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40xurxobou
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012radiorasca
 

What's hot (20)

Revista junta
Revista juntaRevista junta
Revista junta
 
10. cambio de etapa
10.  cambio de etapa10.  cambio de etapa
10. cambio de etapa
 
12. os nenos son os mellores mestres
12.  os nenos son os mellores mestres12.  os nenos son os mellores mestres
12. os nenos son os mellores mestres
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedes
 
4. comezo dunha longa etapa
4.  comezo dunha longa etapa4.  comezo dunha longa etapa
4. comezo dunha longa etapa
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzález
 
Comezar polo principio
Comezar polo principioComezar polo principio
Comezar polo principio
 
Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13Revista A Batea nº 13
Revista A Batea nº 13
 
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
40 aniversario do cpi virxe da cela alba rodríguez
 
2. a escola da galicia rural de 1950-60
2.  a escola da galicia rural de 1950-602.  a escola da galicia rural de 1950-60
2. a escola da galicia rural de 1950-60
 
Crónica do acto
Crónica do actoCrónica do acto
Crónica do acto
 
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos1. acepto a invitación  ós sesenta e sete anos
1. acepto a invitación ós sesenta e sete anos
 
11. a importancia da escrita
11.  a importancia da escrita11.  a importancia da escrita
11. a importancia da escrita
 
Coñecendo a mateo
Coñecendo a mateoCoñecendo a mateo
Coñecendo a mateo
 
Eva
EvaEva
Eva
 
5. tocoume terceiro de e.x.b.
5.  tocoume terceiro de e.x.b.5.  tocoume terceiro de e.x.b.
5. tocoume terceiro de e.x.b.
 
Coñecendo a marta
Coñecendo a martaCoñecendo a marta
Coñecendo a marta
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Bokaneir@s
Bokaneir@sBokaneir@s
Bokaneir@s
 

Similar to Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017

Similar to Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017 (20)

A voz do xestal
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
 
Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009Retallos. nº 2. 2009
Retallos. nº 2. 2009
 
Revista comprimida
Revista comprimidaRevista comprimida
Revista comprimida
 
Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017
 
Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Faladurías
FaladuríasFaladurías
Faladurías
 
A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015A voz da escola. Curso 2014-2015
A voz da escola. Curso 2014-2015
 
REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12REVISTA ESCOLAR 2011-12
REVISTA ESCOLAR 2011-12
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014
 
Ceip Celso Emilio Ferreiro
Ceip Celso Emilio FerreiroCeip Celso Emilio Ferreiro
Ceip Celso Emilio Ferreiro
 
Carta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzálezCarta escola antonio gonzález
Carta escola antonio gonzález
 
Cultural news
Cultural newsCultural news
Cultural news
 
Despedida 6º 2011 2012
Despedida 6º 2011  2012Despedida 6º 2011  2012
Despedida 6º 2011 2012
 
Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020Chorimas nº 14- 2020
Chorimas nº 14- 2020
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015
 
Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016Revista Argalladas 2015/ 2016
Revista Argalladas 2015/ 2016
 
Revista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdfRevista anduriña. pdf
Revista anduriña. pdf
 
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
Revista Rañolas Nº 3 - Abril 2007 (IES OTERO PEDRAYO - OURENSE)
 
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
 

More from Yolanda Castro

CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUALCHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUALYolanda Castro
 
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURABOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURAYolanda Castro
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundariaCarballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundariaYolanda Castro
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020Yolanda Castro
 
Bases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatosBases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatosYolanda Castro
 
través del podes desatar a túa imaxinación
 través del podes desatar a túa imaxinación través del podes desatar a túa imaxinación
través del podes desatar a túa imaxinaciónYolanda Castro
 
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Yolanda Castro
 
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaManifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaYolanda Castro
 
La silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoLa silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoYolanda Castro
 
A cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoA cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoYolanda Castro
 
Plantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoPlantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoYolanda Castro
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoYolanda Castro
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Yolanda Castro
 
Ecoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaEcoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaYolanda Castro
 
My reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaMy reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaYolanda Castro
 
My experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaMy experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaYolanda Castro
 
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoPrograma xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoYolanda Castro
 
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroManifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroYolanda Castro
 

More from Yolanda Castro (20)

CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUALCHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
CHROMA KEY. UN RECURSO PARA O AUDIOVISUAL
 
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURABOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
BOOK TRAILER UNHA ESTRATEXIA  DE ANIMACIÓN Á LECTURA
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundariaCarballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
Carballo Calero. Letras Galegas 2020. Carteis secundaria
 
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020Carballo Calero. Letras Galegas 2020
Carballo Calero. Letras Galegas 2020
 
Bases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatosBases concurso microrrelatos
Bases concurso microrrelatos
 
través del podes desatar a túa imaxinación
 través del podes desatar a túa imaxinación través del podes desatar a túa imaxinación
través del podes desatar a túa imaxinación
 
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
Manifesto no Día dos Dereitos dos Nen@s e en contra la Violencia de Xénero.
 
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da celaManifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
Manifesto carreira solidaria 2019. cpi virxe da cela
 
La silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustradoLa silla roja cuento ilustrado
La silla roja cuento ilustrado
 
The red chair
The red chairThe red chair
The red chair
 
A cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustradoA cadeira vermella conto ilustrado
A cadeira vermella conto ilustrado
 
Revista albares 2019
Revista albares 2019Revista albares 2019
Revista albares 2019
 
Plantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiagoPlantilla percorrido de santiago
Plantilla percorrido de santiago
 
Unidade didactica entroido
Unidade didactica entroidoUnidade didactica entroido
Unidade didactica entroido
 
Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019Monfero manifesto paz 2019
Monfero manifesto paz 2019
 
Ecoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y MartaEcoactive por Pablo y Marta
Ecoactive por Pablo y Marta
 
My reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatiaMy reflection about the erasmus to croatia
My reflection about the erasmus to croatia
 
My experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatiaMy experience learning about ecology in croatia
My experience learning about ecology in croatia
 
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. MonferoPrograma xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
Programa xx asamblea red de centros solidarios. cpi Virxe da Cela. Monfero
 
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de XéneroManifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Manifesto Día Internacional contra a Violencia de Xénero
 

Discurso despedida dos alumnos/as de 4º ESO. promoción 2017

  • 1. Trece anos parecen moito se lle contas a alguén que estiveches na mesma escola, coa mesma xente e nos mesmos lugares, e diranche que 13 anos son moitos, que debes estar canso xa da mesma rutina e dos mesmos hábitos todos os días, que deberías ir a un novo lugar e coñecer nova xente. É así, non o nego, está ben cambiar de aires, recorrer o mundo, é lei de vida e todos temos que sufrilo, pero non é fácil. Non é fácil deixar atrás todo o vivido; en infantil os contos que nos lían Estela e Carolina, os xogos que nos preparaba Verónica con pedras e o mate que sabía tan mal, deixaron un recordo inesquecible en nós, igual que o cagatió que nos ensinou a nai de Álex. Os magostos no parque de Vilachá, as excursións a Marcelle, ao acuario, ao museo de Belas Artes, os xogos da clase como as cocinitas, construcións, puzzles, bonecos e o oso Tedy. E os cumples, menudos cumples! Aquelas tartas de Nocilla con gominolas tan ricas que nos preparaban as profes e as merendas con galletas María. Todo isto será imborrable, ao igual que todos os miles de recordos que non nomeamos, pero seguirán impresos na nosa memoria. Ao chegar a primaria atopámonos con Susana, que a pesar das súas esixencias inculcounos moitos coñecementos. Pero como todo ten a súa parte mala; os recreos castigados, as contas interminables, os exames de xeografía de 0 ou 10... Os que máis a sufriron foron Ángel, Iván, Carlos e Torrado; porque os moi trastes non paraban de facer todo o que non deberían de facer. Catro anos deron para moito, tanto foi que ocupará por sempre un oco nas nosas memorias. Pasamos a 5º e coñecemos a Ana, coa que só estivemos un ano cheo de bos momentos e aprendizaxes. No seguinte curso chegou de Lugo Yoli, a nosa querida profe Yoli, a que nos ensinou un montón de novos coñecementos e a amar o cine.
  • 2. No noso paso por primaria tampouco nos esqueceremos de Pilar, Carlos, Luís, Mercedes, Begoña, Sara, Ricardo e moitos outros profes e substitutos. Coa chegada á ESO todo cambiou, empezando polas escaleiras, xa que nos tocaría subir por outras moi distintas que nos levarían a vivir novas experiencias. Empezamos xa forte, coa entrada do señor Alfonso na nosa clase para facernos o que sería o primeiro ¨odiotest¨ da nosa vida. Este mesmo, foi o que exerceu de cura para casarnos cun dos nosos compañeiros e adoptar os verbos. A nosa vinganza foi terrible, pois o curso de 3º baseouse en esconderlle o maletín en diferentes lugares que nunca logrou descubrir. Despois chegou a clase de mate, na cal esgotamos a paciencia de Pedro en repetidas ocasións. Xa no curso seguinte, desde Rábade para o mundo, a señorita Ángeles. Coa súa inesgotable paciencia, ata que a porta quedou pechada en 4º. Deseguido entrou Carmen Espiñeira, xa alertados nós polo inconfundible ruído dos seus tacóns aproximándose. Nese verán mudou a dirección do centro, e así Miriam comezou a darnos clase, nas que a aburrimos coas nosas barbaridades. Entre difíciles clases de sintaxe e literatura sempre destacou o seu gusto por Jorge Manrique e as súas inquedanzas por saber se a impresora posuía tinta. E por suposto, sempre recordaremos con moito cariño a Nuria, a súa substituta. Non esqueceremos as duras clases de EF de Pilar, continuadas polas de Teresa, que aínda que semellaban ser máis sinxelas, non o eran. Para aprender o idioma dos nosos veciños, empezou a reforzar as bases do edificio que constitúe o francés, Tita; cos seus tacóns e a súa música relaxante nos momentos menos indicados. Para rematar esta etapa co francés, chegou Sonia co seu extenso vocabulario e as súas crepes e famosas cancións. Para cambiar de idioma e achegarnos máis á cultura anglosaxoa, Carmen amenizaba as nosas clases todas as semanas. E grazas a Soraya, afianzamos os nosos coñecementos para o futuro.
  • 3. Xa dende infantil xogaba connosco mentres nos ensinaba a cultura da India. Verónica conseguía que tocar instrumentos fose unha maneira de desfrutar da música. Ademais soubo como inculcarnos valores a través das miles de actividades realizadas. Logo da chegada de Ulises, apareceu dende a Arxentina, Daniel, ao que lle tivemos que explicar que os Maios son imprescindibles ano a ano. Coa súa insaciable paciencia, os seus agobios, as súas sonoras chaves e os seus coloridos calcetíns, Fandiño sabía como facer que nos interesase a Bioloxía. Os seus esquemas, os seus reloxos e o seu laboratorio ben ordenado. Cousa que cambiou coa chegada de David e os seus espléndidos debuxos. Tamén nos ensinou a crear ecosistemas da zona. A creatividade dos vídeos de Yoli acompañaranos no noso futuro xunto co sabor dos caramelos que nos daba. Dende aqueles proxectos en 2º ata as instalacións eléctricas dun fogar. Coa súa simpatía e os seus vaciles, Manuel deixa en nós unha marca moi importante, xa que antes de ser profesor, é unha gran persoa. Os proxectos de PI e as clases de titoría dos venres pola tarde foron o comezo dun camiño cheo de cores, regras, láminas e miles de traballos, Marta soubo ser unha gran profesora de Plástica. Por último, pero non por iso menos importante, quédanos Teresa, a nosa profesora de Xeografía e Historia, que non só exerceu diso; soubo coñecernos e saber guiarnos cando máis o necesitabamos. Ensinounos máis que a ser alumnos, ensinounos a ser persoas, a perseguir os nosos soños e a non renderse xamais. Deixou en nós unha marca imborrable, e por iso, dámoslle as grazas a ela e a todos os nomeados; xa que grazas a eles somos como somos, unha pequena gran familia. Estas paredes foron testemuñas de todo o vivido e de todo o que nunca esqueceremos, xa que entres elas soubemos formarnos e aprender moito máis que o que aparece nos libros.
  • 4. Ímonos con miles de sorrisos e algunha que outra bágoa, pero recordaremos con moito cariño esta gran etapa con todo o que nos levamos dela. Non podemos marchar sen agradecerlles aos alumnos/as e profesores que traballaron para organizar a nosa despedida. Grazas a todos por todo. Os alumnos/as de 4º ESO. 2016/2017