SlideShare a Scribd company logo
1 of 3
Download to read offline
Proposta de accións ao redor de Valentín Paz Andrade
http://coordinadoraendl.org/empresaengalego/
PROPOÑEMOS
1. Aproveitar a figura de Valentín Paz Andrade e a súa vinculación co mundo da
empresa e do comercio para dirixir unha campaña de normalización nestes ámbitos.
2. Fomentar a coordinación entre os equipos para que potencien o uso do idioma nun
mesmo ámbito sectorial e con accións concretas e eficaces.
PRETÉNDESE
1. Lanzar a mensaxe de que o uso do galego vai moito máis alá do aspecto cultural e
identitario, e que resulta eficaz como motor económico.
2. Animar os equipos dos centros para que a súa acción incida sobre a súa contorna.
3. Enfocar a acción normalizadora, na medida do posible, cara a empresas e marcas
asociadas a sectores innovadores.
4. Concienciar o alumnado da necesidade de reclamaren, en canto consumidores/as, a
presenza de produtos e ofertas comerciais en galego.
5. Animar os sectores comerciais e empresariais máis próximos á cidadanía a que usen
o galego como sinal de proximidade ao cliente, e tamén como marca distintiva de
calidade.
6. Concienciar os dirixentes das empresas de que a lingua constitúe un valor engadido
na difusión e comercialización dos seus produtos.
COMO HABERÍA QUE FACELO?
A continuación, propoñemos unha serie de accións acompañadas do material necesario para
levalas adiante. Cada equipo escolle, segundo as súas posibilidades e/ou recursos unha (ou
varias) para desenvolvelas. As accións non teñen por que ser excluíntes (algunhas incluso se
complementan) e están ordenadas de menos a máis “laboriosas”.
AS ACCIÓNS
Acción I: Enviar ás empresas mensaxes persuasorias para empregar o galego
Podedes imprimir o seguinte tríptico (http://ir.gl/4e112d) e facérllelo chegar ás empresas da
contorna do centro. Se queredes podedes seleccionar parte da información ou elaborar outra
que vos pareza máis axeitada e mais facer vós un documento (tríptico, díptico, folla
voandeira...) que lles fagades chegar ás empresas dándolles razón para empregar o galego.
Acción II: Elaborar materiais para repartir entre as empresas da contorna (carteis,
adhesivos, pousavasos...)
De modo xenérico, propoñemos o uso dun lema común:
“Fabricamos futuro, producimos galego”
Este lema, por suposto, pode cambiarse ou adaptarse ás necesidade específicas de cada
equipo, segundo os seus intereses ou necesidades, pero sempre debería ofrecer un enfoque
positivo e moderno, que abra portas e que non provoque rexeitamento social.
Ademais, podedes enviar mensaxes a ámbitos específicos. A seguir, ofrecemos algúns
exemplos de lemas adaptados a sectores concretos:
 A LINGUA, PAN PARA A BOCA (panadarías)
 LINGUA CON GUSTO, ESPECIALIDADE DA CASA (restaurantes)
 UN CAFÉ CON LINGUA, POR FAVOR (cafetarías)
 COIDAMOS DE TI, TONIFICAMOS A LINGUA (salóns de beleza, centros de estética)
 COOLINGUA (tendas de moda, boutiques)
 AÍNDA ANDAS SEN GALEGO? (zapatarías)
 PEIXE FRESCO, LINGUA VIVA (peixarías)
 E TIC... EN QUE NAVEGAS? (empresas de novas tecnoloxías)
 ATRÉVETE CUN NOVO LOOK, RENÓVATE COA LINGUA (perruquerías)
 LEVAS A MELLOR FROITA NA BOCA (froitarías)
 SACA A LINGUA DAR UNHA VOLTA (pubs, discotecas...)
 A GORXA MÁIS SUAVE NA LINGUA MÁIS DOCE (farmacias)
 etc.
A partir do lema escollido, cada equipo elabora o material que estime máis oportuno (mesmo
pode ser a través dun concurso de deseño a celebrar no propio centro), pero sempre
vinculando lingua e empresa. Elíxese o modelo gañador, editase e repártese nos negocios da
zona para que figure nun lugar visible como símbolo da campaña.
Acción III: Traballar e reflexionar sobre a situación da lingua na empresa
Propoñédelle ao alumnado visitar os negocios e empresas locais para que realicen unha
pequena análise sociolingüística que provoque ademais reflexión sobre o tema. Podedes
empregar como modelo as enquisas (Rianxo: http://ir.gl/d908c3; Xinzo: http://ir.gl/89ca76) que
se poñen á vosa disposición
Acción IV: Homenaxe a un empresario/a local
Se existe na contorna do centro algún empresario/a comprometido coa lingua, que sexa
coñecido ou que descubrirades trala análise anterior, outorgádelle un recoñecemento. Podedes
facerlle un acto no centro ou simplemente elaborar un pequeno premio/diploma (modelo:
http://ir.gl/c79bd5) e co gallo do Día das letras entregádello. Difundide a homenaxe na prensa
local e promocionade, na medida das posibilidades, o seu establecemento.
Acción V: Traducir material das empresas e dos negocios
Visitar os negocios e empresas locais e ofrecerse para traducirlles puntualmente algúns
materiais de uso público que desexen (rotulación, publicidade, cartas modelo...). Nos negocios
de hostelería pódese ofertar, ademais, o deseño das cartas empregando algúns dos modelos
que se facilitan. Pódese empregar a base de datos e os glosarios xa elaborados para facer
outras traducións
Acción VI: Converter ao equipo nun “gabinete” de tradución
Visitar os negocios e empresas locais e ofrecer ao equipo para traducirlles todos aqueles
materiais de uso público que desexen.

More Related Content

Viewers also liked

Navidad 2012
Navidad 2012Navidad 2012
Navidad 2012CEOPUERTO
 
Pr ab42interior web
Pr ab42interior webPr ab42interior web
Pr ab42interior webolivo12
 
Variables scratch
Variables   scratchVariables   scratch
Variables scratchmorales805
 
La rapa das bestas de sabucedo es una fiesta celebrada en sabucedo pdf
La rapa das bestas de sabucedo es una fiesta celebrada en sabucedo pdfLa rapa das bestas de sabucedo es una fiesta celebrada en sabucedo pdf
La rapa das bestas de sabucedo es una fiesta celebrada en sabucedo pdfn1francastro
 
ボランティア募集要項(改定)
ボランティア募集要項(改定)ボランティア募集要項(改定)
ボランティア募集要項(改定)Hiroaki Imai
 
Variables scratch
Variables scratch Variables scratch
Variables scratch felipe991107
 
socialización guía 9
socialización  guía 9socialización  guía 9
socialización guía 9Vargas1006
 
Variables scratch
Variables scratch Variables scratch
Variables scratch felipe991107
 
Infografia los tres pilares basicosde la informatica
Infografia los tres pilares basicosde la informaticaInfografia los tres pilares basicosde la informatica
Infografia los tres pilares basicosde la informaticaDaiana Melina
 
Deutsche Volkstrachten
Deutsche VolkstrachtenDeutsche Volkstrachten
Deutsche VolkstrachtenBill Colmes
 

Viewers also liked (15)

Navidad 2012
Navidad 2012Navidad 2012
Navidad 2012
 
Pr ab42interior web
Pr ab42interior webPr ab42interior web
Pr ab42interior web
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Actividade Ii
Actividade IiActividade Ii
Actividade Ii
 
Variables scratch
Variables   scratchVariables   scratch
Variables scratch
 
La rapa das bestas de sabucedo es una fiesta celebrada en sabucedo pdf
La rapa das bestas de sabucedo es una fiesta celebrada en sabucedo pdfLa rapa das bestas de sabucedo es una fiesta celebrada en sabucedo pdf
La rapa das bestas de sabucedo es una fiesta celebrada en sabucedo pdf
 
grupo uno
grupo unogrupo uno
grupo uno
 
Vision b2out
Vision b2outVision b2out
Vision b2out
 
ボランティア募集要項(改定)
ボランティア募集要項(改定)ボランティア募集要項(改定)
ボランティア募集要項(改定)
 
Variables scratch
Variables scratch Variables scratch
Variables scratch
 
socialización guía 9
socialización  guía 9socialización  guía 9
socialización guía 9
 
Variables scratch
Variables scratch Variables scratch
Variables scratch
 
PRES 2
PRES 2PRES 2
PRES 2
 
Infografia los tres pilares basicosde la informatica
Infografia los tres pilares basicosde la informaticaInfografia los tres pilares basicosde la informatica
Infografia los tres pilares basicosde la informatica
 
Deutsche Volkstrachten
Deutsche VolkstrachtenDeutsche Volkstrachten
Deutsche Volkstrachten
 

Similar to Proposta de accións ao redor de Valentín Paz Andrade

25. Cómo presentar un proyecto en público
25. Cómo presentar un proyecto en público25. Cómo presentar un proyecto en público
25. Cómo presentar un proyecto en públicoManager Asesores
 
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-maria_090
 
Proxecto interdisciplinar lingua galega xeografía económica 1ª avaliación 201...
Proxecto interdisciplinar lingua galega xeografía económica 1ª avaliación 201...Proxecto interdisciplinar lingua galega xeografía económica 1ª avaliación 201...
Proxecto interdisciplinar lingua galega xeografía económica 1ª avaliación 201...EvaPaula
 
Presentación web
Presentación webPresentación web
Presentación webmantojo
 
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economíaCooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economíaCarmenBoadoAguinaga1
 
10. Comunicación y técnicas de venta
10. Comunicación y técnicas de venta10. Comunicación y técnicas de venta
10. Comunicación y técnicas de ventaManager Asesores
 
Marketing
MarketingMarketing
Marketingmerno
 
Marketing
MarketingMarketing
Marketingmerno
 
Claves para o plan de negocio
Claves para o plan de negocioClaves para o plan de negocio
Claves para o plan de negocioCheckin Galicia
 
Tendencias tecnológicas en Recurso Humanos
Tendencias tecnológicas en Recurso HumanosTendencias tecnológicas en Recurso Humanos
Tendencias tecnológicas en Recurso HumanosPablo López
 
20131127 Taller H2020_Estrategia de especialización inteligente en Galicia RI...
20131127 Taller H2020_Estrategia de especialización inteligente en Galicia RI...20131127 Taller H2020_Estrategia de especialización inteligente en Galicia RI...
20131127 Taller H2020_Estrategia de especialización inteligente en Galicia RI...FIAB
 
Xornada 1 curso asociación de prensa de a coruña
Xornada 1 curso asociación de prensa de a coruñaXornada 1 curso asociación de prensa de a coruña
Xornada 1 curso asociación de prensa de a coruñaDaniel Cerqueiro García
 
A globalización consumo
A globalización consumoA globalización consumo
A globalización consumommbarros
 
Memoria completa co2perativa compressed
Memoria completa co2perativa compressedMemoria completa co2perativa compressed
Memoria completa co2perativa compressedCarmenBoadoAguinaga1
 
16. ¿Mi empresa necesita un blog?
16. ¿Mi empresa necesita un blog?16. ¿Mi empresa necesita un blog?
16. ¿Mi empresa necesita un blog?Manager Asesores
 

Similar to Proposta de accións ao redor de Valentín Paz Andrade (20)

25. Cómo presentar un proyecto en público
25. Cómo presentar un proyecto en público25. Cómo presentar un proyecto en público
25. Cómo presentar un proyecto en público
 
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-  Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
Tenda de alimentación ecolóxica -Terrae-
 
A empresa e a nosa lingua
A empresa e  a nosa linguaA empresa e  a nosa lingua
A empresa e a nosa lingua
 
Proxecto interdisciplinar lingua galega xeografía económica 1ª avaliación 201...
Proxecto interdisciplinar lingua galega xeografía económica 1ª avaliación 201...Proxecto interdisciplinar lingua galega xeografía económica 1ª avaliación 201...
Proxecto interdisciplinar lingua galega xeografía económica 1ª avaliación 201...
 
Presentación web
Presentación webPresentación web
Presentación web
 
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economíaCooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
Cooperativismo no ies valadares.. proyecto economía
 
10. Comunicación y técnicas de venta
10. Comunicación y técnicas de venta10. Comunicación y técnicas de venta
10. Comunicación y técnicas de venta
 
Marketing
MarketingMarketing
Marketing
 
Marketing
MarketingMarketing
Marketing
 
Claves para o plan de negocio
Claves para o plan de negocioClaves para o plan de negocio
Claves para o plan de negocio
 
Formación 2014
Formación 2014Formación 2014
Formación 2014
 
Tendencias tecnológicas en Recurso Humanos
Tendencias tecnológicas en Recurso HumanosTendencias tecnológicas en Recurso Humanos
Tendencias tecnológicas en Recurso Humanos
 
20131127 Taller H2020_Estrategia de especialización inteligente en Galicia RI...
20131127 Taller H2020_Estrategia de especialización inteligente en Galicia RI...20131127 Taller H2020_Estrategia de especialización inteligente en Galicia RI...
20131127 Taller H2020_Estrategia de especialización inteligente en Galicia RI...
 
A empresa e o seu contorno
A empresa e o seu contornoA empresa e o seu contorno
A empresa e o seu contorno
 
Xornada 1 curso asociación de prensa de a coruña
Xornada 1 curso asociación de prensa de a coruñaXornada 1 curso asociación de prensa de a coruña
Xornada 1 curso asociación de prensa de a coruña
 
#GaliciaLAB
#GaliciaLAB#GaliciaLAB
#GaliciaLAB
 
A globalización consumo
A globalización consumoA globalización consumo
A globalización consumo
 
Memoria completa co2perativa compressed
Memoria completa co2perativa compressedMemoria completa co2perativa compressed
Memoria completa co2perativa compressed
 
16. ¿Mi empresa necesita un blog?
16. ¿Mi empresa necesita un blog?16. ¿Mi empresa necesita un blog?
16. ¿Mi empresa necesita un blog?
 
Iforest2
Iforest2Iforest2
Iforest2
 

More from xurxobou

9.º certame de contos 2012
9.º certame de contos 20129.º certame de contos 2012
9.º certame de contos 2012xurxobou
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 43
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 43Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 43
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 43xurxobou
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 42. Segunda Parte
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 42. Segunda ParteRevista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 42. Segunda Parte
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 42. Segunda Partexurxobou
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 42. Primeira Parte
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 42. Primeira ParteRevista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 42. Primeira Parte
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 42. Primeira Partexurxobou
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41xurxobou
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40xurxobou
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 39
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 39xurxobou
 
8º CERTAME DE CONTOS
8º CERTAME DE CONTOS8º CERTAME DE CONTOS
8º CERTAME DE CONTOSxurxobou
 
Lecturas Secundaria
Lecturas SecundariaLecturas Secundaria
Lecturas Secundariaxurxobou
 
Lecturas Primaria
Lecturas PrimariaLecturas Primaria
Lecturas Primariaxurxobou
 
Lecturas Infantil
Lecturas InfantilLecturas Infantil
Lecturas Infantilxurxobou
 
2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán
2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán
2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldánxurxobou
 

More from xurxobou (12)

9.º certame de contos 2012
9.º certame de contos 20129.º certame de contos 2012
9.º certame de contos 2012
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 43
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 43Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 43
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 43
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 42. Segunda Parte
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 42. Segunda ParteRevista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 42. Segunda Parte
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 42. Segunda Parte
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 42. Primeira Parte
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 42. Primeira ParteRevista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 42. Primeira Parte
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 42. Primeira Parte
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 41
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 40
 
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 39
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº.  39
Revista ORXÁS CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN Nº. 39
 
8º CERTAME DE CONTOS
8º CERTAME DE CONTOS8º CERTAME DE CONTOS
8º CERTAME DE CONTOS
 
Lecturas Secundaria
Lecturas SecundariaLecturas Secundaria
Lecturas Secundaria
 
Lecturas Primaria
Lecturas PrimariaLecturas Primaria
Lecturas Primaria
 
Lecturas Infantil
Lecturas InfantilLecturas Infantil
Lecturas Infantil
 
2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán
2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán
2º Cancioneiro CEIP Espiñeira-Aldán
 

Proposta de accións ao redor de Valentín Paz Andrade

  • 1. Proposta de accións ao redor de Valentín Paz Andrade http://coordinadoraendl.org/empresaengalego/ PROPOÑEMOS 1. Aproveitar a figura de Valentín Paz Andrade e a súa vinculación co mundo da empresa e do comercio para dirixir unha campaña de normalización nestes ámbitos. 2. Fomentar a coordinación entre os equipos para que potencien o uso do idioma nun mesmo ámbito sectorial e con accións concretas e eficaces. PRETÉNDESE 1. Lanzar a mensaxe de que o uso do galego vai moito máis alá do aspecto cultural e identitario, e que resulta eficaz como motor económico. 2. Animar os equipos dos centros para que a súa acción incida sobre a súa contorna. 3. Enfocar a acción normalizadora, na medida do posible, cara a empresas e marcas asociadas a sectores innovadores. 4. Concienciar o alumnado da necesidade de reclamaren, en canto consumidores/as, a presenza de produtos e ofertas comerciais en galego. 5. Animar os sectores comerciais e empresariais máis próximos á cidadanía a que usen o galego como sinal de proximidade ao cliente, e tamén como marca distintiva de calidade. 6. Concienciar os dirixentes das empresas de que a lingua constitúe un valor engadido na difusión e comercialización dos seus produtos. COMO HABERÍA QUE FACELO? A continuación, propoñemos unha serie de accións acompañadas do material necesario para levalas adiante. Cada equipo escolle, segundo as súas posibilidades e/ou recursos unha (ou varias) para desenvolvelas. As accións non teñen por que ser excluíntes (algunhas incluso se complementan) e están ordenadas de menos a máis “laboriosas”.
  • 2. AS ACCIÓNS Acción I: Enviar ás empresas mensaxes persuasorias para empregar o galego Podedes imprimir o seguinte tríptico (http://ir.gl/4e112d) e facérllelo chegar ás empresas da contorna do centro. Se queredes podedes seleccionar parte da información ou elaborar outra que vos pareza máis axeitada e mais facer vós un documento (tríptico, díptico, folla voandeira...) que lles fagades chegar ás empresas dándolles razón para empregar o galego. Acción II: Elaborar materiais para repartir entre as empresas da contorna (carteis, adhesivos, pousavasos...) De modo xenérico, propoñemos o uso dun lema común: “Fabricamos futuro, producimos galego” Este lema, por suposto, pode cambiarse ou adaptarse ás necesidade específicas de cada equipo, segundo os seus intereses ou necesidades, pero sempre debería ofrecer un enfoque positivo e moderno, que abra portas e que non provoque rexeitamento social. Ademais, podedes enviar mensaxes a ámbitos específicos. A seguir, ofrecemos algúns exemplos de lemas adaptados a sectores concretos:  A LINGUA, PAN PARA A BOCA (panadarías)  LINGUA CON GUSTO, ESPECIALIDADE DA CASA (restaurantes)  UN CAFÉ CON LINGUA, POR FAVOR (cafetarías)  COIDAMOS DE TI, TONIFICAMOS A LINGUA (salóns de beleza, centros de estética)  COOLINGUA (tendas de moda, boutiques)  AÍNDA ANDAS SEN GALEGO? (zapatarías)  PEIXE FRESCO, LINGUA VIVA (peixarías)  E TIC... EN QUE NAVEGAS? (empresas de novas tecnoloxías)  ATRÉVETE CUN NOVO LOOK, RENÓVATE COA LINGUA (perruquerías)  LEVAS A MELLOR FROITA NA BOCA (froitarías)  SACA A LINGUA DAR UNHA VOLTA (pubs, discotecas...)  A GORXA MÁIS SUAVE NA LINGUA MÁIS DOCE (farmacias)  etc. A partir do lema escollido, cada equipo elabora o material que estime máis oportuno (mesmo pode ser a través dun concurso de deseño a celebrar no propio centro), pero sempre vinculando lingua e empresa. Elíxese o modelo gañador, editase e repártese nos negocios da zona para que figure nun lugar visible como símbolo da campaña. Acción III: Traballar e reflexionar sobre a situación da lingua na empresa Propoñédelle ao alumnado visitar os negocios e empresas locais para que realicen unha pequena análise sociolingüística que provoque ademais reflexión sobre o tema. Podedes
  • 3. empregar como modelo as enquisas (Rianxo: http://ir.gl/d908c3; Xinzo: http://ir.gl/89ca76) que se poñen á vosa disposición Acción IV: Homenaxe a un empresario/a local Se existe na contorna do centro algún empresario/a comprometido coa lingua, que sexa coñecido ou que descubrirades trala análise anterior, outorgádelle un recoñecemento. Podedes facerlle un acto no centro ou simplemente elaborar un pequeno premio/diploma (modelo: http://ir.gl/c79bd5) e co gallo do Día das letras entregádello. Difundide a homenaxe na prensa local e promocionade, na medida das posibilidades, o seu establecemento. Acción V: Traducir material das empresas e dos negocios Visitar os negocios e empresas locais e ofrecerse para traducirlles puntualmente algúns materiais de uso público que desexen (rotulación, publicidade, cartas modelo...). Nos negocios de hostelería pódese ofertar, ademais, o deseño das cartas empregando algúns dos modelos que se facilitan. Pódese empregar a base de datos e os glosarios xa elaborados para facer outras traducións Acción VI: Converter ao equipo nun “gabinete” de tradución Visitar os negocios e empresas locais e ofrecer ao equipo para traducirlles todos aqueles materiais de uso público que desexen.