SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
PROXECTO TRENZANDO LINGUAS – DÍA DO LIBRO
Obxectivos
 Potenciar a cooperación entre os profesorado de linguas (galego, castelán, inglés e francés)
pero tamén doutras materias (historia –elaboración de reportaxe-, plástica –cartel dixital- e
informática -edición).
 Desenvolver xéneros textuais como a reportaxe, a entrevista, o cartel publicitario e o anuncio
radiofónico.
 Recoñecer e producir tipos textuais como a argumentación.
 Fomentar o uso de medios dixitais: o blog, programas de edición de radio.
 Fomentar a expresión oral en tres linguas.
 Divulgar un produto “vivo” froito unha secuenciación didáctica arredor do día do Libro entre a
comunidade educativa.
 Reflexionar sobre a importancia da lectura.
SOBRE O PROXECTO
 O proxecto diríxese ao curso de 2º da E.S.O. por ser o curso no que se imparten as catro
linguas (algo que quixemos facer así por ser o proxecto inicial) e porque os catro xéneros e o
tipo textual que abordaremos están presente, dunha forma ou doutra, nas súas
programacións.
 A duración do proxecto será de 3 semanas (comezaría á volta das vacacións de Semana
Santa; desde o 13 ao 30 de abril). Nalgúns apartados xa se leva traballando desde finais de
xaneiro.
 O criterio xeral é que o texto argumentativo estará presente en todos os xéneros textuais
mencionados.
 O traballo realizado ten unha finalidade comunicativa final que vai máis alá da aula: a
realización dun magazine divulgativo do Día do Libro e a súa divulgación a través do blog
creado como soporte do proxecto. No caso de carteis en lingua inglesa, estes serían
colocados como campaña publicitaria en distintos puntos do colexio.
 As secuencias nas distintas linguas tentarán facerse de forma paralela; ao seu remate
realizarase o magazine radiofónico, o produto.
 Os departamentos realizan a evaluación específica do seu apartado pero ao final faise
unha valoración do traballo feito, do proceso e do resultado final.
OUTRAS PROPOSTAS QUE PODERÍAN INCORPORARSE AO PROXECTO / Á CELEBRACÍON DO
MES DO LIBRO.
 Mércores de actividades dedicado á cociña con motivo “libro” (cupcakes?)
 Aproveitar o blog preparado para o proxecto para contar unha historia por entregas, empregando o
espazo de comentario dun post preparado para iso (o tradicional conto por entregas).
 Cartel tipo Glogster para recoller opinión sobre lecturas feitas por rapaces (gravacíons en vídeo e
edición mínima); o cartel dixital podería aloxarse no blog do proxecto.
 SECUENCIACIÓN DO PROXECTO
1 SECUENCIA INICIAL MOTIVADORA: proxección da película “Descubrindo a Forrester”. Ou outra.
2 SECUENCIA POR DEPARTAMENTO:
LINGUA INGLESA LINGUA FRANCESA LINGUA GALEGA LINGUA CASTELÁ
O cartel publicitario.
Esta sección vai dar
soporte publicitario á
Semana do Libro.
O obxectivo final é o de
elaborar un cartel
publicitario (tamaño
cartolina) que inclúa un
eslogan a favor da
lectura.
O primeiro é partir de
modelos e a partir deles
analizar as partes e a
intencionalidade das
mensaxes que inclúan.
A materia de Plástica
colaborará na elaboración
do cartel publicitario.
Un cartel é publicidade,
querer convencer a
alguén a propósito de
algo e iso implica
argumentar, dar ou
suxerir razóns.
No caso dos carteis en
lingua inglesa, estes
serían colocados como
campaña publicitaria en
distintos puntos do
colexio.
O anuncio radiofónico.
Antes da elaboración do
anuncio sobre a lectura
realizaremos actividades
preparatorias que irán
desde a reflexión sobre
este tipo de xénero, a
comparación a partir de
modelos e a elaboración
(por partes) do mesmo.
A partir de modelos de
anuncios estudamos os
trazos caracterizadores
dun anuncio radiofónico
(voz, texto, imaxe,
música, mensaxe…) e
imos obtendo ideas para
o noso produto final sobre
a lectura ou o libro.
Toda publicidade inclúe
de maneira máis ou
menos explícita unha
argumentación (sexa esta
racional ou emocional).
A entrevista.
O obxectivo final é
realizar unha entrevista a
un escritor significativo e
proposto polos rapaces.
Hai actividades previas e
de coñecemento do
xénero: o primerio paso
sería a observación e
análise de entrevistas
radiofónicas. Ver as súas
características, como se
formulación de preguntas,
etc.
Cómpre tamén
documentarse sobre o
escritor escollido.
Tanto na formulación de
preguntas como nas
respostas, a
argumentación está
presente (como
xustificación, como
explicación de feitos ou
actitudes).
A reportaxe.
Hai que buscar e escoller
información para elaborar
unha reportaxe sobre o
libro, a historia do libro ou
algún aspecto relacionado
con el.
Hai actividades
explicativas, de procura
de modelos e de
elaboración.
A materia de Historia
colaborará na elaboración
desta reportaxe.
Ao longo da reportaxe a
argumentación
manifestase nas opinións
que poidan incluirse, a
propósito de feitos ou
datos.
Como queda dito, o traballo realizado ten unha finalidade comunicativa final, que é
a realización dun magazine divulgativo con motivo do Día do libro e a súa
divulgación a través do blog creado como soporte do proxecto. O magazine
contaría cunha presentación, unha entrevista e unha reportaxe e incluiría os
anuncios feitos en francés. Hai que ter en conta que cada sección grávase
previamente e que un presentador dá paso a cada sección.
Con todo, os contidos do programa non están pechados e mesmo poderían
contemplarse lecturas de fragmentos de obras que escollan os rapaces e
intercalalas tamén ao longo da grabación.
O profesor encargado da materia de Informática colaborará na edición do
magazine.
3 SECUENCIA FINAL.
Para completar o tratamento do.tipo textual, a argumentación, contemplamos unha secuencia didáctica
consistente na celebración dun debate sobre algún aspecto que conecte coa lectura, cos libros, co feito de
ler. Un debate organizado a partir de equipos seguindo o esquema ao uso para as ligas de debate (roldas de
presentación, de refutacións e de conclusións).

More Related Content

Similar to O proxecto

Guía básica para o traballo con blogues en 1º ESO
Guía básica para o traballo con blogues en 1º ESOGuía básica para o traballo con blogues en 1º ESO
Guía básica para o traballo con blogues en 1º ESOLuciano Fernández
 
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíSticaPropostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíSticaRomán Landín
 
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia LingüísticaPropostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia LingüísticaRomán Landín
 
Proxecto interdisciplinar lingua galega xeografía económica 1ª avaliación 201...
Proxecto interdisciplinar lingua galega xeografía económica 1ª avaliación 201...Proxecto interdisciplinar lingua galega xeografía económica 1ª avaliación 201...
Proxecto interdisciplinar lingua galega xeografía económica 1ª avaliación 201...EvaPaula
 
Podcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística
Podcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüísticaPodcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística
Podcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüísticaLuciano Fernández
 
Proxecto lingua galega cidadanía - temporalización por sesións (3ª avaliació...
Proxecto lingua galega  cidadanía - temporalización por sesións (3ª avaliació...Proxecto lingua galega  cidadanía - temporalización por sesións (3ª avaliació...
Proxecto lingua galega cidadanía - temporalización por sesións (3ª avaliació...EvaPaula
 
Proxecto L. Galega- Cidadanía - temporalización 3ª avaliación - 2015-2016
Proxecto L. Galega- Cidadanía - temporalización 3ª avaliación - 2015-2016Proxecto L. Galega- Cidadanía - temporalización 3ª avaliación - 2015-2016
Proxecto L. Galega- Cidadanía - temporalización 3ª avaliación - 2015-2016EvaPaula
 
Book tráiler charlie e a fábrica de chocolate
Book tráiler charlie e a fábrica de chocolateBook tráiler charlie e a fábrica de chocolate
Book tráiler charlie e a fábrica de chocolatecrocaio
 
Podcast en lingua e literatura
Podcast en lingua e literaturaPodcast en lingua e literatura
Podcast en lingua e literaturaLuciano Fernández
 
Tache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreTache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreEmmaFigueira
 

Similar to O proxecto (20)

Guía básica para o traballo con blogues en 1º ESO
Guía básica para o traballo con blogues en 1º ESOGuía básica para o traballo con blogues en 1º ESO
Guía básica para o traballo con blogues en 1º ESO
 
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíSticaPropostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
Propostas TIC para o desenvolvemento da competencia lingüíStica
 
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia LingüísticaPropostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
Propostas TIC para o desenvolvemento da Competencia Lingüística
 
Proxectos e dinamización
Proxectos e dinamizaciónProxectos e dinamización
Proxectos e dinamización
 
Reunión pais outubro2017
Reunión pais outubro2017Reunión pais outubro2017
Reunión pais outubro2017
 
Reunión pais outubro2017
Reunión pais outubro2017Reunión pais outubro2017
Reunión pais outubro2017
 
Proxecto de traballo Eureka
Proxecto de traballo EurekaProxecto de traballo Eureka
Proxecto de traballo Eureka
 
Proxecto interdisciplinar lingua galega xeografía económica 1ª avaliación 201...
Proxecto interdisciplinar lingua galega xeografía económica 1ª avaliación 201...Proxecto interdisciplinar lingua galega xeografía económica 1ª avaliación 201...
Proxecto interdisciplinar lingua galega xeografía económica 1ª avaliación 201...
 
Podcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística
Podcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüísticaPodcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística
Podcast para o desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística
 
Proxecto lingua galega cidadanía - temporalización por sesións (3ª avaliació...
Proxecto lingua galega  cidadanía - temporalización por sesións (3ª avaliació...Proxecto lingua galega  cidadanía - temporalización por sesións (3ª avaliació...
Proxecto lingua galega cidadanía - temporalización por sesións (3ª avaliació...
 
Lévame ies valadares
Lévame ies valadaresLévame ies valadares
Lévame ies valadares
 
A Lingua Galega e a Relación coas TIC
A Lingua Galega e a Relación coas TICA Lingua Galega e a Relación coas TIC
A Lingua Galega e a Relación coas TIC
 
A lingua galega e a relación coas TIC
A lingua galega e a relación coas TICA lingua galega e a relación coas TIC
A lingua galega e a relación coas TIC
 
Proxecto L. Galega- Cidadanía - temporalización 3ª avaliación - 2015-2016
Proxecto L. Galega- Cidadanía - temporalización 3ª avaliación - 2015-2016Proxecto L. Galega- Cidadanía - temporalización 3ª avaliación - 2015-2016
Proxecto L. Galega- Cidadanía - temporalización 3ª avaliación - 2015-2016
 
Book tráiler charlie e a fábrica de chocolate
Book tráiler charlie e a fábrica de chocolateBook tráiler charlie e a fábrica de chocolate
Book tráiler charlie e a fábrica de chocolate
 
Podcast en lingua e literatura
Podcast en lingua e literaturaPodcast en lingua e literatura
Podcast en lingua e literatura
 
Memoria o entroido-en-galiza
Memoria  o entroido-en-galizaMemoria  o entroido-en-galiza
Memoria o entroido-en-galiza
 
Unha biblioteca con clase
Unha biblioteca con clase Unha biblioteca con clase
Unha biblioteca con clase
 
Reunión pais e nais de setembro 2016
Reunión pais e nais de setembro 2016Reunión pais e nais de setembro 2016
Reunión pais e nais de setembro 2016
 
Tache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendreTache2 comment s`y prendre
Tache2 comment s`y prendre
 

O proxecto

  • 1. PROXECTO TRENZANDO LINGUAS – DÍA DO LIBRO Obxectivos  Potenciar a cooperación entre os profesorado de linguas (galego, castelán, inglés e francés) pero tamén doutras materias (historia –elaboración de reportaxe-, plástica –cartel dixital- e informática -edición).  Desenvolver xéneros textuais como a reportaxe, a entrevista, o cartel publicitario e o anuncio radiofónico.  Recoñecer e producir tipos textuais como a argumentación.  Fomentar o uso de medios dixitais: o blog, programas de edición de radio.  Fomentar a expresión oral en tres linguas.  Divulgar un produto “vivo” froito unha secuenciación didáctica arredor do día do Libro entre a comunidade educativa.  Reflexionar sobre a importancia da lectura. SOBRE O PROXECTO  O proxecto diríxese ao curso de 2º da E.S.O. por ser o curso no que se imparten as catro linguas (algo que quixemos facer así por ser o proxecto inicial) e porque os catro xéneros e o tipo textual que abordaremos están presente, dunha forma ou doutra, nas súas programacións.  A duración do proxecto será de 3 semanas (comezaría á volta das vacacións de Semana Santa; desde o 13 ao 30 de abril). Nalgúns apartados xa se leva traballando desde finais de xaneiro.  O criterio xeral é que o texto argumentativo estará presente en todos os xéneros textuais mencionados.  O traballo realizado ten unha finalidade comunicativa final que vai máis alá da aula: a realización dun magazine divulgativo do Día do Libro e a súa divulgación a través do blog creado como soporte do proxecto. No caso de carteis en lingua inglesa, estes serían colocados como campaña publicitaria en distintos puntos do colexio.  As secuencias nas distintas linguas tentarán facerse de forma paralela; ao seu remate realizarase o magazine radiofónico, o produto.  Os departamentos realizan a evaluación específica do seu apartado pero ao final faise unha valoración do traballo feito, do proceso e do resultado final. OUTRAS PROPOSTAS QUE PODERÍAN INCORPORARSE AO PROXECTO / Á CELEBRACÍON DO MES DO LIBRO.  Mércores de actividades dedicado á cociña con motivo “libro” (cupcakes?)  Aproveitar o blog preparado para o proxecto para contar unha historia por entregas, empregando o espazo de comentario dun post preparado para iso (o tradicional conto por entregas).  Cartel tipo Glogster para recoller opinión sobre lecturas feitas por rapaces (gravacíons en vídeo e edición mínima); o cartel dixital podería aloxarse no blog do proxecto.
  • 2.  SECUENCIACIÓN DO PROXECTO 1 SECUENCIA INICIAL MOTIVADORA: proxección da película “Descubrindo a Forrester”. Ou outra. 2 SECUENCIA POR DEPARTAMENTO: LINGUA INGLESA LINGUA FRANCESA LINGUA GALEGA LINGUA CASTELÁ O cartel publicitario. Esta sección vai dar soporte publicitario á Semana do Libro. O obxectivo final é o de elaborar un cartel publicitario (tamaño cartolina) que inclúa un eslogan a favor da lectura. O primeiro é partir de modelos e a partir deles analizar as partes e a intencionalidade das mensaxes que inclúan. A materia de Plástica colaborará na elaboración do cartel publicitario. Un cartel é publicidade, querer convencer a alguén a propósito de algo e iso implica argumentar, dar ou suxerir razóns. No caso dos carteis en lingua inglesa, estes serían colocados como campaña publicitaria en distintos puntos do colexio. O anuncio radiofónico. Antes da elaboración do anuncio sobre a lectura realizaremos actividades preparatorias que irán desde a reflexión sobre este tipo de xénero, a comparación a partir de modelos e a elaboración (por partes) do mesmo. A partir de modelos de anuncios estudamos os trazos caracterizadores dun anuncio radiofónico (voz, texto, imaxe, música, mensaxe…) e imos obtendo ideas para o noso produto final sobre a lectura ou o libro. Toda publicidade inclúe de maneira máis ou menos explícita unha argumentación (sexa esta racional ou emocional). A entrevista. O obxectivo final é realizar unha entrevista a un escritor significativo e proposto polos rapaces. Hai actividades previas e de coñecemento do xénero: o primerio paso sería a observación e análise de entrevistas radiofónicas. Ver as súas características, como se formulación de preguntas, etc. Cómpre tamén documentarse sobre o escritor escollido. Tanto na formulación de preguntas como nas respostas, a argumentación está presente (como xustificación, como explicación de feitos ou actitudes). A reportaxe. Hai que buscar e escoller información para elaborar unha reportaxe sobre o libro, a historia do libro ou algún aspecto relacionado con el. Hai actividades explicativas, de procura de modelos e de elaboración. A materia de Historia colaborará na elaboración desta reportaxe. Ao longo da reportaxe a argumentación manifestase nas opinións que poidan incluirse, a propósito de feitos ou datos. Como queda dito, o traballo realizado ten unha finalidade comunicativa final, que é a realización dun magazine divulgativo con motivo do Día do libro e a súa divulgación a través do blog creado como soporte do proxecto. O magazine contaría cunha presentación, unha entrevista e unha reportaxe e incluiría os anuncios feitos en francés. Hai que ter en conta que cada sección grávase previamente e que un presentador dá paso a cada sección. Con todo, os contidos do programa non están pechados e mesmo poderían contemplarse lecturas de fragmentos de obras que escollan os rapaces e intercalalas tamén ao longo da grabación. O profesor encargado da materia de Informática colaborará na edición do magazine. 3 SECUENCIA FINAL. Para completar o tratamento do.tipo textual, a argumentación, contemplamos unha secuencia didáctica consistente na celebración dun debate sobre algún aspecto que conecte coa lectura, cos libros, co feito de ler. Un debate organizado a partir de equipos seguindo o esquema ao uso para as ligas de debate (roldas de presentación, de refutacións e de conclusións).