SlideShare a Scribd company logo
1 of 17
Download to read offline
IDENTIFICACIÓN
Título da tarefa: “Mulleres senlleiras das ondas / Mulleres senlleiras de Fene” Profesorado: Titor de 6º de EP
Breve descrición da tarefa:
A través dunha serie de programas de radio daremos a coñecer a mulleres senlleiras do noso Concello no ámbito cultural e de emprendemento
para dar visibilidade á figura da muller na nosa sociedade máis próxima.
Curso: 6º EP Área(s) ou Materia(s): Lingua Galega,
Ciencias Sociais; Valores
Temporalización: 2º e 3º trimestre do presente
curso académico (2021-22)
Etapa: EP
CONCRECIÓN CURRICULAR
Contidos Criterios de Avaliación Estándares de aprendizaxe CC
B1.2. Valoración dos medios de
comunicación social como instrumento
de aprendizaxe e de acceso a
informacións e a experiencias doutras
persoas.
B1.3. Uso de documentos audiovisuais
como medio de obter, identificar,
seleccionar, clasificar, comparar e
relacionar con progresiva autonomía
informacións relevantes para aprender.
B1.2. Valorar e utilizar os documentos
audiovisuais dos medios de comunicación
como instrumento de aprendizaxe.
LGB1.2.1. Identifica en documentos
audiovisuais a información relevante,
e valora os medios de comunicación
como instrumento de aprendizaxe.
§ CAA
	
§ CCL
	
§ CSC
	
§ CD
LGB1.2.2. Usa documentos
audiovisuais como medio para obter,
identificar, clasificar, comparar e
relacionar informacións.
§ CAA
	
§ CCL
	
§ CSIEE
	
§ CD
B1.6. Actitude de escoita adecuada ante
situacións comunicativas (tolerancia ás
opinións, escoita atenta, respecto das
B1.5. Manter unha actitude de escoita
activa, respectando as opinións dos e das
LGB1.5.1. Escoita atentamente as
intervencións dos e das demais en
§ CCL
de quen fala sen interrupcións
inadecuadas, contacto visual).
demais. actos de fala orais, sen interromper. § CSC
B1.7. Participación e cooperación nas
situacións comunicativas de relación
social especialmente as destinadas a
favorecer a convivencia (debates,
exposicións curtas, conversas,
expresións espontáneas, asembleas,
narracións orais, entrevistas) con
valoración e respecto das normas que
rexen a interacción oral (quendas de
palabra, roles diversos no intercambio,
respecto ás opinións das demais
persoas, ton de voz, posturas e xestos
adecuados).
B1.6. Participar nas diversas situacións de
intercambio oral que se producen na aula
amosando valoración e respecto polas
normas que rexen a interacción oral.
LGB1.6.4. Exprésase cunha
pronuncia e dicción correctas:
articulación, ritmo, entoación e
volume.
§ CCL
	
§ CCEC
	
§ CSC
B1.8. Uso de estratexias elementais
para comprender e facer comprender as
mensaxes orais: fluidez, claridade, orde,
léxico apropiado, pronuncia correcta, ton
de voz, entoación, xestualidade,
incorporación das intervencións das
demais persoas e formulación de
preguntas coherentes.
B1.7. Amosar interese por expresarse en
público coherentemente, sen contradicións,
sen repeticións innecesarias e usando
nexos adecuados.
LGB1.7.3. Emprega o rexistro
lingüístico (formal ou informal)
adecuado a cada contexto.
§ CCL
	
§ CSC
	
LGB1.7.4. Amosa un discurso oral
fluído, claro, cunha pronuncia e
entoación axeitada e propia da lingua
galega.
§ CCL
	
§ CCEC

B1.9. Produción de textos orais propios
dos medios de comunicación social
mediante simulación ou participación
para ofrecer e compartir información e
B1.8. Elaborar textos propios dos medios de
comunicación.
LGB1.8.1. Elabora textos propios dos
medios de comunicación.
§ CCL
§ CD
§ CAA
opinión. § CSIE
§ CSC
B1.11. Actitude de cooperación e de
respecto en situacións de aprendizaxe
compartida.
B1.10. Amosar respecto e cooperación nas
situacións de aprendizaxe en grupo.
LGB1.10.1. Amosa respecto ás ideas
dos e das demais e contribúe
activamente ao traballo en grupo.
§ CCL
§ CAA
§ CSIEE
B2.9. Lectura expresiva de textos
literarios e non literarios, de diferente
tipoloxía textual.
B2.7. Ler expresivamente textos de diversa
tipoloxía (dramatizando cando é preciso)
con fluidez e precisión, atendendo á dicción,
entoación, intensidade de voz, ritmo e
velocidade, adecuados ás diversas
situacións funcionais da lectura en voz alta
(ler para que alguén goce escoitando, ler
para dar a coñecer un texto descoñecido, ler
para compartir información que se acaba de
localizar) facendo participar a audiencia da
súa interpretación.
LGB2.7.2. Le textos en voz alta con
fluidez e precisión.
§ CCL
LGB2.7.3. Le textos en voz alta con
ritmo, velocidade e ton da voz
adecuados.
§ CCL
B3.1. Uso, de maneira xeral, das
estratexias de planificación, de
textualización (formato, estrutura, orto-
grafía e normas lingüísticas, puntuación,
coherencia e cohesión...) e revisión
como partes do proceso escritor.
B3.1. Usar, de maneira xeral, as estratexias
de planificación, textualización e revisión do
texto.
LGB3.1.1. Planifica a elaboración do
texto, antes de comezar a escribir,
xerando ideas, seleccionando e
estruturando a información, mediante
notas, esquemas, guións ou mapas
conceptuais.
§ CCL
§ CSIEE
§ CAA
LGB3.1.5. Revisa e reescribe o texto
cando é preciso.
§ CCL
§ CSIEE
§ CAA
B3.2. Composición de textos propios de
situacións cotiás de relación social
(correspondencia, normas, notas,
invitacións e mensaxes curtas) de
acordo coas características propias
destes xéneros. B3.2. Producir textos de diferente tipoloxía
que permitan narrar, describir, resumir,
explicar e expoñer opinións, emocións e
informacións relacionadas con situacións
cotiás e aqueles que sexan característicos
dos medios de comunicación.
LGB3.2.1. Elabora, en diferentes
soportes, textos propios da vida cotiá
e académica, imitando modelos:
cartas e correos electrónicos,
mensaxes curtas, normas, pro-
gramas...
§ CCL
§ CD
§ CAA
B3.3. Composición de textos de
información e de opinión sinxelos,
característicos dos medios de
comunicación social, sobre feitos e
acontecementos significativos, con
especial incidencia na noticia, na
entrevista e no comentario breve sobre
libros ou música, en situacións reais ou
simuladas.
LGB3.2.2. Escribe, en diferentes
soportes, textos propios dos medios
de comunicación, imitando modelos.
§ CCL
§ CSC
§ CCEC
§ CAA
B3.6. Uso das TIC, con certa
autonomía, na busca de información, o
tratamento dos textos e a realización de
presentacións.
B3.5. Usar as TIC, con certa autonomía,
para a busca de información, tratamento
dos textos e realización de presentacións.
LGB3.5.1. Usa as TIC na procura de
información ou para consultar o
dicionario.
§ CCL
§ CD
§ CAA
§ CSIEE
B1.1.Iniciación ao coñecemento
científico, toma de conciencia das fases
do mesmo e a súa aplicación nas
Ciencias sociais.
B1.1.Obter información concreta e relevante
sobre feitos ou fenómenos previamente
delimitados, utilizando diferentes fontes
(directas e indirectas).
CSB1.1.1.Busca información
(empregando as TIC e outras fontes
directas e indirectas), selecciona a
información relevante, a organiza,
§ CAA
§ CD
§ CMCCT
B1.2.Recollida de información do tema a
tratar, utilizando diferentes fontes
(directas e indirectas).
analiza, obtén conclusións sinxelas e
as comunica oralmente e/ou por
escrito.
§ CCL
B1.10.Utilización de técnicas para
potenciar a cohesión do grupo e o
traballo cooperativo.
B1.5.Valorar o traballo en grupo, amosando
actitudes de cooperación e participación
responsable, aceptando as diferenzas con
respecto e tolerancia cara ás ideas e
achegas alleas nos diálogos e debates.
CSB1.5.1.Utiliza estratexias para
realizar traballos de forma individual
e en equipo, e amosa habilidades
para a resolución pacífica de
conflitos.
§ CAA
§ CSC
§ CSIEE
CSB1.5.2.Participa en actividades de
grupo adoptando un comportamento
responsable, construtivo e solidario e
respecta os principios básicos do
funcionamento democrático.
§ CAA
§ CSC
B1.15.Planificación e xestión de
proxectos co fin de acadar obxectivos.
B1.10.Desenvolver actitudes en
cooperación e de traballo en equipo, así
como o hábito de asumir novos roles nunha
sociedade en continuo cambio.
CSB1.10.1.Desenvolve actitudes de
cooperación e de traballo en equipo,
valora as ideas alleas e reacciona
con intuición, apertura e flexibilidade
ante elas.
§ CAA
§ CSC
§ CSIEE
B1.3. A responsabilidade. O sentido do
compromiso respecto a un mesmo e aos
demais. Valoración do erro como factor
de aprendizaxe e mellora. A
automotivación.
B1.3. Desenvolver o propio potencial,
mantendo unha motivación intrínseca e
esforzándose para o logro de éxitos
individuais e compartidos.
VSCB1.3.1. Traballa en equipo
valorando o esforzo individual e
colectivo e asumindo compromisos
para a consecución de obxectivos.
§ CSC
§ CSIEE
B3.3. A interdependencia e a
cooperación. A interdependencia
positiva e a participación equitativa. As
condutas solidarias. A aceptación
incondicional do outro. A resolución de
problemas en colaboración.
Compensación de carencias dos e das
demais. A disposición de apertura cara
ao outro, o compartir puntos de vista e
sentimentos.
B3.4. Estruturas e técnicas da
aprendizaxe cooperativa.
B3.2. Traballar en equipo favorecendo a
interdependencia positiva e amosando
condutas solidarias.
VSCB3.2.3. Respecta as regras
durante o traballo en equipo.
§ CSC
TRANSPOSICIÓN DIDÁCTICA
ACTIVIDADES TIPO I
Tivemos en conta as feitas no anterior: proxecto SEMGAL
Visita a Radio Fene (realizada o 14 de novembro do curso 2019-2020, aproveitando a Visita ao Concello e as súas instalacións; tras unha das
preguntas ao Alcalde “cantas mulleres alcaldesas houbo en Fene?” –resposta ningunha-)
Entrevista con periodistas radiofónicos para que expliquen os diferentes roles e desempeños dentro da radio.
Este ano realizamos un obradoiro con Loreto Silvoso (xornalista do programa radiofónico “Voces de A Coruña” da emisora RadioVoz) no que se
puideron acercar máis á realidade radiofónica e a radio profesional e aprender diferentes aspectos importantes para enriquecer o proxecto
(contidos, aspectos técnicos...).
ACTIVIDADES TIPO II
Continuamos a escoitar diferentes programas de radio e intentar ver os elementos, finalidade, temática, estrutura...
(ver Anexo I “documento con enlaces da Radio Galega”) para fixarnos en aspectos técnicos e de temáticas que poidan mellorar o realizado até
agora.
Imaxe do documento entregado “Enlaces da radio”
Previamente entregarémoslles unha ficha con enlaces de programas da Radio Galega (ver Ficha anexa), escoitando os mesmos e ,
posteriormente, faremos unha posta en común, na que a través de equipos cooperativos e, mediante unha estrutura 1-2-4, intentaremos que
eles descubran os elementos importantes e novidosos (para nós) dos programas que aporten melloras (sintonía-saúdo-ton e dicción-índice
de partes do programa-transicións...-desenvolvemento e peche). Se non chegasen a ningunha achega, faríamos un descubrimento guiado até
chegar a ditas achegas.
Fase de investigación “a nosa muller senlleira”: na que a través dunha actividade de busca de información trataremos de atopar figuras
femininas senlleiras do noso concello (no ámbito da cultura, de deporte, emprendedoras,...) recadando datos da súa carreira, o ámbito no que
destaca, a súa relevancia no mesmo...Para isto intentaremos involucrar ás familias, buscando a súa colaboración (preguntando se coñecen
unha figura senlleira, que saben acerca desta figura ou do campo no que é relevante...); animando ao alumnado a que recolla a información do
seu entorno próximo (familia, veciñanza...); e/ou acudindo ás fontes dixitais -aos ordenadores do centro da “Biblioteca”/”Aula Maker”-.
Elección da(s) nosa(s) muller(es) senlleira(s). Para este curso decidimos realizar dous programas (un no segundo e outro no terceiro trimestre).
Para a elección das nosas mulleres realizarán unha posta en común de todas as propostas recibidas polo alumnado da clase. Unha vez
realizada esta posta en común realizarase a votación da muller senlleira a que dedicaremos os nosos programas, sendo as dúas primeiras as
que ocuparán os dous primeiros programas respectivamente. (* para o último programa eliximos unha figura masculina, vencellada á comarca
do homenaxeado das Letras galegas e que nos aportara unha visión máis próxima a dita figura).
Elección das outras seccións. Unha vez decididas as figuras femininas ás que dedicaremos os nosos programas e que ocuparán a parte
destacada do mesmo; para debater as outras seccións que completarán o programa radiofónico realizaremos unha tormenta de ideas e unha
posta en común na que seleccionaremos dúas cunha votación, puntuando con 2 e 1 punto, en función da importancia que eles consideren. As
dúas/tres máis valoradas serán as elixidas.
Selección dos contidos das outras seccións: Unha vez elixidas a temática das outras dúas/tres partes (no exemplo realizado este ano foron
as tres seguintes: “O recuncho do faiado de Mica” (ámbito cultural e trocada respecto á do ano pasado) e “Consello medioambiental de Mica -a
mascota do Cole-”) terán que decidir cales serán os contidos desas temáticas. Chegados a este punto dividiremos a clase en dous/tres
grupos. Deixarémoslles escoller que decidan por que temática empezar (en caso de coincidir, sortearíase); indicándolles previamente que
isto será rotativo, de xeito que cada grupo pasará por todos.
Selección dos locutores, técnicos e colaboradores para o primeiro programa de radio. Primeiro deixámoslles que se incorporen libremente a
cada un dos grupos e intentamos repartir os postos de xeito equitativo. Se non fose posible realizaríase por sorteo e rotaríamos cara a futuros
programas. Neste caso seleccionamos as parellas encargadas de cada sección por sorteo, así coma a parella encargada dos aspectos técnicos.
Investigación dos contidos das seccións: Cada un deles terá que investigar acerca dos contidos de cadansúa temática, así coma elaborará
a redacción dos mesmos.
Elección da escaleta do primeiro programa. Unha vez realizadas as escaletas do primeiro programa faremos unha posta en común dos traballos
realizados e elixiremos a do primeiro programa; para isto votaremos, e a elixida por máis votos será a que levaremos a cabo.
Creación da escaleta ou guión do programa radiofónico.
Para comezar, por equipos cooperativos terán que elaborar a escaleta destes dous programas. Cada parella realizará a escaleta da súa sección e
os presentadores a escaleta xeral do programa xunto cos técnicos. Farémolo a través da estrutura cooperativa de “1-2-4”. Neste caso só fixemos 1-
2 pois eran parellas as encargadas de cada sección.
(ver Anexo II: a nosa escaleta)
Imaxe da escaleta seleccionada “A nosa escaleta”
Redacción dos contidos da seccións: Para a redacción deste guión, partiremos dun esquema que terán que completar realizando unha
estrutura cooperativa de folio xiratorio.
Posta en común da reformulación de contidos das seccións e seleccións dos mesmos para cada un dos programas. Primeiramente, faremos un
baleirado das diferentes propostas no encerado. A partires de aquí, e de xeito democrático, a partir dunha votación, seleccionaremos as máis
valoradas (do mesmo xeito que fixemos na selección de preguntas da entrevista).
A partires de aquí, traballaremos o guión das seccións, tendo en conta que terá que ser breve. Nel expresaremos de modo conciso a temática do
mesmo e unha vez realizado o devandito guión, pasaremos a seleccionar posibles músicas ou efectos sonoros que irán en cada unha das
temáticas.
Posta en contacto coa nosa muller senlleira: Xa decidida a muller á que dedicaremos o noso programa (no último eliximos unha figura
masculina da comarca do homenaxeado ás Letras galegas deste ano); teremos que poñernos en contacto con ela para ver se acepta a ser
entrevistada e a colaborar co noso proxecto. Terán que poñerse en contacto coa mesma a través dun correo electrónico ou chamada telefónica;
traballando previamente en clase de Lingua Galega os aspectos básicos destes procesos formais.
Neste caso realizámola a través dunha chamada telefónica aproveitando que tiñamos o contacto grazas a un mestre do colexio que nos cedeu o
número de contacto. Neste momento fixaremos a data e hora da entrevista coa nosa muller senlleira.
Aspectos técnicos da radio: Chegado a este punto, continuamos a formar ao noso alumnado (pois os postos de ténicos/as son rotativos) nos
aspectos técnicos da radio (Acendido do equipo, manexo da mesa de mesturas, postura e distancia respecto aos micros, posta en funcionamento
do Audacity para gravar o programa...) Para todo isto elaboramos unha guía sinxela, pautando os diferentes pasos a realizar e coa axuda de
debuxos/imaxes. Dedicaremos 2/3 sesións a este aspecto.
Gravación da entrevista: Unha vez realizada a selección de preguntas pasaremos a realizar a gravación da mesma. Para isto farémolo de dous
modos, invitando á persoa ao colexio para realizala no estudo de radio ou a través dunha chamada telefónica (cun iPad do Colexio) se non fose
posible. Neste caso, debido á situación actual e protocolos vixentes respecto da Covid-19 a realizaremos de forma telefónica. Será gravada a
través do estudio de radio (empregando o mans libres e recollendo o son polo micrófono). A esta conclusión chegou o alumnado a través de
plantexarlles o problema e resolvelo a través da metodoloxía de resolución de problemas e practicando previamente con outra chamada feita.
Para as outras seccións realizaremos unha secuencia parecida en función da temática da mesma. Cada grupo encargado da sección preparou a
mesma tendo en conta a duración estimada da mesma e cronometrando a locución cando o guión estivo realizado (este punto continuarase cando
se perfile as seccións restantes).
Sesións prácticas para técnicos e locutores.
Ao mesmo tempo que se realiza estes talleres ou sesións prácticas, realizamos unha revisión dos guións e escaletas. As primeiras veces
realizaremos lecturas en alto na aula. A continuación, facemos unha crítica construtiva, modificando e cambiando os aspectos que cómpre.
As seguintes as realizaremos no estudio radiofónico. Gravaremos partes do programa, escoitaremos en grupo esas gravacións para modificar,
perfilar ou cambiar aquelas cousas que sexan necesarias. O alumnado será o que realice esas revisións e esas críticas construtivas.
Ao longo deste tempo para este primeiro programa estivemos modificando guións e escaletas até o día antes de gravar.
ACTIVIDADES TIPO III
Gravación dos programas de radio. Xa con todas as seccións traballadas con anterioridade pasaremos a realizar as gravacións dos programas.
Escoita activa dos programas de radio. Avaliación do traballo realizado. Auto-avaliación por parte do alumnado para reflexionar acerca do
aprendido. Posta en común.
RECURSOS DIDÁCTICOS
Persoais
Mestres do centro; mulleres protagonistas da vida cultural e de emprendemento do Concello; expertos
en comunicación audiovisual…
Materiais Ordenadores de aula e de informática; iPad; teléfono móbil; equipo da radio escolar…
Ambientais
Metodolóxicos Radio na Biblioteca; PLAMBE; LIA
VALORACIÓN DAS APRENDIZAXES
Estándares de aprendizaxe Instrumentos de Avaliación Ponderación
LGB1.2.1. Identifica en documentos
audiovisuais a información relevante, e
valora os medios de comunicación como
instrumento de aprendizaxe.
Escala de observación 5%
LGB1.5.1. Escoita atentamente as
intervencións dos e das demais en actos
de fala orais, sen interromper.
Escala de observación 10%
LGB3.2.1. Elabora, en diferentes
soportes, textos propios da vida cotiá e
académica, imitando modelos: cartas e
correos electrónicos, mensaxes curtas,
normas, programas...
Escala de observación 10%
LGB1.8.1. Elabora textos propios dos
medios de comunicación.
Rúbrica 10%
LGB1.7.4. Amosa un discurso oral
fluído, claro, cunha pronuncia e
entoación axeitada e propia da lingua
galega.
Escala de observación 10%
10%
LGB2.7.3. Le textos en voz alta con
ritmo, velocidade e ton da voz
adecuados.
Escala de observación
LGB3.1.5. Revisa e reescribe o texto
cando é preciso.
Rúbrica 10%
LGB3.2.2. Escribe, en diferentes
soportes, textos propios dos medios de
comunicación, imitando modelos.
Rúbrica 10%
CSB1.1.1.Busca información
(empregando as TIC e outras fontes
directas e indirectas), selecciona a
información relevante, a organiza,
analiza, obtén conclusións sinxelas e as
comunica oralmente e/ou por escrito.
Escala de observación 10%
CSB1.10.1.Desenvolve actitudes de
cooperación e de traballo en equipo,
valora as ideas alleas e reacciona con
intuición, apertura e flexibilidade ante
elas.
Escala de observación 5 %
VSCB1.3.1. Traballa en equipo
valorando o esforzo individual e
colectivo e asumindo compromisos para
Escala de observación 5%
a consecución de obxectivos.
VSCB3.2.3. Respecta as regras durante
o traballo en equipo.
Escala de observación 5%
VALORACIÓN DO ENSINO
Aspectos positivos
Traballar aspectos linguísticos con novas ferramentas (a radio).
Mellora dos aspectos comunicativos e de dicción.
Facer conscientes ao alumnado do aprendido nun entorno motivante (autoavaliación).
Propostas de mellora
Planificar a actividade dende o comezo de curso para poder aproveitar mellor o recurso.
Avanzar na autonomía respecto á produción e aspectos técnicos do manexo da radio.

More Related Content

Similar to Radio na biblio 21-22.pdf

TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendreTÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
Fran Argibay
 
Competencias Basicas Xunta
Competencias Basicas XuntaCompetencias Basicas Xunta
Competencias Basicas Xunta
ceiparua
 
Competencias basicas
Competencias basicasCompetencias basicas
Competencias basicas
linguatics
 
COMPETENCIAS BÁSICAS
COMPETENCIAS BÁSICASCOMPETENCIAS BÁSICAS
COMPETENCIAS BÁSICAS
oleiros
 
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
María Valbuena
 
As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-
María Valbuena
 
Competencias Basicas
Competencias BasicasCompetencias Basicas
Competencias Basicas
guest5795fb9
 

Similar to Radio na biblio 21-22.pdf (20)

Proxectos e dinamización
Proxectos e dinamizaciónProxectos e dinamización
Proxectos e dinamización
 
Obradoiro Proxecto Sociolingüístico Centro
Obradoiro Proxecto Sociolingüístico CentroObradoiro Proxecto Sociolingüístico Centro
Obradoiro Proxecto Sociolingüístico Centro
 
Elaboracion da Planificación Sociolinguistica de Centro, de Mercedes Queixas ...
Elaboracion da Planificación Sociolinguistica de Centro, de Mercedes Queixas ...Elaboracion da Planificación Sociolinguistica de Centro, de Mercedes Queixas ...
Elaboracion da Planificación Sociolinguistica de Centro, de Mercedes Queixas ...
 
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendreTÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
TÂCHÉ 2: Comment s´y prendre
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e LiteraturaA integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
A integración das TIC na Área de Lingua e Literatura
 
A integración das TIC na area de lingua e literatura
A integración das TIC na area de lingua e literaturaA integración das TIC na area de lingua e literatura
A integración das TIC na area de lingua e literatura
 
Tâche 2
Tâche 2Tâche 2
Tâche 2
 
Secuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na redeSecuencias de lingua e literatura na rede
Secuencias de lingua e literatura na rede
 
Lévame ies valadares
Lévame ies valadaresLévame ies valadares
Lévame ies valadares
 
As Competencias BáSicas Galicia
As Competencias BáSicas GaliciaAs Competencias BáSicas Galicia
As Competencias BáSicas Galicia
 
Competencias Basicas Xunta
Competencias Basicas XuntaCompetencias Basicas Xunta
Competencias Basicas Xunta
 
Competencias basicas
Competencias basicasCompetencias basicas
Competencias basicas
 
Competencias básicas
Competencias básicasCompetencias básicas
Competencias básicas
 
COMPETENCIAS BÁSICAS
COMPETENCIAS BÁSICASCOMPETENCIAS BÁSICAS
COMPETENCIAS BÁSICAS
 
Tarefa final l1301017
Tarefa final l1301017Tarefa final l1301017
Tarefa final l1301017
 
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
Competenciasbasicas 100602190656-phpapp01
 
As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-As competencias-básicas-galicia-
As competencias-básicas-galicia-
 
Competencias Basicas
Competencias BasicasCompetencias Basicas
Competencias Basicas
 

More from vilabarreiro

More from vilabarreiro (20)

Memoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdfMemoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdf
 
Memoria Somos quen. 2021-22..pdf
Memoria Somos quen. 2021-22..pdfMemoria Somos quen. 2021-22..pdf
Memoria Somos quen. 2021-22..pdf
 
Anexo iii imaxes do proxecto
Anexo iii imaxes do proxectoAnexo iii imaxes do proxecto
Anexo iii imaxes do proxecto
 
Anexo ii guión programa radio_mica
Anexo ii guión programa radio_micaAnexo ii guión programa radio_mica
Anexo ii guión programa radio_mica
 
Anexo i enlaces programas de radio
Anexo i enlaces programas de radioAnexo i enlaces programas de radio
Anexo i enlaces programas de radio
 
Memoria somos quen. 2020 21
Memoria somos quen. 2020 21Memoria somos quen. 2020 21
Memoria somos quen. 2020 21
 
Dibujos de cuaresma
Dibujos de cuaresmaDibujos de cuaresma
Dibujos de cuaresma
 
Amencer 2017
Amencer 2017Amencer 2017
Amencer 2017
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
Memoria biblio2020
Memoria biblio2020Memoria biblio2020
Memoria biblio2020
 
Memoria somos quen. 2018 19
Memoria somos quen. 2018 19Memoria somos quen. 2018 19
Memoria somos quen. 2018 19
 
Memoria somos quen 17-18
Memoria somos quen 17-18Memoria somos quen 17-18
Memoria somos quen 17-18
 
Memoriasomosquen16 17
Memoriasomosquen16 17Memoriasomosquen16 17
Memoriasomosquen16 17
 
Memoria somos quen. 2019 20
Memoria somos quen. 2019 20Memoria somos quen. 2019 20
Memoria somos quen. 2019 20
 
Lemos.
Lemos.Lemos.
Lemos.
 
Segundo
SegundoSegundo
Segundo
 
Horizontais
Horizontais Horizontais
Horizontais
 
Fichas de traballo. cuarto de primaria
Fichas de traballo. cuarto de primariaFichas de traballo. cuarto de primaria
Fichas de traballo. cuarto de primaria
 
Terceiro de primaria
Terceiro de primariaTerceiro de primaria
Terceiro de primaria
 

Recently uploaded

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
RemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (12)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 

Radio na biblio 21-22.pdf

  • 1. IDENTIFICACIÓN Título da tarefa: “Mulleres senlleiras das ondas / Mulleres senlleiras de Fene” Profesorado: Titor de 6º de EP Breve descrición da tarefa: A través dunha serie de programas de radio daremos a coñecer a mulleres senlleiras do noso Concello no ámbito cultural e de emprendemento para dar visibilidade á figura da muller na nosa sociedade máis próxima. Curso: 6º EP Área(s) ou Materia(s): Lingua Galega, Ciencias Sociais; Valores Temporalización: 2º e 3º trimestre do presente curso académico (2021-22) Etapa: EP CONCRECIÓN CURRICULAR Contidos Criterios de Avaliación Estándares de aprendizaxe CC B1.2. Valoración dos medios de comunicación social como instrumento de aprendizaxe e de acceso a informacións e a experiencias doutras persoas. B1.3. Uso de documentos audiovisuais como medio de obter, identificar, seleccionar, clasificar, comparar e relacionar con progresiva autonomía informacións relevantes para aprender. B1.2. Valorar e utilizar os documentos audiovisuais dos medios de comunicación como instrumento de aprendizaxe. LGB1.2.1. Identifica en documentos audiovisuais a información relevante, e valora os medios de comunicación como instrumento de aprendizaxe. § CAA
 § CCL
 § CSC
 § CD LGB1.2.2. Usa documentos audiovisuais como medio para obter, identificar, clasificar, comparar e relacionar informacións. § CAA
 § CCL
 § CSIEE
 § CD B1.6. Actitude de escoita adecuada ante situacións comunicativas (tolerancia ás opinións, escoita atenta, respecto das B1.5. Manter unha actitude de escoita activa, respectando as opinións dos e das LGB1.5.1. Escoita atentamente as intervencións dos e das demais en § CCL
  • 2. de quen fala sen interrupcións inadecuadas, contacto visual). demais. actos de fala orais, sen interromper. § CSC B1.7. Participación e cooperación nas situacións comunicativas de relación social especialmente as destinadas a favorecer a convivencia (debates, exposicións curtas, conversas, expresións espontáneas, asembleas, narracións orais, entrevistas) con valoración e respecto das normas que rexen a interacción oral (quendas de palabra, roles diversos no intercambio, respecto ás opinións das demais persoas, ton de voz, posturas e xestos adecuados). B1.6. Participar nas diversas situacións de intercambio oral que se producen na aula amosando valoración e respecto polas normas que rexen a interacción oral. LGB1.6.4. Exprésase cunha pronuncia e dicción correctas: articulación, ritmo, entoación e volume. § CCL
 § CCEC
 § CSC B1.8. Uso de estratexias elementais para comprender e facer comprender as mensaxes orais: fluidez, claridade, orde, léxico apropiado, pronuncia correcta, ton de voz, entoación, xestualidade, incorporación das intervencións das demais persoas e formulación de preguntas coherentes. B1.7. Amosar interese por expresarse en público coherentemente, sen contradicións, sen repeticións innecesarias e usando nexos adecuados. LGB1.7.3. Emprega o rexistro lingüístico (formal ou informal) adecuado a cada contexto. § CCL
 § CSC
 LGB1.7.4. Amosa un discurso oral fluído, claro, cunha pronuncia e entoación axeitada e propia da lingua galega. § CCL
 § CCEC
 B1.9. Produción de textos orais propios dos medios de comunicación social mediante simulación ou participación para ofrecer e compartir información e B1.8. Elaborar textos propios dos medios de comunicación. LGB1.8.1. Elabora textos propios dos medios de comunicación. § CCL § CD § CAA
  • 3. opinión. § CSIE § CSC B1.11. Actitude de cooperación e de respecto en situacións de aprendizaxe compartida. B1.10. Amosar respecto e cooperación nas situacións de aprendizaxe en grupo. LGB1.10.1. Amosa respecto ás ideas dos e das demais e contribúe activamente ao traballo en grupo. § CCL § CAA § CSIEE B2.9. Lectura expresiva de textos literarios e non literarios, de diferente tipoloxía textual. B2.7. Ler expresivamente textos de diversa tipoloxía (dramatizando cando é preciso) con fluidez e precisión, atendendo á dicción, entoación, intensidade de voz, ritmo e velocidade, adecuados ás diversas situacións funcionais da lectura en voz alta (ler para que alguén goce escoitando, ler para dar a coñecer un texto descoñecido, ler para compartir información que se acaba de localizar) facendo participar a audiencia da súa interpretación. LGB2.7.2. Le textos en voz alta con fluidez e precisión. § CCL LGB2.7.3. Le textos en voz alta con ritmo, velocidade e ton da voz adecuados. § CCL B3.1. Uso, de maneira xeral, das estratexias de planificación, de textualización (formato, estrutura, orto- grafía e normas lingüísticas, puntuación, coherencia e cohesión...) e revisión como partes do proceso escritor. B3.1. Usar, de maneira xeral, as estratexias de planificación, textualización e revisión do texto. LGB3.1.1. Planifica a elaboración do texto, antes de comezar a escribir, xerando ideas, seleccionando e estruturando a información, mediante notas, esquemas, guións ou mapas conceptuais. § CCL § CSIEE § CAA LGB3.1.5. Revisa e reescribe o texto cando é preciso. § CCL § CSIEE
  • 4. § CAA B3.2. Composición de textos propios de situacións cotiás de relación social (correspondencia, normas, notas, invitacións e mensaxes curtas) de acordo coas características propias destes xéneros. B3.2. Producir textos de diferente tipoloxía que permitan narrar, describir, resumir, explicar e expoñer opinións, emocións e informacións relacionadas con situacións cotiás e aqueles que sexan característicos dos medios de comunicación. LGB3.2.1. Elabora, en diferentes soportes, textos propios da vida cotiá e académica, imitando modelos: cartas e correos electrónicos, mensaxes curtas, normas, pro- gramas... § CCL § CD § CAA B3.3. Composición de textos de información e de opinión sinxelos, característicos dos medios de comunicación social, sobre feitos e acontecementos significativos, con especial incidencia na noticia, na entrevista e no comentario breve sobre libros ou música, en situacións reais ou simuladas. LGB3.2.2. Escribe, en diferentes soportes, textos propios dos medios de comunicación, imitando modelos. § CCL § CSC § CCEC § CAA B3.6. Uso das TIC, con certa autonomía, na busca de información, o tratamento dos textos e a realización de presentacións. B3.5. Usar as TIC, con certa autonomía, para a busca de información, tratamento dos textos e realización de presentacións. LGB3.5.1. Usa as TIC na procura de información ou para consultar o dicionario. § CCL § CD § CAA § CSIEE B1.1.Iniciación ao coñecemento científico, toma de conciencia das fases do mesmo e a súa aplicación nas Ciencias sociais. B1.1.Obter información concreta e relevante sobre feitos ou fenómenos previamente delimitados, utilizando diferentes fontes (directas e indirectas). CSB1.1.1.Busca información (empregando as TIC e outras fontes directas e indirectas), selecciona a información relevante, a organiza, § CAA § CD § CMCCT
  • 5. B1.2.Recollida de información do tema a tratar, utilizando diferentes fontes (directas e indirectas). analiza, obtén conclusións sinxelas e as comunica oralmente e/ou por escrito. § CCL B1.10.Utilización de técnicas para potenciar a cohesión do grupo e o traballo cooperativo. B1.5.Valorar o traballo en grupo, amosando actitudes de cooperación e participación responsable, aceptando as diferenzas con respecto e tolerancia cara ás ideas e achegas alleas nos diálogos e debates. CSB1.5.1.Utiliza estratexias para realizar traballos de forma individual e en equipo, e amosa habilidades para a resolución pacífica de conflitos. § CAA § CSC § CSIEE CSB1.5.2.Participa en actividades de grupo adoptando un comportamento responsable, construtivo e solidario e respecta os principios básicos do funcionamento democrático. § CAA § CSC B1.15.Planificación e xestión de proxectos co fin de acadar obxectivos. B1.10.Desenvolver actitudes en cooperación e de traballo en equipo, así como o hábito de asumir novos roles nunha sociedade en continuo cambio. CSB1.10.1.Desenvolve actitudes de cooperación e de traballo en equipo, valora as ideas alleas e reacciona con intuición, apertura e flexibilidade ante elas. § CAA § CSC § CSIEE B1.3. A responsabilidade. O sentido do compromiso respecto a un mesmo e aos demais. Valoración do erro como factor de aprendizaxe e mellora. A automotivación. B1.3. Desenvolver o propio potencial, mantendo unha motivación intrínseca e esforzándose para o logro de éxitos individuais e compartidos. VSCB1.3.1. Traballa en equipo valorando o esforzo individual e colectivo e asumindo compromisos para a consecución de obxectivos. § CSC § CSIEE
  • 6. B3.3. A interdependencia e a cooperación. A interdependencia positiva e a participación equitativa. As condutas solidarias. A aceptación incondicional do outro. A resolución de problemas en colaboración. Compensación de carencias dos e das demais. A disposición de apertura cara ao outro, o compartir puntos de vista e sentimentos. B3.4. Estruturas e técnicas da aprendizaxe cooperativa. B3.2. Traballar en equipo favorecendo a interdependencia positiva e amosando condutas solidarias. VSCB3.2.3. Respecta as regras durante o traballo en equipo. § CSC TRANSPOSICIÓN DIDÁCTICA ACTIVIDADES TIPO I Tivemos en conta as feitas no anterior: proxecto SEMGAL Visita a Radio Fene (realizada o 14 de novembro do curso 2019-2020, aproveitando a Visita ao Concello e as súas instalacións; tras unha das preguntas ao Alcalde “cantas mulleres alcaldesas houbo en Fene?” –resposta ningunha-) Entrevista con periodistas radiofónicos para que expliquen os diferentes roles e desempeños dentro da radio. Este ano realizamos un obradoiro con Loreto Silvoso (xornalista do programa radiofónico “Voces de A Coruña” da emisora RadioVoz) no que se puideron acercar máis á realidade radiofónica e a radio profesional e aprender diferentes aspectos importantes para enriquecer o proxecto (contidos, aspectos técnicos...).
  • 7. ACTIVIDADES TIPO II Continuamos a escoitar diferentes programas de radio e intentar ver os elementos, finalidade, temática, estrutura... (ver Anexo I “documento con enlaces da Radio Galega”) para fixarnos en aspectos técnicos e de temáticas que poidan mellorar o realizado até agora. Imaxe do documento entregado “Enlaces da radio” Previamente entregarémoslles unha ficha con enlaces de programas da Radio Galega (ver Ficha anexa), escoitando os mesmos e , posteriormente, faremos unha posta en común, na que a través de equipos cooperativos e, mediante unha estrutura 1-2-4, intentaremos que eles descubran os elementos importantes e novidosos (para nós) dos programas que aporten melloras (sintonía-saúdo-ton e dicción-índice
  • 8. de partes do programa-transicións...-desenvolvemento e peche). Se non chegasen a ningunha achega, faríamos un descubrimento guiado até chegar a ditas achegas. Fase de investigación “a nosa muller senlleira”: na que a través dunha actividade de busca de información trataremos de atopar figuras femininas senlleiras do noso concello (no ámbito da cultura, de deporte, emprendedoras,...) recadando datos da súa carreira, o ámbito no que destaca, a súa relevancia no mesmo...Para isto intentaremos involucrar ás familias, buscando a súa colaboración (preguntando se coñecen unha figura senlleira, que saben acerca desta figura ou do campo no que é relevante...); animando ao alumnado a que recolla a información do seu entorno próximo (familia, veciñanza...); e/ou acudindo ás fontes dixitais -aos ordenadores do centro da “Biblioteca”/”Aula Maker”-. Elección da(s) nosa(s) muller(es) senlleira(s). Para este curso decidimos realizar dous programas (un no segundo e outro no terceiro trimestre). Para a elección das nosas mulleres realizarán unha posta en común de todas as propostas recibidas polo alumnado da clase. Unha vez realizada esta posta en común realizarase a votación da muller senlleira a que dedicaremos os nosos programas, sendo as dúas primeiras as que ocuparán os dous primeiros programas respectivamente. (* para o último programa eliximos unha figura masculina, vencellada á comarca do homenaxeado das Letras galegas e que nos aportara unha visión máis próxima a dita figura). Elección das outras seccións. Unha vez decididas as figuras femininas ás que dedicaremos os nosos programas e que ocuparán a parte destacada do mesmo; para debater as outras seccións que completarán o programa radiofónico realizaremos unha tormenta de ideas e unha posta en común na que seleccionaremos dúas cunha votación, puntuando con 2 e 1 punto, en función da importancia que eles consideren. As dúas/tres máis valoradas serán as elixidas. Selección dos contidos das outras seccións: Unha vez elixidas a temática das outras dúas/tres partes (no exemplo realizado este ano foron as tres seguintes: “O recuncho do faiado de Mica” (ámbito cultural e trocada respecto á do ano pasado) e “Consello medioambiental de Mica -a mascota do Cole-”) terán que decidir cales serán os contidos desas temáticas. Chegados a este punto dividiremos a clase en dous/tres grupos. Deixarémoslles escoller que decidan por que temática empezar (en caso de coincidir, sortearíase); indicándolles previamente que isto será rotativo, de xeito que cada grupo pasará por todos. Selección dos locutores, técnicos e colaboradores para o primeiro programa de radio. Primeiro deixámoslles que se incorporen libremente a cada un dos grupos e intentamos repartir os postos de xeito equitativo. Se non fose posible realizaríase por sorteo e rotaríamos cara a futuros programas. Neste caso seleccionamos as parellas encargadas de cada sección por sorteo, así coma a parella encargada dos aspectos técnicos. Investigación dos contidos das seccións: Cada un deles terá que investigar acerca dos contidos de cadansúa temática, así coma elaborará a redacción dos mesmos.
  • 9. Elección da escaleta do primeiro programa. Unha vez realizadas as escaletas do primeiro programa faremos unha posta en común dos traballos realizados e elixiremos a do primeiro programa; para isto votaremos, e a elixida por máis votos será a que levaremos a cabo. Creación da escaleta ou guión do programa radiofónico. Para comezar, por equipos cooperativos terán que elaborar a escaleta destes dous programas. Cada parella realizará a escaleta da súa sección e os presentadores a escaleta xeral do programa xunto cos técnicos. Farémolo a través da estrutura cooperativa de “1-2-4”. Neste caso só fixemos 1- 2 pois eran parellas as encargadas de cada sección. (ver Anexo II: a nosa escaleta) Imaxe da escaleta seleccionada “A nosa escaleta”
  • 10. Redacción dos contidos da seccións: Para a redacción deste guión, partiremos dun esquema que terán que completar realizando unha estrutura cooperativa de folio xiratorio. Posta en común da reformulación de contidos das seccións e seleccións dos mesmos para cada un dos programas. Primeiramente, faremos un baleirado das diferentes propostas no encerado. A partires de aquí, e de xeito democrático, a partir dunha votación, seleccionaremos as máis valoradas (do mesmo xeito que fixemos na selección de preguntas da entrevista). A partires de aquí, traballaremos o guión das seccións, tendo en conta que terá que ser breve. Nel expresaremos de modo conciso a temática do mesmo e unha vez realizado o devandito guión, pasaremos a seleccionar posibles músicas ou efectos sonoros que irán en cada unha das temáticas.
  • 11. Posta en contacto coa nosa muller senlleira: Xa decidida a muller á que dedicaremos o noso programa (no último eliximos unha figura masculina da comarca do homenaxeado ás Letras galegas deste ano); teremos que poñernos en contacto con ela para ver se acepta a ser entrevistada e a colaborar co noso proxecto. Terán que poñerse en contacto coa mesma a través dun correo electrónico ou chamada telefónica; traballando previamente en clase de Lingua Galega os aspectos básicos destes procesos formais. Neste caso realizámola a través dunha chamada telefónica aproveitando que tiñamos o contacto grazas a un mestre do colexio que nos cedeu o número de contacto. Neste momento fixaremos a data e hora da entrevista coa nosa muller senlleira. Aspectos técnicos da radio: Chegado a este punto, continuamos a formar ao noso alumnado (pois os postos de ténicos/as son rotativos) nos aspectos técnicos da radio (Acendido do equipo, manexo da mesa de mesturas, postura e distancia respecto aos micros, posta en funcionamento do Audacity para gravar o programa...) Para todo isto elaboramos unha guía sinxela, pautando os diferentes pasos a realizar e coa axuda de debuxos/imaxes. Dedicaremos 2/3 sesións a este aspecto. Gravación da entrevista: Unha vez realizada a selección de preguntas pasaremos a realizar a gravación da mesma. Para isto farémolo de dous
  • 12. modos, invitando á persoa ao colexio para realizala no estudo de radio ou a través dunha chamada telefónica (cun iPad do Colexio) se non fose posible. Neste caso, debido á situación actual e protocolos vixentes respecto da Covid-19 a realizaremos de forma telefónica. Será gravada a través do estudio de radio (empregando o mans libres e recollendo o son polo micrófono). A esta conclusión chegou o alumnado a través de plantexarlles o problema e resolvelo a través da metodoloxía de resolución de problemas e practicando previamente con outra chamada feita. Para as outras seccións realizaremos unha secuencia parecida en función da temática da mesma. Cada grupo encargado da sección preparou a mesma tendo en conta a duración estimada da mesma e cronometrando a locución cando o guión estivo realizado (este punto continuarase cando se perfile as seccións restantes). Sesións prácticas para técnicos e locutores. Ao mesmo tempo que se realiza estes talleres ou sesións prácticas, realizamos unha revisión dos guións e escaletas. As primeiras veces realizaremos lecturas en alto na aula. A continuación, facemos unha crítica construtiva, modificando e cambiando os aspectos que cómpre. As seguintes as realizaremos no estudio radiofónico. Gravaremos partes do programa, escoitaremos en grupo esas gravacións para modificar, perfilar ou cambiar aquelas cousas que sexan necesarias. O alumnado será o que realice esas revisións e esas críticas construtivas. Ao longo deste tempo para este primeiro programa estivemos modificando guións e escaletas até o día antes de gravar. ACTIVIDADES TIPO III Gravación dos programas de radio. Xa con todas as seccións traballadas con anterioridade pasaremos a realizar as gravacións dos programas.
  • 13.
  • 14. Escoita activa dos programas de radio. Avaliación do traballo realizado. Auto-avaliación por parte do alumnado para reflexionar acerca do aprendido. Posta en común. RECURSOS DIDÁCTICOS Persoais Mestres do centro; mulleres protagonistas da vida cultural e de emprendemento do Concello; expertos en comunicación audiovisual… Materiais Ordenadores de aula e de informática; iPad; teléfono móbil; equipo da radio escolar… Ambientais Metodolóxicos Radio na Biblioteca; PLAMBE; LIA
  • 15. VALORACIÓN DAS APRENDIZAXES Estándares de aprendizaxe Instrumentos de Avaliación Ponderación LGB1.2.1. Identifica en documentos audiovisuais a información relevante, e valora os medios de comunicación como instrumento de aprendizaxe. Escala de observación 5% LGB1.5.1. Escoita atentamente as intervencións dos e das demais en actos de fala orais, sen interromper. Escala de observación 10% LGB3.2.1. Elabora, en diferentes soportes, textos propios da vida cotiá e académica, imitando modelos: cartas e correos electrónicos, mensaxes curtas, normas, programas... Escala de observación 10% LGB1.8.1. Elabora textos propios dos medios de comunicación. Rúbrica 10% LGB1.7.4. Amosa un discurso oral fluído, claro, cunha pronuncia e entoación axeitada e propia da lingua galega. Escala de observación 10% 10%
  • 16. LGB2.7.3. Le textos en voz alta con ritmo, velocidade e ton da voz adecuados. Escala de observación LGB3.1.5. Revisa e reescribe o texto cando é preciso. Rúbrica 10% LGB3.2.2. Escribe, en diferentes soportes, textos propios dos medios de comunicación, imitando modelos. Rúbrica 10% CSB1.1.1.Busca información (empregando as TIC e outras fontes directas e indirectas), selecciona a información relevante, a organiza, analiza, obtén conclusións sinxelas e as comunica oralmente e/ou por escrito. Escala de observación 10% CSB1.10.1.Desenvolve actitudes de cooperación e de traballo en equipo, valora as ideas alleas e reacciona con intuición, apertura e flexibilidade ante elas. Escala de observación 5 % VSCB1.3.1. Traballa en equipo valorando o esforzo individual e colectivo e asumindo compromisos para Escala de observación 5%
  • 17. a consecución de obxectivos. VSCB3.2.3. Respecta as regras durante o traballo en equipo. Escala de observación 5% VALORACIÓN DO ENSINO Aspectos positivos Traballar aspectos linguísticos con novas ferramentas (a radio). Mellora dos aspectos comunicativos e de dicción. Facer conscientes ao alumnado do aprendido nun entorno motivante (autoavaliación). Propostas de mellora Planificar a actividade dende o comezo de curso para poder aproveitar mellor o recurso. Avanzar na autonomía respecto á produción e aspectos técnicos do manexo da radio.