Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

of

Memoria biblio2020 Slide 1 Memoria biblio2020 Slide 2 Memoria biblio2020 Slide 3 Memoria biblio2020 Slide 4 Memoria biblio2020 Slide 5 Memoria biblio2020 Slide 6 Memoria biblio2020 Slide 7 Memoria biblio2020 Slide 8 Memoria biblio2020 Slide 9 Memoria biblio2020 Slide 10 Memoria biblio2020 Slide 11 Memoria biblio2020 Slide 12 Memoria biblio2020 Slide 13 Memoria biblio2020 Slide 14 Memoria biblio2020 Slide 15 Memoria biblio2020 Slide 16 Memoria biblio2020 Slide 17 Memoria biblio2020 Slide 18 Memoria biblio2020 Slide 19 Memoria biblio2020 Slide 20 Memoria biblio2020 Slide 21 Memoria biblio2020 Slide 22 Memoria biblio2020 Slide 23 Memoria biblio2020 Slide 24 Memoria biblio2020 Slide 25 Memoria biblio2020 Slide 26 Memoria biblio2020 Slide 27 Memoria biblio2020 Slide 28 Memoria biblio2020 Slide 29
Upcoming SlideShare
What to Upload to SlideShare
Next
Download to read offline and view in fullscreen.

0 Likes

Share

Download to read offline

Memoria biblio2020

Download to read offline

Memoria do curso 2019-20 da biblioteca escolar Paula Carballeira, do CEIP Plurilingüe Os Casais de Maniños.

Related Audiobooks

Free with a 30 day trial from Scribd

See all
  • Be the first to like this

Memoria biblio2020

  1. 1. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 0 CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA DO PROXECTO 2019-2020
  2. 2. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 1 ÍNDICE LIMIAR ……………………………………………………………………………………………. 2 GRAO DE CUMPLIMENTO DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS..................................... 3 o En relación coa organización e a xestión ……………………………………………. 5 o En relación coa dinamización dos recursos da biblioteca …………………………. 5 o En relación coa formación de usuarios e a competencia informacional …………. 5 o En relación co fomento da lectura e o desenvolvemento do PLC ………………… o En relación cos avances cara a unha biblioteca inclusiva ................................ 5 6 o En relación con outras actuacións ……………………………………………………. 6 o En relación cos criterios e procedimentos de avaliación …………………………... 6 ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS o Xestión técnica e organización ……………………………………………………….. 6 o Dinamización ……………………………………………………………………………. 9 AVALIACIÓN ……………………………………………………………………………………... 20 o Avaliación do cumprimento das liñas prioritarias 19-20 ............................................... 21 PREVISIÓNS DE FUTURO …………………………………………………………………….. 27
  3. 3. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 2 LIMIAR Rematamos este curso estraño, o duodécimo de pertenza ao PLAMBE. Son xa moitos anos de traballo intenso e exhaustivo para converter a biblioteca no centro de recursos indispensábel no centro. Formación e información avanzan no camiño trazado, cara a un xeito de concibir o proceso de ensino-aprendizaxe parello ás novas tendencias e necesidades de formación nas competencias na sociedade actual. Sen esquecer a animación á lectura d@s nos@s usuari@s non só coma ferramenta para dita formación e información, tamén coma fonte de lecer e crecemento persoal progresivo e inesgotábel. Incidindo, máis ca nunca nestes tempos, nese aspecto fundamental da BE coma factor de compensación ao equiparar e equilibrar o acceso á fondos, formación e información de tod@s @s usuari@s. Só pertencer ao PLAMBE permite levar adiante o noso proxecto, xa que garante, ademais do aspecto económico, a formación –sempre imprescindíbel- aportada pola Asesoría de BBEE onde a calidade de relator@s e o intercambio de experiencias resultan vitais para as nosas Bibliotecas, axudándonos a levar adiante esta renovación constante; asemade, posibilita o rápido intercambio de experiencias, colaboracións, materiais, axudas e participación en propostas comúns e cooperativas que enriquecen e transforman o xeito de traballar nos nosos centros. Cabe destacar a xenerosidade e altruísmo co que bibliotecas e bibliotecari@s escolares poñen ao alcance de tod@s –tantas veces só un nome nun correo- eses materiais, proxectos, ideas…; pertencer ao PLAMBE implica o compromiso continuado de converter a BE (en todos os documentos, en todas as actuacións) no centro de recursos para a formación, dun xeito innovador, en todas as competencias do noso alumnado. Se algo segue a botarse en falla é contar con máis tempo para poder dedicarlle e non ter que andar sempre agoniadas polo feito de "non chegar" a todo o que nos parece o mínimo imprescindíbel por facer.
  4. 4. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 3 GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS Facemos unha valoración positiva no cumprimento dos obxectivos xerais propostos e na meirande parte dos específicos a pesar das enormes dificultades que supuxeron a falta do tempo que en realidade sería necesario, situación recorrente ano tras ano; e a pesares das excepcionais circunstancias deste 2020. As propostas e actividades da BE abranguen a todo o centro, cun calendario completo que facilita a consecución destes obxectivos e procuran así mesmo os do PLC. A precariedade no número de profesor@s cos que conta o centro obríganos a traballar de forma unificada (e non só simplemente coordinada) cos outros equipos, tanto con respecto á planificación como ao desenvolvemento das actividades. Isto pode levar a pensar que algunhas das actividades nas que a nosa biblioteca está implicada non son "especificamente de biblioteca". A falta de tempo implica, ademais que actividades/actuacións consolidadas en cursos anteriores (trípticos "Este trimestre...", colgar na web do centro as cartas da biblioteca, manter sempre actualizado ao día o blog ou os taboleiros Pinterest...) estean a sufrir unha demora case permanente. Non obstante, dende varios cursos atrás a coordinación entre os equipos foi mellor porque todo o profesorado forma parte dos diferentes equipos e os martes realizamos unha reunión conxunta. Esta circunstancia veu esixida pola situación na que nos atopamos, cun claustro reducido a un mínimo que raia a precariedade, na que os especialistas teñen que asumir titorías e estas agrupan alumnado de dous niveis diferentes. Tanto o fomento da lectura como a formación de usuari@s (FU) acadaron un grao de cumprimento satisfactorio no alumnado. A FU forma xa parte do curriculum de cada curso, deixando de ser un obxectivo ou actividade exclusivo da BE, que aportou formación ao profesorado así coma a documentación precisa para levala a termo e propostas que facilitasen a mesma. Dita FU acadou diferentes cotas de consecución, positivas en tódolos casos, grazas a implicación do profesorado. Algunha clase relaxou o cumprimento das normas, tanto con respecto á Hora de Ler, como á reserva de horario para o préstamo ou, demasiado frecuentemente, a manter a orde nos andeis. Todos estes atrancos foron solucionados, pero xa ben andado o curso. En canto ao fomento da lectura coma ferramenta e coma lecer, sentímonos moi satisfeitas. Os lotes de libros que saen en préstamo ás aulas, seleccionados polo
  5. 5. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 4 propio profesorado - indicador dun maior coñecemento dos fondos- tanto informativos para a preparación de proxectos ou temas de estudo, coma de literatura, acadaron á totalidade das aulas por octavo ano consecutivo dende que iniciamos este proxecto, parámetro que nos serve para avaliar á consolidación do mesmo nas tarefas cotiás do centro e a integración dos recursos da ALFIN sigue afianzándose, con desigual esmero nas diferentes aulas, e n f u n c i ó n da dedicación do profesorado titor e da maior ou menor relevancia que este lle dea ás competencias que dita alfabetización proporciona. Todas as aulas participaron no Proxecto que partiu como iniciativa da Biblioteca Escolar. Levou por título Os Casais, cole verde e o seu obxectivo foi investigar sobre os problemas do medio ambiente, as consecuencias negativas que a utilización masiva dos plásticos ten e poñer da nosa parte para a súa redución no centro. Este proxecto quedou estancado, por razóns obvias, no mes de marzo; mais o obxectivo inicialmente formulado estaba xa acadado (a total eliminación das botellas de plástico nas merendas do recreo). Na xestión técnica e organización o estado de alarma causou un dano manifesto. Continuamos a padecer a rémora que supuxo a obriga de asumir os fondos procedentes da Escola Unitaria de Limodre, pechada fai tres anos. No primeiro ano, boa parte das horas dedicadas ao rexistro de libros, comeunas a catalogación de todos estes exemplares; no pasado e mais neste, foron dedicadas á expurgación de boa parte dos mesmos. Esta circunstancia supuxo un esforzo extra de tempo e dedicación; por outra parte inútil. É bastante evidente o absurdo que resulta asumir para, case inmediatamente, desbotar. Por fin, este asunto está definitivamente rematado. A expurgación era prioritaria, tendo en conta que fixemos unha importante reestruturación da biblioteca, para conseguir facela máis accesible e diáfana. Mais, ao dedicar moitas horas a esta tarefa, a catalogación de novos exemplares resentiuse. Quedar na casa impediu que nos puxéramos ao día. En setembro, en cumprimento do aprobado nas liñas prioritarias, reservouse unha mañá para a FU do profesorado co fin de funcionar de maneira autónoma co seu alumnado na BE. Tod@s @s titor@s fixeron o préstamo das súas aulas (exceptuando no caso de EI , que foi asumido pola profesora de inglés. As aulas funcionaron, como veñen facendo dende hai anos, con total autonomía dende os primeiros días de outubro, agás 5º de Primaria, curso no que houbo durante o primeiro trimestre un profesor substituto que tivo moitas dificultades coa xestión do préstamo. No presente curso continuamos co itinerario lector e o PLC modificado no curso 2015-16. Polo tanto, de todos os obxectivos propostos nas liñas prioritarias, quedaron sen acadar
  6. 6. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 5 de maneira satisfactoria, ben sexa total ou parcialmente: En relación coa organización e xestión: A celeridade nas redes sociais e nos taboleiros Pinterest. Sábese que a operatividade destas ferramentas pasa precisamente por mantelas sempre ao día, mais non resulta nada fácil conseguilo. Aínda así melloramos con respecto ao blog, máis activo que en cursos precedentes. M antemos unha estreita colaboración coas familias, coa ANPA, coas asociacións culturais da localidade e cos servizos culturais do Concello. A pesares de volver ser usuarios da Biblioteca Municipal, relación que perderamos tempo atrás, non tivemos ocasión de colaborar con ela mais que nas actividades do 8 de marzo. Confiamos en que o vindeiro curso o noso contacto sexa máis asiduo. En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, a súa integración no tratamento do currículo e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias claves do alumnado: Non conseguimos facer as guías de lectura con recomendacións trimestrais, de datas especiais e conmemoracións sinaladas, temáticas... Este gran desideratum quedou limitado á elaboración de guías para os dous grandes períodos de vacacións: Nadal e Verán. O tempo é un tirano. En relación coa formación de usuari@s e adquisición de competencia informacional: Polo de agora é totalmente inviábel cambiar o horario de préstamo, tal como recollíamos nas liñas prioritarias. Conseguimos, iso si, grazas ao alumnado voluntario, que as nenas e os nenos tiveran libre acceso á biblioteca durante os recreos. En relación co fomento da lectura e co desenvolvemento do PLC: Pola nosa parte, quédanos conseguir que as familias colaboren na elaboración dos Story Sacks, que si estamos a utilizar. As desexadas sesións de contacontos, visitas de escritor@s, de ilustrador@s... son moi escasas porque están desgraciadamente case vetadas economicamente para centros pequenos como o noso. Moi a pesar noso, no presente curso , como xa pasara nos dous anteriores, non participamos nas actividades de animación á lectura que tan ampla tradición tiñan no Concello de Fene: Concurso de Microrrelatos e mais En galego, é o noso!, polo simple e desafortunado feito de que ningunha das dúas foi organizada. Si retomou, xa no curso pasado e con ocasión das celebracións do 8 de marzo o Fene lendo mulleres, no que, por
  7. 7. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 6 suposto, participamos. Esta actividade foi desgraciadamente a última colectiva na que estiveron presentes os nosos alumnos e alumnas. Tampouco conseguimos realizar "booktrailers" nas que @s nen@s recomendasen as súas lecturas favoritas. É un firme propósito para o curso próximo, no que moitas das actividades que habitualmente realizamos, quizá non poderán facerse. En cambio, esta é perfecta para eses novos tempos que teremos que vivir. En relación cos avances cara a unha biblioteca inclusiva: Seguimos o camiño marcado nas liñas prioritarias. Continuamos ampliando os fondos da biblioteca sobre esta temática. En relación con outras actuacións: Tampouco neste curso se fixo o grupo de traballo ou seminario para iniciar un proceso exhaustivo de avaliación, que tivera como base o documento "Bibliotecas Escolares, entre interrogantes?". . É unha das opcións baralladas cara ao próximo curso, pero non podemos saber a data de hoxe o que vai ser. En relación cos criterios e procedementos de avaliación: Non foi posible realizar a avaliación de fin de curso que temos establecida dende fai moitos anos. Mais temos a certeza de que os resultados serían moi similares aos dos cursos precedentes, dado que, ata marzo, estabamos funcionando “coma sempre”. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS Xestión técnica e organización - En canto ao espazo físico contamos con una distribución moi flexible pola facilidade de cambiar mesas, cadeiras, sofás,, no caso de necesidade: grupos de traballo, sesións de audiovisuais, visita de contacontos, recitais... - Reestruturamos toda a biblioteca. Por un lado: liberamos espazo, eliminando mobiliario que so en moi contadas ocasións é necesario (a nosa aula máis numerosa era de 11 alumnos) e pode ser incorporado cando o precisemos, mais non ter por que estar "aparcado" na biblioteca. Quedou moito máis diáfana e acolledora. Por outro: redistribuímos os libros. Todo o libro informativo (agás o de Educación Infantil, que segue no seu propio recanto) pasou aos mobles de dous metros e medio, pero eliminamos o andel superior (de moi difícil acceso para as nenas e os nenos) . Este espazo baleiro valeunos de soporte para os novos carteis indicadores que incorporamos. Tras deles (pódense abrir), dispoñemos agora duns armarios moi útiles para nós. Desprazamos a poesía, que antes ocupaba un lugar separado, para colocala na mesma
  8. 8. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 7 liña de andeis que a narrativa de cada unha das idades. Confiamos en que sexa máis doado que o alumnado se achegue a ela. Démoslle un lugar destacado, diferente, ao cómic e a banda deseñada. Faino moito máis visíbel e de máis fácil acceso. Igual fixemos cos periódicos e revistas. - Reservamos un lugar fixo para exposicións mensuais nun panel de parede vertical situado no lugar máis visible da biblioteca. - Cremos que todas as horas (moitísimas) dedicadas a este cambio resultarán moi positivas de cara ao futuro. -Continuamos coa distribución dos andeis segundo a CDU simplificada, seguindo a táboa proposta pola Asesoría. Non empregamos as cores que identifican cada apartado, só as correspondentes á diferenciación por idades. - Temos dúas zonas de traballo; unha para os maiores e outra para os pequenos. - Temos dous recantos para lectura informal. - Modificamos tamén, anque levemente, o recanto de Infantil. De novo, igual que no curso anterior, unha parte importante do expurgo correspondeu a libros que deixaron espazo nestes andeis. Incorporamos caixas (moito más cómodas para os pequerrechos que os mobles verticais) e andeis de parede para expoñer as novidades - O recuncho para audición autónoma segue a estar infrautilizado. Cústanos facelo desaparecer; intentaremos que a apertura nos recreos sirva para darlle unha nova oportunidade, a pesares de que este curso non foi así (pode que non dera tempo...) - Colocamos sinalización nova, que incorpora cores e imaxes. - Temos separadores alfabéticos para Primaria. 1º e 2º de Primaria e máis EI, como parte da FU, elaboran marcadores de dous tipos -un para o libro que levan en empréstito e outro para aquel que están lendo/usando na BE- cos seus nomes para identificar o lugar de onde retiran un libro e facilitar o seu retorno ao mesmo espazo. Non obstante consideramos que en Primaria, aínda que non controlan con fluidez a orde alfabética, poden combinar os dous sistemas e irse iniciando na colocación correcta dos libros. Por iso temos incorporados separadores alfabéticos para os dous primeiros cursos, tal como tiñamos nos cursos superiores. - Mellorouse en canto á orde, anque seguen aparecendo de cando en vez fondos fóra de lugar, especialmente nos correspondentes a 3º e 4º, dificultando a súa posterior localización, causando demoras ou facendo case imposible atopalos cando son necesarios. - En setembro fíxose o cambio de cursos e elaboráronse os carnés d@s nov@s usuari@s, que se entregan o primeiro día lectivo de outubro para iniciar os préstamos. Mantemos os carnés de aula e especialidades que permiten levar un lote de 30 libros por
  9. 9. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 8 un espazo longo de tempo para a Hora de Ler, traballo na aula, proxectos ou bibliotecas de aula. Mellorou a xestión no referente a préstamos ás aulas, do que fan uso o 100% das mesmas con máis ou menos frecuencia, rexistrándose menos perdas que noutros cursos. Na primeira semana do mes modificáronse e etiquetáronse fondos mal catalogados (cambio de ciclo, cambio de CDU). Ata a declaración do estado de alarma catalogáramos apenas 200 volumes, cantidade que supón un terzo do que é habitual na nosa biblioteca. Por segundo ano consecutivo podemos dar a falsa impresión de que dedicamos menos tempo que antes ao rexistro no programa informático; nada máis lonxe da realidade. Se cadra incluso dedicamos máis horas. O que ocorre é que dedicamos moitísimo tempo ao expurgo de exemplares, e isto non queda rexistrado na cifra total de rexistros. A nosa intención era (unha vez reestruturada a biblioteca) aumentar o ritmo de rexistro. Nin moito, nin pouco; así quedou sen remedio. Unha rémora que asumir no próximo curso. O préstamo faise informáticamente (en condicións normais), con lector de código de barras (carnés de usuari@s, fondos) agás para as Mochilas Viaxeiras. Os libros aínda sen rexistrar poden levarse de igual maneira (no caso de non ser novas adquisicións) porque contamos tamén cun libro de rexistro de préstamos. Os fondos están todos centralizados na BE, aínda que fisicamente estean noutras localizacións, ben sexa de forma temporal ou permanente. Procurouse dende o comezo do curso manter actualizado o blog da biblioteca; de novo a falta de tempo foi o motivo de non poder facelo tan asiduamente como nos gustaría, mais estivo máis activo que en anos precedentes. Isto foi así de maneira especial durante o tempo de confinamento, no que a comunicación co alumnado a través do blog foi diaria. Seguimos seleccionando o moi pouco libro de carácter informativo que hai en galego, xa que noutro formato o galego parece inexistente (DVD, material informático, xogos...) agás para cancións infantís. Por sistema, seguimos solicitándoos a canto comercial chega ao centro ou se pon en contacto con nós. Seguimos a darlle voltas a necesidade da proporción 60/40 (que, por outra banda, resúltanos imposible de conseguir), dado que a busca de información faise maiormente na Rede. Sería un punto de debate de cara a próximas adquisicións. Mantemos a actividade das Mochilas Viaxeiras en todos os niveis. Coma o curso pasado, engadíronse novos contidos co fin de ir renovando aquelas que "visitan" domicilios nos que xa estiveron (irmás/irmáns maiores). Enviáronse en setembro ás cartas ás familias
  10. 10. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 9 coa información e impreso de solicitude. Son poucas as familias que non participan nesta actividade, pero a verdade é que, neste curso, foron máis que nos anteriores as que as rexeitaron. Continuamos mercando música galega non infantil para incorporar ás Mochilas, así como libros-disco para nen@s. Incorporamos os DVD ao préstamo semanal. A mediados de setembro, na reunión xeral coas familias, informouse da importancia da biblioteca no proceso de ensino-aprendizaxe, da conveniencia de implicación das familias e das actividades a desenvolver en liñas xerais, facendo fincapé nas propostas coma a Mochila Viaxeira, a Hora de Ler, ou os Apa/amadriñamentos. Sentímonos moi agradecidas polo apoio que, en xeral, nos brindan as familias. Este ano non fixemos préstamo para o verán para aquelas familias que o solicitan. No "Espazo Maker-Fedelleiro" incorporamos a impresión 3D e a radio escolar. Contamos con darlles pulo a ámbalas dúas no curso que ven. Este espazo está a resultar de altísimo valor pedagóxico e moi eficaz no tratamento da diversidade. Dinamización Formación de usuari@s En setembro, antes do comezo das clases, dedicamos unha xornada completa á FU do profesorado, para poñer en práctica o acordado nas liñas prioritarias acerca de incluíla na programación curricular de cada curso. Foi impartida pola profesora Maribel Serantes (quen conta con ampla experiencia no traballo das bibliotecas escolares e anterior responsable da nosa). Agás a directora (por incompatibilidade coa atención ao traballo do seu despacho nesa data), participou todo o profesorado, a quen se lle entregou, vía electrónica, unha copia do programa de FU elaborado pola BE, cos obxectivos distribuídos por c u r s o s e propostas/modelos de actividades para poñelas en práctica. En outubro, na primeira sesión de préstamo, faise visita guiada por cada recuncho, lembrando normas de uso, códigos de cores (dos que hai copia en cada aula), distribución dos espazos, colocación dos fondos, CDU.
  11. 11. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 10 Coa implantación da robótica atopamos un novo xeito de practicar todo o que alumnado vai aprendendo respecto da FU. A implicación das titorías segue a ser imprescindible para que normas e autonomía corran parellas e permitan o adecuado uso da biblioteca coma recurso. Ás veces non se respecta, anque sexa só puntualmente, o horario reservado para o equipo da biblioteca, cando con tan pouco tempo, dez ou quince minutos de retraso supón unha porcentaxe importante de tempo. Podemos, de tódolos xeitos, estar satisfeitas coa implicación que as titoras actuais teñen coa biblioteca e coa boa disposición e interese que amosan cara a formación para un uso axeitado dos seus recursos. Neste senso avanzamos moito, e os problemas que temos a este respecto son de casos moi concretos (tal como sucedeu este ano en 5º de Primaria no primeiro trimestre) e afortunadamente puntuais. Educación para a competencia en información Os traballos realizados polo alumnado (posteriormente encadernados para formar parte dos fondos "Feito por nós") , antes de ir ao panel vertical da parede onde teñen o seu espazo propio reservado, son expostos na entrada, nos corredores ou en exposicións temporais en diferentes puntos do centro, sempre que o seu formato o permita, co fin de que toda a comunidade escolar poda ter acceso a eles. Continuamos "colonizando" lugares do cole, tal como empezamos a facer dous cursos atrás, non só para as exposicións dos traballos realizados, senón tamén para exposición de fondos ou para a realización de actividades, co propósito de resaltar máis, se cabe, o feito de que a biblioteca non é un lugar restrinxido ás catro paredes específicas, senón que a biblioteca está en todas partes, que todo o centro é biblioteca. Anque segue sendo desigual por parte das aulas o emprego da BE neste apartado de educación documental, cada vez é máis frecuente e son máis as buscas de fondos (papel, audiovisuais, Rede) por parte do profesorado e alumnado para a realización de proxectos ou mesmo ampliación de información fóra dos libros de texto (que apenas son utilizados no noso centro). A pertenza do centro ao Proxecto Abalar e, dende este ano a E-DixGal , favorece en concreto o uso da Rede para estas propostas en 5º e 6º de Primaria (sempre que os frecuentes fallos informáticos ou de Rede non o impidan). Tamén este curso todo o colexio participou nun proxecto programado dende a Biblioteca. Tendo como base a Axenda 2030, iniciamos un proxecto sobre a nosa responsabilidade na protección do medio ambiente.
  12. 12. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 11 https://sites.google.com/site/oscasaiscoleverde/home A información e proposta de actividades a alumnado e familias segue a ser por medio das cartas da "gata bibliotecaria" da BE e a través do correo electrónico. Todas as cartas están subidas ao blog da biblioteca. Fomento da lectura O préstamo iniciase en outubro, é semanal, ampliable a quince días e con posibilidade de prórroga se o título non é solicitado por outr@ usuari@, tendo cada titoría un horario reservado para facelo. Poden levar para casa ou para a Hora de Ler o libro/CD/DVD que desexen sempre que estea rexistrado para tal fin, sendo as cores unha orientación, agás para EI, que é obrigatoria para usuari@s individuais, non para aula. Nos fondos en préstamo inclúense os informativos (materias, referencia), que seguen a ter grandes "adict@s" en todos os cursos. Ao ser pouco alumnado e ser facilmente localizable quen ten un libro en concreto, se non se reservou con antelación e fai falla para ser utilizado nunha aula, pídeselle ao/á alumn@ que o ten en préstamo. En condición normais, no mes de xuño xa non hai préstamo (exceptuando o préstamo para verán), despois só se tramita a devolución dos mesmos, para dar tempo a comprobar/avisar/reclamar a moros@s. Non temos grandes problemas coa morosidade. Neste 2020 o préstamo rematou en marzo. Todos os libros foron devoltos polas familias cando, na última semana de curso, pasaron polo centro a recoller as cousas dos seus fillos ou fillas. Agora están cumprindo a preceptiva corentena. Este curso o préstamo foi moi regular en todos os cursos (salvo a excepción xa comentada de 5º) tanto dos libros para casa como das Mochilas Viaxeiras. Dende setembro colócase na entrada do colexio un Punto de Lectura: expositor con libros e revistas para que o alumnado poida entrar a ler na hora do recreo. Suprimimos o punto de intercambio de libros (Sementando Lectura). Foi esta una iniciativa pensada para os adultos. Todos os anos na avaliación das mochilas as familias reclamaban títulos para adultos, demanda que dende a BE non podemos cubrir, por iso lanzamos esta proposta na que, de funcionares ben, con uns poucos exemplares iniciais (aportacións gratuítas de diferentes persoas) poderían lerse moitas obras. Sen embargo, a pesares de ser algo xurdido, en orixe, do propio interese das familias, a
  13. 13. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 12 rotación dos libros foi escasísima, case que anecdótica. A cambio do anterior, iniciamos unha nova Biblioteca das familias, na liña de escola de pais. Esperamos que a traxectoria de este novo punto de préstamo sexa moitísimo máis longa que a de Sementando Lectura. Tamén continuamos incorporando volumes á biblioteca da sala de profesores. Inicialmente colocaramos aquí unha boa parte dos fondos que antes estaban no despacho de Orientación. Este despacho está moitos días pechado, por termos orientadora compartida con outros centros, e polo tanto era moi difícil poder consultar estes materiais. Na actualidade o acceso aos mesmos é rápido e cómodo. Mantense absolutamente normalizada dentro do horario escolar como unha sesión máis incluída no XADE, a Hora de Ler, vinte minutos de lectura silenciosa e sostida na que non vai ser avaliada a comprensión lectora, ritmo, velocidade... Realízase tan pronto como se entra do recreo, cos libros da biblioteca de aula, cos da BE ou cos que traen das súas casas. Os que traen das casas, adoitan ser prestados entre o propio alumnado, funcionando a recomendación "boca a boca". Nalgúns casos, e dependendo das titoras, emprégase este tempo (un día á semana, ao mes, por algunha celebración...) para a lectura en voz alta (algo que @s alumn@s queren compartir, unha lectura dunha mestra, o recitado de poemas...) ou recomendacións de lecturas e presentación de libros. Utilízase tamén a HL para os apadriñamentos lectores. Mantemos os colgantes nas portas para avisar que nese tempo de lectura non se moleste. Nas aulas Abalar tamén se permite nalgunha ocasión o uso dos netbooks para a lectura. Cada titoría usa a biblioteca neste tempo de lectura un día da semana (este curso tiñamos so 5 clases). Mantense tamén o número de Mochilas Viaxeiras en circulación, unha por nivel (3 para EI e 6 para EP), evitando a repetición de contidos. O tempo de permanencia nos domicilios é de2 semanas, dada a grande e boa acollida que segue a ter esta actividade. Saen inicialmente na primeira semana de outubro. Apúntase practicamente todo o alumnado; varios cursos teñen apuntado o 100%. Dáse o caso de familias con máis dun/ha nen@ no colexio, que solicitan ambas Mochilas. Cando isto ocorre, procúrase que non coincidan moi próximas no tempo as entregas. Se ben, como temos pouco alumnado e varias mochilas xa remataran a súa estadía nas casas, non puidemos evitar que vari@s alumn@s quedaran sen ela por este curso. Tal foi así no caso de 5º; nesta clase non
  14. 14. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 13 empezaron a circular ata xaneiro, de modo que non houbo tempo para todos por non poder dispoñer do terceiro trimestre. En Educación Infantil continúase coa actividade "Érase que se era..." (narración/lectura de contos na aula ou na BE, seleccionados polo profesorado ou dos que aporta o alumnado). Tamén con "Canto conto na casa" (selección de contos por parte de alumnado, ás veces "inducido" se interesa algún tema en concreto, para levar á casa e que lles sexan lidos pola familia). As recomendacións de lecturas para "pedir" no Nadal, fixéronse en papel, nun tríptico que se entregou a cada alumn@, con propostas de fondos dos que non dispoñemos (aínda) na BE, seleccionadas por idades e con recomendacións tamén para adultos. As de verán foron entregadas co resto do material ás familias no día a que cada un lle foi asignado. Contacontos/"Apadriñamentos": Co gallo dalgunhas celebracións (mes das Bibliotecas, Candeloria, Mes do Libro, Letras Galegas), e sempre voluntariamente, parte do alumnado de calquera nivel, sexa de Infantil ou de Primaria, prepara lecturas seleccionadas na BE ou na casa para exercer de lector@s noutras aulas ou de xeito individual. Tamén somos "ama/apadriñados" por nais ou pais na Semana da Tradición Oral, no Mes dos Libros ou en outras datas conmemorativas, como por exemplo o Día de Rosalía ou o Día das Letras Galegas. No presente curso foi exactamente igual que sempre; pero so ata mediados de marzo. http://contosebigotes.blogspot.com/search?updated-max=2020-03-19T09:46:00%2B01:00&max- results=7&start=49&by-date=false Son poucas persoas as que participan, pero sempre resulta unha boísima experiencia, e @s nen@s encántalles. Este curso, igual que no anterior, sumamos á participación nos apadriñamentos por parte das familias a varias mamás de alumnado de EI. Este feito danos a esperanza de continuidade, porque nos últimos anos perdéramos algúns dos pais máis implicados nestas actividades coa marcha dos seus fillos e fillas cara ao IES. Continuamos con "Somos contacontos" : Os venres, un alumno ou alumna de 5º/6º, vai ler á aula de Educación Infantil. É unha experiencia moi positiva, que continuaremos nos vindeiros cursos.
  15. 15. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 14 Igualmente, seguimos con "Nós tamén contamos". Neste caso somos nós, @s prof@s, os que imos ler ás diferentes aulas. Varios quedamos sen poder facelo porque tiñamos o calendario distribuído por meses. Unha vez máis, a biblioteca Municipal de Fene non puido ofertarnos ningunha actividade de contacontos como noutros anos. A situación foi incluso peor que nos anos anteriores, xa que, como dixemos antes, tampouco foron ofertadas outras actividades ou certames culturais cos que contabamos. Incidimos no feito de que non pasou o mesmo coas actividades deportivas organizadas polo Concello, que se mantiveron todas. Polo menos recuperaron a actividade Fene lendo mulleres. Algo é algo. Tamén descoñecemos si, de ter sido normal o desenvolvemento do curso, habería algo no terceiro trimestre, tempo no que habitualmente participamos en moitas actividades organizadas fóra do propio centro. Facemos uso de Pases ao Liberespazo e Cadernos de Viaxe. Continuamos fomentando a participación en certames e concursos (alleos ao centro) relacionados coa lectura, a literatura, a escrita, a lingua (O Facho, OEPLI/Gálix, Primavera das Letras... Este curso quedamos xusto iniciando a nosa participación en "Un poema na túa voz", concurso convocado por Gálix. Actividades 1º trimestre o Semana polo clima (23-27 de setembro): actividades diarias organizadas pola biblioteca escolar para todo o centro. o 3 de outubro: charla da Asociación Betula sobre a responsabilidade cidadá no coidado do medio ambiente. Posterior saída para a limpeza do río de Va, acompañados de voluntarios desta asociación. o Edición dun vídeo-resumo da anterior actividade. o O Mes das Bibliotecas tivo como lema : Biblioteca, viveirode cidadanía.. Fixemos, en equipos interniveis, unha actividade de formación de usuarios. o Ampla expurgación de fondos. o Inicio do préstamo semanal e das "Mochilas Viaxeiras". o Inicio do voluntariado de biblioteca.
  16. 16. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 15 o Apoio á planificación e ao desenvolvemento do proxecto Os Casais, cole verde, que, seguindo o modelo SEM, é responsabilidade do alumnado. o Utilización dos taboleiros para Escornabots con actividades de FU. o Inicio da actividade "Somos contacontos", na que @s maiores lenlles, cada venres, aos máis pequenos. o Exposición de libros científicos (Maleta Viaxeira). o O 22 de outubro o alumnado de 1º e 6º de Primaria acudiu ao Auditorio Municipal de Narón para aistir á representación de Patapatúm, representación visual da compañía Elefante Elegante. o O 25 de outubro parte do alumnado voluntario da biblioteca desprazouse á residencia do veciño concello de Cabanas para compartir con usuarios lecturas dos traballos que realizaron sobre a mitoloxía tradicional galega. o A responsable da biblioteca escolar acompañou ao alumnado de 5º de Primaria durante a súa estadía nos Peares por mor da participación na Semana STEM destes nenos e nenas. o Elaboración dun vídeo-resumo desta semana de formación. o Exposición de outono na entrada do cole coa colaboración das familias. o Elaboración de marcadores (EI-4º e alumnado de nova incorporación) para usar na BE. o Os voluntarios e o equipo de biblioteca organizaron as celebracións do Samaín. o Nas aulas traballaron sobre a mitoloxía tradicional galega. Fíxose unha exposición co material elaborado. o Lectura tenebrosa: sesións de lectura de contos de medo na biblioteca á luz das candeas. o Enlaces a páxinas sobre esta temática para traballar nas titorías. o Obradoiro de cestas de castañas para o magosto organizado pola ANPA. o Elaboración dun vídeo-resumo do Samaín. o Inicio da actividade Nós tamén contamos, na que o profesorado le nas diferentes aulas. o Iniciamos o PFPP, formación na que participa todo o equipo docente. A formación repercute de maneira directa en toda a actividade docente do centro, incluída a biblioteca escolar. o Semana da Literatura de Tradición Oral: amadriñamentos lectores das familias. Leron en todos os cursos. Coma sempre, Micabigotes agradecéullelo cun pequeno agasallo. E busca na Rede, na BE ou na casa, de relatos, lendas, contos de tradición oral para os apadriñamentos lectores entre pares (participaron todas as aulas).
  17. 17. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 16 o O 7 de novembro o alumnado de 1º e 2º asistiu a unha obra de teatro no Pazo da Cultura de Narón: Acuario, baseado no libro de poemas de María Canosa, da compañía Ghazafelhos. o O 14 de novembro, 1º, 2º, 3º e 4º visitaron o Concello de Fene como parte da súa aprendizaxe sobre o concepto de cidadanía, democracia e participación. o Celebramos o Día dos Dereitos da Infancia, cunha mirada medioambiental. Participou todo o alumnado. o Visitounos Celtia Figueiras, da man do Consorcio. Ofreceunos unha sesión de contacontos. Asistiron todos os nenos e nenas. o Construción de cada unha das aulas, no espazo maker, de un atril para facer prácticas de oratoria, seguindo todas as recomendacións aprendidas o curso pasado nos obradoiros do Proxecto Piteas. o Primeiros pasos da radio escolar. o O Concello ofreceunos Cores: unha sesión de contacontos-obradoiro sobre a promoción da igualdade e a prevención da violencia machista. o Varios maiores da residencia de Laraxe desprazáronse ata o centro e fixeron unha xornada de convivencia co alumnado de 6º. Foron convidados os nenos e nenas de 1º e 2º. Contaron experiencias da súa infancia, da vida rural galega da época e realizaron un obradoiro de esfolla e elaboración de bonecas de follas de millo. Foi unha das actividades do proxecto de voluntariado escolar Compartindomomentos. o O 29 de novembro celebramos na biblioteca o acto de presentación do TEI, de titoría entre iguais, coa asistencia das familias e representantes de diferentes organismos (Concello, Garda Civil, IES). o Exposición de novidades. o Iniciamos as actividades do Plan Director o Actividades diversas no espazo fedelleiro, incluída a robótica. o Contacto continuo de Micabigotes coas aulas a través do correo electrónico. o Exposición de libros inclusivos. (Maleta Viaxeira) o 25 de Novembro: Contra a violencia de xénero. Participamos nunha actividade a nivel comarcal, organizada polas Asociación das ANPA de Ferrolterra. Despois dos traballo en cada un dos centros, estes foron incluídos nunha exposición permanente na Fundación ABANCA. Unha representación do alumnado participou nun acto reivindicativo ao que asistiron todos os centros participantes. o Varias mamás veñen ler cos nenos.
  18. 18. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 17 o 3º, 4º e 6º traballan no proxecto Voces de muller, do que xurdirá o material para a sesión inaugural da nosa radio escolar. o Apoio ás actuacións que prepararon os nenos e as nenas para ofrecer ás familias un festival de inverno. o Selección de fondos para as recomendacións do tríptico de Nadal. Entrégase en papel a cada alumn@ e cólgase no blogue. o No Nadal adopta un libro, no que utilizamos os exemplares que foron expurgados pero se atopan en boas condicións de uso. Unha maneira de darlles unha segunda oportunidade aos libros e acostumar @s nen@s a regalar ou recibir libros como agasallo. o Do meu pensamento á túa ilusión. O alumnado de 5º e 6º agasallou cun libro a cada neno ou nena de EI e 1º e 2º de Primaria. o Sesión de contacontos relacionado coa figura tradicional galega do Apalpador. 2º trimestre o Remate final da expurgación dos libros procedentes da escola de Limodre. o Exposición no espazo fedelleiro de libros sobre esta temática (Maleta Viaxeira). Actividades diversas con estes e outros materiais. o Actividade para o Día da Paz, planificada xunto cos restantes equipos do centro. o Visita a nosa biblioteca Seco, montañeiro e ciclista de Fene. o 24 de xaneiro: celebración do Día da Educación o Continuamos co Somos contacontos, Nós tamén contamos e as lecturas das familias o Sobre a paz: traballo por titorías con enlaces a diversas páxinas e propostas, incluíndo visitas a blogues das BBEE. o Actividades pola Candeloria: Cita a cegas: o alumnado de 6º levou unha bolsa sorpresa que incluía un libro escollido pola súa titora. Namórate dun libro: fixemos unha solta de libros por establecimentos comerciais, asociacións e lugares públicos da contorna. Co material gráfico resultante montamos unha exposición. o Colaboración cos proxectos SEMGal das diferentes clases. o Organización, co alumnado voluntario, da xornada de votacións para escoller o nome da radio escolar. o Exposición de libros en inglés (Maleta Viaxeira). o Elaboración do video de presentación e celebración do Día de Rosalía, seguindo a proposta da AELG: Errantes polo mundo. Participaron as familias. o Compartindomomentos: @s voluntari@s de biblioteca desplázanse á veciña
  19. 19. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 18 residencia de maiores, en Laraxe, para ler para os residentes (19 de febreiro). o Colaboración cos outros equipos para planificar e organizar as celebracións de Entroido. o Organización do concurso de logos para a radio escolar. o Viaxe a Dijon (Francia), xunto coa directora do centro, da coordinadora da biblioteca escolar, dentro do Proxecto Erasmus, para traballar no ámbito da inclusión. o Exposición de poesía (fondos propios). o Apadriñamentos entre aulas. o Celebración do 8 de marzo no centro, coa actividade Iguais. o Selección de textos para participar no concurso, convocado por GÁLIX, Un poema na túa voz. Cada venres, na Árbore de Mica, unha clase daba un recital cos poemas escollidos, que logo pasaban a formar parte dunha exposición. Quedou a medias. o Tiñamos programado para o mes de marzo: unha charla sobre voluntariado de Amigos de Galicia, unha sesión de contacontos de Anxo Moure, unha charla para as familias do proxecto SEMGal, a celebración do Día da Síndrome de Down, a plantación no patio do aguacate da clase de 1º e 2º para celebrar o Día da Árbore, a inauguración da radio escolar... Todo, evidentemente, suspendido. Tempo non presencial Cando chegaron estes tempos difíciles e, despois do desconcerto inicial e de accións fundamentalmente individuais por parte de cada profesor ou profesora, o equipo docente do CEIP Plurilingüe Os Casais comezou a funcionar axiña como o que é: un equipo; un único equipo. Non quixemos intentar continuar coa programación habitual da biblioteca porque pareceunos que podería sobrecargar ás familias, que estaban a asumir unha importante labor, con moitísimas dificultades e cun enorme esforzo, preocupación e descoñecemento. E con todos os demais adxectivos dos que queiramos botar man para expresar o que sentimos e sufrimos, eles e nós, durante este durísimo trimestre que acabamos de rematar. O que fixemos foi estar "na sombra". Isto é, incorporar actividades cuxa iniciativa partía dende a biblioteca escolar ás propostas das titorías. O que si fixemos dende a biblioteca foi ter un contacto diario co alumnado a través do blog: propostas de actividades para realizar na casa, recomendacións de lectura, comunicación de novas literarias, mostra dalgúns dos traballos... Tamén houbo contacto con algunhas familias a través do correo electrónico da biblioteca. Pero a verdade é que foron poucas.
  20. 20. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 19 As actividades que conseguimos quitar adiante (coa case totalidade de participación por parte das familias e do profesorado) foron: o Día Down: calcetíns desaparellados. Cadaquén enviou unha fotografía ao whatsapp do cole. o Día do Libro Infantil e Xuvenil: Fotografía co noso libro infantil favorito. o Día do Libro: Os profes gravamos un vídeo para os nosos alumnos e alumnas coa lectura continuada de Adiviña canto te quero, para transmitirlles o cariño que lles temos e amosar como pode transmitirse dende e para os libros. o Letras Galegas: elaboramos actividades relacionadas coa celebración das Letras Galegas e con Carballo Calero e compartimos as propostas de diferentes entidades (o Seminario Galán, A Real Academia, por exemplo). Foron colgadas no blog da biblio, para que tiveran libre acceso, e tamén, unha vez seleccionadas, enviadas como propostas de traballo semanal para cada unha das titorías a través de, ou ben a aula virtual do centro ou do E-Dixgal (en función do curso ao que foran dirixidas). Tamén lanzamos unha proposta bastante aberta ás familias para que enviaran material para elaborar un vídeo. A participación foi tan alta e tan variada (debuxos, audios, lecturas, bailes...) que, no lugar de 1, editamos 9! o Celebramos o Festival Taléntame, que responde totalmente ao modelo SEM. Cada neno, cada nena, converteuse en youtuber e elaborou un titorial para amosar ao resto d@s compañeir@s o seu talento persoal. A participación foi moi boa. o Día do Medio Ambiente. Para rematar o proxecto medioambiental que quedara colgado no mes de marzo, editamos un vídeo no que participamos tanto o alumnado coma nós. Utilizamos, co beneplácito do grupo, a canción Verdescente, de Uxía Lambona. Foi unha gran satisfacción que posteriormente se puxeran en contacto para expresarnos o moito que lles gustara e que o compartiran na súa propia páxina de Facebook. o Elaboración dun vídeo de despedida para 6º. Participou case a totalidade do alumnado e todo o profesorado. o Selección de novidades para as recomendacións de lectura para o verán e elaboración dos trípticos. o Eu leo porque... As nenas e nenos de 6º enviaron por correo as súas razóns. El@s non puideron elaborar fisicamente o gato que forma xa parte da nosa colección do corredor, así que, desa parte ocupámonos nós.
  21. 21. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 20 o Estas actividades foron compartidas a través das redes sociais. O Taléntame foi recoñecido polo CFR como exemplo de boa práctica educativa e tema dunha entrevista á nosa directora en Radio Fene. AVALIACIÓN Dentro do lote das cousas que quedaron ser facer a causa da pandemia está a avaliación do proxecto de biblioteca. Non tivemos a oportunidade de pasar as enquisas habituais, nin ás familias, nin ao profesorado, nin ao alumnado. Sabemos, porque nun centro como o noso (50 alumnos) a observación directa é unha ferramenta suficientemente eficaz, que os datos resultarían similares aos dos anos anteriores. A nosa biblioteca funciona. E funciona ben. Con moitísimo traballo detrás (como todas), iso si. As aulas utilizan habitualmente a BE para traballar, buscando nela a información e manexando os fondos para actividades diversas. Son menos os que a usan simplemente para darse o gusto de cando en vez de ler nela, moitas veces pola continua esixencia de rematar uns contidos necesarios. Non queda no noso centro profesorado que ve a BE coma mero utensilio para a animación á lectura. Traballar por proxectos obrigou a entender a necesidade real dunha biblioteca organizada, de saber moverse por ela, de coñecer a c oloc ac ión dos fondos e coma localizalos. A versatilidade na colocación do mobiliario (agás andeis e mostrador de xestión) posibilita a creación de espazos diferentes en función das necesidades concretas e así propicia o emprego da BE con diferentes obxectivos, permitindo acoller á totalidade do alumnado cando é necesario. A aposta polo modelo SEM é un indicador da nosa maneira de entender o ensino e unha proba de que a nosa biblioteca é o eixo vertebral da actividade do centro. Curso tras curso constatamos que as horas das que dispón o equipo son insuficientes, a pesar de que a dirección reserva para a biblioteca todas cantas pode. Si conseguimos defender con dignidade o proxecto de biblioteca é con moitas horas "roubadas" á nosa vida privada. E, aínda así, rematamos sempre o curso coa sensación (e a realidade) de non ter chegado a todo canto pretendiamos conseguir cando este empezou. Esta é a verdade. Sempre, sempre, quedan cousas pendentes para setembro. Esta situación agravouse no presente curso. Unha rémora engadida para o próximo, xa de por si incerto, atípico e preocupante.
  22. 22. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 21 Avaliación cumprimento liñas prioritarias 2019-20 1.En relación coa organización e a xestión. Valoración e selección de fondos para ampliar a colección de BE x Catalogación.rexistro e informatización dos mesmos x Ordenación de espazos x Manter o servizo de préstamo x Continuar co préstamo para o verán. x Potenciar o espazo fedelleiro. x Manter estreita colaboración coa comunidade educativa a tavés da ANPA, das propias familias e dos servizos culturais do Concello, particularmente da Biblioteca Municipal. x Manter e actualizar o blog e xestionar as contas da BE (Pinterets, Istagram, Youtube, gmail, facebook...) X Formar parte do equipo da biblioteca compromete aos seus membros á formación indispensable sobre BE e temas afíns. X A posta en práctica do proxecto de BE en todos os seus apartados corresponde a todo o profesorado. X A aprobación deste proxecto en claustro é vinculante á súa posta en práctica X Obxectivos e actividades integraranse nos procesos pedagóxicos do centro, e serán recollidos no PEC, PCC, PXA e programacións didácticas. x Def . Ll m. Bo Exc . Naqueles aspectos que son indicadores do compromiso do claustro co proxecto da BE pódese comprobar que este é alto. Peor que en anos anteriores foi a adquisición de fondos e a catalogación. Quedamos sen case a metade do curso para este fin. Tamén foi imposible manter o préstamo para o verán.
  23. 23. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 22 2 . En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, á súa integración no tratamento do currículo e á súa contribución ao desenvolvemento das competencias clave do alumnado. Elaborar guías de lectura con recomendacións trimestrais e dar publicidade as novidades da biblioteca. x Presentación das novidades adquiridas nos expositores. X Exposicións temáticas. X Ampliar o uso das guías temáticas. X Colaboración plena con todos os proxectos que se realicen no centro. X Continuar adquirindo fondos específicos para NEAE. X Colaborar co equipo TIC na educación dixital. X Def. Lím . Bo Exc. A falta de tempo continúa a facer de todo imposible elaborar máis guías de lectura das que facemos (Nadal e verán). 3. En relación coa formación de usuarios e educación para o acceso á información. Actualizar a guía da biblioteca. De ser posible, cambiar o seu formato, integrala no blog da BE. x Continuar co plan de formación de usuari@s, dende EI a 6º de Primaria. Formará parte do currículum de cada curso, sistematizándoo, deixando de ser actividade exclusiva da BE. x A BE cooperará e proporcionará a información/formación precisa ao profesorado para a posta en práctica e elaboración de material necesario en cada nivel educativo para a FU. x Insistir na FU do profesorado, de xeito que tod@s podan utilizar a biblioteca autonomamente. Datas en setembro, de carácter obrigatorio, para esta formación. x Proposta de proxectos que esixan a busca, manexo, selección, reelaboración... de información en tódolos soportes. Elaboración dun PDI anual coordinado entre todo o centro. x Xestionar os grupos de alumnado voluntario como axudantes da BE, sen que nunca incidan negativamente na FU. x Tentar propostas tendentes a cambiar o horario de préstamo posibilitando maior flexibilidade. x Def. Lim. Bo Exc.
  24. 24. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 23 En todos estes aspectos continuamos na liña dos cursos anteriores. 4. En relación co fomento da lectura e co desenvolvemento do PLC. Continuar coas propostas do proxecto inicial: préstamo individual informatizado, préstamo ás aulas de lotes "viaxeiros", préstamos "temáticos"... x Manter a oferta de Mochilas Viaxeiras. Unha por nivel. Tempo: 15 días. x Manter as actividades "Érase que se era" e "Canto conto na casa" en Educación Infantil x Sesións de contacontos, visitas (de ser posible economicamente) de animador@s, escritor@s e/ou ilustrador@s. x Participar nas campañas de animación á lectura doutras entidades (editoriais, concello, biblioteca municipal...) x Manter a Hora de Ler tal como se iniciou no curso 2008-09 (lectura nas titorías, libre, silenciosa e sostida). Cada titoría poderá xestionar este tempo de lectura con propostas alternativas que non desvirtúen a esencia desta actividade: lectura en voz alta algunha sesión, recomendacións lectoras entre pares... x Elaborar máis Story Sacks coa colaboración das familias. x Colaborar co departamento de orientación na elaboración de propostas para mellorar a competencia lectora, prevista no Plan Lector, a partir dos resultados obtidos nas probas diagnósticas realizadas ao alumnado. x Manter outras actividades relacionadas co fomento da lectura (recitais, seleccións de lecturas, contacontos nas aulas...) x Continuar coas actividades relacionadas con datas concretas (Mes das Bibliotecas, Candeloria, Día de Rosalía, da Paz, da Poesía...) como elaboración de carteis, recomendacións de títulos por idades en datas puntuais, concursos de debuxos, lemas, marcapáxinas, exposicións, favoritos, elaboración de textos de distintas tipoloxías... x Incidir na formación literaria do noso alumnado con propostas de calidade. x Def. Lim. Bo Exc. En todos estes aspectos mantemos tamén unha avaliación similar á dos anos precedentes.
  25. 25. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 24 5. Outras actuacións Continuar coa "expansión física" da BE. X Impulsar a actividade Compartindomomentos. X Traballar de maneira interdisciplinaria cos outros equipos do centro. X Propor a creación dun grupo de traballo ou seminario para iniciar un proceso exhaustivo de avaliación, adaptando e tendo como base o documento Bibliotecas Escolares, entre interrogantes? x Def. Lim. Bo Exc. Queda pendente o grupo de traballo. Sen dúbida ningunha haberá algún no centro, pero non está nada claro que, unha vez máis, esta sexa a opción elixida. 6. Criterios e procedementos de avaliación. Indicadores e instrumentos. Avaliación continua ao longo do proceso. x Recollida de datos no rexistro de préstamos. X Uso de indicadores e gráficos do programa de xestión... X Actas das sesións de coordinación. X Recollida de datos (enquisas, cuestionarios, suxestións...) X Def. Lim. Bo Exc. Tal como indicamos con anterioridade, este curso non pasamos as enquisas de avaliación. Os indicadores e gráficos están, coma sempre, no programa de xestión; mais non nos pareceu estritamente relevante incorporar todos á memoria, polo feito de terse interrompido o préstamo en marzo. Si comprobamos que o feito de ser un centro Plurinfantil fixo que sexa un libro de inglés o que encabeza a lista de título máis prestado, desbancando aos Bolechas de Pepe Carreiro do lugar que ocupaba dende vai ben de anos.
  26. 26. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 25 Da gráfica de editoras máis prestadas pódense tirar datos como que case un 60% son de libros en galego. Esta cantidade pode incluso ser maior, xa que algunha das editoras publican nos dous idiomas (galego e castelán). O préstamo por idades expresa claramente como vai aumentando o préstamo a medida que as nenas e os nenos van medrando. Reflexa tamén o problema que tivemos en 5º de Primaria durante o 1º trimestre. Mais o verdadeiramente relevante neste curso singular é reflexionar e dar resposta a todos eses interrogantes que tan acertadamente pon en cuestión o documento Bibliotecas Escolares Abertas con respecto aos servizos virtuais ofertados durante a suspensión da actividade docente presencial.
  27. 27. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 26 - Ofertamos apoio e servizo á comunidade? Si - Empregamos ferramentas accesibles? SI - Aportamos recursos adecuados? SI - Promovemos actividades de forma eficiente? SI - Contribuímos a aumentar a confusión e a dispersión? NON - Houbo interacción co alumnado e as familias? SI - Difundíronse as producións? SI - Colaboramos con outros axentes educativos? So co equipo docente do centro. - A comunicación foi eficaz? SI. - Contribuíron as propostas a adquisición de competencias? Si - De que modo se mide esta contribución? De que modo se mide esta contribución? Nesta ocasión esta contribución non foi medida, dados os termos en que se fixo a avaliación de toda a actividade non presencial. Mais, agás ao que respecta á avaliación, consideramos que a actividade da biblioteca durante todo este tempo foi pertinente, igual que o foi toda a actividade docente. Realmente estamos altamente satifeit@s, como equipo docente, do alto nivel de adaptación que conseguimos en pouco tempo, como conseguimos chegar a todas as familias, salvando diferentes dificultades iniciais, estando en contacto permanente cos nosos nenos e nenas a través de videoconferencias e a disposición plena das familias por medio do whatsapp do cole e a rede Abalar... Fumos quen de organizar un terceiro trimestre coherente, dosificado, competencial, divertido... A biblioteca é un elemento máis deste todo. Así nolo ratificaron as familias por medio da enquisa que cubriron as familias en GoogleDocs. https://docs.google.com/forms/d/1X2pAsKHFEBlptLqfa9HVlIcOKj9z2LI4gyUGluWweoc/edit
  28. 28. BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais MEMORIA PLAMBE 2019-2020 27 PREVISIÓNS DE FUTURO Nunca o futuro foi tan incerto. Intentaremos seguir as liñas prioritarias que marcamos e desenvolver un proxecto de biblioteca similar aos dos anos anteriores. Antes que nada, claro está, estableceremos un protocolo de prevención sanitaria e respectaremos todas as normas que nos veñan impostas. O escaso número de alumnos do CEIP Plurilingüe Os Casais, que sempre foi un motivo de preocupación con respecto ao futuro, nesta situación tan peculiar na que estamos resulta un factor ao noso favor. Dispoñemos das condicións idóneas para que as distancias de seguridade e outras medidas de prevención repercutan o menos posible nas dinámicas cotiás do centro. A nosa intención é, como mínimo, manter o nivel de funcionamento que vimos desenvolvendo ata o de agora, a pesares de que supón un grande esforzo persoal dado o limitadísimo tempo do que dispoñemos. Procuraremos mitigar, na medida das nosas posibilidades, a gran perda que para o noso equipo supón a xubilación da compañeira Maribel Serantes, un "peso pesado" no campo das bibliotecas escolares. E, polo demais, non imos especificar. Mellor é case non pensar no que imos facer, porque inmediatamente aparece a pregunta de si poderemos facelo ou teremos que volver para a casa cando menos o esperemos. Porque o futuro é máis incerto que nunca.
  29. 29. MEMORIA PLAMBE 2019-2020 BIBLIOTECA ESCOLAR Paula Carballeira. CEIP. Plurilingüe Os Casais 28 En Maniños, 29 de xuño de 2020 A responsable da Biblioteca Escolar Visto e prace A directora Asd. Mª José Vila Barreiro Asdo. Lorena Pita Fraga

Memoria do curso 2019-20 da biblioteca escolar Paula Carballeira, do CEIP Plurilingüe Os Casais de Maniños.

Views

Total views

4,349

On Slideshare

0

From embeds

0

Number of embeds

4,226

Actions

Downloads

1

Shares

0

Comments

0

Likes

0

×