Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

of

Amencer 2017 Slide 1 Amencer 2017 Slide 2 Amencer 2017 Slide 3 Amencer 2017 Slide 4 Amencer 2017 Slide 5 Amencer 2017 Slide 6 Amencer 2017 Slide 7 Amencer 2017 Slide 8 Amencer 2017 Slide 9 Amencer 2017 Slide 10 Amencer 2017 Slide 11 Amencer 2017 Slide 12 Amencer 2017 Slide 13 Amencer 2017 Slide 14 Amencer 2017 Slide 15 Amencer 2017 Slide 16 Amencer 2017 Slide 17 Amencer 2017 Slide 18 Amencer 2017 Slide 19 Amencer 2017 Slide 20 Amencer 2017 Slide 21 Amencer 2017 Slide 22 Amencer 2017 Slide 23 Amencer 2017 Slide 24 Amencer 2017 Slide 25 Amencer 2017 Slide 26 Amencer 2017 Slide 27 Amencer 2017 Slide 28 Amencer 2017 Slide 29 Amencer 2017 Slide 30 Amencer 2017 Slide 31 Amencer 2017 Slide 32 Amencer 2017 Slide 33 Amencer 2017 Slide 34 Amencer 2017 Slide 35 Amencer 2017 Slide 36 Amencer 2017 Slide 37 Amencer 2017 Slide 38 Amencer 2017 Slide 39 Amencer 2017 Slide 40 Amencer 2017 Slide 41 Amencer 2017 Slide 42 Amencer 2017 Slide 43 Amencer 2017 Slide 44 Amencer 2017 Slide 45 Amencer 2017 Slide 46 Amencer 2017 Slide 47 Amencer 2017 Slide 48 Amencer 2017 Slide 49 Amencer 2017 Slide 50 Amencer 2017 Slide 51 Amencer 2017 Slide 52
Upcoming SlideShare
What to Upload to SlideShare
Next
Download to read offline and view in fullscreen.

0 Likes

Share

Download to read offline

Amencer 2017

Download to read offline

Revista escolar do CEIP Os Casais de Maniños. Curso 2016-17.

Related Audiobooks

Free with a 30 day trial from Scribd

See all
  • Be the first to like this

Amencer 2017

  1. 1. Índice Limiar…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….2 Proxectos Educación Infantil ……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………4 Os nenos e nenas de 1º ensínannos Remedios caseiros……………………………………………………….……………………………………………………………………………………7 Algunhas saídas contadas polo alumnado de 2º……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………14 “Os Stars van á guerra espacial” pola rapazada de 3º-4º …………………………………………………………………………….21 Os máis maiores do cole escriben sobre… - Carlos Casares e o gato Samuel……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………25 - O noso comedor………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………28 - A súa experiencia no teatro Jofre…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………31 - Actividades deportivas……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………36 E moitas máis cousas… - O rastro que deixamos…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………40 - Unha cura para Adri………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………42 - Consultorio Señorita Pepis…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..43 - Crosswords…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………48 - Despedida de 6ª……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….……………………………………………51
  2. 2. 2
  3. 3. 3
  4. 4. 4 ESTE CURSO 2016/17 OS NENOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL FIXEMOS VARIOS PROXECTOS. NO E NO PESCUDAMOS SOBRE
  5. 5. 5
  6. 6. 6
  7. 7. 7 REMEDIOS CASEIROS CON PLANTAS DOS ARREDORES Os alumn@s de 1º de primaria para traballar o proxecto da biblioteca sobre o noso bosque, decidimos buscar remedios caseiros con plantas dos arredores e moi sinxelos de preparar e, por suposto, moi baratos. Atopamos uns cantos remedios sinxelos que gustaríanos compartir con todos vós. - EUCALIPTO para a dor de garganta. (ADA) - ORTIGAS o Para a caspa (ENEKO) o Para as mans secas (SAMUEL) - LOUREIRO para a caspa (PEDRO) - PEREXIL para os insectos (PEDRO) - ALOE VERA para feridas e queimaduras (DANIEL, MARIO E SANTIAGO) - XAROPE CON LIMÓN, SALVIA E TOMILLO para a tose. (DANIELA) - TOMIÑO en infusión para a tose. (INÉS) - CANELA E XENXIBRE en infusión para á gripe, dor de moas e diabetes. (NORA)
  8. 8. 8 Té de EUCALIPTO para a dor de garganta e problemas respiratorios. Ingredientes: - 10 follas de eucalipto - 1 litro de auga Preparación: Ferver auga e despois botarlle as follas do eucalipto. Sacar do lume e deixar fora un pouquiño, inhalar o vapor que sae, mínimo dúas veces no día e 15 minutos de cada vez. ADA RAÑALES ALLEGUE
  9. 9. 9 ORTIGAS - Ortigas para suavizar as mans Si temos as mans secas ou pouco suaves, chega con tomar os brotes máis tenros das ortigas. Fervelos durante un cuarto de hora con auga. Deixar enfriar e colar a mezcla. Aplicar con algodón dando golpeciños sobre a zona afectada. SAMUEL GONZALEZ ALLEGUE - Ortigas para a caspa Collemos 100 gramos de ortigas incluíndo as raíces. Nun litro de auga metemos as ortigas e as fervemos durante 15 minutos e deixamos enfriar. Despois de lavar o pelo, botamos o líquido e aclaramos pasados 10 minutos. ENEKO GARCÍA VEGA
  10. 10. 10 LOUREIRO para a caspa Botar nun litro de auga fervendo tres culleradas de follas de loureiro trituradas, tapar e deixar repousar 25 minutos. Cando estea frío xa se pode botar pola cabeza e masaxear un pouco. PEDRO ROEL ALVARIÑO PEREXIL para os insectos Collemos o perexil e esmagámolo ata sacarlle zume. Este zume botámolo para aliviar o picor das picaduras de mosquito. Este zume actúa tamén como repelente para os mosquitos. PEDRO ROEL ALVARIÑO
  11. 11. 11 ALOE VERA para as queimaduras A planta de aloe vera é unha planta curativa, xa que ten moitas propiedades curativas e utilízase en medicina natural desde fai moitos anos. É moi boa para curar as queimaduras e feridas. Non hai máis que cortar unha das súas follas, pelala e poñela na parte afectada. DANIEL FREIRE PIÑEIRO MARIO GOMEZ COUTO SANTIAGO AGUILERA MANJARRES
  12. 12. 12 LIMÓN, SALVIA E TOMIÑO. Xarope para a tos. Ingredientes: - 2 culleriñas de raiadura de limón - 1 culleriña de salvia - Media culleriña de tomiño - Zume de medio limón Preparación: Nunha cunca de auga quente verter as raiaduras de limón, a salvia e o tomillo. Deixar repousar 15 minutos. Despois verter o zume de limón e o mel. Bebelo dúas ou tres veces ao día. DANIELA PEREZ VIZOSO TOMIÑO en infusión. Remedio caseiro contra a tose. Preparación: 1.- Auga fervendo 2.- Tomiño 3.- Repouso INÉS RODRÍGUEZ PICO
  13. 13. 13 CANELA E XENXIBRE en infusión Faise unha infusión cos dous ingredientes. Añádese un pouco de mel. Sirve para curar a gripe, para a dor de moas e tamén para a diabete. NORA ALONSO SÁNCHEZ-RICO
  14. 14. 14
  15. 15. 15
  16. 16. 16
  17. 17. 17
  18. 18. 18
  19. 19. 19
  20. 20. 20 Mario Martínez 2º curso
  21. 21. 21
  22. 22. 22
  23. 23. 23
  24. 24. 24
  25. 25. 25 A IDEA DE SAMUEL O gato Samuel era o gato de Carlos Casares. Vivían os dous xuntos máis a cadela Leda. Un día, Carlos se deixou enriba da mesa uns papeis coas columnas nas que escribía. Samuel tamén decidiu facer unhas columnas e, dende ese día, debaixo das columnas de Carlos, hai un apartado chamado “ O Gato Samuel”. Breixo Riveiro-5º O PERIODISMO O gato Samuel é un gato moi traveso, o seu soño é ser periodista . Conseguiuno; e ese día foi moi feliz. Cando tivo que ir traballar, atopou un home moi simpático chamado Carlos Casares. Tamén era periodista. Estaba describindo o que pasara no parque, e o gato Samuel ía xusto a describir iso tamén . As normas dun periodista son que non se pode poñer a mesma descrición en dous periódicos diferentes. O gato Samuel empezou a pelexar con el. Quería facer el a descrición porque se non o ían despedir. E así foi: a Samuel despedírono e quedou outra vez marxinado. Non lle durou moito o traballo. Sofía López-6º
  26. 26. 26 O GATO SAMUEL O Gato Samuel era o gato de Carlos Casares. Ou Carlos Casares era o humano do gato Samuel. Chegou a ser tan coñecido porque Casares escribía unha columna diaria nun xornal, A Marxe, e fíxoo varias veces sobre Samuel. Casares tiña un gato siamés chamado Tomás e, cando morreu, regaláronlle a Samuel. Era dunha raza con moito pelo. Cando Carlos Casares o coñeceu, viu como se fose unha boliña de pelo gris. A familia pensou que lle tiñan que poñer un nome. Namentres comía, véuselle á cabeza o nome de “Samuel”. Carlos Casares escribiu nas súas columnas moitos artigos sobre Samuel. Sobre como medraba ou o que facía. E se pasaba tempo sen escribir, a xente preguntáballe por el.Un destes artigos é, por exemplo, “Non pasa nada”. Samuel era moi amigo das cadelas Leda e Buba e cando Leda morreu, púxose tan triste que metía a cabeza debaixo dos coxíns horas e horas. Casares di de Samuel que é distinguido, elegante, guapo pero non presumido, nada clasista, independente, digno, bo, educado e formal. Non lle gustaba repetir as comidas. Durmía panza arriba e gustáballe a choiva e deitarse no sofá ou entre as patas de Leda. Estaba seguro de que Samuel coñecía a súa linguaxe corporal e que sempre sabía o que ía facer. Tamén conta que lle gustaba ver documentais de bichos e escoitar a música que escoitaba Casares; con Bach quedaba durmido. Prefería a Vivaldi. No inverno gustáballe estar no colo, ou facerse un novelo na cama, entre os pés. Algunha vez cazou algún paxaro, e a cadela Buba estaba alerta para roubarllo. Samuel pasou un tempo maliño e tiveron que ingresalo nunha clínica veterinaria; moit@s lectores e lectoras preocupáronse pola súa saúde e, ata que se recuperou, Casares tivo que ir informando de coma se atopaba o gato. Nós imaxinamos ao gatiño Samuel coma un gatiño moi lindo , e sobretodo moi intelixente. Con moitísimo pelo ,Carlos Casares volvíase loco por el…… Os seus ollos, de cor verde clara (que se quedabas ollando para eles, hipnotizábaste). Este ano, o Día das Letras Galegas estivo adicado a Carlos Casares, periodista e escritor. E Mica Bigotes pedíunos que imaxináramos coma se coñeceran ela e o gato Samuel. Así que nos deu por querer coñecer un pouco deste gato que chegou a famoso. Imaxe de primaveradasletras.gal Nel, conta que non fala moito ultimamente sobre Samuel porque non lle ocorren cousas extraordinarias, que a única novidade é que Samuel está medrando. Déitase cedo e non sae pola noite, como cando era máis novo. O único que lle falta é madrugar. Tamén di que Samuel está máis guapo.
  27. 27. 27 De orellas pequeniñas ,parecíanse moito ás dun rato, pero peludísimas. Os bigotiños, máis longos ca os de Mica Bigotes e os do Rato Gordecho xuntos. O seu rabo, moi longo……. E moi, moi peludo . Foto de academia.gal Era un gato moi cariñoso coa xente, sobre todo con Carlos Casares e a súa familia , todos os días cando Carlos Casares ía traballar, Samuel quedabase durmindo ou mesmo limpándose . E cando volvía de noite á casa, Samuel agardaba por el enriba dunha pedra e logo facíalle compaña vendo a tele. Anque ás veces Casares sospeitaba que lle botaba na cara chegar tan tarde, coma se lle chamase “pendón”. Era moi comilón ,zampaba todo o que lle poñías , ata unha taza de caldiño quente ou un prato de grelos. Encantábanlle os xeados. Nun artigo, Casares dixo del que podería andar de “chimpafigos”, “porquiño de santo Antón a pedir polas casas” de tan lambón que era. O que lle encantaba facer a Samuel era axudar ao seu dono a escribir libros , artigos para o xornal e ata algunha poesía. Imaxinamos que a el o que lle gustaba era ser poeta, pero coma el non podia trunfar coma escritor o facía Carlos Casares por el . Samuel foi tan famoso que ata outro escritor, Herminio Vallejo, adicoulle un libro da colección Os minilibros de Galaxia. Para celebralo, Casares invitou a Samuel a unha galleta e puxéronse a ver xuntos a televisión. Iván Gómez-6º EP Sofía López-6ºEP Jennis Maloles-5º EP Silvia Miragay -6ºEP Breixo Riveiro-5º EP BIBLIOGRAFÍA: -Casares, Carlos. Artigos A marxe. Voz de Galicia. -Sumai, Anxos.Artigo .Samuel. Felinas.Revista Tempos Novos,240.
  28. 28. 28 O NOSO COMEDOR Este curso estreamos comedor no noso colexio. Foi unha novidade importante e tod@s tiñamos moitas ganas de empezar. Inaugurouse o 28 de setembro do ano pasado. Foto tomada de Radiofusion.eu O comedor é moi bonito e ten mesas para @s máis peques e para máis maiores. E ata saímos no xornal! Viñeron o alcalde, Juventino Trigo, e a concelleira Sandra.
  29. 29. 29 O primer día foi moi guai pero os demais ainda mellor. Na parede hai un cociñeiro pintado moi grande e tamén moi divertido. E na porta, uns cubertos simpatiquísimos; doutro lado, vaixela nun alzadeiro... E no recuncho de xogos, unha paisaxe preciosa.Pintárono as nosas mamás da ANPA que sempre nos axudan en todo. Son unhas artistazas!!!.
  30. 30. 30 No medio están as mesas para comer, cuns manteis moi bonitos e de moitas cores.Hai moitos xogos e todo está moi decorado, en xeral moi chulo. Cando entramos a primeira vez pareceunos o comedor dun conto ilustrado, de tan bonito que é. A comida está moi boa, anque ás veces hai alguén a quen non lle gusta algo. Aquí é unha boa maneira de aprender a comer de todo. Da comida encárgase a empresa Catering Ferrolterra. Cando remata un mes, xa temos exposto o menú do mes seguinte, no blog da ANPA Río de Va, no seu Facebook e na entrada do cole; así nós e as nosas familias sabemos o que imos comer cada día. E se iso non fora suficiente, aínda por riba temos unha coidadora estupenda.Todos a queremos moitísimo. Chámase Isa e, aínda que non é unha nena, xoga con nós ao fútbol, ao escondite... e nos ensina moitas cousas novas; ás veces ata lle chamamos avoa ou mamá.( E ás veces nos perdoa algo da comida) Despois de comer, Isa nos deixa xogar cos xogos... e as veces ela tamén xoga anque por veces non a deixamos en paz. Pero a queremos moitísimo!!!!!!!!!. Cando vai bo tempo, saímos xogar fóra. Ademais temos que darlle as grazas as mamás da ANPA porque sempre nos axudan en todo. Cando Isa non pode vir, quedan elas e se portan moi ben con nós. E non só nos axudan no comedor, tamén noutras cousas; pero diso xa falaremos noutro momento. Clara Mandaradoni Yáñez -5º
  31. 31. 31 ACTRICES E ACTORES NO TEATRO JOFRE Todo isto empezou porque a Maribel, a nosa profe, quería facer unha obra de teatro; entón nós tamén queriamos e, despois de ler varias obras, eliximos esta, que por se non vos díchedes conta é a obra... MAMASIÑA QUE MEDO!!!! De Chus Pereiro, unha gran escritora. Repartimos os papeis e, coma non chegabamos, algúns e algunhas tiñan dúas personaxes. Pensamos nos decorados e coma facelos. Entón se fixo unha reunión coas nosas familias para explicar todo, pedir permisos e falar da roupa que podiamos levar. A comezos de febreiro empezamos a ensaiar, pero cos papeis na man, lendo o texto. Maribel (a “directora de escena”) dábanos algunha idea, pero deixou que fósemos facendo nós e decidindo como iamos facer. Logo de estar varios meses ensaiando, a “directora escénica” empezou a darnos ideas máis concretas sobre como falar, movernos polo escenario, facer acenos,,, as últimas semanas estabamos moi nervios@s (Maribel tamén) e incluímos un par de bailes para “disfrutar”. Coma este curso fixemos tantas cousas, non atopabamos tempo para facer os decorados e a profe pedíulle axuda á ANPA. Se non vedes a obra, non volos podedes imaxinar. Son xeniais!!!. Querémosvos contar un pouco a nosa experiencia e como foi a obra de teatro que interpretamos as nenas e nenos de 5º e 6º no teatro Jofre, en Ferrol; exactamente, o dia 1 de xuño de 2017. Participando na actividade Teatro con G.
  32. 32. 32 Chegou o día. Collimos as cousas que deixamos preparadas no colexio e alá fumos. Noe e María pasaron horas e horas e horas facéndonos uns decorados de película!!!. Cando Maribel nos levou a velos, nos últimos días, ficamos apampad@s. Dúas verdadeiras artistas!!! E cando os vimos montados no escenario do Jofre…Uau!!! Estaban agardando por nós, coma actores de verdade. Leváronnos aos camerinos para caracterizarse nos personaxes, vestirnos e maquillarnos. Eran impresionantes, ata tiñan un espellos con luces arredor e sillóns coma os que se ven na tele e todo.
  33. 33. 33 Cando chegamos abaixo, quedamos abraiad@s do grande que era aquilo todas esas butacas e ese grande escenario. Sentímonos moi pequen@s. Menos mal que poidemos ensaiar unha parte, para irnos afacendo. Pareceunos todo impresionante: a música, as luces…OS DECORADOS!!!. Pero…agardade, non vos contamos que vai dunhas bruxas moi tolas, a máis vella Celidonia, bruxa profesional, que chegan a Xalundes onde había un xigante que papaba á xente; anque a vasoira ía estragada, grazas aos piollos que...non vos contamos máis, sería un spoiler!!! É unha obra graciosa, e da maneira que a quixemos facer, é para rir. Por exemplo, a vasoira era unha aspiradora vella con punta de vasoira; o mando a distancia era unha man de plástico cunha vara longa… Era fantástico. Sentámonos nas butacas de diante e empezou o espectáculo da obra de extracolares que estivo moi divertida e graciosa. Despois chegou o momento da nosa.
  34. 34. 34 Entón fixemos a obra, no baile final a música sonaba xenial, a tope, e todo o mundo nos aplaudía; iso era moi guai. Foi unha experiencia estupenda. Agora representarémola no cole, para todas as nosas familias. Divertímonos, discutimos un pouco, aprendimos, desesperamos algo á profe…queremos repetir a experiencia!!! Para nós, teatro é diversión; divírteste facéndoo, meténdote na pel doutras personas/personaxes; axuda a relacionarte cos demáis, ensínache a non ser tan tímid@, a expresar as emocións (tristeza, ledicia,rabia,medo...)
  35. 35. 35 O teatro axúdate a soltarte para facer cada papel. Cando estamos sobre o escenario interpretando, sentímonos coma se estivesemos aí (nese lugar) de verdade; sentimos que somos esa personaxe. Porque fas unha obra de teatro para divertirte, porque nos gusta facer teatro. Ogallá que vós tamén disfrutedes coa nosa representación,queremos darvos as grazas por vir vela; pero, sobre todo, moitas grazas a Maribel, Fini (que nos ensinou a cantar o canto de cego), Maria e Noe por facer que todo isto sexa posible. GRAZAS Paula Salgado González 6º Nerea Seijo Alvariño 6º Alexia Villar Beceiro 6º
  36. 36. 36 O BALONCESTO EN CADEIRA DE RODAS CHEGA O NOSO COLEXIO: Este curso visitounos Álvaro Illobre, deportista famoso que práctica, entre outros deportes, baloncesto en cadeira de rodas. Veu ao cole para darnos unha charla e practicar coas cadeiras de rodas. Veu acompañado por un compañeiro de equipo.
  37. 37. 37 Tamén os alumnos de todos os curso, fixémoslle agasallos e quitamos fotos con eles. Gustounos todo, menos que tivemos que facelo no ximnasio porque estaba a chover. Alumnos de 5º EP
  38. 38. 38 ÁRBITRO DE PRIMEIRA DIVISIÓN NO COLEXIO: No primeiro trimestre visitou o noso colexio o árbitro de primeira división Ignacio Iglesias Villanueva. Dounos unha charla sobre o se traballo e ademais tamén é mestre de E.F e traballara temporalmente no noso cole. Falounos de como comezou a ser árbitro e púxonos moitas diapositivas na pantalla da biblioteca.
  39. 39. 39 Para agradecerlle a súa visita, cada curso, fíxolle un agasallo. Gustounos moito a súa visita, o único que non nos gustou foi o pouquiño tempo que estivo con nos. Alumnos de 5º EP
  40. 40. 40 O 12 de xullo de 2016 morría en Vigo Agustín Fernández Paz, un dos autores máis queridos da nosa literatura, o máis traducido e un dos máis vendidos; recoñecido con numerosos premios, tanto nacionais como internacionais. Fernández Paz foi un mestre profundamente comprometido coa educación e coa defensa da cultura galega e, por iso, parte da súa obra son ensaios e libros relacionados coa lingua e a normalización, mais a maior parte dos seus escritos son de literatura infantil e xuvenil. Nos tempos no que impartiu aulas da antiga EXB pasou anos en Mugardos e deixou unha fonda pegada na contorna, así como un gran número de amigos, que decidiron renderlle homenaxe coa iniciativa O rastro que deixamos. Foron varios os colexios que decidiron participar; entre eles, o noso. O rastro que deixamos Preparamos unha exposición no corredor de entrada á biblioteca na que colocamos algúns dos libros escritos por el.
  41. 41. 41 Despois fixemos moitos traballos nas aulas, para aprender cousas sobre a súa vida, sobre o seu traballo e sobre os seus libros. Traballamos co hashtag #SempreAgustín e escribimos frases de Agustín en follas, naturais e de papel. O alumnado de 5º e 6º tamén construíu un milladoiro. Quedou unha exposición ben chula! Ademais todos fomos persoas-libro e levamos por as aulas fragmentos de obras de Agustín Fernández Paz. Biblioteca Escolar "Paula Carballeira" A finais de xaneiro celebramos un fermoso acto no propio colexio no que cada curso compartiu cos outros aquela obra que escolleron. Aquí podedes ver as fotos dese día e o primeiro capítulo de Lúa do Senegal, na voz das nenas e nenos de 5º e 6º. E, finalmente, xuntámonos con outros coles no Auditorio de Ferrol para expoñer e compartir as actividades realizadas, escoitar música, cantar e, sobre todo, lembrar ao benquerido Agustín.
  42. 42. 42 Unha cura para Adri Neste curso, ademais de outras moitas actividades solidarias, que xa temos convertidas case que en algo cotiá, porque levamos anos facéndoas, realizamos unha moi especial. Se xa nos temos convertido en recicladores expertos, reivindicadores do coidado do medio ambiente, defensores dos dereitos dos nenos e das nenas (sobre todo, do dereito á educación), loitadores pola igualdade, a participación e a cooperación..., entón non podemos ser indiferentes ante causas importantes e próximas. Por iso elaboramos marcapáxinas para axudar a Adri. PROXECTO "Somos quen" Damos as grazas ás persoas que os compraron: familiares, amigos e veciños e a toda a xente que colaborou desinteresadamente (sen levar marcapáxinas ningún).
  43. 43. 43
  44. 44. 44
  45. 45. 45
  46. 46. 46
  47. 47. 47
  48. 48. 48 CROSSWORDS: Typical crosswords of clothes:
  49. 49. 49 Crosswords of food:
  50. 50. 50 Transport crossword:
  51. 51. 51 DESPEDIDA DE 6º Xa chega o momento de ir ao Instituto, de despedirnos deste colexio. Xa rematou o cole, un cole que nos ensinou todo o que sabemos.Danos moita pena, xa que estivemos xunt@s dende EI (algún, algunha aínda sen cumprir os 3 anos!!!!) e son moooooitos anos da nosa vida, case toda. Aquí deixamos amig@s que volveremos atopar. Aquí coñecimos a amig@s que agora xa están na ESO ou en Bachalerato…e agora imos nós para aló. Aquí coñecimos xente que veu darnos charlas, contacontos, obradoiros, poetas…a falarnos das abellas. do bulling, dos cogomelos, da reciclaxe. Grazas ao noso cole coñecimos xente famosa: Ignacio Iglesias, árbitro de 1ª división (ademáis de ser o noso profe de E.F. algún tempo neste cole); Francisco Porto, un grande ceramista; Carme Romero, tamén ceramista; Fran Alonso, poeta, escritor, blogueiro; Diego Maceiras, músico que ten varios discos gravados;Álvaro Illobre, campión paralímpico internacional; Gonzalo Moure, escritor de contos moi bonitos; Antón Cortizas, escritor e poeta; Paula Carballeira, a madriña da nosa Biblioteca, poeta, contacontos, actriz… Pasar de 6º ao IES non é nada fácil, teremos que facer novas amizades, coñecer nov@s profes…e estudar moito máis, ha, ha, ha!!! Imos botar en falta aos nosos compañeiros e compañeiras que quedan no cole, e a tod@s @s profes que tivemos nestes anos: Ainhoa, Lorena, Fini, MªJosé, Jose, Marta, Cristina, Diana, María…Maribel. Estes últimos anos pasámolo moi ben. Fixemos moitas saídas, festivais, actividades…ata fomos actores e actrices facendo teatro!!! Grazas por todos eses momentos que pasamos xunt@s, profes e compañeir@s. Grazas a ANPA por todo: as festas, as “merendas”, os autobuses, os xeniais decorados da nosa obra de teatro (que artistas!!!) Queremos darlle as grazas a Maribel por estes dous anos. Do que nunca nos imos esquecer é das bromas que nos dicía e facía Maribel: as “collejas virtuais”, a sesión pipimax, os contos contados “ao revés”, as caras de darlle un ataque coas
  52. 52. 52 nosas faltas de ortografía, as discusións “filosóficas “ nas clases (como se mete a luz nunha bombilla?), as risas coa súa “Antoloxía do disparate” co que di que se vai facer millonaria grazas a nós (ese cadro “As señoras” que Picasso pintou cando Hitler foi rei de España, que, según ela, son As Meninas dun tal Velázquez…Seguro que se equivocou ao correxir!!!) Agora temos que cruzar unha nova liña para pasar a unha nova etapa da nosa vida. Temos un pouquiño de medo, pero imos superalo, porque, coma nos di Maribel, nós valémolo e nós podemos con todo…se queremos! Maribel, grazas por ensinarnos tantas cousas. Ensináchesnos a madurar e crecer coma persoas. Querémoste. Botarémosvos moito de menos!!!!!* *Pero non vos ides librar tan fácil de nós: viremos dar a lata de vez en cando!!! Alba, Nerea, Sofía, Iván, Silvia e Alexia

Revista escolar do CEIP Os Casais de Maniños. Curso 2016-17.

Views

Total views

2,581

On Slideshare

0

From embeds

0

Number of embeds

2,474

Actions

Downloads

0

Shares

0

Comments

0

Likes

0

×