UNIDADE
DIDÁCTICA 8:
A AVALIACIÓN
ÍNDICE
1. A avaliación en Educación Infantil
1.1. Modelos e tipos de avaliación
1.2. Características da avaliación
2. Os ámbitos de avaliación → Que avaliar?
3. O proceso de avaliación → Cando avaliar?
4. Técnicas e instrumentos de avaliación → Como avaliar?
5. A información ás familias
6. O expediente persoal
1. A AVALIACIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL
 A avaliación é o proceso de recollida e análise de información para
tomar decisións sobre a intervención educativa coa intención de
mellorala.
 Implicacións deste enfoque de avaliación:
 A avaliación é un medio para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe.
 A avaliación é inseparable do proceso de ensino-aprendizaxe, non é un feito
puntual ou illado deste proceso.
 A avaliación non está centrada exclusivamente nos procesos de aprendizaxe e
resultados do alumnado, senón que se estende a todos os ámbitos educativos:
procesos de aprendizaxe e resultados do alumnado, actividade do profesorado,
procesos educativos, funcionamento dos centros, función directiva, inspección e
Administracións educativas (LOE/LOMCE).
1. A AVALIACIÓN EN EDUCACIÓN INFANTIL (cont.)
 Normativa de interese*:
 LOE/LOMCE.
 Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo
da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
 Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o
desenvolvemento e a avaliación do 2º ciclo da Educación Infantil
na Comunidade Autónoma de Galicia.
1.1. MODELOS E TIPOS DE AVALIACIÓN*
 Modelos de avaliación:
 Avaliación formativa (orientada a mellorar o proceso) vs. Avaliación
sumativa (orientada a valorar o resultado).
 Avaliación cuantitativa (orientada a medir un fenómeno) vs. Avaliación
cualitativa (orientada a comprender un fenómeno).
 Avaliación normativa (en referencia a unha norma, é dicir, comparando ao
individuo co grupo) vs. Avaliación criterial (en referencia a un criterio, é
dicir, comparando ao individuo cun determinado nivel de rendemento).
1.1. MODELOS E TIPOS DE AVALIACIÓN (cont.)*
 Tipos de avaliación:
 Segundo os axentes implicados
 Segundo a súa extensión
 Segundo o momento
• Avaliación interna
(realizada por un membro
da propia institución)
• Avaliación externa
(realizada por persoal
alleo á institución)
• Autoavaliación
(avaliador/a
= avaliado/a)
• Heteroavaliación
(avaliador/a
≠ avaliado/a)
• Coavaliación
(avaliador/a
= e ≠ avaliado/a)
• Avaliación parcial (centrada en dimensións particulares do
alumno/a, a intervención...; ex.: no rendemento académico)
• Avaliación global (centrada nas distintas dimensións do
alumno/a, a intervención...)
• Avaliación inicial (ao comezo)
• Avaliación continua (no transcurso do proceso)
• Avaliación final (ao remate)
1.2. CARACTERÍSTICAS DA AVALIACIÓN
 A avaliación en Educación Infantil debe ser:
 Global: debe referirse ao conxunto das capacidades expresadas nos
obxectivos da etapa (non priman os aspectos intelectuais, físicos,
emocionais ou sociais; todos teñen importancia).
 Continua: debe ser un elemento inseparable do proceso educativo
(recóllese información sobre o proceso de ensino-aprendizaxe de forma
continua).
 Formativa: debe ter un carácter regulador e orientador (proporciona
información que permite mellorar a intervención educativa).
QUE AVALIAR?
2. OS ÁMBITOS DE AVALIACIÓN*
 A avaliación debe estenderse a todos os ámbitos educativos.
 En Educación Infantil destacamos tres ámbitos de avaliación:
a) Avaliación do proceso de desenvolvemento e aprendizaxe
das crianzas.
b) Avaliación da propia práctica educativa.
c) Avaliación do funcionamento do centro.
a) AVALIACIÓN DO PROCESO DE DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE DAS CRIANZAS*
 No 1º ciclo avalíase fundamentalmente o proceso de desenvolvemento das crianzas,
mentres que no 2º ciclo a avaliación céntrase tanto nos procesos de desenvolvemento do
alumnado como nas aprendizaxes.
 Esta avaliación realízase tomando como referencia os criterios e indicadores de
avaliación:
 Os criterios de avaliación (recollidos no currículo) son unha primeira aproximación para
coñecer en que medida o alumnado desenvolve as capacidades enunciadas nos obxectivos.
 Os indicadores de avaliación (establecidos polo educador/a a partir dos criterios de
avaliación) concretan os criterios de avaliación en trazos de conduta máis específicos que poden
ser observados e valorados polos/as docentes nas diferentes manifestacións do alumnado.
 A coordinación deste proceso de avaliación correspóndelle ao titor/a do grupo,
recollendo a información proporcionada polos outros/as profesionais que participan no
proceso educativo.
 A valoración do proceso de evolución e aprendizaxe debe ser cualitativa,
proporcionando información individualizada sobre os progresos efectuados por cada
nena/o.
EXEMPLO DE CONCRECIÓN DUN CRITERIO DE AVALIACIÓN EN INDICADORES ESPECÍFICOS
ÁREA DE COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL
CRITERIO DE AVALIACIÓN INDICADORES ESPECÍFICOS
Recoñece, identifica e
representa o corpo na
súa globalidade e as súas
diferentes partes.
(2º ciclo)
• Sinala as partes principais do seu corpo.
• Identifica e nomea elementos de segmentos corporais.
• Sinala correctamente partes e detalles do corpo (talón,
pestanas, cellas...).
• Nomea as partes do corpo sobre si mesmo/a e sobre as
outras persoas.
• Recoñece e acepta as súas características persoais.
• Pode describir características e circunstancias persoais.
• Fai unha descrición axeitada doutra persoa.
• Capta e describe diferenzas e semellanzas entre persoas.
• Logra un esbozo da figura humana, diferenciando:
cabeza e corpo, brazos, mans, pernas e pés.
b) AVALIACIÓN DA PROPIA PRÁCTICA EDUCATIVA*
 A avaliación da práctica educativa ten por finalidade mellorar a adecuación da
intervención educativa ás características e necesidades das crianzas.
 Esta avaliación debe ter en conta aspectos como: ambiente na aula (clima,
interacción entre crianzas, relación educador/a-crianzas...), adecuación da proposta
pedagóxica e da propia planificación educativa (adecuación das unidades didácticas
programadas e das actividades desenvolvidas, organización dos espazos e dos
tempos, planificación dos recursos materiais e persoais...), adaptacións ás
necesidades concretas das crianzas, coordinación entre os/as profesionais do
mesmo ciclo e coherencia entre os ciclos, regularidade e calidade da relación coas
familias, interrelación coa comunidade, resultados do alumnado, eficacia do propio
proceso avaliador...
 O mecanismo principal para a avaliación da práctica educativa é a autoavaliación
(reflexión arredor da propia actuación educativa), ben de forma individual, ben en
equipo.
c) AVALIACIÓN DO FUNCIONAMENTO DO CENTRO*
 A avaliación do funcionamento dun centro ten por finalidade mellorar a calidade do servizo
que este presta.
 A noción de calidade aplicada á educación emerxeu como reto nas últimas décadas e refírese
á xestión máis eficaz posible das condicións de ensino-aprendizaxe co fin de conseguir uns
resultados educativos óptimos e lograr a satisfacción dos axentes implicados.
 A LOE/LOMCE impón ás Administracións educativas a obriga de promover a avaliación dos
centros educativos nun dobre sentido: elaborando e realizando plans de avaliación externos e
facilitando a autoavaliación dos centros.
 Segundo Miguel Ángel Zabalza, unha Educación Infantil de calidade debe reunir 10
aspectos clave: organización dos espazos, equilibrio entre a iniciativa da crianza e o traballo
dirixido, atención privilexiada aos aspectos emocionais, uso dunha linguaxe enriquecida,
diferenciación de actividades para abordar todas as dimensións do desenvolvemento e todas
as capacidades, rutinas estables, materiais diversificados e polivalentes, atención
individualizada, sistemas de avaliación que permitan o seguimento global do grupo e de cada
nena/o, traballo coas nais e os pais e co contorno (escola aberta).
CANDO AVALIAR?
2. O PROCESO DE AVALIACIÓN
 A avaliación debe ter un carácter permanente e sistemático.
 A avaliación prodúcese en tres momentos distintos:
 Avaliación inicial (ou diagnóstica). Realízase ao comezo de cada fase de ensino-
aprendizaxe (ciclo, curso, unidade didáctica...). Permite coñecer a situación de
partida e tomar as decisións oportunas ao respecto: na incorporación dun neno/a
ao centro está orientada a recoller os datos máis destacados do seu proceso de
desenvolvemento, mentres que ao comezo dunha unidade didáctica está orientada a
detectar os coñecementos previos e experiencias das crianzas nun determinado
ámbito.
 Avaliación continua (ou formativa ou de proceso). Realízase ao longo do proceso
de ensino-aprendizaxe. Permite analizar os progresos e dificultades das crianzas,
así como a eficacia do propio proceso de ensino, de cara a mellorar e reaxustar a
intervención educativa.
 Avaliación final (ou sumativa). Realízase ao remate de cada fase de ensino-
aprendizaxe (ciclo, curso, unidade didáctica...). Permite comprobar a
consecución dos obxectivos propostos.
COMO AVALIAR?
3. TÉCNICAS E INSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN*
 As técnicas de avaliación son os procedementos mediante os cales se leva a
cabo a avaliación, mentres que os instrumentos de avaliación son os recursos
concretos mediante os cales se obtén a información que será avaliada.
 En Educación Infantil contamos con distintas técnicas e instrumentos de
avaliación:
TÉCNICAS INSTRUMENTOS
OBSERVACIÓN Lista de control, escala de estimación,
rexistro anecdótico, diario,
ficha de observación
INTERROGACIÓN Entrevista, cuestionario
ANÁLISE DAS PRODUCIÓNS DAS
CRIANZAS
Portafolio
a) A OBSERVACIÓN*
 A observación consiste na captación e recollida de información a través dos
sentidos.
 A observación pode ser de distintos tipos:
 Segundo a súa sistematización: observación estruturada ou sistemática
(deliberada e planificada, rexistrando a información obtida) e observación non
estruturada ou espontánea (sen ningunha planificación).
 Segundo a participación do observador/a: observación participante (o observador/a
intervén na situación observada) e observación non participante (o observador/a
non intervén na situación 0bservada).
 Segundo a inmediatez da observación: observación directa (o observador/a entra en
contacto coa realidade observada) e observación indirecta (o observador/a accede á
realidade observada a través das observacións doutras persoas: informes, gravacións...).
 A observación directa e sistemática é a principal técnica de avaliación en
Educación Infantil e o mellor medio para avaliar a evolución das crianzas.
a) A OBSERVACIÓN (cont.)
 Fases do proceso de observación:*
 Planificación da observación: determinar para que, que, cando, como, onde,
durante canto tempo, quen e decidir e deseñar os instrumentos de avaliación.
 Desenvolvemento da observación: recollida dos datos.
 Interpretación da información: análise dos datos.
 Toma de decisións: deseño dun plan de intervención.
 Instrumentos para rexistrar a observación:
 Lista de control (ou lista de comprobación ou cotexo): rexistro da presenza ou
ausencia de determinadas condutas previamente definidas (Si/Non).
 Escala de estimación (ou escala de valoración): rexistro do grao en que se dan
determinadas condutas previamente definidas (ex.: Sempre/A miúdo/Rara
vez/Nunca).
 Rexistro anecdótico (ou anecdotario): anotación dalgún feito significativo coa
maior inmediatez posible.
 Diario: anotación dos acontecementos máis relevantes da xornada.
 Ficha de observación: listado de ítems a partir dos cales se avalía unha
determinada actividade.*
EXEMPLO DE LISTA DE CONTROL
NOME DO NENO/A: DATA:
OBSERVACIÓN: Comportamento no comedor SI NON
Axuda a poñer a mesa
Permanece sentado/a na súa cadeira durante a comida
Mantén unha postura corporal axeitada na mesa
Come só/soa utilizando culler e garfo
Bebe só/soa do vaso
EXEMPLO DE LISTA DE CONTROL GRUPAL
GRUPO: DATA:
OBSERVACIÓN: Comportamento no comedor
Nome Axuda a
poñer a mesa
Permanece
sentado/a na
súa cadeira
durante a
comida
Mantén unha
postura
corporal
axeitada na
mesa
Come só/soa
utilizando
culler e garfo
Bebe só/soa
do vaso
Paula X X X X
Óscar X X
María X X X
Tania X X
Carlos X X
EXEMPLO DE ESCALA DE ESTIMACIÓN DE FRECUENCIAS
NOME DO NENO/A: DATA:
OBSERVACIÓN:
Comportamento social
SEMPRE A MIÚDO RARA VEZ NUNCA
Busca a compañía da educadora
Busca a compañía doutras crianzas
Xoga con outras crianzas
Colabora con outras crianzas nas
tarefas
Respecta aos seus compañeiros/as
EXEMPLO DE ESCALA DE ESTIMACIÓN NUMÉRICA
NOME DO NENO/A: DATA:
OBSERVACIÓN: Comportamento social 1 2 3 4
Busca a compañía da educadora
Busca a compañía doutras crianzas
Xoga con outras crianzas
Colabora con outras crianzas nas tarefas
Respecta aos seus compañeiros/as
EXEMPLO DE ESCALA DE ESTIMACIÓN DESCRITIVA
NOME DO NENO/A: DATA:
OBSERVACIÓN: Comportamento social
O neno/a móstrase en clase: Inquedo/a
Tranquilo/a
Comunicativo/a
Interesado/a
A súa relación coa educadora é: Moi boa
Boa
Regular
Mala
Cos seus compañeiros/as móstrase: Indiferente
Confiado/a
Afectuoso/a
Absorbente
Ante as persoas estrañas móstrase: Asustado/a
Desconfiado/a
Confiado/a
Irritado/a
EXEMPLO DE ESCALA DE ESTIMACIÓN DE FRECUENCIAS GRUPAL
GRUPO: DATA:
OBSERVACIÓN:
Comportamento social
SEMPRE A MIÚDO RARA VEZ NUNCA
Busca a compañía da educadora Paula
Óscar
Busca a compañía doutras crianzas Carlos
Óscar
Tania
Xoga con outras crianzas Tania
Colabora con outras crianzas nas
tarefas
María
Respecta aos seus compañeiros/as María
MODELO DE REXISTRO ANECDÓTICO
NOME DO NENO/A: Idade:
Data: Lugar:
ANÉCDOTA:
MODELO DE DIARIO
GRUPO: DATA:
Aspectos máis significativos pola mañá:
Aspectos máis significativos pola tarde:
O mellor do día de hoxe:
Aspectos que conviría mellorar:
MODELO DE FICHA DE OBSERVACIÓN DUNHA ACTIVIDADE
TÍTULO DA ACTIVIDADE:
Breve descrición:
Grupo no que se realizou:
Participación das crianzas:
Nivel de dificultade:
Adecuación da duración:
Adecuación dos espazos e materiais:
Adecuación dos recursos persoais:
Dificultades detectadas:
Propostas de mellora:
b) A INTERROGACIÓN*
 A técnica da interrogación engloba todos aqueles procedementos nos
que a información se obtén por medio de preguntas a outras persoas.
 Dentro da técnica da interrogación, atopamos dous instrumentos
distintos:
 Entrevista: obtención de información por medio da realización de
preguntas nunha conversa.
 Cuestionario: formulario de preguntas para ser contestadas por
escrito.
A ENTREVISTA
 Segundo o seu grao de estruturación, a entrevista pode ser estruturada
(preguntas totalmente prefixadas), semiestruturada (preguntas prefixadas
que poden ir variando segundo as respostas) ou non estruturada (preguntas
non prefixadas).*
 A entrevista coas familias é unha ferramenta privilexiada para intercambiar
información sobre as crianzas co fin de axudarlles no seu proceso de
desenvolvemento e aprendizaxe.
 A entrevista inicial (no momento do ingreso) adquire unha especial
relevancia porque achega os principais datos para a avaliación inicial.
 Á hora de realizar unha entrevista coas familias, hai que ter en conta unha serie
de condicións: fixar día, hora e duración aproximada; ter previsto un lugar
adecuado; contar cun guión ou modelo de entrevista; e amosar unha actitude
profesional, cordial e respectuosa.
O CUESTIONARIO
 O cuestionario utilízase fundamentalmente como complemento da entrevista
inicial, para realizar a autoavaliación da práctica educativa e para coñecer a
opinión ou o nivel de satisfacción das familias ou outros sectores da
comunidade educativa con respecto a algún aspecto do funcionamento da
escola.
 Ao preparar un cuestionario, hai que ter claro que información nos interesa
obter e saber plasmala en preguntas precisas e seguindo a orde adecuada (do
xeral ao particular e das cuestións menos comprometidas ás máis
comprometidas).*
 Pode conter preguntas abertas (escribir nun espazo en branco) ou pechadas
(marcar algunha das opcións que se dan).
c) A ANÁLISE DAS PRODUCIÓNS DAS CRIANZAS*
 A análise das producións das crianzas soe incorporarse como técnica de
avaliación no 2º ciclo, xa que con anterioridade a avaliación recae sobre o
proceso de desenvolvemento que cada neno/a percorre máis que nas
aprendizaxes.
 Debe potenciarse a coavaliación das producións infantís por parte das
crianzas para promover a reflexión sobre os propios progresos e fortalecer a
autoestima.
 Un instrumento moi útil na avaliación das producións das crianzas é o
portafolio (ou dossier ou carpeta de traballos), que é unha recompilación
das mostras e produtos do traballo de cada neno/a para documentar as
aprendizaxes realizadas nun período de tempo determinado (xeralmente un
trimestre).
A INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS
5. A INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS
 A información derivada da avaliación debe ser comunicada e compartida coas
familias co fin de facelas copartícipes do proceso educativo das súas fillas/os e
complementar os diferentes puntos de vista para atopar entre todos/as as estratexias
axeitadas que lles permitan aos nenos/as afrontar os retos desta etapa.
 Corresponde ao titor/a informar regularmente aos pais e nais ou titores legais sobre os
progresos e dificultades das nenas/0s utilizando as canles que para este efecto se
fagan explícitas no proxecto educativo.
 Existen distintos instrumentos para o contacto coas familias: intercambio oral de
información nas entradas e saídas, partes diarios, entrevistas, informes tipo...
 Xeralmente a información procedente da avaliación continua trasládase ás familias,
como mínimo, nun informe escrito trimestral cuxo contido e formato é definido
polo propio centro (obrigatorio no 2º ciclo).
 Consideracións sobre a elaboración do informe ás familias: utilizar unha
linguaxe sinxela e precisa evitando os tecnicismos, incluír só información contrastada,
subliñar os logros e avances acadados, evitar as comparacións entre crianzas,
proporcionar orientacións para a actuación das nais e pais, acompañar o informe
dunha entrevista se é necesario, empregar un ton próximo e familiar que invite a ler.
O EXPEDIENTE PERSOAL
6. O EXPEDIENTE PERSOAL
 Ao inicio da escolarización, en cada un dos ciclos de Educación
Infantil, o centro abrirá un expediente persoal do alumnado cuxa
custodia e arquivo lles corresponde aos centros educativos.
 Neste expediente consignaranse cando menos:
 Informe persoal: recollerá os datos de identificación da nena/o, así como os
datos familiares, psicopedagóxicos, médicos e sociais máis significativos, máis o
resumo da escolaridade do 2º ciclo (cursos escolares realizados e centro en que
a alumna/o estivo escolarizada/o cada curso académico).
 Informe de avaliación inicial: recollerá os datos achegados na entrevista pola
familia, as observacións relevantes durante o período de adaptación e as
achegas dos períodos de escolarización anteriores, se os houber.
 Informe anual de avaliación individualizado: será elaborado polo titor/a ao
rematar cada curso a partir dos datos obtidos a través da avaliación continua.
 Informe individualizado de final de ciclo: elaborado polo titor/a ao finalizar
o 2º ciclo de Educación Infantil a partir dos datos máis relevantes dos informes
de cada curso.
(Información extraída da Orde do 25 de xuño de 2009)
THE END

Unidade Didáctica 8

  • 1.
  • 2.
    ÍNDICE 1. A avaliaciónen Educación Infantil 1.1. Modelos e tipos de avaliación 1.2. Características da avaliación 2. Os ámbitos de avaliación → Que avaliar? 3. O proceso de avaliación → Cando avaliar? 4. Técnicas e instrumentos de avaliación → Como avaliar? 5. A información ás familias 6. O expediente persoal
  • 4.
    1. A AVALIACIÓNEN EDUCACIÓN INFANTIL  A avaliación é o proceso de recollida e análise de información para tomar decisións sobre a intervención educativa coa intención de mellorala.  Implicacións deste enfoque de avaliación:  A avaliación é un medio para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe.  A avaliación é inseparable do proceso de ensino-aprendizaxe, non é un feito puntual ou illado deste proceso.  A avaliación non está centrada exclusivamente nos procesos de aprendizaxe e resultados do alumnado, senón que se estende a todos os ámbitos educativos: procesos de aprendizaxe e resultados do alumnado, actividade do profesorado, procesos educativos, funcionamento dos centros, función directiva, inspección e Administracións educativas (LOE/LOMCE).
  • 5.
    1. A AVALIACIÓNEN EDUCACIÓN INFANTIL (cont.)  Normativa de interese*:  LOE/LOMCE.  Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.  Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do 2º ciclo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • 6.
    1.1. MODELOS ETIPOS DE AVALIACIÓN*  Modelos de avaliación:  Avaliación formativa (orientada a mellorar o proceso) vs. Avaliación sumativa (orientada a valorar o resultado).  Avaliación cuantitativa (orientada a medir un fenómeno) vs. Avaliación cualitativa (orientada a comprender un fenómeno).  Avaliación normativa (en referencia a unha norma, é dicir, comparando ao individuo co grupo) vs. Avaliación criterial (en referencia a un criterio, é dicir, comparando ao individuo cun determinado nivel de rendemento).
  • 7.
    1.1. MODELOS ETIPOS DE AVALIACIÓN (cont.)*  Tipos de avaliación:  Segundo os axentes implicados  Segundo a súa extensión  Segundo o momento • Avaliación interna (realizada por un membro da propia institución) • Avaliación externa (realizada por persoal alleo á institución) • Autoavaliación (avaliador/a = avaliado/a) • Heteroavaliación (avaliador/a ≠ avaliado/a) • Coavaliación (avaliador/a = e ≠ avaliado/a) • Avaliación parcial (centrada en dimensións particulares do alumno/a, a intervención...; ex.: no rendemento académico) • Avaliación global (centrada nas distintas dimensións do alumno/a, a intervención...) • Avaliación inicial (ao comezo) • Avaliación continua (no transcurso do proceso) • Avaliación final (ao remate)
  • 8.
    1.2. CARACTERÍSTICAS DAAVALIACIÓN  A avaliación en Educación Infantil debe ser:  Global: debe referirse ao conxunto das capacidades expresadas nos obxectivos da etapa (non priman os aspectos intelectuais, físicos, emocionais ou sociais; todos teñen importancia).  Continua: debe ser un elemento inseparable do proceso educativo (recóllese información sobre o proceso de ensino-aprendizaxe de forma continua).  Formativa: debe ter un carácter regulador e orientador (proporciona información que permite mellorar a intervención educativa).
  • 9.
  • 10.
    2. OS ÁMBITOSDE AVALIACIÓN*  A avaliación debe estenderse a todos os ámbitos educativos.  En Educación Infantil destacamos tres ámbitos de avaliación: a) Avaliación do proceso de desenvolvemento e aprendizaxe das crianzas. b) Avaliación da propia práctica educativa. c) Avaliación do funcionamento do centro.
  • 11.
    a) AVALIACIÓN DOPROCESO DE DESENVOLVEMENTO E APRENDIZAXE DAS CRIANZAS*  No 1º ciclo avalíase fundamentalmente o proceso de desenvolvemento das crianzas, mentres que no 2º ciclo a avaliación céntrase tanto nos procesos de desenvolvemento do alumnado como nas aprendizaxes.  Esta avaliación realízase tomando como referencia os criterios e indicadores de avaliación:  Os criterios de avaliación (recollidos no currículo) son unha primeira aproximación para coñecer en que medida o alumnado desenvolve as capacidades enunciadas nos obxectivos.  Os indicadores de avaliación (establecidos polo educador/a a partir dos criterios de avaliación) concretan os criterios de avaliación en trazos de conduta máis específicos que poden ser observados e valorados polos/as docentes nas diferentes manifestacións do alumnado.  A coordinación deste proceso de avaliación correspóndelle ao titor/a do grupo, recollendo a información proporcionada polos outros/as profesionais que participan no proceso educativo.  A valoración do proceso de evolución e aprendizaxe debe ser cualitativa, proporcionando información individualizada sobre os progresos efectuados por cada nena/o.
  • 12.
    EXEMPLO DE CONCRECIÓNDUN CRITERIO DE AVALIACIÓN EN INDICADORES ESPECÍFICOS ÁREA DE COÑECEMENTO DE SI MESMO E AUTONOMÍA PERSOAL CRITERIO DE AVALIACIÓN INDICADORES ESPECÍFICOS Recoñece, identifica e representa o corpo na súa globalidade e as súas diferentes partes. (2º ciclo) • Sinala as partes principais do seu corpo. • Identifica e nomea elementos de segmentos corporais. • Sinala correctamente partes e detalles do corpo (talón, pestanas, cellas...). • Nomea as partes do corpo sobre si mesmo/a e sobre as outras persoas. • Recoñece e acepta as súas características persoais. • Pode describir características e circunstancias persoais. • Fai unha descrición axeitada doutra persoa. • Capta e describe diferenzas e semellanzas entre persoas. • Logra un esbozo da figura humana, diferenciando: cabeza e corpo, brazos, mans, pernas e pés.
  • 13.
    b) AVALIACIÓN DAPROPIA PRÁCTICA EDUCATIVA*  A avaliación da práctica educativa ten por finalidade mellorar a adecuación da intervención educativa ás características e necesidades das crianzas.  Esta avaliación debe ter en conta aspectos como: ambiente na aula (clima, interacción entre crianzas, relación educador/a-crianzas...), adecuación da proposta pedagóxica e da propia planificación educativa (adecuación das unidades didácticas programadas e das actividades desenvolvidas, organización dos espazos e dos tempos, planificación dos recursos materiais e persoais...), adaptacións ás necesidades concretas das crianzas, coordinación entre os/as profesionais do mesmo ciclo e coherencia entre os ciclos, regularidade e calidade da relación coas familias, interrelación coa comunidade, resultados do alumnado, eficacia do propio proceso avaliador...  O mecanismo principal para a avaliación da práctica educativa é a autoavaliación (reflexión arredor da propia actuación educativa), ben de forma individual, ben en equipo.
  • 14.
    c) AVALIACIÓN DOFUNCIONAMENTO DO CENTRO*  A avaliación do funcionamento dun centro ten por finalidade mellorar a calidade do servizo que este presta.  A noción de calidade aplicada á educación emerxeu como reto nas últimas décadas e refírese á xestión máis eficaz posible das condicións de ensino-aprendizaxe co fin de conseguir uns resultados educativos óptimos e lograr a satisfacción dos axentes implicados.  A LOE/LOMCE impón ás Administracións educativas a obriga de promover a avaliación dos centros educativos nun dobre sentido: elaborando e realizando plans de avaliación externos e facilitando a autoavaliación dos centros.  Segundo Miguel Ángel Zabalza, unha Educación Infantil de calidade debe reunir 10 aspectos clave: organización dos espazos, equilibrio entre a iniciativa da crianza e o traballo dirixido, atención privilexiada aos aspectos emocionais, uso dunha linguaxe enriquecida, diferenciación de actividades para abordar todas as dimensións do desenvolvemento e todas as capacidades, rutinas estables, materiais diversificados e polivalentes, atención individualizada, sistemas de avaliación que permitan o seguimento global do grupo e de cada nena/o, traballo coas nais e os pais e co contorno (escola aberta).
  • 15.
  • 16.
    2. O PROCESODE AVALIACIÓN  A avaliación debe ter un carácter permanente e sistemático.  A avaliación prodúcese en tres momentos distintos:  Avaliación inicial (ou diagnóstica). Realízase ao comezo de cada fase de ensino- aprendizaxe (ciclo, curso, unidade didáctica...). Permite coñecer a situación de partida e tomar as decisións oportunas ao respecto: na incorporación dun neno/a ao centro está orientada a recoller os datos máis destacados do seu proceso de desenvolvemento, mentres que ao comezo dunha unidade didáctica está orientada a detectar os coñecementos previos e experiencias das crianzas nun determinado ámbito.  Avaliación continua (ou formativa ou de proceso). Realízase ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe. Permite analizar os progresos e dificultades das crianzas, así como a eficacia do propio proceso de ensino, de cara a mellorar e reaxustar a intervención educativa.  Avaliación final (ou sumativa). Realízase ao remate de cada fase de ensino- aprendizaxe (ciclo, curso, unidade didáctica...). Permite comprobar a consecución dos obxectivos propostos.
  • 17.
  • 18.
    3. TÉCNICAS EINSTRUMENTOS DE AVALIACIÓN*  As técnicas de avaliación son os procedementos mediante os cales se leva a cabo a avaliación, mentres que os instrumentos de avaliación son os recursos concretos mediante os cales se obtén a información que será avaliada.  En Educación Infantil contamos con distintas técnicas e instrumentos de avaliación: TÉCNICAS INSTRUMENTOS OBSERVACIÓN Lista de control, escala de estimación, rexistro anecdótico, diario, ficha de observación INTERROGACIÓN Entrevista, cuestionario ANÁLISE DAS PRODUCIÓNS DAS CRIANZAS Portafolio
  • 19.
    a) A OBSERVACIÓN* A observación consiste na captación e recollida de información a través dos sentidos.  A observación pode ser de distintos tipos:  Segundo a súa sistematización: observación estruturada ou sistemática (deliberada e planificada, rexistrando a información obtida) e observación non estruturada ou espontánea (sen ningunha planificación).  Segundo a participación do observador/a: observación participante (o observador/a intervén na situación observada) e observación non participante (o observador/a non intervén na situación 0bservada).  Segundo a inmediatez da observación: observación directa (o observador/a entra en contacto coa realidade observada) e observación indirecta (o observador/a accede á realidade observada a través das observacións doutras persoas: informes, gravacións...).  A observación directa e sistemática é a principal técnica de avaliación en Educación Infantil e o mellor medio para avaliar a evolución das crianzas.
  • 20.
    a) A OBSERVACIÓN(cont.)  Fases do proceso de observación:*  Planificación da observación: determinar para que, que, cando, como, onde, durante canto tempo, quen e decidir e deseñar os instrumentos de avaliación.  Desenvolvemento da observación: recollida dos datos.  Interpretación da información: análise dos datos.  Toma de decisións: deseño dun plan de intervención.  Instrumentos para rexistrar a observación:  Lista de control (ou lista de comprobación ou cotexo): rexistro da presenza ou ausencia de determinadas condutas previamente definidas (Si/Non).  Escala de estimación (ou escala de valoración): rexistro do grao en que se dan determinadas condutas previamente definidas (ex.: Sempre/A miúdo/Rara vez/Nunca).  Rexistro anecdótico (ou anecdotario): anotación dalgún feito significativo coa maior inmediatez posible.  Diario: anotación dos acontecementos máis relevantes da xornada.  Ficha de observación: listado de ítems a partir dos cales se avalía unha determinada actividade.*
  • 21.
    EXEMPLO DE LISTADE CONTROL NOME DO NENO/A: DATA: OBSERVACIÓN: Comportamento no comedor SI NON Axuda a poñer a mesa Permanece sentado/a na súa cadeira durante a comida Mantén unha postura corporal axeitada na mesa Come só/soa utilizando culler e garfo Bebe só/soa do vaso
  • 22.
    EXEMPLO DE LISTADE CONTROL GRUPAL GRUPO: DATA: OBSERVACIÓN: Comportamento no comedor Nome Axuda a poñer a mesa Permanece sentado/a na súa cadeira durante a comida Mantén unha postura corporal axeitada na mesa Come só/soa utilizando culler e garfo Bebe só/soa do vaso Paula X X X X Óscar X X María X X X Tania X X Carlos X X
  • 23.
    EXEMPLO DE ESCALADE ESTIMACIÓN DE FRECUENCIAS NOME DO NENO/A: DATA: OBSERVACIÓN: Comportamento social SEMPRE A MIÚDO RARA VEZ NUNCA Busca a compañía da educadora Busca a compañía doutras crianzas Xoga con outras crianzas Colabora con outras crianzas nas tarefas Respecta aos seus compañeiros/as
  • 24.
    EXEMPLO DE ESCALADE ESTIMACIÓN NUMÉRICA NOME DO NENO/A: DATA: OBSERVACIÓN: Comportamento social 1 2 3 4 Busca a compañía da educadora Busca a compañía doutras crianzas Xoga con outras crianzas Colabora con outras crianzas nas tarefas Respecta aos seus compañeiros/as
  • 25.
    EXEMPLO DE ESCALADE ESTIMACIÓN DESCRITIVA NOME DO NENO/A: DATA: OBSERVACIÓN: Comportamento social O neno/a móstrase en clase: Inquedo/a Tranquilo/a Comunicativo/a Interesado/a A súa relación coa educadora é: Moi boa Boa Regular Mala Cos seus compañeiros/as móstrase: Indiferente Confiado/a Afectuoso/a Absorbente Ante as persoas estrañas móstrase: Asustado/a Desconfiado/a Confiado/a Irritado/a
  • 26.
    EXEMPLO DE ESCALADE ESTIMACIÓN DE FRECUENCIAS GRUPAL GRUPO: DATA: OBSERVACIÓN: Comportamento social SEMPRE A MIÚDO RARA VEZ NUNCA Busca a compañía da educadora Paula Óscar Busca a compañía doutras crianzas Carlos Óscar Tania Xoga con outras crianzas Tania Colabora con outras crianzas nas tarefas María Respecta aos seus compañeiros/as María
  • 27.
    MODELO DE REXISTROANECDÓTICO NOME DO NENO/A: Idade: Data: Lugar: ANÉCDOTA:
  • 28.
    MODELO DE DIARIO GRUPO:DATA: Aspectos máis significativos pola mañá: Aspectos máis significativos pola tarde: O mellor do día de hoxe: Aspectos que conviría mellorar:
  • 29.
    MODELO DE FICHADE OBSERVACIÓN DUNHA ACTIVIDADE TÍTULO DA ACTIVIDADE: Breve descrición: Grupo no que se realizou: Participación das crianzas: Nivel de dificultade: Adecuación da duración: Adecuación dos espazos e materiais: Adecuación dos recursos persoais: Dificultades detectadas: Propostas de mellora:
  • 30.
    b) A INTERROGACIÓN* A técnica da interrogación engloba todos aqueles procedementos nos que a información se obtén por medio de preguntas a outras persoas.  Dentro da técnica da interrogación, atopamos dous instrumentos distintos:  Entrevista: obtención de información por medio da realización de preguntas nunha conversa.  Cuestionario: formulario de preguntas para ser contestadas por escrito.
  • 31.
    A ENTREVISTA  Segundoo seu grao de estruturación, a entrevista pode ser estruturada (preguntas totalmente prefixadas), semiestruturada (preguntas prefixadas que poden ir variando segundo as respostas) ou non estruturada (preguntas non prefixadas).*  A entrevista coas familias é unha ferramenta privilexiada para intercambiar información sobre as crianzas co fin de axudarlles no seu proceso de desenvolvemento e aprendizaxe.  A entrevista inicial (no momento do ingreso) adquire unha especial relevancia porque achega os principais datos para a avaliación inicial.  Á hora de realizar unha entrevista coas familias, hai que ter en conta unha serie de condicións: fixar día, hora e duración aproximada; ter previsto un lugar adecuado; contar cun guión ou modelo de entrevista; e amosar unha actitude profesional, cordial e respectuosa.
  • 32.
    O CUESTIONARIO  Ocuestionario utilízase fundamentalmente como complemento da entrevista inicial, para realizar a autoavaliación da práctica educativa e para coñecer a opinión ou o nivel de satisfacción das familias ou outros sectores da comunidade educativa con respecto a algún aspecto do funcionamento da escola.  Ao preparar un cuestionario, hai que ter claro que información nos interesa obter e saber plasmala en preguntas precisas e seguindo a orde adecuada (do xeral ao particular e das cuestións menos comprometidas ás máis comprometidas).*  Pode conter preguntas abertas (escribir nun espazo en branco) ou pechadas (marcar algunha das opcións que se dan).
  • 33.
    c) A ANÁLISEDAS PRODUCIÓNS DAS CRIANZAS*  A análise das producións das crianzas soe incorporarse como técnica de avaliación no 2º ciclo, xa que con anterioridade a avaliación recae sobre o proceso de desenvolvemento que cada neno/a percorre máis que nas aprendizaxes.  Debe potenciarse a coavaliación das producións infantís por parte das crianzas para promover a reflexión sobre os propios progresos e fortalecer a autoestima.  Un instrumento moi útil na avaliación das producións das crianzas é o portafolio (ou dossier ou carpeta de traballos), que é unha recompilación das mostras e produtos do traballo de cada neno/a para documentar as aprendizaxes realizadas nun período de tempo determinado (xeralmente un trimestre).
  • 34.
  • 35.
    5. A INFORMACIÓNÁS FAMILIAS  A información derivada da avaliación debe ser comunicada e compartida coas familias co fin de facelas copartícipes do proceso educativo das súas fillas/os e complementar os diferentes puntos de vista para atopar entre todos/as as estratexias axeitadas que lles permitan aos nenos/as afrontar os retos desta etapa.  Corresponde ao titor/a informar regularmente aos pais e nais ou titores legais sobre os progresos e dificultades das nenas/0s utilizando as canles que para este efecto se fagan explícitas no proxecto educativo.  Existen distintos instrumentos para o contacto coas familias: intercambio oral de información nas entradas e saídas, partes diarios, entrevistas, informes tipo...  Xeralmente a información procedente da avaliación continua trasládase ás familias, como mínimo, nun informe escrito trimestral cuxo contido e formato é definido polo propio centro (obrigatorio no 2º ciclo).  Consideracións sobre a elaboración do informe ás familias: utilizar unha linguaxe sinxela e precisa evitando os tecnicismos, incluír só información contrastada, subliñar os logros e avances acadados, evitar as comparacións entre crianzas, proporcionar orientacións para a actuación das nais e pais, acompañar o informe dunha entrevista se é necesario, empregar un ton próximo e familiar que invite a ler.
  • 36.
  • 37.
    6. O EXPEDIENTEPERSOAL  Ao inicio da escolarización, en cada un dos ciclos de Educación Infantil, o centro abrirá un expediente persoal do alumnado cuxa custodia e arquivo lles corresponde aos centros educativos.  Neste expediente consignaranse cando menos:  Informe persoal: recollerá os datos de identificación da nena/o, así como os datos familiares, psicopedagóxicos, médicos e sociais máis significativos, máis o resumo da escolaridade do 2º ciclo (cursos escolares realizados e centro en que a alumna/o estivo escolarizada/o cada curso académico).  Informe de avaliación inicial: recollerá os datos achegados na entrevista pola familia, as observacións relevantes durante o período de adaptación e as achegas dos períodos de escolarización anteriores, se os houber.  Informe anual de avaliación individualizado: será elaborado polo titor/a ao rematar cada curso a partir dos datos obtidos a través da avaliación continua.  Informe individualizado de final de ciclo: elaborado polo titor/a ao finalizar o 2º ciclo de Educación Infantil a partir dos datos máis relevantes dos informes de cada curso. (Información extraída da Orde do 25 de xuño de 2009)
  • 38.