UNIDADE DIDÁCTICA 4:
A PLANIFICACIÓN
EDUCATIVA
ÍNDICE
1.Para non perder o norte: o currículo como
expresión das intencións educativas
1.1. Concepto de currículo
1.2. Elementos do currículo
1.3. Niveis de concreción curricular
2.O currículo da Educación Infantil
3.A proposta pedagóxica e outros
documentos do centro
4.A planificación na educación non formal
O termo “currículo” provén do latín
O termo “currículo” provén do latín
“currículum”, que significa “carreira”.
“currículum”, que significa “carreira”.
1. O CURRÍCULO COMO EXPRESIÓN
DAS INTENCIÓNS EDUCATIVAS

1.1. Concepto de currículo (I)
Definición

de currículo

A) Conxunto de decisións relativas ao proceso educativo sobre que,
cando e como ensinar e que, cando e como avaliar.
B) Conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos,
métodos pedagóxicos e criterios de avaliación (definición da
LOE).*
OLLO: A LOMCE define o currículo como a regulación dos elementos que
determinan os procesos de ensino e aprendizaxe, incluíndo os obxectivos,
as competencias, os contidos, a metodoloxía didáctica, os estándares e
resultados de aprendizaxe e os criterios de avaliación.*
Funcións

do currículo

◦ Facer explícitas as intencións do sistema educativo.
◦ Servir como guía para orientar a práctica pedagóxica.
1.1. Concepto de currículo (II)
 Fontes

do currículo*

O currículo fundaméntase nas seguintes bases teóricas:
Base sociolóxica:
demandas sociais
acerca do sistema
educativo

Base pedagóxica:
factores
favorecedores do
ensino-aprendizaxe

CURRÍCULO

Base filosófica:
ideas sobre que é
o mellor para o ser
humano

Base
epistemolóxica:
coñecementos
sobre as distintas
áreas ou materias
curriculares
Base psicolóxica:
procesos
de
desenvolvemento e
aprendizaxe
do
alumnado
1.2. Elementos do currículo (I)
 De

acordo coa definición “A”

1. Que ensinar?

Selección de obxectivos e contidos.

2. Cando ensinar?

Secuencia de obxectivos e contidos.

3. Como ensinar?

Metodoloxía.

4. Que, cando e como avaliar?
 De

Avaliación.

acordo coa definición “B” (LOE)*

1. Obxectivos.
2. Competencias básicas.
3. Contidos.
4. Métodos pedagóxicos.
5. Criterios de avaliación.
1.2. Elementos do currículo (II)
Imos centrarnos na definición “B”...
1. Obxectivos
◦ Son os fins que dirixen a intervención educativa.
◦ Describen as capacidades que se espera que adquira o alumnado
como consecuencia do proceso educativo.
◦ Os currículos de Educación Infantil poden incluír tres tipos de
obxectivos:
 OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA (período 0-6).
 OBXECTIVOS DO CICLO (0-3 ou 3-6).
 OBXECTIVOS DE ÁREA (para cada área curricular).
1.2. Elementos do currículo (III)
2. Competencias básicas*
◦ Son as aprendizaxes que se consideran imprescindibles para que unha
persoa acade un adecuado desenvolvemento persoal, escolar e social.
◦ Están asociadas ao ensino básico (Primaria e Secundaria), aínda que a
Educación Infantil tamén debe contribuír ao seu desenvolvemento.
◦ Non se desenvolven só a través da educación formal, senón tamén a
través da educación non formal e informal.
◦ Son 8: competencia en comunicación lingüística, competencia
matemática, competencia no coñecemento e a interacción co mundo
físico, tratamento da información e competencia dixital, competencia
social e cidadá, competencia cultural e artística, competencia para
aprender a aprender e autonomía persoal.
1.2. Elementos do currículo (IV)
3. Contidos
◦ Son as aprendizaxes que debe realizar o alumnado para acadar os obxectivos.
◦ Poden ser de 3 tipos:
 CONTIDOS CONCEPTUAIS (saber cousas)
 CONTIDOS PROCEDIMENTAIS (saber facer)
 CONTIDOS ACTITUDINAIS (saber ser)
OLLO: Na LOE non aparecen definidos estes tres tipos de contidos, pero todos eles
deben estar presentes no currículo.*

◦ Outros contidos que cómpre mencionar son os denominados “TEMAS
TRANSVERSAIS”: contidos esencialmente actitudinais que pola súa relevancia
social non se traballan como áreas específicas senón que impregnan toda a
intervención educativa
Educación cívica e moral, educación para a paz,
educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos, educación para
a saúde, educación ambiental, educación do consumidor/a, educación sexual,
educación vial.
OLLO: Na LOE os temas transversais aparecen como “educación en valores”.*
1.2. Elementos do currículo (V)
4. Métodos pedagóxicos*
◦ Son as estratexias utilizadas na intervención educativa para
favorecer o proceso de ensino-aprendizaxe.
◦ Trátase dun elemento referido á práctica docente.
5. Criterios de avaliación*
◦ Son normas de referencia para valorar a consecución dos
obxectivos por parte do alumnado.
1.3. Niveis de concreción curricular (I)
O

currículo debe ser aberto e flexible, é dicir, debe
permitir que os centros e os educadores/as adapten as
decisións curriculares ás características do contexto
educativo e do alumnado.

 Desde

esta perspectiva, pódense
momentos distintos no currículo:

diferenciar

dous

◦ DESEÑO DO CURRÍCULO: plan xeral que guía as accións
educativas.
◦ DESENVOLVEMENTO DO CURRÍCULO: posta en práctica
dese proxecto, coas necesarias adecuacións á realidade.
1.3. Niveis de concreción curricular (II)
 Un

currículo aberto vaise concretando do xeral ao particular,
dando lugar a tres niveis de concreción:
CURRÍCULO DA
EDUCACIÓN
INFANTIL
2. O CURRÍCULO DA EDUCACIÓN INFANTIL


Existe certa asimetría no currículo LOE do 1º ciclo e do 2º ciclo de
Educación Infantil:
◦ No 2º ciclo,
1630/2006, do
mínimas do 2º
establecen os
mínimas.

o Goberno fixa as ensinanzas mínimas (Real Decreto
29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas
ciclo de Educación Infantil) e as Comunidades Autónomas
seus respectivos currículos respectando esas ensinanzas

◦ No 1º ciclo, en cambio, o Goberno non dispón as ensinanzas mínimas e son
as Comunidades Autónomas as que determinan os “contidos educativos”.
Polo tanto, existe unha realidade plural nos distintos territorios do Estado
español en canto aos “contidos educativos” ou currículo para o período 0-3.


O currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma
de Galicia vén establecido nun Decreto único que completa as
ensinanzas mínimas fixadas a nivel estatal para o 2º ciclo e determina os
principais elementos curriculares do 1º ciclo: Decreto 330/2009, do 4
de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na
Comunidade Autónoma de Galicia.*
DECRETO 330/2009, POLO QUE SE ESTABLECE O CURRÍCULO DA
EDUCACIÓN INFANTIL NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (I)*


Constitúe o 1º nivel de concreción curricular da Educación Infantil
en Galicia (Decreto do currículo ou “Deseño Curricular Base”, DCB).



Contén unha serie de disposicións xerais para o conxunto da
etapa de Educación Infantil: principios xerais, fins, obxectivos, áreas de
coñecemento, distribución horaria, avaliación, atención á diversidade,
etc. (ver artigos 2 a 13).



Tanto o currículo do 1º ciclo como o do 2º ciclo estrutúranse arredor
de tres áreas de coñecemento, entendidas como ámbitos propios
da experiencia e do desenvolvemento infantil que deben abordarse de
forma interrelacionada a través de actividades globalizadas que teñan
interese e significado para as nenas e os nenos:
1. Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal.
2. Coñecemento do contorno.
3. Linguaxes: comunicación e representación.
DECRETO 330/2009, POLO QUE SE ESTABLECE O CURRÍCULO DA
EDUCACIÓN INFANTIL NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (II)*


O Decreto inclúe tanto elementos de carácter prescritivo como de carácter
orientador:
◦ Son elementos de carácter prescritivo: os obxectivos, os contidos e os criterios
de avaliación das áreas (ver Anexo I, currículo do 1º ciclo).
Os contidos organízanse en bloques:

◦ Son elementos de carácter orientador: as orientacións metodolóxicas (ver Anexo
I, currículo do 1º ciclo) e as contribucións ás competencias básicas (ver Anexo II).
Algunhas orientacións metodolóxicas: ambiente agradable, estimulante e flexible que lles permita ás
crianzas sentirse cómodas e explorar; relación fluída coas familias e co contorno; globalización da
aprendizaxe; individualización da atención educativa; desenvolvemento das potencialidades das nenas
e nenos a través da axuda doutras persoas, o movemento e o xogo; creación de situacións de
interacción social nun contexto afectuoso...
A PROPOSTA PEDAGÓXICA…
E OUTROS DOCUMENTOS DO CENTRO
3. A PROPOSTA PEDAGÓXICA E OUTROS DOCUMENTOS DO CENTRO (I)


A proposta pedagóxica
◦ A proposta pedagóxica (anteriormente chamada “proxecto curricular”) constitúe o 2º
nivel de concreción currricular (adaptación do Decreto do currículo ao contexto do
centro).
◦ Debe ser un instrumento vivo e revisable que recolla as decisións de todo o
equipo educativo. A LOE sinala que a elaboración e seguimento da proposta
pedagóxica do 1º ciclo de Educación Infantil está baixo a responsabilidade dun profesional
co título de mestre/a de Educación Infantil ou equivalente, pero o conxunto do equipo
educativo de ciclo debe participar, facer achegas, establecer acordos e finalmente
aprobar o documento co fin de dotar de coherencia e unidade á práctica educativa.*
◦ Tomando como referencia o que a Comunidade Autónoma de Galicia fixa para o 2º ciclo
de Educación Infantil (Orde do 25 de xuño de 2009), pode incluír aspectos como os
seguintes: adecuación dos obxectivos xerais da Educación Infantil ao contexto do centro;
aspectos xerais para a elaboración das programacións (tendo en conta os obxectivos,
contidos e criterios de avaliación das áreas dispostos no currículo); decisións sobre
metodoloxía, agrupamento do alumnado e planificación dos espazos, materiais e tempo;
educación en valores; atención á diversidade; decisións sobre a avaliación; accións para a
colaboración coas familias; proxecto lingüístico; planificación do período de adaptación...*
◦ Forma parte do proxecto educativo do centro e debe basearse no establecido nel.
3. A PROPOSTA PEDAGÓXICA E OUTROS DOCUMENTOS DO CENTRO (II)


O proxecto educativo do centro (PEC)*
◦ O PEC é o documento que expresa as intencións da comunidade
educativa con respecto aos principios rectores, as opcións educativas e
as características esenciais do centro, dando coherencia a todas as
accións que se desenvolven nel e reflectindo a súa singularidade.
◦ Dá resposta ás seguintes preguntas:
◦ Quen somos?

Sinais de identidade.

◦ Que pretendemos?

Obxectivos.

◦ Como nos organizamos?

Estrutura organizativa.

◦ Na elaboración do PEC deben participar os distintos sectores da
comunidade educativa, baixo a coordinación da dirección do centro. A
aprobación do PEC correspóndelle ao Consello Escolar do centro.
OLLO: Na LOMCE, a aprobación do PEC correspóndelle ao director/a.
3. A PROPOSTA PEDAGÓXICA E OUTROS DOCUMENTOS DO CENTRO (III)


Outros documentos do centro*
◦ Regulamento de réxime interior: conxunto de normas de
organización e funcionamento do centro.
◦ Proxecto de xestión: documento no que se plasma a xestión
económica e a administración dos recursos do centro.
◦ Programación xeral anual: documento que concreta todos os
plans de actuación acordados para un curso académico.
◦ Memoria anual: avaliación das actuacións previstas na
programación xeral anual que se realiza ao finalizar o curso
académico co fin de identificar e corrixir posibles incidencias.
- Poder ías dicir me, por f avor , que camiño
debo t omar par a saír de aquí?
- I so depende en gr an par t e do sit io ao que
queir as chegar - dixo o gat o.
- Non me impor t a moit o o sit io - dixo Alicia.
- Daquela t ampouco impor t a moit o o camiño
que t omes -r espondeu o gat o.
(“Alicia no país das mar abillas”, Lewis
Car r oll)

A PLANIFICACIÓN
NA EDUCACIÓN
NON FORMAL
4. A PLANIFICACIÓN NA EDUCACIÓN NON FORMAL (I)


A educación non formal tamén precisa dunha planificación.



O proceso de planificación na educación non formal prodúcese en
distintos niveis, dando lugar aos seguintes niveis de planificación:
NIVEIS DE PLANIFICACIÓN

Nivel 1

Nivel 2

Nivel 3

Planificación estratéxica

Planificación táctica

Planificación operativa

PLAN

PROGRAMA

PROXECTO

-Grandes liñas de actuación
para un territorio ou sector
da poboación a medio/longo
prazo.

-Aplicación do plan a unha
realidade concreta nun prazo
de tempo máis limitado.

-Intervención concreta que dá
resposta ás intencións dun
programa.

-Concreta os obxectivos do
plan, sinala prioridades e
determina os recursos.

-Especifica o proceso que se
vai levar a cabo con detalle.

-Establece
os
obxectivos
xerais, sinala as actuacións
máis representativas e prevé o
financiamento.
-Pode ser de ámbito europeo, nacional, autonómico...

-Soe ser desenvolvido por
administracións máis próximas ao cidadán (autonómica
ou local).

-É responsabilidade do equipo
de traballo que o vai poñer en
práctica.
4. A PLANIFICACIÓN NA EDUCACIÓN NON FORMAL (II)


En liñas xerais, un proxecto debe conter os seguintes elementos:
ELEMENTOS DUN PROXECTO

1. Que?

NATUREZA DO PROXECTO

Denominación e presentación.

2. Por que?

XUSTIFICACIÓN

Necesidades que resolve.

3. A quen?

DESTINATARIOS

Persoas ás que vai dirixido.

4. Para que?

OBXECTIVOS

Metas concretas que se perseguen.

5. Como?

METODOLOXÍA E
ACTIVIDADES

Como se vai levar a cabo.

6. Cando?

TEMPORALIZACIÓN

Duración e cronograma.

7. Onde?

LOCALIZACIÓN

Lugar e espazos que se van empregar.

8. Con quen?

RECURSOS HUMANOS

Persoal que o leva a cabo.

9. Con que?

RECURSOS MATERIAIS E
ECONÓMICOS

Materiais necesarios e orzamento.

10. Como
valoralo?

AVALIACIÓN

Valoración de todo o proceso.

OLLO: é preciso que os elementos do proxecto teñan coherencia e lóxica interna.
MÁIS ALÁ!
NORTE E
RUMBO AO

Unidade Didáctica 4

  • 1.
    UNIDADE DIDÁCTICA 4: APLANIFICACIÓN EDUCATIVA
  • 2.
    ÍNDICE 1.Para non perdero norte: o currículo como expresión das intencións educativas 1.1. Concepto de currículo 1.2. Elementos do currículo 1.3. Niveis de concreción curricular 2.O currículo da Educación Infantil 3.A proposta pedagóxica e outros documentos do centro 4.A planificación na educación non formal
  • 3.
    O termo “currículo”provén do latín O termo “currículo” provén do latín “currículum”, que significa “carreira”. “currículum”, que significa “carreira”.
  • 4.
    1. O CURRÍCULOCOMO EXPRESIÓN DAS INTENCIÓNS EDUCATIVAS 1.1. Concepto de currículo (I) Definición de currículo A) Conxunto de decisións relativas ao proceso educativo sobre que, cando e como ensinar e que, cando e como avaliar. B) Conxunto de obxectivos, competencias básicas, contidos, métodos pedagóxicos e criterios de avaliación (definición da LOE).* OLLO: A LOMCE define o currículo como a regulación dos elementos que determinan os procesos de ensino e aprendizaxe, incluíndo os obxectivos, as competencias, os contidos, a metodoloxía didáctica, os estándares e resultados de aprendizaxe e os criterios de avaliación.* Funcións do currículo ◦ Facer explícitas as intencións do sistema educativo. ◦ Servir como guía para orientar a práctica pedagóxica.
  • 5.
    1.1. Concepto decurrículo (II)  Fontes do currículo* O currículo fundaméntase nas seguintes bases teóricas: Base sociolóxica: demandas sociais acerca do sistema educativo Base pedagóxica: factores favorecedores do ensino-aprendizaxe CURRÍCULO Base filosófica: ideas sobre que é o mellor para o ser humano Base epistemolóxica: coñecementos sobre as distintas áreas ou materias curriculares Base psicolóxica: procesos de desenvolvemento e aprendizaxe do alumnado
  • 6.
    1.2. Elementos docurrículo (I)  De acordo coa definición “A” 1. Que ensinar? Selección de obxectivos e contidos. 2. Cando ensinar? Secuencia de obxectivos e contidos. 3. Como ensinar? Metodoloxía. 4. Que, cando e como avaliar?  De Avaliación. acordo coa definición “B” (LOE)* 1. Obxectivos. 2. Competencias básicas. 3. Contidos. 4. Métodos pedagóxicos. 5. Criterios de avaliación.
  • 7.
    1.2. Elementos docurrículo (II) Imos centrarnos na definición “B”... 1. Obxectivos ◦ Son os fins que dirixen a intervención educativa. ◦ Describen as capacidades que se espera que adquira o alumnado como consecuencia do proceso educativo. ◦ Os currículos de Educación Infantil poden incluír tres tipos de obxectivos:  OBXECTIVOS XERAIS DE ETAPA (período 0-6).  OBXECTIVOS DO CICLO (0-3 ou 3-6).  OBXECTIVOS DE ÁREA (para cada área curricular).
  • 8.
    1.2. Elementos docurrículo (III) 2. Competencias básicas* ◦ Son as aprendizaxes que se consideran imprescindibles para que unha persoa acade un adecuado desenvolvemento persoal, escolar e social. ◦ Están asociadas ao ensino básico (Primaria e Secundaria), aínda que a Educación Infantil tamén debe contribuír ao seu desenvolvemento. ◦ Non se desenvolven só a través da educación formal, senón tamén a través da educación non formal e informal. ◦ Son 8: competencia en comunicación lingüística, competencia matemática, competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico, tratamento da información e competencia dixital, competencia social e cidadá, competencia cultural e artística, competencia para aprender a aprender e autonomía persoal.
  • 9.
    1.2. Elementos docurrículo (IV) 3. Contidos ◦ Son as aprendizaxes que debe realizar o alumnado para acadar os obxectivos. ◦ Poden ser de 3 tipos:  CONTIDOS CONCEPTUAIS (saber cousas)  CONTIDOS PROCEDIMENTAIS (saber facer)  CONTIDOS ACTITUDINAIS (saber ser) OLLO: Na LOE non aparecen definidos estes tres tipos de contidos, pero todos eles deben estar presentes no currículo.* ◦ Outros contidos que cómpre mencionar son os denominados “TEMAS TRANSVERSAIS”: contidos esencialmente actitudinais que pola súa relevancia social non se traballan como áreas específicas senón que impregnan toda a intervención educativa Educación cívica e moral, educación para a paz, educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos, educación para a saúde, educación ambiental, educación do consumidor/a, educación sexual, educación vial. OLLO: Na LOE os temas transversais aparecen como “educación en valores”.*
  • 10.
    1.2. Elementos docurrículo (V) 4. Métodos pedagóxicos* ◦ Son as estratexias utilizadas na intervención educativa para favorecer o proceso de ensino-aprendizaxe. ◦ Trátase dun elemento referido á práctica docente. 5. Criterios de avaliación* ◦ Son normas de referencia para valorar a consecución dos obxectivos por parte do alumnado.
  • 11.
    1.3. Niveis deconcreción curricular (I) O currículo debe ser aberto e flexible, é dicir, debe permitir que os centros e os educadores/as adapten as decisións curriculares ás características do contexto educativo e do alumnado.  Desde esta perspectiva, pódense momentos distintos no currículo: diferenciar dous ◦ DESEÑO DO CURRÍCULO: plan xeral que guía as accións educativas. ◦ DESENVOLVEMENTO DO CURRÍCULO: posta en práctica dese proxecto, coas necesarias adecuacións á realidade.
  • 12.
    1.3. Niveis deconcreción curricular (II)  Un currículo aberto vaise concretando do xeral ao particular, dando lugar a tres niveis de concreción:
  • 13.
  • 14.
    2. O CURRÍCULODA EDUCACIÓN INFANTIL  Existe certa asimetría no currículo LOE do 1º ciclo e do 2º ciclo de Educación Infantil: ◦ No 2º ciclo, 1630/2006, do mínimas do 2º establecen os mínimas. o Goberno fixa as ensinanzas mínimas (Real Decreto 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas ciclo de Educación Infantil) e as Comunidades Autónomas seus respectivos currículos respectando esas ensinanzas ◦ No 1º ciclo, en cambio, o Goberno non dispón as ensinanzas mínimas e son as Comunidades Autónomas as que determinan os “contidos educativos”. Polo tanto, existe unha realidade plural nos distintos territorios do Estado español en canto aos “contidos educativos” ou currículo para o período 0-3.  O currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia vén establecido nun Decreto único que completa as ensinanzas mínimas fixadas a nivel estatal para o 2º ciclo e determina os principais elementos curriculares do 1º ciclo: Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.*
  • 15.
    DECRETO 330/2009, POLOQUE SE ESTABLECE O CURRÍCULO DA EDUCACIÓN INFANTIL NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (I)*  Constitúe o 1º nivel de concreción curricular da Educación Infantil en Galicia (Decreto do currículo ou “Deseño Curricular Base”, DCB).  Contén unha serie de disposicións xerais para o conxunto da etapa de Educación Infantil: principios xerais, fins, obxectivos, áreas de coñecemento, distribución horaria, avaliación, atención á diversidade, etc. (ver artigos 2 a 13).  Tanto o currículo do 1º ciclo como o do 2º ciclo estrutúranse arredor de tres áreas de coñecemento, entendidas como ámbitos propios da experiencia e do desenvolvemento infantil que deben abordarse de forma interrelacionada a través de actividades globalizadas que teñan interese e significado para as nenas e os nenos: 1. Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal. 2. Coñecemento do contorno. 3. Linguaxes: comunicación e representación.
  • 16.
    DECRETO 330/2009, POLOQUE SE ESTABLECE O CURRÍCULO DA EDUCACIÓN INFANTIL NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA (II)*  O Decreto inclúe tanto elementos de carácter prescritivo como de carácter orientador: ◦ Son elementos de carácter prescritivo: os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación das áreas (ver Anexo I, currículo do 1º ciclo). Os contidos organízanse en bloques: ◦ Son elementos de carácter orientador: as orientacións metodolóxicas (ver Anexo I, currículo do 1º ciclo) e as contribucións ás competencias básicas (ver Anexo II). Algunhas orientacións metodolóxicas: ambiente agradable, estimulante e flexible que lles permita ás crianzas sentirse cómodas e explorar; relación fluída coas familias e co contorno; globalización da aprendizaxe; individualización da atención educativa; desenvolvemento das potencialidades das nenas e nenos a través da axuda doutras persoas, o movemento e o xogo; creación de situacións de interacción social nun contexto afectuoso...
  • 17.
    A PROPOSTA PEDAGÓXICA… EOUTROS DOCUMENTOS DO CENTRO
  • 18.
    3. A PROPOSTAPEDAGÓXICA E OUTROS DOCUMENTOS DO CENTRO (I)  A proposta pedagóxica ◦ A proposta pedagóxica (anteriormente chamada “proxecto curricular”) constitúe o 2º nivel de concreción currricular (adaptación do Decreto do currículo ao contexto do centro). ◦ Debe ser un instrumento vivo e revisable que recolla as decisións de todo o equipo educativo. A LOE sinala que a elaboración e seguimento da proposta pedagóxica do 1º ciclo de Educación Infantil está baixo a responsabilidade dun profesional co título de mestre/a de Educación Infantil ou equivalente, pero o conxunto do equipo educativo de ciclo debe participar, facer achegas, establecer acordos e finalmente aprobar o documento co fin de dotar de coherencia e unidade á práctica educativa.* ◦ Tomando como referencia o que a Comunidade Autónoma de Galicia fixa para o 2º ciclo de Educación Infantil (Orde do 25 de xuño de 2009), pode incluír aspectos como os seguintes: adecuación dos obxectivos xerais da Educación Infantil ao contexto do centro; aspectos xerais para a elaboración das programacións (tendo en conta os obxectivos, contidos e criterios de avaliación das áreas dispostos no currículo); decisións sobre metodoloxía, agrupamento do alumnado e planificación dos espazos, materiais e tempo; educación en valores; atención á diversidade; decisións sobre a avaliación; accións para a colaboración coas familias; proxecto lingüístico; planificación do período de adaptación...* ◦ Forma parte do proxecto educativo do centro e debe basearse no establecido nel.
  • 19.
    3. A PROPOSTAPEDAGÓXICA E OUTROS DOCUMENTOS DO CENTRO (II)  O proxecto educativo do centro (PEC)* ◦ O PEC é o documento que expresa as intencións da comunidade educativa con respecto aos principios rectores, as opcións educativas e as características esenciais do centro, dando coherencia a todas as accións que se desenvolven nel e reflectindo a súa singularidade. ◦ Dá resposta ás seguintes preguntas: ◦ Quen somos? Sinais de identidade. ◦ Que pretendemos? Obxectivos. ◦ Como nos organizamos? Estrutura organizativa. ◦ Na elaboración do PEC deben participar os distintos sectores da comunidade educativa, baixo a coordinación da dirección do centro. A aprobación do PEC correspóndelle ao Consello Escolar do centro. OLLO: Na LOMCE, a aprobación do PEC correspóndelle ao director/a.
  • 20.
    3. A PROPOSTAPEDAGÓXICA E OUTROS DOCUMENTOS DO CENTRO (III)  Outros documentos do centro* ◦ Regulamento de réxime interior: conxunto de normas de organización e funcionamento do centro. ◦ Proxecto de xestión: documento no que se plasma a xestión económica e a administración dos recursos do centro. ◦ Programación xeral anual: documento que concreta todos os plans de actuación acordados para un curso académico. ◦ Memoria anual: avaliación das actuacións previstas na programación xeral anual que se realiza ao finalizar o curso académico co fin de identificar e corrixir posibles incidencias.
  • 21.
    - Poder íasdicir me, por f avor , que camiño debo t omar par a saír de aquí? - I so depende en gr an par t e do sit io ao que queir as chegar - dixo o gat o. - Non me impor t a moit o o sit io - dixo Alicia. - Daquela t ampouco impor t a moit o o camiño que t omes -r espondeu o gat o. (“Alicia no país das mar abillas”, Lewis Car r oll) A PLANIFICACIÓN NA EDUCACIÓN NON FORMAL
  • 22.
    4. A PLANIFICACIÓNNA EDUCACIÓN NON FORMAL (I)  A educación non formal tamén precisa dunha planificación.  O proceso de planificación na educación non formal prodúcese en distintos niveis, dando lugar aos seguintes niveis de planificación: NIVEIS DE PLANIFICACIÓN Nivel 1 Nivel 2 Nivel 3 Planificación estratéxica Planificación táctica Planificación operativa PLAN PROGRAMA PROXECTO -Grandes liñas de actuación para un territorio ou sector da poboación a medio/longo prazo. -Aplicación do plan a unha realidade concreta nun prazo de tempo máis limitado. -Intervención concreta que dá resposta ás intencións dun programa. -Concreta os obxectivos do plan, sinala prioridades e determina os recursos. -Especifica o proceso que se vai levar a cabo con detalle. -Establece os obxectivos xerais, sinala as actuacións máis representativas e prevé o financiamento. -Pode ser de ámbito europeo, nacional, autonómico... -Soe ser desenvolvido por administracións máis próximas ao cidadán (autonómica ou local). -É responsabilidade do equipo de traballo que o vai poñer en práctica.
  • 23.
    4. A PLANIFICACIÓNNA EDUCACIÓN NON FORMAL (II)  En liñas xerais, un proxecto debe conter os seguintes elementos: ELEMENTOS DUN PROXECTO 1. Que? NATUREZA DO PROXECTO Denominación e presentación. 2. Por que? XUSTIFICACIÓN Necesidades que resolve. 3. A quen? DESTINATARIOS Persoas ás que vai dirixido. 4. Para que? OBXECTIVOS Metas concretas que se perseguen. 5. Como? METODOLOXÍA E ACTIVIDADES Como se vai levar a cabo. 6. Cando? TEMPORALIZACIÓN Duración e cronograma. 7. Onde? LOCALIZACIÓN Lugar e espazos que se van empregar. 8. Con quen? RECURSOS HUMANOS Persoal que o leva a cabo. 9. Con que? RECURSOS MATERIAIS E ECONÓMICOS Materiais necesarios e orzamento. 10. Como valoralo? AVALIACIÓN Valoración de todo o proceso. OLLO: é preciso que os elementos do proxecto teñan coherencia e lóxica interna.
  • 24.