enlaces a otros blogs y webs donde encontrar material ludico, de ampliación, refuerzo, para ordenador o imprimr... directamente desde el pdf se accede clasificado por curso, contenidos, formato....
Conceptos básicos de Ecoloxía. Na parte final da presentación faise unha pequena referencia os ecosistemas galegos. Nesta última parte a maior parte da información foi extraida da web www.adelaleiro.com aínda que ten modificacións propias.
enlaces a otros blogs y webs donde encontrar material ludico, de ampliación, refuerzo, para ordenador o imprimr... directamente desde el pdf se accede clasificado por curso, contenidos, formato....
Conceptos básicos de Ecoloxía. Na parte final da presentación faise unha pequena referencia os ecosistemas galegos. Nesta última parte a maior parte da información foi extraida da web www.adelaleiro.com aínda que ten modificacións propias.
Os medios. Adaptacións. Hábitat e Nicho. O solo. Principais ecosistemas en España. Relacións tróficas. Fluxo de materia e enerxía. Ciclos bioxeoquímicos.
Esténdese desde as zonas máis altas da atmosfera, onde se atopan microorganismos en suspensión (sobre os 10.000m ), ata os fondos oceánicos, incluídos os seus sedimentos.
Traballo realizado por unha alumna para o curso de 1º da ESO sobre os ecosistemas na Terra, os niveis tróficos, os grandes biomas terrestres. Relación entre os seres vivos. Escrito en lingua galega. Dcumentos gráficos para entender con mais facilidade os conceptos que se queren tratar.
1. TEMA 5: OS ECOSISTEMAS
1. Que é un ecosistema?
É o conxunto de seres vivos que habitan nun lugar onde se relacionan
entre eles e o medio físico en que viven.
2. Que é a ecosfera?
É o conxunto formado por todos os ecosistemas da Terra
3. Cales son os elementos dun ecosistema?
Son dous:
Medio físico: compoñentes sen vida como as rochas, auga,
temperatura, humidade, cantidade de luz.
Hai dous tipos de medios: terrestres ( os seres vivos están rodeados
de aire) e acuáticos (os seres vivos están rodeados de auga)
Seres vivos: animais, plantas e demáis seres vivos como algas,
fungos e bacterias.
4. Que é a biosfera?
É o conxunto de todos os seres vivos que viven na Terra.
5. Que un individuo?
Cada ser vivo dunha mesma especie dun ecosistema.
6. Que é unha poboación?
Son todos os individuas dunha mesma especie dun ecosistema.
7. Que é unha comunidade?
É o conxunto de todas as poboacións dun ecosistema.
8. Que é a fauna dun ecosistema?
O conxunto de animais dun ecosistema.
9. Que é a flora dun ecosistema?
O conxunto de plantas dun ecosistema.
10. Que é a biocenose?
O conxunto de seres vivos dun ecosistema
11. Que é o biotopo?
O lugar ou medio físico onde se desenvolve o ecosistema.
12. Xuntos, que forman?
Biotopo + biocenose = ecosistema
13. Que é o hábitat?
Son as condicións ambientais que existen no lugar do ecosistema en que
habita unha especie.
2. 14. Cal é a pirámide de alimentación dun ecosistema?
15.Que é unha cadea alimentaria?
É un esquema para representar as relacións de alimentación con frechas.
CONSUMIDORES PRIMARIOS
CONSUMIDORES SECUNDARIOS
PREEIROS
3. 16. Que é unha rede alimentaria ou rede trófica?
A representación das distintas cadeas alimentarias que se establecen nun
ecosistema.
17. É o mesmo cadea que rede alimentaria?
Non, porque unha cadea alimentaria ou cadea trófica forma parte dunha
rede. Nunha rede hai moitas cadeas tróficas.
18. Que tipos de relacións entre seres vivos existen? Defíneas.
Hai catro tipos;
o Mutualismo: relación entre dous individuos en que ambos se
benefician
o Comensalismo: relación en que un ser vivo aliméntase dos
restos de comida doutro ser vivo
o Parasitismo: relación cando un ser vivo obtén beneficio
doutro, que resulta prexudicado.
o Competencia: relación de dous seres vivos que teñen as
mesmas necesidades. saen as dúas especies prexudicadas.
4. 19. Como se relacionan os seres vivos dun ecosistema?
De dúas maneiras: co medio físico (modificádoo ou adaptándose) e entre
os seres vivos que o forman ( alimentación ou outras formas como
comensalismo, mutualismo, parasitismo ou competencia
20. Traballa coa imaxe:
a. Que seres vivos son os productores na Antártida?
As algas microscópicas
b. Cal é o consumidor primario?
O krill
c. Dí o nome dun consumidor secundario, un terciario e un
cuaternario.
Hai varias respostas
d. Escribe dúas cadeas alimentarias baseadas na rede da Antártida
Hai varias respostas.