DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN                                              IES ELVIÑA 1


   TRASTORNO DE DÉFICIT DE ATENCIÓN CON HIPERACTIVIDADE (TDAH)
              PAUTAS A SEGUIR NO CENTRO ESCOLAR

   •   Características máis salientables:

       1. Móvese moito, fala, levántase continuamente, ten que estar sempre
          interactuando cos demáis compañeiros, tocándoos, empuxándoos; non
          escoita e é impulsivo porque ten un déficit de reflexividade.
       2. Cambios atencionales frecuentes; dificultades para rematar as tarefas
          escolares porque non poden manter a atención durante un tempo razoable.
       3. Presentan atraso nas aprendizaxes curriculares e sociais.

   •   Descoñécese a orixe do trastorno, pero sí se sabe que é un neno
       biolóxicamente diferente dos demáis.

   •   A dificultade de autocontrol que presenta conleva un deterioro na vida
       académica, familiar e social.

   •   As manifestacións do trastorno cambian coa idade.

   •   Na axeitada evolución do trastorno inflúen de xeito determinante dous factores:
       a) Diagnóstico temperá e b) Atención proporcionada pola familia e o centro
       escolar (unha educación ríxida, punitiva e pouco tolerante é contraproducente).

   •   O tratamento do trastorno ten que abordarse desde una perspectiva
       multidisciplinar: psicolóxica, farmacolóxica e psicopedagóxica. O diagnóstico
       preciso ten que ser efectuado por especialistas de Saúde Mental. Para elo o
       alumno será derivado desde o centro escolar a través do pediatra.

   •   O centro educativo só pode identificar o posible trastorno a partir das
       informacións aportadas polo profesorado e a familia.

   •   O profesorado debe consideralo como un alumno con necesidades
       educativas especiais e ter en conta os seguintes factores:
          o Precisa que se adecúen as esixencias curriculares ó seu déficit de
             atención.
          o Hai que sentalo cerca da pizarra e do profesor, ubicándoo na aula de
             xeito que se favoreza a súa atención. Non pode estar ó lado de rapaces
             que o distraigan, senón con nenos socialmente máis adaptados (“os
             bós”)
          o Hai que poñerlle as mesmas tarefas que ós demáis, pero mandarlle
             facelas en períodos diferentes. Convén fragmentarllas para que poda
             facelas en periodos de tempo máis pequenos.
          o Darlle recursos para que poda moverse na aula: nomealo axudante da
             clase, supervisor do grupo, etc.; encargarlle que recolla materiais, que
             vaia buscar cousas, etc.

   •   É imprescindible que o centro escolar lle proporcione axudas específicas.
       Precisa:
          o Un pouco máis de comprensión
          o Un pouco máis de tolerancia
          o Apoio extra (adoita ter atraso en moitas áreas, a máis importante é a
              competencia social
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN                                             IES ELVIÑA 2


          o   Precisa recibir entrenamento en competencia social para evitar a
              enemistade do profesorado e compañeiros
          o   O traballo por excelencia ha de prestar atención ó adestramento en
              destrezas atencionales para paliar o seu déficit de atención
          o   Debe recibir adestramento dun especialista para regular e soster a
              atención

   •   Se recibe a adecuada atención e non chega a acumular un atraso académico
       moi importante, non hai motivo para que fracase escolarmente.

   •   Pautas xerais para a intervención no centro escolar:

              1. Referidas á metodoloxía a empregar nas clases
              o como dar instruccións:
                             • establecer contacto ocular ou proximidade física co
                                 alumno, asegurando así a súa atención; evitar no
                                 lugar de traballo a presencia de estímulos
                                 distractores
                             • darlle as instruccións dunha nunha; as instruccións
                                 han de ser concretas, curtas e en linguaxe positiva;
                                 cando se cumpran, hai que eloxialas inmediatamente
              o como explicar contidos: empregar explicacións motivadoras –
                  achegando o tema á vida cotiá do alumno- e dinámicas, de xeito
                  que favorezan a participación do alumno. É importante que as
                  tarefas estén estructuradas e organizadas e que o mestre asegure a
                  comprensión polo alumno
              o asignación de deberes e tarefas: É importante que as tarefas teñan
                  un formato simple e claro e que se asignen nunha cantidade xusta.
                  No caso de actividades longas, conven fragmentalas. Imprescindible
                  a supervisión e reforzo constante. Pode ser útil o emprego de
                  rexistros ou contratos co fin de facilitarlle a planificación e
                  realización dos deberes

              2. Eixos para fomentar un comportamento adecuado:
              2.1 Supervisión constante (miralo con frecuencia; pasar polo lado para
              comprobar que comezou a tarefa, etc.). A supervisión ten que servir
              para anticipar e previr situacións que poden representar un problema e
              para xerar no alumno maior seguridade e autocontrol.
              2.2 Titorías individualizadas de 10 minutos: Sirven para indicar ó
              alumno que se espera del, que sinais podense pactar para mellorar o
              seu comportamento e redemento e para marcar os límites e normas
              básicas de comportamento dentro da aula.
              2.3 Uso de ferramentas básicas para o control do comportamento:
              Reforzo positivo, extinción, tempo fóra e establecemento de límites.
                      2.3.1 Reforzo positivo: consiste en eloxiar/reforzar aqueles
              comportamentos que queremos que se dean con mais frecuencia; é a
              mellor estratexia no control da conducta:
              • Eloxiar conductas moi concretas, dicindo cal e a conducta
                  (autorrexistro de conductas adecuadas)
              • Eloxiar sempre de forma sincera e verdadeira
              • Empregar o reforzo social (felicitación, eloxio, afecto), privilexios
                  sinxelos (pequenos encargos de aula, un rato máis de patio,etc.) ou
                  pequenos premios (adhesivos, cromos, etc.)-
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN                                                IES ELVIÑA 3


                         2.3.2 Extinción: (estratexia a empregar en xeral para conductas
                         indadaptadas) Deixar de atender un comportamento para reducir
                         ou evitar que se repita (non prestar atención á conducta
                         problemática = non mirar, non escoitar, non falar, non razoar,
                         non xesticular, actuar coma se non pasara nada) [excepto cando
                         a conducta supoña perigo para el ou para os que os rodean]
                         2.3.3 “Tempo fora”: Illar ó alumno nun lugar carente de
                         estímulos durante un período, despois de que se dea unha
                         conducta que queremos reducir (insultar, pegar, etc…). Hai que
                         escoller o lugar idóneo en cada caso (asento, curruncho cerca
                         da porta, aula dun curso superior, etc.) e pactar co alumno os
                         lugares e os tempos.
                         2.3.4 Normas e límites: Na aula, proporcionar un ambiente
                         estructurado, con normas e límites claros para o control da
                         disciplina. Foméntase así o autocontrol e xérase seguridade.

   •   A MODO DE SÍNTESE: É preciso:
          • Eloxiar a coducta adecuada e felicitalo cando faga algo ben.
          • Empregar linguaxe positiva
          • Ignorar conductas menores
          • Evitar os castigos, xa que non ensinan a conducta correcta. Empregalos
            só en casos graves
          • Anticipar situacións problemáticas
          • Adicarlle tempo
          • Supervisalo a miúdo
          • Achegarnos a él con ganas de axudalo, velo coma un alumno que ten
            un problema, e non como un neno problemático.

Fontes bibliográficas:

   -   Páxina web CREENA (Centro de Recursos de Educación Especial de la
       Universidad de Navarra):
       http://www.pnte.cfnavarra.es/creena/002conductuales/menuconducta.htm
   -   García Pérez, E. Manuel (2003): Video Niños hiperactivos. “Lo que los
       Profesores deben saber”. Barakaldo. Grupo Albor-Cohs.
   -   Páxina web dos Trastornos por déficit de atención con ou sin hiperactividade:
       http://www.tda-h.com
   -   Xunta de Galicia (2005): Alumnado con problemas de conducta. Consellería de
       Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia.
   -   Armas Castro, Manuel (2007): Prevención e intervención ante problemas de
       conducta. Estrategias para centros educativos y familias. Getafe (Madrid).
       Wolters Kluwer.
   -   Orjales Villar, Isabel (1999): Déficit de atención con hiperactividad. Manual
       para padres y Educadores. Madrid. Cepe, 2ª ed.
   -   Mena Pujol, B.; Nicolau Palou, R. e outros (2006): El alumno co TDAH. Guía
       práctica para educadores.Madrid. Ediciones Mayo. Fundación ADANA.



                                                    Novembro 2011

Tdah pautas profesorado

  • 1.
    DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES ELVIÑA 1 TRASTORNO DE DÉFICIT DE ATENCIÓN CON HIPERACTIVIDADE (TDAH) PAUTAS A SEGUIR NO CENTRO ESCOLAR • Características máis salientables: 1. Móvese moito, fala, levántase continuamente, ten que estar sempre interactuando cos demáis compañeiros, tocándoos, empuxándoos; non escoita e é impulsivo porque ten un déficit de reflexividade. 2. Cambios atencionales frecuentes; dificultades para rematar as tarefas escolares porque non poden manter a atención durante un tempo razoable. 3. Presentan atraso nas aprendizaxes curriculares e sociais. • Descoñécese a orixe do trastorno, pero sí se sabe que é un neno biolóxicamente diferente dos demáis. • A dificultade de autocontrol que presenta conleva un deterioro na vida académica, familiar e social. • As manifestacións do trastorno cambian coa idade. • Na axeitada evolución do trastorno inflúen de xeito determinante dous factores: a) Diagnóstico temperá e b) Atención proporcionada pola familia e o centro escolar (unha educación ríxida, punitiva e pouco tolerante é contraproducente). • O tratamento do trastorno ten que abordarse desde una perspectiva multidisciplinar: psicolóxica, farmacolóxica e psicopedagóxica. O diagnóstico preciso ten que ser efectuado por especialistas de Saúde Mental. Para elo o alumno será derivado desde o centro escolar a través do pediatra. • O centro educativo só pode identificar o posible trastorno a partir das informacións aportadas polo profesorado e a familia. • O profesorado debe consideralo como un alumno con necesidades educativas especiais e ter en conta os seguintes factores: o Precisa que se adecúen as esixencias curriculares ó seu déficit de atención. o Hai que sentalo cerca da pizarra e do profesor, ubicándoo na aula de xeito que se favoreza a súa atención. Non pode estar ó lado de rapaces que o distraigan, senón con nenos socialmente máis adaptados (“os bós”) o Hai que poñerlle as mesmas tarefas que ós demáis, pero mandarlle facelas en períodos diferentes. Convén fragmentarllas para que poda facelas en periodos de tempo máis pequenos. o Darlle recursos para que poda moverse na aula: nomealo axudante da clase, supervisor do grupo, etc.; encargarlle que recolla materiais, que vaia buscar cousas, etc. • É imprescindible que o centro escolar lle proporcione axudas específicas. Precisa: o Un pouco máis de comprensión o Un pouco máis de tolerancia o Apoio extra (adoita ter atraso en moitas áreas, a máis importante é a competencia social
  • 2.
    DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES ELVIÑA 2 o Precisa recibir entrenamento en competencia social para evitar a enemistade do profesorado e compañeiros o O traballo por excelencia ha de prestar atención ó adestramento en destrezas atencionales para paliar o seu déficit de atención o Debe recibir adestramento dun especialista para regular e soster a atención • Se recibe a adecuada atención e non chega a acumular un atraso académico moi importante, non hai motivo para que fracase escolarmente. • Pautas xerais para a intervención no centro escolar: 1. Referidas á metodoloxía a empregar nas clases o como dar instruccións: • establecer contacto ocular ou proximidade física co alumno, asegurando así a súa atención; evitar no lugar de traballo a presencia de estímulos distractores • darlle as instruccións dunha nunha; as instruccións han de ser concretas, curtas e en linguaxe positiva; cando se cumpran, hai que eloxialas inmediatamente o como explicar contidos: empregar explicacións motivadoras – achegando o tema á vida cotiá do alumno- e dinámicas, de xeito que favorezan a participación do alumno. É importante que as tarefas estén estructuradas e organizadas e que o mestre asegure a comprensión polo alumno o asignación de deberes e tarefas: É importante que as tarefas teñan un formato simple e claro e que se asignen nunha cantidade xusta. No caso de actividades longas, conven fragmentalas. Imprescindible a supervisión e reforzo constante. Pode ser útil o emprego de rexistros ou contratos co fin de facilitarlle a planificación e realización dos deberes 2. Eixos para fomentar un comportamento adecuado: 2.1 Supervisión constante (miralo con frecuencia; pasar polo lado para comprobar que comezou a tarefa, etc.). A supervisión ten que servir para anticipar e previr situacións que poden representar un problema e para xerar no alumno maior seguridade e autocontrol. 2.2 Titorías individualizadas de 10 minutos: Sirven para indicar ó alumno que se espera del, que sinais podense pactar para mellorar o seu comportamento e redemento e para marcar os límites e normas básicas de comportamento dentro da aula. 2.3 Uso de ferramentas básicas para o control do comportamento: Reforzo positivo, extinción, tempo fóra e establecemento de límites. 2.3.1 Reforzo positivo: consiste en eloxiar/reforzar aqueles comportamentos que queremos que se dean con mais frecuencia; é a mellor estratexia no control da conducta: • Eloxiar conductas moi concretas, dicindo cal e a conducta (autorrexistro de conductas adecuadas) • Eloxiar sempre de forma sincera e verdadeira • Empregar o reforzo social (felicitación, eloxio, afecto), privilexios sinxelos (pequenos encargos de aula, un rato máis de patio,etc.) ou pequenos premios (adhesivos, cromos, etc.)-
  • 3.
    DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IES ELVIÑA 3 2.3.2 Extinción: (estratexia a empregar en xeral para conductas indadaptadas) Deixar de atender un comportamento para reducir ou evitar que se repita (non prestar atención á conducta problemática = non mirar, non escoitar, non falar, non razoar, non xesticular, actuar coma se non pasara nada) [excepto cando a conducta supoña perigo para el ou para os que os rodean] 2.3.3 “Tempo fora”: Illar ó alumno nun lugar carente de estímulos durante un período, despois de que se dea unha conducta que queremos reducir (insultar, pegar, etc…). Hai que escoller o lugar idóneo en cada caso (asento, curruncho cerca da porta, aula dun curso superior, etc.) e pactar co alumno os lugares e os tempos. 2.3.4 Normas e límites: Na aula, proporcionar un ambiente estructurado, con normas e límites claros para o control da disciplina. Foméntase así o autocontrol e xérase seguridade. • A MODO DE SÍNTESE: É preciso: • Eloxiar a coducta adecuada e felicitalo cando faga algo ben. • Empregar linguaxe positiva • Ignorar conductas menores • Evitar os castigos, xa que non ensinan a conducta correcta. Empregalos só en casos graves • Anticipar situacións problemáticas • Adicarlle tempo • Supervisalo a miúdo • Achegarnos a él con ganas de axudalo, velo coma un alumno que ten un problema, e non como un neno problemático. Fontes bibliográficas: - Páxina web CREENA (Centro de Recursos de Educación Especial de la Universidad de Navarra): http://www.pnte.cfnavarra.es/creena/002conductuales/menuconducta.htm - García Pérez, E. Manuel (2003): Video Niños hiperactivos. “Lo que los Profesores deben saber”. Barakaldo. Grupo Albor-Cohs. - Páxina web dos Trastornos por déficit de atención con ou sin hiperactividade: http://www.tda-h.com - Xunta de Galicia (2005): Alumnado con problemas de conducta. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Xunta de Galicia. - Armas Castro, Manuel (2007): Prevención e intervención ante problemas de conducta. Estrategias para centros educativos y familias. Getafe (Madrid). Wolters Kluwer. - Orjales Villar, Isabel (1999): Déficit de atención con hiperactividad. Manual para padres y Educadores. Madrid. Cepe, 2ª ed. - Mena Pujol, B.; Nicolau Palou, R. e outros (2006): El alumno co TDAH. Guía práctica para educadores.Madrid. Ediciones Mayo. Fundación ADANA. Novembro 2011