TÂCHE 2. COMMENTY
S’YPRENDRE
Cintia Fernández López
3º Grao en Educación Primaria
Lingua francesa e a súa didáctica
2.
OBJECTIF
(Área de matemáticas)
CONTENUS
(Estescontidos pertencen ó segundo ciclo de
educación primaria, neste caso cuarto de
primaria. O bloque que se vai tratar é o
primeiro, denominado: “Espazos e materiais”)
- Identificación de figuras planas e de corpos
xeométricos (cubos, esferas, prismas, pirámides
e cilindros) en obxectos e en espazos cotiáns.
Descrición da súa forma, utilizando o vocabulario
xeométrico básico (lados, arestas, caras, ángulos
e vértices, segundo corresponda).
- Coñecer, valorar e adquirir
seguridade nas propias
habilidades matemáticas para
afrontar situacións diversas
que permitan gozar dos
aspectos creativos, estéticos
ou utilitarios e confiar nas súas - Participación activa e responsable no traballo
posibilidades de uso.
en equipo. Gusto por compartir os procesos de
resolución e os resultados obtidos.
3.
NIVEAU CECRL
O nivelmáis adecuado para o meu alumnado é o A1 por ser
elemental e introdutorio. Trátase de rapaces de entre nove e
dez anos de idade, polo tanto terán un nivel básico de palabras
relacionadas coa área de matemáticas, xa que non é moi común o uso
deste vocabulario na vida en xeral. Nesta área traballarase sobre todo,
como xa indiquei anteriormente nos obxectivos e nos contidos, todo o
relacionado coas figuras planas, os corpos xeométricos e a
participación do traballo en equipo. Aumentarán o vocabulario en
matemáticas a medida que avanzan ó nivel A2.
A finalidade é que saiban identificar eses corpos nos seus espazos
cotiáns, dándolle un bo uso e aumento do vocabulario na vida día a
día.
4.
CAPACITÉS CECRL
ESCOITAR
- Seicomprender preguntas e instrucións breves para realizar as
rutinas do día, para moverme pola aula e para realizar tarefas e
manualidades.
CONVERSAR - Sei manter o contacto visual coa persoa que me fala.
- Sei utilizar palabras e xestos para facerme comprender en xogos e
en descricións de obxectos e personaxes.
ESCRIBIR
- Sei escribir notas con mensaxes breves ós meus compañeiros e
amigos en xogos e simulacións.
- Sei escribir e debuxar carteis para poñer en distintos lugares da
clase: “biblioteca de clase” ou “os nosos proxectos”.
LER
- Sei asociar símbolos a mensaxes ou instrucións en taboleiros de
xogo e xogos de ordenador.
- Sei deducir o significado de palabras e expresións utilizando as
imaxes que as acompañan.
FALAR
- Sei repetir, imitando os sons e as palabras que escoito.
5.
ORIENTATIONS MÉTHODOLOGIQUES
A continuaciónmostrarei a metodoloxía para levar a cabo na área de
matemáticas, é dicir, os métodos que se deben utilizar para obter bos resultados
por parte do alumnado:
• O acercamento ós contidos matemáticos debe apoiarse en actividades reais e
na manipulación de obxectos concretos para poder avanzar de cara á
formación.
• É necesario poñer en xogo e reflexionar sobre o aprendido, para iso hai que
abandonar a idea de construción lineal do coñecemento.
• Acadar unha aprendizaxe significativa das matemáticas partindo das
concepcións previas (da experiencia) do alumnado.
• Introdución de múltiples e variadas situacións de aprendizaxe relacionadas coa
vida cotiá, para conservar a constante motivación do alumnado.
• O papel do profesorado debe ser de mediador entre os coñecementos que o
alumnado posúe e os que se pretende que se adquira. Desta forma o alumnado
é o protagonista da súa aprendizaxe.
• O alumnado debe utilizar obxectos do contorno para realizar as operacións
matemáticas a través da súa propia experimentación.
• É moi necesario o uso de recursos variados que requiran da súa manipulación.
6.
RUBRIQUE RÉFLEXION
•
•
•
•
ORGANISATION: simplementeseguín os pasos que se indicaban para realizar a
tarefa. Primeiro busquei os obxectivos, despois os contidos relacionados cos
primeiros, máis tarde meditei sobre o nivel que lle correspondería ó meu
alumnado na miña materia e finalmente lin e realicei o apartado de
orientacións metodolóxicas na área de matemáticas.
DIFFICULTÉS: en xeral resultoume bastante sinxela a actividade, polo tanto
non podo destacar un problema en concreto. O que si que me levou máis
traballo foi o apartado das orientacións metodolóxicas, xa que o tiven que ler
e razoar previamente.
COMPÉTENCES ACQUISES: a maioría da información que aportei no meu
traballo xa a sabía, pero o que principalmente aprendín foi que a finalidade
para que o alumnado adquira coñecementos é realizar a aprendizaxe de forma
práctica e baseada na experiencia deste.
OPINION: a miña opinión xeral sobre esta actividade é que me resultou máis
sinxela que a anterior e bastante entretida, xa que era máis concreta e
baseada na materia que a min me gusta.