SlideShare a Scribd company logo
1 of 8
A ENERXÍA INTERNA DO PLANETA
A enerxía do planeta
A Tª da superficie do planeta varía a a súa temperatura varía dependendo da enerxía solar que chegue á Terra.  A grandes profundidades profundidade, por exemplo, no interior dunha mina, podemos observar que a temperatura aumenta segundo aumenta a profundidade, é a o gradiente xeotérmico= 1º C/100m. Esta calor provén da enerxía xeotérmica.Orixe da calor interna ou xeotérmicaO noso planeta formouse fai, aproximadamente, uns 4.600 millóns de anos. Actualmente pénsase que a formación da Terra e de todo o Sistema Solar comezou a partir dunha nebulosa que comezou a xirar, concentrando as partículas de po e gas interestelar, orixinando o Sol e os planetas, entre eles a Terra.Ao concentrarse as partículas produciuse un aumento do campo gravitatorio na zona, o que incrementou a captura de máis partículas, formando unha enorme masa xirando en torno ao Sol. Os impactos de novas partículas capturadas aumentou a temperatura do planeta recén formado.
Ademais, desintegrábanse átomos inestables dos diferentes elementos radiactivos que hai na Terra como o uranio, o torio ou o potasio que liberaron gran cantidade de enerxía radiactiva.
Pouco a pouco a Terra arrefriouse, orixinando capas concéntricas.
O proceso de liberación de calor que comezou hai 4.600 millóns de anos continúa na actualidade e prolongarase ata que toda a enerxía da Terra se disipe no frío Universo.
Debido a isto prodúcense elevadas Tª e presións que orixinan os procesos xeolóxicos internos:
Movemento dos continentes
Volcáns
Tremores de terra
Oroxénese (orixe das cordilleiras)
Formación de dorsais
Formación dalgúns tipos de rochas e das súas deformacións.
Movemento dos continentes
O científicos aportaron datos que demostraron que os continentes actuais non sempre se encontraron na posición en que están agora.
No 1912, Alfred Wegener achegou datos que indican que os continentes actuais estiveron todos unidos nun gran supercontinente chamado Panxea hai millóns de anos. El propuña que posteriormente o Panxea rompera en varios fragmentos, que foron desprazándose ata a posición actual. A esta teoría chamouna deriva continental. Esta teoría acompañouna por unha serie de probas:
Probas xeográficas: as liñas de costa dalgúns continentes encaixan perfectamente, coma o litoral leste de América do Sur e o oeste do continente africano.
Probas da xeoloxía:  Wegener reuniu todos os continentes en Panxea e descubriu que existían cordilleiras coa mesma idade e mesma clase de rochas en distintos continentes que segundo el, estiveran unidos.
Probas da paleontoloxía:Wegener tamén descubriu outro indicio sorprendente. En distintos continentes afastados mediante océanos, atopu fósiles das mesmas especies, é dicir, habitaron ambos os dous lugares durante o período da súa existencia. E o que é máis, entre estes organismos encontrábanse algúns terrestres, como réptiles ou plantas, incapaces de ter atravesado océanos
Probas paleoclimáticas: esta ciencia pretende descubrir como era o clima pasado das diversas rexións do planeta a través do estudo de rochas como o carbón ou a existencia de morrenas deixadas polos glaciares. Existen restos glaciais no Brasil e no congo, mentres que en Groenlandia hai xacementeos de hulla (un tipo de carbón)
Panxea, a súa ruptura e o movemento dos continentes explícase na actualidade mediante a Teoría da Tectónica de Placas, grazas as novas aportacións de científicos que achegaron novas provas. Esta teoría matiza que non son os continentes os que se moven, senón as placas litosféicas.
As placas litosféricas.
A litosfera é unha parte da Terra que abrangue a codia e unha pequena parte do manto. Debaixo atópase a astenosfera que atópase parcialmente fundida e sobre a cal aboian (flotan). A litosfera non é continua senón que está dividida en placas que encaixan unhas coas outras.
As placas poden ser de 3 tipos: océnicas, continentais e mixtas
As correntes de convección
Son movementos que describen os fluídos. Cando estes se quentan, dilátanse e ascenden. No interior da Terra o núcleo está a maior temperatura co manto, polo que materiais semifundidos de zonas profundas do manto ascenden en dirección  á codia terrestre e cando chegan alí arrefríanse debido a que esta capa ten unha baixa temperatura. Ao arrefriarse os materiais, contráense e descenden ata alcanzar o núcleo da Terra, onde o proceso volverá comezar.
Estas correntes de convección provocan o desplazamento das placas litosféricas e con elas, os continentes.
Distribución dos volcáns e tremores de Terra e tipos de bordo de placa.
As placas litosféricas móvense chocando, rozando ou separándose unhas coas outras. Debaixo delas existen materiais a grandes temperaturas, nun estado semisólido, o que permite que os seus compoñentes teñan mobilidade. As zonas máis conflitivas da Terra atópanse nos bordos das placas. Alí están situados a maior parte dos volcáns e onde se localizan a maior parte dos tremores de terra.
Tipos de movementos das placa
Límites diverxentes ou construtivos: coinciden as correntes ascendentes das dúas células convectivas: en superficie toman direccións diverxentes; o material que ascende solidifica converténdose en litosfera e. Un exemplo témolo no medio do solo oceánico atlántico no cal , constrúese nova litosfera oceánica. O relevo que se forma denomínase dorsal oeánica.Límites converxentes ou destrutivos: coinciden as correntes descendentes das dúas células convectivas: a Litosfera afúndese fundíndose parcialmente. Ao converxer, unha placa deslízase por debaixo da outra, o que se coñece como subducción. A dirección de ambas as dúas placas é converxente e destrúese a litosfera oceánica. Como resultado deste proceso se forman as foxas oceánicas. Orixínanse fortes tremores de terra evolcáns. Tamén fórmanse cordilleiras como as dos Andes en Sudamérica.Límites transformantes: os contactos entre placas non sempre son converxentes ou diverxentes, senón que as correntes de convección poden levar direccións máis ou menos paralelas, no mesmo ou contrario sentido, e mesmo, formar ángulo. Neste caso nin se crea nin se destrúe Litosfera. Este é por exemplo o caso sa falla de S. Andrés en California.
Os volcáns.
Os vulcanólogos son os científicos que estudan este tipo de manifestacións da xeoloxía interna do planeta.
Un volcán é unha fisura na superficie da Terra por onde saen materiais incandescentes, chamados magma. Este provén do interior terrestre, dunha zona da astenosfera onde a temperatura e a presión son elevadas. Porén, o magma encóntrase a elevadas temperaturas e é unha mestura de diferentes minerais fundidos, cantidades variables de auga e pequenos anacos de rochas fundidas.
Os volcáns pódense situar sobre o nivel do mar ou baixo a auga e expulsan produto sólidos, líquidos e gasosos:
Sólidos ou piroclastos (pedras ardentes). Son lanzados con forza ao exterior pola acción dos gases que se acumulan no interior do volcán. Clasifícanse en función do tamaño:
Cativos (inferior a 2mm Ф): cinzas volcánicas
Medios ( 2mm-64mm Ф): lapilli
Grandes (maiores a 64 mm Ф): bombas volcánicas Produtos líquidos ou fundidos. O conxunto de materiais fundidos denomínase lava e poden acadar Tª superiores aos 1000ºC. A lava é o magma que xa perdeu a maioría dos gases e móvese pola aba do volcán como un río ardente formando as coada de lava.Os gases que libera un volcán adoitan ser vapor de auga, sulfuro de hidróxeno (H2S) e dióxido de carbono (CO2). Se estes acumúlanse no interior da cámara magmática e non son liberado pódense producir grandes explosións ao aumentar a presión en exceso.
Partes dun volcán:
Nun volcán pódense distinguir as seguintes partes:
Cono volcánico: elevación do terreo producida pola acumulación de produtos de erupcións volcánicas anteriores (coadas, cinzas, bombas..etc).
Cráter: zona de saída dos produtos volcánicos.
Cheminea: conduto de saída que une a cámara magmática co exterior.
Cámara magmática: zona no interior da codia terrestre onde se acumula o magma.
Tipos de volcáns. (Determinados pola forma do cono e o tipo da lava)
Tipo Hawaianao. Son volcáns de erupción tranquila sen grandes explosións, debido a que a lava é moi fluída e a que os gases despréndense doadamente. O volcán que se forma ten aparencia de escudo, xa que a lava, ao ser moi fluída cobre unha grande extensión antes de solidificarse. Exemplo: O Kilauea en Hawaii.
Tipo Estromboliano. Son volcáns con erupcións violentas. A lava é viscosa, non se desliza doadamente e forma pequenos conos volcánicos onde se producen explosións con lanzamento de lapilli e cinzas volcánicas. As lavas poden percorrer 12 km antes de solidificarse. Ex: Estrómboli en Sicilia (Italia).
Tipo Vulcaniano ou Vesubiano. Son volcáns con erupcións moi violentas. As lavas son moi viscosas e solidifícanse na zona do cráter, producíndose explosións que, mesmo, chegan a demoler a parte superior do cono volcánico. Ex: O Vesubio en Nápoles (Italia).
Tipo Peleano. Volcáns con erupcións extremadamente violentas. A lava ten unha alta viscosidade. Por iso, a cheminea do volcán obstrúese ao solidificarse a lava. Os gases acumúlanse na cámara magmática, incrementando a presión, polo que remata explotando todo o aparato volcánico. O máis famoso destes volcáns foi o situado na illa de Krakatoa. Esta illa case desapareceu despois da erupción do volcán.
Vulcanismo atenuado
O vulcanismo atenuado consiste en toda aquela actividade magmática que ten lugar en períodos de calma e ausencia de erupcións volcánicas.Algunhas das súas manifestacións máis características son:
Fumarolas ou emisións de gases a través de gretas volcánicas.
Geysers ou surtidores de vapor de auga a presión con moitos minerais.
Augas termais ou mananciais de auga quente rica en sales minerais.
Volcáns en España
En España a rexión con maior vulcanismo son as Illas Canarias. Tamén existen  formacións volcánicas no Campo de Calatrava, cabo de Gata, Olot e nas Illas Columbretes.
OS TERREMOTOS OU TREMORES DE TERRATerremotos ou sismos son unha liberación brusca de enerxía (enerxía elástica acumulada) nun momento dado, nun lugar determinado da litosfera debido ao movemento brusco das capas superficiais da litosfera ou ao movemento das placas da litosfera. O lugar onde se produce o sismo denomínase hipocentro, mentres que o lugar máis próximo ao hipocentro na superficie terrestre se coñece como epicentro.No hipocentro libéranse ondas, chamadas ondas sísmicas, que se moven polo interior da Terra e pola superficie terrestre. Os tipos de ondas sísmicas poden ser:Magnitude e intensidade dos terremotosAs ondas sísmicas rexístranse e miden grazas a varios aparatos denominados sismógrafos. Estes recollen nunha tira de papel continuo o movemento da superficie do terreo. As gráficas que se obteñen chámanse sismogramas. Mediante o sismograma establécese a magnitude dun terremoto.
A magnitude é a cantidade de enerxía que se libera nun terremoto. Mídese mediante a escala de Richter, e é un dato obxectivo. Por exemplo o tremor de terra do 11 de Marzo do 2011 foi de 9 graos. Outra forma de medir un terremoto é mediante a intensidade deste.
A intensidade mide os efectos do terremoto sobre as persoas e as cousas. Existen varias escalas como referencia de medida: a escala de Mercalli (1902), a máis tradicional e a MSK (Mendeved, Sponhevér e Karnik), que se emprega actualmente. A intensidade é un dato subxectivo, xa que os terremotos afectan de forma distinta a cada persoa e diminúe cando nos afastamos do epicentro.
Os tipos de ondas sísmicas poden ser:Ondas P e S que poden  viaxar polo interior da Terra. As P ou Primarias son as Primeiras en propagarse e poden atravesar materiais fundidos, as ondas S: ou Secundarias, son as Segundas en propagarse e por tanto en rexistrarse nos simógrafos, non poden transmitirse en matriais fundidos.
Ondas superficiais: a diferenza de ondas P e S só se desprazan pola superficie do terreo. A súa acción conxunta é a responsable dos desastres producidos polos terremotos. Hai dous tipos: Ondas L ou Love e Ondas Rayleigh.
A partir das ondas sísmicas podemos coñecer a estrutura do interior terrestre. As ondas sísmicas desvíanse ao atravesar determinados tipos de materiais e poden aumentar ou diminuír a velocidade. A partir dos datos obtidos nos sismógrafos pódese facer unha gráfica de velocidades das ondas sísmicas no interior do planeta. Observándoa con detemento, verás que existen cambios bruscos na velocidade chamados descontinuidades. As descontinuidades máis importantes sonas de Mohorovicic (ou Moho) e a de Gutemberg. A de Moho separa a codia do manto e a de Gutemberg separa o manto do núcleo.
Maremotos ou tsunamis.
Un tsunami é unha palabra xaponesa (tsu (津): 'porto' ou 'baía', e nami(波): 'onda'; literalmente significa 'onda de porto') que se refire a maremoto. Maremoto é un evento complexo que involucra un grupo de ondas de grande enerxía e de tamaño variable que se producen cando algún fenómeno extraordinario despraza verticalmente unha gran masa de auga. Calcúlase que o 90% destes fenómenos son provocados por terremotos, en cuxo caso reciben o nome máis correcto e preciso de «maremotos tectónicos».
A enerxía dun maremoto depende da súa altura (amplitude da onda) e da súa velocidade. É frecuente que un tsunami que viaxa grandes distancias, diminúa a altura das súas ondas, pero manteña a súa velocidade, sendo unha masa de auga de pouca altura que arrasa con todo ao seu paso cara ao interior.
Exemplos das devastadores consecuencias son o maremoto do 2004 que prodúxose no océano Índico, no sueste asiático a partir dun terremoto de 8,2º escala Ritcher na que perderon a vida 288 000 persoas ou o de 2011 en Xapón, con máis de 5600 mortos e case 10000 desaparecidos.
Risco volcánico e sísmico
Se chama risco sísmico dunha medida que combine a perigosidade sísmica, coa vulnerabilidade e a posibilidade de que se produzan nela danos por movementos sísmicos nun período determinado. Non debe confundirse este concepto co de perigo sísmico.No risco sísmico inflúen a probabilidade de que se produza un evento sísmico ou terremoto, os posibles efectos locais de amplificación das ondas sísmicas, directividade, etc., a vulnerabilidade das construcións (e institucións) e a existencia de habitantes e bens que poidan ser perxudicados.[1]O risco sísmico depende fortemente da cantidade e tipo de asentamentos humanos do lugar. Aínda que o perigo potencial sísmico é moi alto en Yakutat (Alasca), o risco sísmico é pequeno porque é unha rexión moi deshabitada. En cambio, o perigo sísmico non é tan grande en Managua, porque alí os grandes sismos non adoitan ser tan frecuentes como en Yakutat, pero a cantidade de persoas que viven alí, a proximidade ás fallas, e o tipo de construción, fan que o risco sísmico sexa moi grande; isto é claro ao comparar o número de vítimas, para un e outro lugar.
Actividades:
Que é a enerxía xeotérmica?
Cal é a orixe da calor interna da Terra? Cita algúns fenómenos xeolóxicos que sexan consecuencia dos procesos xeolóxicos internos.
Que achegou a teoría de Wegener á Ciencia?
En que se baseou Wegener para afirmar que os continentes se moven?
Que tipo de placas litosféricas podemos atopar?.  Observa o mapa das placas que ven nos apuntamentos, que tipo de placa é a de Nazca e a Pacífica?, e a Eurasiática?
Existe algunha coincidencia entre as localizacións dos terremotos e a dos volcáns na codia? A que se debe?
Observa o mapa das placas de novo, por que pensas que Xapón sofre sismos a cotío e a Australia é practicamente asísmica?
Como se forma unha dorsal oceánica?
Que é a subdución? Que efectos produce?
É certo que América se atopa cada vez máis afastada de Europa? Por que?
Que é o magma? E a lava?
Por que non son todos os volcáns iguais?
Que se entende por vulcanimo atenuado?
Que é un terremoto?
Cales son os elementos dun terremoto?
Por que algúns volcáns producen asolagamentos?
Que é un maremoto ou tsunami?
Que diferenza hai entre unha fonte termal e un geyser?
Sinala as diferenzas entre litosfera e codia, manto e astensofera, placa continental e placa oceánica
Que impulsa o movemento das placas litosféricas?
Que tipos de volcán existen? En que se diferencian?
Como axudan as ondas sçismicas a coñecer o interior do planeta?
Fai un debuxo dun volcán e sinala os elemento sptincipais
Fai un debuxo dunha falla cun terremoto e ubica o hipocentro e o epicentro.
Que é un sismógrafo? E un sismograma?

T.6. a enerxía interna do planeta e movemento dos continentes

More Related Content

What's hot

Tema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámicoTema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámicoirenetraba

Tema 11 Estudamos a historia do noso planeta
Tema 11 Estudamos a historia do noso planetaTema 11 Estudamos a historia do noso planeta
Tema 11 Estudamos a historia do noso planetairenetraba

A estrutura e dinámica da terra
A estrutura e dinámica da terraA estrutura e dinámica da terra
A estrutura e dinámica da terrairenetraba

A historia do noso planeta
A historia do noso planetaA historia do noso planeta
A historia do noso planetairenetraba

Tema1simple
Tema1simpleTema1simple
Tema1simplemperille

Unidade 9 tectónica de placas
Unidade 9 tectónica de placasUnidade 9 tectónica de placas
Unidade 9 tectónica de placasmartamosquera

A terra sara martinez
A terra sara martinezA terra sara martinez
A terra sara martinezencarnavilla

terremotos e volcáns
terremotos e volcáns terremotos e volcáns
terremotos e volcánscerredo

Dinámica interna da terra
Dinámica interna da terraDinámica interna da terra
Dinámica interna da terrairenetraba

Riesgos GeolóGicos Internos
Riesgos GeolóGicos InternosRiesgos GeolóGicos Internos
Riesgos GeolóGicos Internosguesta908337f

Presentacion Da Tectonica De Placas
Presentacion Da Tectonica De PlacasPresentacion Da Tectonica De Placas
Presentacion Da Tectonica De Placasrake777

O relevo e os procesos xeolóxicos externos
O relevo e os procesos xeolóxicos externosO relevo e os procesos xeolóxicos externos
O relevo e os procesos xeolóxicos externosirenetraba

Manifestacións da tectónica de placas
Manifestacións da tectónica de placasManifestacións da tectónica de placas
Manifestacións da tectónica de placasirenetraba

O relevo e a súa modelaxe
O relevo e a súa modelaxe O relevo e a súa modelaxe
O relevo e a súa modelaxe irenetraba

Estrutura e dinámica terrestre
Estrutura e dinámica terrestreEstrutura e dinámica terrestre
Estrutura e dinámica terrestreDavid Casado Bravo

T9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacasT9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacascolegiominmaculada

Tema 1 tectónica de placas
Tema 1 tectónica de placasTema 1 tectónica de placas
Tema 1 tectónica de placasmontx189

What's hot (19)

Tema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámicoTema 9: Un planeta dinámico
Tema 9: Un planeta dinámico

Tema 11 Estudamos a historia do noso planeta
Tema 11 Estudamos a historia do noso planetaTema 11 Estudamos a historia do noso planeta
Tema 11 Estudamos a historia do noso planeta

Relevo 2016
Relevo 2016Relevo 2016
Relevo 2016

A estrutura e dinámica da terra
A estrutura e dinámica da terraA estrutura e dinámica da terra
A estrutura e dinámica da terra

A historia do noso planeta
A historia do noso planetaA historia do noso planeta
A historia do noso planeta

Dinámica externa
Dinámica externaDinámica externa
Dinámica externa

Tema1simple
Tema1simpleTema1simple
Tema1simple

Unidade 9 tectónica de placas
Unidade 9 tectónica de placasUnidade 9 tectónica de placas
Unidade 9 tectónica de placas

A terra sara martinez
A terra sara martinezA terra sara martinez
A terra sara martinez

terremotos e volcáns
terremotos e volcáns terremotos e volcáns
terremotos e volcáns

Dinámica interna da terra
Dinámica interna da terraDinámica interna da terra
Dinámica interna da terra

Riesgos GeolóGicos Internos
Riesgos GeolóGicos InternosRiesgos GeolóGicos Internos
Riesgos GeolóGicos Internos

Presentacion Da Tectonica De Placas
Presentacion Da Tectonica De PlacasPresentacion Da Tectonica De Placas
Presentacion Da Tectonica De Placas

O relevo e os procesos xeolóxicos externos
O relevo e os procesos xeolóxicos externosO relevo e os procesos xeolóxicos externos
O relevo e os procesos xeolóxicos externos

Manifestacións da tectónica de placas
Manifestacións da tectónica de placasManifestacións da tectónica de placas
Manifestacións da tectónica de placas

O relevo e a súa modelaxe
O relevo e a súa modelaxe O relevo e a súa modelaxe
O relevo e a súa modelaxe

Estrutura e dinámica terrestre
Estrutura e dinámica terrestreEstrutura e dinámica terrestre
Estrutura e dinámica terrestre

T9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacasT9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacas

Tema 1 tectónica de placas
Tema 1 tectónica de placasTema 1 tectónica de placas
Tema 1 tectónica de placas

Similar to T.6. a enerxía interna do planeta e movemento dos continentes

Similar to T.6. a enerxía interna do planeta e movemento dos continentes (20)

A terra orixe estrutura e dinamica terrestre
A terra orixe estrutura e dinamica terrestreA terra orixe estrutura e dinamica terrestre
A terra orixe estrutura e dinamica terrestre

T9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacasT9 biolx4esotectónicadeplacas
T9 biolx4esotectónicadeplacas

Proc. GeolóGicos Internos
Proc. GeolóGicos InternosProc. GeolóGicos Internos
Proc. GeolóGicos Internos

02c o relevo terresstre video
02c o relevo terresstre video02c o relevo terresstre video
02c o relevo terresstre video

Bio 4º eso tema 8
Bio 4º eso tema 8Bio 4º eso tema 8
Bio 4º eso tema 8

Tema 9 tect de placas
Tema 9 tect de placasTema 9 tect de placas
Tema 9 tect de placas

Ud 2 TectóNica De Placas Proba
Ud 2 TectóNica De Placas ProbaUd 2 TectóNica De Placas Proba

Tectonica placas.pdf
Tectonica placas.pdfTectonica placas.pdf
Tectonica placas.pdf

Tema 10 bio 4º
Tema 10 bio 4ºTema 10 bio 4º
Tema 10 bio 4º

Xeosfera
XeosferaXeosfera
Xeosfera

A terra o noso planeta
A terra o noso planetaA terra o noso planeta
A terra o noso planeta

Volcáns 2ºa
Volcáns 2ºaVolcáns 2ºa
Volcáns 2ºa

Volcáns 2ºa
Volcáns 2ºaVolcáns 2ºa
Volcáns 2ºa

Tema 7.enerxía interna e o relevo
Tema 7.enerxía interna e o relevoTema 7.enerxía interna e o relevo
Tema 7.enerxía interna e o relevo

part 2
part 2part 2
part 2

Catastrofes Naturais
Catastrofes NaturaisCatastrofes Naturais
Catastrofes Naturais

More from Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia

More from Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Xunta de Galicia (20)

Tema 9. deriva continental
Tema 9. deriva continentalTema 9. deriva continental
Tema 9. deriva continental

Google
GoogleGoogle
Google

T 1.6. o ser humano contamina
T 1.6. o ser humano contaminaT 1.6. o ser humano contamina
T 1.6. o ser humano contamina

T1.4. o ser humano precisa enerxía
T1.4. o ser humano precisa enerxíaT1.4. o ser humano precisa enerxía
T1.4. o ser humano precisa enerxía

T1. O ser humano na terra
T1. O ser humano na terraT1. O ser humano na terra
T1. O ser humano na terra

T 1.5 o ser humano precisa espacio
T 1.5 o ser humano precisa espacioT 1.5 o ser humano precisa espacio
T 1.5 o ser humano precisa espacio

Ies fernando wirtz conectacowirtz
Ies fernando wirtz     conectacowirtzIes fernando wirtz     conectacowirtz
Ies fernando wirtz conectacowirtz

Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013
Obradoiro de youtube e vídeos interactivos. santiago 2013

Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier CristoboUnidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo
Unidade didáctica a Base Científica Española na Antártida e Javier Cristobo

2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido 2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido
2ºeso. Tema 5. a luz. Corrixido

Webquest sobre o sistema solar
Webquest sobre o sistema solarWebquest sobre o sistema solar

1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa
1ºeso. Apuntamentos. tema 4.A terra e o universo revisado por luisa

2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura
2º eso. exame tema 3. a calor e temperatura

2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa
2ºeso. T3 A calor e a temperatura revisado por Luisa

1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano20111º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011
1º eso. exame tema 1 e 2. cambio unidades e estados da materia. ano2011

2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía
2ºeso. Test sobre a enerxía e fontes de enerxía

2ºeso. tema 2. Máquinas simples
2ºeso. tema 2. Máquinas simples2ºeso. tema 2. Máquinas simples
2ºeso. tema 2. Máquinas simples

1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia
1ºeso. t.2. Os 3 estados da materia

Ciencia divertida en galego
Ciencia divertida en galegoCiencia divertida en galego
Ciencia divertida en galego

T.6. a enerxía interna do planeta e movemento dos continentes

• 1. A ENERXÍA INTERNA DO PLANETA