17 de outubro: Día das Escritoras
Este ano celébrase por primeira vez o “Días das Escritoras”, unha
iniciativa da Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de
Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarais (FEDEPE) e a
Asociación Clásicas e Modernas para a igualdade de xénero na cultura.
Como data de celebración elexiuse o primeiro luns seguinte á
festividade de Teresa de Jesús, que se conmemora o 15 de outubro.
Con esta celebración “búscase reivindicar o labor e a traxectoria das
escritoras tantas veces relegadas a un segundo plano ao longo da
historia”.
Pola nosa parte, unímonos a esta iniciativa facendo a presentación
dos últimos libros das escritoras Ledicia Costa, Cassandra Clare e J.K.
Rowling, xunto a unha breve reseña delas. Dos dous primeiros libros
temos exemplares na biblioteca, e do último, proximamente.
Ledicia Costa Álvarez
Escritora galega nada en Vigo no ano
1977. Gañou numerosos premios, entre
eles o Premio Nacional de Literatura
infantil e xuvenil de España en 2015 ,
por “Escarlatina, a cociñeira defunta”, o
Premio Lazarillo de Creación Literaria
en 2015, por “Jules Verne e a vida
secreta das mulleres pranta”, e o
Premio dos Clubs de Lectura de Galicia
de 2016.
Empezou moi nova no mundo da
literatura, escribindo as súas primeiras
obras en plena adolescencia. Traballou
no mundo do guión cinematográfico e do
audivisual. É unha das coordinadoras da
revista dixital Criaturas, adicada á
Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia.
“Jules Verne e e a vida
secreta das mulleres
pranta”
Sipnose:
A familia de Violeta esconde un
secreto milenario que consegueu
manter oculto ata agora. Jules
Verne, o célebre escritor,
desembarca no porto de Vigo cunha
maleta e un montón de preguntas.
El quere coñecer todo sobre as
mulleres pranta e elas precisan dos
seus inventos para sobrevivir.
Misterio, aventura e maxia ancestral
nunha trepidante viaxe contra o
reloxo ata un bosque submarino.
J. K. Rowling
Joanne Rowling, nada en Reino Unido
no ano 1965, quen escribe baixo os
seudóminos J. K. Rowling e Robert
Galbraith, é unha escritora e produtora
de cine británica, principalmente
coñecida por ser a creadora da
aclamada serie de libros Harry Potter.
Os seus libros fixéronse famosos en todo
o mundo, gañaron múltiples premios e
vendéronse máis de 400 millóns de
copias.
En 1990, cando viaxaba nun tren con
catro horas de retraso, “a idea sobre un
neno que asistía a unha escola de maxia
apareceu completamente formada na
súa mente”.
O primeiro libro da saga de Harry Potter
foi rexeitado en varias editoriais.

Día das Escritoras

  • 1.
    17 de outubro:Día das Escritoras Este ano celébrase por primeira vez o “Días das Escritoras”, unha iniciativa da Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mulleres Directivas, Executivas, Profesionais e Empresarais (FEDEPE) e a Asociación Clásicas e Modernas para a igualdade de xénero na cultura. Como data de celebración elexiuse o primeiro luns seguinte á festividade de Teresa de Jesús, que se conmemora o 15 de outubro. Con esta celebración “búscase reivindicar o labor e a traxectoria das escritoras tantas veces relegadas a un segundo plano ao longo da historia”. Pola nosa parte, unímonos a esta iniciativa facendo a presentación dos últimos libros das escritoras Ledicia Costa, Cassandra Clare e J.K. Rowling, xunto a unha breve reseña delas. Dos dous primeiros libros temos exemplares na biblioteca, e do último, proximamente.
  • 2.
    Ledicia Costa Álvarez Escritoragalega nada en Vigo no ano 1977. Gañou numerosos premios, entre eles o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España en 2015 , por “Escarlatina, a cociñeira defunta”, o Premio Lazarillo de Creación Literaria en 2015, por “Jules Verne e a vida secreta das mulleres pranta”, e o Premio dos Clubs de Lectura de Galicia de 2016. Empezou moi nova no mundo da literatura, escribindo as súas primeiras obras en plena adolescencia. Traballou no mundo do guión cinematográfico e do audivisual. É unha das coordinadoras da revista dixital Criaturas, adicada á Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia.
  • 3.
    “Jules Verne ee a vida secreta das mulleres pranta” Sipnose: A familia de Violeta esconde un secreto milenario que consegueu manter oculto ata agora. Jules Verne, o célebre escritor, desembarca no porto de Vigo cunha maleta e un montón de preguntas. El quere coñecer todo sobre as mulleres pranta e elas precisan dos seus inventos para sobrevivir. Misterio, aventura e maxia ancestral nunha trepidante viaxe contra o reloxo ata un bosque submarino.
  • 4.
    J. K. Rowling JoanneRowling, nada en Reino Unido no ano 1965, quen escribe baixo os seudóminos J. K. Rowling e Robert Galbraith, é unha escritora e produtora de cine británica, principalmente coñecida por ser a creadora da aclamada serie de libros Harry Potter. Os seus libros fixéronse famosos en todo o mundo, gañaron múltiples premios e vendéronse máis de 400 millóns de copias. En 1990, cando viaxaba nun tren con catro horas de retraso, “a idea sobre un neno que asistía a unha escola de maxia apareceu completamente formada na súa mente”. O primeiro libro da saga de Harry Potter foi rexeitado en varias editoriais.