Os animais vertebrados caracterízanse por ter un esqueleto
interno ríxido. O esqueleto ten tres funcións:
-Permite realizar movementos (aparato locomotor)
-Sostén e dálle forma ao corpo.
-Protexe os órganos (costelas protexen os pulmóns).
Nalgúns animais o esqueleto é cartilaxinoso (raia, quenlla).
No esqueleto diferenciamos columna vertebral e cranio.
O corpo está formado por cabeza, tronco e extremidades (que
son moi diferentes duns a outros: patas, ás, aletas.
Os animais vertebrados poden dividirse en cinco grupos: os
mamíferos, as aves, os peixes, os anfibios e os réptiles.
MAMÍFEROS: posúen glándulas mamarias que producen leite
co que alimentan as súas crías.
-Fecundación interna. -Catro extremidades.
-Vivíparos. -Respiran por pulmóns.
-Boca con dentes/beizos. -Case todos con pelo.
-Temperatura corporal estable.
Segundo a alimentación poden ser
...herbívoros: aliméntanse de plantas.
...carnívoros: aliméntanse doutros animais (carne).
...omnívoros: aliméntanse de plantas e carne.
AVES: vertebrados con ás que poden voar.
-Teñen ás e patas. -Fecundación interna.
-Son ovíparas. -Respiran por pulmóns.
-Teñen peteiro sen dentes. -Ósos ocos para pesar menos e voar.
-Pel cuberta de plumas. -Temperatura do corpo estable.
Hainas herbívoras, carnívoras (algúns son carroñeiros) e omnívoras.
PEIXES: vertebrados acuáticos (auga doce ou salgada)
-As extremidades son aletas. -Fecundación externa.
-Son ovíparos. -Boca con dentes.
-Respiran por branquias. -Esqueleto espiñas (cartilaxe algún).
-Pel con escamas. -Non controlan temperatura.
-Teñen vexiga natatoria.
Hainos herbívoros, carnívoros e omnívoros.
ANFIBIOS: vertebrados que sofren unha transformación durante o
seu desenvolvemento (metamorfose).
-Adultos con catro patas. -Algúns con cola.
-Fecundación externa. -Ovíparos (dos ovos nace a larva)
-Larvas respiran por branquias. Adultos por pulmóns e pel.
-Pel núa. -Temperatura depende do medio.
A alimentación dos anfibios depende da idade:
-As larvas son herbívoras.
-Os adultos son carnívoros.
RÉPTILES: a maioría son terrestres (hai algún acuático)
-Teñen catro patar curtas (agás as serpes)
-Fecundación interna. -Son ovíparos (non incuban).
-Teñen dentes suxeitar presas. -Corpo cuberto de escamas.
-Na lingua teñen o gusto, olfacto e tacto. Nalgúns é bífida.
Mudan a pel. A tartaruga ten ademais coiraza dura.
Segundo a aliméntación poden ser:
-Herbívoros.
-Carnívoros: tragan as presas sen mastigar.
-Omnívoros: poucos; só algunha tartaruga.
ACTIVIDADES:
1.- Busca no glosario do libro dixital e define…
bífida – eclosión - fecundación - glándula - larva
2.- Busca no apartado de ligazóns a que vai a novas especies e
contesta:
Olinguito: onde habita e tipo de alimentación.
Gecko: onde habita, como ten a cola.
Caracol: onde habita, característica singular.
Tiburón: onde habita, característica singular.
Niumbaha Superba: clase animal, onde habita, característica
singular.
3.- Hai dous mamíferos que poñen ovos. Cales son?
Escribe onde habita cada un deles, así como algunhas características
singulares.
4.- Procura en internet wikipedia «ave no voladora» e contesta:
Cantas especies hai actualmente que non voan, escribe o nome de
varias aves e 2 diferenzas na anatomía coas voadoras.

Resumo tema 3_naturais_5º

  • 1.
    Os animais vertebradoscaracterízanse por ter un esqueleto interno ríxido. O esqueleto ten tres funcións: -Permite realizar movementos (aparato locomotor) -Sostén e dálle forma ao corpo. -Protexe os órganos (costelas protexen os pulmóns). Nalgúns animais o esqueleto é cartilaxinoso (raia, quenlla). No esqueleto diferenciamos columna vertebral e cranio. O corpo está formado por cabeza, tronco e extremidades (que son moi diferentes duns a outros: patas, ás, aletas. Os animais vertebrados poden dividirse en cinco grupos: os mamíferos, as aves, os peixes, os anfibios e os réptiles. MAMÍFEROS: posúen glándulas mamarias que producen leite co que alimentan as súas crías. -Fecundación interna. -Catro extremidades. -Vivíparos. -Respiran por pulmóns. -Boca con dentes/beizos. -Case todos con pelo. -Temperatura corporal estable. Segundo a alimentación poden ser ...herbívoros: aliméntanse de plantas. ...carnívoros: aliméntanse doutros animais (carne). ...omnívoros: aliméntanse de plantas e carne. AVES: vertebrados con ás que poden voar. -Teñen ás e patas. -Fecundación interna. -Son ovíparas. -Respiran por pulmóns. -Teñen peteiro sen dentes. -Ósos ocos para pesar menos e voar. -Pel cuberta de plumas. -Temperatura do corpo estable. Hainas herbívoras, carnívoras (algúns son carroñeiros) e omnívoras. PEIXES: vertebrados acuáticos (auga doce ou salgada) -As extremidades son aletas. -Fecundación externa. -Son ovíparos. -Boca con dentes. -Respiran por branquias. -Esqueleto espiñas (cartilaxe algún). -Pel con escamas. -Non controlan temperatura. -Teñen vexiga natatoria. Hainos herbívoros, carnívoros e omnívoros. ANFIBIOS: vertebrados que sofren unha transformación durante o seu desenvolvemento (metamorfose). -Adultos con catro patas. -Algúns con cola. -Fecundación externa. -Ovíparos (dos ovos nace a larva) -Larvas respiran por branquias. Adultos por pulmóns e pel. -Pel núa. -Temperatura depende do medio. A alimentación dos anfibios depende da idade: -As larvas son herbívoras. -Os adultos son carnívoros. RÉPTILES: a maioría son terrestres (hai algún acuático) -Teñen catro patar curtas (agás as serpes) -Fecundación interna. -Son ovíparos (non incuban). -Teñen dentes suxeitar presas. -Corpo cuberto de escamas. -Na lingua teñen o gusto, olfacto e tacto. Nalgúns é bífida. Mudan a pel. A tartaruga ten ademais coiraza dura. Segundo a aliméntación poden ser: -Herbívoros. -Carnívoros: tragan as presas sen mastigar. -Omnívoros: poucos; só algunha tartaruga. ACTIVIDADES: 1.- Busca no glosario do libro dixital e define… bífida – eclosión - fecundación - glándula - larva 2.- Busca no apartado de ligazóns a que vai a novas especies e contesta: Olinguito: onde habita e tipo de alimentación. Gecko: onde habita, como ten a cola. Caracol: onde habita, característica singular. Tiburón: onde habita, característica singular. Niumbaha Superba: clase animal, onde habita, característica singular. 3.- Hai dous mamíferos que poñen ovos. Cales son? Escribe onde habita cada un deles, así como algunhas características singulares. 4.- Procura en internet wikipedia «ave no voladora» e contesta: Cantas especies hai actualmente que non voan, escribe o nome de varias aves e 2 diferenzas na anatomía coas voadoras.