SlideShare a Scribd company logo
1 of 10
Download to read offline
REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL
	
  
1
REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO
EN COMUNICACION AUDIOVISUAL
Aprobado pola Xunta de Facultade o 30/09/2013
PREÁMBULO
O Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das
ensinanzas universitarias oficiais dispón no capítulo III das Directrices para o deseño de títulos
de Graduado, concretamente no artigo 12.3, que os ensinos do grao conclúan “coa
elaboración e defensa dun traballo de fin de grao” (en diante TFG) orientado á avaliación de
competencias asociadas ó título.
Pola súa banda, as Directrices Propias da Universidade de Vigo sobre a estrutura e
organización académica dos plans de estudos de grao (aprobadas no Consello de Goberno de
5 de marzo de 2008) recollen no punto 3, referente á “Estrutura Xeral dos Plans de Estudo de
Grao”, que o TFG será obrigatorio e ofertado no oitavo semestre cun valor académico que
oscilará entre os seis e os trinta ECTS.
Ademais do anterior o Regulamento para a realización do Traballo de Fin de Grao (aprobado
no Consello de Goberno do 14 de novembro de 2011) recolle no seu artigo 2.5 que será
responsabilidade de cada centro desenvolver “unha normativa interna aprobada pola Xunta de
Centro para adecualo ás características propias de cada un dos títulos oficiais”.
Así mesmo a Memoria do Título de Grao en Comunicación Audiovisual, avaliado
positivamente pola ANECA o 5 de maio de 2009 inclúe a elaboración e exposición do referido
TFG por partes dos alumnos e alumnas do derradeiro curso do plano de estudos e dispón que
o Centro aprobaría a referida a normativa interna para a súa xestión.
En cumprimento de todo o anterior, elaborouse o presente regulamento.
REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL
	
  
2
CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación
O presente regulamento ten por obxecto regular a definición, titoría académica,
procedemento de elaboración, presentación pública, avaliación e revisión do TFG do Grao en
Comunicación Audiovisual.
O contido desta normativa compleméntase co resto de normativas e procedementos da
Universidade de Vigo en vigor ou que puidesen aprobarse referidas ao desenvolvemento e
xestión da docencia das titulacións oficiais da Universidade de Vigo.
Artigo 2. Definición do Traballo de Fin de Grao
1. O TFG forma parte do plano de estudios do Grao en Comunicación Audiovisual e equivale
a 12 créditos ECTS programados no segundo semestre do cuarto ano da titulación.
2. O TFG é un traballo persoal que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo
titorización docente, e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición dos contidos
formativos e as competencias asociadas ao título. En ningún caso pode ser un traballo plaxiado
en todo ou en parte, nin presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de
calquera titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos feitos na actividade
doutras materias da titulación. Non é preciso que sexa un traballo inédito.
3. O TFG poderá revestir una orientación teórica ou práctica.
4. O feito de que o traballo de fin de grao sexa un labor persoal non exclúe que, para
desenvolver unha proposta de envergadura suficiente, poidan participar varios/as estudantes,
cada quen cunha parcela precisa da tarefa global; este feito será autorizado pola Comisión
Específica do TFG. Neste caso, o alumnado implicado nun mesmo traballo compartirá a
titorización e terá o mesmo tribunal de avaliación, mentres que a presentación e defensa e a
avaliación serán individuais.
5. O/a estudante ten dereito ao recoñecemento da autoría do TFG elaborado e á protección
da propiedade intelectual do mesmo. A titularidade dos citados dereitos derivados poden
compartirse coas persoas titoras, coas co-titoras e coas entidades públicas ou privadas ás que
pertenzan, nos termos e condicións previstas na lexislación vixente.
6. O TFG poderá elaborarse en institucións ou empresas externas á Universidade de Vigo, nos
termos que se establezan nos convenios institucionais asinados. Nese caso existirá a figura
dunha persoa co-titora pertencente á institución ou empresa. A persoa titora académica
compartirá coa persoa co-titora as tarefas de dirección e orientación do/a estudante, e será,
en calquera caso, responsabilidade da titoría académica facilitar a xestión diante da Facultade.
7. A efectos de organización e interpretación da normativa a Xunta de Facultade aprobará
unha Comisión Específica que se responsabilice do TFG ó longo de todo o curso académico,
tal e como se establece no artigo 3 da presente normativa.
8. O TFG terá a súa guía docente axeitada á normativa correspondente e única para cada
titulación.
REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL
	
  
3
Artigo 3. Comisión específica de Traballos de Fin de Grao de Comunicación
Audiovisual
1. A Comisión Específica estará integrada por cinco membros nomeados pola Xunta de
Facultade que responderán ó seguinte esquema:
- Coordinador/a do Grao
- Secretario/a do Centro
- Un/unha profesor/a a tempo completo con docencia maioritaria no Grao proposto
polo Coordinador/a do Grao. Será o responsable da elaboración da Guía Docente
- Un representante do alumnado, proposto polo/a Coordinador/a do Grao, previa
consulta cos representantes do estudantes
- Un representante do PAS proposto polo/a Coordinador/a do Grao
2. Os membros da Comisión deberán ser renovados para cada curso académico conforme ó
procedemento do apartado anterior.
3. As vacantes que se producisen serán cubertas a proposta do/a Coordinador/a do Grao,
debendo ser ratificadas na seguinte Xunta de Facultade.
CAPÍTULO 2. DA ORGANIZACIÓN DO PROXECTO DE FIN DE GRAO
Artigo 4. Titor/a académico
1. Os TFG realizaranse baixo a supervisión e dirección dunha persoa que ejercerá as tarefas de
titorización do mesmo.
2. A titorización consistirá en supervisar e orientar o estudante na temática, metodoloxía,
elaboración, presentación e calquera outro aspecto académico relativo ao TFG, así como
facilitar a súa xestión, dinamizar e facilitar todo o proceso ata a súa presentación e defensa.
3. Todos/as o/as profesores/as que impartan docencia no Grao de Comunicación Audiovisual
poderán actuar como titores académicos. Un mesmo titor poderá ser responsable dun
máximo de seis TFG por curso académico; cifra que poderá aumentar proporcionalmente ao
número de traballos en réximen de co-titorización ou, se fora inevitable, por a aplicación do
Apartado 6 do Artigo 5.
4. A Comisión Específica poderá autorizar a elaboración de TFG en réxime de co-titoría a
profesores da Universidade de Vigo. Neste suposto, un dos titores deberá ser profesor do
Grao en Comunicación Audiovisual.
5. Se a elaboración do TFG requerise a implicación de organismos ou entidades públicas ou
privadas, ademais de que conste expresamente o seu interese na colaboración, proporase unha
persoa como colaboradora ós efectos de prestar a axuda necesaria no TFG.
6. Poderanse establecer equipos titoriais formados por varios profesores se a natureza do
traballo de fin de grao o requerise.
7. Cando se dean casos de baixa prolongada ou finalizase a súa vinculación coa Universidade de
Vigo, a Comisión Específica será a responsable da substitución do titor/a.
REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL
	
  
4
Artigo 5. Proceso de asignación de propostas temáticas
1. A instancia do presidente da Comisión, os/as profesores/as con docencia no Grao,
individualmente ou en grupo, remitirán á Comisión Específica do TFG, nun prazo de dez días
naturais, as propostas temáticas para a realización de proxectos vinculados coa súa área de
coñecemento. Na proposta poderá especificarse un número máximo de alumnos a titorizar,
sempre respectando o tope marcado, para cada profesor, no apartado 3 do artigo 4.
2. Co fin de garantir ao estudante o desenvolvemento de traballos con temas relacionados con
calquera contido específico da titulación, a Comisión solicitará a maior participación posible do
profesorado na titorización dun TFG.
3. Os/as alumnos/as matriculados/as na materia de TFG poderán presentar ante a Comisión
propostas temáticas acompañadas dunha exposición dos motivos na que conste o interese e
viabilidade da proposta. Deberán contar, ademais, coa aceptación expresa dun titor/profesor
da Titulación. A Comisión Específica decidirá sobre a oportunidade e viabilidade da proposta.
4. Rematado o prazo establecido, a Comisión Específica decidirá sobre a inclusión de cada
proposta debendo motivar as exclusións.
5. A Comisión de TFG aprobará e publicará un listado de propostas temáticas, indicando un ou
varios titores/as académicos/as que poderían responsabilizarse dos mesmos, así como o
número mínimo e máximo de alumnos a titorizar.
6. O listado conterá, alomenos, un número de propostas temáticas que duplique o número de
alumnos e alumnas matriculados no TFG, e establecerá un prazo para a formalización de
asignación de titores e temáticas. A Comisión Especifica velará estrictamente polo
cumprimento desta norma, incrementado, se fora necesario, os números mínimos e máximos
de estudantes a titorizar en cada proposta temática.
7. Para a asignación definitiva das propostas temáticas atenderase, preferentemente, e en
primeiro lugar, ó acordo entre o/a alumno/a e o titor/a académico/a. Se non fose o caso,
terase en conta o expediente académico do estudante, de tal xeito que se estableza una lista
de asignación de temáticas e titores.
8. Despois do proceso anterior (artigo 5), e antes da conclusión do primeiro semestre, a
Comisión publicará un listado coa asignación definitiva de propostas temáticas e titores
académicos conforme ós anteriores criterios.
9. Calquera cambio referente ó titor académico ou á proposta temática deberá ser solicitado
por escrito e con motivación á Comisión no prazo de sete días a contar dende a publicación
do listado definitivo de asignación.
10. A asignación de titor/a académico/a e proposta temática de TFG será válida para a curso
académico no que se atopa matriculado o/a alumno/a.
11. No caso de que o/a alumno/a non supere a materia de TFG neste período académico, a
Comisión poderá tomar en consideración esa asignación no vindeiro curso, previa aceptación
de alumno e titor. En caso contrario, o alumno terá que voltar a realizar un novo proceso de
selección.
12. Calquera outra circunstancia, en especial o cambio de titor ou tema unha vez asignados,
será resolta pola Comisión Específica.
REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL
	
  
5
Artigo 6. Tribunal avaliador do Proxecto de Fin de Grao
1. Antes do comezo do segundo semestre será nomeado o Tribunal avaliador de TFG que
actuará nas convocatorias oficias do curso académico.
2. O Tribunal avaliador do TFG estará integrado por tres profesores/as que impartan docencia
no Grao de Comunicación Audiovisual. Serán propostos pola Comisión Específica en función
das temáticas tratadas nos TFG e aprobados en Xunta de Facultade. En todo caso, en
programación plurianual, a participación dos profesores nos tribunais avaliadores será rotativa
e proporcional a carga lectiva do seu Departamento na titulación. A Comisión tamén nomeará
a 3 suplentes, para cubrir as posibles incidencias no desenvolvemento das sesións.
3. Os Profesores Asociados poderán declinar a súa participación nos Tribunais de avaliación se
a súa actividade profesional lle impide ou dificulta a asistencia ás sesións.
4. O Tribunal de avaliación do traballo de fin de grao constituirase formalmente coa debida
publicidade e antelación do acto de defensa.
5. Seguirase o criterio de categoría docente e antigüidade para a determinación do presidente,
o secretario e o vocal.
6. Os membros do Tribunal serán sustituidos por suplentes durante a exposición e valoración
dos traballos dos que foran titores.
7. Cando o número de alumnos matriculados para a defensa do proxecto impida a celebración
dos actos nunha única sesión, nomearánse os tribunais que sexan precisos para permitir que
os docentes designados como membros do tribunal non teñan que exercer esta función máis
aló dunha xornada de traballo.
8. De maneira excepcional, a Comisión Específica poderá autorizar que forme parte do
tribunal de avaliación outro persoal docente, persoas colaboradoras ou membros de
institucións externas á Universidade de Vigo, que poderán actuar en calidade de vogais, con
voz e voto, ou de persoas asesoras sen voto.
CAPÍTULO 3. DA MATRICULA PRESENTACIÓN PÚBLICA E AVALIACIÓN
Artigo 7.- Matrícula do traballo de fin de grao
1. Para poder matricularse no traballo de fin de grao será requisito imprescindible ter
matriculadas todas as materias requiridas para finalizar o plan de estudos.
2. A matrícula do traballo de fin de grao realizarase nos períodos oficiais de matriculación dos
estudos de grao.
3. A matrícula do traballo de fin de grao dá dereito a dúas oportunidades de avaliación nun
mesmo curso académico, sempre que se dean as condicións do punto 1 do presente artigo. A
validez da matrícula do traballo de fin de grao será a mesma que a de calquera outra materia e,
polo tanto, remata o último día hábil do curso académico. O/a estudante que antes desa data
non fose avaliado ou non defendese o seu traballo deberá volver a matricularse no seguinte
curso académico.
REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL
	
  
6
Artigo 8. Solicitude e presentación pública do Traballo de Fin de Grao
1. Todo/a alumno/a matriculado/a do TFG poderá solicitar a presentación e avaliación do TFG
ó longo do segundo semestre do curso académico, segundo o establecido pola Comisión
específica, e, en todo caso, co visto e prace do seu respectivo titor/a académico/a.
2. O/A alumno/a solicitará a presentación e avaliación do TFG ó longo do segundo semestre
do curso académico, segundo o establecido pola Comisión Específica, e, en todo caso, co visto
e prace do seu respectivo titor/a académico (Anexo I).
3. A solicitude de presentación, dirixida á Comisión, efectuarase a través dun Rexistro Oficial
da Universidade de Vigo e deberá ir acompañada de tres copias do traballo en formato
impreso ou tres copias en pendrive (un pendrive para cada integrante do tribunal) e una cuarta
copia en CD/DVD para a Biblioteca da Universidade de Vigo. Poderá aportarse a
documentación ou material adicional que se estime oportuno para que sexa tomada en
consideración polo Tribunal avaliador.
4. O Decanato do centro responsabilizarase da custodia e almacenaxe dos materias ata a data
e defensa dos mesmos.
5. En atención ás solicitudes presentadas, a Comisión Específica establecerá e publicará a orde
para a celebración do acto de presentación pública do TFG, que incluirá a estrutura, data, hora
e duración máxima de cada exposición. Fixarase unha data ou varias datas na convocatoria
ordinaria de xuño e outra extraordinaria na de xullo.
6. O acto de presentación será realizado polo/a alumno/a en sesión pública e presencial na
data e hora asignada. A Comisión Específica, con carácter excepcional e tras a petición formal
e motivada polo/a estudante e persoa titora e co-titora, poderá autorizar a defensa a distancia
de forma virtual, sempre e cando concorran as condicións técnicas, administrativas e
económicas que permitan a súa viabilidade.
7. O/A alumno/a exporá, nun tempo máximo establecido polo tribunal e previamente
comunicado, un resumo do TFG e dos principais resultados e conclusións acadados. Esta
exposición pode apoiarse cos medios que o/a alumno/a considere oportunos, se ben o
emprego destes medios non pode, en ningún caso, substituír a exposición oral, que debe
abarcar polo menos un 80% do tempo de presentación.
8. A continuación poderá intervir durante o tempo especificado polo tribunal, se así o desexa,
o/a titor/a do traballo. Posteriormente os membros do Tribunal avaliador realizarán as
observacións e consideracións oportunas. En calquera caso o acto de defensa non poderá
exceder os 30 minutos por traballo.
Artigo 9. Avaliación e cualificación do Traballo de Fin de Grao
1. Celebrado o acto de presentación pública do TFG, o Tribunal avaliador deliberará sobre a
cualificación tendo en conta a documentación presentada por cada estudante, a intervención
da persoa titora, de ser o caso, e a exposición pública dos traballos.
2. A cualificación global terá en conta a calidade científica, técnica ou artística do traballo
presentado, a calidade do material entregado e o grao de adquisición de contidos e
competencias específicos da titulación e de competencias transversais. A cualificación final será
a resultante da media aritmética das notas atribuídas por cada un dos membros do Tribunal
avaliador. Neste punto o tribunal rexerase polo disposto nas Normas de Xestión Académica
REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL
	
  
7
para as Titulacións de Grao regulados polo Real Decreto 1393/2007 vixentes na Universidade
de Vigo (Anexo II).
3. Segundo o establecido nas directrices da Universidade de Vigo, o/a director/a do TFG
poderá estar presente con voz nas deliberacións do tribunal se ben deberase garantir que o
Tribunal faga a cualificación final en sesión privada.
4. Ao remate do proceso de avaliación e cualificación da totalidade dos TFG dunha
convocatoria, a Comisión poderá conceder as mencións de matrícula de honra que
correspondan en función do número de matriculados, entre aqueles alumnos que acaden unha
nota de sobresaínte e a proposta do Tribunal.
5. No caso de que o TFG non acade a cualificación mínima de aprobado (5), o Tribunal deberá
indicar aqueles aspectos susceptibles de corrección e mellora para conquerir a devandita
cualificación.
6. No prazo de cinco días contados dende a celebración do acto de presentación o alumno/a
poderá solicitar a revisión da cualificación outorgada no TFG. Dita solicitude deberá indicar os
aspectos concretos do TFG que fundamentan a discrepancia coa cualificación outorgada.
7. No prazo de sete días dende a presentación da solicitude o tribunal resolverá o recurso
fundamentando a resposta.
8. A entrega de actas dos traballos de fin de grao estará rexida polos tempos máximos de
entrega de actas en cada convocatoria e pola data de inicio administrativa do novo curso
académico.
9. O traballo de fin de grao debe ser cualificado en acta unha vez que se teña constancia de
que o/a estudante dispón de todos os créditos necesarios para obter o título oficial de grao,
salvo os correspondentes ao propio traballo, xa sexa por superación das materias
correspondentes ou por recoñecemento.
Artigo 11. Arquivo do Traballo de Fin de Grao
Os TFG que obtivesen unha cualificación mínima de aprobado (5) integrarán un arquivo de
TFG en formato dixital baixo a custodia da Biblioteca da Facultade de Ciencias Sociais e da
Comunicación.
Artigo 12. Normas supletorias
En todos aqueles aspectos non previstos neste Regulamento será de aplicación a normativa da
Universidade de Vigo e demais normativa xeral vixente.
Disposicións finais
Este regulamento entrará en vigor ó día seguinte da súa aprobación pola Xunta de Facultade.
REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL
	
  
8
ANEXO I
SOLICITUDE DE PRESENTACIÓN PÚBLICA E AVALIACIÓN DO
TRABALLO DE FIN DE GRAO
Grao en Comunicación Audivisual
D. / DNA.
DNI
DOMICILIO
LOCALIDADE
TELÉFONO
ENDEREZO ELECTRÓNICO
EXPÓN
1. Que está matriculado na materia denominada “Traballo de Fin de Grao” no presente curso.
2. Que cumpre as condicións xerais esixidas para a presentación pública e avaliación do
Traballo de Fin de Grao
Polo que,
SOLICITA
A realización do acto de presentación e avaliación do Traballo Fin de Grao titulado:
Do cal é titor/a académico/a D./Dna. _______________________________________
En Pontevedra, a ____ de ____________ de _______
O/A alumno/a Visto e prace
Asinado ______
Titor/a académico/a
Documentación:
1. Modelo de solicitude debidamente cumprimentado
2. Tres exemplares do Traballo de Fin de Grao en formato impreso ou electrónico en pendrive para os
membros do tribunal e una copia en CD para a biblioteca.
3. Documentación adicional (opcional)
Á COMISIÓN ESPECÍFICA DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO DE
COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL
REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL
	
  
9
ANEXO II
ACTA DE CUALIFICACIÓN DO TRIBUNAL FIN DE GRAO
Grao en Comunicación Audiovisual
Ten lugar o día de de a sesión pública de presentación e avaliación do
Traballo de Fin de Grao titulado:
polo/a alumno/a:
con DNI baixo a titoría do profesor/a D./Dna. .
O Tribunal avaliador componse dos seguinte membros (profesores/as):
Presidente/a:
Secretario/a:
Vogal:
A sesión de presentación pública do Traballo de Fin de Grao desenvólvese segundo a
normativa fixada pola Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. O Tribunal avaliador acorda
outorgar a cualificación de: .
E para que conste, asínase a presente acta:
En Pontevedra, a de de
O/A Presidente/a O/a Vogal O/A Secretario/a
Asinado Asinado Asinado
Á COMISIÓN ESPECÍFICA TRABALLOS DE FIN DE GRAO DE COMUNICACION
AUDIOVISUAL
REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL
	
  
10
ANEXO III
CALENDARIO DE PROCEDEMENTOS DA MATERIA
Período do curso
académico*
Procedemento
Outubro-decembro
Publicación das liñas temáticas dos titores.
Solicitude de liñas temáticas dos alumnos/as.
Reunión da Comisión Específica de TFG.
Aprobación do listado de liñas temáticas e titores.
Prazo de reclamación do listado de liñas temáticas e titores.
Publicación definitiva do listado de liñas temáticas e titores.
Nomeamento dos tribunais do TFG
Xaneiro-abril
Preparación do TFG
Contacto co coordinador para resolución de incidencias
Maio
Solicitude de presentación do TFG
Celebración dos tribunais de TFG (convocatoria ordinaria)
Publicación das cualificacións
Prazo de reclamación das cualificacións (5 días hábiles)
Reunión do tribunal do TFG para valoración das reclamacións (prazo de 7 días)
Publicación das cualificacións definitivas
Xullo
Solicitude de presentación do TFG
Celebración dos tribunais de TFG (convocatoria extraordinaria)
Publicación das cualificacións
Prazo de reclamación das cualificacións (5 días hábiles)
Reunión do tribunal do TFG para valoración das reclamacións (prazo de 7 días)
Publicación das cualificacións definitivas

More Related Content

Viewers also liked

Temáticas para proyectos fin de grado cav 2012 2013 b
Temáticas para proyectos fin de grado cav 2012 2013 bTemáticas para proyectos fin de grado cav 2012 2013 b
Temáticas para proyectos fin de grado cav 2012 2013 bcoordinacav
 
Regulamento de Traballo de Fin de Grao
Regulamento de Traballo de Fin de Grao Regulamento de Traballo de Fin de Grao
Regulamento de Traballo de Fin de Grao coordinacav
 
P04 g070v01 gal (1)
P04 g070v01 gal (1)P04 g070v01 gal (1)
P04 g070v01 gal (1)coordinacav
 
Investigación: La imagen corporal y su relación con el estado de ánimo y la c...
Investigación: La imagen corporal y su relación con el estado de ánimo y la c...Investigación: La imagen corporal y su relación con el estado de ánimo y la c...
Investigación: La imagen corporal y su relación con el estado de ánimo y la c...María Soto Uruñuela
 
Convenio pract internacionais
Convenio pract internacionaisConvenio pract internacionais
Convenio pract internacionaiscoordinacav
 
Conv cooper-educ-def en-rev _env(2)
Conv cooper-educ-def en-rev _env(2)Conv cooper-educ-def en-rev _env(2)
Conv cooper-educ-def en-rev _env(2)coordinacav
 
Presentación audiovisual practicas 2015
Presentación audiovisual practicas 2015Presentación audiovisual practicas 2015
Presentación audiovisual practicas 2015coordinacav
 
Curso CREA de Guión
Curso CREA de GuiónCurso CREA de Guión
Curso CREA de Guióncoordinacav
 
Tabla convalidacion comunicacion_santiago_vigo
Tabla convalidacion comunicacion_santiago_vigoTabla convalidacion comunicacion_santiago_vigo
Tabla convalidacion comunicacion_santiago_vigocoordinacav
 
Borrador seminarios experiencia profesionales vs3
Borrador seminarios experiencia profesionales vs3Borrador seminarios experiencia profesionales vs3
Borrador seminarios experiencia profesionales vs3coordinacav
 
Borrador seminarios experiencia profesionales vs4
Borrador seminarios experiencia profesionales vs4Borrador seminarios experiencia profesionales vs4
Borrador seminarios experiencia profesionales vs4Mónica Valderrama Santomé
 
Taboa grao publicidade_grao_comun_audiovisual
Taboa grao publicidade_grao_comun_audiovisualTaboa grao publicidade_grao_comun_audiovisual
Taboa grao publicidade_grao_comun_audiovisualcoordinacav
 
Tabla convalidacion comunicacion_a_coruña_vigo
Tabla convalidacion comunicacion_a_coruña_vigoTabla convalidacion comunicacion_a_coruña_vigo
Tabla convalidacion comunicacion_a_coruña_vigocoordinacav
 

Viewers also liked (15)

Temáticas para proyectos fin de grado cav 2012 2013 b
Temáticas para proyectos fin de grado cav 2012 2013 bTemáticas para proyectos fin de grado cav 2012 2013 b
Temáticas para proyectos fin de grado cav 2012 2013 b
 
Regulamento de Traballo de Fin de Grao
Regulamento de Traballo de Fin de Grao Regulamento de Traballo de Fin de Grao
Regulamento de Traballo de Fin de Grao
 
P04 g070v01 gal (1)
P04 g070v01 gal (1)P04 g070v01 gal (1)
P04 g070v01 gal (1)
 
Investigación: La imagen corporal y su relación con el estado de ánimo y la c...
Investigación: La imagen corporal y su relación con el estado de ánimo y la c...Investigación: La imagen corporal y su relación con el estado de ánimo y la c...
Investigación: La imagen corporal y su relación con el estado de ánimo y la c...
 
Convenio pract internacionais
Convenio pract internacionaisConvenio pract internacionais
Convenio pract internacionais
 
Conv cooper-educ-def en-rev _env(2)
Conv cooper-educ-def en-rev _env(2)Conv cooper-educ-def en-rev _env(2)
Conv cooper-educ-def en-rev _env(2)
 
Presentación audiovisual practicas 2015
Presentación audiovisual practicas 2015Presentación audiovisual practicas 2015
Presentación audiovisual practicas 2015
 
Curso CREA de Guión
Curso CREA de GuiónCurso CREA de Guión
Curso CREA de Guión
 
Tabla convalidacion comunicacion_santiago_vigo
Tabla convalidacion comunicacion_santiago_vigoTabla convalidacion comunicacion_santiago_vigo
Tabla convalidacion comunicacion_santiago_vigo
 
Borrador seminarios experiencia profesionales vs3
Borrador seminarios experiencia profesionales vs3Borrador seminarios experiencia profesionales vs3
Borrador seminarios experiencia profesionales vs3
 
Borrador seminarios experiencia profesionales vs4
Borrador seminarios experiencia profesionales vs4Borrador seminarios experiencia profesionales vs4
Borrador seminarios experiencia profesionales vs4
 
Taboa grao publicidade_grao_comun_audiovisual
Taboa grao publicidade_grao_comun_audiovisualTaboa grao publicidade_grao_comun_audiovisual
Taboa grao publicidade_grao_comun_audiovisual
 
Tabla convalidacion comunicacion_a_coruña_vigo
Tabla convalidacion comunicacion_a_coruña_vigoTabla convalidacion comunicacion_a_coruña_vigo
Tabla convalidacion comunicacion_a_coruña_vigo
 
Calendario talleres cav vs4
Calendario talleres cav vs4Calendario talleres cav vs4
Calendario talleres cav vs4
 
Presentacion talleres
Presentacion talleresPresentacion talleres
Presentacion talleres
 

Similar to Regulamento de traballo de fin de grao

Artigo 23, ii convenio colectivo pdi unive galegas
Artigo 23, ii convenio colectivo pdi unive galegasArtigo 23, ii convenio colectivo pdi unive galegas
Artigo 23, ii convenio colectivo pdi unive galegasUSC Futuro
 
20140814 implantacion 1_3_5
20140814 implantacion 1_3_520140814 implantacion 1_3_5
20140814 implantacion 1_3_5slidesharechechu
 
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...Grupo PREMIR
 
Propostas ao candidato a reitor Manuel Reigosa
Propostas ao candidato a reitor Manuel ReigosaPropostas ao candidato a reitor Manuel Reigosa
Propostas ao candidato a reitor Manuel ReigosaH2040
 
Directrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería EducaciónDirectrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería Educaciónorientacionjuanadevega
 
Decreto convivencia
Decreto convivenciaDecreto convivencia
Decreto convivenciaConchi Fraga
 
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorialAccion_titorial
 
Programa Electoral Independentes Por Políticas
Programa Electoral Independentes Por PolíticasPrograma Electoral Independentes Por Políticas
Programa Electoral Independentes Por PolíticasIXP
 
Manual.probas.eso
Manual.probas.esoManual.probas.eso
Manual.probas.esoMarta Diz
 
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...Grupo PREMIR
 
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnosticoceipvicenterisco
 

Similar to Regulamento de traballo de fin de grao (20)

Artigo 23, ii convenio colectivo pdi unive galegas
Artigo 23, ii convenio colectivo pdi unive galegasArtigo 23, ii convenio colectivo pdi unive galegas
Artigo 23, ii convenio colectivo pdi unive galegas
 
20140814 implantacion 1_3_5
20140814 implantacion 1_3_520140814 implantacion 1_3_5
20140814 implantacion 1_3_5
 
Nofc v3
Nofc v3Nofc v3
Nofc v3
 
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...
 
Nofc v2019
Nofc v2019Nofc v2019
Nofc v2019
 
20170505 proba3primaria
20170505 proba3primaria20170505 proba3primaria
20170505 proba3primaria
 
Manifesto
ManifestoManifesto
Manifesto
 
Propostas ao candidato a reitor Manuel Reigosa
Propostas ao candidato a reitor Manuel ReigosaPropostas ao candidato a reitor Manuel Reigosa
Propostas ao candidato a reitor Manuel Reigosa
 
Directrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería EducaciónDirectrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería Educación
 
Plan de convivencia con anexos 2015 convivencia xuño
Plan de convivencia con anexos 2015 convivencia xuñoPlan de convivencia con anexos 2015 convivencia xuño
Plan de convivencia con anexos 2015 convivencia xuño
 
Decreto convivencia
Decreto convivenciaDecreto convivencia
Decreto convivencia
 
Orden Concertos 2009
Orden Concertos 2009Orden Concertos 2009
Orden Concertos 2009
 
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorialGuía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
Guía didáctica: A posta en práctica da acción titorial
 
Programa Electoral Independentes Por Políticas
Programa Electoral Independentes Por PolíticasPrograma Electoral Independentes Por Políticas
Programa Electoral Independentes Por Políticas
 
PAT ESCRBCG
PAT ESCRBCGPAT ESCRBCG
PAT ESCRBCG
 
Manual.probas.eso
Manual.probas.esoManual.probas.eso
Manual.probas.eso
 
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
 
Presentacion claustro xullo
Presentacion claustro xulloPresentacion claustro xullo
Presentacion claustro xullo
 
Avaliación eso
Avaliación esoAvaliación eso
Avaliación eso
 
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico
 

More from coordinacav

Liñas tfg 2015 2016
Liñas tfg 2015 2016Liñas tfg 2015 2016
Liñas tfg 2015 2016coordinacav
 
Evaluacion tfg practico
Evaluacion tfg practicoEvaluacion tfg practico
Evaluacion tfg practicocoordinacav
 
Presentacion materias · 2 ct · cav
Presentacion materias · 2 ct · cavPresentacion materias · 2 ct · cav
Presentacion materias · 2 ct · cavcoordinacav
 
Programa de actividades 20 aniversario
Programa de actividades 20 aniversarioPrograma de actividades 20 aniversario
Programa de actividades 20 aniversariocoordinacav
 
Foro de edmon roch
Foro de edmon rochForo de edmon roch
Foro de edmon rochcoordinacav
 
Tribunales outubro 2014
Tribunales outubro 2014Tribunales outubro 2014
Tribunales outubro 2014coordinacav
 
Programa de formación mediaset
Programa de formación mediasetPrograma de formación mediaset
Programa de formación mediasetcoordinacav
 
Documentos creadores gal
Documentos creadores galDocumentos creadores gal
Documentos creadores galcoordinacav
 
Bases clag media_talent_gal
Bases clag media_talent_galBases clag media_talent_gal
Bases clag media_talent_galcoordinacav
 
Curso de formación mediaset vs2
Curso de formación mediaset vs2Curso de formación mediaset vs2
Curso de formación mediaset vs2coordinacav
 
Inscripcion curso mediaset 2014-15
Inscripcion curso mediaset 2014-15Inscripcion curso mediaset 2014-15
Inscripcion curso mediaset 2014-15coordinacav
 
2014 curso de formación mediaset
2014   curso de formación mediaset2014   curso de formación mediaset
2014 curso de formación mediasetcoordinacav
 
2014 Curso de formación mediaset
2014   Curso de formación mediaset2014   Curso de formación mediaset
2014 Curso de formación mediasetcoordinacav
 
Presentacion materias · 2 ct · cav
Presentacion materias · 2 ct · cavPresentacion materias · 2 ct · cav
Presentacion materias · 2 ct · cavcoordinacav
 

More from coordinacav (20)

Liñas tfg 2015 2016
Liñas tfg 2015 2016Liñas tfg 2015 2016
Liñas tfg 2015 2016
 
Evaluacion tfg practico
Evaluacion tfg practicoEvaluacion tfg practico
Evaluacion tfg practico
 
Presentacion materias · 2 ct · cav
Presentacion materias · 2 ct · cavPresentacion materias · 2 ct · cav
Presentacion materias · 2 ct · cav
 
Programa de actividades 20 aniversario
Programa de actividades 20 aniversarioPrograma de actividades 20 aniversario
Programa de actividades 20 aniversario
 
Pantalla 3.jpg
Pantalla 3.jpgPantalla 3.jpg
Pantalla 3.jpg
 
Pantalla 3.jpg
Pantalla 3.jpgPantalla 3.jpg
Pantalla 3.jpg
 
Foro de edmon roch
Foro de edmon rochForo de edmon roch
Foro de edmon roch
 
Tribunales outubro 2014
Tribunales outubro 2014Tribunales outubro 2014
Tribunales outubro 2014
 
Programa de formación mediaset
Programa de formación mediasetPrograma de formación mediaset
Programa de formación mediaset
 
Documentos creadores gal
Documentos creadores galDocumentos creadores gal
Documentos creadores gal
 
Bases clag media_talent_gal
Bases clag media_talent_galBases clag media_talent_gal
Bases clag media_talent_gal
 
Curso de formación mediaset vs2
Curso de formación mediaset vs2Curso de formación mediaset vs2
Curso de formación mediaset vs2
 
Inscripcion curso mediaset 2014-15
Inscripcion curso mediaset 2014-15Inscripcion curso mediaset 2014-15
Inscripcion curso mediaset 2014-15
 
2014 curso de formación mediaset
2014   curso de formación mediaset2014   curso de formación mediaset
2014 curso de formación mediaset
 
2014 Curso de formación mediaset
2014   Curso de formación mediaset2014   Curso de formación mediaset
2014 Curso de formación mediaset
 
3º CURSO 2ct
3º CURSO 2ct3º CURSO 2ct
3º CURSO 2ct
 
2º CURSO 2ct
2º CURSO 2ct2º CURSO 2ct
2º CURSO 2ct
 
1º CURSO 2ct
1º CURSO 2ct1º CURSO 2ct
1º CURSO 2ct
 
4º CURSO 2ct
4º CURSO 2ct4º CURSO 2ct
4º CURSO 2ct
 
Presentacion materias · 2 ct · cav
Presentacion materias · 2 ct · cavPresentacion materias · 2 ct · cav
Presentacion materias · 2 ct · cav
 

Regulamento de traballo de fin de grao

  • 1. REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL   1 REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL Aprobado pola Xunta de Facultade o 30/09/2013 PREÁMBULO O Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais dispón no capítulo III das Directrices para o deseño de títulos de Graduado, concretamente no artigo 12.3, que os ensinos do grao conclúan “coa elaboración e defensa dun traballo de fin de grao” (en diante TFG) orientado á avaliación de competencias asociadas ó título. Pola súa banda, as Directrices Propias da Universidade de Vigo sobre a estrutura e organización académica dos plans de estudos de grao (aprobadas no Consello de Goberno de 5 de marzo de 2008) recollen no punto 3, referente á “Estrutura Xeral dos Plans de Estudo de Grao”, que o TFG será obrigatorio e ofertado no oitavo semestre cun valor académico que oscilará entre os seis e os trinta ECTS. Ademais do anterior o Regulamento para a realización do Traballo de Fin de Grao (aprobado no Consello de Goberno do 14 de novembro de 2011) recolle no seu artigo 2.5 que será responsabilidade de cada centro desenvolver “unha normativa interna aprobada pola Xunta de Centro para adecualo ás características propias de cada un dos títulos oficiais”. Así mesmo a Memoria do Título de Grao en Comunicación Audiovisual, avaliado positivamente pola ANECA o 5 de maio de 2009 inclúe a elaboración e exposición do referido TFG por partes dos alumnos e alumnas do derradeiro curso do plano de estudos e dispón que o Centro aprobaría a referida a normativa interna para a súa xestión. En cumprimento de todo o anterior, elaborouse o presente regulamento.
  • 2. REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL   2 CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación O presente regulamento ten por obxecto regular a definición, titoría académica, procedemento de elaboración, presentación pública, avaliación e revisión do TFG do Grao en Comunicación Audiovisual. O contido desta normativa compleméntase co resto de normativas e procedementos da Universidade de Vigo en vigor ou que puidesen aprobarse referidas ao desenvolvemento e xestión da docencia das titulacións oficiais da Universidade de Vigo. Artigo 2. Definición do Traballo de Fin de Grao 1. O TFG forma parte do plano de estudios do Grao en Comunicación Audiovisual e equivale a 12 créditos ECTS programados no segundo semestre do cuarto ano da titulación. 2. O TFG é un traballo persoal que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo titorización docente, e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociadas ao título. En ningún caso pode ser un traballo plaxiado en todo ou en parte, nin presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos feitos na actividade doutras materias da titulación. Non é preciso que sexa un traballo inédito. 3. O TFG poderá revestir una orientación teórica ou práctica. 4. O feito de que o traballo de fin de grao sexa un labor persoal non exclúe que, para desenvolver unha proposta de envergadura suficiente, poidan participar varios/as estudantes, cada quen cunha parcela precisa da tarefa global; este feito será autorizado pola Comisión Específica do TFG. Neste caso, o alumnado implicado nun mesmo traballo compartirá a titorización e terá o mesmo tribunal de avaliación, mentres que a presentación e defensa e a avaliación serán individuais. 5. O/a estudante ten dereito ao recoñecemento da autoría do TFG elaborado e á protección da propiedade intelectual do mesmo. A titularidade dos citados dereitos derivados poden compartirse coas persoas titoras, coas co-titoras e coas entidades públicas ou privadas ás que pertenzan, nos termos e condicións previstas na lexislación vixente. 6. O TFG poderá elaborarse en institucións ou empresas externas á Universidade de Vigo, nos termos que se establezan nos convenios institucionais asinados. Nese caso existirá a figura dunha persoa co-titora pertencente á institución ou empresa. A persoa titora académica compartirá coa persoa co-titora as tarefas de dirección e orientación do/a estudante, e será, en calquera caso, responsabilidade da titoría académica facilitar a xestión diante da Facultade. 7. A efectos de organización e interpretación da normativa a Xunta de Facultade aprobará unha Comisión Específica que se responsabilice do TFG ó longo de todo o curso académico, tal e como se establece no artigo 3 da presente normativa. 8. O TFG terá a súa guía docente axeitada á normativa correspondente e única para cada titulación.
  • 3. REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL   3 Artigo 3. Comisión específica de Traballos de Fin de Grao de Comunicación Audiovisual 1. A Comisión Específica estará integrada por cinco membros nomeados pola Xunta de Facultade que responderán ó seguinte esquema: - Coordinador/a do Grao - Secretario/a do Centro - Un/unha profesor/a a tempo completo con docencia maioritaria no Grao proposto polo Coordinador/a do Grao. Será o responsable da elaboración da Guía Docente - Un representante do alumnado, proposto polo/a Coordinador/a do Grao, previa consulta cos representantes do estudantes - Un representante do PAS proposto polo/a Coordinador/a do Grao 2. Os membros da Comisión deberán ser renovados para cada curso académico conforme ó procedemento do apartado anterior. 3. As vacantes que se producisen serán cubertas a proposta do/a Coordinador/a do Grao, debendo ser ratificadas na seguinte Xunta de Facultade. CAPÍTULO 2. DA ORGANIZACIÓN DO PROXECTO DE FIN DE GRAO Artigo 4. Titor/a académico 1. Os TFG realizaranse baixo a supervisión e dirección dunha persoa que ejercerá as tarefas de titorización do mesmo. 2. A titorización consistirá en supervisar e orientar o estudante na temática, metodoloxía, elaboración, presentación e calquera outro aspecto académico relativo ao TFG, así como facilitar a súa xestión, dinamizar e facilitar todo o proceso ata a súa presentación e defensa. 3. Todos/as o/as profesores/as que impartan docencia no Grao de Comunicación Audiovisual poderán actuar como titores académicos. Un mesmo titor poderá ser responsable dun máximo de seis TFG por curso académico; cifra que poderá aumentar proporcionalmente ao número de traballos en réximen de co-titorización ou, se fora inevitable, por a aplicación do Apartado 6 do Artigo 5. 4. A Comisión Específica poderá autorizar a elaboración de TFG en réxime de co-titoría a profesores da Universidade de Vigo. Neste suposto, un dos titores deberá ser profesor do Grao en Comunicación Audiovisual. 5. Se a elaboración do TFG requerise a implicación de organismos ou entidades públicas ou privadas, ademais de que conste expresamente o seu interese na colaboración, proporase unha persoa como colaboradora ós efectos de prestar a axuda necesaria no TFG. 6. Poderanse establecer equipos titoriais formados por varios profesores se a natureza do traballo de fin de grao o requerise. 7. Cando se dean casos de baixa prolongada ou finalizase a súa vinculación coa Universidade de Vigo, a Comisión Específica será a responsable da substitución do titor/a.
  • 4. REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL   4 Artigo 5. Proceso de asignación de propostas temáticas 1. A instancia do presidente da Comisión, os/as profesores/as con docencia no Grao, individualmente ou en grupo, remitirán á Comisión Específica do TFG, nun prazo de dez días naturais, as propostas temáticas para a realización de proxectos vinculados coa súa área de coñecemento. Na proposta poderá especificarse un número máximo de alumnos a titorizar, sempre respectando o tope marcado, para cada profesor, no apartado 3 do artigo 4. 2. Co fin de garantir ao estudante o desenvolvemento de traballos con temas relacionados con calquera contido específico da titulación, a Comisión solicitará a maior participación posible do profesorado na titorización dun TFG. 3. Os/as alumnos/as matriculados/as na materia de TFG poderán presentar ante a Comisión propostas temáticas acompañadas dunha exposición dos motivos na que conste o interese e viabilidade da proposta. Deberán contar, ademais, coa aceptación expresa dun titor/profesor da Titulación. A Comisión Específica decidirá sobre a oportunidade e viabilidade da proposta. 4. Rematado o prazo establecido, a Comisión Específica decidirá sobre a inclusión de cada proposta debendo motivar as exclusións. 5. A Comisión de TFG aprobará e publicará un listado de propostas temáticas, indicando un ou varios titores/as académicos/as que poderían responsabilizarse dos mesmos, así como o número mínimo e máximo de alumnos a titorizar. 6. O listado conterá, alomenos, un número de propostas temáticas que duplique o número de alumnos e alumnas matriculados no TFG, e establecerá un prazo para a formalización de asignación de titores e temáticas. A Comisión Especifica velará estrictamente polo cumprimento desta norma, incrementado, se fora necesario, os números mínimos e máximos de estudantes a titorizar en cada proposta temática. 7. Para a asignación definitiva das propostas temáticas atenderase, preferentemente, e en primeiro lugar, ó acordo entre o/a alumno/a e o titor/a académico/a. Se non fose o caso, terase en conta o expediente académico do estudante, de tal xeito que se estableza una lista de asignación de temáticas e titores. 8. Despois do proceso anterior (artigo 5), e antes da conclusión do primeiro semestre, a Comisión publicará un listado coa asignación definitiva de propostas temáticas e titores académicos conforme ós anteriores criterios. 9. Calquera cambio referente ó titor académico ou á proposta temática deberá ser solicitado por escrito e con motivación á Comisión no prazo de sete días a contar dende a publicación do listado definitivo de asignación. 10. A asignación de titor/a académico/a e proposta temática de TFG será válida para a curso académico no que se atopa matriculado o/a alumno/a. 11. No caso de que o/a alumno/a non supere a materia de TFG neste período académico, a Comisión poderá tomar en consideración esa asignación no vindeiro curso, previa aceptación de alumno e titor. En caso contrario, o alumno terá que voltar a realizar un novo proceso de selección. 12. Calquera outra circunstancia, en especial o cambio de titor ou tema unha vez asignados, será resolta pola Comisión Específica.
  • 5. REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL   5 Artigo 6. Tribunal avaliador do Proxecto de Fin de Grao 1. Antes do comezo do segundo semestre será nomeado o Tribunal avaliador de TFG que actuará nas convocatorias oficias do curso académico. 2. O Tribunal avaliador do TFG estará integrado por tres profesores/as que impartan docencia no Grao de Comunicación Audiovisual. Serán propostos pola Comisión Específica en función das temáticas tratadas nos TFG e aprobados en Xunta de Facultade. En todo caso, en programación plurianual, a participación dos profesores nos tribunais avaliadores será rotativa e proporcional a carga lectiva do seu Departamento na titulación. A Comisión tamén nomeará a 3 suplentes, para cubrir as posibles incidencias no desenvolvemento das sesións. 3. Os Profesores Asociados poderán declinar a súa participación nos Tribunais de avaliación se a súa actividade profesional lle impide ou dificulta a asistencia ás sesións. 4. O Tribunal de avaliación do traballo de fin de grao constituirase formalmente coa debida publicidade e antelación do acto de defensa. 5. Seguirase o criterio de categoría docente e antigüidade para a determinación do presidente, o secretario e o vocal. 6. Os membros do Tribunal serán sustituidos por suplentes durante a exposición e valoración dos traballos dos que foran titores. 7. Cando o número de alumnos matriculados para a defensa do proxecto impida a celebración dos actos nunha única sesión, nomearánse os tribunais que sexan precisos para permitir que os docentes designados como membros do tribunal non teñan que exercer esta función máis aló dunha xornada de traballo. 8. De maneira excepcional, a Comisión Específica poderá autorizar que forme parte do tribunal de avaliación outro persoal docente, persoas colaboradoras ou membros de institucións externas á Universidade de Vigo, que poderán actuar en calidade de vogais, con voz e voto, ou de persoas asesoras sen voto. CAPÍTULO 3. DA MATRICULA PRESENTACIÓN PÚBLICA E AVALIACIÓN Artigo 7.- Matrícula do traballo de fin de grao 1. Para poder matricularse no traballo de fin de grao será requisito imprescindible ter matriculadas todas as materias requiridas para finalizar o plan de estudos. 2. A matrícula do traballo de fin de grao realizarase nos períodos oficiais de matriculación dos estudos de grao. 3. A matrícula do traballo de fin de grao dá dereito a dúas oportunidades de avaliación nun mesmo curso académico, sempre que se dean as condicións do punto 1 do presente artigo. A validez da matrícula do traballo de fin de grao será a mesma que a de calquera outra materia e, polo tanto, remata o último día hábil do curso académico. O/a estudante que antes desa data non fose avaliado ou non defendese o seu traballo deberá volver a matricularse no seguinte curso académico.
  • 6. REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL   6 Artigo 8. Solicitude e presentación pública do Traballo de Fin de Grao 1. Todo/a alumno/a matriculado/a do TFG poderá solicitar a presentación e avaliación do TFG ó longo do segundo semestre do curso académico, segundo o establecido pola Comisión específica, e, en todo caso, co visto e prace do seu respectivo titor/a académico/a. 2. O/A alumno/a solicitará a presentación e avaliación do TFG ó longo do segundo semestre do curso académico, segundo o establecido pola Comisión Específica, e, en todo caso, co visto e prace do seu respectivo titor/a académico (Anexo I). 3. A solicitude de presentación, dirixida á Comisión, efectuarase a través dun Rexistro Oficial da Universidade de Vigo e deberá ir acompañada de tres copias do traballo en formato impreso ou tres copias en pendrive (un pendrive para cada integrante do tribunal) e una cuarta copia en CD/DVD para a Biblioteca da Universidade de Vigo. Poderá aportarse a documentación ou material adicional que se estime oportuno para que sexa tomada en consideración polo Tribunal avaliador. 4. O Decanato do centro responsabilizarase da custodia e almacenaxe dos materias ata a data e defensa dos mesmos. 5. En atención ás solicitudes presentadas, a Comisión Específica establecerá e publicará a orde para a celebración do acto de presentación pública do TFG, que incluirá a estrutura, data, hora e duración máxima de cada exposición. Fixarase unha data ou varias datas na convocatoria ordinaria de xuño e outra extraordinaria na de xullo. 6. O acto de presentación será realizado polo/a alumno/a en sesión pública e presencial na data e hora asignada. A Comisión Específica, con carácter excepcional e tras a petición formal e motivada polo/a estudante e persoa titora e co-titora, poderá autorizar a defensa a distancia de forma virtual, sempre e cando concorran as condicións técnicas, administrativas e económicas que permitan a súa viabilidade. 7. O/A alumno/a exporá, nun tempo máximo establecido polo tribunal e previamente comunicado, un resumo do TFG e dos principais resultados e conclusións acadados. Esta exposición pode apoiarse cos medios que o/a alumno/a considere oportunos, se ben o emprego destes medios non pode, en ningún caso, substituír a exposición oral, que debe abarcar polo menos un 80% do tempo de presentación. 8. A continuación poderá intervir durante o tempo especificado polo tribunal, se así o desexa, o/a titor/a do traballo. Posteriormente os membros do Tribunal avaliador realizarán as observacións e consideracións oportunas. En calquera caso o acto de defensa non poderá exceder os 30 minutos por traballo. Artigo 9. Avaliación e cualificación do Traballo de Fin de Grao 1. Celebrado o acto de presentación pública do TFG, o Tribunal avaliador deliberará sobre a cualificación tendo en conta a documentación presentada por cada estudante, a intervención da persoa titora, de ser o caso, e a exposición pública dos traballos. 2. A cualificación global terá en conta a calidade científica, técnica ou artística do traballo presentado, a calidade do material entregado e o grao de adquisición de contidos e competencias específicos da titulación e de competencias transversais. A cualificación final será a resultante da media aritmética das notas atribuídas por cada un dos membros do Tribunal avaliador. Neste punto o tribunal rexerase polo disposto nas Normas de Xestión Académica
  • 7. REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL   7 para as Titulacións de Grao regulados polo Real Decreto 1393/2007 vixentes na Universidade de Vigo (Anexo II). 3. Segundo o establecido nas directrices da Universidade de Vigo, o/a director/a do TFG poderá estar presente con voz nas deliberacións do tribunal se ben deberase garantir que o Tribunal faga a cualificación final en sesión privada. 4. Ao remate do proceso de avaliación e cualificación da totalidade dos TFG dunha convocatoria, a Comisión poderá conceder as mencións de matrícula de honra que correspondan en función do número de matriculados, entre aqueles alumnos que acaden unha nota de sobresaínte e a proposta do Tribunal. 5. No caso de que o TFG non acade a cualificación mínima de aprobado (5), o Tribunal deberá indicar aqueles aspectos susceptibles de corrección e mellora para conquerir a devandita cualificación. 6. No prazo de cinco días contados dende a celebración do acto de presentación o alumno/a poderá solicitar a revisión da cualificación outorgada no TFG. Dita solicitude deberá indicar os aspectos concretos do TFG que fundamentan a discrepancia coa cualificación outorgada. 7. No prazo de sete días dende a presentación da solicitude o tribunal resolverá o recurso fundamentando a resposta. 8. A entrega de actas dos traballos de fin de grao estará rexida polos tempos máximos de entrega de actas en cada convocatoria e pola data de inicio administrativa do novo curso académico. 9. O traballo de fin de grao debe ser cualificado en acta unha vez que se teña constancia de que o/a estudante dispón de todos os créditos necesarios para obter o título oficial de grao, salvo os correspondentes ao propio traballo, xa sexa por superación das materias correspondentes ou por recoñecemento. Artigo 11. Arquivo do Traballo de Fin de Grao Os TFG que obtivesen unha cualificación mínima de aprobado (5) integrarán un arquivo de TFG en formato dixital baixo a custodia da Biblioteca da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Artigo 12. Normas supletorias En todos aqueles aspectos non previstos neste Regulamento será de aplicación a normativa da Universidade de Vigo e demais normativa xeral vixente. Disposicións finais Este regulamento entrará en vigor ó día seguinte da súa aprobación pola Xunta de Facultade.
  • 8. REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL   8 ANEXO I SOLICITUDE DE PRESENTACIÓN PÚBLICA E AVALIACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE GRAO Grao en Comunicación Audivisual D. / DNA. DNI DOMICILIO LOCALIDADE TELÉFONO ENDEREZO ELECTRÓNICO EXPÓN 1. Que está matriculado na materia denominada “Traballo de Fin de Grao” no presente curso. 2. Que cumpre as condicións xerais esixidas para a presentación pública e avaliación do Traballo de Fin de Grao Polo que, SOLICITA A realización do acto de presentación e avaliación do Traballo Fin de Grao titulado: Do cal é titor/a académico/a D./Dna. _______________________________________ En Pontevedra, a ____ de ____________ de _______ O/A alumno/a Visto e prace Asinado ______ Titor/a académico/a Documentación: 1. Modelo de solicitude debidamente cumprimentado 2. Tres exemplares do Traballo de Fin de Grao en formato impreso ou electrónico en pendrive para os membros do tribunal e una copia en CD para a biblioteca. 3. Documentación adicional (opcional) Á COMISIÓN ESPECÍFICA DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO DE COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL
  • 9. REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL   9 ANEXO II ACTA DE CUALIFICACIÓN DO TRIBUNAL FIN DE GRAO Grao en Comunicación Audiovisual Ten lugar o día de de a sesión pública de presentación e avaliación do Traballo de Fin de Grao titulado: polo/a alumno/a: con DNI baixo a titoría do profesor/a D./Dna. . O Tribunal avaliador componse dos seguinte membros (profesores/as): Presidente/a: Secretario/a: Vogal: A sesión de presentación pública do Traballo de Fin de Grao desenvólvese segundo a normativa fixada pola Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. O Tribunal avaliador acorda outorgar a cualificación de: . E para que conste, asínase a presente acta: En Pontevedra, a de de O/A Presidente/a O/a Vogal O/A Secretario/a Asinado Asinado Asinado Á COMISIÓN ESPECÍFICA TRABALLOS DE FIN DE GRAO DE COMUNICACION AUDIOVISUAL
  • 10. REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL   10 ANEXO III CALENDARIO DE PROCEDEMENTOS DA MATERIA Período do curso académico* Procedemento Outubro-decembro Publicación das liñas temáticas dos titores. Solicitude de liñas temáticas dos alumnos/as. Reunión da Comisión Específica de TFG. Aprobación do listado de liñas temáticas e titores. Prazo de reclamación do listado de liñas temáticas e titores. Publicación definitiva do listado de liñas temáticas e titores. Nomeamento dos tribunais do TFG Xaneiro-abril Preparación do TFG Contacto co coordinador para resolución de incidencias Maio Solicitude de presentación do TFG Celebración dos tribunais de TFG (convocatoria ordinaria) Publicación das cualificacións Prazo de reclamación das cualificacións (5 días hábiles) Reunión do tribunal do TFG para valoración das reclamacións (prazo de 7 días) Publicación das cualificacións definitivas Xullo Solicitude de presentación do TFG Celebración dos tribunais de TFG (convocatoria extraordinaria) Publicación das cualificacións Prazo de reclamación das cualificacións (5 días hábiles) Reunión do tribunal do TFG para valoración das reclamacións (prazo de 7 días) Publicación das cualificacións definitivas