SlideShare a Scribd company logo
1 of 13
Download to read offline
Grao en Comunicación Audiovisual


                 REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO

                         EN COMUNICACION AUDIOVISUAL
           Aprobado pola Xunta de Facultade na xuntanza de de 6 de xulio de 2012



PREÁMBULO

O Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das
ensinanzas universitarias oficiais dispón no capítulo III das Directrices para o deseño de títulos
de Graduado, concretamente no artigo 12.3, que os ensinos do grao conclúan “coa elaboración
e defensa dun traballo de fin de grao” (en diante TFG) orientado á avaliación de competencias
asociadas ó título.

Pola súa banda, as Directrices Propias da Universidade de Vigo sobre a estrutura e organización
académica dos plans de estudos de grao (aprobadas no Consello de Goberno de 5 de marzo de
2008) recollen no punto 3, referente á “Estrutura Xeral dos Plans de Estudo de Grao”, que o
TFG será obrigatorio e ofertado no oitavo semestre cun valor académico que oscilará entre os
seis e os trinta ECTS.

Ademais do anterior o Regulamento para a realización do Traballo de Fin de Grao (aprobado
no Consello de Goberno do 14 de novembro de 2011) recolle no seu artigo 2.5 que será
responsabilidade de cada centro desenvolver “unha normativa interna aprobada pola Xunta de
Centro para adecualo ás características propias de cada un dos títulos oficiais”.

Así mesmo a Memoria do Título de Grao en Comunicación Audiovisual, avaliado positivamente
pola ANECA o 5 de maio de 2009 inclúe a elaboración e exposición do referido TFG por partes
dos alumnos e alumnas do derradeiro curso do plano de estudos e dispón que o Centro
aprobaría a referida a normativa interna para a súa xestión.

En cumprimento de todo o anterior, elaborouse o presente regulamento.




                                                          Regulamento do Traballo de Fin de Grao 1
Grao en Comunicación Audiovisual




                             CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS



Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación

O presente regulamento ten por obxecto regular a definición, titoría académica,
procedemento de elaboración, presentación pública, avaliación e revisión do TFG do Grao en
Comunicación Audiovisual.

O contido desta normativa compleméntase co resto de normativas e procedementos da
Universidade de Vigo en vigor ou que puidesen aprobarse referidas ao desenvolvemento e
xestión da docencia das titulacións oficiais da Universidade de Vigo



Artigo 2. Definición do Traballo de Fin de Grao

1. O TFG forma parte do plano de estudios do Grao en Comunicación Audiovisual e equivale a
12 graos ECTS programados no segundo semestre do cuarto ano da titulación.

2. O TFG é un traballo persoal que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo
titorización docente, e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición dos contidos
formativos e as competencias asociadas ao título

En ningún caso pode ser un traballo plaxiado en todo ou en parte, nin presentado con
anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación, aínda que pode
integrar ou desenvolver traballos feitos na actividade doutras materias da titulación. Non é
preciso que sexa un traballo inédito

3. O TFG poderá revestir una orientación teórica ou práctica

4. O feito de que o traballo de fin de grao sexa un labor persoal non exclúe que, para
desenvolver unha proposta de envergadura suficiente, poidan participar varios/as estudantes,
cada quen cunha parcela precisa da tarefa global; este feito será autorizado pola Comisión
Específica do TFG. Neste caso, o alumnado implicado nun mesmo traballo compartirá a
titorización e terá o mesmo tribunal de avaliación, mentres que a presentación e defensa e a
avaliación serán individuais

5. O/a estudante ten dereito ao reconocimiento da autoría do TFG elaborado e á protección
da propiedade intelectual do mismo. A titularidade dos citados dereitos derivados poden
compartirse coas persoas titoras, coas co-titoras e coas entidades públicas ou privadas ás que
pertenzan, nos termos e condicións previstas na lexislación vixentea.

6. O TFG poderá elaborarse en institucións ou empresas externas á Universidade de Vigo, nos
termos que se establezan nos convenios institucionais asinados. Nese caso existirá a figura
dunha persoa co-titora pertencente á institución ou empresa. A persoa titora académica


                                                        Regulamento do Traballo de Fin de Grao 2
Grao en Comunicación Audiovisual


compartirá coa persoa co-titora as tarefas de dirección e orientación do/a estudante, e será,
en calqueira caso, responsabilidade da titoría académica facilitar a xestión diante da Facultade

7. A efectos de organización e interpretación da normativa a Xunta de Facultade aprobará
unha Comisión Específica que se responsabilice do TFG ó longo de todo o curso académico, tal
e como se establece no artigo 3 da presente normativa.

8. O TFG terá a súa guía docente axeitada á normativa correspondente e única para cada
titulación



Artigo 3. Comisión específica de Traballos de Fin de Grao de Comunicación Audiovisual

1. A Comisión Específica estará integrada por cinco membros nomeados pola Xunta de
Facultade que responderán ó seguinte esquemas:

       - Coordinador/a do Grao

       - Secretario/a do Centro

       - Un/unha profesor/a a tempo completo con docencia maioritaria no Grao proposto
       polo Coordinador/a do Grao. Será o responsable da elaboración da Guía Docente

       - Un representante do alumnado, proposto polo/a Coordinador/a do Grao, previa
       consulta cos representantes do estudantes

       - Un representante do PAS proposto polo/a Coordinador/a do Grao

2. Os membros da Comisión deberán ser renovados pra cada curso académico conforme ó
procedemento do apartado anterior

3. As vacantes que se producisen serán cubertas a proposta do/a Coordinador/a do Grao,
debendo ser ratificadas na seguinte Xunta de Facultade



              CAPÍTULO 2. DA ORGANIZACIÓN DO PROXECTO DE FIN DE GRAO



Artigo 4. Titor/a académico

1. Os TFG realizaranse baixo a supervisión e dirección dunha persoa que ejercerá as tarefas de
titorización do mesmo.

2. A titorización consistirá en supervisar e orientar o estudante na temática, metodoloxía,
elaboración, presentación e calquera outro aspecto académico relativo ao TFG, así como
facilitar a súa xestión, dinamizar e facilitar todo o proceso ata a súa presentación e defensa

3. Todos/as o/as profesores/as que impartan docencia no Grao de Comunicación Audiovisual
poderán actuar como titores académicos. Un mesmo titor poderá ser responsable dun
                                                         Regulamento do Traballo de Fin de Grao 3
Grao en Comunicación Audiovisual


máximo de seis TFG por curso académico; cifra que poderá aumentar proporcionalmente o
número de traballos en réximen de co-titorización ou, se fora inevitable, por a aplicación do
Apartado 6 do Artigo 5

4. A Comisión Específica poderá autorizar a elaboración de TFG en réxime de co-titoría a
profesores da Universidade de Vigo. Neste suposto, un dos titores deberá ser profesor do Grao
en Comunicación Audiovisual.

5. Se a elaboración do TFG requerise a implicación de organismos ou entidades públicas ou
privadas, ademais de que conste expresamente o seu interese na colaboración, proporase
unha persoa como colaboradora ós efectos de prestar a axuda necesaria no TFG.

6. Poderanse establecer equipos titoriales formados por varios profesores si a natureza do
traballo de fin de grao o requirese

7. Cando se dean casos de baixa prolongada ou finalizase a súa vinculación coa Universidade
de Vigo, a Comisión Específica será a responsable da substitución do titor/a



Artigo 5. Proceso de asignación de propostas temáticas

1. A instancia do presidente da Comisión, os/as profesores/as con docencia no Grao,
individualmente ou en grupo, remitirán á Comisión Específica do TFG, nun prazo de dez días
naturais, as propostas temáticas para a realización de proxectos vinculados coa súa área de
coñecemento. Na proposta podrá especificarse un número máximo de alumnos a titorizar,
sempre respetando o tope marcado, pra cada profesor, no apartado 3 do artigo 4

2. Co fin de garantir a o estudante o desenrolo de traballos con temas relacionados con
calquer contido específico da titulación, a Comisión solicitará a maior participación posible do
profesorado na titorización dun TFG

3. Os/as alumnos/as matriculados/as na materia de TFG poderán presentar propostas
temáticas acompañadas dunha exposición dos motivos na que conste o interese e viabilidade
da proposta (Anexo I). Deberán contar, ademais, ca aceptación expresa dun titor/profesor da
Titulación. A Comisión Específica decidirá sobre a oportunidade e viabilidade da proposta

4. Rematado o prazo establecido, a Comisión Específica decidirá sobre a inclusión de cada
proposta debendo motivar as exclusións

5. A Comisión de TFG aprobará e publicará un listado de propostas temáticas, indicando un ou
varios titores/as académicos/as que poderían responsabilizarse dos mesmos, así como o
número mínimo e máximo de alumnos a titorizar

6. O listado conterá, a lo menos, un número de propostas temáticas que duplique o número
de alumnos e alumnas matriculados no TFG, e establecerá un prazo para a formalización de
asignación de titores e temáticas. A Comisión Especifica velará estrictamente polo
cumprimento desta norma, incrementado, se fora necesario, os números mínimos e máximos
de estudantes a titorizar en cada proposta temática

                                                         Regulamento do Traballo de Fin de Grao 4
Grao en Comunicación Audiovisual


7. Para a asignación definitiva das propostas temáticas atenderase, preferentemente, e en
primeiro lugar ó acordo entre o/a alumno/a e o titor/a académico/a (Anexo II). Se non fose o
caso, terase en conta o expediente académico do estudante, de tal xeito que se estableza unha
lista de asignación de temáticas e titores

8. Despois do proceso anterior (artigo 5), e antes da conclusión do primeiro semestre, a
Comisión publicará un listado coa asignación definitiva de propostas temáticas e titores
académicos conforme ós anteriores criterios

9. Calquera cambio referente ó titor académico ou á proposta temática deberá ser solicitado
por escrito e con motivación á Comisión no prazo de sete días a contar dende a publicación do
listado definitivo de asignación

10. A asignación de titor/a académico/a e proposta temática de TFG será válida para a curso
académico no que se atopa matriculado o/a alumno/a

11. No caso de que o/a alumno/a non supere a materia de TFG neste período académico, a
Comisión poderá tomar en consideración esa asignación no vindeiro curso, previa aceptación
de alumno e titor. En caso contrario, o alumno terá que voltar a ralizar un novo proceso de
selección

12. Calqueira outra circunstancia, en especial o cambio de titor ou tema unha vez asignados,
será resolta porla Comisión Específica



Artigo 6. Tribunal avaliador do Proxecto de Fin de Grao

1. Antes do comezo do segundo semestre será nomeado o Tribunal avaliador de TFG que
actuará nas convocatorias oficias do curso académico.

2. O Tribunal avaliador do TFG estará integrado por tres profesores/as que impartan docencia
no Grao de Comunicación Audiovisual. Serán propostos pola Comisión Específica en función
das temáticas tratadas nos TFG e aprobados en Xunta de Facultade. En todo caso, en
programación plurianual, a participación dos profesores nos tribunais avaliadores será rotativa
e proporcional a carga lectiva do seu Departamento na titulación. A Comisión tamén nomeará
a 3 suplentes, para cubrir as posibles incidencias no desenrolo das sesións

3. Os Profesores Asociados poderán declinar a súa participación nos Tribunais de avaliación se
a súa actividade profesional lle impide ou dificulta a asistencia as sesións

4. O Tribunal de avaliación do traballo de fin de grao constituirase formalmente coa debida
publicidade e antelación do acto de defensa

5. Seguirase o criterio de categoría docente e antigüidade para a determinación do presidente,
o secretario e o vocal

6. Os membros do Tribunal serán sustituidos por suplentes durante a exposición e valoración
dos traballos dos que foran titores


                                                          Regulamento do Traballo de Fin de Grao 5
Grao en Comunicación Audiovisual


7. Cando o número de alumnos matriculados para a defensa do proxecto impida a celebración
dos actos nunha única sesión, nomearánse os tribunais que sexan precisos para permitir que
os docentes designados como membros do tribunal non teñan que exercer esta función máis
aló dunha xornada de traballo

8. De maneira excepcional, a Comisión Específica poderá autorizar que formen parte do
tribunal de avaliación outro persoal docente, persoas colaboradoras ou membros de
institucións externas á Universidade de Vigo, que poderán actuar en calidade de vogais, con
voz e voto, ou de persoas asesoras sen voto




            CAPÍTULO 3. DA MATRICULA PRESENTACIÓN PÚBLICA E AVALIACIÓN

Artigo 7.- Matrícula do traballo de fin de grao

1. Para poder matricularse no traballo de fin de grao será requisito imprescindible ter
matriculadas todas as materias requiridas para finalizar o plan de estudos

2. A matrícula do traballo de fin de grao realizarase nos períodos oficiais de matriculación dos
estudos de grao

3. A matrícula do traballo de fin de grao dá dereito a dúas oportunidades de avaliación nun
mesmo curso académico, sempre que se dean as condicións do punto 1 do presente artigo. A
validez da matrícula do traballo de fin de grao será a mesma que a de calquera outra materia
e, polo tanto, remata o último día hábil do curso académico. O/a estudante que antes desa
data non fose avaliado ou non defendese o seu traballo deberá volver a matricularse no
seguinte curso académico



Artigo 8. Solicitude e presentación pública do Traballo de Fin de Grao

1. A presentación pública e avaliación do TFG require que o alumno/a supere a totalidade das
restantes materias correspondentes ó plano de estudos do Grao en Comunicación Audiovisual.
Excepcionalmente a Comisión Específica poderá autorizar a presentación e avaliación a
aqueles/as alumnos/as que, como máximo, lle resten 12 ECTS de semestres anteriores a aquel
no que se elabora o TFG

2. O/A alumno/a solicitará a presentación e avaliación do PFG ó longo do segundo semestre do
curso académico, segundo o establecido pola Comisión Específica, e, en todo caso, co visto e
prace do se respectivo titor/a académico (anexo III)

3. A solicitude de presentación, dirixida á Comisión, deberá ir acompañada da versión escrita e
electrónica do TFG por cuadriplicado co visto e prace do/a titor/a académico/a. Poderá
aportarse a documentación ou material adicional que se estime oportuno para que sexa
tomada en consideración polo Tribunal avaliador


                                                         Regulamento do Traballo de Fin de Grao 6
Grao en Comunicación Audiovisual


4. O Decanato do centro responsabilizarase da custodia e almacenaxe dos materias ata a data
de defensa dos mesmos

5. A efectos de avaliación, o/a titor/a académico emitirá un informe no que valorará a labor
realizada polo/a alumno/a durante o período de elaboración do TFG. Este informe acompañará
a documentación referida no punto 3. No caso de traballos predominantemente teóricos, o
informe incluirá necesariamente unha valoración do grao de cumprimento das Pautas de
Realización de Traballos Académicos, aprobados na reunión de profesores do Grao o 25 de
maio de 2011, así como calqueira outra normativa que se aprobe o efecto

6. En atención ás solicitudes presentadas, a Comisión Específica establecerá e publicará, de
acordo co tribunal ou tribunais avaliadores, a orde para a celebración do acto de presentación
pública do TFG, que incluirá a estructura, data, hora e duración máxima de cada exposición.
Fixarase unha data na convocatoria ordinaria de xuño e outra extraordinaria na de xullo.

7. O acto de presentación será realizado polo/a alumno/a en sesión pública e presencial na
data e hora asignada. A Comisión Específica, con carácter excepcional e tras a petición formal
e motivada polo/a estudante e persoa titora e co-titora, poderá autorizar a defensa a distancia
de forma virtual, sempre e cando concorran as condicións técnicas, administrativas e
económicas que permitan a súa viabilidade



Artigo 9. Avaliación e cualificación do Traballo de Fin de Grao

1. Celebrado o acto de presentación pública do TFG, o Tribunal avaliador deliberará sobre a
cualificación tendo en conta a documentación presentada por cada estudante, o informe da
persoa titora e a exposición pública dos traballos

2. A cualificación global terá en conta a calidade científica, técnica ou artística do traballo
presentado, a calidade do material entregado e o grao de adquisición de contidos e
competencias específicos da titulación e de competencias transversais. A cualificación do
Tribunal de avaliación representará o 75 % da nota final e será a resultante da media
aritmética das notas atribuídas por cada un dos membros do Tribunal avaliador. Neste punto o
tribunal rexeráse polo disposto nas Normas de Xestión Académica para as Titulacións de Grao
regulados polo Real Decreto 1393/2007 vixentes na Universidade de Vigo (anexo IV)

3. O titor estará presente con dereito a voz no acto de defensa e nas deliberacións do tribunal
de avaliación. A súa cualificación representará o 25% restante da cualificación final, reservando
un 10 % o grao de cumprimento das Pautas de Realización de Traballos Académicos, no caso
de traballos eminentemente teóricos

4. Ó remate da avaliación e cualificación da totalidade do TFG, o Tribunal avaliador poderá
conceder a mención de matrícula de honra, entre aqueles alumnos que acaden unha nota de
sobresainte, e de conformidade coa normativa dos anteriores puntos. A concesión das
matriculas de honra é unha competencia exclusiva do membros do Tribunal. Os titores
poderán estar presentes nas deliberacións, pero non intervirán na decisión



                                                         Regulamento do Traballo de Fin de Grao 7
Grao en Comunicación Audiovisual


5. No caso de que o TFG non acade a cualificación mínima de aprobado (5), o Tribunal deberá
indicar aqueles aspectos susceptibles de corrección e mellora para conquerir a devandita
cualificación

6. No prazo de cinco días contados dende a celebración do acto de presentación o alumno/a
poderá solicitar a revisión da cualificación outorgada no TFG. Dita solicitude deberá indicar os
aspectos concretos do TFG que fundamentan a discrepancia coa cualificación outorgada

7. No prazo de sete días dende a presentación da solicitude o tribunal resolverá o recurso
fundamentando a resposta

8. A entrega de actas dos traballos de fin de grao estará rexida polos tempos máximos de
entrega de actas de cada cualificación en cada convocatoria e pola data de inicio
administrativa do novo curso académico.

9. O traballo de fin de grao debe ser cualificado en acta unha vez que se teña constancia de
que o/a estudante dispón de todos os créditos necesarios para obter o título oficial de grao,
salvo os correspondentes ao propio traballo, xa sexa por superación das materias
correspondentes ou por recoñecemento



Artigo 11. Arquivo do Traballo de Fin de Grao

Os TFG que obtivesen unha cualificación mínima de aprobado (5) integrarán un arquivo de TFG
en formato dixital baixo a custodia da Biblioteca da Facultade de Ciencias Sociais e da
Comunicación.

Artigo 12. Normas supletorias

En todos aqueles aspectos non previstos neste Regulamento será de aplicación a normativa da
Universidade de Vigo e demais normativa xeral vixente.

Disposicións finais

Este regulamento entrará en vigor ó día seguinte da súa aprobación pola Xunta de Facultade.




                                                         Regulamento do Traballo de Fin de Grao 8
Grao en Comunicación Audiovisual


                                          ANEXO I

   MODELO DE PROPOSTA TEMÁTICA PARA O TRABALLO FIN DE GRAO
                           Grao en Comunicación Audiovisual

D. / DNA.
DNI
DOMICILIO
LOCALIDADE
TELÉFONO
ENDEREZO ELECTRÓNICO


EXPÓN

Que o artigo 5.2. do Regulamento do Traballo de fin de Grao en Comunicación Audiovisual
contempla a posibilidade de que os/as alumnos/as matriculados na materia” poidaN presentar
propostas temáticas para a realización do mencionado traballo.

Polo que, SOLICITA

A inclusión no listado de propostas temáticas do presente curso académico, a seguinte:




                     En Pontevedra, a ____ de ____________ de _______



                                      O/A interesado/a

Se o titor/a académico/a da proposta temática acepta a súa titoría do alumno/a, deberá
asignar a presente solicitude, de conformidade co artigo 5.3. do Regulamento do TFG



                             Asinado: _____________________

                                    Titor/a académico/a

Documentación:

   1. Modelo de solicitude debidamente cumprimentado
   2. Exposición de motivos na que conste o interese e viabilidade da proposta.

Á COMISIÓN ESPECÍFICA TRABALLOS DE FIN DE GRAO DE COMUNICACION AUDIOVISUAL


                                                         Regulamento do Traballo de Fin de Grao 9
Grao en Comunicación Audiovisual


                                          ANEXO II

        SOLICITUDE DE ELABORACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE GRAO
                           Grao en Comunicación Audiovisual

D. / DNA.
DNI
DOMICILIO
LOCALIDADE
TELÉFONO
ENDEREZO ELECTRÓNICO


EXPÓN

Que cumpre as condicións xerais esixidas para a elaboración do Traballo de Fin de Grao en
Comunicación Audiovisual.

Polo que,

SOLICITA

Elaborar o Traballo de Fin de Grao con base á proposta temática




                    En Pontevedra, a ____ de ____________ de _______




                                      O/A interesado/a

Se o titor/a académico/a da proposta temática acepta a súa titoría do alumno/a, deberá
asignar a presente solicitude, de conformidade co artigo 9.4. do Regulamento do Traballo de
Fin de Grao.



                             Asinado: _____________________

                                    Titor/a académico/a

Á COMISIÓN ESPECÍFICA DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO COMUNICACION AUDIOVISUAL




                                                      Regulamento do Traballo de Fin de Grao 10
Grao en Comunicación Audiovisual


                                           ANEXO III
         SOLICITUDE DE PRESENTACIÓN PÚBLICA E AVALIACIÓN DO
                       TRABALLO DE FIN DE GRAO

                            Grao en Comunicación Audiovisual
D. / DNA.
DNI
DOMICILIO
LOCALIDADE
TELÉFONO
ENDEREZO ELECTRÓNICO

EXPÓN
1. Que está matriculado na materia denominada “Traballo de Fin de Grao” no presente curso.
2. Que cumpre as condicións xerais esixidas para a presentación pública e avaliación do
Traballo de Fin de Grao e, especificamente, as establecidas no artigo 11.1 do Regulamento do
Traballo de Fin de Grao.
Polo que,

SOLICITA
A realización do acto de presentación e avaliación do Traballo Fin de Grao titulado:



Do cal é titor/a académico/a D./Dna. _______________________________________

                     En Pontevedra, a ____ de ____________ de _______

                                         O/A alumno/a

                                         Visto e prace

                                    Asinado ____________
                                     Titor/a académico/a

Documentación:
   1. Modelo de solicitude debidamente cumprimentado
   2. Catro exemplares do Traballo de Fin de Grao co visto e prace do/a titor/a e un CD coa
      versión electrónica.
   3. Documentación adicional (opcional)
   4. Informe do titor/a académico/a.
   5. Certificación académica.

Á COMISIÓN ESPECÍFICA DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO COMUNICACION AUDIOVISUAL



                                                         Regulamento do Traballo de Fin de Grao 11
Grao en Comunicación Audiovisual


                                          ANEXO IV

             ACTA DE CUALIFICACIÓN DO TRIBUNAL FIN DE GRAO
                            Grao en Comunicación Audiovisual

Ten lugar o día ____ de_____ de ______ a sesión pública de presentación e avaliación do
Traballo de Fin de Grao titulado: _________________________________________________
_____________________________________________________________________________
_____________________________________________________________________________
_______________________________________________________________________
polo/a alumno/a _____________________________________________________________
con DNI ____________________ baixo a titoría do profesor/a D./Dna. ___________________
________________________________________________________________________



O Tribunal avaliador componse dos seguinte membros (profesores/as):

Presidente/a: _____________________________________________________________

Secretario/a: ______________________________________________________________

Vocal: _______________________________________________________________________



A sesión de presentación pública do Traballo de Fin de Grao desenvólvese segundo a
normativa fixada pola Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. O Tribunal avaliador
acorda outorgar a cualificación de:

__________________________________________________________________________



E para que conste, asínase a presente acta:

                    En Pontevedra, a ____ de ____________ de _______



   O/A Presidente/a                           O/a Vocal                      O/A Secretario/a



Asinado_____________                   Asinado__________                  Asinado____________

___________________ __                 _________________                  __________________

Á COMISIÓN ESPECÍFICA TRABALLOS DE FIN DE GRAO DE COMUNICACION AUDIOVISUAL



                                                          Regulamento do Traballo de Fin de Grao 12
Grao en Comunicación Audiovisual


                    ANEXO V. CALENDARIO DE PROCEDEMENTOS DA MATERIA
                                      “PROXECTO DE FIN DE GRAO”

 Período do curso
                                                              Procedemento
   académico*

                        Prazo de matrícula oficial
 Xullo - Setembro

                        Nomeamento da Comisión Específica de TFG (comezo de curso)

                        Publicación das liñas temáticas dos titores (prazo de dez días naturais)
                        Solicitude de liñas temáticas dos alumnos/as
                        Reunión da Comisión Específica de TFG
                        Aprobación do listado de liñas temáticas e titores
Octubro - Novembro
                        Prazo de reclamación do listado de liñas temáticas e titores
                        Prazo de solicitude de cambios de titor (xustificados). (15 días naturais)
                        Publicación definitiva do listado de liñas temáticas e titores
                        Nomeamento dos tribunais do TFG (xaneiro)

                        Preparación do TFG
  Xaneiro - abril
                        Contacto co coordinador para resolución de incidencias

                        Solicitude de presentación do TFG (ata dez días antes da defensa)
                            -   Impreso de solicitude co visto e prace do titor
                            -   Versión escrita por cuadriplicado
                            -   Informe do director
      Maio              Celebración dos tribunais de TFG (convocatoria ordinaria)
                        Publicación das cualificacións
                        Prazo de reclamación das cualificacións (5 días hábiles)
                        Reunión do tribunal do TFG para valoración das reclamacións (prazo de 7 días)
                        Publicación das cualificacións definitivas

                        Presentación do proxecto de fin de Grao (dez días antes da defensa)
      Xullo
                        Celebración dos tribunais de proxectos de fin de Grao (convocatoria extraordinaria)

       *Datas aproximadas que cada ano se teñen que ir adaptando ó calendario oficial da
       Universidade de Vigo




                                                                Regulamento do Traballo de Fin de Grao 13

More Related Content

Similar to Regulamento proxecto fin de grao_comunicacion_audiovisual

Protocolo seminarios de experiencias profesionais ca
Protocolo seminarios de experiencias profesionais caProtocolo seminarios de experiencias profesionais ca
Protocolo seminarios de experiencias profesionais cacoordinacav
 
20140814 implantacion 1_3_5
20140814 implantacion 1_3_520140814 implantacion 1_3_5
20140814 implantacion 1_3_5slidesharechechu
 
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...Grupo PREMIR
 
Artigo 23, ii convenio colectivo pdi unive galegas
Artigo 23, ii convenio colectivo pdi unive galegasArtigo 23, ii convenio colectivo pdi unive galegas
Artigo 23, ii convenio colectivo pdi unive galegasUSC Futuro
 
100111 D Conv Axufomgalego Centpub
100111 D Conv Axufomgalego Centpub100111 D Conv Axufomgalego Centpub
100111 D Conv Axufomgalego Centpubcenlf
 
Currículum tecnico superior telecomunicaciones
Currículum tecnico superior telecomunicacionesCurrículum tecnico superior telecomunicaciones
Currículum tecnico superior telecomunicacionesbiofito
 
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnosticoceipvicenterisco
 
Manual.probas.eso
Manual.probas.esoManual.probas.eso
Manual.probas.esoMarta Diz
 
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...Grupo PREMIR
 
Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020satelite1
 
Directrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería EducaciónDirectrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería Educaciónorientacionjuanadevega
 
Propostas ao candidato a reitor Manuel Reigosa
Propostas ao candidato a reitor Manuel ReigosaPropostas ao candidato a reitor Manuel Reigosa
Propostas ao candidato a reitor Manuel ReigosaH2040
 
Programa Electoral Independentes Por Políticas
Programa Electoral Independentes Por PolíticasPrograma Electoral Independentes Por Políticas
Programa Electoral Independentes Por PolíticasIXP
 

Similar to Regulamento proxecto fin de grao_comunicacion_audiovisual (20)

Protocolo seminarios de experiencias profesionais ca
Protocolo seminarios de experiencias profesionais caProtocolo seminarios de experiencias profesionais ca
Protocolo seminarios de experiencias profesionais ca
 
Regulamento traballo fin de máster
Regulamento traballo fin de másterRegulamento traballo fin de máster
Regulamento traballo fin de máster
 
20140814 implantacion 1_3_5
20140814 implantacion 1_3_520140814 implantacion 1_3_5
20140814 implantacion 1_3_5
 
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...
 
Artigo 23, ii convenio colectivo pdi unive galegas
Artigo 23, ii convenio colectivo pdi unive galegasArtigo 23, ii convenio colectivo pdi unive galegas
Artigo 23, ii convenio colectivo pdi unive galegas
 
100111 D Conv Axufomgalego Centpub
100111 D Conv Axufomgalego Centpub100111 D Conv Axufomgalego Centpub
100111 D Conv Axufomgalego Centpub
 
Currículum tecnico superior telecomunicaciones
Currículum tecnico superior telecomunicacionesCurrículum tecnico superior telecomunicaciones
Currículum tecnico superior telecomunicaciones
 
Manifesto
ManifestoManifesto
Manifesto
 
20170505 proba3primaria
20170505 proba3primaria20170505 proba3primaria
20170505 proba3primaria
 
Nofc v3
Nofc v3Nofc v3
Nofc v3
 
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico
20140203 instrucions desenvolvemento_diagnostico
 
Manual.probas.eso
Manual.probas.esoManual.probas.eso
Manual.probas.eso
 
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
 
Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020Convocatoria pidl-2019 2020
Convocatoria pidl-2019 2020
 
Nofc v2019
Nofc v2019Nofc v2019
Nofc v2019
 
Orden Concertos 2009
Orden Concertos 2009Orden Concertos 2009
Orden Concertos 2009
 
Directrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería EducaciónDirectrices teletraballo Consellería Educación
Directrices teletraballo Consellería Educación
 
Propostas ao candidato a reitor Manuel Reigosa
Propostas ao candidato a reitor Manuel ReigosaPropostas ao candidato a reitor Manuel Reigosa
Propostas ao candidato a reitor Manuel Reigosa
 
Plan de convivencia con anexos 2015 convivencia xuño
Plan de convivencia con anexos 2015 convivencia xuñoPlan de convivencia con anexos 2015 convivencia xuño
Plan de convivencia con anexos 2015 convivencia xuño
 
Programa Electoral Independentes Por Políticas
Programa Electoral Independentes Por PolíticasPrograma Electoral Independentes Por Políticas
Programa Electoral Independentes Por Políticas
 

More from coordinacav

Presentación audiovisual practicas 2015
Presentación audiovisual practicas 2015Presentación audiovisual practicas 2015
Presentación audiovisual practicas 2015coordinacav
 
Liñas tfg 2015 2016
Liñas tfg 2015 2016Liñas tfg 2015 2016
Liñas tfg 2015 2016coordinacav
 
Curso CREA de Guión
Curso CREA de GuiónCurso CREA de Guión
Curso CREA de Guióncoordinacav
 
Evaluacion tfg practico
Evaluacion tfg practicoEvaluacion tfg practico
Evaluacion tfg practicocoordinacav
 
Presentacion materias · 2 ct · cav
Presentacion materias · 2 ct · cavPresentacion materias · 2 ct · cav
Presentacion materias · 2 ct · cavcoordinacav
 
Programa de actividades 20 aniversario
Programa de actividades 20 aniversarioPrograma de actividades 20 aniversario
Programa de actividades 20 aniversariocoordinacav
 
Foro de edmon roch
Foro de edmon rochForo de edmon roch
Foro de edmon rochcoordinacav
 
Tribunales outubro 2014
Tribunales outubro 2014Tribunales outubro 2014
Tribunales outubro 2014coordinacav
 
Programa de formación mediaset
Programa de formación mediasetPrograma de formación mediaset
Programa de formación mediasetcoordinacav
 
Documentos creadores gal
Documentos creadores galDocumentos creadores gal
Documentos creadores galcoordinacav
 
Bases clag media_talent_gal
Bases clag media_talent_galBases clag media_talent_gal
Bases clag media_talent_galcoordinacav
 
Curso de formación mediaset vs2
Curso de formación mediaset vs2Curso de formación mediaset vs2
Curso de formación mediaset vs2coordinacav
 
Inscripcion curso mediaset 2014-15
Inscripcion curso mediaset 2014-15Inscripcion curso mediaset 2014-15
Inscripcion curso mediaset 2014-15coordinacav
 
2014 curso de formación mediaset
2014   curso de formación mediaset2014   curso de formación mediaset
2014 curso de formación mediasetcoordinacav
 
2014 Curso de formación mediaset
2014   Curso de formación mediaset2014   Curso de formación mediaset
2014 Curso de formación mediasetcoordinacav
 

More from coordinacav (20)

Presentación audiovisual practicas 2015
Presentación audiovisual practicas 2015Presentación audiovisual practicas 2015
Presentación audiovisual practicas 2015
 
Liñas tfg 2015 2016
Liñas tfg 2015 2016Liñas tfg 2015 2016
Liñas tfg 2015 2016
 
Curso CREA de Guión
Curso CREA de GuiónCurso CREA de Guión
Curso CREA de Guión
 
Evaluacion tfg practico
Evaluacion tfg practicoEvaluacion tfg practico
Evaluacion tfg practico
 
Presentacion materias · 2 ct · cav
Presentacion materias · 2 ct · cavPresentacion materias · 2 ct · cav
Presentacion materias · 2 ct · cav
 
Programa de actividades 20 aniversario
Programa de actividades 20 aniversarioPrograma de actividades 20 aniversario
Programa de actividades 20 aniversario
 
Pantalla 3.jpg
Pantalla 3.jpgPantalla 3.jpg
Pantalla 3.jpg
 
Pantalla 3.jpg
Pantalla 3.jpgPantalla 3.jpg
Pantalla 3.jpg
 
Foro de edmon roch
Foro de edmon rochForo de edmon roch
Foro de edmon roch
 
Tribunales outubro 2014
Tribunales outubro 2014Tribunales outubro 2014
Tribunales outubro 2014
 
Programa de formación mediaset
Programa de formación mediasetPrograma de formación mediaset
Programa de formación mediaset
 
Documentos creadores gal
Documentos creadores galDocumentos creadores gal
Documentos creadores gal
 
Bases clag media_talent_gal
Bases clag media_talent_galBases clag media_talent_gal
Bases clag media_talent_gal
 
Curso de formación mediaset vs2
Curso de formación mediaset vs2Curso de formación mediaset vs2
Curso de formación mediaset vs2
 
Inscripcion curso mediaset 2014-15
Inscripcion curso mediaset 2014-15Inscripcion curso mediaset 2014-15
Inscripcion curso mediaset 2014-15
 
2014 curso de formación mediaset
2014   curso de formación mediaset2014   curso de formación mediaset
2014 curso de formación mediaset
 
2014 Curso de formación mediaset
2014   Curso de formación mediaset2014   Curso de formación mediaset
2014 Curso de formación mediaset
 
3º CURSO 2ct
3º CURSO 2ct3º CURSO 2ct
3º CURSO 2ct
 
2º CURSO 2ct
2º CURSO 2ct2º CURSO 2ct
2º CURSO 2ct
 
1º CURSO 2ct
1º CURSO 2ct1º CURSO 2ct
1º CURSO 2ct
 

Regulamento proxecto fin de grao_comunicacion_audiovisual

  • 1. Grao en Comunicación Audiovisual REGULAMENTO DE TRABALLO DE FIN DE GRAO EN COMUNICACION AUDIOVISUAL Aprobado pola Xunta de Facultade na xuntanza de de 6 de xulio de 2012 PREÁMBULO O Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais dispón no capítulo III das Directrices para o deseño de títulos de Graduado, concretamente no artigo 12.3, que os ensinos do grao conclúan “coa elaboración e defensa dun traballo de fin de grao” (en diante TFG) orientado á avaliación de competencias asociadas ó título. Pola súa banda, as Directrices Propias da Universidade de Vigo sobre a estrutura e organización académica dos plans de estudos de grao (aprobadas no Consello de Goberno de 5 de marzo de 2008) recollen no punto 3, referente á “Estrutura Xeral dos Plans de Estudo de Grao”, que o TFG será obrigatorio e ofertado no oitavo semestre cun valor académico que oscilará entre os seis e os trinta ECTS. Ademais do anterior o Regulamento para a realización do Traballo de Fin de Grao (aprobado no Consello de Goberno do 14 de novembro de 2011) recolle no seu artigo 2.5 que será responsabilidade de cada centro desenvolver “unha normativa interna aprobada pola Xunta de Centro para adecualo ás características propias de cada un dos títulos oficiais”. Así mesmo a Memoria do Título de Grao en Comunicación Audiovisual, avaliado positivamente pola ANECA o 5 de maio de 2009 inclúe a elaboración e exposición do referido TFG por partes dos alumnos e alumnas do derradeiro curso do plano de estudos e dispón que o Centro aprobaría a referida a normativa interna para a súa xestión. En cumprimento de todo o anterior, elaborouse o presente regulamento. Regulamento do Traballo de Fin de Grao 1
  • 2. Grao en Comunicación Audiovisual CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS Artigo 1. Obxecto e ámbito de aplicación O presente regulamento ten por obxecto regular a definición, titoría académica, procedemento de elaboración, presentación pública, avaliación e revisión do TFG do Grao en Comunicación Audiovisual. O contido desta normativa compleméntase co resto de normativas e procedementos da Universidade de Vigo en vigor ou que puidesen aprobarse referidas ao desenvolvemento e xestión da docencia das titulacións oficiais da Universidade de Vigo Artigo 2. Definición do Traballo de Fin de Grao 1. O TFG forma parte do plano de estudios do Grao en Comunicación Audiovisual e equivale a 12 graos ECTS programados no segundo semestre do cuarto ano da titulación. 2. O TFG é un traballo persoal que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo titorización docente, e debe permitirlle mostrar de forma integrada a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociadas ao título En ningún caso pode ser un traballo plaxiado en todo ou en parte, nin presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia de calquera titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos feitos na actividade doutras materias da titulación. Non é preciso que sexa un traballo inédito 3. O TFG poderá revestir una orientación teórica ou práctica 4. O feito de que o traballo de fin de grao sexa un labor persoal non exclúe que, para desenvolver unha proposta de envergadura suficiente, poidan participar varios/as estudantes, cada quen cunha parcela precisa da tarefa global; este feito será autorizado pola Comisión Específica do TFG. Neste caso, o alumnado implicado nun mesmo traballo compartirá a titorización e terá o mesmo tribunal de avaliación, mentres que a presentación e defensa e a avaliación serán individuais 5. O/a estudante ten dereito ao reconocimiento da autoría do TFG elaborado e á protección da propiedade intelectual do mismo. A titularidade dos citados dereitos derivados poden compartirse coas persoas titoras, coas co-titoras e coas entidades públicas ou privadas ás que pertenzan, nos termos e condicións previstas na lexislación vixentea. 6. O TFG poderá elaborarse en institucións ou empresas externas á Universidade de Vigo, nos termos que se establezan nos convenios institucionais asinados. Nese caso existirá a figura dunha persoa co-titora pertencente á institución ou empresa. A persoa titora académica Regulamento do Traballo de Fin de Grao 2
  • 3. Grao en Comunicación Audiovisual compartirá coa persoa co-titora as tarefas de dirección e orientación do/a estudante, e será, en calqueira caso, responsabilidade da titoría académica facilitar a xestión diante da Facultade 7. A efectos de organización e interpretación da normativa a Xunta de Facultade aprobará unha Comisión Específica que se responsabilice do TFG ó longo de todo o curso académico, tal e como se establece no artigo 3 da presente normativa. 8. O TFG terá a súa guía docente axeitada á normativa correspondente e única para cada titulación Artigo 3. Comisión específica de Traballos de Fin de Grao de Comunicación Audiovisual 1. A Comisión Específica estará integrada por cinco membros nomeados pola Xunta de Facultade que responderán ó seguinte esquemas: - Coordinador/a do Grao - Secretario/a do Centro - Un/unha profesor/a a tempo completo con docencia maioritaria no Grao proposto polo Coordinador/a do Grao. Será o responsable da elaboración da Guía Docente - Un representante do alumnado, proposto polo/a Coordinador/a do Grao, previa consulta cos representantes do estudantes - Un representante do PAS proposto polo/a Coordinador/a do Grao 2. Os membros da Comisión deberán ser renovados pra cada curso académico conforme ó procedemento do apartado anterior 3. As vacantes que se producisen serán cubertas a proposta do/a Coordinador/a do Grao, debendo ser ratificadas na seguinte Xunta de Facultade CAPÍTULO 2. DA ORGANIZACIÓN DO PROXECTO DE FIN DE GRAO Artigo 4. Titor/a académico 1. Os TFG realizaranse baixo a supervisión e dirección dunha persoa que ejercerá as tarefas de titorización do mesmo. 2. A titorización consistirá en supervisar e orientar o estudante na temática, metodoloxía, elaboración, presentación e calquera outro aspecto académico relativo ao TFG, así como facilitar a súa xestión, dinamizar e facilitar todo o proceso ata a súa presentación e defensa 3. Todos/as o/as profesores/as que impartan docencia no Grao de Comunicación Audiovisual poderán actuar como titores académicos. Un mesmo titor poderá ser responsable dun Regulamento do Traballo de Fin de Grao 3
  • 4. Grao en Comunicación Audiovisual máximo de seis TFG por curso académico; cifra que poderá aumentar proporcionalmente o número de traballos en réximen de co-titorización ou, se fora inevitable, por a aplicación do Apartado 6 do Artigo 5 4. A Comisión Específica poderá autorizar a elaboración de TFG en réxime de co-titoría a profesores da Universidade de Vigo. Neste suposto, un dos titores deberá ser profesor do Grao en Comunicación Audiovisual. 5. Se a elaboración do TFG requerise a implicación de organismos ou entidades públicas ou privadas, ademais de que conste expresamente o seu interese na colaboración, proporase unha persoa como colaboradora ós efectos de prestar a axuda necesaria no TFG. 6. Poderanse establecer equipos titoriales formados por varios profesores si a natureza do traballo de fin de grao o requirese 7. Cando se dean casos de baixa prolongada ou finalizase a súa vinculación coa Universidade de Vigo, a Comisión Específica será a responsable da substitución do titor/a Artigo 5. Proceso de asignación de propostas temáticas 1. A instancia do presidente da Comisión, os/as profesores/as con docencia no Grao, individualmente ou en grupo, remitirán á Comisión Específica do TFG, nun prazo de dez días naturais, as propostas temáticas para a realización de proxectos vinculados coa súa área de coñecemento. Na proposta podrá especificarse un número máximo de alumnos a titorizar, sempre respetando o tope marcado, pra cada profesor, no apartado 3 do artigo 4 2. Co fin de garantir a o estudante o desenrolo de traballos con temas relacionados con calquer contido específico da titulación, a Comisión solicitará a maior participación posible do profesorado na titorización dun TFG 3. Os/as alumnos/as matriculados/as na materia de TFG poderán presentar propostas temáticas acompañadas dunha exposición dos motivos na que conste o interese e viabilidade da proposta (Anexo I). Deberán contar, ademais, ca aceptación expresa dun titor/profesor da Titulación. A Comisión Específica decidirá sobre a oportunidade e viabilidade da proposta 4. Rematado o prazo establecido, a Comisión Específica decidirá sobre a inclusión de cada proposta debendo motivar as exclusións 5. A Comisión de TFG aprobará e publicará un listado de propostas temáticas, indicando un ou varios titores/as académicos/as que poderían responsabilizarse dos mesmos, así como o número mínimo e máximo de alumnos a titorizar 6. O listado conterá, a lo menos, un número de propostas temáticas que duplique o número de alumnos e alumnas matriculados no TFG, e establecerá un prazo para a formalización de asignación de titores e temáticas. A Comisión Especifica velará estrictamente polo cumprimento desta norma, incrementado, se fora necesario, os números mínimos e máximos de estudantes a titorizar en cada proposta temática Regulamento do Traballo de Fin de Grao 4
  • 5. Grao en Comunicación Audiovisual 7. Para a asignación definitiva das propostas temáticas atenderase, preferentemente, e en primeiro lugar ó acordo entre o/a alumno/a e o titor/a académico/a (Anexo II). Se non fose o caso, terase en conta o expediente académico do estudante, de tal xeito que se estableza unha lista de asignación de temáticas e titores 8. Despois do proceso anterior (artigo 5), e antes da conclusión do primeiro semestre, a Comisión publicará un listado coa asignación definitiva de propostas temáticas e titores académicos conforme ós anteriores criterios 9. Calquera cambio referente ó titor académico ou á proposta temática deberá ser solicitado por escrito e con motivación á Comisión no prazo de sete días a contar dende a publicación do listado definitivo de asignación 10. A asignación de titor/a académico/a e proposta temática de TFG será válida para a curso académico no que se atopa matriculado o/a alumno/a 11. No caso de que o/a alumno/a non supere a materia de TFG neste período académico, a Comisión poderá tomar en consideración esa asignación no vindeiro curso, previa aceptación de alumno e titor. En caso contrario, o alumno terá que voltar a ralizar un novo proceso de selección 12. Calqueira outra circunstancia, en especial o cambio de titor ou tema unha vez asignados, será resolta porla Comisión Específica Artigo 6. Tribunal avaliador do Proxecto de Fin de Grao 1. Antes do comezo do segundo semestre será nomeado o Tribunal avaliador de TFG que actuará nas convocatorias oficias do curso académico. 2. O Tribunal avaliador do TFG estará integrado por tres profesores/as que impartan docencia no Grao de Comunicación Audiovisual. Serán propostos pola Comisión Específica en función das temáticas tratadas nos TFG e aprobados en Xunta de Facultade. En todo caso, en programación plurianual, a participación dos profesores nos tribunais avaliadores será rotativa e proporcional a carga lectiva do seu Departamento na titulación. A Comisión tamén nomeará a 3 suplentes, para cubrir as posibles incidencias no desenrolo das sesións 3. Os Profesores Asociados poderán declinar a súa participación nos Tribunais de avaliación se a súa actividade profesional lle impide ou dificulta a asistencia as sesións 4. O Tribunal de avaliación do traballo de fin de grao constituirase formalmente coa debida publicidade e antelación do acto de defensa 5. Seguirase o criterio de categoría docente e antigüidade para a determinación do presidente, o secretario e o vocal 6. Os membros do Tribunal serán sustituidos por suplentes durante a exposición e valoración dos traballos dos que foran titores Regulamento do Traballo de Fin de Grao 5
  • 6. Grao en Comunicación Audiovisual 7. Cando o número de alumnos matriculados para a defensa do proxecto impida a celebración dos actos nunha única sesión, nomearánse os tribunais que sexan precisos para permitir que os docentes designados como membros do tribunal non teñan que exercer esta función máis aló dunha xornada de traballo 8. De maneira excepcional, a Comisión Específica poderá autorizar que formen parte do tribunal de avaliación outro persoal docente, persoas colaboradoras ou membros de institucións externas á Universidade de Vigo, que poderán actuar en calidade de vogais, con voz e voto, ou de persoas asesoras sen voto CAPÍTULO 3. DA MATRICULA PRESENTACIÓN PÚBLICA E AVALIACIÓN Artigo 7.- Matrícula do traballo de fin de grao 1. Para poder matricularse no traballo de fin de grao será requisito imprescindible ter matriculadas todas as materias requiridas para finalizar o plan de estudos 2. A matrícula do traballo de fin de grao realizarase nos períodos oficiais de matriculación dos estudos de grao 3. A matrícula do traballo de fin de grao dá dereito a dúas oportunidades de avaliación nun mesmo curso académico, sempre que se dean as condicións do punto 1 do presente artigo. A validez da matrícula do traballo de fin de grao será a mesma que a de calquera outra materia e, polo tanto, remata o último día hábil do curso académico. O/a estudante que antes desa data non fose avaliado ou non defendese o seu traballo deberá volver a matricularse no seguinte curso académico Artigo 8. Solicitude e presentación pública do Traballo de Fin de Grao 1. A presentación pública e avaliación do TFG require que o alumno/a supere a totalidade das restantes materias correspondentes ó plano de estudos do Grao en Comunicación Audiovisual. Excepcionalmente a Comisión Específica poderá autorizar a presentación e avaliación a aqueles/as alumnos/as que, como máximo, lle resten 12 ECTS de semestres anteriores a aquel no que se elabora o TFG 2. O/A alumno/a solicitará a presentación e avaliación do PFG ó longo do segundo semestre do curso académico, segundo o establecido pola Comisión Específica, e, en todo caso, co visto e prace do se respectivo titor/a académico (anexo III) 3. A solicitude de presentación, dirixida á Comisión, deberá ir acompañada da versión escrita e electrónica do TFG por cuadriplicado co visto e prace do/a titor/a académico/a. Poderá aportarse a documentación ou material adicional que se estime oportuno para que sexa tomada en consideración polo Tribunal avaliador Regulamento do Traballo de Fin de Grao 6
  • 7. Grao en Comunicación Audiovisual 4. O Decanato do centro responsabilizarase da custodia e almacenaxe dos materias ata a data de defensa dos mesmos 5. A efectos de avaliación, o/a titor/a académico emitirá un informe no que valorará a labor realizada polo/a alumno/a durante o período de elaboración do TFG. Este informe acompañará a documentación referida no punto 3. No caso de traballos predominantemente teóricos, o informe incluirá necesariamente unha valoración do grao de cumprimento das Pautas de Realización de Traballos Académicos, aprobados na reunión de profesores do Grao o 25 de maio de 2011, así como calqueira outra normativa que se aprobe o efecto 6. En atención ás solicitudes presentadas, a Comisión Específica establecerá e publicará, de acordo co tribunal ou tribunais avaliadores, a orde para a celebración do acto de presentación pública do TFG, que incluirá a estructura, data, hora e duración máxima de cada exposición. Fixarase unha data na convocatoria ordinaria de xuño e outra extraordinaria na de xullo. 7. O acto de presentación será realizado polo/a alumno/a en sesión pública e presencial na data e hora asignada. A Comisión Específica, con carácter excepcional e tras a petición formal e motivada polo/a estudante e persoa titora e co-titora, poderá autorizar a defensa a distancia de forma virtual, sempre e cando concorran as condicións técnicas, administrativas e económicas que permitan a súa viabilidade Artigo 9. Avaliación e cualificación do Traballo de Fin de Grao 1. Celebrado o acto de presentación pública do TFG, o Tribunal avaliador deliberará sobre a cualificación tendo en conta a documentación presentada por cada estudante, o informe da persoa titora e a exposición pública dos traballos 2. A cualificación global terá en conta a calidade científica, técnica ou artística do traballo presentado, a calidade do material entregado e o grao de adquisición de contidos e competencias específicos da titulación e de competencias transversais. A cualificación do Tribunal de avaliación representará o 75 % da nota final e será a resultante da media aritmética das notas atribuídas por cada un dos membros do Tribunal avaliador. Neste punto o tribunal rexeráse polo disposto nas Normas de Xestión Académica para as Titulacións de Grao regulados polo Real Decreto 1393/2007 vixentes na Universidade de Vigo (anexo IV) 3. O titor estará presente con dereito a voz no acto de defensa e nas deliberacións do tribunal de avaliación. A súa cualificación representará o 25% restante da cualificación final, reservando un 10 % o grao de cumprimento das Pautas de Realización de Traballos Académicos, no caso de traballos eminentemente teóricos 4. Ó remate da avaliación e cualificación da totalidade do TFG, o Tribunal avaliador poderá conceder a mención de matrícula de honra, entre aqueles alumnos que acaden unha nota de sobresainte, e de conformidade coa normativa dos anteriores puntos. A concesión das matriculas de honra é unha competencia exclusiva do membros do Tribunal. Os titores poderán estar presentes nas deliberacións, pero non intervirán na decisión Regulamento do Traballo de Fin de Grao 7
  • 8. Grao en Comunicación Audiovisual 5. No caso de que o TFG non acade a cualificación mínima de aprobado (5), o Tribunal deberá indicar aqueles aspectos susceptibles de corrección e mellora para conquerir a devandita cualificación 6. No prazo de cinco días contados dende a celebración do acto de presentación o alumno/a poderá solicitar a revisión da cualificación outorgada no TFG. Dita solicitude deberá indicar os aspectos concretos do TFG que fundamentan a discrepancia coa cualificación outorgada 7. No prazo de sete días dende a presentación da solicitude o tribunal resolverá o recurso fundamentando a resposta 8. A entrega de actas dos traballos de fin de grao estará rexida polos tempos máximos de entrega de actas de cada cualificación en cada convocatoria e pola data de inicio administrativa do novo curso académico. 9. O traballo de fin de grao debe ser cualificado en acta unha vez que se teña constancia de que o/a estudante dispón de todos os créditos necesarios para obter o título oficial de grao, salvo os correspondentes ao propio traballo, xa sexa por superación das materias correspondentes ou por recoñecemento Artigo 11. Arquivo do Traballo de Fin de Grao Os TFG que obtivesen unha cualificación mínima de aprobado (5) integrarán un arquivo de TFG en formato dixital baixo a custodia da Biblioteca da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. Artigo 12. Normas supletorias En todos aqueles aspectos non previstos neste Regulamento será de aplicación a normativa da Universidade de Vigo e demais normativa xeral vixente. Disposicións finais Este regulamento entrará en vigor ó día seguinte da súa aprobación pola Xunta de Facultade. Regulamento do Traballo de Fin de Grao 8
  • 9. Grao en Comunicación Audiovisual ANEXO I MODELO DE PROPOSTA TEMÁTICA PARA O TRABALLO FIN DE GRAO Grao en Comunicación Audiovisual D. / DNA. DNI DOMICILIO LOCALIDADE TELÉFONO ENDEREZO ELECTRÓNICO EXPÓN Que o artigo 5.2. do Regulamento do Traballo de fin de Grao en Comunicación Audiovisual contempla a posibilidade de que os/as alumnos/as matriculados na materia” poidaN presentar propostas temáticas para a realización do mencionado traballo. Polo que, SOLICITA A inclusión no listado de propostas temáticas do presente curso académico, a seguinte: En Pontevedra, a ____ de ____________ de _______ O/A interesado/a Se o titor/a académico/a da proposta temática acepta a súa titoría do alumno/a, deberá asignar a presente solicitude, de conformidade co artigo 5.3. do Regulamento do TFG Asinado: _____________________ Titor/a académico/a Documentación: 1. Modelo de solicitude debidamente cumprimentado 2. Exposición de motivos na que conste o interese e viabilidade da proposta. Á COMISIÓN ESPECÍFICA TRABALLOS DE FIN DE GRAO DE COMUNICACION AUDIOVISUAL Regulamento do Traballo de Fin de Grao 9
  • 10. Grao en Comunicación Audiovisual ANEXO II SOLICITUDE DE ELABORACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE GRAO Grao en Comunicación Audiovisual D. / DNA. DNI DOMICILIO LOCALIDADE TELÉFONO ENDEREZO ELECTRÓNICO EXPÓN Que cumpre as condicións xerais esixidas para a elaboración do Traballo de Fin de Grao en Comunicación Audiovisual. Polo que, SOLICITA Elaborar o Traballo de Fin de Grao con base á proposta temática En Pontevedra, a ____ de ____________ de _______ O/A interesado/a Se o titor/a académico/a da proposta temática acepta a súa titoría do alumno/a, deberá asignar a presente solicitude, de conformidade co artigo 9.4. do Regulamento do Traballo de Fin de Grao. Asinado: _____________________ Titor/a académico/a Á COMISIÓN ESPECÍFICA DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO COMUNICACION AUDIOVISUAL Regulamento do Traballo de Fin de Grao 10
  • 11. Grao en Comunicación Audiovisual ANEXO III SOLICITUDE DE PRESENTACIÓN PÚBLICA E AVALIACIÓN DO TRABALLO DE FIN DE GRAO Grao en Comunicación Audiovisual D. / DNA. DNI DOMICILIO LOCALIDADE TELÉFONO ENDEREZO ELECTRÓNICO EXPÓN 1. Que está matriculado na materia denominada “Traballo de Fin de Grao” no presente curso. 2. Que cumpre as condicións xerais esixidas para a presentación pública e avaliación do Traballo de Fin de Grao e, especificamente, as establecidas no artigo 11.1 do Regulamento do Traballo de Fin de Grao. Polo que, SOLICITA A realización do acto de presentación e avaliación do Traballo Fin de Grao titulado: Do cal é titor/a académico/a D./Dna. _______________________________________ En Pontevedra, a ____ de ____________ de _______ O/A alumno/a Visto e prace Asinado ____________ Titor/a académico/a Documentación: 1. Modelo de solicitude debidamente cumprimentado 2. Catro exemplares do Traballo de Fin de Grao co visto e prace do/a titor/a e un CD coa versión electrónica. 3. Documentación adicional (opcional) 4. Informe do titor/a académico/a. 5. Certificación académica. Á COMISIÓN ESPECÍFICA DOS TRABALLOS DE FIN DE GRAO COMUNICACION AUDIOVISUAL Regulamento do Traballo de Fin de Grao 11
  • 12. Grao en Comunicación Audiovisual ANEXO IV ACTA DE CUALIFICACIÓN DO TRIBUNAL FIN DE GRAO Grao en Comunicación Audiovisual Ten lugar o día ____ de_____ de ______ a sesión pública de presentación e avaliación do Traballo de Fin de Grao titulado: _________________________________________________ _____________________________________________________________________________ _____________________________________________________________________________ _______________________________________________________________________ polo/a alumno/a _____________________________________________________________ con DNI ____________________ baixo a titoría do profesor/a D./Dna. ___________________ ________________________________________________________________________ O Tribunal avaliador componse dos seguinte membros (profesores/as): Presidente/a: _____________________________________________________________ Secretario/a: ______________________________________________________________ Vocal: _______________________________________________________________________ A sesión de presentación pública do Traballo de Fin de Grao desenvólvese segundo a normativa fixada pola Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación. O Tribunal avaliador acorda outorgar a cualificación de: __________________________________________________________________________ E para que conste, asínase a presente acta: En Pontevedra, a ____ de ____________ de _______ O/A Presidente/a O/a Vocal O/A Secretario/a Asinado_____________ Asinado__________ Asinado____________ ___________________ __ _________________ __________________ Á COMISIÓN ESPECÍFICA TRABALLOS DE FIN DE GRAO DE COMUNICACION AUDIOVISUAL Regulamento do Traballo de Fin de Grao 12
  • 13. Grao en Comunicación Audiovisual ANEXO V. CALENDARIO DE PROCEDEMENTOS DA MATERIA “PROXECTO DE FIN DE GRAO” Período do curso Procedemento académico* Prazo de matrícula oficial Xullo - Setembro Nomeamento da Comisión Específica de TFG (comezo de curso) Publicación das liñas temáticas dos titores (prazo de dez días naturais) Solicitude de liñas temáticas dos alumnos/as Reunión da Comisión Específica de TFG Aprobación do listado de liñas temáticas e titores Octubro - Novembro Prazo de reclamación do listado de liñas temáticas e titores Prazo de solicitude de cambios de titor (xustificados). (15 días naturais) Publicación definitiva do listado de liñas temáticas e titores Nomeamento dos tribunais do TFG (xaneiro) Preparación do TFG Xaneiro - abril Contacto co coordinador para resolución de incidencias Solicitude de presentación do TFG (ata dez días antes da defensa) - Impreso de solicitude co visto e prace do titor - Versión escrita por cuadriplicado - Informe do director Maio Celebración dos tribunais de TFG (convocatoria ordinaria) Publicación das cualificacións Prazo de reclamación das cualificacións (5 días hábiles) Reunión do tribunal do TFG para valoración das reclamacións (prazo de 7 días) Publicación das cualificacións definitivas Presentación do proxecto de fin de Grao (dez días antes da defensa) Xullo Celebración dos tribunais de proxectos de fin de Grao (convocatoria extraordinaria) *Datas aproximadas que cada ano se teñen que ir adaptando ó calendario oficial da Universidade de Vigo Regulamento do Traballo de Fin de Grao 13