SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
Download to read offline
1: OBXECTO 
CLAG Media Talent é unha iniciativa liderada polo CLUSTER AUDIOVISUAL GALEGO que ten como obxectivo detectar novo talento audiovisual e conectalo co tecido empresarial, obtendo como resultado un catálogo de formatos innovadores con viabilidade comercial, que despois da súa avaliación por un Xurado serán emitidos como pilotos pola Televisión de Galicia. 
CLAG Media Talent estrutúrase en base ás seguintes ideas: 
• Fomentar a creación de formatos innovadores. 
• Detectar novo talento audiovisual. 
• Transferencia do novo talento audiovisual á industria audiovisual galega. 
• Reforzar as relacións de cooperación entre os diferentes axentes da cadea de valor do sector audiovisual. 
2: PARTICIPANTES 
CREADORES 
Os participantes deberán ser maiores de dezaoito (18) anos. 
Non poderá participar o persoal da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, nin da sociedade, Televisión de Galicia, S.A. nin do Clúster Audiovisual Galego, os seus respectivos cónxuxes e os familiares ata o segundo grao de consanguinidade e afinidade. 
EMPRESAS PRODUTORAS 
No caso de proxectos en réxime de co-produción, as produtoras participantes deberán designar á produtora representante que será a compañía responsable e a que actuará como interlocutor único no proxecto CLAG Media Talent. 
O número de proxectos que cada empresa pode titurizar limítase a un (1), computándose como proxectos tanto os que se tituricen a nivel individual como nos que participe en réxime de coprodución con outras compañías. 
CLAG como entidade promotora interesada en transferir novo talento audiovisual á industrial audiovisual galega asumirá a función de garantir que CLAG Media Talent se desenvolva conforme ás presentes Bases.
3: FORMA DE PARTICIPACIÓN 
O proxecto CLAG Media Talent está dividido nas seguintes fases: 
1. Presentación de formatos innovadores polos creadores. 
2. Preselección dos formatos innovadores pola Comisión de Preselección. 
3. Programa de titorización: traballo conxunto do creador galego e a 
produtora para a mellora do proxecto. 
4. Selección do piloto/s polo Xurado. 
5. Emisión do piloto/s por Televisión de Galicia. 
1. PRESENTACIÓN DE FORMATOS INNOVADORES POLOS CREADORES. 
Para que o proxecto CLAG Media Talent teña o maior ámbito de actuación posible de xeito que teña unha ampla acollida e difusión entre os potenciais creadores establecerase a colaboración, a título enunciativo, cas seguintes institucións: 
• Universidade de Santiago de Compostela 
• Universidade de Vigo 
• Universidade da Coruña 
• Máster de Produción e Xestión Audiovisual(MPXA) 
• IES 
REQUISITOS DOS PROXECTOS 
A. Formato: 
B. Xénero: 
C. Temática: 
D. Memoria: Unha páxina explicando as principais características do formato: 
1) Idea. 
2) Tema principal. 
3) Tipos de escenarios (no caso de ser unha serie).
4) Número e características dos personaxes (no caso de ser unha serie). 
5) Personaxes: breve biografía dos principais nunha páxina como máximo e arcos de evolución dos principais nunha páxina (no caso de ser unha serie). 
E. Sets: breve explicación dos sets considerados como principais (no caso de ser unha serie). 
F. Argumento e guión/escaleta do capítulo piloto. 
G. Necesidades técnicas e humanas. 
H. Orzamento de produción e do piloto, que non poderá exceder 6.000 €. 
I. Proposta de promoción e interactividade. 
J. Idioma: galego. 
2. PRESELECCIÓN DOS FORMATOS INNOVADORES POLA COMISIÓN DE PRESELECCIÓN. 
O CLAG constituirá unha Comisión de Preselección dos proxectos composta por cinco (5) empresas produtoras, que decidirán que proxectos pasarán á fase de titurización, así como a asignación de cada proxecto a una empresa produtora encargada da titurización. 
A preselección realizarase en base aos seguintes criterios: 
• Innovación 
• Orixinalidade 
• Potencial para a comercialización 
• Viabilidade técnica e económica 
Se varias empresas produtoras estiveran interesadas no mesmo programa/formato, deberá realizarse en réxime de coprodución. 
3. PROGRAMA DE TITURIZACIÓN: TRABALLO CONXUNTO DO CREADOR E DA PRODUTORA PARA A MELLORA DO PROXECTO. 
A empresa produtora realizará recomendacións ao creador baseadas no seu expertisse co obxectivo de mellorar o proxecto dende o punto de vista creativo, técnico e comercial.
4. SELECCIÓN FINAL POR PARTE DO XURADO DOS FORMATOS MÁIS INNOVADORES. 
O Xurado indicado no apartado sexto destas Bases, seleccionará os proxectos que serán obxecto dun piloto/s de entre os proxectos preseleccionados polas produtoras. 
5. EMISIÓN DOS FORMATOS SELECCIONADOS NA TELEVISIÓN DE GALICIA. 
4: COMPROMISO DOS PARTICIPANTES 
CREADORES 
Compromiso de orixinalidade. Deberán manifestar expresamente e baixo a súa responsabilidade que os proxectos presentados son orixinais e que non son obxecto de contrato de cesión de dereitos de propiedade intelectual con terceiros e, así mesmo, que non pesa sobre eles carga ou limitación de ningún tipo. 
Compromiso de cesión dos dereitos de explotación á empresa que titurice o proxecto no suposto de que o proxecto sexa seleccionado na fase final para ser obxecto dun piloto. A referida cesión só implica a cesión dos dereitos necesarios para a súa explotación comercial conservando o creador os dereitos de propiedade intelectual de carácter moral como o recoñecemento da autoría, entre outros. 
Compromiso de participar no programa de titurización do proxecto incorporando ao mesmo as melloras propostas pola empresa produtora co obxectivo de obter un produto máis competitivo garantindo a súa viabilidade técnica e comercial. 
EMPRESAS PRODUTORAS 
Compromiso de titurización dos proxectos pre-seleccionados incorporando aos proxectos melloras de carácter técnico e comercial segundo o expertisse acumulado na compañía produtora de xeito que quede garantida a súa viabilidade técnica e comercial. 
Compromiso de produción, as empresas produtoras deben garantir a solvencia técnica e económica para asumir o investimento requerido pola produción do piloto. Este compromiso será esixible tanto no caso de produción individual como en réxime de coprodución. 
Compromiso de conceder á Televisión de Galicia, S.A. un dereito de adquisición preferente dos programas derivados do programa piloto e de cederlle os dereitos de propiedade intelectual necesarios a tal efecto. No obstante, a empresa produtora conservará os dereitos de explotación sobre o formato para a súa eventual venda a territorios diferentes de Galicia e sen prexuízo dos acordos particulares que poidan acadar a compañía produtora e TVG, S.A.
Compromiso de confidencialidade sobre os proxectos de xeito que os mesmos só poidan ser utilizados pola empresa no marco do proxecto CLAG Media Talent de acordo coa finalidade e obxectivos establecidos nestas Bases. Este compromiso será esixible aos terceiros que teñan acceso aos mesmos a través da empresa produtora. 
CLÚSTER AUDIOVISUAL GALEGO 
Compromiso de participar como Xurado con voz pero sen voto cun representante do CLAG, ben do equipo de xestión ou dunha empresa non produtora. 
Compromiso de confidencialidade sobre os proxectos de xeito que os mesmos só poidan ser utilizados polo CLAG no marco do proxecto CLAG Media Talent e de acordo coa finalidade e obxectivos establecidos nestas Bases. Este compromiso será esixible aos terceiros que teñan acceso aos proxectos a través do CLAG. 
Compromiso de garantir que CLAG Media Talent se desenvolva conforme as presentes Bases. 
5: PARTICIPACIÓN DOS CREADORES. ENVÍO DOS TRABALLOS 
O proxecto coa documentación requirida enviarase por correo postal certificado con acuse de recibo dentro do prazo de presentación de solicitudes, ao enderezo: 
CLÚSTER AUDIOVISUAL GALEGO 
Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus Universitario Sur. 
Edificio Feuga. 15705-Santiago de Compostela 
Os participantes deberán incluír dentro dese envío dous sobres (A e B). 
No sobre A deberán incluír o proxecto seguindo as indicacións do Terceiro Punto das Bases. 
No sobre B deberán incluír: 
• Datos persoais do creador participante. 
• Declaración de que o creador cumpre cos requisitos establecidos nas Bases e de aceptación dos compromisos esixidos nas mesmas. 
• Declaración de autoría e autorización de divulgación de información relativa ao proxecto. 
A apertura do sobre B realizarase unha vez se realice a preselección dos proxectos e se inicie o programa de titurización.
6: INSCRICIÓN DAS EMPRESAS NO PROGRAMA DE TITURIZACIÓN 
A documentación requirida para a participación das empresas no programa de titurización dos proxectos de CLAG Media Talent enviarase por correo electrónico a comunicacion@clag.es dentro do prazo de presentación de solicitudes. 
As empresas participantes deberán remitir a seguinte documentación: 
• Ficha de participación da empresa. 
• Declaración de que a empresa cumpre cos requisitos establecidos nas Bases e de aceptación dos compromisos esixidos nas mesmas. 
• Acordo de confidencialidade e de non divulgación de información. 
7: O XURADO 
O Xurado estará composto por: 
• Un representante do CLAG, ben do equipo de xestión ou empresa non produtora (con voz pero sen voto). 
• Dous representantes de TVG, S.A. 
• Un profesional independente de recoñecido prestixio. 
Os nomes do Xurado serán publicados na web do CLAG unha vez rematado o prazo de presentación dos proxectos. 
A organización resérvase o dereito de declarar deserto o concurso. 
O Xurado seleccionará o/s proxecto/s gañador/es en base aos seguintes criterios: 
• Innovación 
• Orixinalidade 
• Potencial para a comercialización 
• Viabilidade técnica e económica 
• Integración das recomendacións de mellora do proxecto obxecto do programa de titurización.
8: PREMIO 
Os dereitos de propiedade intelectual do programa piloto serán adquiridos por TVG, S.A., especialmente os dereitos de comunicación pública, de acordo cos criterios de programación que estableza a empresa. 
O contrato que se subscriba ca TVG, S.A. será redactado segundo os termos habitualmente empregados nas contratacións da referida compañía, de xeito que, a non aceptación das condicións establecidas no referido contrato supoñerá a renuncia ao premio. 
A contraprestación pola compra dos dereitos de propiedade intelectual será equivalente ao orzamento de produción do piloto, que non poderá superar os seis mil euros (6.000 €). 
9: ACEPTACIÓN DAS BASES 
A participación no concurso supón a aceptación na súa totalidade das presentes Bases que poden ser consultadas polos participantes na web do CLAG e de TVG, S.A. O CLAG poderá solicitarlles aos gañadores que acrediten os requisitos para poder participar. 
O CLAG resérvase o dereito de retirar ou modificar a mecánica do concurso á súa enteira discreción, para o cal informarán pertinentemente a través dos mesmos medios nos que se publicou o concurso, modificando as Bases se o considerase oportuno. 
En caso de controversia ou discrepancia derivada da interpretación destas Bases, prevalecerá o criterio do CLAG. 
10: PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL 
En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase aos participantes de que os seus datos pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado responsabilidade do CLAG para o tratamento e rexistro dos datos, cuxa finalidade é a xestión do presente concurso. 
Ponse ademais en coñecemento dos participantes que os seus datos persoais publicaranse en Televisión de Galicia e na web, así como na web do CLAG, actividades para as que aqueles prestan o seu consentimento. 
O organizador comprométese a respectar a confidencialidade dos datos facilitados e a empregalos conforme á finalidade dos ficheiros, podendo os participantes exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, así como revogar o consentimento para a cesión, comunicándoo previamente ao organizador por medio de correo postal ou por medio de correo electrónico, á atención do responsable de seguridade.

More Related Content

Similar to Bases clag media_talent_gal

Presentación do programa Innocoaching
Presentación do programa InnocoachingPresentación do programa Innocoaching
Presentación do programa Innocoachinginnocoaching
 
Boletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de Santiago
Boletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de SantiagoBoletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de Santiago
Boletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de SantiagoCharo García
 
20131127 Taller H2020_Estrategia de especialización inteligente en Galicia RI...
20131127 Taller H2020_Estrategia de especialización inteligente en Galicia RI...20131127 Taller H2020_Estrategia de especialización inteligente en Galicia RI...
20131127 Taller H2020_Estrategia de especialización inteligente en Galicia RI...FIAB
 
16. ¿Mi empresa necesita un blog?
16. ¿Mi empresa necesita un blog?16. ¿Mi empresa necesita un blog?
16. ¿Mi empresa necesita un blog?Manager Asesores
 
Apoio a innovacion nas pemes galegas 2016
Apoio a innovacion nas pemes galegas 2016Apoio a innovacion nas pemes galegas 2016
Apoio a innovacion nas pemes galegas 2016ccarballino
 
Dixitos febreiro 2010
Dixitos febreiro 2010Dixitos febreiro 2010
Dixitos febreiro 2010Jose A.
 
Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións industria 4.0
Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións industria 4.0Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións industria 4.0
Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións industria 4.0Re-acciona
 
Entrevista Rede Mentoring
Entrevista Rede MentoringEntrevista Rede Mentoring
Entrevista Rede MentoringPablo López
 
11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa
11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa
11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresaManager Asesores
 
201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal
201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal
201114 apps tetulia_digital_propuesta_galFaite Dixit@l!
 
NotaPrensa_AplicacionesMoviles
NotaPrensa_AplicacionesMovilesNotaPrensa_AplicacionesMoviles
NotaPrensa_AplicacionesMovilesFaite Dixit@l!
 
Posta en marcha de solucións industria 4.0
Posta en marcha de solucións industria 4.0Posta en marcha de solucións industria 4.0
Posta en marcha de solucións industria 4.0Re-acciona
 
Diagnose da aplicacion de solucions dixitais
Diagnose da aplicacion de solucions dixitaisDiagnose da aplicacion de solucions dixitais
Diagnose da aplicacion de solucions dixitaisRe-acciona
 
Bases concurso logo ofg
Bases concurso logo ofgBases concurso logo ofg
Bases concurso logo ofgnexosfilosofia
 
20. Atraer inversores para tu proyecto
20. Atraer inversores para tu proyecto20. Atraer inversores para tu proyecto
20. Atraer inversores para tu proyectoManager Asesores
 
Certame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinoCertame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinosatelite1
 
Bases viii premio ok
Bases viii premio okBases viii premio ok
Bases viii premio oksatelite1
 

Similar to Bases clag media_talent_gal (20)

Presentación do programa Innocoaching
Presentación do programa InnocoachingPresentación do programa Innocoaching
Presentación do programa Innocoaching
 
Boletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de Santiago
Boletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de SantiagoBoletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de Santiago
Boletín de ofertas de emprego. Axencia de Colocación do Concello de Santiago
 
20131127 Taller H2020_Estrategia de especialización inteligente en Galicia RI...
20131127 Taller H2020_Estrategia de especialización inteligente en Galicia RI...20131127 Taller H2020_Estrategia de especialización inteligente en Galicia RI...
20131127 Taller H2020_Estrategia de especialización inteligente en Galicia RI...
 
Presentación cemit
Presentación cemit Presentación cemit
Presentación cemit
 
16. ¿Mi empresa necesita un blog?
16. ¿Mi empresa necesita un blog?16. ¿Mi empresa necesita un blog?
16. ¿Mi empresa necesita un blog?
 
Apoio a innovacion nas pemes galegas 2016
Apoio a innovacion nas pemes galegas 2016Apoio a innovacion nas pemes galegas 2016
Apoio a innovacion nas pemes galegas 2016
 
Dixitos febreiro 2010
Dixitos febreiro 2010Dixitos febreiro 2010
Dixitos febreiro 2010
 
Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións industria 4.0
Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións industria 4.0Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións industria 4.0
Diagnose das capacidades e aplicacións das solucións industria 4.0
 
Entrevista Rede Mentoring
Entrevista Rede MentoringEntrevista Rede Mentoring
Entrevista Rede Mentoring
 
11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa
11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa
11. Utiliza las TIC para fortalecer tu empresa
 
201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal
201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal
201114 apps tetulia_digital_propuesta_gal
 
NotaPrensa_AplicacionesMoviles
NotaPrensa_AplicacionesMovilesNotaPrensa_AplicacionesMoviles
NotaPrensa_AplicacionesMoviles
 
Posta en marcha de solucións industria 4.0
Posta en marcha de solucións industria 4.0Posta en marcha de solucións industria 4.0
Posta en marcha de solucións industria 4.0
 
Boletin 29dec
Boletin 29decBoletin 29dec
Boletin 29dec
 
Boletin 29dec
Boletin 29decBoletin 29dec
Boletin 29dec
 
Diagnose da aplicacion de solucions dixitais
Diagnose da aplicacion de solucions dixitaisDiagnose da aplicacion de solucions dixitais
Diagnose da aplicacion de solucions dixitais
 
Bases concurso logo ofg
Bases concurso logo ofgBases concurso logo ofg
Bases concurso logo ofg
 
20. Atraer inversores para tu proyecto
20. Atraer inversores para tu proyecto20. Atraer inversores para tu proyecto
20. Atraer inversores para tu proyecto
 
Certame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensinoCertame cooperativismo no ensino
Certame cooperativismo no ensino
 
Bases viii premio ok
Bases viii premio okBases viii premio ok
Bases viii premio ok
 

More from coordinacav

Presentación audiovisual practicas 2015
Presentación audiovisual practicas 2015Presentación audiovisual practicas 2015
Presentación audiovisual practicas 2015coordinacav
 
Liñas tfg 2015 2016
Liñas tfg 2015 2016Liñas tfg 2015 2016
Liñas tfg 2015 2016coordinacav
 
Curso CREA de Guión
Curso CREA de GuiónCurso CREA de Guión
Curso CREA de Guióncoordinacav
 
Evaluacion tfg practico
Evaluacion tfg practicoEvaluacion tfg practico
Evaluacion tfg practicocoordinacav
 
Presentacion materias · 2 ct · cav
Presentacion materias · 2 ct · cavPresentacion materias · 2 ct · cav
Presentacion materias · 2 ct · cavcoordinacav
 
Programa de actividades 20 aniversario
Programa de actividades 20 aniversarioPrograma de actividades 20 aniversario
Programa de actividades 20 aniversariocoordinacav
 
Foro de edmon roch
Foro de edmon rochForo de edmon roch
Foro de edmon rochcoordinacav
 
Tribunales outubro 2014
Tribunales outubro 2014Tribunales outubro 2014
Tribunales outubro 2014coordinacav
 
Programa de formación mediaset
Programa de formación mediasetPrograma de formación mediaset
Programa de formación mediasetcoordinacav
 
Regulamento de Traballo de Fin de Grao
Regulamento de Traballo de Fin de Grao Regulamento de Traballo de Fin de Grao
Regulamento de Traballo de Fin de Grao coordinacav
 
Curso de formación mediaset vs2
Curso de formación mediaset vs2Curso de formación mediaset vs2
Curso de formación mediaset vs2coordinacav
 
Inscripcion curso mediaset 2014-15
Inscripcion curso mediaset 2014-15Inscripcion curso mediaset 2014-15
Inscripcion curso mediaset 2014-15coordinacav
 
2014 curso de formación mediaset
2014   curso de formación mediaset2014   curso de formación mediaset
2014 curso de formación mediasetcoordinacav
 
2014 Curso de formación mediaset
2014   Curso de formación mediaset2014   Curso de formación mediaset
2014 Curso de formación mediasetcoordinacav
 

More from coordinacav (20)

Presentación audiovisual practicas 2015
Presentación audiovisual practicas 2015Presentación audiovisual practicas 2015
Presentación audiovisual practicas 2015
 
Liñas tfg 2015 2016
Liñas tfg 2015 2016Liñas tfg 2015 2016
Liñas tfg 2015 2016
 
Curso CREA de Guión
Curso CREA de GuiónCurso CREA de Guión
Curso CREA de Guión
 
Evaluacion tfg practico
Evaluacion tfg practicoEvaluacion tfg practico
Evaluacion tfg practico
 
Presentacion materias · 2 ct · cav
Presentacion materias · 2 ct · cavPresentacion materias · 2 ct · cav
Presentacion materias · 2 ct · cav
 
Programa de actividades 20 aniversario
Programa de actividades 20 aniversarioPrograma de actividades 20 aniversario
Programa de actividades 20 aniversario
 
Pantalla 3.jpg
Pantalla 3.jpgPantalla 3.jpg
Pantalla 3.jpg
 
Pantalla 3.jpg
Pantalla 3.jpgPantalla 3.jpg
Pantalla 3.jpg
 
Foro de edmon roch
Foro de edmon rochForo de edmon roch
Foro de edmon roch
 
Tribunales outubro 2014
Tribunales outubro 2014Tribunales outubro 2014
Tribunales outubro 2014
 
Programa de formación mediaset
Programa de formación mediasetPrograma de formación mediaset
Programa de formación mediaset
 
Regulamento de Traballo de Fin de Grao
Regulamento de Traballo de Fin de Grao Regulamento de Traballo de Fin de Grao
Regulamento de Traballo de Fin de Grao
 
Curso de formación mediaset vs2
Curso de formación mediaset vs2Curso de formación mediaset vs2
Curso de formación mediaset vs2
 
Inscripcion curso mediaset 2014-15
Inscripcion curso mediaset 2014-15Inscripcion curso mediaset 2014-15
Inscripcion curso mediaset 2014-15
 
2014 curso de formación mediaset
2014   curso de formación mediaset2014   curso de formación mediaset
2014 curso de formación mediaset
 
2014 Curso de formación mediaset
2014   Curso de formación mediaset2014   Curso de formación mediaset
2014 Curso de formación mediaset
 
3º CURSO 2ct
3º CURSO 2ct3º CURSO 2ct
3º CURSO 2ct
 
2º CURSO 2ct
2º CURSO 2ct2º CURSO 2ct
2º CURSO 2ct
 
1º CURSO 2ct
1º CURSO 2ct1º CURSO 2ct
1º CURSO 2ct
 
4º CURSO 2ct
4º CURSO 2ct4º CURSO 2ct
4º CURSO 2ct
 

Bases clag media_talent_gal

  • 1. 1: OBXECTO CLAG Media Talent é unha iniciativa liderada polo CLUSTER AUDIOVISUAL GALEGO que ten como obxectivo detectar novo talento audiovisual e conectalo co tecido empresarial, obtendo como resultado un catálogo de formatos innovadores con viabilidade comercial, que despois da súa avaliación por un Xurado serán emitidos como pilotos pola Televisión de Galicia. CLAG Media Talent estrutúrase en base ás seguintes ideas: • Fomentar a creación de formatos innovadores. • Detectar novo talento audiovisual. • Transferencia do novo talento audiovisual á industria audiovisual galega. • Reforzar as relacións de cooperación entre os diferentes axentes da cadea de valor do sector audiovisual. 2: PARTICIPANTES CREADORES Os participantes deberán ser maiores de dezaoito (18) anos. Non poderá participar o persoal da Compañía de Radio-Televisión de Galicia, nin da sociedade, Televisión de Galicia, S.A. nin do Clúster Audiovisual Galego, os seus respectivos cónxuxes e os familiares ata o segundo grao de consanguinidade e afinidade. EMPRESAS PRODUTORAS No caso de proxectos en réxime de co-produción, as produtoras participantes deberán designar á produtora representante que será a compañía responsable e a que actuará como interlocutor único no proxecto CLAG Media Talent. O número de proxectos que cada empresa pode titurizar limítase a un (1), computándose como proxectos tanto os que se tituricen a nivel individual como nos que participe en réxime de coprodución con outras compañías. CLAG como entidade promotora interesada en transferir novo talento audiovisual á industrial audiovisual galega asumirá a función de garantir que CLAG Media Talent se desenvolva conforme ás presentes Bases.
  • 2. 3: FORMA DE PARTICIPACIÓN O proxecto CLAG Media Talent está dividido nas seguintes fases: 1. Presentación de formatos innovadores polos creadores. 2. Preselección dos formatos innovadores pola Comisión de Preselección. 3. Programa de titorización: traballo conxunto do creador galego e a produtora para a mellora do proxecto. 4. Selección do piloto/s polo Xurado. 5. Emisión do piloto/s por Televisión de Galicia. 1. PRESENTACIÓN DE FORMATOS INNOVADORES POLOS CREADORES. Para que o proxecto CLAG Media Talent teña o maior ámbito de actuación posible de xeito que teña unha ampla acollida e difusión entre os potenciais creadores establecerase a colaboración, a título enunciativo, cas seguintes institucións: • Universidade de Santiago de Compostela • Universidade de Vigo • Universidade da Coruña • Máster de Produción e Xestión Audiovisual(MPXA) • IES REQUISITOS DOS PROXECTOS A. Formato: B. Xénero: C. Temática: D. Memoria: Unha páxina explicando as principais características do formato: 1) Idea. 2) Tema principal. 3) Tipos de escenarios (no caso de ser unha serie).
  • 3. 4) Número e características dos personaxes (no caso de ser unha serie). 5) Personaxes: breve biografía dos principais nunha páxina como máximo e arcos de evolución dos principais nunha páxina (no caso de ser unha serie). E. Sets: breve explicación dos sets considerados como principais (no caso de ser unha serie). F. Argumento e guión/escaleta do capítulo piloto. G. Necesidades técnicas e humanas. H. Orzamento de produción e do piloto, que non poderá exceder 6.000 €. I. Proposta de promoción e interactividade. J. Idioma: galego. 2. PRESELECCIÓN DOS FORMATOS INNOVADORES POLA COMISIÓN DE PRESELECCIÓN. O CLAG constituirá unha Comisión de Preselección dos proxectos composta por cinco (5) empresas produtoras, que decidirán que proxectos pasarán á fase de titurización, así como a asignación de cada proxecto a una empresa produtora encargada da titurización. A preselección realizarase en base aos seguintes criterios: • Innovación • Orixinalidade • Potencial para a comercialización • Viabilidade técnica e económica Se varias empresas produtoras estiveran interesadas no mesmo programa/formato, deberá realizarse en réxime de coprodución. 3. PROGRAMA DE TITURIZACIÓN: TRABALLO CONXUNTO DO CREADOR E DA PRODUTORA PARA A MELLORA DO PROXECTO. A empresa produtora realizará recomendacións ao creador baseadas no seu expertisse co obxectivo de mellorar o proxecto dende o punto de vista creativo, técnico e comercial.
  • 4. 4. SELECCIÓN FINAL POR PARTE DO XURADO DOS FORMATOS MÁIS INNOVADORES. O Xurado indicado no apartado sexto destas Bases, seleccionará os proxectos que serán obxecto dun piloto/s de entre os proxectos preseleccionados polas produtoras. 5. EMISIÓN DOS FORMATOS SELECCIONADOS NA TELEVISIÓN DE GALICIA. 4: COMPROMISO DOS PARTICIPANTES CREADORES Compromiso de orixinalidade. Deberán manifestar expresamente e baixo a súa responsabilidade que os proxectos presentados son orixinais e que non son obxecto de contrato de cesión de dereitos de propiedade intelectual con terceiros e, así mesmo, que non pesa sobre eles carga ou limitación de ningún tipo. Compromiso de cesión dos dereitos de explotación á empresa que titurice o proxecto no suposto de que o proxecto sexa seleccionado na fase final para ser obxecto dun piloto. A referida cesión só implica a cesión dos dereitos necesarios para a súa explotación comercial conservando o creador os dereitos de propiedade intelectual de carácter moral como o recoñecemento da autoría, entre outros. Compromiso de participar no programa de titurización do proxecto incorporando ao mesmo as melloras propostas pola empresa produtora co obxectivo de obter un produto máis competitivo garantindo a súa viabilidade técnica e comercial. EMPRESAS PRODUTORAS Compromiso de titurización dos proxectos pre-seleccionados incorporando aos proxectos melloras de carácter técnico e comercial segundo o expertisse acumulado na compañía produtora de xeito que quede garantida a súa viabilidade técnica e comercial. Compromiso de produción, as empresas produtoras deben garantir a solvencia técnica e económica para asumir o investimento requerido pola produción do piloto. Este compromiso será esixible tanto no caso de produción individual como en réxime de coprodución. Compromiso de conceder á Televisión de Galicia, S.A. un dereito de adquisición preferente dos programas derivados do programa piloto e de cederlle os dereitos de propiedade intelectual necesarios a tal efecto. No obstante, a empresa produtora conservará os dereitos de explotación sobre o formato para a súa eventual venda a territorios diferentes de Galicia e sen prexuízo dos acordos particulares que poidan acadar a compañía produtora e TVG, S.A.
  • 5. Compromiso de confidencialidade sobre os proxectos de xeito que os mesmos só poidan ser utilizados pola empresa no marco do proxecto CLAG Media Talent de acordo coa finalidade e obxectivos establecidos nestas Bases. Este compromiso será esixible aos terceiros que teñan acceso aos mesmos a través da empresa produtora. CLÚSTER AUDIOVISUAL GALEGO Compromiso de participar como Xurado con voz pero sen voto cun representante do CLAG, ben do equipo de xestión ou dunha empresa non produtora. Compromiso de confidencialidade sobre os proxectos de xeito que os mesmos só poidan ser utilizados polo CLAG no marco do proxecto CLAG Media Talent e de acordo coa finalidade e obxectivos establecidos nestas Bases. Este compromiso será esixible aos terceiros que teñan acceso aos proxectos a través do CLAG. Compromiso de garantir que CLAG Media Talent se desenvolva conforme as presentes Bases. 5: PARTICIPACIÓN DOS CREADORES. ENVÍO DOS TRABALLOS O proxecto coa documentación requirida enviarase por correo postal certificado con acuse de recibo dentro do prazo de presentación de solicitudes, ao enderezo: CLÚSTER AUDIOVISUAL GALEGO Rúa Lope Gómez de Marzoa, s/n. Campus Universitario Sur. Edificio Feuga. 15705-Santiago de Compostela Os participantes deberán incluír dentro dese envío dous sobres (A e B). No sobre A deberán incluír o proxecto seguindo as indicacións do Terceiro Punto das Bases. No sobre B deberán incluír: • Datos persoais do creador participante. • Declaración de que o creador cumpre cos requisitos establecidos nas Bases e de aceptación dos compromisos esixidos nas mesmas. • Declaración de autoría e autorización de divulgación de información relativa ao proxecto. A apertura do sobre B realizarase unha vez se realice a preselección dos proxectos e se inicie o programa de titurización.
  • 6. 6: INSCRICIÓN DAS EMPRESAS NO PROGRAMA DE TITURIZACIÓN A documentación requirida para a participación das empresas no programa de titurización dos proxectos de CLAG Media Talent enviarase por correo electrónico a comunicacion@clag.es dentro do prazo de presentación de solicitudes. As empresas participantes deberán remitir a seguinte documentación: • Ficha de participación da empresa. • Declaración de que a empresa cumpre cos requisitos establecidos nas Bases e de aceptación dos compromisos esixidos nas mesmas. • Acordo de confidencialidade e de non divulgación de información. 7: O XURADO O Xurado estará composto por: • Un representante do CLAG, ben do equipo de xestión ou empresa non produtora (con voz pero sen voto). • Dous representantes de TVG, S.A. • Un profesional independente de recoñecido prestixio. Os nomes do Xurado serán publicados na web do CLAG unha vez rematado o prazo de presentación dos proxectos. A organización resérvase o dereito de declarar deserto o concurso. O Xurado seleccionará o/s proxecto/s gañador/es en base aos seguintes criterios: • Innovación • Orixinalidade • Potencial para a comercialización • Viabilidade técnica e económica • Integración das recomendacións de mellora do proxecto obxecto do programa de titurización.
  • 7. 8: PREMIO Os dereitos de propiedade intelectual do programa piloto serán adquiridos por TVG, S.A., especialmente os dereitos de comunicación pública, de acordo cos criterios de programación que estableza a empresa. O contrato que se subscriba ca TVG, S.A. será redactado segundo os termos habitualmente empregados nas contratacións da referida compañía, de xeito que, a non aceptación das condicións establecidas no referido contrato supoñerá a renuncia ao premio. A contraprestación pola compra dos dereitos de propiedade intelectual será equivalente ao orzamento de produción do piloto, que non poderá superar os seis mil euros (6.000 €). 9: ACEPTACIÓN DAS BASES A participación no concurso supón a aceptación na súa totalidade das presentes Bases que poden ser consultadas polos participantes na web do CLAG e de TVG, S.A. O CLAG poderá solicitarlles aos gañadores que acrediten os requisitos para poder participar. O CLAG resérvase o dereito de retirar ou modificar a mecánica do concurso á súa enteira discreción, para o cal informarán pertinentemente a través dos mesmos medios nos que se publicou o concurso, modificando as Bases se o considerase oportuno. En caso de controversia ou discrepancia derivada da interpretación destas Bases, prevalecerá o criterio do CLAG. 10: PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, infórmase aos participantes de que os seus datos pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado responsabilidade do CLAG para o tratamento e rexistro dos datos, cuxa finalidade é a xestión do presente concurso. Ponse ademais en coñecemento dos participantes que os seus datos persoais publicaranse en Televisión de Galicia e na web, así como na web do CLAG, actividades para as que aqueles prestan o seu consentimento. O organizador comprométese a respectar a confidencialidade dos datos facilitados e a empregalos conforme á finalidade dos ficheiros, podendo os participantes exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, así como revogar o consentimento para a cesión, comunicándoo previamente ao organizador por medio de correo postal ou por medio de correo electrónico, á atención do responsable de seguridade.